nº 44 xaneiro 2014 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 44 xaneiro de 2014

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

648 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe. Xaneiro de 2014

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 44 xaneiro 2014  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 44 xaneiro de 2014

Page 2: Nº 44 xaneiro 2014  en galego,

OS ATÓNOS TAMÉN PODEN IR CORRECTAMENTE DIANTE OU DETRÁS

COLOCACIÓN DOS PRONOMES (3) Cando un verbo en infinitivo vai precedido dunha preposición o átono pode ir diante ou detrás. Para dicirlle iso cómpre valor. ou tamén Para lle dicir iso cómpre valor. Con prestárnolo un día é abondo. Con nolo prestar un día é abondo. Por fiarme agora lamento. Por me fiar agora lamento. O mesmo acontece cando se trata dun xerundio. En falándome así non te escoito. ou En me falando así non te escoito. Tamén poden ir diante ou detrás do verbo en infinitivo cando van precedidos por unha negación. É mellor non sabelo. ou É mellor non o saber. Ou cando van precedidos por unha conxunción. Tes que contárnolo. ou Tes que nolo contar.

Nas perífrases de infinitivo ou xerundio o átono pode ir indistintamente detrás do verbo auxiliar ou do auxiliado. Pódese facer nunha semana. ou Pode facerse nunha semana. Estouche cociñando un pastel. ou Estou cociñándoche un pastel. Cando a perífrase ten un nexo entre os dous verbos (conxunción ou preposición), o pronome tamén pode ir diante do verbo auxiliado. Estívolle a morrer a cadela. ou Estivo a morrerlle a cadela. ou Estivo a lle morrer a cadela. Tíñao que repasar. ou Tiña que repasalo. ou Tiña que o repasar.

Hóubome de tocar a lotaría. Houbo de tocarme a lotaría. Houbo de me tocar a lotaría.

Mais,... Non me tocou.