guía de lectura: día da paz 2014

2
BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN -OUTES- Guía de LECTURAS e PELÍCULAS Curso 2013-14 POLA PAZ E A NON-VIOLENCIA PELÍCULAS 30-xaneiro Día escolar pola Paz e a non-violencia Poema de William Ernest Henley recitado por Mandela no cárcere. Imaxe e poema recollidos en http://www.actiludis.com

Upload: ies-poeta-anon

Post on 21-Feb-2016

244 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Escolma de libros e películas da Biblioteca do IES Poeta Añón (Outes-A Coruña) que abordan o tema da PAZ e a NON VIOLENCIA.

TRANSCRIPT

Page 1: Guía de lectura: Día da paz 2014

BIBLIOTECA

IES POETA AÑÓN

-OUTES-

Guía de LECTURAS

e

PELÍCULAS

Curso 2013-14

POLA PAZ E A

NON-VIOLENCIA

PELÍCULAS

30-xaneiro

Día escolar pola Paz e a non-violencia

Poema de William Ernest Henley recitado por Mandela no cárcere.

Imaxe e poema recollidos en http://www.actiludis.com

Page 2: Guía de lectura: Día da paz 2014

RUIDO: RELATOS DE GUERRA– J. Murado Historias que transcorren nas guerras da antiga Iugosla-via. O autor mestura lembranzas e ficción sobre o me-do, a violencia e a supervivencia.

EL VIOLINISTA DE MAUTHAUSSEN—A.

Pérez Domínguez En París unha parella está a piques de casar na prima-vera de 1940 pero a Wehrmacht invade Francia e o home, republicano español exiliado, é detido pola Gestapo e enviado ao campo de exterminio de Mauthausen.

.

AGOSTO DO 36– Xosé Fernández Ferreiro O autor aborda o tema da guerra civil en Galicia relatan-do, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.

A HISTORIA DE ERIKA– R. Vander Zee Historia dunha sobrevivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida.

LA OLA — S. Kampmann Adaptación ó mundo do cómic da novela de Mor-ton Rhue na que un profesor dun instituto califor-niano, someteu aos seus alumnos a un ousado expe-rimento sociolóxico ao constatar que a estes lles era imposible entender o porqué da pasividade e cola-boracionismo da poboación civil alemá con respecto ao nazismo.

LUNA DE LOBOS– J. Llamazares Ramiro, Gildo e Angel, tres soldados republica-nos de León, foxen en plena noite das represalias da fronte victorioso que ocupou a súa terra. Re-fuxiados no monte ven pasar os meses mentres tratan de atopar a forma de sobrevivir e de escapar ao inferno da clandestinidade.

UN ESPÍA CHAMADO SARA—B. Atxaga En plena primeira guerra carlista desenvólvese esta historia de intrigas e traizóns. Martín Saldias é Sara, un espía que, baixo as ordes de Zumalacárregui, realiza unha viaxe desde Bilbao ata a fronte levando información confidencial. No camiño vai atopar todo o mellor das novelas de aventuras: a amizade, a va-lentía, o amor... .

VOANDO SÓ– R .Dahl Roald Dahl introdúcenos nos acontecementos máis fascinantes da súa propia vida narrando as súas viaxes polo continente africano, o terrible accidente cando era un novo piloto de combate na Segunda Guerra Mundial...

LA LADRONA DE LIBROS –M . Zuzak Novela que describe as peripecias dunha nena alemá de nove anos desde que é dada en adopción pola súa nai ata o final da II Guerra Mundial. A súa nova familia ensínalle a ler e, a través dos libros, Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristeza. Pero é o libro que ela mesma está escribindo o que finalmente salvaralle a vida .

LAS UVAS DE LA IRA– J. Steinbeck Drama da emigración dos compoñentes da familia Joad, que, obrigados polo po e a seca, vense obrigados a aban-donar as súas terras, xunto con outros miles de persoas de Oklahoma e Texas, rumbo á «terra prometida» de Calif ornia.

CENTAUROS DO NORTE– M. Calveiro Rafael tiña dezaseis anos e non era un revoluciona-rio, senón músico. Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e unha moza india, Reina Huarte.

LA BIBLIOTECARIA DE AUSCHWITZ - A. G.

Iturbe Esta novela está inspirada na historia real de Dita Dora-chova, unha pícara checa de 14 anos que é levada xunto á súa familia ao campo de concentración de Auschwitz e que se converte, grazas ao seu empeño e valentía, na celosa gardiá dos únicos libros que existían no inferno nazi.

¡PUTA GUERRA!- Tardy-Verney Tardi retrata a I Guerra Mundial, focalizando no absurdo do conflito e nas historias a pé de trinchera nun cómic claramente antimilitarista e ben docu-mentado grazas á colaboración co historiador Jean Pierre Verney

TODO 36-39: malos tiempos–C. Giménez Nesta novela gráfica Carlos Giménez céntrase na vida cotiá das xentes, que nas cidades e os campos de España sufrían o medo á morte ao amencer, mentres que en Madrid, como en tantos outros lugares, a fame e o frío, a falta de mediciñas e de roupa, e os bombardeos cobrábanse a súa cota de vidas e destrución .

GORAZDE: ZONA SEGURA J. Sacco Obra mestra que recibiu o premio Will Eisner en 2001 á mellor novela gráfica orixinal e que relata a experiencia vivida polo autor entre finais de 1995 e principios de 1996 nas súas viaxes a Goražde, unha zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia

libros Novela gráfica