guÍa de lectura:día da paz 2013
DESCRIPTION
Selección de libros e películas da Biblioteca do IES Poeta Añón de Outes ó redor da temática da PAZ e a NON VIOLENCIATRANSCRIPT
BIBLIOTECA
IES POETA AÑÓN
-OUTES-
30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E
A NON VIOLENCIA
Guía de LECTURAS
e
PELÍCULAS
Curso 2012-13
MAHATMA GANDHI
“Una vez, un escritor muy conocido de mi país, la India, me llamó Mahatma que en mi lengua quiere decir “alma grande”. Decidió ponerme ese nombre porque decía que había hecho muchas
cosas por los demás. Y lo que es más im-portante: siempre conseguí mis propósitos sin tener que recurrir a la fuerza. A lo largo de mi vida pude demostrar que la violencia es la peor forma de luchar por la igualdad entre los hombres y las mujeres. No sólo estoy en contra de las guerras, sino que pienso que las palabras y una vida ejemplar son las mejores armas para combatir al enemigo”.
(Texto do libro: Me llamo...Gandhi)
.
REFLEXIONANDO
sobre a
PAZ e a NON-VIOLENCIA
PELÍCULAS
DIARIO - Ana Frank-
O diario de Ana Frank, é un relato verídico escrito
por unha nena de 13 anos, que tivo que ocultarse por
mais de dous anos no anexo dunhas oficinas xunto
coa súa familia para escapar da represión nazi.
EL PAN DE LA GUERRA—D. Ellis
Parvana é unha moza de once anos que vive
en Kabul, a capital de Afganistán, durante a
época do goberno dos talibáns. Cando o seu
pai é detido, a súa familia ,sen recursos para
poder vivir, buscará unha solución desespera-
da.
AGOSTO DO 36– Xosé Fernández Ferreiro-
O autor aborda o tema da guerra civil en Galicia
relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que
foi víctima unha parella de mestres rurais nunha
aldea da serra de Ourense nos primeiros días do
alzamento militar.
A HISTORIA DE ERIKA– R. Vander Zee
Historia dunha sobrevivente do Holocausto
que rememora o tráxico destino do que se
librou cando tiña tan só uns meses de vida.
GUERNICA– M Bernard
Un “océano de dor e morte” en palabras de
Picasso, plasmado nunha das obras de arte
máis famosas de todos os tempos.
O CARTEIRO DE BAGDAD– M. Calveiro
Retrato da vida cotiá no Bagdad en guerra
dunha familia que, malia os múltiples
atrancos, intenta manter os vínculos, a súa
forma de vida, o seu sistema de crenzas,
lembranzas e tradicións, loitando por so-
brevivir entre o medo e a angustia.
SADAKO Y LAS MIL GRULLAS DE PA-
PEL– E. Coerr
Historia real baseada na vida dunha nena
enferma de leucemia a causa da bobmba ató-
mica lanzada sobre a súa cidade, Hiroshima.
LA GUERRA DE NUNCA ACABAR– A.
Gómez Cerdá
Esta obriña de teatro é unha crítica cargada
de humor e sátira sobre a natureza e o absur-
do da guerra. Presenta como un ser humano
cheo de poder é capaz de levar ó seu pobo á
desolación e morte sen ningunha considera-
ción. TRISTES ARMAS– Marina Mayoral
Homenaxe da autora aos nenos da Guerra que
marcharon exiliados á Unión Soviética. Rosa e
Harmonía, dúas irmás refuxiadas en terras mosco-
vitas, se crían alí alleas a todo o que en España
está ocorrendo neses momentos: a morte do seu
pai na fronte, a difícil vida da súa nai viuda... .
EL VIOLINISTA DE MAUTHAUSEN-Andres
Pérez Domínguez
En París, unha parella está a piques de casar na
primavera de 1940, pero a Wehrmacht invade
Francia e el, republicano español exiliado, é deti-
do pola Gestapo e enviado ao campo de extermi-
nio de Mauthausen.
ÁFRICA EN EL CORAZÓN– M. Carmen de
la Bandera
Diko é un mozo dowayo de Camerún que,
fascinado polo paraíso europeo e empuxado
pola crudeza do seu cotián vivir, decídese a
«queimar» as barreiras que o separan do nor-
te e a embarcarse na arriscada aventura de
cruzar o Estreito.
LA BIBLIOTECARIA DE AUSCHWITZ - A. G.
Iturbe
Esta novela está inspirada na historia real de Dita
Dorachova, unha pícara checa de 14 anos que é
levada xunto á súa familia ao campo de concen-
tración de Auschwitz e que se converte, grazas ao
seu empeño e valentía, na celosa gardiá dos úni-
cos libros que existían no inferno nazi.
¡PUTA GUERRA! - Tardy-Verney
Tardi retrata a I Guerra Mundial, focalizando
no absurdo do conflito e nas historias a pé de
trinchera nun cómic claramente antimilita-
rista e ben documentado grazas á colabora-
ción co historiador Jean Pierre Verney
EL FOTÓGRAFO–Guivert, Lefèvre e Le-
mercier.
Fotografías e viñetas do Afganistán de 1986
nas que o protagonista presenta a súa expe-
riencia como acompañante dun equipo de
Médicos Sen Fronteiras.
PERSÉPOLE– Marjane Satrapi
Cómic de referencia, relato autobiográfico da
autora sobre a súa infancia en Irán, que é a
súa vez un excelente testemuño histórico
dun pobo e unha época.