Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...o test de preguntas cerradas é un recurso de...

14
1 © VICENS VIVES ESO. TÉCNICAS DE ESTUDO Índice de técnicas de estudo 1. Esquema ................................................. 2 2. Mind map ................................................ 5 3. Táboa-resumo ............................................ 7 4. Tarxetas de aprendizaxe .................................... 9 5. Test de preguntas cerradas .................................. 11 6. Liña do tempo ............................................. 13

Upload: others

Post on 15-Mar-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

1© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

Índice de técnicas de estudo

1. Esquema . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

2. Mind map . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5

3. Táboa-resumo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7

4. Tarxetas de aprendizaxe . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

5. Test de preguntas cerradas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11

6. Liña do tempo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13

Page 2: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

2© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

1. Como elaborar... un esquema

PREHISTORIAPREHISTORIA

PALEOLÍTICOPALEOLÍTICO

– 2500000 a.C.-8000 a.C.

– Depredadores

– Nómades

– Descubrimento do lume

– Primeiros utensilios: coitelos, machadas, lanzas, arpóns…

– 2500000 a.C.-8000 a.C.

– Depredadores

– Nómades

– Descubrimento do lume

– Primeiros utensilios: coitelos, machadas, lanzas, arpóns…

NEOLÍTICONEOLÍTICO

– 8000 a.C.-5000 a.C.

– Agricultores e gandeiros

– Sedentarios. Primeiros poboados

– Novos utensilios: aixada, fouce, muíño…

– Novas técnicas: cestos, tecidos, cerámica…

– 8000 a.C.-5000 a.C.

– Agricultores e gandeiros

– Sedentarios. Primeiros poboados

– Novos utensilios: aixada, fouce, muíño…

– Novas técnicas: cestos, tecidos, cerámica…

IDADE DOS METAISIDADE DOS METAIS

– 5000 a.C.-3000 a.C.

– Fabricación de obxectos e ferramentas de metal

– Poboados amurallados

– Construción de megálitos

– Novas actividades: artesanía, transportes, comercio…

– 5000 a.C.-3000 a.C.

– Fabricación de obxectos e ferramentas de metal

– Poboados amurallados

– Construción de megálitos

– Novas actividades: artesanía, transportes, comercio…

PALEOLÍTICO

PREHISTORIA

IDADE DOS METAISNEOLÍTICO

– 2500000 a.C.-8000 a.C.

– Depredadores

– Nómades

– Descubrimento do lume

– Primeiros utensilios: coitelos,machadas, lanzas, arpóns…

– 8000 a.C.-5000 a.C.

– Agricultores e gandeiros

– Sedentarios. Primeiros poboados

– Novos utensilios: aixada, fouce,muíño…

– Novas técnicas: cestos, tecidos,cerámica…

– 5000 a.C.-3000 a.C.

– Fabricación de obxectos eferramentas de metal

– Poboados amurallados

– Construción de megálitos

– Novas actividades: artesanía,transportes, comercio…

Descrición Da técnica

Un esquema é un resumo sintético que amosa a estrutura do tema, así como os seus elementos, características e relacións facilitando a súa comprensión, memorización e análise.

É unha forma de expresar e organizar ideas, conceptos, textos, etc., de xeito visual amosando a estrutura lóxica da información.

tipos De esquemas

Esquema de chaves

Esquema en árbore

Page 3: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

3© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO Mapa conceptual

Esquema índice

TEMA 6. AS ACTIVIDADES DO SECTOR PRIMARIO

1. O SECTOR PRIMARIO 1.1. A agricultura a) Prácticas agrícolas • Segundo o aproveitamento da auga – Agricultura de regadío – Agricultura de secaño • Segundo a variedade de especies – Monocultivo – Policultivo • Segundo o aproveitamento do solo – Agricultura intensiva – Agricultura extensiva b) Paisaxes agrícolas • Agricultura de subsistencia – Técnicas de barbeito – Baixa produtividade • Agricultura de mercado – Técnicas modernas – Elevada produtividade 1.2. A gandaría a) … b) …

2. O SECTOR PRIMARIO 2.1. …

Período de tempo

PALEOLÍTICO3500 a.C.

e a apariciónda escritura

descubrimentoda agricultura

hai2 500 000

anos

descubrimentoe uso dos metais

ferramentas

ósos

pedrapuída

ferramentas

ósos

paus

pedrastalladas

crenzasrelixiosas

usodo lume

cerimoniasfunerarias

e megálitos

Idade doCobre

Idade doFerro

Idade doBroncetecido

cerámica

sedentario

agricultura

nómade

home

modode vida

modode vida

recolección

caza

pesca

gandaríapoboados

primeirascivilizacións

NEOLÍTICO

IDADE DOS METAIS

PREHISTORIAé un

entredividido en

características

características características inicioinicio

etapas

actividades

actividades

materiais

materiais

consecuenciasorixe

orixe

comotipo

tipo

inicio

1. Como elaborar... un esquema

Page 4: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

4© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

1. Como elaborar... un esquema

pasos para seguir

Procedementos previos

•  Ler o texto e identificar as ideas principais.

•  Xerarquizar e organizar as ideas secundarias.

•  Clasificar e sintetizar as características máis importantes de cada idea, e as relacións entre todos os conceptos.

Desenvolvemento en papel

•  Esquema de chaves

– Situar o papel de forma horizontal e escribir na marxe esquerda a idea principal ou o título do tema.

– Abrir unha chave que inclúa e relacione os subtemas ou ideas secundarias.

– Escribir as ideas secundarias e abrir pequenas chaves a partir destas.

– Completar o esquema coa síntese de características de cada subtema.

•  Esquema en árbore

– Situar o papel de forma vertical e escribir, na parte central superior, a idea principal ou título do tema nun recadro.

– Situar no nivel inmediatamente inferior as ideas secundarias, en recadros, e relacionalas co tema principal mediante conectores lineais (liñas, frechas, conceptos...).

– Completar o esquema con informacións máis precisas segundo se vaian descendendo niveis.

•  Mapa conceptual

– Situar o papel de forma apaisada e escribir na parte central superior ou idea principal nun recadro.

– Situar xerarquicamente as ideas secundarias en niveis inferiores e enlazalas coa principal median-te conectores, especificando o tipo de relación que se establece entre estas ideas.

– Escribir, de forma sintética, as características dos diferentes conceptos.

•  Esquema índice

– Situar o papel de modo vertical e escribir na parte superior o título do tema.

– Xerarquizar a información en temas e subtemas, usando números, letras e guións segundo o nivel xerárquico ao que correspondan.

Técnica dixital

•  Descrición

– Facer un bosquexo das ideas que se tiraron do texto e da estrutura do esquema.

– Abrir a aplicación ou o programa na tableta ou no ordenador e debuxar o esquema de chaves, o esquema en árbore, o mapa conceptual ou o índice partindo do bosquexo anterior, seguindo o mesmo desenvolvemento que no papel.

•  Ferramentas

– Apps: Ideament PureFlow

– Software: Microsoft Word

OpenOffice

Conzilla

– Online: Gliffy.com

XMind

Ed Graph Editor

Visual Understanding Environment (VUE)

Page 5: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

5© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

2. Como elaborar... un mind map

Descrición Da técnica

O mind map é unha técnica gráfica que se utiliza para ordenar, organizar, xerarquizar e categorizar a información partindo dun tema principal, ilustrado cunha etiqueta ou cunha imaxe desde a que parten novas ideas ou subapartados que se relacionan co núcleo utilizando ramas ou conectores.

pasos para seguir

Procedementos previos

•  Ler o texto e subliñar as ideas principais.

•  Xerarquizar as ideas principais e asocialas con distintas cores.

•  Desenvolver as ideas secundarias e establecer a súa relación cos conceptos principais.

Desenvolvemento en papel

•  Situar o papel de forma apaisada e escribir no centro a idea principal ou título do tema. Pódese acompañar dun debuxo ou imaxe que se relacione co contido.

•  Debuxar, con distintas cores, liñas (conectores) que enlacen o tema principal coas ideas que se relacionan con este.

•  Escribir as ideas de segundo nivel que se relacionan co tema principal.

•  Debuxar máis liñas ou conectores que partan das ideas anteriores ata representar a totalidade da información do tema.

CLIMES D'EUROPA

POLAR DE MUNTANYA

hiverns molt freds

estius freds

precipitacions escasses

hiverns freds

estius frescos

precipitacions abundants

MEDITERRANI

CONTINENTAL

hiverns suaus

estius calorosos

precipitacions escasseshiverns freds

estius calorosos

precipitacions moderades

OCEÀNIC

hiverns molt freds

estius freds

precipitacions escasses

Page 6: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

6© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

2. Como elaborar... un mind map

Técnica dixital

•  Descrición

– Facer unha síntese das ideas principais que se tiraron do texto e elaborar un bosquexo do mapa mental.

– Abrir a aplicación ou programa na tableta ou no ordenador e, seguindo as súas instrucións, crear o mapa mental partindo do bosquexo anterior.

– Aplicar diferentes formas, cores, tipos de fonte, etc., a cada idea e acompañar o mapa mental con imaxes, enlaces web, vídeos, etc., relacionados.

•  Ferramentas

– Apps: iMind Map

Mind Meister

– Software: Cmap Tools

Mindomo

Page 7: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

7© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

3. Como elaborar... unha táboa-resumo

Descrición Da técnica

A táboa-resumo é un recurso que sintetiza a información de forma lóxica, organizando os conceptos de xeito sinxelo e condensado en fileiras e columnas e proporcionándolle unha coherencia global ao tema.

O principal obxectivo deste recurso é contrastar as características de diversas variables.

ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA

Elementos Definición Factores que inflúen Instrumentos Unidade de medida

TEMPERATURA

Grao de quecemento do aire debido á radiación solar.

Latitude: segundo a latitude, a Terra recibe maior cantidade de enerxía procedente dos raios do Sol (insolación).

Altitude: segundo se ascende a unha montaña a temperatura diminúe uns 0,6 ºC cada 100 m.

Distancia respecto do mar: o mar suaviza as temperaturas.

TermómetroGraos centígrados (oC)

HUMIDADE

Cantidade de vapor de auga que se atopa no aire.

Temperatura do aire: o aire quente admite máis vapor de auga que o aire frío.

Higrómetro En porcentaxe (%)

PRECIPITACIÓNS

Auga procedente da atmosfera que cae sobre a superficie terrestre.

Latitude: a menor latitude maior é a precipitación.

Distancia ao mar: máis precipitacións na costa que no interior.

Altitude: segundo imos ascendendo, aumentan as precipitacións.

Pluviómetro Milímetros (mm.)

PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Peso ou

forza que exerce o aire sobre a superficie terrestre.

Altitude: canto maior altura menor presión.

Temperatura do aire: aire cálido dá lugar a baixas presións e o aire frío a altas presións.

Correntes de aire descendente: orixinan as altas presións dos trópicos e explican a existencia de extensos desertos.

Barómetro Milibares (mb)

VENTOMasa de aire en movemento.

Presión atmosférica: o aire sempre sopra desde a zona de altas presións cara á zona de baixas presións.

Papaventos e anemómetro

Quilómetros/hora

Page 8: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

8© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO pasos para seguir

Procedementos previos

•  Ler o texto e identificar as principais variables para contrastar.

•  Tirar a información contrastable e organizala en fileiras e columnas.

Desenvolvemento en papel

•  Situar o papel de forma vertical ou horizontal e escribir na súa parte superior o título do tema.

•  Construír unha táboa coas fileiras e as columnas que se necesiten.

•  Distribuír en fileiras e columnas as distintas variables.

•  Encher a táboa coa información sintética e condensada, que servirá par analizar e comparar as diversas variables.

Técnica dixital

•  Descrición

– Facer un bosquexo da estrutura da táboa, coa cantidade de fileiras e columnas que requira.

– Abrir o programa na tableta ou no ordenador e debuxar a táboa partindo do bosquexo anterior seguindo o mesmo desenvolvemento ca no papel.

•  Ferramentas

– Software: Microsoft Word

Microsoft PowerPoint

OpenOffice

3. Como elaborar... unha táboa-resumo

Page 9: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

9© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

4. Como elaborar... tarxetas de aprendizaxe

Descrición Da técnica

As tarxetas de aprendizaxe son un recurso que permite memorizar e aprender rapidamente o temario a través dun set de tarxetas nas que se relacionan imaxes evocadoras e preguntas curtas e concisas nunha cara e as súas respostas na outra.

Permite traballar a memoria fotográfica, filtrar as tarxetas que se aprenderon das que non, para reforzar os puntos débiles e gañar autoconfianza.

pasos para seguir

Procedementos previos

•  Ler o texto e seleccionar os ítems máis importantes do tema.

•  Facer unha listaxe con preguntas curtas e concisas relacionadas cos ítems escollidos.

•  Seleccionar as imaxes que acompañan as preguntas.

Que é a cartografía?A cartografía é a ciencia que se encarga de elaborar os mapas.

Que é un mapa?Un mapa é a representacíón total ou parcial da super�cie terrestre.

Que é un plano?Un plano é a representación detallada dun territorio de dimensións pequenas.

Que é a escala?

A escala é a redución para representar unha super�cie real nun mapa.Indica cantas veces se reduciu unha super�cie real para poder debuxala nun mapa ou nun plano.

0 250 500 km0 250 500 km0 250 500 km

Gran Casino

Museo Marítimodo Cantábrico/

Acuario

Q

nooCasinoooononoGran Can Casinoan Casinoan Casino

Museo MarítimoMuseo MarMuseo MMuseo MMuseo Mdo Cantábrico/d

Acuario

© I.C.L.

A B C D E F G

5

4

3

2

1

Page 10: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

10© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

4. Como elaborar... tarxetas de aprendizaxe

Desenvolvemento en papel

•  Dividir o papel DINA-4 en catro partes e construír tantas tarxetas como preguntas sobre o temario se elaborasen.

•  Clasificalas segundo o aspecto do tema que traten.

•  Escribir as preguntas nunha cara, onde se poida engadir unha imaxe, e as respostas na outra.

Técnica dixital

•  Descrición

– Buscar imaxes que sinteticen a información de cada pregunta preparada nos procedementos previos.

– Abrir o programa na tableta ou no ordenador, redactar as preguntas, xuntar a imaxe seleccionada e escribir as respostas no lugar correspondente.

•  Ferramentas

– Apps: Flashcards Deluxe

AnkiDroid

Flashcards

StudyBlue

Cram.com Flashcards

Memorizar

Flashcard machine

Page 11: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

11© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

5. Como elaborar... un test de preguntas cerradas

Descrición Da técnica

O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do tema.

Permítelle gañar confianza, aforrar tempo e exercitar a memoria, xa que pode saber cales son os puntos fortes do seu estudo e repasar aqueles nos que ten máis dificultades.

pasos para seguir

Procedementos previos

•  Ler o tema e identificar os puntos máis importantes.

•  Facer unha batería de posibles preguntas para o exame.

•  Establecer as posibles respostas, de carácter cerrado (opción múltiple).

Desenvolvemento en papel

•  Escribir as posibles preguntas coas respostas a continuación.

•  Responder todas as preguntas.

•  Comparar as respostas co texto do temario.

•  Intercambiar o test, no caso de desexarse, con outros compañeiros e compañeiras.

A capa máis externa da Terra chámase… PUNTOS: 1

Selecciona unha das seguintes respostas posibles:

Núcleo

Manto

Codia SEGUINTE

ANTERIOR

A forza de atracción da Terra é… PUNTOS: 1

Selecciona unha das seguintes respostas posibles:

A gravidade

O peso

O sustento SEGUINTE

PUNTOS: 1

Selecciona unha das seguintes respostas posibles:

Hidrosfera

Biosfera

Xeosfera

Atmosfera

O elemento terrestre formado por distintos gases chámase…

SEGUINTE ANTERIOR

PUNTOS: 1

Selecciona unha das seguintes respostas posibles:

Os paralelos

Os trópicos

Os polos

Os meridianos

Os círculos que dividen o globo terráqueo son…

SEGUINTE ANTERIOR

Mer

idia

no d

e G

reen

wic

h

Trópico de Cancro

Trópico de Capricornio

Ecuador

Santiagode Chile

A

S

A

IOR

Page 12: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

12© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

5. Como elaborar... un test de preguntas cerradas

Técnica dixital

•  Descrición

– Escribir as posibles preguntas con diversas opcións de resposta.

– Abrir o programa na tableta ou no ordenador e programar as anteriores cuestións coas súas respostas, indicando a opción correcta.

•  Ferramentas

– Apps: The Mnemosyne Project

App Inventor

– Software: Examtime

Quiz Press

– Online: Daypo.com

Creartest.com

Page 13: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

13© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO Descrición Da técnica

A liña do tempo ou eixe cronolóxico é un recurso que serve para ordenar etapas, acontecementos, descubrimentos, etc., no tempo. Consiste en colocar os distintos feitos nunha liña que representa o tempo absoluto.

A liña do tempo axuda a asimilar os principais acontecementos estudados e a ordenalos mentalmente nunha sucesión cronolóxica.

pasos para seguir

Procedementos previos

•  Definir a liña do tempo cun título que aluda ao tema ou período histórico representado.

•  Determinar a primeira e última data da liña do tempo e decidir as unidades de medida (anos, decenios, séculos...).

•  Establecer as etapas e os acontecementos que queremos representar.

•  Buscar información e imaxes que ilustren os acontecementos.

Desenvolvemento en papel

•  Debuxar dúas liñas rectas verticais ou horizontais e dividilas en función da unidade de medida. Escollida previamente.

•  Dividir o eixe segundo as etapas representadas e colocar as datas e mais os acontecementos no lugar correspondente.

•  Diferenciar as etapas do eixe con distintas cores.

6. Como elaborar... unha liña do tempo

• 1911

• 1888Liña de tranvía eléctrico Virxinia (EUA)

FonógrafoEdison

CinematógrafoLumière

Telegrafía sen fíosMarconi

Refrixeradordoméstico

General Electric

Máquinade escribir

Sholes eGlidden

• 1877

• 1897

• 1872 • 1879

Lámpada eléctrica con filamentoEdison

• 1885

Vehículo con motor de gasolinaDaimler-Benz

• 1895

• 1871TeléfonoMeucci, patentadopor Bell en 1876

• 1882

Ferrode pasareléctricoSeely

8000 a.C.Agricultura

2300000 a.C.Homo habilis(primeiros útiles)

150000 a.C.Homo neanderthalensis

(primeiros enterramentos)

120000 a.C.Homo sapiens

(primeiras mostras de arte)

IDADE DOS METAIS

HISTORIANEOLÍTICOPALEOLÍTICO

7000 a.C.Cerámica e tecidos

3500 a.C.Orixe da escritura

1900000 a.C.Homo erectus (lume)

1000 a.C.2000 a.C.3000 a.C.4000 a.C.5000 a.C.6000 a.C.7000 a.C.8000 a.C. J.C.

Difusión cara a Europa

700000 a.C. 5000 a.C. 30000 a.C. 1000 a0 a.C.

Page 14: Índice de técnicas de estudo - edu.xunta.gal...O test de preguntas cerradas é un recurso de autoavaliación, que lle permite ao estudante saber os coñecementos que adquiriu do

14© V

ICEN

S V

IVES

ESO

. Téc

nic

aS

dE

ESTu

dO

6. Como elaborar... unha liña do tempo

Técnica dixital

•  Descrición

– Facer un bosquexo da liña do tempo que se vai representar.

– Abrir a aplicación ou o programa e seguir as instrucións para elaborar o eixe ou friso cronolóxico.

– En función da aplicación ou do programa utilizados, incluír enlaces, imaxes e vídeos para explicar cada acontecemento representado.

•  Ferramentas

– Apps: Tiki Toki

MyHistro

TimelineBuilder

RWT Timeline

Timeline

– Online: Dipity.com

Timeline.knightlab.com

Timerime.com/es

Preceden.com/

Timetoast.com