moemia xuño 138 2014

14

Upload: aula-ocupacional

Post on 31-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Revista elaborada por los usuarios del Aula de NN.TT. de Fingoi Lugo

TRANSCRIPT

Page 1: Moemia xuño 138 2014
Page 2: Moemia xuño 138 2014

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Poesía

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

4

9

10

12

13

13

3

8

9

11

12

13

13

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consejo de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

José Manuel Ulla

Juan Antonio Jiménez

Ana Novo

María Teresa Guerra

Page 3: Moemia xuño 138 2014

3 ARTIGO

A asociación de persoas con discapacidade Amarai inaugura as instalacións do centro de recursos que ten en Boimorto

•centro de día e ocupacional que intentan potenciar a autonomía das persoas a través de diferentes programas.

•A posta en marcha deste centro da asociación Amarai foi posible grazas ás axudas concedidas a través da Fundación ONCE, o IRPF de 2009, a Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, o Concello de Boimorto, Caja Madrid e Fondos Propios.

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a Alcaldesa de Boimorto, Ana Ledo, o Presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo, e o Presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, acompañaron ao Presidente da Asociación Amarai de Persoas con Discapacidade e apoio á Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide, José Luis Costoya, durante a inauguración das novas instalacións do centro de recursos que ten a asociación en Boimorto, na parroquia de Boimil.

Neste acto participaron máis de cen persoas entre as que se atopaban os Alcaldes dos concellos de Vilasantar, Sobrado dos Monxes, Melide, Toques, Santiso, Arzúa, O Pino e Touro ademais doutros representantes de entidades locais, da Xunta de Galicia, de persoas usuarias do centro, familiares, persoas asociadas da entidade, patrocinadores, financeiros e representantes de entidades sociais, empresariais e veciñais.

Realizouse unha visita guiada por todas as dependencias do centro nas que había persoas usuarias realizando as actividades propias que se desenvolven en cada unha das aulas.

Despois do percorrido, a Conselleira descubriu a placa situada na entrada do centro.

Centro de Recursos de Amarai

Situado en Boimorto, o centro foi construído co fin de poder ofrecerlles ás persoas con discapacidade das comarcas de Arzúa e Terra de Melide, e dos concellos de Vila de Cruces, Vilasantar, Curtis e Frades, programas de apoio individualizados para mellorar a súa autonomía e conseguir unha inclusión social e laboral.

Aberto de luns a venres en horario de 9 a 18 horas, o centro ten cubertas 15 prazas de centro de día e 9 de centro ocupacional, estando o centro de día destinado a proporcionar ás persoas con discapacidade gravemente afectadas rehabilitación, habilitación persoal e social, coidados persoais e asistencia especializada co fin de acadar o máximo desenvolvemento das súas capacidades e a maior integración social posible.

O centro ocupacional é tamén de atención diúrna, especializado, aberto e polivalente, que ofrece servizos e programas dirixidos á integración e rehabilitación educativa, psicosocial, física e prelaboral das persoas con discapacidade, mediante a realización de actividades capacitadoras, terapéuticas e rehabilitadoras de formación e de axuste persoal e social.

No centro de recursos de Boimorto hai un equipo formado por oito profesionais que traballan actividades de alfabetización de adultos, fisioterapia, logopedia, atención psicolóxica, adestramento de hábitos e condutas, traballos manuais, musicoterapia, coidado do aseo persoal e da saúde, natación, realizan actividades de lecer como excursións, actividades participativas e de convivencia con outros centros e/ou entidades, visitas, comidas familiares, etc.

Arestora son 24 as persoas que acoden a diario ata o centro para formar parte de programas que fomentan a súa autonomía, estando estes relacionados coa saúde, coa formación pre-laboral, coa inserción laboral e tamén co lecer.

O novo centro, que actualmente presta servizo a 24 persoas das comarcas de Arzúa e Terra de Melide, conta con prazas de

Ana Mª Varela

Page 4: Moemia xuño 138 2014

4 NOTICIEIRO

COCEMFE intensifica o seu esforzo no mantementode programas de investimentos

Durante o ano 2013 presentáronse 317 proxectos á

convocatoria de subvencións da Confederación Española de

Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE)

que se financiaron polo 0,7% do IRPF do Ministerio de

Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o Plan de

Prioridades de Fundación ONCE.

COCEMFE e as súas entidades adaptáronse en 2013 ás

novidades introducidas polas diferentes convocatorias de

subvencións mediante unha clasificación de programas por

eixes de actuación. Para iso, COCEMFE intensificoú o

mantemento de programas de investimentos e apostou por

novas liñas de actuación, con especial cuidado á atención

directa das persoas con discapacidade que se presta mediante

unha rede consolidada en todo o Estado de servizos de

atención ádependencia, atención persoal e/ou domiciliaria,

apoio á autonomía persoal e á vida independente, apoio ás

familias e cuidadores habituais, servizos de aloxamento e

transporte adaptado.

Da mesma forma, as subvencións presentadas durante o ano 2013 permiten a COCEMFE e ás súas entidades membro a finalización

e adecuación de infraestruturas da súa rede nacional de centros, e a realización de proxectos de creación e consolidación de

emprego, estudos, xornadas, investigacións e publicacións sobre discapacidade, e programas de atención especial dirixidos a

mulleres con discapacidade.Luis A. Garcia

Nova aplicación de Techosite para o pagamento por móbil

Juan García

Technosite, empresa do grupo Fundación ONCE especializada en accesibilidade,

certificou a accesibilidade de ePOM. Esta aplicación foi desenvolvida por Pomo

Posibilidades e posibilita o pagamento por móbil e internet en establecementos

físicos de forma segura e accesible.

Tecchnosite certificou a accesibilidade da versión para o sistema iOS. Pomo

Posibilidades conta cunha aplicación para dispositivos Android e está prevista a súa

certificación nunha segunda fase do proxecto.

ePOMo xestiónase a través da web www.epomo.com e dende unha aplicación móbil

que o usuario ten que instalar. Unha vez instalada a aplicación, pódense realizar

pagamentos en establecementos físicos e virtuais adheridos sen necesidade da

utilización de tarxeta de crédito.

Esta aplicación elimina barreiras de accesibilidade ao pagamento mediante terminais no punto de venda ou nas pasarelas de

pagamento que fan de intermediarias entre negocios e entidades bancarias en internet.

A utilización de ePOMo é sinxela, ao abrir a aplicación mostra un código QR e alfanumérico dun único uso utilizado polo dependente

para facer o cobramento ou tecleado polo usuario do servizo se a operación se fai por internet. Este sistema fomenta seguridade no

pagamento, evita teclear o código PIN da tarxeta, complicado para usuarios con discapacidade.

Page 5: Moemia xuño 138 2014

5 NOTICIEIRO

Bolígrafo intelixente nova ferramentapara as persoas con discapacidade visualA tecnoloxía no uso do bolígrafo ou 'talking tactile pen' (TTP, siglas en inglés) é unha solución que facilita a aprendizaxe e acceso á

cultura das persoas con discapacidade visual.

Bernat Franquesa, fundador da empresa Touch Graphics Europe explicou que este bolígrafo reproduce información sonora tocando

sobre zonas definidas dunha superficie táctil, un libro, unha lámina ou ficha, ademaiseste bolígrafo é capaz de almacenar 8 Gb de

arquivos de son.

Franquesa, enxeñeiro técnico en Topografía formado na Universidade Autónoma de

Barcelona, leva anos traballando en deseño gráfico para persoas con discapacidade

visual, en Computer Center for Visually Impaired People de Nova York e Touch

Graphics Inc. Entre as solucións que a súa empresa dispón para o sector da

educación e a cultura, destacan,a tecnoloxía TTP, e o uso de taboleiros táctiles

sonoros ('talking tactile tablets' ou TTT). Esta tecnoloxía permite, que, ao pulsar unha

zona da pantalla, sexa posible reproducir información sonora, escrita e en linguaxe

braille. Tamén fabrican láminas en relevo, sen información sonora, que reproducen

obras pictóricas. Neste campo, realizaron traballos para a Fundación Miró de

Barcelona e están a desenvolver un proxecto para o Museo Sorolla de Madrid.

Juan Carlos Ramiro, director de Accesibilidade de Center, destaca a gran posibilidade que ofrecen as tecnoloxías como o bolígrafo ou

as TTT non só para persoas con discapacidade visual, senón tamén para persoas con discapacidade cognitiva, e en xeral, para

persoas que queiran acceder de forma rápida e sinxela á información sonora en ámbitos educativos e culturais. Bernat Franquesa,

adiantou que a súa empresa estuda desenvolver materiais educativos baseados na tecnoloxía TTP para centros educativos en

España. José M. Ulla

Manuel Paz

Reforma da lei de familias numerosasO CERMI propón a reforma da Lei de Protección a Familias Numerosas, para outorgar máis apoios ás familias con algunha persoa con

discapacidade. O apoio ás familias é fundamental e sobre todo nas que teñen unha persoa con discapacidade, especialmente se estas

precisan apoios externos. O CERMI propón ampliar o concepto de familia numerosa cando a familia está composta por un ou dous

ascendentes e teñen unha persoa con discapacidade cun grao

superior ou igual ao 33%. Todas estas familias poderán beneficiarse

das medidas de acción positiva previstas para as familias numerosas.

Nas familias cun membro con algunha discapacidade, independente

do grao e do tipo desta, os cuidados destes levan consigo uns custos

económicos, añadidos que deben asumir os proxenitores ou o ámbito

familiar.

Tamén se formula reducir de dous a un fillo cando os dous

ascendentes teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Solicítase a substitución do termo "incapacidade para traballar" por

"persoa con discapacidade", aprobándose o Texto Refundido da Lei

Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa exclusión

social. O CERMI tamén propón que as familias con dous proxenitores

con discapacidade superior ao 65% e dous ou máis fillos ou fillas a

cargo, ou as familias cun proxenitor e un fillo con discapacidade maior ao 65% terán a cualificación de familia numerosa de carácter

especial xa existente para familias con 5 fillos ou fillas ou máis.

Page 6: Moemia xuño 138 2014

6 NOTICIEIRO

Google entrou nun sector novo que é o da creación dun

prototipo de coche autónomo. Trátase dun coche bipraza

eléctrico, sen volante nin pedais.

Nunha primeira fase deste proxecto construiranse 100

vehículos de proba. Os primeiros vehículos contarán con

elementos tradicionais como o volante pero no futuro estes

prototipos construiranse en California e xa non terán estes

elementos xa que o coche se conduce só.

Chirs Urmson, o director deste proxecto de Google Car,

afirma que este prototipo tardará algúns anos para que

sexa lanzado ao mercado e para iso contará con socios

externos.

Este prototipo recorda polo seu deseño ao dun Smart. Para a súa montaxe utilizáronse como base pezas da produción automobilística

actual. A cabina deste vehículo é ampla, o parabrisas é de plástico e unha gran pantalla na cabina mostra a hora, a temperatura do

aire e a hora estimada para a chegada ao punto de destino. Este vehículo non levará volante, pedal de acelerador, nin de freo porque

non é necesario, todo este traballo corre a cargo dos sensores do coche.

Os primeiros prototipos non serán moi cómodos e a velocidade máxima está limitada a 40 Km. por hora, pero Google seguirá

traballando para ser a empresa pioneira do transporte futuro no mundo.

Google leva unha longa traxectoria na tecnoloxía de coches autónomos, pero os seus sistemas foran instalados, ata agora, en

vehículos de fabricantes establecidos no mercado como Toyota ou BMW.Manuel A. Roson

Prototipo de coche sen condutor

COGAMI participa no Arde Lucus

Un ano máis os usuarios do taller prelaboral de Monterroso e do taller

prelaboral de Lugo xunto cos usuarios da aula ocupacional do CRD

Fingoi de Lugo, acompañados dos profesionais e voluntarios do

centro, decidiron vestirse de Romanos, Castrexos e Celtas para

disfrutar dunha xornada de ARDE LUCUS.

Como primeira actividade desta xornada especial realizaron unha

visita ao Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIL). No que puidero

ver diversas exposicións e audivisuais sobre a historia de Lugo, etc.

Despois dirixíronse ao Centro de Lugo para gozar dunha agradable

comida nun restaurante da cidade.

Pola tarde recorreron o centro histórico da cidade podendo disfrutar de diversas actividades que estaban previstas dentro do programa

desta festa.Nieves Gayoso

Page 7: Moemia xuño 138 2014

7 NOTICIEIRO

Xornada de Traballo de ACADAR en Santiago de Compostela

A Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade

ACADAR, baixo o título: “Espazos de reflexión. Mulleres

con discapacidade II”, levou a cabo en Santiago de

Compostela os días 19 e 20 de xuño unha Xornada de

Traballo na que participaron vinte mulleres con

Discapacidade.

ACADAR quere incidir na capacitación das mulleres con

discapacidade nos distintos ámbitos e áreas de participación

social. As actuacións que desenvolve pretenden incidir nos

ámbitos de: Emprego, Violencia de Xénero, Saúde,

Maternidade, Sexualidade, Vida Independente, Medios de

Comunicación, Participación Social e Liderado.

Os días 19 e 20 realizouse na cidade de Santiago de

Compostela unha xornada de Traballo na que participaron vinte

mulleres con discapacidade expertas en diversos ámbitos.

Nesta xornada, a través de diferentes grupos de traballo,

estivéronse a traballar áreas tan importantes como son, o

Empoderamento, a Violencia de Xénero, a Imaxe Social, a

Saúde, a Sexualidade, a Educación en Igualdade de

Oportunidades, e a Familia nas mulleres con discapacidade.

O principal obxectivo da xornada foi promover a participación

social activa para que as mulleres con discapacidade poidan

ocupar distintos espazos da vida pública, poñendo en valor as

súas necesidades co fin de poder facer un Plan de acción da

entidade que recolla as liñas estratéxicas que vai a seguir a

entidade co fin de lograr a plena inclusión da muller con

discapacidade.

Esta xornada, financiada pola Deputación da Coruña, foi

inaugurada o día 19 de Xuño pola Secretaria Xeral de

Igualdade, Susana López Abella, e pola Presidenta de

ACADAR, Mónica Álvarez, procedendo á súa clausura o día

20 de Xuño coa participación da responsable da Comisión

de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e

Normalización Lingüística, Zaira Rodríguez e do Secretario

Xeral de COGAMI, Ignacio Rodríguez.Ana C. Piñeiro

Page 8: Moemia xuño 138 2014

8 NOTICIEIRO

Proxecto de xeolocalización de prazas de garaxe para persoas con discapacidade

Fundetec e RECI promoven o apoio para emprender servizos innovadores no

ámbito das smart cities.

O proxecto pioneiro Disabledpark consistente nunha páxina web e unha aplicación

móbil gratuíta que facilita a xeolocalización de prazas de aparcadoiro para persoas

con mobilidade reducida gañou o startup4cities. A súa principal utilidade redunda

en que as persoas con mobilidade reducida estacionen con maior facilidade cando

se despracen fóra da súa cidade e o seu negocio baséase no patrocinio das

prazas polos comercios locais.

O proxecto foi inagurado en Madrid por Ana Botella, a alcaldesa da cidade; Victor

Calvo Sotelo e Iñigo de la Serna.

No startup4cities presantáronse un total de 89 proxectos de 15 comunidades autónomas. Quedando tamén como destacados polo

número de votos recibidos os proxectos de "Ecomeh"(Zaragoza) baseado na instalación de paneis solares en centros deportivos para

producir calor e electricidade e empatado a votos co anterior o de "Trazeo Caminos Escolares" (Cordoba), no que desenvolveron unha

web combinda cunha app para facilitar a organización de rutas escolares, para que os nenos poidan ir andando ao colexio. Outro

proxecto destacado foi o de "Suelo radiante elevado, prefabricado y desmontable" (Madrid), baseado en paneis independentes que

poden desmontarse sen interromper o seu funcionamento, podendo quentar edificios protexidos ou espazos exteriores de forma

eficiente, sen impacto sobre o chan orixinal.José L.Vázquez

M. Teresa Guerra

Mellor cidade accesibleEste ano celébrase a quinta edición de Access City

Award (Cidade Accesible), un premio no que se

distingue ás cidades que garanten o acceso á vida

pública para as persoas con discapacidade.

No 2010 a CE puxo as bases para impulsar este

premio co obxectivo de sensibilizar sobre a

situación das persoas con discapacidade e

fomentar iniciativas en materia de accesibilidade en

cidades europeas que teñan unha poboación

superior a 50.000 habitantes, para que nelas se

vexan reflectidas as demais, e con iso fomentar a

posta en común de boas prácticas.

Estas boas prácticas concéntranse nas persoas

con discapacidade e nas persoas maiores para o acceso a espazos públicos como poida ser a vivenda, zonas de xogo infantís,

transporte público ou as tecnoloxías da comunicación.

España destaca entre os países nos que as súas cidades demostran unha forte implicación pola accesibilidade universal, polo que

sempre estivo presente nas convocatorias anteriores.

No 2010, Barcelona estivo entre as tres cidades finalistas; en 2011, Santander estivo tamén entre as finalistas xunto a Tarrasa, que

recibiu unha mención especial; en 2012, Pamplona destacou entre outras cidades polo seu ámbito arquitectónico e espazos públicos,

e Bilbao pola información e a comunicación, nas que se inclúen as novas tecnoloxías. En 2013, Burgos e Málaga recibiron unha

mención especial.

Page 9: Moemia xuño 138 2014

9 DEPORTES

A Fundación Repsol en colaboración coa Fundación Isidre Esteve e a Federación Española de Deportes de Persoas con

discapaciadade Física (FEDDF) organizaron na Casa América o Primer encontro Motor de inclusión, co obxectivo de analizar a

situación do deporte adaptado en España.

Isidre Esteve é campión de España de enduro, piloto de Dakar e piloto do campionato de

rallys. En 2007 sufriu un accidente que lle provocou unha lesión medular. Neste encontro

participou xunto a el, Albert Llovera, e ambos os dous expuxeron a súa experiencia

persoal. Dende entón, traballou promovendo o deporte entre as persoas con

discapacidade, creando a Fundación Isidre Esteve en 2012, coa que Fundación Repsol

colabora no proxecto Centro Deportivo Ponte.

Pola súa banda, Albert Llovera é o olímpico máis novo en participar nuns xogos de

inverno como esquiador, ata que en 1985, tras unha caída, perdeu a mobilidade do tren

inferior. Pero o seu espírito deportivo axudoulle a superarse e dedicarse ao mundo do

automobilismo, sendo o primeiro piloto con discapacidade en competir no campionato de

España de rallys de terra.

Este encontro abriu un foro de debate sobre a importancia do deporte e os beneficios físicos e psicolóxicos que achega ás persoas

con discapacidade, baseándose no exemplo do deporte do motor, o único no que compiten na mesma categoría xéneros, idades e

capacidades diferentes. Neste contexto, Fundación Repsol xunto co equipo de profesionais do Máster de deporte adaptado da UAM

traballan nun proxecto de investigación sobre o binomio que supón deporte e discapacidade. Os resultados deste estudo publicaranse

en breve.

Tamén, con motivo deste acto inaugurouse a exposición Motor de inclusión, que estará aberta ao público na Casa de América. A

mostra conta con seis motos campións do mundo na máxima categoría. As motos de campións do talle de Mick Doohan (gañador

entre 1995 e 1998), Álex Crivillé (1999), Valentino Rossi (2002 e 2003), Nicky Hayden (2006), Casey Stoner (2011) e Marc Márquez

(2013) xunto co material que os pilotos de motor adaptado utilizan para a súa competición.

Miguel Regueiro

O Primer encontro Motor de inclusiónorganizado por Fundación Repsol

Rafa Botello fará un triatlón en cadaetapa do Camiño de Santiato

José M. Ramil

Rafa Botello, naceu en Manlleu

(Barcelona), actualmente ten 33 anos

e hai dez que sufriu un accidente de

bicicleta cando descendía pola

pendente do santuario de Bellmunt,

en Sant Pere de Torelló.

Rafa perdeu mobilidade a causa deste

accidente. Un mozo da súa bisbarra

deixoulle unha cadeira de atletismo e

ao pouco tempo xa participou no

Campionato de España. En setembro

de 2003 fixo o maratón de Berlín e en

2005 conseguiu as mínimas para o

Campionato de Europa.

O atleta paralímpico cumprirá este

verán un dos seus sonos: facer o

camiño de Santiago. Botello queríao

facer dende hai anos. Moitos

compañeiros seus fixérono coa

handbike-bici que se move coas mans

en lugar das pernas e algún mesmo

coa cadeira de rúa. A Rafa Botello

apaixónanlle os retos, por iso decidiu

levar a cabo este dunha forma

especial. Despois de facer o Ironman

de Lanzarote en maio, non lle

apetecía deixar de lado un dos tres

deportes. Por iso decidiu facer o

triatlón do Camiño.

O 14 de xullo partirá dende Saint Jean de Port (Francia) con destino a Santiago de Compostela. Espéranlle oito etapas nas que fará cada día 1.500 metros a nado nunha piscina ou lago, entre 90 e 100 quilómetros en handbike e uns 10 ou 15 na cadeira de atletismo. Entre León e Ponferrada fará un medio ironman.

Cada día, cando chegue ao destino, dará unha charla motivacional. É un evento aberto a todo o mundo. Quen o desexe pode correr con el. Ao seu lado estarán o seu fisioterapeuta, un mecánico, outros atletas, algún personaxe mediático e, como sempre, a súa familia. Rafa levaba anos formulándose facelo, pero non contaba co apoio loxístico necesario. A empresa de nutrición Clarou Group, con experiencia noutros eventos deportivos como a Titan Desert, decidiu brindarllo. Ademais da organización, están a buscar patrocinadores. Séntense moi identificados cos valores de superación e esforzo que representa o deportista paralímpico.

Page 10: Moemia xuño 138 2014

10 CARTELEIRA

10

A NOITE DAS BESTAS 2

Ficha Técnica

Director:

Reparto: Zach Gilford, Michael K. Williams, Kiele Sanchez, Frank Grillo, Carmen Ejogo

BAIXO A MESMA ESTRELA

Ficha Técnica

Director:

Reparto: Shailene Woodley, Ansel Elgort, Laura Dern, Sam Trammell, Nat Wolf, Willem Dafoe, Lotte Verbeek

Argumento:

O crime fai estragos en Estados Unidos e os cárceres están cheos.

O goberno decide que unha noite ao ano, durante doce horas, calquera actividade criminal, mesmo o asasinato, será legal.

Non se pode chamar á policía, os hospitais non admiten pacientes, os cidadáns deben arranxarllas sós porque cometer un delito non está castigado.

Durante esa noite chea de violencia, unha familia debe decidir que dirección seguir cando un estraño chama á porta.

Argumento:

A pesar de que un milagre médico conseguiu reducir o seu tumor e darlle uns anos máis de vida, Hazel nunca deixou de considerarse unha enferma terminal, cun capítulo final por escribir no seu diagnóstico.

Pero cando un novo e xove paciente chamado Augustus -Gus- Waters aparece no grupo do centro de Cancro infantil, a vida e a historia de Hazel comeza un novo capítulo.

Argumento:

Un grupo de simios evolucionados xeneticamente, capitaneados por Cesar, convértese na raza dominante do planeta terra.

A súa única ameaza de crecemento é un grupo de humanos que sobreviviron a un virus desvastador desatado na década anterior.

Ambas as dúas razas conseguiron obter unha tregua de paz, que se verá rota cando ambas as dúas partes se sitúan ao bordo dunha guerra, que determinará quen será a raza dominante na Terra.

James Demonaco

Josh Boone

Luis Fernández

Arturo Fojón

Fran Solana

O AMAÑECER

DO PLANETA DOS SIMIOS

Ficha Técnica

Director:

Reparto: Andy Serkis, Jason Clarke, Gary Oldman, Keri Russell, Tobi Kebbell, Kodi SmitMcPhee, Enrique Murciano, Kirk Acevedo, Judy Greer

Matt Reeves

Page 11: Moemia xuño 138 2014

11 CARTELEIRA

10

O SEGREDO DO COFRE DE MIDAS

Ficha Técnica

Director:

Reparto: Michael Sheen, Lena Headey, Sam Neil, Joan Gruffudd, Aneurin Barnard, Keely Hawes, Tristan Gemmill, Daniel Wilde, Mella Carron, Xavier Atkins

OPEN WINDOWS

Ficha Técnica

Director:

Reparto: Elija Wood, Sasha Grey, Nacho Vigalondo

Argumento:

Londres, en plena época Vitoriana.

O mundo de Mariah Mundi, un rapaz de 17 anos, cáese de súpeto cando os seus pais desaparecen deixándoos sós a el e ao seu irmán. Cando uns descoñecidos secuestran o rapaz, Mariah decide ir ao hotel Prince Regent, onde sospeita que está retido, a traballar de botóns para investigar o seu paradoiro.

Alí descobre que baixo o edificio hai un submundo secreto e sinistro, cheo de túneles e maxia.

Argumento:

Cando Nick descobre que gañou unha cita para cear coa súa estrela favorita Jill Goddard, está incriblemente emocionado de ter finalmente a oportunidade de coñecela. Esa emoción desínchase cando Jill se nega a honrar o concurso e todas as esperanzas de Nick se ven truncadas. Sen embargo Acorde, un home que dixo ser o xefe de campaña de Jill, lle ofrece algo ao que non se pode negar: Acorde dará a Nick a posibilidade de ver constantemente a Jill a través do ordenador.

Nick mostrouse remiso, pero Acorde convéncelle dicindo que el debe conseguir polo menos un pouco de entretemento da actriz. Non obstante, Nick decátase de que con esta decisión porase a el mesmo e a Jill en risco.

Argumento:

Cando Jay e Annie se coñeceron, desprendíase entre eles unha intensa paixón romántica, pero 10 anos máis tarde e con dous fillos no seu haber, a chama do amor necesitará un impulso para entrar en efervescencia de novo. Para darlle un empuxón á súa vida sexual, atrévense coa gravación dun video caseiro no que nunha maratoniana sesión de tres horas, e seguindo as instrucións dun coñecido manual de sexo, intentarán probar todas e cada unha das posicións sexuais alí propostas.

O que nun principio parecía unha grande idea converterase nun despropósito cando descobren que o seu video máis privado accidentalmente ten deixado de selo. Coa súa reputación en xogo, sabendo que están a un click de ser espidos ante o mundo, emprenden unha frenética carreira para recuperar o seu vídeo que os fará vivir unha noite tola,

moi tola, que nunca esquecerán.

Jonathan Newman

Nacho Vigalondo

Juan Jiménez

Ricardo Lamazares

Alejandro Carballeira

ALGO PASA NA NUBE

Ficha Técnica

Director:

Reparto: Cameron Díaz, Jason Segel, Rob Lowe, Jack Black, Ellie Kemper, Rob Corddry, Randall Park

Jake Kasdan

Page 12: Moemia xuño 138 2014

12 RINCÓN LITERARIO

Quero describir o que, para min, serían as bases dunha sociedade inclusiva,

deixando atrás definitivamente os conceptos citados para vivir na marabilla da

diversidade.

En primeiro lugar, incluir significa respecto absoluto á forma de ser de cada

persoa.

En segundo lugar, incluír significa abrir de

par en par as portas da sociedade,

visibilizando toda a diversidade que garda no

seu interior.

En terceiro lugar, incluír significa potenciar

as capacidades ata facelas competencias e

buscarlles o contexto de desenvolvemento

máis axeitado.

En cuarto lugar, incluír significa que os

dirixentes desta sociedade teñen a obriga

moral de forxar oportunidades de

desenvolvemento para todos os seus

cidadáns.

En quinto lugar, incluír significa unha rede

pública de servizos sanitarios, educativos,

sociais e culturais totalmente accesibles que

garantan o acceso efectivo da cidadanía aos

dereitos fundamentais.

En sexto lugar, incluír significa achegarse á

diferenza e naturalizala, potenciándoa e

dándolle medios para o seu

desenvolvemento.

En sétimo lugar, incluír significa convivir

apoiándonos mutuamente na procura dun

desenvolvemento colectivo.

En oitavo lugar, incluír significa crer en cada

persoa.

En noveno lugar, incluír significa que cando

unha persoa se enfronta a un proceso de

selección para un emprego sexa valorada

unicamente polas súas competencias,

desterrando todo tipo de prexuízos

causantes de exclusión.

En décimo e derradeiro lugar, incluír significa

ver a diversidade humana e cultural como a

mellor fonte de co-desenvolvemento de

todas e como o único xeito de superar a

fenda da desigualdade.

Cando empezamos a construír a inclusión?

Pola inclusión

INCLUIRIago Santalla

Ex-usuario Aula de NN.TT. COGAMI CRD- Fingoi ( Lugo)

INCLUIR

Page 13: Moemia xuño 138 2014

13 POESÍA

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Proyecto Retadis:

- Polibea Turismo: e-mail:

Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

- Canal Discapacidade:

- Información Discapacidade:

- Portal Solidario:

- Blog Amica:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

- Socialia:

- Lugo Accesible:

- Voluntariado Galego:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.retadis.es

http://www.polibea.com [email protected]

http://www.fedop.org [email protected]

http://www.risolidaria.org

http://www.discapnet.es

http://www.portalsolidario.net

http://www.sotileision.blogspot.com

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

http://www.socialia.org

http://www.lugoaccesible.net

http://www.voluntariadogalego.org/web/

-

(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

Cada día que

paso sen ti,

o meu corazón se

pon máis triste

e a miña alma

está perdida

nun mundo, onde

non encontro unha

solución sen ela,

por iso pídolle

con urxencia que

volva aparecer

na miña vida, senón

volvereime tolo.Enrique Sanmartín

Tristura na alma

Enrique Sanmartín

Page 14: Moemia xuño 138 2014

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE