l0usame

10

Upload: naama-paz-fernandez

Post on 24-May-2015

454 views

Category:

Travel


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: L0usaMe
Page 2: L0usaMe

Lousame é un concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca de Noia

Aquí vem0s unha imaxe da situaciónDe Lousame en GaLiza

Con capital en Potobravo

Page 3: L0usaMe

Poboación no ano 2008: 4.035 habitantes

Aquí podemos ver unha grafica da poboacion e da economia

Page 4: L0usaMe

Parroquias de Lousame:Camboño (San Xoán), Fruíme (San Martiño) Lesende (San Martiño), Lousame (San Xoán), Tállara (San Pedro), Toxos de Outos (San Xusto), Vilacova (Santa Eulalia)

Aquí vemos unha imáxe da igrexia de San Xusto

Page 5: L0usaMe

En Lousame a economia basease na pesca,

industrias, agricultura, servicios, e construccion

Page 6: L0usaMe

Os restos arqueolóxicos que ten no concello (mámoas, castros e petroglifos) falannos dun asentamento de poboación no territorio do que hoxe é Lousame, xa dende épocas prehistóricas, (3000 a.C.). Este poboamento ten a súa continuidade na Idade do Bronce (Petroglifo de Lesende) e na época castrexa, referente ó que nos levan os sete castros que tamén forman parte do escudo municipal (Coto do Castro, Castro de Comparada, Castro de Servia, Castelo de Fruime, Castelo de San Lourenzo, Castro de Berrimes e Castro do Lourido).      Xa en época histórica, temos referencias documentais de Lousame, a través do Tumbo de Toxosoutos, pertencente ó mosteiro do mesmo nome, ubicado na beira dereita do Río de San Xusto. Neste documento atopamos as evidencias da importancia deste mosteiro dende a súa creación no S. XII, centrándose dos Ss. XIII ó XV que se corresponden coa súa época de maior esplendor no que a propiedades, privilexios e riquezas se refire. Son tamén estas riquezas o motivo polo que se produce o seu declive, chegando no S. XVII a anexión final ó de Sobrado dos Monxes, convertíndose en priorato do mesmo. É no S. XIX cando, coa desamortización de Mendizábal, se desintegra por completo, convertíndose na actual parroquia de San Xusto de Toxosoutos, perdendo toda a autonomía xurisdiccional que mantivo ó longo da Idade Media.Boa parte da historia das terras de Lousame, aparece vinculada ó longo da Idade Media á do Mosteiro de San Xusto e á súa xurisdicción pertencían algunhas das parroquias que hoxe conforman Lousame.

Page 7: L0usaMe

No 1836, cun total de 3.514 hab., é cando o Concello de Lousame se conforma tal e como está na actualidade e pasa a darlle o nome a parroquia de San Xoan de Lousame e non a de San Xusto de Toxosoutos. Asimesmo, entran a formar parte deste novo concello a parroquia de San Martiño de Fruime, que pertencía ó Concello de Boiro e a de San Xoan de Camboño que estaba no de Porto do Son; e pasa ó Concello de Noia a parroquia de Sta. María de Roo que pertencía á xurisdicción de San Xusto. Non se produciron variacións na composición do territorio do Concello de Lousame dende esta data de 1836, aínda que houbo varios intentos de anexión por parte do Concello de Noia no século XIX e nos anos 70 do XX, que sempre fracasaron pola oposición dos veciños de Lousame.        A Casa Consistorial estivo no lugar de Cruido, antes da construcción da actual na aldea de Portobravo nos anos 50 do S.XX.      A etimoloxía lévanos a que o nome do Concello de Lousame, que como xa se dixo lle ven dado pola parroquia de San Xoan de Lousame, provén da palabra celtolatina "lausia", que corresponde ó tipo de pedra que tanto abunda nesta parroquia (montes de Aldeagrande, Seoane, Cruido...), os xistos ou lousas [Ver foto].

Page 8: L0usaMe

Entre as festas das distintas parroquias hai que destacar as de Camboño, onde celebran o san Xosé, o 2 de outubro, e a Nosa Sra. da Gorgosa, o 28 de maio. Tamén en Fruíme honran á Nosa Sra. das Cabezas o terceiro domingo de setembro e en Lesende festexan as Dores, os días 16 e 17 de setembro; o san Martiño, o 11 de novembro, e a Peregrina o primeiro domingo de agosto.Na parroquia de Lousame celebran o san Cristovo o segundo domingo de xullo; o san Xoán, os días 24, 25 e 26 de xuño, e o Santísimo Sacramento o 25 de xuño. En Tállara honran a san Roquiño o último domingo de setembro e a san Pedro o 29 de xuño.É en Vilacova onde festexan o san Bieito, o 11 de xullo; e o san Finx, o 1 de agosto. As patronais son a segunda fin de semana de setembro. A parroquia de San Xusto celebra o san Xusto Pastor os días 6,7,8 e 9 de agosto

Page 9: L0usaMe

LENDA DE SAN MARTIÑO  

Hai unha vella lenda que conta que en San Martiño

hai unha pedra á que van as persoas frotar as frieiras. Din

que se frotas as frieiras desaparecen.

LENDA DE "LOUSAME"  

Contaba a miña bisavoa que había unha lenda do lugar de

onde era ela, isto é na aldea de Comparada, Concello de

Lousame.  

Hai nesta aldea un monte, redondo, amurallado todo ó redor, menos unha entrada, chamada o Castro, que foi

habitado polos mouros. E conta a lenda que estes tiñan

enterrado un gran tesouro, pero para chegar a el non é tan

doado, pois deixáronlle moitos perigos e alimañas, para que o que intentase collelo perdera a súa vida. Por iso a xente non o

intentou ata o día de hoxe.

A cambio botábaselle unha moeda ó santo.

Page 10: L0usaMe

350 muñecas de porcelana cuyos trajes han sido confeccionados a

mano por Magdalena Bringas pueden volver a contemplarse en la casa de cultura de Lousame,

situada en Portobravo.La colección, que lleva por título O

traxe e os costumes, unha aproximación desde a

miniatura