Índice 1 - web educativa do concello da coruña -...

50
ÍNDICE 1 Coordinación MªXosé González Fotografía MªXosé Mato Colaboran Lucía Ramos Walter Richardi Rebeca Zas Fátima López Enma Rodríguez Belén Cotelo Soledad Ferreiro Yaiza Lancina Sonia Prego María Vázquez Esteban Iglesias Soledad Ferreiro Amanda Villar Natalia López Micaela Pettinato María Serantes Irene María Caridad Nerea López Nerea Collazo Alicia Conde Alejandra Rey Mayte Puig Galatea García Lucía Gomez Isaac Peces Tania Rey Iria Carla Barcía Lucía Gómez Yaiza Fernádez Marina Gundín Uxía Calvo Gabriela Beade Ana Calvar Damáris Alonso Ángeles Díaz Cecilia Espona Lucía Gómez Iria Soto Alberto López Fernando Noya Brais Vieites Veronica Pazos Rubén Pérez Tania Piñón Judith Rodríguez Antía Núñez Cristian Delgado Ignacio Rodríguez Santiago Ros Sandra Blanco Miguel Legázpi Miguel Espantoso Carlos García Paula Hernádez Nuria Varela 1.- Letras galegas - Lugrís Freire - Urbano Lugrís e Malpica - Poesía - Concurso calendario peto - O galego para os galegos 7.- Arte no instituto - Un cambio de imaxe. - Porta de Chirico. - ¿Queres saber onde estás? - Mural graffiti - Arte informática - O gravado con linóleo 13.-Saímos - Visita ao fogar do Padre Rubinos - Visita CGAC Santiago - Visita á radio - Visita á Fundación Barrié - Visita á Pardo Bazán 16.- Teatro - Entrevista director novedouscatro - Asistencia obra de teatro en inglés - Grupo teatro Sardiña - Os alumnos de francés imos ó teatro 20.- Actividades no centro - Doazón de órganos - Adormideras baixo o microscopio - Unha explicación moi interesante - Adormideras agóchase baixo as máscaras 25.- As nosas creacións - Dende outra mirada - Os amigos ou a tecnoloxía - Na rúa - Diálogo reflexivo: quen entende ós humanos 28.- Noticias - Seccións Europeas - O desastre de Chernobil - A sociedade de montaña Ártabros - Memoria histórica. 36.- Pasatempos - Imos poñer a proba a túa pericia mental - Os despropósitos dos nosos alumnos - A primeira e a últim a liberdade - O tangran 40.- Tuti fruti - Coco Chanel - Frases para a reflexión 43.- Deportes - Diario dunha semana na neve. - Campionato de pimpom - Patinamos que dá medo 45.- Uns chegan e outros vanse - Benvidos 1º ESO - Alicia - Orlas 2º Bacharelato - Flor: profe querémoste Maquetación: Daniel Bea, Raisa Campuzano. Miguel Espantoso, Carlos Freire, Carlos García Pícoli, Paula Hernádez, Jacobo Iribarnegaray, Miguel Legázpi, Marina Sánchez, Nuria Verea e Santiago Vázquez

Upload: lamkiet

Post on 19-Sep-2018

226 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

ÍNDICE 1

CoordinaciónMªXosé González

FotografíaMªXosé Mato

ColaboranLucía Ramos

Walter Richardi Rebeca ZasFátima López

Enma RodríguezBelén Cotelo

Soledad FerreiroYaiza LancinaSonia Prego

María VázquezEsteban IglesiasSoledad FerreiroAmanda VillarNatalia López

Micaela PettinatoMaría Serantes

Irene María CaridadNerea López Nerea Collazo Alicia Conde

Alejandra ReyMayte Puig

Galatea GarcíaLucía GomezIsaac PecesTania Rey

Iria Carla BarcíaLucía Gómez

Yaiza FernádezMarina Gundín

Uxía CalvoGabriela Beade

Ana CalvarDamáris AlonsoÁngeles Díaz

Cecilia EsponaLucía Gómez

Iria SotoAlberto López

Fernando NoyaBrais Vieites

Veronica PazosRubén PérezTania Piñón

Judith RodríguezAntía Núñez

Cristian DelgadoIgnacio Rodríguez

Santiago RosSandra BlancoMiguel Legázpi

Miguel EspantosoCarlos García

Paula HernádezNuria Varela

1.- Letras galegas

- Lugrís Freire

- Urbano Lugrís e Malpica

- Poesía

- Concurso calendario peto

- O galego para os galegos

7.- Arte no instituto

- Un cambio de imaxe.

- Porta de Chirico.

- ¿Queres saber onde estás?

- Mural graffiti

- Arte informática

- O gravado con linóleo

13.-Saímos

- Visita ao fogar do Padre Rubinos

- Visita CGAC Santiago

- Visita á radio

- Visita á Fundación Barrié

- Visita á Pardo Bazán

16.- Teatro

- Entrevista director novedouscatro

- Asistencia obra de teatro en inglés

- Grupo teatro Sardiña

- Os alumnos de francés imos ó teatro

20.- Actividades no centro

- Doazón de órganos

- Adormideras baixo o microscopio

- Unha explicación moi interesante

- Adormideras agóchase baixo as máscaras

25.- As nosas creacións

- Dende outra mirada

- Os amigos ou a tecnoloxía

- Na rúa

- Diálogo reflexivo: quen entende ós

humanos 28.- Noticias

- Seccións Europeas

- O desastre de Chernobil

- A sociedade de montaña Ártabros

- Memoria histórica.

36.- Pasatempos

- Imos poñer a proba a túa pericia mental

- Os despropósitos dos nosos alumnos

- A primeira e a última liberdade

- O tangran

40.- Tuti fruti

- Coco Chanel

- Frases para a reflexión

43.- Deportes

- Diario dunha semana na neve.

- Campionato de pimpom

- Patinamos que dá medo

45.- Uns chegan e outros vanse

- Benvidos 1º ESO

- Alicia

- Orlas 2º Bacharelato

- Flor: profe querémoste

Maquetación:Daniel Bea, Raisa Campuzano. Miguel Espantoso,Carlos Freire, Carlos García Pícoli, Paula Hernádez,Jacobo Iribarnegaray, Miguel Legázpi, Marina Sánchez,Nuria Verea e Santiago Vázquez

Page 2: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

2 LETRAS GALEGAS MANUEL LUGRÍS FREIRE.

Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Manuel Lugrís Freire(Sada,1863 – A Coruña, 1940). Durante toda a súa vida mantivo un fortecompromiso en defensa do idioma galego.

Aos vinte anos marchou a Cuba. Alí fundou o primeiro xornalintegramente en galego da emigración, chamado “A Gaita Gallega” que seeditou na Habana entre 1885-1889. En 1896 regresa a Galicia e participaen tódalas iniciativas comprometidas coa lingua que houbo. Así, porexemplo, foi o primeiro en usar en público nun mitin a lingua galega.Aconteceu en Betanzos, nun acto do Sindicato Solidaridad Gallega, do quetamén foi fundador. Foi, igualmente, fundador da Real Academia Galega(1906), institución da que chegou a ser presidente entre 1934 e 1935.Participou na constitución das Irmandades da Fala (1916) e en 1923ingresou no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre EduardoPondal. Na década dos 30, ademais de ser presidente da RAG, colaborou naredacción do Primeiro Estatuto de Autonomía. Durante o conflito bélico(1936-1939) que provocou a persecución da actividade galeguista,sobrevive enfermo e desanimado, sen case saír da casa. Ademais de vivira traxedia que asolaba o país e de ver como os seus ideais sociais e políticosesmorecían, tivo que vivir a participación de dous dos seus fillos na guerra,un en cada bando. Un deles é o famoso pintor republicano Urbano Lugrís.Morreu en 1940 na Coruña e está enterrado no cemiterio de San Amaro.OBRA

O seu claro compromiso co idioma levouno a que en 1922 publicase aGramática do idioma galego, primeira escrita integramente en galego.

Como creador literario Lugrís tratou practicamente tódolos temas etódolos xéneros, pero entre eles destaca a súa produción teatral coa queinaugurou o teatro galego en prosa. Entre as súas pezas teatrais destacan APonte (1903), Minia (1904), Mareiras (1904) ou Esclavitú (1910). O TeatroPrincipal da Coruña e o Teatro Xofre de Ferrol foron os centros nos que serepresentaron algunhas das súas pezas teatrais.

Con Soidades (1894) inaugurou a súa faceta poética, outro dosxéneros que tamén cultivou, aos que lle seguiron títulos como Noitebras(1901), Ardencias (1927, considerado o seu mellor libro) ou As mariñas deSada (1928).

Escribiu, tamén, numerosos relatos breves co pseudónimo deAsieumedre , contos populares de intención social, reproducidos moitasveces nas revistas da emigración americana. En 1909 publica o volumeContos de Asieumedre, un total de 28 relatos.

Lucía Ramos Reiriz Walter Richardi Palavecino

Rebeca Zas Vázquez

Page 3: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

LETRAS GALEGAS 3

ADIANTE! ENVEXA(Himno a Galicia)

Unha nai solo deunos a vida, Praia de Gandarío

E nos espazos hai un solo sol; Longa, triste, deserta,Solo unha terra, sempre unha querida, Onde as ondas mainiñasPor patria nosa dounos Dios. con solercia se deitan;

Nobre Galicia, terra sagrada As túas augas gardanDos fortes celtas amante nai Daquela doce nenaRecibe a ofrenda para ti donada A lembranza de groriaÓ santo grito da libertá. Da súa espida beleza

¡Adiante sempre! Nos hourizontes Augas de GandaríoEscintilea xa un novo sol, Calade o nome dela,Que polas vilas, veigas e montes E non digades nuncaTrae a fogaxe da redención. Que por vós sinto envexa

Loitemos todos polo progreso;Xuremos todos ter irmandá; Ardencias, 1927E así libremos un pobo opresoÓ santo grito da libertá.

A Coruña, 19 de maio de 1907

Álbum literario, A Habana, 1907

Page 4: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

4 LETRAS GALEGAS

O GALEGO PARA OS GALEGOS Cando vas pola rúa e ves pasar unha persoa pola súa apariencia nonpodes saber de onde é, pero cando a escoitas falar sabes se é inglesa,francesa, galega, andaluza... O idioma para calquera nación constitúe undos principais rasgos diferenciadores.

A situación do galego en España é difícil pola pouca promoción que sefai del, polo desuso no que caeu, polo rexeitamento que sufriu durante aépoca da ditadura, pola imaxe que se creou e por outros motivos. Un desesmotivos, o peor, é o rexeitamento por parte da sociedade galega, istoproduciuse por un intento de imitación a unha burguesía castelá-falante porparte das clases medias e baixas que constitúen a maioría da sociedade,polo tanto o galego quedou en mans dalgúns intelectuais atrevidos queloitaron por esa lingua que hoxe en día constitúe o patrimonio cultural dosgalegos.

Políticamente Galicia e o seu idioma non observaron melloras traloderrubamento do réxime, mellorou coa creación da Lei de NormalizaciónLingüística que pretende recuperar o galego nos seus usos orixinais,entregarlle ó pobo a súa cultura e devolverlle ó galego todo o que lleusurpou unha sociedade autoritaria e inculta.

O galego é un deber que teñen os galegos. A nosa identidade áchasetras todos eses rasgos gastronómicos, paisaxísticos, industriais, culturais...que temos que preservar e fomentar

Fátima López García 1º D Bacharelato

Nunha vella sente.

Ese tanto que tan pouco...moitas vecespequena, outras, grande,cada noite pensa que sentirá mañá.

Poucas veces orgullosaó igual que, outras tantas altiva.Mil veces ó día estúpidaoutras mil, medosa e insegura.

Dando pasos de cristal.Rompéndose pouco a poucoó longo deste camiño.

Mirada esvaecida, fisicamente fríamentres foxe nun suspiro...nace, nun recordo, ó que sempre volve.

Escoítase unha voz!Volve en si, deixando o que un día foi.

Emma Rodríguez Gómez.

Page 5: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

LETRAS GALEGAS 5

CONCURSO CALENDARIO DE PETO UN CLÁSICO NO CENTRO

Outra vez como en anos anteriores no presente curso tamén seconvocou un concurso para a elaboración dun calendario de peto que á vezse puidese utilizar como marcador de libros. O deseño debía facer referenciaá normalización lingüística da nosa lingua.Presentáronse moitos traballos, e por certo, de moi boa calidade e taménmoi orixinais, polo que para o xurado foi moi difícil a elección, menos malque contabamos coa axuda e colaboración do departamento de Artesplásticas.

Este ano o gañador foi IVÁN LÓPEZ PREGO de 1º C de Bacharelato.

Moitas felicidades para todos os concursantes e moitas grazas pola vosacolaboración.

Page 6: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

6 LETRAS GALEGAS4

Malpica e Urbano Lugrís

Urbano Lugrís naceu na Coruña no ano 1908, fillo do galeguista ManuelLugrís Freire, presidente da Real Academia Galega e figura a quen se lleadica este ano o Día das Letras Galegas. A súa obra está fortemente influenciada polo imaxinario céltico e polopredomio de temas mariños, inspirado pola vida mariñeira de Malpica, o pincel de Lugrís legou aosmuros da Casa do Pescador cinco frescos e tres trípticos. Os cinco frescosconservados en Malpica son unha homenaxe á paisaxe das Illas Sisargas eás barís xeracións de mariñeiros malpicáns. Coa súa arte decorou a Casa doPescador de Malpica dando lugar a súa mira da Malpica mariñeira. A Casa do Pescador de Malpica, trala ollada de Lugrís, quedouconvertida en pequeno museo de sinais imperecedeiros. Nela o pintor soubodeter o tempo nun feixe de imaxes e apreixar os recantos da historiamalpicá máis xenuína que ficou escrita en verso e cores. Urbano Lugrís soubo mergullarse na identidade desta vila mariñeira.Aquí, en Malpica, no canto dunha serea, Lugrís andaba á procura daquelescazadores de balea, que debuxaban o mar coma se polos ronseis da illa deSan Brandán fosen guiados. Lugrís volveu escribir lendas como as que saen do chan das Sisargas oudese mundo submariño que lembra a cidade asolagada dos Baixos deBaldaio. A caza de baleas, por lonxanos mares, fálanos da antigüidadedesta vila mariñeira.

Un tríptico mariñeiro, enmarcado no seu pano, amósanos un drama entres lances. Os trípticos haxiográficos, que presentan as lendas e atributosiconográficos de imaxes relixiosas malpicás e universais, ofrécennos, comaexvotos, coma mensaxe comunicativa, os seus símbolos e as súas lendas.

Finalmente morreu no ano 1973 en Vigo, deixando un recordo do amorque Lugrís tivo por Malpica e pola súa paisaxe.

Belén Cotelo Ordóñez 1ºC Bacharelato

Page 7: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

ARTE NO INSTITUTO 7

O GRAVADO CON LINÓLEO

Desde hai un par de días, na clase de Taller Artístico que imparte AnaPita,algúns alumnos estamos a facer gravados con linóleo. É un traballo algocustoso e “perigoso”, preguntade ás miñas mans que xa sufriron algún queoutro corte coas gubias. Ben, eu vou intentar explicar cal é o procedemento. O primeiro quefacemos é rebaixar o linóleo (especie de coiro) coas gubias, as partesrebaixadas son as que non se verán no gravado. Despois de ter rebaixado odebuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo, para que ó poñer olinóleo nun tórculo cun papel dunhas dimensións maiores cás deste,impregne o papel creando un efecto moi orixinal. Ó sacar o resultado do tórculo todos estamos expectantes ante o posibleresultado, ¿correríase a tinta?, ¿mancharíase?, ¿quedarán partes brancas?. A maioría das veces ocorre todo iso, pero de vez en cando levas unhaalegría ó ver o teu traballo ben feito e limpo.

Soledad Ferreiro Vallejo 1ºC Bacharelato

Page 8: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

8 ARTE NO INSTITUTO

MURALXa está rematado o mural doinstituto. Podédelo contemplar nazona do patio. Foi realizado porChristian Diamante, ex -alumno doCentro e actualmente esdudante deBelas Artes na Universidade dePontevedra. Como se podeobservar, é un mural realmenteintegrado no contexto, con tódoloselementos significativos do barrio edo centro de estudios. Destaca aluminosidade das diferentes coresamarelas e as distintas tonalidadesde azul. Desde aquí dámoslle as grazas por colaborar connosco nesteproxecto de embelecemento do Instituto.

Page 9: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

ARTE NO INSTITUTO 9

QUERES SABER ONDE ESTÁS?

PICTOGRAMAS DESCRITIVOS DOS ESPACIOS E DEPENDENCIAS DAPLANTA BAIXA DO CENTRO ASÍ COMO ROTULACIÓN DAS MESMAS

O profesor do departamento de Artes Plásticas Juan López de Herediacoordina este traballo co alumnado de deseño de 2º de Bacharelato

Artístico. O traballo trata de identificar con elementos iconográficos etextos as zonas do instituto para identificalas con linguaxe gráfica.

Page 10: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

10 ARTE NO INSTITUTO

UN CAMBIO DE IMAXE PARA O NOSO CENTRO

No instituto de Adormideras decidiron facer unha nova decoración, si,si, unha nova decoración, e non é que andemos sobrados de presupostopero para isto os alumnos/as que cursan o Bacharelato Artístico, tanto 1ºcomo 2º, prestamos a nosa colaboración e traballo durante este trimestre,levando a cabo a tarefa de trasladar cadros de autores vangardistas comoMatisse, Picasso, Miró....., interpretados por nós mesmos ás portas docentro. Primeiro fixemos bocetos dos cadros para despois elixir os motivos que,sempre asesorados polo profesorado, serían representados nas portas.Unha vez escollido o cadro, o paso seguinte foi poñer mans á obra cospinceis, brocha, pintura... Sacamos as portas para pintar os marcos edebuxar con proxector sobre as mesmas os cadros elixidos, só quedaba omáis difícil.... darlle cor. Moitas “chapuzas” foron asque se fixeron, xa que levar uncontrol en equipo non é doado emenos cando son tantas persoas,pero co esforzo dos máismotivados, que moitas vecesprestaron a súa axuda nas horasde recreo, o resultado final foi, ómeu parecer, excepcional, defeito causaron a expectación dosdemais alumnos e dos profes xaque non pasan desapercibidas.Hai que recoñecer que dan untoque de alegría ó instituto,cando chegas cedo polas mañás eves as portas mesmo parece queche inspiran para traballar. Non foi un traballo doadopolo que non está demais loar aestes compañeiros e profesoresque se molestaron en traballarpara darlle vida ó lugar ondepasamos moitas horas do díaconvivindo uns con outros.

Yaiza Lancina Rodríguez 1ºC Bacharelato.

Page 11: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

ARTE NO INSTITUTO 11

A DECORACION DAS PORTAS

A idea de decorar as portas do Instituto fixo quemoitos alumnos se puxeran mans á obra parapropoñer ideas. Os profesores Laura, Indalecio,MªLuisa e Ana Pita foron os encargados deescollelos e guiar os grupos de traballocorrespondentes a cadaporta. No noso casopropuxen facer unhainterpretación do cadro deDe Chirico “Hector eAndromeda” cando a miñaidea foi elixida comezamosco traballo de lixar e logopasamos a pintar o marcoe o mais importante, aporta. Nela traballamosIciar Barcia ,Alba Garcia,Fran Garcia e eu.

O resultado final gustounos moito, foron moitas horas de traballo pero oremate foi moi gratificante, agora sentímonos satisfeitos de poder contribuírá decoración do Centro. Importante é darlle as gracias a MªLuisa que nosdirixiu e axudou a que o resultado fose o que todos podedes ver.

Sonia Prego Rodríguez 2º C Bacharelato.

Page 12: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

12 ARTE NO INSTITUTO

ARTE INFORMÁTICA

Quen dixo que a informática non é unha forma de arte? Xunto osalumnos en prácticas do CAP(Certificado de Aptitude Pedagóxica)aprendemos que coa axuda dun ordenador con photoshop se poden facercousas tan orixinais como o traballo que fixemos na clase de taller artísticocon Eulogio Rouco. Dunha forma moi sinxela podemos conseguir moi bosresultados. Desta forma tamén podemos facer plantillas ou simplementecolgalo dunha parede. A continuación amosámosvos os pasos e osmateriais necesarios para facelo.

· MATERIAIS:Ordenador co programa photoshop csFoto do que máis che gusteLámina basik (formato libre)PinceisTémperas

· PASOS:1º - É necesario ter un ordenador a man co programa photoshop cs.

2º - Collemos unha foto que nos guste, a exposición trataba de retratos pero pódese facerco que ti queiras.

3º - Tendo a fotografia escollida, lévase oa ordenador e ábrese no propio programa.

4º - Na barra de ferramentas éntrase en arquivos, e se lle dá a opción gardar para web.

5º - Automaticamente o programa selecciona as luces do rostro da persoa, pero neste casonós escollemos só 3 ou 4 luces do rostro pero evidentemente pódense facer con moitasmáis pero sería máis complicado.

6º - Tendo isto feito, o traballo artístico empeza. Trasládase a imaxe a unha lámina debasik (formato libre),cálcase con papel carbón e tamén se pode pasar debuxando.

7º - Xa pasada e delimitadas as luces comézase a pintar con colores dunha mesma gamacromática, ou escollidos libremente.

Aquí podedes ver a exposición dos traballos.A Nacho, gracias por todo.

maría Vázquez MosteiroEsteban Iglesias López1º Bach. D

Page 13: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

SAÍMOS 13

VISITA AO FOGAR DO PADRE RUBINOS.

Vouvos contar a visita que fixemos ao Fogar do Padre Rubinos osalumnos de 3º da ESO coa nosa profesora de Relixión Flor Blanco, ela xanon está agora no centro, botámola moito de menos, aínda que moitasveces vén de visita ao instituto.

O Fogar do Padre Rubinos é un centro no que se recolle á xente conpoucos recursos económicos. Nesa residencia o que se fai é darlle teito ,comida e aseo a persoas desfavorecidas. Alí unha monxa ensinounos asinstalacións coas que conta o edificio e teñen unha sala na que len osxornais e as revistas de actualidade, tamén conta con armarios cheos deroupa que lle dan ás persoas despois de que se duchen e se laven porquesegundo nos contou o que máis aprecian os indixentes é a ducha e roupalimpa. Alí o que fan é clasificar a roupa para as persoas necesitadas...éun lugar moi hospitalario,pero eu encontreino un pouco frio. Teñen unrestaurante enorme con pratos moi limpos e con música ambiental . Haiunha cociña na entrada non moi grande pero con moitas cacerolas eartiluxios para cociñar . Á xente de moita idade danlle aloxamentocontinuo e non só durante tres días.

Ó lado mesmo deste fogar hai unha gardería á que teñen aposibilidade de ir neniños de familias con poucos recursos económicos eque lles resultaría imposible pagar outro centro.

Pois ben, esta visita que fixemos os meus queridos compañeiros eeu,a verdade é que foi moi gratificante.

Amanda Villar Maroto 3º E.S.O.

Esta actividade foi organizada por Flor, a nosa profesora de relixión, nelaparticipamos os alumnos de 1º, 2º e 3º de E.S.O..

Collemos o autobús urbano para ir ata alí, este refuxio está situado na zona de OsRosais. Ó chegar recibiunos a irmá Sor María e ensinounos as diferentes instalacións.Como refuxio prestan un servizo social moi completo: ducha, comida, roupa, aloxamento...para a xente máis necesitada; tamén teñen un servizo de gardería e de residencia deanciáns, neste servizo a forma de abono é diferente a outras, pagan segundo as súasposibilidades económicas.

A visita durou aproximadamente dúas horas, podemos dicir que resultou moientretida e que aprendemos a valorar moitas cousas que quizais antes nin as tiñamos enconta. É un bonito exemplo de traballo desinteresado.

Natalia López Silva 3º E.S.O.Micaela Pettinato Medina 3º E.S.O.María Serantes Campos 3º E.S.O.

Page 14: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

14 SAÍMOS

CGACO día 15 de novembro o grupo de 1ºBacharelato C acudimos ó centroCGAC ( Centro Galego de ArteContemporánea) de Santiago deCompostela para ver as exposiciónsde arte que alí se presentaban.

O que máis nos chamou a atenciónda exposición fai unha cortina feitade flores de tea que estaba colgadanada máis entrar e tamén unha teade araña feita de cadeas.

Irene María Caridad PereiraNerea López 1·C

VISITA Á RADIO

O día 22 de marzo os alumnos/as de 1º e 3ºE.S.O. fomos a Radio Nacional Española, que seencontra nos Cantóns, ó lado do Quiosco Afonso.

Un xornalista guiounos polas instalacións e explicounos como funciona.Asistimos a un boletín informativo, en directo, cunha duración de noveminutos, neste boletín dábase un repaso as principias noticias do día,resultaba curioso observar como as locutoras lían con máis ou menos présasegundo o tempo de emisión que lles quedaba. Despois levounos áredacción onde os periodistas redactaban as noticias para dárllelas áslocutoras.

Antes de rematar a visita mostrounos un disco antigo feito de pizarratamén vimos unha pequena exposición de radios de hai moitos anos. Asírematou a nosa visita á radio.

Nerea Collazo Rodríguez 3º E.S.O.Alicia Conde López 3º E.S.O.

Page 15: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

SAÍMOS 15Visita á Fundación Barrié

O día 10 de Outubro os alumnos de primeiro de Bacherelato C visitamos aFundación Pedro Barrié de la Maza, fomos ver unha exposición sobre deseño demobles.Despois de ver a exposición participamos nun taller.Tiñamos quedeseñar unha cadeira, sofá, diván... Primeiro en cartolina e logo enestaño;unha vez feito o noso deseño podiamolo forrar con papeis adhesivos quepresentaban diferentes texturas e cores.

Os seguintes son algúns dos nosos deseños:

Verónica Lage Nerea López Iria CasteloGalatea, Lucia Lópeze Borja Mato

CASA-MUSEO DE EMILIA PARDO BAZÁN E SEDE DA REAL ACADEMIA GALEGA

A principio de maio fomos visitar a casa de Emilia Pardo Bazán. Foi unha vista moiinteresante e instrutiva. Aínda que está na zona histórica da cidade e moitos de nósvivimos preto, non a coñeciamos. Agora xa sabemos un pouco máis desta importanteescritora do século XIX. A responsable do museo foi moi agradable e realizamos variasactividades. Unha delas consistía en describir o seu estudo desde dous puntos de vista:obxectivo e subxectivo.

Estamos no estudo de Dona Emilia. É unha habitación de cor salmón, clara e luminosa coa decoraciónpropia do século e con rasgos claros de pertencer á nobreza.Preséntanse moitas fotos e cadros con imaxes da súa vida. Tamén hai cadros de ópera e algúnspintados pola súa nai, Amalia. No centro está unha mesa na que hai unha pluma, un tinteiro e unmanuscrito da Tribuna. Hai cartas e postais de distintos personaxes como Marcelino Dafonte e Luís Vidart.Ó carón da mesa hai unha vitrina na que se expoñen algúns dos libros da biblioteca persoal de Emilia,dalgúns deles fálase nos Pazos de Ulloa.Debe ser un traballo moi difícil reconstruír unha habitación do século XIX e esta está moi ben.

Alejandra Rey Iglesias.1º ESO

Esta habitación é clara, moi luminosa e acolledora. Móstranos algúns dos gustos de Emila PardoBazán: ler, escribir e ir á ópera. Vémelo no seu escritorio, na súa biblioteca e nos binoculares daópera. Tamén ten cartas de personaxes importantes polo que supoño lle gustaría a vida social. Creoque tamén lle gustaba a luz do sol porque ten dúas ventás moi grandes. Supoño que esta habitacióné persoal porque ten tódalas súas cousas: libros, cadros, fotos… Esta pequena habitación gustoumepara facer os meus deberes no escritorio coa pluma e a tinta desta gran escritora.

Mayte Puig Cortegoso 1º ESO

Adiviñades cal é cal? ( Tede en conta que fixemos a descrición durante un minutiño davisita )

Page 16: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

16 TEATRONOVEDOUSCATRO

Entrevista a JOUSE

Nome completo: José Jorge García, Jouse-Estudos? -Cursei formación profesional e despoisfixen catro anos de Arte Dramática.-Profesión?-Actor-É máis difícil facer rir ou chorar?- Rir, moito máis.-Como chegaches a ser actor?- Empecei con cursiños e gustoume, entónentrei en Arte Dramática e comecei atraballar con compañías.- Cal foi a túa 1ª obra interpretada?- Foi Mundo, Demonio y carne, é unespectáculo feito con verdadeiros recortesde periódico, de historias reais pero entono de humor. Actuabamos na maioríadas escenas con zancos.- E a primeira dirixida?- Non me lembro moi ben, pero creo queHistorias mínimas para unha AsociaciónCultural de Asturias.--Que obra che gustaría dirixir ouinterpretar?- Non teño ningunha predileción, non sonmitómano..-A quen che gustaría dirixir?- Non teño a ninguén que...-Que resulta máis satisfactorio dirixirunha obra con pequenos ou conmaiores? -Segundo o tipo de obra, segundo osnenos e segundo os maiores.-Qué prefieres dirixir ou interpretar?-Interpretar!-Con quen che gustaría traballar?-Con quen me dea de comer...-Cantos anos levas como director?-15 anos dando clase-Cantos con Falcatrueiros?-6 ou 7, sempre me confundo, non estoumoi seguro.-Como compaxinas a túa vida coteatro?- Mal... non, é broma, para min é untraballo como o dun fontaneiro, ou odoutra persoa, o que pasa é que eu mededico ó que me gusta.

-Onde chegaches a actuar? Que sitiofoi máis importante para ti?- Pois todos son importantes, pero un sitioasí, digamos, máis exótico en Rusia, nunhacidade chamada Samara e en Saratov.-É certo o que din de que “A vida épuro teatro”?Qué opinión merece estafrase?- Non , non estou de acordo...No meu casoé verdade, pero non me di nada enparticular...-Gustaríache ser famoso? Bueno...máis do que es?- Non, o que vaia ser será... Con podervivir do teatro, haha, ben, dainterpretación, eu confórmome.-Estás satisfeito co teu traballo?-Si, moito.-Cambiarías o teatro por algo?- Non (rotundo).-Actuaches na televisión?-Si, nun par de capítulos de series detelevisión, en Pratos Combinados e en RíasBaixas da televisión de Galiza.-Que podes dicirnos do clown? -É o que máis me gusta, sería outraentrevista, enteira! Aínda que con isto nonquere dicir que sexa un pallaso, non tennada que ver, que enriba dun escenarioempregues algo tan poderoso como unnariz vermello, ó baixar del acabouse ainterpretación, os actores non somospallasos, somos persoas! Cando estásdiante dun público es un personaxe, alguénque interpreta un pallaso, un tolo, unpolicía, a Hamlet, o mesmo ten, sóprecisas meterte no papel e deixar que voea túa imaxinación... Iso si, cando ainterpretación remata, ese personaxe pasaa ser o teu amigo, o teu mestre, o teu pai,tanto ten, por iso nunca pidas que un actorpoña o nariz de clown fóra dun escenario,nin para sacar unha foto, só a vai pórcando teña que meterse realmente nopapel... cando teña que ir a un hospital aanimar ós raparigos enfermos, cando actúediante dun colexio de nenosdiscapacitados, ou simplemente cando oseu corazón llo pida...

Page 17: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

TEATRO 17

Teatro en inglésO día 22 de decembro fomos ver ó teatro unha obra titulada “Pygmalion”.Cóntanos a historia dunha rapariga española que vivía en Londres, vendíaflores na rúa e non falaba correctamente o inglés, non podía traballar nunhafloristería porque non dominaba a lingua. Un día tropeza con Henry Higgins, profesor de inglés, el é moi groseiro coarapaza, pero decide axudala co idioma. Henry exerce de mestre etransforma a Elisa nunha señorita inglesa, con bos modais e falando unperfecto inglés (para conseguir isto utilizaban ridículos pero eficacesmetodos, ata que Elisa o logrou). Mentres a moza recibía clases e o profesoras impartía foron namorándose. Cando Henry se deu conta de que a rapazaque traballaba na rúa con aspecto de pobre era unha fermosa boneca decidelevala a un baile, no cal a presenta como “Elaisa”, dicindo que era unhanena inglesa, pero despois de bailar unha fermosa peza cun escritor (amigode Henry), este dáse conta de que é española, pola maneira de bailar.

A obra foi representada pola compañía de teatro “ 2B Theatre”, compostapor tres actores: un que interpretaba ó profesor Higgins, outro querepresentaba a Elisa e por último, pero non por iso menos importante, unterceiro que interpretaba o papel de escritor, de sirvienta ...

Galatea García Formoso 1ºC Bacharelato

Page 18: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

18 TEATROSARDIÑA: O MEU GRUPO DE TEATRO.

A verdade é que non pretendo chegar a ser unha gran actriz pero estes anos nonpoderei esquecelos na miña vida, ninguén das persoas que pisaron o escenario do I.E.S.Elviña olvidarán con facilidade tanto esforzo e ilusión.

Levo catro anos no grupo, aínda que o primeiro estiven no grupo de pequechos:“Parrocha”. Ese ano interpretamos “Asamblea de mulleres” e o meu papel era pequeño

Normalmente consideramos o grupo como unha xerarquía na que a medida que pasanos anos e dependendo do bo que poidas chegar a ser vas “subindo”. En primeiro lugar de“Parrocha” a “ Sardiña” e despois, dentro deste, daranche máis ou menos papel.

No meu segundo ano divertinme moito co meu papel. Interpretaba a Cariana, unhacarniceira sádica que debía de capar cun coitelo de 30 cm. Entenrecedor…

No terceiro ano interpretei a Pardalisca, a escrava do protagonista. Histérica, saía dacasa intentando enganar ao meu amo.

E na actualidade, fago o papel de Casandra, filla e Hécuba e Priamo, reis de Troia.Cando remata a guerra, as mulleres eran repatriadas a Grecia en busca dun futuro deescravitude. Casandra será desposada con Agamenón, caudillo dos gregos. A singularidadede Casandra reside na súa loucura xa que esta ten o don da premonición, outorgado porApolo a cambio da súa virxinidade e ninguén cre as cousas que ela pode ver do futuro nosseus trances.

Este foi o meu primeiro ano en traxedia, os tres anteriores interpretei comedia.O grupo está dirixido por J. Ricardo Martín e Beatriz Martín, catedráticos de Latín

do Instituto de Elviña e Paseo das Pontes, nutríndose sempre de alumnos de EnsinanzaSecundaria procurando renovar constantemente os seus efectivos. Creado en 1983, Sardiñaestá singularizado en adaptacións propias de Plauto e conta cun repertorio de cinco obras:Anfitrión, Asinaria, Casina, Xemelgos e Miles Gloriosus.

Dende 1999 adentrouse no complexo mundo da traxedia grega e desde entón, fai assúas propias montaxes deste xénero; houbo que recorrer para isto ós “veteráns do grupo” ea “ aportacións externas”doutros grupos de teatro da cidade. Montou con notable éxitoElectra de Eurípides e Antígona de Sófocles. Para este ano afronta a montaxe de Astroianas.

Co 23 anos de existencia, máis de 460 actuacións e en torno aos 215.000espectadores directos no seu haber, o grupo Sardiña obtivo varios premios a nivel local,autonómico e nacional, podéndose considerar nestes momentos como un dos grupos máisestables, sempre dentro do teatro escolar, da comunidade de Galicia, e quizais taméndentro do panorama escolar nacional, como o demostra o feito de que ao cabo de 23 anosininterrompidos, manteña o impresionante palmarés de 400 espectadores de media.

Desde 1999 asiste regularmente ó festival Xuvenil Europeo de TeatroGrecolatino de Segóbrica ( Cuenca) e a diversas sedes do Festival de Teatro Grecolatinoque se celebra en España. A editorial Ediciónes Clásicas S. A: de Madrid ten publicadastódalas súas obras.

Síntome na obrigación de argumentar o feito de que nunca deben antepoñerse osactores á luz, ao son ou incluso aos patrocinadores. Sen unha boa iluminación ou unha boabanda sonora non se podería ter a calidade da que gozan as nosas representacións.Ninguén vale máis que outros e todos somos “ sardiñas “ de igual condición. As viaxes, asamizades, as “broncas” , o esforzo, os choros, a impotencia, o orgullo, a emoción, osNERVIOS, pero sobre todo os aplausos fannos sentir por un momento persoas incriblescapaces de aturar todo o que nos veña enriba.

Sei que algún día terei que marchar e a idea entristéceme dunha forma aterradorapero mentres tanto levo a miña camiseta branca adornada cunha pequena sardiña conmáis orgullo que se levara un taxe de millóns de euros, porque todo o que sinto cando apoño supera incluso o éxtase de subir ao escenario diante de centos de persoas.Lucía Gómez Franco, 1º B Bacharelato

Page 19: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

TEATRO 19

OS ALUMNOS DE FRANCÉS VAN Ó TEATRO

LE MALADE IMAGINAIRE

Le lundi 13 Mars tous les élèves de français, nous sommes allés voir une piècede théâtre: Le malade imaginaire, de Molière. On représentait la pièce au I.E.S.Cruceiro Balear et nous sommes partis du lycée en bus à onze heures moins lequart. Quand nous sommes arrivés il y avait beaucoup de monde. Il y avait deslycées de toute province. Au long de la matinée il y a eu trois représentations de lapièce, nous sommes allés à la deuxième représentation. On connaissait très bien l’argument de la pièce parce que pendant une semaineon avait travaillé avec la pièce: en faisant le resumé, en chantant les chansons eten lisant quelques extraits. Les acteurs on fait une adaptation très bonne, trèsamusante et très actuelle de cette comédie du dix-septième siècle. Il y avait seulement trois acteurs pour représenter tous les personnages et pourindiquer le personnage interpreté en chaque moment ils changeaient de costume.Les acteurs ont très bien joué les différents rôles malgrè la difficulté. Le décor trèssimple mais suffisant. Pour faciliter la compréhensión ils parlaient de temps entemps en espagnol et de cette manière tous les élèves pouvaient comprende,même les plus petits. À la fin de la pièce il y a eu un petit colloque avec les acteurs mais qui n’a pasduré longtemps parce qu’ils devaient se préparer pour une troisièmereprésentation. Nous sommes rentrés au lycée très enthousiastes parce que la pièce nous avaitbeaucoup plu.

O ENFERMO IMAXINARIO

O luns 13 de marzo, todos os alumnos de francés fomos ver unha obra deteatro (en francés): O enfermo imaxinario de Molière. A obra representouse noI.E.S. Cruceiro Balear, saímos do instituto, en bus, ás once menos cuarto. Candochegamos había moita xente, institutos de toda a provincia. Ó longo da mañáhoubo tres representacións da obra, nós fomos á segunda representación. Coñeciamos moi ben o argumento da obra, porque ó longo dunha semana,traballamos facendo o resumo da mesma, cantando as cancións e lendo algúnsfragmentos. Os actores fixeron unha adaptación moi boa, moi actual e moidivertida desta comedia do século dezasete. Había só tres actores para representar todos os personaxes e para indicar asque se interpretaban en cada momento, cambiaban o vestiario. Os actoresrepresentaron moi ben os diferentes papeis, a pesar da dificultade. O decorado eramoi simple, pero suficiente. Para facilitar a comprensión falaban, de cando en vez,en castelán, desta maneira todos os alumnos pudieron entendelo, mesmo os máispequenos. Ó remate da obra, houbo un pequeño coloquio cos actores que non durou moitotempo porque eles tiñan que prepararse para a terceira representación. Voltamos ó instituto moi entusiasmados porque a obra nos gustou moito.

Isaac, Tania, Iria, Carla et Lucía ( avec l’aide de la professeur de français Carmen Tembrás). 1ºB Bacharelato.

Page 20: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

20ACTIVIDADESDOAZÓN DE ÓRGANOS

No mes de febreiro asistimos a unha charla informativa sobre adoazón de órganos organizada polo Departamento de Relixión do nosoinstituto. Tanto para a xente que non sabía nada acerca deste tema,como para os que nos interesaba coñecer máis información, a charlaresultou moi interesante e amena. Primeiramente falounos un doutordo complexo hospitalario Juan Canalejo que nos explicou de maneiraclara en que consisten as diversas enfermidades que necesitan comoúnica cura a doazón de órganos e algúns datos referidos a este temacomo por exemplo a escaseza de doantes que hai hoxe en día, hailistas de espera de anos para xente que necesita órganos vitais quenunca chegarán a tempo.

Na actualidade o hospital coruñés Juan Canalejo é un dos máisprestixiosos centros médicos onde se practican este tipo deoperacións. O médico, que nos deu a charla, comentounos que estecentro ten tanta fama que acoden a el persoas doutros países emesmo doutros continentes para ser tratados polos grandesespecialistas de dito hospital.

Ademais, acompañando ó doutor, coñecemos a un dos moitospacientes que recibiron cuidados no Juan Canalejo. Explicounos a súaexperiencia a raíz dunha grave emfermidade, non só recibira unórgano, senón dous. Obviamente, a partir disto a súa vida cambiou: xaque debía comer san, cuidarse máis e practicar deporte. Pero, e o máisimportante, estaba vivo e ademais disfrutaba dunha vida máis alta acarón dos seus.

Hoxe en día hai moitos adiantos no campo do transplante deórganos, por exemplo, hai uns meses, realizóuselle a unha mullerfrancesa un transplante de rostro que, ademais de cambiarlle a vida(xa que non podía nin comer), serviu de precedente para outros casose de aliciente para seguir investigando no campo.

En conclusión, co simple feito de doar sangue ou que ó falecerdoemos os nosos órganos, axudaremos a que moitas persoas poidanseguir coa súa vida e a que máis familias poidan vivir mellor. Así que,¿por que non encher unha tarxeta de doazón para aportar un gran dearea e conseguir deste modo unha sociedade máis solidaria? DOA!!!!

Yaiza Fernández Rapela 1ºD BacharelatoMarina Gundín Díaz 1ºD Bacharelato

Page 21: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

ACTIVIDADES 21

“ADORMIDERAS BAIXO O MICROSCOPIO”

Esta mostra trata de expoñer e dara coñecer ao noso centro e públicoen xeral as imaxes vistas poloalumnado na súas prácticas aolongo destes últimos anos. Sonunha recopilación das imaxes máissignificativas feitas polo seuprofesor, o catedrático Carlos PérezValcárcel.

Son prácticas de laboratoriohabituais: citoloxía, histoloxíaanimal e vexetal, organografía efisioloxía celular con experienciascomo ósmose, mitose...

Neste traballo estudamosmicroorganismos de augas docescomo fitoplacton e zooplacton noque se inclúen os cinco reinos:moneras, protistas, fungi, animais evexetais, tamén investigamos ás veces o seu comportamento no referente arelacións co medio e a súa producción.

O ciclo evolutivo desta bolboreta dura uns 60 días, e comprende o nacemento,desenvolvemento da eiruga, formación do casulo, bolboreta, cópula, posta de ovos e morte.

Page 22: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

22 ACTIVIDADESUnha explicación moi interesante sobre o

clima. O luns día 21 de novembro veu á nosa clase de Ciencias un Técnicode Instrumentación (pai dun compañeiro de aula) a explicarnos eamosarnos os aparellos dunha estación meterolóxica.Explicounos, entre outras cousas, o seguinte:

• As isobaras son lineas que miden a presión atmosférica.• Os anticiclóns son zonas de altas presións.• Os frentes prodúcense cando un anticiclón e unha borrasca entran en

contacto.• As tormentas tropicais e os furacáns: as tormentas tropicais

prodúcense cando a auga, á profundidade de 75m., está a 27 º C. Osfuracáns prodúcense cando a auga quente se evapora e vaisealimentado de si mesma e cando chega á terra descarga toda a augaque levaba. Poden ter cinco categorías.

• Ensinounos estes aparatos:o Veleta : serve para saber a dirección do vento.o Higrómetro : serve para saber a humidade. O que trouxo era de hai

40 anos ( moi caro). Levaba pelo de señora ( kg de pelo de señoravale 1.000 euros) pero do leste, porque alí bótanse menos cousas aocabelo. Levaba pelo de muller porque cando o tempo vai húmido esteencolle e cando o tempo vai seco, estírase.

o Barómetro : para saber a presión atmosféricao Termómetro : para saber a emperatura.o Anemómetro : serve para saber a velocidade do vento.

Tamén nos explicou como se trazan as frontes frías e cálidas nos mapas: asprimeiras cuha liña continua de cor azul con picos, a segunda cunha liñacontinua de cor vermella con semicírculos. O vento represéntase con trestipos de frechiñas. Cantas máis raíñas teña máis forte será o vento….

Gustounos moito que nos viñese a ensinar tantas cousas e agardamos quevolva cando esteamos en cursos máis avanzado.

Uxía Calvo Gabriela Beade1º ESO

Page 23: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

ACTIVIDADES 23

Miguel Zapata, Lichi Crespo, SabinaCasais e Bea Mazaira:Algúns dos alumnos que con toda seguridade veredes sempre no escenarioen tódolos festivais que se organicen no Instituto son Miguel Zapata, LichiCrespo, e Sabina Casais. Os tres xuntos ou cada un por separado actuaronnos festivais de Entroido e de Nadal deste curso, tocando a guitarra ecantando.No festival de Nadal, Zapata e Lichi interpretaron dúas cancións: “Knockinon Heaven´s Door” de Bod Dylan e “Twist and Shout” dos Beatles, Zapatacantando e tocando a guitarra e a harmónica e Lichi acompañando coasúa guitarra.No festival de Entroido este pequeño grupo, xa con Sabina Casais e conBea Mazaira como “ estrela invitada” interpretaron catro cancións: “ I feelthee Earth Move” de Carole King, “ Me and Bobby McGee “ de Janis Joplin, “Folsom Prison Blues ” de Johnny Cash e para rematar o famoso “ Knockin´On Heaven´s Door” de Bob Dylan.Esperamos poder ver de novo a estes rapaces actuando nos próximosfestivais. Sorte nas próximas actuacións e moitos éxitos!!!

Page 24: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

24 ACTIVIDADESADORMIDERASAGÓCHASE ENTRE ASMÁSCARASNon precisamos facer moita memoriapara recordar os feitos ocorridos nestafestividade, xa que, facilmente retornaná nosa testa os compañeiros en plenaactuación, remexendo por todo oinstituto variedade de estilos e cores,todo en prol da presenza do entroido.A maña comezaba chea de sorpresas, osalumnos xa aparecían disfrazados, aíndaque só a partir do segundo recreo aactividade festiva comezaba a serprotagonista.Aquel día puidemos observar como ataos mais cohibidos se deixaban ver,alguns pretendían pasar desapercibidoscon máscaras e outros atavios pero casesempre remataban por serendescubertos.Grazas á colaboración de varios gruposde alumnos do centro puido celebrarseun acto no que se mostraron distintasactuacions para goce e disfrute do restode alumnado e profesores.Neste acto cobrou gran protagonismo amúsica, que como non, xunto cosdisfraces de entroido foi unha das clavesdesta festa, na que puidemos disfrutardende música de Junior ata áreproducción de música en directo daman dalguns compañeiros do instituto,os cales deron vida á festaacompañados dunha guitarra, tamén seadicaron a facer “ moito ruido” asrapazas con ganas de ir para cama, elasapareceron memorando un anunciotelevisivo. Unha xornada na que se celebrou entrediversas máscaras o xa tradicionalentroido.

Ana Calvar Debussy 1ºD BachDámaris Alonso López 1ºD Bach

Page 25: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

AS NOSAS CREACIÓNS 25NA RÚA

Non vai vir... pero díxome que si, onte díxome que si. Sabe que hoxe é omeu aniversario. Cantos anos leva vindo? Terase esquecido de min? Haiunhas semanas pasou das mans dun mozo, sorriume... Tería que ir aalgún sitio co rapaz? Teño que recoñecer que ando con algo de ciúmes...Tamén foi o día do meu aniversario o día que eu a coñecín ... hai xatempo, ela tería seis ou sete anos, agora xa é unha moza...chovía e ameniña estaba sentada nun portal fronte miña. Non sei que pensaría demin, un vello xa, tirado na rúa cun can como compaña e un acordeón aomeu lado. Estivo un cacho mirando, era unha mociña loira, de ollostristes; ergueuse, achegouse a min e díxome, “Podo contarche un contoque aprendín hoxe na escola?”. Non lembro cal era a historia, mais sicomo sorriu cando lle dixen que si.Non vén, non vai vir...Desde entón viña saudar e cando saía antes da escola viña contarmecousas, como o que fixera ese día en clase ou como se chamaban as súasamigas....Algunha vez lle teño tocado algunha canción... Hai dous anos chovíatamén e o día do meu aniversario tróuxeme un caravel, sabía que eran asflores que lle gustaban á miña muller cando estaba viva. A verdade é quea rapaza se parece un pouco a ela.Onde estará?Non vou chorar.Xa pasaron as mozas do instituo, non vai vir. Ei, para, cadelo, non memires así, ata que veña a rapaza non me vou mover. Eu xa sei que aseñora esa nos mira con cara de noxo pero é que non ten bo gusto... xasabes, non somos o seu tipo.Xa deben ser as catro ou as cinco. Xa entrou todo o mundo a traballaroutra vez...Alí vén unha moza...vén para aquí! Será ela?Non é, ten o pelo mouro...-Xoán?-....- É vostede Xoán?- Pode ser...- De parte de Xiana, feliz aniversario.. Chamoume por teléfono. Estáenferma e non vén á clase.- ...- Abur...- Agarda. Dille que en canto poida veña, que lle terei gardado un caravel.

Ángeles Díaz Seoane

Page 26: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

26 AS NOSAS CREACIÓNSUN DIÁLOGO REFLEXIVO

¿QUEN ENTENDE ÓS HUMANOS? - ¿Qué é isto?-, preguntou apequena alieníxena mentres observabacon curiosidade as escaleiras mecánicas,as tendas e os clientes que transitaban ocentro comercial. - Isto é un centro comercial.- ¡Ah! Xa sei...-, os ollos azuisilumináronselle como se acabase de facerun gran descubrimento, - é un deseslugares onde a xente traballa e haimoitas máquinas.

- Non, ti refíreste a unha fábrica-, ainxenuidade da criatura fíxolle sorrir,- istonon ten nada que ver, aquí a xente vén noseu tempo libre a mercar cousas. -Pero, ¿o tempo libre non é o tempo dediversión das persoas?-Si, pero a xente pásao ben indo de compras.-¿Pásao ben?!, pois...quen o diría-, mirou conincredulidade, levan unha cara deamargados..

- Non entendo porque a xente en cantopor fin pode facer o que quere, métesenun lugar tan aburrido coma este.- ¡Pero se ti non estiveches nunca dentro!- ¿Aquí é onde gastan o diñeiro quegañan?- Si, e cámbiano por cousas.- ¿Cousas como que?- Pois... comida, roupa, utensilios...cousas que precisan.- Ah, era por iso que veñen! Non llesqueda outro remedio. Pobres persoíñas-,mirounos con compasión.- Pero se a eles lles gusta ir de compras!- ¿Queres dicir que realmente sonfelices?- Pois...- Xa estou cansa deste sitio, ensínameoutro.Metéronse na máquina e de novocomezou a xirar. A rapaza humanaquedou pensando “¡Que difícil lle vai seradaptarse ó mundo a esta pequenaalieníxena...!”

Celia Espona Pernas

DENDE OUTRA MIRADA

Non me gusta ver a mamá chorando. Énchenselle eses grandes ollos azuis de bágoas eaínda que lle diga que xa pasou todo segue laiándose, coma min cando me rifan por nonfacer os deberes. Odio a papá cando se pon tonto. Dille cousas moi feas a mamá e sen queela poida reaccionar , arréalle unha labazada. Míroo, el fai o mesmo e firmemente dime quemamá non fixo ben e que as leis na casa as pon o home que para iso trae os cartos. ¡ Euendexamais serei maior! No quero traer o diñeiro á casa, así non rifarei coa miña moza.Meu pai baixa ó bar dando un portazo. Quedou co Manolo e co Xosé para xogar ao tute.Eu fiquei con mamá. Falando soa, en baixiño, cun ollo pobre e non tan azul, sanga polobeizo… agarrándoa polas meixelas e acariñándo os seus brazos doridos pregúntome se lledoe moito. Ela sorri e dime que non, que o papá fai ben, que só quere que sexa unha boamamá.Doulle un bico grande e vou xogar ó parque co Tonecho. Pecho a porta. Escóitoa…tapo osoídos entoando a canción dos ninjas da tele…Non me gusta ver á Mamá chorando…

Lucía Gómez Franco

Page 27: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

AS NOSAS CREACIÓNS 27

OPINAMOS...

OS AMIGOS OU A TECNOLOXÍA?

Hoxe en día, a televisión por exemplo, inflúenos á maioría da xente de talxeito, que moitas veces perdemos o contacto cos nosos familiares eamigos. Este caso, vivino eu nas miñas propias carnes, dende que temos atelevisión na cociña, as conversas que tiñamos a cotiá a miña familia e euforon substituídas por un señor dando as noticias, quedando todos,mirando para esa caixa. O mesmo pasa co ordenador e con Internet. Pasamos máis tempo coneles que cos nosos amigos. Véñenme á cabeza aqueles recreos de cando eu era nena, tan divertidose fantásticos que pasabamos no parque xogando coa natureza e deixandovoar a nosa imaxinación. Agora cando observo ós nenos, a paisaxecambiou totalmente. Xa non os vexo xogando no parque, nin tampouconas rúas, nin cunha pelota entre as súas mans, se non que todo isto foisubstituído por unha “Game boy”, e están xogando nunha total soidade,sen falar nin relacionarse con ningún outro neno. Para rematar, gustaríame plasmar a miña opinión, non creo que asnovas tecnoloxías estean mal, senón todo o contrario, pero tamén creoque o máis importante é relacionarse co entorno que temos. A tecnoloxía avanza practicamente á velocidade da luz, pero non nosabandona aínda que non a empreguemos diariamente. Pero os nososamigos e familiares pódennos abandonar se non lles adicamosdiariamente o tempo que lles corresponde e que necesitan. Por iso, antes de coller o teu ordenador ou acender a televisión,reflexiona sobre o que acabas de ler, e lembra : OS AMIGOS OU ATECNOLOXÍA?.

IRIA SOTO BUGUEIRO

Page 28: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

28 NOTICIASSECCIÓN EUROPEA

O próximo curso 2006-2007 o Instituto Adormideras vai solicitar unhaSección Europea, isto consiste en recibir clases dunha asignatura que nonsexa de lingua nun idioma estranxeiro. O idioma elixido foi o inglés postoque o profesor de Ciencias José Luis Zas ten experiencia en impartir clasesnese idioma (lembremos que acaba de chegar de Estados Unidos, onde deuclase durante os últimos cinco anos). Neste curso xa está impartindo aasignatura de Física de 2º de Bacharelato en inglés e, como posiblementenos dea a nós o próximo ano as Ciencias da Natureza neste idioma,quixemos falar cos alumnos de 2º para saber as súas impresións e o quenos deparará. Aquí vai o que nos dixeron na entrevista:

Agradecémosvos a vosa colaboración e esperamos que sigades ben nesa clase

Alberto López HuertasFernando Noya Vecino. 1º ESOBrais Vieites Caamaño

– Ola, como vos parece a clase:¿divertida ou aburrida?

– Como todas.– Ao principio do curso ¿Que

pensabades da clase?– Que nos ía custar máis.– E agora que pensades?– Que está ben. Co tempo vas

entendendo máis.– Entendedes todo o que di o

profe?– Moitos conceptos vólveos explicar

cando non os entendes pero cadavez é máis fácil.

– Resúltavos difícil estudar ostemas en inglés?

– Non moito.

– Sacabades mellores notascando a clase se daba encastelán ou galego?

– Non.– Recomendádeslles este tipo

de clase aos demais alumnos?– Si– ¿Resúltavos a asignatura de

inglés máis fácil ca antes?– Igual.– ¿Relacionádesvos con

algunhas persoas que falaninglés?

– Si– ¿Entendedes todo

o que vos din?– Si.

Page 29: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

NOTICIAS 29O DESASTRE DE CHERNOBILO DESASTRE DE CHERNOBIL

Un informe británico asegura que aínda hoxe en día un 40% do chan da Unión Europeapresenta altas doses de contaminación radioactiva.

O accidente de Chernobil, foi o accidente nuclear máis grande da historia. O 26 de abril de1986, nun aumento de potencia no reactor nº4 da planta nuclear Lenin, de Chernobil,produciuse a explosión de hidróxeno acumulado dentro do núcleo por sobrequentamento,durante un experimento no que se simulaba un corte de suministro eléctrico. No momento da explosión morren 31 persoas e ó redor de 350.000 persoas teñen que serevacuadas de 150.000 km cadrados afectados, quedando deshabitados durante moitosanos. A radiación estendeuse á maior parte de Europa permanecendo os índices deradioactividade sumamente altos durante varios días. Estímase que se liberou 500 veces aradiación da bomba atómica de Hiroshima.

Ucrania segue utilizando Chernobil xa que non tiña cartos para construír outra central.Finalmente no 2000 a Union Europea e outras organizacions deron axudas para melloraroutras centrais do país e para que Chernobil se cerrara definitivamente.

No 2005, o OIEA elabora un último informe que detalla o número de mortos ocasionadosdirectamente polo accidente en 59 persoas, deles, 48 traballadores da central. Os casos decancro de tiroides contabilizados foron máis de 4.000. Estímase que 600.000 persoas foronafectadas pola radiación das que ó menos 3.500 morreron.Outro estudio obtén diferentes resultados respecto a Chernobil, segundo este, medio millónde persoas morreron a causa da nube radioactiva que contaminou gran parte de Europa, osdatos subministrados por Ucrania non son completos. Outras 30.000 morrerán nos próximosanos. Estas avaliacións presentan unha diferencia importante respecto ás investigacións daOMS e OIEA.Segundo Greenpeace en total foron contaminadas con cesio áreas nas que viven novemillóns de persoas.En Ucrania rexístranse casos de cancro de tiroides, leucemias e mutacións xenéticas que nonaparecen nas estatísticas da OMS, e que eran prácticamente descoñecidas hai 20 anos.

O 26 de abril deste ano cumpriuse o vixésimo aniversario do accidente nuclear máis tráxicoda historia. Por este motivo, Greenpeace organizou en máis de 30 países do mundo unhaexposición de fotografías que mostran a situación actual da zona e dos habitantes quequedaron alí tralo desastre. Forman parte desta exposición fotografías coma estas:

Imaxe de dous nenos con deficiencia mental en Chernobil.

Verónica Pazos Freire 1ºD BacharelatoRubén Pérez Fernéndez 1ºD Bacharelato

Page 30: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

30 NOTICIAS

¿GÚSTACHE A MONTAÑA?

A Sociedade de Montaña ARTABROS fundouse no ano 1974, como consecuencia dainiciativa dun grupo de amigos que pertencían ó club 'Rey Gerión', decano dosclubs de montaña coruñeses. As dificultades pola situación xeográfica da nosacidade para a práctica do montañismo, quedaron compensadas por un entusiasmonotable. Pero non só a lonxanía dos macizos montañosos e as malas comunicaciónscon estes foron o obstáculo: falta de local social, falta de ingresos, falta dematerial.....A pesar de todo, a súa inquietude xuvenil sumada á experiencia que timidamentelles acompañaba, fixo que pouco a pouco exploraran os diferentes macizosmontañosos galegos e asturianos: Ancares, Peña Ubiña, Picos de Europa, os quecoas súas xentes e o encanto das súas montañas xa formaban parte deles.Naquela época non podían sospeitar que o mítico Naranjo de Bulnes, que se elevacoma un poderoso bastión e que fai afogarse na humildade ó máis orgulloso,'caese' ante os montañeiros coruñeses que no ano 1982 o escalaron polas súas víasmás difíciles. O milagre estaba a producirse dende unha cidade que, por todamontaña para a práctica da escalada tiña o Petón do Xalo e.... ¡o dique Barrie daMaza! Sinxelamente incrible.En tanto que uns se orientaban ó alto, outros non dubidaron pola afección oposta,aínda que non contraria. A soidade e o inmenso misterio das cavernas coas súasformacións milenarias, as profundas simas, os complicadísimos labirintos que seorientan en todas direccións, suscitaban a curiosidade dos que, máis tarde, seconverterían en espeleólogos. As covas do Rei Cintolo ofrecéronlles o primeiromisterio deste deporte-ciencia.Co tempo fóronse adestrando noutros macizos montañosos e coroando os seuscumios: Pirineos, o macizo do Mont Blanc, os altos cumios do Atlas Marroquí, oAconcagua, as montañas de Kenya e o Caucaso e un longo etcétera figuran xa nalista de montañas ascendidas polos membros do club.Dende os inicios sempre lles preocupou todo aquilo que fose difusión, e por enderealizaron moito traballo e sacrificios dedicados a fomenta-la participación nasactividades dos máis novos; froito disto, e coa colaboración do Concello da Coruña,xorde a campaña” Coñece e Camiña”, na que Ártabros puxo, e aínda hoxe en díacon máis de 15 anos de rodaxe seguen poñendo toda a súa ilusión e esforzo.Froito dese traballo ó longo do tempo habería que destacar tamén o deseño etrazado dos primeros sendeiros de Gran Percorrido na nosa comunidade, quegracias ó apoio e axuda da Deputación Provincial da Coruña fixeron realidade nadécada dos 90.E van nacendo novas seccións: Carreiras de Orientación, Tiro con Arco, ... quehoxe en día son unha das pezas vitais no puzzle de actividades que dende Ártabrosse fomentan ¿E que máis contar que xa non dixera? Pois abofé que quedan moitascousas no tinteiro, pero sen dúbida o máis importante é que Ártabros é un clubvivo e dinámico, no que ten cabida todo tipo de xente co vínculo común do amorpola Natureza e polas actividades que nela se poden desenvolver.

Page 31: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

NOTICIAS 31¿Onde está o local social e en que horario abre? A dirección é a seguinte:

Rúa Santa Teresa, 14 baixo (Xunto á Domus)Horario: Luns a Venres de 20 a 22 horas

Teléfono: 981-21 31 15 - FAX: 981-22 03 41http://www.artabros.org

[email protected]

¿É convinte ser socio? Ó longo dos case trinta anos de existencia da Sociedade de Montaña Ártabros, pasaron pololocal social para asociarse ó club máis de tres mil persoas que participaron dun modo máisou menos intenso nas diferentes actividades organizadas: montañismo, escalada,espeleoloxía, esquí, aire libre infantil, carreiras de orientación, etc.Na actualidade, teñen aproximadamente unha base de socios en activo que case chega ós650, cun total aproximado de 225 e 60 licencias federativas na FGM (Federación Galega deMontañismo) e na FGE (Federación Galega de Espeleoloxía) respectivamente.Nun primeiro intre, os socios interésanse en participar e acudir ás diferentes e variadasactividades que as distintas seccións organizan as fins de semana, e que se convocan e dana coñecer mediante o noso boletín informativo trimestral (O Pequeno Artabrado) así coma notaboleiro de anuncios do local social e na web; pouco a pouco, vanse adentrando ecolaborando activamente nas distintas seccións, e decantándose cara aquelas que máis llesatraen.Os federados nas distintas modalidades deportivas teñen acceso ó material específico da súaespecialidade (material de escalala, material de espeleoloxía, etc.); este material renóvasee actualiza periodicamente para cumprir o seu principal obxectivo: a seguridade. Ademais, omaterial de uso xenérico (tendas de campaña, cociniñas, etc....) préstase ós socios sencargo algún.Para participar en determinadas actividades, ademais de ser socio é necesario dispor daLicencia Federativa do deporte elixido (montaña / excursionismo, espeleoloxía, esquí,carreiras de orientación e tiro con arco). As vantaxes das licencias federativas son moitas ediversas. ¿Que instalacións ten o club? O club ten un dos rocódromos máis completos de toda a cidade de A Coruña, que conta connumerosos desplomes e colchonetas de seguridade.Tódolos socios de Artabros teñen á súa disposición unha ampla biblioteca, non só relacionadacos deportes practicados polo club, senón tamén obras literarias e revistas deportivas. Oslibros e revistas pódense consultar no local social, e se estás interesado nalgún artigo, podenfacerche unha fotocopia do mesmo.Ademais, os socios poden retirar para a súa lectura ou consulta no exterior do local, asrevistas son só para consulta e lectura no local.

¿A quen van dirixidas as actividades?

A sociedade naceu co obxectivo de fomenta-la práctica do montañismo e as actividades nanatureza e á súa vez facelas aptas para todo o mundo. Tendo en conta esta premisa ameirande parte das actividades desenvolvidas van dirixidas a todo aquel que queira iniciarsenesta actividade. Por outra banda para as persoas que xa tomaron contacto con este mundoe queiran progresar, tamén se fan actividades máis esixentes física e tecnicamente.Por istona sección de Montaña teñen cabida tanto os que queiran probar como aqueles máisexpertos.

Page 32: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

32 NOTICIAS

¿Que tipo de actividades realizan? Ofrecen un variado abano de actividades:· paseos por vales e fragas· actividades de media montaña, baseadas na realización de ascensións a cumes sinxelos,· ascensións a cumes máis esixentes que implican o uso de técnicas concretas e unmeirande esforzo físico,· travesías de varias xornadas de duración,· actividades en neve e xeo,· xornadas de iniciación á escalada e ó rápel· etc.

¿Onde o practican? Segundo o tipo de actividade que queiras desenvolver desprázanse a distintos puntos danosa xeografía.Aínda que os seus destinos adoitan ser preferentemente ás nosas serras galegas (O Courel,Ancares, Trevinca, etc.) ou zonas montañeiras do norte da Península, tamén nosdesprazamos ata os Pirineos cando dispoñemos de varios días ou incluso a zonas máisalonxadas e con montañas de máis envergadura (máis de 4.000 metros) como son os Alpeso Alto Atlas marroquí.Entre os membros da sociedade, tamén se atopan algúns montañeiros que fixeronexpedicións a cordilleiras moi alonxadas como o Cáucaso, os Andes e incluso o Himalaya.

¿Que é o “coñece e camiña”?Trátase dunha serie de excursións dun só día que facemos case tódolos meses, polo menosunha fin de semana ó mes. Son marchas curtas que poden servir tanto de iniciación paraactividades máis fortes como para alonxarse do mundanal ruído.Non son socio, ¿podo apuntarme ó” Coñece e Camiña” igualmente? Si, pero será a un maiorprezo. Ademais, os non socios se poden apuntar á actividade só durante a mesma semanana que se realizará.Nas actividades da fin de semana cando os responsables abren a lista, sóese poñer napáxina Web, pero depende totalmente dos monitores que a van levar.

¿Que é a espeleoloxía? Todo aquilo que ten relacións coas cavidades subterráneas, xa sexa dende a ópticacientífica como deportiva, chámaselle ESPELEOLOXÍA.Dende sempre, o home tense interesado polas covas ou simas, xa sexa como lugar dehabitación, ou ben para explora-lo seu interior á busca de algo concreto (auga, tesouros,...)Pero a Espeleoloxía, tal como hoxe a entendemos, xorde a finais do século pasado da mando francés Edouard-Alfred Martel. Outra das facetas cada vez con máis adeptos é oDescenso deportivo de Canóns e Gorxas. Xa que a beleza deste deporte invita a moitos acomezar a sua práctica

Page 33: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

NOTICIAS 33

¿Que son as carreiras de orientación? A orientación é un deporte que combina pensar e correr nun escenario ó aire libre. Cunplano e unha brúxula poderás seguir un roteiro a través dun terreo descoñecido. ¡É moisinxelo!O plano de orientación reflicte fielmente o terreo, cos seus camiños, os seus cursos de auga,o seu relieve, os seus distintos tipos de vexetación.... A brúxula, coma elemento auxiliar,axúdache a segui-la ruta a través da Natureza xunto co plano.

A Orientación pode ser moitascousas, como:· Un deporte de alta competición· Unha actividade de recreaciónpara todalas idades· Unha actividade para practicar enfamilia ó aire libre· Unha parte importante doprograma de calquera club ouasociación deportiva ou de airelibre· Un deporte que axuda a estar enformaO deporte da Orientación consistena realización dun percorrido,xeralmente por zonas boscosas ede forma individual, pasando poruns puntos de paso ou controis. O

exercicio físico combínase cunha intensa actividade mental. Os percorridos están adaptadosa idades e experiencia dos participantes, existindo un gran número de categorías adaptadasa todalas necesidades.Os clubs, e ARTABROS organizamos carreiras, cursos de iniciación e perfeccionamento,adestramentos.... e ademais podes viaxar a probas noutros lugares e probar os teuscoñecementos en distintos tipos de terreo.A Orientación é un deporte fascinante que pode ser practicada polos nenos coma un sistemade ensino na natureza. A necesidade de aventura, a toma de decisións, o amor polanatureza.... son calidades que desenvolve a Orientación nos máis novos.A Orientación é ademais un complemento ideal para outros deportes como atletismo,montañismo, senderismo, esquí, etc. Tamén podes practicar Orientación sobre esquís ou enbicicleta.

¿que outras actividades se realizan na montaña?Na montaña pódense realizar moitos outros deportes nos que o club pode axudar coma otiro con arco, o esquí ou a escalada. Pero hai moitos outros deportes polos que podespreguntar.

Espero que vos teñe axudado a atopar información sobre algo do voso interese e para osque non estivesen interesados, espero que agora teñan ganas de apuntarse a algunhas dasactividades que Ártabros organiza xa que é unha forma de coñecer máis a natureza que nosrodea e participar en actividades nas que coñeceredes xente e lugares marabillosos ademaisde facer deporte ó aire libre

Un saúdo para todos e espérovos ver pronto na montaña:

Tania Piñón Amboage 1º D Bacharelato

Page 34: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

34 NOTICIASRECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA

Estes dous textos queren ser unha homenaxe ás víctimas e a toda a xente represariada polofranquismo. Dúas persoas que cursan 1º de ESO recordan por medio deles a seu bisavó eavó, persoas que a pesar de ter distinto final tiveron que vivir circunstancias tráxicas quenon poden volver repetirse. Reprodúcense as cartas que Juan de López Mata Sánchez lleenvía á súa familia para que se comprobe a veracidade dos feitos.

Quen queira informarse destes temas, indicar que na nosa cidade existe unha COMISIÓNPOLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRA DA CORUÑA que ten o seguinte correoelectrónico www.memoriadacoruna.org , porque, como di este colectivo A comarca daCoruña sufriu unha feroz represión e, según os historiadores, 559 persoas foron asasinadasnos meses posteriores ao levantamento militar e fascista do 18 de xullo de 1936, e miles dehomes e mulleres foron inxustamente perseguidos, torturados, exiliados, encarcerados oucondenados ao silenzo. É hora de rescatar a historia e acabar con este pacto de silenzo, quesepultou a verdade e ocultou as biografías das persoas represariadas. Agora é tempo xa derecoñecer a súa loita, o seu sufrimento e a súa contribución á conquista da democracia ecompartimos con eles a idea de recuperar a memoria histórica porque a chamada “transiciónpolítica” fpo insensibel ao recoñecemento destas vitimas da represión franquista e aosufrimento e á humillación que as súas familias padeceron durante os corenta anos da“longa noite de pedra” da ditadura e de que se quere facer todo isto desde o respecto a todaa cidadanía, sen revanchismo e cunha actitude pacífica e democrática.

MAXIMINO CORTEGOSO OTERO

O meu avó naceu en Pontevedra o vinte e sete de agosto de 1926. Os seus pais marcharon paraAmérica, a Uruguai, cando meu avó tiña tan só nove meses. El quedou na casa do seu tío (irmán danai), e alí vivía tamén súa avoa. Ao tempo naceron os seus curmán, un neno e dúas nenas.

O seu tío era xastre e tiña unha tenda. E a infancia de meu avó trancorreu entre a casa do seu tío nomonte Mourente e na propia cidade de Pontevedra baixo os soportais fronte á praza da Ferrería.

Pero aos dezaseis anos tivo que fuxir da guerra. A esa idade tiña que alistarse no exército e entón asúa avoa e a súa tía dixéronlle: “Para perderte na guerra, perdémoste en América”. Porque na familiade meu avó morreron todos os homes menos un curmán del (que estudiaba Medicina en Madrid) e opropio avó (que marchou para Uruguai). Por iso desde os catorce anos meu avó e súa avoa pasaban anoite no monte, a avoa collía unha vara para defenderse das serpes e das arañas do monte, eravalante, e foi ela a que lle ensinou a gardar silencio no monte e a defenderse. Ás veces vían o pelotónde fusilamento pasar ao seu lado e entre as pólas das árbores vían o que facían: disparos e os corposcaendo polo barranco. Eles quedaban petrificados de terror e de dor, xa que ás veces coñecían tanto osmortos como os militares que mataban. Logo, durante o día, os mesmos militares ían á tenda dexastrería e meu avó tiña terror de que o levasen.

Meu avó contoulle a miña nai a a meus tíos anécdotas da súa infancia, que logo foron os contos cos queeu durmía. Algunhas delas eran moi granciosas. A que a min máis me gustaba era a de cando meu avólle fora comer as uvas ao veciña durante a sesta. O fillo do veciño era quen facía de campá, e aprimeira vez descubriunos polas pisadas, que mediu cunha vara e logo comparounas cos pés de todosos rapaces da rúa. Pero, claro, os pés do seu fillo non estaban porque el estaba colgado das escaleirasde madeira facendo de campá e, en canto avisou, todos agatuñaron ao teito e fuxiron pola parte deatrás. Inocentes eles, o veciño coa mesma vara que mediu os pés deulles no cu. Meu avó non dixonada na casa, mais o veciño si, e entón castigárono. Mandáronlle pensar no feito pero el encargouse depensar en como facer a próxima vez para que non os pillases.

O próximo día fixeron o mesmo roubo de uvas frescas pero as pisadas foron de case noventacentímetros (arrastraron os pés). Para celebraren o éxito foron á torreta da casa do veciño a comer e arir mentres vían como medía como un tolo as pisadas. O seu fillo era o que máis festexaba, berrando:bravo, Maximino! Porque o veciño non convidaba nin ao seu fillo.As distintas trasnadas de todos os días eran os seus xogos, mais non tiñan tele e aínda menos play.Pero meu avó era feliz e eu máis feliz cando mas contaba, e agora que el non está eu recórdoas e río.

Mayte Puig Cortegoso 1º ESO

Page 35: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

NOTICIAS 35AS CARTAS DO MEU BISAVÓ JUAN DE MATA LÓPEZ SANCHEZ.

O meu bisavó era comandante do exército republicano. Cando acabou a guerra cibil en España elnon quería rendirse e subiuse uns montes coa poca resistencia que quedaba da república. Loitoucontra os nacionais ata que un día dixeronlle que canto mais tempo estibera no monte coaresistencia matarian a alguén da sua familia.

Como non baixaba do monte fusilaron a sua irmá con tan so 18 anos.

O seguinte era o seu fillo que é meu avó Fidel, os poucos días Juán de Mata baixou do monte eencarceláronlle nunha celda por traición a Franco.

Todo-los días que estaba na celda escribíalle cartas a sua muller Consola.

Nalgunha carta pediu roupa,zapatos,tabaco,preguntaba polos seus fillos pero cada día que pasabamais se daba conta de que non o ían soltar, outra carta di que non faltará moito para que omaten.

Un día dixerronlle que excavara a sua tumba,el dixo que non pero entón pegaronlle moito eataronno nun longo pao porque non podía estar de pé dos golpes, e fusilaronno.Logo duns anos as cartas quedounas Consola que regalloullas o seu fillo Fidel.

Máis ou menos avéra unhas 10 cartas.

Fai uns 4 anos o meu pai ensinoume as cartas pero son moi tristes en parte a que sabe que omatan e escribelle o seu amor

Alberto López Huertas 1º ESO

Aquí vou escribir unha carta que escribiu

Consola ya me figuro que no estas parada y los trastos ponteb aservir antes de que se te acaben los trastos, pues luego nopodrás comprarlos ,pues yo tengo mucha pena por que se queme van a mata y yo quisiera vivir para estar contogo,piensomucho en ti y de nuestros hijos y si no me matarancréetelo que me moriré pensando siempre en ti es ahora y si mevieras no me conocías de lo que he perdido. Y por que no vas aValdepeñas a que te de mi padre dinero guapa mía yo sufromucho en ver lo que estás sufriendo por mi culpa, guapa por quéno me mandas sellos y el tabaco que me dijiste que me ivas amandar, o es que ya no tienes dinero para eso, ponte a servirguapa mía y será mejor. Consola me juras que no serás paranadie mientras yo esté en presidio como igualmente si me matante casarás otra vez, dímelo de corazón para yo saberlo no temasen decirme lomque tu sientes porque yo se que tan joven comotu eres no vas a estar viúda toda tu vida adios guapa mía piensomucho y sufro por ti tuyo tuyo asta mi muerte.Juan de Mata López Sanchez.

Page 36: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

36 PASATEMPOSAGORA IMOS POÑER A PROBA A TÚA PERICIA MENTAL

- Por que se suicidou o libro de matemáticas?

Porque tiña moitos problemas.

- Por que hai xente que leva as súas gafas á universidade?

Para que se gradúen

- Que lle dixo o globo á súa globa?

I glove you

- En que semellan un avión e unha cadeira?

No avión podes ir a Kansas. E a cadeira é... por se cansas.

- ¿Cantos noctámbulos son necesarios para cambiar unha lámpada?

Ningún. Os noctámbulos prefiren a escuridade.

- A ver: ¿Presente de indicativo do verbo andar?

- Eu...ando..., ti...andas...,

- Con máis présa, rapaz.

- Eu corro, ti corres, el corre.

OS DESPROPÓSITOS DOS NOSOS COLEGAS(burradas variadas nos exames)

- DEFINE PUNTO DE FUGA: (3º ESO)

É o punto por onde se fugan os terroristas

- EXPLICA O CICLO DA AUGA: (3º ESO)

A auga do mar sobe polos ríos, logo evapórase e formanubes. Cando chove a auga volve ó mar e todo volveempezar.

- NUN COMENTARIO DE TEXTO SOBRE O FASCISMO: (1º

Bacharelato)O texto pertence á década dos fascismos, na que aConstitución queda abolida e se instaura o Comunismo.

- SOBRE A ECONOMÍA DA UNIÓN SOVIÉTICA NO

STALINISMO: (1º Bach)O obxectivo do I Plan Quinquenal é unha repúblicaparlamentaria.

- FALANDO DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL: (1ª

Bacharelato)Alemaña vólvese moi dura dende que Bismark deixa opoder. Os bolxeviques asaltan a Bastilla para conseguirarmas para o gran desastre ocorrido.

- O MARXISMO: (1º Bacharelato)

A interpretación marxista difunde as ideas liberais:dereito á liberdade e á propiedade privada.

- AS RÍAS ALTAS: (2º Bacharelato)

Foz, Ribadeo, Cedeira, Faladoira, Ortegal, Capelada.

- DEFINE MECENAS: (2º Bacharelato)

Anunciador, persoa que anuncia algo.

- SOBRE SANTA SOFÍA DE CONSTANTINOPLA: (2º

Bacharelato)É unha basílica descomunal e de moitas dimensións.

- DEFINE HIERATISMO: ( 2º Bacharelato)

É unha característica da arte grega que consistía en faceros edificios á altura do home.

- NUN COMENTARIO SOBRE O PARTENÓN:(2º Bacharelato)

En Grecia o símbolo do poder dos faraóns eran aspirámides. En Roma van ser os templos feitos porencargo dos Emperadores e adicados a algún deus.

- ¿QUE É A TERRIBILIDADE? (2º Bach)

É representar o inferno e o ceo, pero o inferno (oscastigados ardendo no inferno sendo castigados por deus,etc.) É unha maneira de difundir medo nos fieis.

Damaris Alonso 1ºD BacharelatoAna Calvar 1ºD Bacharelato

Page 37: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,
Page 38: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

PASATEMPOS 37A PRIMEIRA E ÚLTIMA LIBERDADE

A INTELIXENCIA EMOCIONAL E A MEDITACIÓN

A intelixencia emocional é a capacidade de poder controlar as túasemocións de amor, odio, envexa, temor, etec. É moi importante para poderinteractuar cos demais. Penso que unha persoa é emocionalmente máisintelixente na medida da propia autoestima, noutras palabras aprender aquererse un mesmo axudará a ter unha mellor intelixencia emocional. É a capacidade de ser intelixentemente emocionais e emocionalmenteintelixentes, saber conxugar a razón e a emoción para comunicarnos intra eInter. Persoalmente, entender as emocións propias e comprender as dosoutros, expresar as nosas emocións sen facernos nin facer dano ós outros,en fin saber camiñar pola vida empregando de maneira harmonizada osnosos dous hemisferios cerebrais. A intelixencia emocional, é a capacidade que temos de poder manexaremocións e sentimentos, por medio do uso da razón, non sempre domina arazón, xa que ás veces nos deixamos levar polas emocións, e viceversa,máis ben estamos nun equilibrio constante. Tamén sería importante considerar a relación que existe entre aintelixencia emocional e a meditación que nos axuda non só a relaxarnos,senón a saber canalizar as nosas emocións. A meditación é unha aventura; unha aventura cara o descoñecido, amaior aventura que a mente humana pode acometer. A meditación consistesimplemente en ser; ser sen facer nada, sen acción, sen pensamento, sensobresaltos. Simplemente é, e isto é puro gozo. ¿De onde vén ese gozo senon estás facendo nada? Non vén de ningunha parte, ou vén de todaspartes. Non ten causa, xa que a existencia está feita desa substanciachamada gozo. A meditación é descubrir se o cerebro, con todas as súas actividades eexperiencias, pode estar absolutamente calado, sen forzalo, porque tanpronto como o forzamos, aí está de novo a dualidade. Pero se vixía, seescoita todos os movementos do pensamento, o seu condicionamento...,desexos, temores, verá que este se aquieta extraordinariamente.

Page 39: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

38 PASATEMPOSESTE TEST É UN SINXELO EXPERIMENTO EN VIVO QUE PODE SER DE INTERESE

1.- Levas sempre contigo ( levas sempre un destes obxectos dun modo obsesivo, que nonpodes pasar sen eles)

un librosi non

unha libreta ou axendasi non

un peite ou cepillosi non

unha fotosi non

un teléfono móbilsi non

(sonche útiles para enfrontarte a situacións emotivas conflitivas,antes era común o uso dos cigarrilos, xa é hora de que te expresesemotivamente sen recursos tan infantís ¿non cres?)

2.- ¿Antes que cambiar calquera cousa?¿Quefixeches? (non aceptas cambiar o teu modo de actuar, prefires aceptar unhadestas situacións, aínda que perda , emotivamente é para ti moidesagradable, por iso o único que podes facer, é modificar e aprendera reaccionar dun modo emotivo que che permita ser máis flexive, asífarás da túa vida algo moi diferente, moito máis agradable)

recoñecerse vencidoSi Non

perder a oportunidadeSi Non

quedar malSi Non

3.- Cando teñen mala fe é... (gústache xustificar as súas accións que non son moifavorecedoras cara os demais)

que o buscouSi Non

que lle acusan en falsoSi Non

que a súa memoria quedou en brancoSi Non

(é unha conducta emotiva que pola súa propia saúde debes modificar,non xustifiques máis as súas malas accións, enfróntate e acaba conelas)

4.- ¿A xente paréceche a miúdo? (tes unha visión propia do modo en que se comportan os demaiscon respecto ó mundo e cara ti)

Demasiado interesadaSi Non

Demasiado brandaSi Non

Demasiado preocupadaSi Non

(sempre resulta máis sinxelo dicir que son os demais... pero erras,cando o aprendas, verás que o máis fácil é asumir emotivamente asresponsabilidades, ¿non o cres así?)

5.- A túa consigna...(tes consignas ou regras que acaban por ser pequenos ditadores natúa vida cotiá)

A humildade permite actuar con potenciaSi Non

É máis fácil mandar que obedecerSi Non

Os acontecementos dirixen ós homes e nono contrario Si Non

(son unha carga sen que aínda o saibas, porque iso significaríacambiar o teu modo de actuar e esixe un gran esforzo persoal,ademais estás convencido/a de que é correcto, isto é algo moiestendido, pero non por iso correcto; evita consignas, vivencia a vidano presente, a existencia non se pensa, é unha manifestaciónprofunda)

Solucións:

MAIORÍA SI:

SABES O QUE DESEXAS PERO EN OCASIÓNS TESUNHA LIXEIRA TENDENCIA A CREAR SITUACIÓNS ÓSEU FAVOR, ISTO PODE TRAERLLE NALGÚNSMOMENTOS ALGÚNS PROBLEMAS, SE VOSTEDEOBSERVA DUN MODO PROFUNDO A SÚA CONDUTAE A PODE MODIFICAR UNHA ACTITUDE MENOSEGOCÉNTRICA RESOLVERÁ A SÚA VIDA DUN MODOMOITO MÁIS SATISFACTORIO.

OS DESEXOS PODEN PRODUCIR UN EXCESO DEAMBICIÓN, E ISO É COMO SUBIR UN RÍO CARAENRIBA.

ÁNIMO.

MAIORÍA NON:

ES UNHA PERSOA CON INTUICIÓN, SABESCONECTAR COS TEUS SEMELLANTES, PERO O SEUDEFECTO É QUE PERDE O CONTROL OU CONFIANZAE A SITUACIÓN PÓDELLE SUPERAR.

OBSERVE OS SEUS CONTIDOS MENTAIS ENPROFUNDIDADE BUSCANDO AS SÚAS ORIXES, E SESON SINCEROS COAS SÚAS EXPRESIÓNS DEDESEXOS.

A MAIOR DIFICULTADE É COÑECER DE MODOPROFUNDO A RAÍZ DOS NOSOS DESEXOS,COÑECER O QUE OS OUTROS DESEXAN É OHABITUAL.

ÁNIMO.

Judith Rodríguez Juíz 1º D BacharelatoAntía Núñez Vázquez 1º D Bacharelato

Page 40: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

PASATEMPOS 39

O TANGRAMO tangram chinés é un crebacabezas en que o número e a forma das pezasson invariables. O tangram consta de sete formas básicas obtidas pordivisión dun cadrado.No cadrado da ilustración podes ve-las sete pezas do tangram.O obxecto do tangram é formar con sete elementos básicos figurasxeométricas como un cadrado, un triángulo, un paralelogramo ou untrapecio.

Aínda que se poden construír figuras xeométricas, utilizando só algunhaspezas do tangram, nos chamados xogos do tangram teñen que intervir assete pezas, nin unha máis nin unha menos.

Podes construír o teu propio tangram con cartolina e traballar con el.

A continuación presentámosche algunhas figuras que se poden compoñercoas sete pezas.

Page 41: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

40 TUTIFRUTIA descoñecida vida de…

Nacida en 1885, morta un domingo de 1971, Chanel revolucionaría oS.XX. achegaralle á muller o confort e a comodidade reservada ó vestiariomasculino, e contribuirá á súa emancipación.Grabielle Chanel, nace en Samur no ano 1883. O pai, que leva unha vidapracticamente de vagabundo, e ó que ela adora, dalle o nome de Coco.A nai, enferma dende hai tempo, morre cando ela ten doce anos. Abandoada polo seu pai nun orfanato, debe elixir entre facerse monxa oucontinuar os seus estudos.Escolle o último e comeza a ser consciente da diferenza entre o seupasado pobre e o seu presente escolar, rodeada de rapazas ricas. Aprendea coser e é contratada nunha sombrearía.Despois de varias vicisitudes e contratempos (cantante de cabaret,etc)coñece a Bob Capel, que lle ofrece unha tenda na rúa Cambon de París,xusto detrás do hotel Ritz.Así comeza a confeccionar sombreiros para as amizades. Ós sombreirosseguenlle os xerseis, que entran a formar parte da vestimenta feminina eos mini vestidos negros.

Page 42: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

TUTI FRUTI 41Todos queren parecerse a Coco. Coco pasa a formar parte da alta sociedadecultural, literaria, musical…e deixa atrás o seu pobre pasado. As súasamizades pasan a ser, entre outros, Jean Cocteau, Stravinsky, PabloPicasso… A partir de ese intre a súa carreira é imparable. En 1921 lanza o seu coñecido perfume Chanel nº5, primeiro perfumelanzado por un modisto, que se converte nunha lenda. En 1928 presenta ostraxes de muller, séguenlle as xoias de fantasía… en 1935 Chanel empregaa cerca de catro mil mulleres e vende os seus modelos por todo o mundo.Pouco a pouco ponse como símbolo da muller liberada e seductora.Desta época preceden tamén os seus obxectos fetiche, broche en forma decamelia, o bolso acolchado ca dobre “c” e o perfume Chanel nº19.Morre na súa habitación do hotel Ritz e os seus restos repousan enLaussanne, nunha tumba rodeada de cinco leóns de pedra.Coco Chanel non se casou nunca, pero sempre tivo un home ó seu carón.Os seus amantes adorabana porque era independente e misteriosa. Atraíaós homes vinte anos máis novos, incluso cando ela sobrepasaba os sesentaanos de idade.Ela tamén os adoraba e cando a relación amorosa remataba semprequedaba en amizade.Chanel atopouse con moitos problemas ó longo da súa vida, particularmenteno seu traballo, pero sempre logrou sobrepasalos.Perdeu a seus pais, pero atopou un novo círculo de amizades que ainspiraron e sempre a animaron.Era pobre pero acadou independencia económica. Non se casou, perocoñeceu o amor.Houbo mulleres que se burlaron de ela, pero Coco liberouse dos seusprexuizos sociais. Coco Chanel convirteuse nun icono da vida glamurosa doS.XX. e deixounos marcas de elegancia e glamour que ainda na sociedadede hoxe se seguen a percibir. Ana Calvar Debussy Dámaris Alonso Lópe

Page 43: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

42 TUTIFRUTI

Dámaris Alonso López nº1 1ºD

Page 44: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

DEPORTES 43

DIARIO DUNHA SEMANA NA NEVEVIAXE A JACA

Saímos o día 29 de xaneiro ás seis da mañá dirección Jaca. Chegamos alí omesmo día pola tarde sobre as seis, fomos ó hotel Mur e repartiron ashabitacións. Xa sen perder moito tempo fomos alugar e recoller os esquís, asbotas e os bastóns. Cando todo o mundo tiña o seu material voltamos ó hotel,ceamos e durmimos a nosa primeira noite en Jaca. Ó día seguinte erguémosnos ás oito da mañá, e sobre as dez e mediapartimos cara as pistas que estaban a uns 20 km de Jaca. Ás doce empezamosas clases e ás dúas comemos. Pola tarde tivemos un anaquiño de tempo libre epuidemos facer esquí libre. Cando chegamos a Jaca fomos dar unha volta e vera catedral, logo voltamos ó hotel, ceamos e despois a durmir. O martes ás nove e mediaxa estabamos saíndo cara aCandanchú para poderaproveitar e facer esquí libreata a hora das clases, ou sexaata as doce, o resto do día foiigual ó anterior, agás a tarde,que visitamos unhas covas, ascovas de Güisas, que estándebaixo dunha montaña nopobo de Villama moi cerca deJaca. Despois xa regresamos óhotel. O terceiro día, a mañá foi igual que a do martes e pola tarde leváronnos axogar ós bolos a unha boleira que estaba nas aforas de Jaca. O xoves foi o primeiro día que subimos en telesilla e que nos tiramos desdepistas máis longas e máis difíciles. Pola tarde esquiamos ata as cinco e logofomos dar unha volta por Jaca para comprar algúns agasallos. Ás dez da noitehoubo unha festa de despedida nun pub.

O último día foi o mellor porque xa sabiamos esquiar bastante ben.Estivemos esquiando toda a mañá e despois de comer xa baixamos a Jaca paraentregar todo o material no local do aluguer. Logo recollemos as maletas nohotel e saímos sobre as cinco e media da tarde. Ás catro e media da mañá xaestabamos en A Coruña moi contentos e esgotados !!!

Page 45: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,
Page 46: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

44 DEPORTES

Campionato de pimpón 1º campionato de Pimpón do Ies Adormideras. Torneo de Nadal

Participantes:Grupo A:1º,2º 3ºESO:Pablo BoceloBrais VieitesÁngel BazAlberto LópezElías GonzálezFernando NoyaGustavo de la Torre

Grupo B:4º ESO1º e2º Bach.:Brian RichardiDavid Baña.Jorge LópezAdrián Freire.Jacobo LópezLois López Damián Vilariño.GuillermoFernándezJorge FontánDaniel Blanco.

Estes son os participantes dos 1º Torneode Nadal de pimpón celebrado no IESAdormideras neste curso.

Os gañador absoluto foi AlbertoLópez de 1º ES0.Animamos a todos a seguirparticipando en próximascompeticións e SORTE!!!

PATINAMOS QUE DÁ MEDO Como tódolos anos o alumnado do IESAdormideras imos patinar na pista dexeo do Coliseum. Esta é unha actividadeque realmente goza de moito éxitoentre os alumnos, pois non é doado quepor estes lares haxa pistas de xeo.Desde que se ubica a pista de xeo naCoruña, procuramos ir. É a profesora deEducación Física, Isabel Tabeayo, a quenlle damos as grazas por nos levar a estaactividade.

“ A caronciño davarandiña”O día 15 de Decembro de 2005 fixemosunha saída á pista de xeo do Coliseum.A saída fíxose pola mañá. Fomos oalumnado da ESO.Ao chegar alí déronnos uns patíns eunha luvas e saímos a patinar á pista.Ao principio os compañeiros tiñan medode caer e , por iso, agarrábanse áVARANDIÑA pero despois dun anacoempezaron a soltarse pero iso nonimpediu que a xente caíra de cando envez . Despois de patinar durante unhahora mandáronnos saír da pista eentregar o material . E xa voltamos parao Instituto a seguir traballando. Todo obo se acaba.... Cristián Delgado Ferreiro Ignacio Rodríguez Senra

Santiago Ros Pérez.

Page 47: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

UNS VEÑEN E OUTROS VANSE 45

ALICIAEntrevistamos a Alicia,nosa profesora de Física e Química, que está esteano substituíndo a Carmen Iglesias.

1. Cantos anos levas na docencia?

Dende o 93: 13 anos.

2. En que centros estiveches?

En 12 centros de toda Galicia:Cangas, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Narón,Pontedeume, Ares, Rianxo...

3. Gostaríache quedar nesteinstituto?

Sí, encantaríame. Porque é un centropequeño, coñeces a tódolosprofesores e a moitos alumnos, e arelación que teño con todos paréceme moiboa, cóidanme moito.

4. Que clases das?

A 1ºESO: Ciencias Naturais, a 4ºESO: Física e Química, a 4ºESO Diversificación: Ámbito Científico(Matemáticas, Bioloxía, Física e Química), 1ºBacharelato: Física e Química, nesta clase teñoppoucos alumnos, trabállase mellor, é unha vantaxe.

5. Como te sentiches o primeiro día de clase?

Sempre que comezo nun sitio novo veño moi nerviosa, pero neste centro adapteime moi rápido,polo bo trato persoal recibido, considerando que estou de sustituta e iso as veces constitúe unobstáculo para os alumnos porque levan anos acostumados ao seu profesor habitual.

6. Que anécdota destacarías nos teus anos como profesora?

A 1ª substitución que fixen foi en Pontevedra. Eu estaba embarazada case de 7 meses. Estiven alísobre un mes e medio. Cando terminei a substitución e volvín a casa, os poucos días chegárameun ramo de flores e un traxe para bebé. Era un regalo dos alumnos.

Neste ano no que nos deu clase, a parte de aprender moito, collímoslle ungran cariño, polo que a botaremos moito de menos o ano que ven.

No primeiro día de clase notámola un pouco nerviosa, cous que era normalxa que aínda non coñecía a ninguén, pero pouco a pouco colleu unha granconfianza tanto nos alumnos coma nos profesores, polo que vai ser difícilolvidala.

Por iso queremos dicirlle que a queremos moito.

Moitos biquiñosSandra Blanco, Nuria Varela, Miguel Legázpi, Miguel Espantoso, Carlos García e Paula Hernádez

Benvidos 1ºESO!!!!!!!!!!!!

Page 48: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

46 UNS VENHEN E OUTROS VANSE

2º A BACHARELATO

2º B BACHARELATO

Page 49: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

UNS VEÑEN E OUTROS VANSE 47

2º C BACHARELATO

2º D BACHARELATO

Page 50: ÍNDICE 1 - Web Educativa do Concello da Coruña - …centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/revista/mapoula06/... · debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo,

48 UNS VEÑEN E OUTROS VANSEPROFE QUEREMOSTE

A mediados deste curso a nosa profesora de Relixión, Flor, tivo que cambiar de centro.Cousa que nos colleu de sorpresa e costounos moito asimilar tanto a nós, como a ela, queestaba xa moi afeita ao instituto e aos alumnos.Flor era profesora de relixión, pero sobretodo era unha gran persoa e amiga,contábamoslle calquera cousa, calquera problema... non lle importaba que fose no recreoou ocupando o seu tempo libre. Ela sempre nos amosaba o seu apoio e intentabaaxudarnos en todo o que podía.

Aínda que probablemente non volva darnos clase, recordarémola. Todos sabemos quesempre poderemos contar coa súa axuda e ela coa nosa.Sempre que podía levábanos de excursión, participabanas actividades que organizaban e facía as súas clasesmoi amenas e divertidas, realizando proxectos deinvestigacións tanto con ONGs coma con outros colexios,e facéndonos acudir a charlas moi educativas einteresantes.A última clase que nos deu ( antes de cambiar decentro ) foi moi triste, ela intentaba levala coma unhaclase máis, pero nós xa tiñamos coñecemento da súamarcha, a xente quedou calada, non respondía aningunha das preguntas da profe, era unha situación moiincómoda sobre todo para ela que quería deixar a súadespedida para cando a clase remetase. Ao final Flor tivo que interromper a clase paraexplicarnos o porqué da súa marcha e todos quedamos moi tristes.Flor seguira sendo moi querida no instituto.

Botarémoste moito de menos. Moitos biquiños. Cecilia Conde Nuria Varela Daniel Bea Raquel Castro Paula Hernández

Alumnas 4º E.S.O.

CECI NON TE ESQUEZAS DE NÓS!!!!

Cecilia Conde López, alumna de 4º E.S.O. Que leva tres anos neste centro marchará o anoque vén para estudar 1º de bacharelato en E.U.A. Aproveitando unha beca que lle foiconcedida.Ceci vaise un ano enteiro, nós alegramonos moito por ella porq que é unha granoportunidade, pero no que a nós respecta estamos moi tristes xa que é un ano enteiro emarcha moi lonxe.Cecilia é unha gran alumna e compañeira pero sobre todo unha boísima amiga, por esoqueremos dicirlle que a queremos moito, que a imos botar moito de menos, que estaremosaquí para cando volva e que esperamos que non se esqueza de nós.Ceci guapa, querémoste moi. Nuria Varela Fabeiro Paula Hernández Basterrechea