moemia virtual de marzo

14
Nº113 marzo · Ano 201 2 APOIO PSICOSOCIAL E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN MULLERES CON DISCAPACIDAD E

Upload: cogami-confederacion-galega-de-persoas-con-discapacidade

Post on 28-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Revista mensual que fan os usuarios do centro de recursos de Fingoi de COGAMI-Lugo

TRANSCRIPT

Page 1: Moemia Virtual de marzo

Nº113 marzo · Ano 2012

APOIO PSICOSOCIAL E PREVENCIÓNDA VIOLENCIA DE XÉNERO EN MULLERES CON DISCAPACIDADE

Page 2: Moemia Virtual de marzo

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Entrevista do mes

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Poesía

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consello de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

Colaboración Externa:

José Ángel Vázquez

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

5

9

10

11

12

13

13

4

8

9

10

11

12

13

13

Page 3: Moemia Virtual de marzo

3 ARTIGO3

Este é un programa pioneiro en todo o Estado e que trata sobre a prevención da violencia contra as mulleres con discapacidade e nace como froito dun convenio de colaboración entre a Fundación La Caixa e COCEMFE e está dirixido tanto ás mulleres como a profesionais.

ACADAR -Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia- vai ser a entidade que execute o programa, que se dirixe a mulleres con discapacidade vítimas de violencia e tamén profesionais. Este programa se desenvolve en Galicia apoiado por COGAMI, pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Concello de Santiago.

Baixo o nome Violencia: Tolerencia 0, este programa vai constar de cursos de formación destinados a profesionais, charlas de sensibilización que se van impartir nos colexios para educar aos rapaces e tamén obradoiros nos que participarán as mulleres.

A través do programa quérese sensibilizar e concienciar, tanto á sociedade como ás propias mulleres, sobre a violencia que existe, intentando previr situacións de violencia. Contará con actividades formativas destinadas a profesionais e colectivos do movemento asociativo e con actividades de prevención, enfocadas ás familias e ás mulleres con discapacidade. “As mulleres con discapacidade sofren a tripla discriminación: por ser mulleres, por ter discapacidade, e por vivir no rural”, apunta Mónica Álvarez San primitivo, Presidenta de ACADAR.

Elena Saura Portillo da Fundación La Caixa, entidade que financia en colaboración con COCEMFE (Confederación de Personas con Discapacidad Física y Orgánica), apunta que en Galicia temos intención de dar soporte a 132 persoas beneficiarias tanto en cursos de Formación Profesional como en charlas de sensibilización.

Na presentación estiveron apoiando o programa a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, a Concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago, Paula Prado, a representante de Obra Social La Caixa, o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e a Presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez como entidade que vai desenvolver o Programa Violencia: Tolerencia 0.

Mónica Álvarez di que o 80% de mulleres con discapacidade son vítimas de violencia de xénero, e que sofren unha discriminación multisectorial, polo que queremos empoderar ás mulleres con discapacidade.

O proxecto conta cuns obxectivos que van dirixidos tanto á sociedade como ás propias protagonistas, as mulleres con discapacidade. Elena Saura Portillo da Fundación La Caixa afirmou que 182 mulleres participaron en talleres de soporte psicosocial en toda España e recibiron información 1.008 persoas en total, segundo afirma A Concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago, Paula Prado.

Durante a súa intervención indicou que non se recollen datos sobre a violencia de xénero en mulleres con discapacidade, hai 4 millóns de persoas con discapacidade, e destas o 60% son mulleres, pero lamentablemente non se dispón de datos de violencia de xénero debido a ese encubrimento que pode ter a persoa maltratadora pola imposibilidade da vítima á hora de denunciar.

A Secretaria Xeral de Igualdade animou a todas as mulleres que padecen algún tipo de violencia a que denuncien. Moitas veces é difícil de visibilizar esa violencia de xénero que a veces no ámbito rural é máis invisible todavía.Dende a Administración din que existen axudas pero que as mulleres teñen que denunciar para actuar. O ano pasado axudaron a 19 mulleres con algún tipo de discapacidade co fin de facilitarlles as condicións para saír da situación de violencia.

Ademais de Galicia, o proxecto vaise levar a cabo no resto de comunidades nas que ten representación Cocemfe, sendo estas: Asturias a través de, Amdas la Fonte; Andalucía a través de Luna Andalucía; Castilla la Mancha a través de Luna Castilla la Mancha; Comunidad Valenciana mediante Mujeres en movimiento e Cataluña a través de Dones no Estándars.

Presentouse en Santiago de Compostela un Programa pioneiro de prevención da violencia contra as mulleres con discapacidade

Ana M. Varela

Page 4: Moemia Virtual de marzo

4 ARTIGO

8 de Marzo Día Internacional da Muller

Por un Envellecemento Activo das Mulleres con DiscapacidadeO Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeneracional persegue como obxectivos principais

sensibilizar á sociedade en xeral sobre o valor do envellecemento activo e as súas distintas dimensións, entre elas as de xénero e discapacidade, ofrecer un marco para asumir compromisos e realizar accións concretas entre todas as partes interesadas, incentivando a participación da sociedade civil e promover actividades que sirvan para loitar contra a discriminación por razón de idade, superar os estereotipos relacionados coa idade e eliminar barreiras.

O envellecemento suscita ás persoas con discapacidade dificultades engadidas para a súa autonomía persoal, o exercicio dos seus dereitos e a súa inclusión na comunidade. O envellecemento é un proceso evolutivo íntimamente ligado á discapacidade, que provoca un desequilibrio ascendente entre os sexos como consecuencia da maior lonxevidade das mulleres, polo que se fai necesario prestar especial atención ás necesidades e demandas das mulleres maiores con discapacidade, escoitándoas e adoptando os seus propios puntos de vista como suxeitos e non como obxecto de dereitos.

Para superar a falta de equidade e as barreiras que actualmente impiden que as mulleres con discapacidade maiores participen plena e equitativamente na sociedade, desde o Comité Español de Representantes de Persoas Con Discapacidade (CERMI) reclamamos:

1.- O xénero e a idade son dúas variables que, unidas á discapacidade, prexudican ás mulleres no acceso e permanencia no mercado laboral, limitando as súas posibilidades de ascenso e poñendo coto á súa carreira profesional. Como consecuencia de actitudes negativas cara ao envellecemento feminino, as mulleres con discapacidade ou mulleres cuidadoras de persoas con discapacidade teñen unha vida laboral máis curta e a súa experiencia profesional é menos tida en conta. A Unión Europea e os seus Estados Membros deben favorecer accións positivas a favor da contratación, permanencia e promoción das mulleres con discapacidade ou cuidadoras maiores de 45 anos, a través de incentivos fiscais para empresas ou criterios de prioridade nas administracións públicas.

2.- É importante que as políticas sociais dirixidas á terceira idade tomen en consideración as consecuencias da dependencia, a discapacidade e o envellecemento, prestando atención especial á dimensión do xénero como factor relevante de desigualdade. As mulleres maiores con discapacidade deben recibir unha atención adecuada en todos os ámbitos da súa vida, máis aló dos aspectos relacionados ca sua saúde e coidado persoal, e deben poder elixir onde e como queren vivir, ofrecéndolles actividades culturais, deportivas e recreativas que favorezan a súa inclusión no entorno comunitario.

3.- Tendo presente que uns dos roles máis importantes desempeñados polas mulleres con discapacidade e nais de persoas con necesidades de apoio xeneralizadas foi a actividade asistencial de familiares e cónxuges, é necesario ofrecerlles na súa idade avanzada servizos de coidados para quen esten ao seu cargo.

4.- É necesario desenvolver novas funcións para as mulleres con discapacidad en términos de creatividade, crecemento persoal e elección, dado que alcanzan maior esperanza de vida que os homes e, en consecuencia, teñen máis probabilidades de chegar á terceira idade e de permanecer máis tempo nela. As políticas en materia de envejecimiento activo teñen que tomar en consideración este feito e ofrecer aprendizaxes novedosos e útiles para as mulleres maiores con discapacidad, como a súa alfabetización digital e uso de tecnoloxías que favorezan a súa autonomía persoal nas súas contornas comunitarias.

5.- Dada a importancia das redes sociais na vellez e a maior esperanza de vida feminina, débense garantir modelos de apoio adecuados para as mulleres maiores con discapacidade que lles axuden a afrontar mellor as perdas das súas cónxuges e familiares.

6.-Débese garantir a participación política das mulleres maiores con discapacidade nas súas organizacións representativas, velando pola súa igualdade de oportunidades e non discriminación por razón do seu sexo e idade.

Nieves Gayoso

Page 5: Moemia Virtual de marzo

5 NOTICIEIRO

A Alhambra máis accesible

Alcanzouse un acordo coa Obra Social “la Caixa” para

mellorar a accesibilidade ao recinto da Alhambra, polo cal

instalouse un ascensor que conectará o patio do Palacio de

Carlos V coas instalacións do Museo de Belas Artes na

planta alta.

Ao estudio de Arquitectura Rovira-Beletta, no ano 2009

se lle encargou un proxecto para facilitar o acceso ao

monumento das persoas con discapacidade.

Este estudo recollía baremos de accesibilidade e como

conclusión establecía que un 70% do edificio podería

chegar a ser accesible ou mellorar a sua accesibilidade, nun

20% as persoas con discapacidade necesitan a axuda de

terceiras persoas e o 10% restante non pode ser accesible

polas condicións do terreo.

Recollidas estas conclusións, créase unha Comisión

Paritaria de Seguimiento que coordina e vela polo

cumprimento do proxecto e establécese o compromiso de

instalar unha prataforma elevadora no Palacio de Carlos V.

O Patronato da Alhambra e Generalife contará para a

execución deste proxecto, coa supervisión de todos

aqueles técnicos e arquitectos que estimen oportunos para

a realización destas adaptacións co fin de conseguir unha

maior accesibilidade.

Ambas institucións comprométense á eliminación das

barreiras arquitectónicas e á instalación dun equipamiento

no Palacio de Carlos V, para o que se ha de contar coas

posibilidades estructurales que brinda este edificio e

adecuarase á lexislación vixente sobre accesibilidade de

persoas con mobilidade reducida.

A Obra Social “la Caixa” e o Patronato da Alhambra e

Generalife asinaron un convenio para a realización dun

estudio do impacto que supón o conxunto monumental

sobre a cidade de Granada.

A Obra Social “la Caixa” aporta 100.000 euros coa

finalidade de mellorar a accesibilidade do recinto. A Unesco

declarou a Alhambra e o Generalife de Granada como

Patrimonio Mundial o 2 de novembro de 1984. Actualmente

este monumento recibe máis de 2.000.000 de visitas ao

ano, e delas 150 diarias son de persoas con mobilidade

reducida e persoas con grandes discapacidades físicas,

intelectuais e sensoriais.

A. Cristina Piñeiro

Grazas a Inclusite o diario online 20minutos é plenamente accesible

A empresa española CSD ideou un sistema (Inclusite), que permite o acceso á lectura na pantalla do ordenador, a persoas con discapacidade visual e motriz. O diario online 20 minutos.es, incorporou o devandito sistema, para que os seus lectores con discapacidade, poidan acceder á súa lectura de forma totalmente gratuita. No caso de persoas con discapacidade visual, poderán facelo a través das teclas do ordenador, coas que poderán activar o lector de pantalla. No caso dos usuarios con dificultades locomotrices, si non poden utilizar o teclado ou o ratón, teñen a opción de usar o sistema de comandos de voz, ou con sons e soplidos no caso de ter problemas coa linguaxe.

David Casinos, deportista paralímpico con discapacidad visual, manifesta que a lectura de 20 minutos.es resúltalle agora máis fácil. A principal diferenza entre 20minutos e outras web catalogadas de accesibles, é que o usuario non ten que instalar software nin aparello algún no seu ordenador. Pedro Fusté, responsable de Comunicación da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica da comunidade de Madrid (Famma-Cocenfe Madrid), manifesta que con esta iniciativa favorécense as tres principais metas das persoas con discapacidade: “Autonomía, independencia e normalización”.

Antonio Fernández

Nova guía de establecementos accesibles en Galicia

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, publicou a Guía de Aloxamentos Accesibles de Galicia onde se detalla a oferta de establecementos adaptados para persoas con discapacidade. A guía, publicada en galego e castelán, inclúe 186 aloxamentos entre accesibles e practicables distribuídos pola xeografía galega. Na devandita publicación, de 452 páxinas, detállanse as características dos 33 aloxamentos accesibles na Comunidade galega, así como os 153 practicables. Editáronse 1.000 exemplares en galego e 300 en castelán que se poden atopar nas oficinas de Turismo de Galicia. Este folleto pódese descargar tamén en formato PDF.

No apartado de aloxamentos accesibles, onde a guía dedica catro páxinas a cada un, inclúense as seccións de información xeral, accesibilidad física, accesibilidad visual e accesibilidad auditiva. En cada sección se desgranan as características do entorno do aloxamento, do acceso e do vestíbulo coa recepción, dos cuartos adaptados e os baños. Tamén se inclúe un cadro coas características das zonas rurais. A información sobre aloxamentos practicables é a mesma que a dos accesibles, relatada en dúas páxinas. Os aloxamentos accesibles garanten o acceso ás estancias fundamentais e dispoñen dun cuarto adaptado, onde as portas teñen un ancho de 75 centímetros. Os aloxamentos practicables garanten o acceso ás estancias fundamentais e dispoñen dun cuarto adaptado, con portas de 70 centímetros de ancho

Manuel A. Roson

Page 6: Moemia Virtual de marzo

6 NOTICIEIRO

Miguel Regueiro

Aplicación para IPone de denuncia de discriminaciones contra

as persoas con discapacidade

O Cermi (Comité Español de Representantes de

Persoas con Discapacidade) vai crear unha aplicación para

dispositivos móbiles tipo IPhone que serve para denunciar

vulneracións de dereitos e actos discriminatorios que

sufran as persoas con discapacidade ou as súas familias.

Con esta aplicación móbil preténdese ofrecer ás persoas

con discapacidade outra canle para a protección dos seus

dereitos.

Esta aplicación asegura que calquera persoa usuaria de

IPone, que a descargue gratuitamente, poderá coñecer os

seus dereitos e os recursos de que dispón para protexelos e

suscitar desde o móbil as queixas, reclamacións e

denuncias, ante as distintas instancias públicas,

parapúblicas e privadas. É a primeira aplicación móbil

centrada en garantir os dereitos das persoas con

discapacidade.

O desenvolvemento tecnolóxico da aplicación

efectuarao Technosite, empresa da Fundación ONCE

experta en accesibilidade tecnolóxica, e elixiuse o

dispositivo IPhone por ser o de maior uso entre o público e

posuír as máis altas prestacións de accesibilidade.

Ramón Veiga

Proposta a Educación para que o voluntariado

sexa unha asignatura

Chegou ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

por parte da Plataforma do Voluntariado en España (PVE)

unha proposta para que o voluntariado sexa incluído no

sistema educativo español como materia transversal co

obxecto de transmitir ao alumnado, os valores da

solidariedade e o compromiso cívico activo.

O voluntariado debería incorporarse como materia

académica en proxectos escolares e en educación superior,

xa que segundo afirma a PVE, a escola é un vehículo de

instrucción ademais dun entorno de formación en valores

onde se fomenta o compromiso e a solidariedade coas

distintas causas que nos rodean.

A Plataforma do Voluntariado en España, que

representa a 90.000 voluntarios de toda España, sinala que

a formación do voluntariado require da implicación da

comunidade educativa, porque é o xeito de divulgar os

valores entre os alumnos.

Tamén suscita que na devandita tarefa é necesaria a

participación da familia á hora de suscitar actividades

solidarias e elixir cales son as causas coas que se poden

identificar os alumnos e alumnas.

José Luis López

A discapacidade debe aparecer na nova

lei de emprendedores

O Comité Español de Representantes de Persoas con

Discapacidad esixiu ao Goberno, a través do ministerio de

Emprego e Seguridade Social do que é titular Fátima

Báñez, que a iniciativa económica relacionada coa

discapacidade sexa tida en conta como realidade con

entidade propia na nova lexislación de estímulos aos

emprendedores que prepara o Executivo.

Na nova norma de promoción do emprendemento

deben ter encaixe diferenciador, tanto a iniciativa

económica individual de traballadores autónomos con

discapacidade como a colectiva de empresas e entidades

de iniciativa social.

O sector social da discapacidade aposta polo emprego

digno e de calidade e polo desenvolvemento económico

cohesivo desde fai moito tempo, e hoxe sostén decenas de

miles de empregos para persoas con discapacidade.

Foi remitido ao ministerio de Emprego e Seguridade

Social por parte do CERMI un documento de propostas a

favor da discapacidade para a súa incorporación ao

borrador do proxecto de lei en preparación.

Antonio Fernández

As persoas con discapacidade ven recoñecidos os seus dereitos en Irak

Francesco Motta, xefe da oficina de Dereitos Humanos

en Irak, cualificou de histórica, a decisión do goberno de

devandito país, de ratificar a convención de dereitos das

persoas con discapacidade. As autoridades de Bagdad

recoñecen o potencial que o devandito colectivo pode

aportar á sociedade.

Espérase que grazas a esta medida, o pobo pase a ver

a este grupo, máis que como un problema social, a un

grupo cos mesmos dereitos que o resto da sociedade.

Os estados que ratifican este texto, teñen a obriga de

poñer as medidas necesarias para promover os dereitos do

mencionado colectivo.

O goberno Iraquí debe asegurar a posta en práctica dos

puntos recollidos pola Convención sobre a discapacidade e

débese protexer e garantir ao mesmo tempo o dereito a

unha participación en igualdade de condicións.

Page 7: Moemia Virtual de marzo

7 NOTICIEIRO

Xogos adaptados a nenos con discapacidade

Juan García

Finalizouse recientemente, nos Xardíns de Cristina en Sevilla, a instalación dos xogos infantís adaptados para nenos con discapacidade, un columpio para nenos de cero a catorce anos , un multixogo para menores entre catro e catorce anos, e un camión de integración adaptado para pequenos entre dous e seis anos.

Estes xogos foron situados preto ao casco histórico e a un nó de comunicación dotado de tranvía, parada de metro e aparcadoiro, co fin de garantir a máxima accesibilidade e ao mesmo tempo conseguir chegar a un alto número de persoas.

O alcalde Juan Ignacio Zoido, asegurou que todos os parques infantís da cidade iranse facendo accesibles e adaptándose para todos os nenos, para que todos poidan gozar e xogar nos parques.

Os xogos van pintados con cores rechamantes para que resulte máis fácil o seu uso para os nenos con discapacidade visual ou nenos con necesidades de estimulación. Por outra banda contan con diferentes texturas para os que teñen discapacidade visual e haberá tamén letreiros en linguaxe Braille.

Oscar Vigo

A discapacidade presente

para Amnistía Internacional

Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional en España, declarou recientemente que a súa organización tamén se interesa e preocupa polas persoas con discapacidade, en especial por aquelas que resultan feridas durante os conflitos armados.

Amnistía participou nas discusións previas á Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, cuxo cumprimento se encarga de vixiar.

O traballo desta organización céntrase máis nas vítimas de guerras e outros conflitos, que en prestar asistencia en España.

Con todo, segundo sinalou Beltrán, para a súa organización as persoas con discapacidade supoñen un dos grupos máis vulnerables ao impacto das políticas discriminatorias, co que é preciso traballar neste campo.

100.000 visitas en Internet en apenas 4 días para un vídeocurriculum dun mozo

con discapacidade

Este tipo de presentacións de curriculum en formato vídeo é unha nova aposta da fundación ONCE e de FSC Inserta, como parte da última campaña de sensibilización.

Para este proxecto conta ca financiación da Unión Europea. Con este tipo de formato de presentación o mozo Luís Castro, diríxese a un potencial empresario o que solicita un posto de traballo.

Neste videocurriculum preséntase un amplo abano de razóns polas que o empresario acertaría contratando a unha persoa con discapacidade, ben por vantaxes económicas das que se pode beneficiar , ben por razóns de responsabilidade social empresarial ou por simple solidaridade.

Luís Castro diríxese ao posible empresario indicándolle que si o contrata, terá a posibilidade de comprobar que pode facer o traballo igual que calquera outra persoa, que terá máis ganas que ninguén e que ademais daralle un novo aire á empresa.

Ademais si houbera máis empresarios que contrataran persoas con discapacidade conseguiriamos ter un mundo mellor.

A axencia BBOO no marco do programa por Talento, foi a que creou o audiovisual , que foi cofinanciado polo FSE. O obxectivo é fomentar o emprego e a formación das persoas con discapacidade e se ten convertido no portavoz de moitas persoas con discapacidade que non tiveron a posibilidade de demostrar as súas capacidades e a súa valía

Manuel Paz

Novo software “Dedos”Na Cidade Financieira do Santander a Fundación

Síndrome de Down de Madrid (FSDM) presentou unha nova ferramenta de autor aplicable a dispositivos táctiles como as mesas multicontacto. Para iso contou co apoio da empresa que desenvolve o software bancario que traballa para o Grupo Santander, Isban. “Dedos Editor” e “Dedos Player” proveñen da colaboración entre a FDSM e a Universidade Autónoma de Madrid (UAM).

Esta ferramenta permite crear actividades educativas para todalas edades, tanto para educación especial como ordinaria, xa que é o profesor quen pode diseñar exercicios específicos para cada alumno dependendo das necesidades e características particulares de cada caso concreto. Este é un instrumento sinxelo, que non esixe coñecementos técnicos e que estará a libre disposición na web da FSDM.

O Director Xeral de Evaluación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Xavier Gisbert, clausurou o acto e manifiestou que esta ferramenta mellora a educación das persoas e ofrece maior integración no sistema educativo. María Barón, presidenta da FSDM destacou a importancia do proxeto Isban como empresa comprometida coa responsabilidade social. O Conselleiro Delegado de Isban sinala a importancia da mesa multicontacto para as persoas con discapacidade intelectual, e destacou que grazas a este proxecto vanse poder formar e desenvolver as súas capacidades 300 usuarios da Fundación.

Ana Mª Varela

Page 8: Moemia Virtual de marzo

8 NOTICIEIRO

Videoxegos que se controlan cos ollosNa Universidade de Montfort (Reino Unido),

desenvolveuse un xogo que se controla a través de

movementos oculares. Este xogo foi desenvolvido para

nenos que a súa discapacidade física non lles permita a

utilización do rato ou o teclado. Este proxecto foi

desenvolvido pola universidade británica e liderado polo

investigador Stephen Vickers, que asegura que este novo

videoxogo engade un novo nivel de intelixencia aos xogos.

Aínda contando o longo período transcorrido no estudo do

mencionado proxecto, este resultará económico e

accesible, co fin de que todos os nenos con discapacidade

poidan acceder ao videoxogo independentemente do seu

poder adquisitivo.

Este novedoso sistema permitirá xogar tocando botóns

ou dirixindo a un personaxe mirando a diferentes puntos da

pantalla mediante movementos oculares. Desenvolveuse

un xogo do espazo que activa un “arma” e dispara mirando

fixamente un botón. Este xogo funciona a través do “Eye

tracking”, técnica que utiliza a luz infrarroxa para identificar

os ollos que miran á pantalla do ordenador. Estes sistemas

de movemento ocular xa están sendo utilizados para o

estudo de enfermidades como o autismo en EEUU. Utilizar

este tipo de xogos cos ollos non só aporta lecer e diversión,

senón que tamén axudará a aprender a navegar pola rede.

José Luis Vázquez

A Unión Europea pretende que se suprima a posibilidade de incapacitar de forma absoluta

ás persoas con discapacidade

O Consello de Europa, mediante o comisionado dos Dereitos Humanos do Consello de Europa, Thomas Hammarberg, solicita aos estados membros que supriman os mecanismos legais que permiten a incapacitación xurídica plena das persoas con discapacidade intelectual.

O texto publicado polo comisionado aboga por apoiar aos cidadáns que responden ás mencionadas características, para que poidan exercer dereitos como, o voto ou decidir o lugar no que queren vivir, xa que en moitos países, os cidadáns con discapacidade intelectual ou psicosocial non deben ser privadas dos seus dereitos como persoas.

A Convención da ONU sobre os dereitos das Persoas con Discapacidade, no seu artigo 12, establece que as persoas con discapacidade teñen dereito en todas partes ao seu recoñecemento da súa personalidade xurídica.

Como conclusión poderiamos afirmar que o comisionado insta aos diferentes Estados membros a que fagan unha revisión das súas lexislacións en materia de capacidade xurídica, e que as poñan ao día.

Artutro Fojón

As persoas con discapacidade solicitan

melloras na accesibilidade nas redes sociais

O CERMI (Comité de entidades de Persoas con Discapacidade) da Comunidade de Madrid demanda unha mellora na accesibilidade nas redes sociais, dado que é o futuro da comunicación e unha fiestra ao mundo para os cidadáns con discapacidade.

Desde que fai catro meses, o comité activou os seus perfís en Facebook e Twitter, pódense seguir con detalle as informacións difundidas polo mesmo. Preto de 1.500 persoas seguen todas as informacións difundidas nestes medios. O comité cre necesario dar resposta ás necesidades do mencionado colectivo a relacionarse, expresarse e interactuar a través das redes sociais, xa que repercutiría beneficiosamente na interactividade dos millóns de cidadáns con discapacidade que viven actualmente no mundo.

Aínda son múltiples os obstáculos que impiden a plena integración das persoas con discapacidade nesta nova sociedade global. Como exemplo do mesmo o comité citou a complexidade de crear perfís, de corrixir informacións ou de controlar visitas. Dependendo do tipo de discapacidade, a falta de usabilidade das plataformas obriga a que sexa necesario utilizar aplicacións específicas e non as páxinas web das distintas redes sociais, o que fai que as persoas con discapacidade non estean en igualdade respecto ao resto da sociedade.

Como reflexión final o comité concluíu coa afirmación de que non serve de nada intentar sensibilizar e difundir os asuntos relacionados coa discapacidade, si ao mesmo tempo hai miles de persoas que teñen vetada a súa participación debido ás carencias en canto ao que á accesibilidade se refire.

Manuel Paz

Francisco Gullón

Vía Libre organiza cursos de formación para

profesionais no ámbito da discapacidade

Vía Libre, compañía do grupo empresarial da Fundación ONCE (Grupo Fundosa) organizou nos últimos meses cursos para profesionais do ámbito da discapacidade e a terceira idade, recibindo formación relacionada cos produtos de apoio para a autonomía persoal.

O primeiro curso se impartiu en Madrid pola área de Comunicación Aumentativa da compañía e o seu obxectivo foi o de formar a terapeutas ocupacionales que traballan con nenos con diferentes discapacidades en centros de educación especial da comunidade. Neste tratáronse entre outros temas, a utilización de taboleiros de comunicación, e as axudas á comunicación de baixa tecnoloxía formada por instrumentos de fácil fabricación. O nivel de expresión que se pode alcanzar está en función das capacidades lingüísticas, cognitivas, visuais e motoras do usuario.

A segunda actividade se impartiu en Barcelona polo equipo de Ortopedia Técnica e Produtos de Apoio, na sé de Vía Libre, sendo dirixida aos fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais da Cruz Vermella de Cataluña, tendo como obxectivo dar a coñecer os distintos produtos de apoio utilizados na vida cotiá.

Outra parte da sesión dedicouse a mostrar a utilización e beneficios para as persoas maiores dos produtos de estimulación sensorial.

Page 9: Moemia Virtual de marzo

9 DEPORTES

Récord do mundo de Maratónpara Alberto Suárez

A XXVIII edición da Maratón de Sevilla pecha o Campionato de España na que tomaron a saída un total de 5.500 atletas, dos cales conseguiron chegar á meta 4.349 deportistas. O atleta asturiano con discapacidade visual Alberto Suárez conseguiu a marca mínima que lle outorga o billete directo para os próximos Xogos Paralímpicos de Londres 2012, cun tempo total de 2'23"23. Polo tanto, Suárez bateu o récord mundial nesta disciplina na súa categoría, que el mesmo posuía tras realizar un crono de 2'25"01 no XXIV Maratón de Italia (Memorial Enzo Ferrari). O asturiano foi o primeiro español en cruzar a liña de meta, por detrás do atleta marroquí sen discapacidade Mohammed Blal, que se converteu no ganador da proba.

Ademais, tamén se levou a cabo nas rúas sevillanas a carreira na que tomaron parte deportistas con discapacidade física en cadeira de rodas. Entre eles, o mellor foi o barcelonés Roger Puigbó, xusto por detrás del clasificouse o tamén catalán Jordi Madeira a tan só un segundo do vencedor da proba. Algo máis afastados dos primeiros postos concluíron o alicantino Santiago Sanz e o andaluz Juan José Lara, sexto e sétimo, respectivamente. O caso do veterano Juan José Lara é especialmente rechamante, posto que este deportista sevillano participou nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 1996, pero na selección española de baloncesto en Cadeira de Rodas.

J. Carlos Vázquez

Carmen Herrera vence noCampionato de España de Judo

José Manuel Ramil

O Palacio Multiusos de Guadalajara, acolleu o XXI Campionato de España de Judo para persoas con discapacidade visual, que foi organizado pola Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC). Na categoría de menos de 70 quilos, a judoka malagueña Carmen Herrera, dobre campiona paralímpica confirmou os pronósticos e impúxose á madrileña Sara de Pinies, co que consegue, deste xeito, revalidar o título de campiona de España. Ademais da malagueña, tamén se alzaron cun importante triunfo nas diferentes categorías, tanto masculinas como femininas, os andaluces David García e Abel Vázquez, o balear Joan Bagur, a navarra Laura García e a madrileña Marta Arce.

A judoka madrileña Marta Arce, tamén conseguiu subirse todo o máis alto do podio, tras vencer na final á valenciana Mónica Merenciano. As medallas de bronce na categoría de menos de 63 quilos foron para a castelán-leonesa Tatiana Moreiro e para a andaluza Ana Ruiz. Tamén se proclamou campiona de España, na categoría de menos de 48 quilos, a navarra Laura García, que derrotou á bilbaína Sheila Rodríguez. No cadro masculino, en menos de 60 quilos, o sevillano David García converteuse no novo campión de España tras derrotar ao tamén sevillano Antonio Manuel Casado. A medalla de bronce correspondeu ao galego Félix Couce. Un dos cambios para persoas cegas consiste en que todos os combates deben comezar cos dous deportistas agarrados e si nalgún momento os judocas sóltanse, o árbitro está obrigado a parar o combate para que se volvan coller. Tamén existen outras alteracións relativas á forma de transmitir os sinais dos árbitros aos deportistas, xa que non o poden facer por xestos.

Luis Alberto García

Marcha Nórdica:

camiñar con bastóns, pero sen neve

Ideada polo seleccionador finlandés de esquí de fondo para que os deportistas se adestren durante o verán con ausencia de neve, a marcha nórdica (nordic walking), foi gañando adeptos entre deportistas e afeccionados do norte e centro de Europa.

Na última década, distintos estudos científicos constataron os beneficios para a saúde de todas as persoas, sen límite de idade nin condición física que camiñen utilizando uns bastóns iguais aos dos esquiadores. A chegada desta actividade a España produciuse recientemente e algunhas fontes cifran en 20.000 as persoas que o practican fronte aos 4 millóns de alemáns.

A Comunidade Galega figura entre as pioneras na práctica desta modalidade deportiva en España. Grazas ao esforzo do profesor e investigador do campus de Pontevedra Iván Martínez, xunto a varios amigos das facultades de Fisioterapia e de Ciencias da Educación e do Deporte, logrouse crear en 2009 a Asociación Nordic Walking de Galicia, que tamén é delegación da asociación española.

O profesor Bernd Golschmidt, membro fundador de devandito colectivo no noso país e director da escola de formación, ademais de instrutor recoñecido pola Organización Internacional de Nordic Fitness (INFO), impartiu un curso intensivo en Pontevedra. Este curso xa tivo un antecedente na Universidade viguesa en 2009.

Recientemente, doce persoas, a maior parte licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, tamén deportistas semiprofesionais, empresarios do turismo rural e o deporte de montaña, recibiron formación sobre a técnica ALFA 247 para ser instrutores básicos. As catro siglas desta técnica, resumen os principios da marcha nórdica: Alta a mirada, longos os brazos, formar un triángulo co bastón, e adaptar a lonxitude do paso.

O profesor Martínez explicou que este exercicio consolidouse na última década “como tendencia de fitness en Centroeuropa e EEUU”. Mentres o nordic walking sumaba seguidores. Hospitais e centros de rehabilitación constataron os seus efectos positivos en persoas con trastornos metabólicos, neurodexenerativos e osteoarticulares.

En España, o Hospital e o Centro de Atención Sant Rafael, en Barcelona, recorreu á marcha nórdica para mellorar a calidade de vida e a saúde en pacientes maiores con dor crónico e risco cardiovascular.

O hospital A Paz de Madrid ten tamén previsto realizar un ensaio con pacientes que necesitan rehabilitación cardiaca logo de sufrir unha síndrome coronaria agudo. E a Universidade de Vigo non se queda atrás. O grupo Hl20 de Análise de Rendemento en Deportes, a donde pertence o profesor Iván Martínez ten abertas dúas liñas de investigación que teñen que ver coa influencia da marcha nórdica en deportistas con discapacidade intelectual e o seu “efecto agudo” sobre a musculatura superficial retroversora de brazo e extensora de antebrazo de mulleres novas deportistas.

Page 10: Moemia Virtual de marzo

10 ENTREVISTA DO MES

Por que decidiches incorporarte ao Aula de Novas Tecnoloxías de COGAMI?Porqué vólvome a sentir útil. Recordo cousas importantes que me gusta facer e en COGAMI fágoas, por exemplo

manexar un ordenador e estar cos meus novos amigos, todos en grupo. Juan (voluntario) axúdanos moito, é un señor que ten problemas de visión, pero no tema da informática sabe moito, e tamén Puri prepáranos os traballos que temos que facer.

O día que vin aquí foi un gran acerto, foi unha das mellores cousas que fixen desde que tiven o accidente, o cal logo do malo foi un gran acerto.

Canto tempo levas en COGAMI?Levo preto dun ano.

A que che dedicabas antes de vir a COGAMI?Tiña un taller de carrocerías para camións, pero tamén reparaba turismos

e unha sala de chorreado con area a alta presión para quitar óxidos.

¿Qué che aporta vir ao Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías de COGAMI?

Aprendo moitas cousas que tiña casi olvidadas, como manexar o ordenador, ademais coñezo xente nova.

Cales son as túas afeccións no teu tempo libre?Gústanme as motos, tiña unha Suzuki 1300, pero aquel fatal día… aínda

me pregunto como puiden caer, pero logo do malo grazas a iso coñezo a toda esta xente.

Cal é o teu deporte favorito?O que máis me gusta é o motociclismo, pero agora en moto non podo

andar. Tamén son afeccionado á pesca e á caza.

Que libro ou que novela estás lendo ou che gustaría ler próximamente?

O último libro que lin foi Viaxe ao Centro da terra de Julio Verne.

Gústache viaxar? A que sitio gustaríache ir de vacacións?O lugar onde me gusta ir moito é a Vivero. Antes collía a moto ou o coche e ía, agora tamén vou de cando en vez.

Que clase de películas gústache ver?A saga da guerra das Galaxias. En xeral todo o relacionado co xénero de ciencia ficción.

¿Te gusta la música? ¿Que estilo de música y que grupos prefieres?Si. Me gustan moito Mocedades ( a cantante ten unha moi boa voz), Abba...

Te arrepíntes de algo nesta vida?Non ao contrario estou moi orgulloso de todo o que fixen.

Entrevista do mes a Arturo Fojón

Arturo Fojón- Usuario da Aula Ocupacional de NN.TT.- CRD Fingoi - Lugo

Nieves Gayoso - Enrique Sanmartín

Page 11: Moemia Virtual de marzo

11 CARTELEIRA

Argumento:Will Shaw é un rapaz norteamericano cuxa familia é

secuestrada cando se atopan en plenas vacacións por

España.

Shaw dispón de poucas horas para atopalos, poñer ao

descuberto unha conspiración do goberno e ademais

atopar a conexión existente entre a desaparición da súa

familia e os segredos do seu pai.

Ficha TécnicaDirector: Mabrouk el Mechri

Reparto: Bruce Willis, Henry Cavill, Sigourney Weaver, Oscar Janeada, Caroline Goodall, Rafi Gavron, Jim Piddock, Roschdy, Veronica Echegui, Joseph Mawle.

A FRÍA LUZ DO DÍA

Roberto Camba

Argumento:“The Pelayos” é a emocionante aventura dun grupo

de rapaces con poucas perspectivas de futuro aos que se lles presenta a gran oportunidade: cambiar a súa sorte e gozar dunha aventura que se converterá nun modo de vida absolutamente ao contraxeito, desbancar os casinos do mundo cun método infalible baseado na imperfección da ruleta.

Ficha TécnicaDirector: Eduard Cortes.

Reparto: Daniel Bruhl, Lluis Homar, Miguel Angel Silvestre, Oriol Vila, Vicente Romero, Blanca Suarez, Marina Salas, Huichi Chui, Eduard Fernández.

THE PELAYOS

Gustavo Latorre

Gustavo Latorre

GRUPO 7Argumento:

Película policiaca de acción e intrigas criminais, de persecucións e arrestos, pero tamén un grupo de homes arrogantes e desvalidos, vulnerabeis, e violentos. O grupo compóñeno: Ángel, un novo aspirante a inspector, intelixente e compasivo; Rafael, un policía expeditivo, contundente e arrogante; Miguel e Mateo, os socarróns do grupo, capaces das maiores brutalidades pero tamén de inesperadas mostras de tenrura. Para o Grupo 7 non existe a delgada liña que separa os recursos pouco éticos dos abertamente ilegais. O seu modus operandi: violencia, coaccións, mentiras e medias verdades todo… vale.

Ficha TécnicaDirector: Alberto Rodríguez

Reparto: Mario Casas, Antonio de la Torre Manuel Álvarez

A PESCA DE SALMÓN EN YEMENArgumento:

É a historia de Dr. Alfred Jones, un home aburrido da súa vida como científico da industria pesqueira, e da súa muller Mary, coa que mantén unha fría e pouco apaixonada relación.. Mentres ela é enviada a Ginebra por motivos de traballo, Alfred será consultado sobre un innovador proxecto que pretende introducir salmón nas augas de Yemen. Inicialmente móstrase escéptico, xa que o salmón é de augas fría, pero volverase máis interesante ao descubrir polo director de comunicacións do primeiro ministro que é o antídoto contra a mala prensa xerada coa guerra de Irak.

Alfred é presionado para reunirse coa representante do jeque, a nova e glamurosa Harriet. O científico embarcarase nunha longa viaxe para facer realidade a visión de paz espiritual que lle ofrece el jeque.

Ficha TécnicaDirector: Lasse HallströmReparto: Ewan Mcgregor, Emily Blunt, Kristin Scott Thomas, Rachel Stirling, Amr Waked

Arturo Fojón

MARVEL OS VINGADORESArgumento:

Continuando as aventuras épicas na gran pantalla que empezaron con “Iron Man”, “O incrible Hulk”, “Iron Man 2”, “Thor” e “Capitán América: o primeiro VIngador”, “Os Vingadores”, significa a reunión máis espectacular de superheroes de Marvel.

Un inimigo inesperado ameaza con poñer en perigo a seguridade mundial, así que Nick Furia, director da axencia internacional para o mantemento da paz coñecida co nome de SHIELD, necesita atopar urxentemente un equipo que salve ao mundo do maior dos desastres. Baseada no famoso cómic que se publicou por primeira vez en 1963, “Os Vingadores” reúne aos superheroes máis emblemáticos de Marvel e será a primeira vez que aparezan todos xuntos na gran pantalla. “Os Vingadores” tamén se exhibirá en 3D, posto que o filme converterase a este formato.

Ficha TécnicaDirector: Joss WhedonReparto:Robert Downey Jr., Chris Evans, Scarlett Johansoon, Jeremy Renner, Chirs Hernswoth, Samuel L. Jackson, Mark Ruffalo, Clark Gregg, Tom Hiddleston, Stellan Skarsgard, Cobie Smulders.

Luis Fernández

Argumento:SOUL SURFER é a verdadeira historia de Bethany

Hamilton, unha surfista adolescente á que un tiburón tigre de 4,20 metros lle arrincou un brazo. A súa enorme coraxe permitiulle superar a traxedia e volver a ser campiona. SOUL SURFER conta o que ocurriu despois da traxedia, que chegou ás portadas do mundo enteiro. Conta cómo Bethany loita por sobrepoñerse e enfrontarse ao futuro. Coa axuda dos seus pais Tom e Cheri, négase a darse por vencida e inicia unha viaxe de regreso ao mar.

SOUL SURFER

Ficha técnicaDirector: Sean Mcnamara

Reparto: Annasophia Robb, Dennis Quaid, Helen Hunt, Carrie Underwood, Kevin Sorbo.

Page 12: Moemia Virtual de marzo

12 RINCÓN LITERARIO

CAPÍTULO ANTERIOR:

José Luís levantouse como todas as mañás e foise dar o seu paseo en bicicleta, ao regresar foi ao seu ordenador, pero atopouse cunha sorpresa, a súa amiga Vitoria foi atopada morta, por culpa dun accidente de coche, ou esa era a versión oficial.

Alberto López, o presidente da compañía de seguros Rotual and company, chámalle por teléfono e queda con el no Parque do Retiro. Pídelle que se asegure que non lle sigan.

José Luís estaba asustado por esa reunión, pero tiña que ir.

Comeu coa súa familia e posteriormente dirixiuse á súa cita con Alberto López.

CAPÍTULO 25:

-Vou facer algo para comer –dixo Jesús, a quen lle encantáballe cociñar.

-Paréceme moi ben, mentres fago a cama e limpo un pouco isto.

Pero naqueles mesmos momentos, soou o teléfono móbil de Cris, era Enrique Sánchez que estaba desesperado buscando e tratando de buscar axuda por onde fóra, acordouse de que o noivo de Cris era policía.

-Diga? –preguntou Cris.

-Bos días Cris, son Enrique, chamáronme esta mañá e dixéronme que secuestraran á miña irmá- dixo Enrique moi nervoso -, xa avisei a todo o equipo, só me faltabas ti. Está o teu noivo en Madrid? preguntoulle esperando que a resposta fose positiva.

Cris quedouse estupefacta coa noticia que lle deu Enrique.

-Si, está aquí comigo, Queres falar con él?

-Si, por favor.

-Jesús, ven aquí un momento –chamouno Cristina –é Enrique o meu xefe.

Enrique contoulle con todo luxo de detalles o secuestro da súa irmá…, e despois estívolle comentando onde estivera o sábado pola tarde, descubrindo moitas cousas dunha organización chamada o Taboleiro Cadrado, grazas ao labor dunha xornalista cuxo nome ficticio era Vitoria, que estaba a piques de realizar un artigo sobre ese tema cando desapareceu, onde os seus integrantes eran altos cargos de compañías de seguros e tamén algún cargo político. Eran compañías norteamericanas que se instalaron en España e en case toda Europa, que se dedican ao mundo da sanidade e accidentes de tráfico entre comillas. Enrique vira videos dunha prostituta deitándose cun senador, onde se intentaba influír sobre o senador para que presentase unha lei de eutanasia e fose aprobada cando antes polo seu grupo parlamentario e lido documentos que informaban sobre a influencia destas mulleres con todo tipo de altos cargos como xuíces, políticos, empresarios e altos executivos de compañías de seguros, pero o malo non era iso, o indecente era que a Enrique parecíalle que se dedicaban a matar a pacientes con graves enfermidades, para non pagarlles o seguro e así aforrarse millóns de euros en indemnizacións, pero isto era só unha suposición , aínda que a Enrique xa lle morreran seis pacientes en menos de seis meses, por iso desconfiaba de que fose esta organización.

Tamén lle falou en que hotel se reunían e da situación de Ricardo Llanos.

-Moitas grazas Enrique, pola información –agradeceulle Jesús- que se sentía halagado pola confianza depositada nel, vou chamar aos meus compañeiros de Madrid, para que instalen o teu despacho de hospital e na túa casa un dispositivo de escoita, para intentar localizar onde se atopa a túa irmá, de momento só podemos facer iso, porque ese home vaiche amargar a vida ata que consiga os seus propósitos e con respecto á organización esa, en Barcelona o meu equipo está investigando a varias compañías de seguros que supostamente matan a persoas con discapacidade para non pagarlles o seguro de accidentes de coche. Por iso estou eu aquí e tamén para descubrir a morte do paciente de Cris, que nos parece que foi asasinado por estes feitos. Os dous despedíronse e quedaron para verse pola tarde no hospital.

O Último Tramo - Capítulo 25

Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo

Page 13: Moemia Virtual de marzo

13 POESÍA

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Proyecto Retadis:

- Polibea Turismo: e-mail:

Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

- Canal Discapacidade:

- Información Discapacidade:

- Portal Solidario:

- Blog Amica:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

- Socialia:

- Lugo Accesible:

- Voluntariado Galego:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.retadis.es

http://www.polibea.com [email protected]

http://www.fedop.org [email protected]

http://www.risolidaria.org

http://www.discapnet.es

http://www.portalsolidario.net

http://www.sotileision.blogspot.com

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

http://www.socialia.org

http://www.lugoaccesible.net

http://www.voluntariadogalego.org/web/

-

(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

Enrique Sanmartín

Ricardo Lamazares

Cando penso en ti é difícil ser o teu amigo.

Porque a vida é bonita desde que che coñecín.

E por iso eu te amoe desexo que sexas feliz

aínda que non sexa comigo.

É difícilDemasiado TardeNunca se me

deu demasiado bendicirche que estou

namorado de ti, e agora se

me fai tarde,porque non podo

expresar os meus sentimentospor ti, por isoagora séntome só e dígoche

adeus para sempre

Page 14: Moemia Virtual de marzo

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR- DIRECCION XERAL DA DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL

FORMACIÓN OCUPACIONAL A PERSONAS CON GRANDES DISCAPACIDADES

UNIÓN EUROPEA

FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”