glÍcidos - bioloxiaanxelfole.files.wordpress.com · orgánicas que responden á fórmula xeral cn...

30
GLÍCIDOS Do grego glykys”, que significa doce.

Upload: trinhnhu

Post on 20-Jan-2019

222 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

GLÍCIDOSDo grego “glykys”, que significa doce.

GLÍCIDOS

Os hidratos de carbono ou glícidos son biomoléculas

orgánicas que responden á fórmula xeral Cn (H2O)n.

Reciben tamén o nome de HIDRATOS DE

CARBONO, xa que o osíxeno e o hidróxeno están na

mesma proporción que na auga.

Constitúen o 1-2 % da masa celular.

Principalmente desempeñan función enerxética.

Clasifícanse atendendo ao tamaño da molécula e á

súa solubilidade (canto máis grande é a molécula,

máis insoluble é).

CLASIFICACIÓN DOS GLÍCIDOS

MONOSACÁRIDOS (1)

DISACÁRIDOS (2)

OLIGOSACÁRIDOS (3-10)

POLISACÁRIDOS (+ 10)

MONOSACÁRIDOS

Son os glícidos máis sinxelos, non se poden hidrolizar.

Son solubles en auga, doces, cristalinos e brancos.

Entre os monosacáridos máis importantes destacan: glicosa, galactosa, frutosa, ribosa e desoxirribosa.

CRITERIOS DE CLASIFICACIÓN:

Segundo o GRUPO funcional:

Aldosas (Función aldehido)

Cetosas (Función Cetona)

Segundo o Nº de átomos de Carbono:

Triosas: 3 átomos de Carbono.

Tetrosas: 4 átomos de Carbono.

PENTOSAS: 5 átomos de Carbono: Ribosa e

Desoxirribosa.

HEXOSAS: 6 átomos de Carbono: Glicosa.

ALDOHEXOSAS CETOHEXOSA

GLICOSAA glicosa está na froita e

tamén no noso sangue. A

frutosa é o azucre da froita, a

galactosa o do leite.

A glicosa é a principal molécula enerxética das células.

Proxección de FISHER

Proxección de

HAWORTH

Fórmula empírica

Modelo molecular

RESPIRACIÓN CELULAR.

DISACÁRIDOS

Formados pola unión de dous monosacáridos

mediante un

enlace O-glicosídico.

Os disacáridos máis importantes son: lactosa,

sacarosa, maltosa.

FORMACIÓN DO ENLACE O-GLICOSÍDICO.

condensación

hidrólise

O enlace o-glicosídico establécese cando reaccionan os hidroxilos de dous monosacáridos. Ten lugar unha reacción de condensación

con formación dunha molécula de auga.

MaltosaÉ o azucre de malta. Grao xerminado

de cebada que se utiliza naelaboración da cervexa. Posúe dúasmoléculas de glicosa unidas por enlaceglicosídico.

MALTOSA = GLICOSA + GLICOSA

SACAROSA = GLICOSA + FRUTOSA

SacarosaÉ o azucre de mesa. Formado por

glicosa e frutosa unidas por enlace

glicosídico.

LACTOSA = GLICOSA + GALACTOSA

Lactosa

É o azucre do leite dos mamíferos.

Está formada pola unión de

galactosa e glicosa.

POLISACÁRIDOSEstán formados pola unión de moitos monosacáridos, de 11 a centos

de miles. Peso molecular elevado. Non teñen sabor doce.

Clasifícanse en 2 grupos:

DE RESERVA (enlaces facilmente hidrolizables):

amidón (en plantas)

glicóxeno (en animais)

ESTRUTURAIS (enlaces difíciles de hidrolizar):

celulosa

pectina

quitina

Amidón, glicóxeno e celulosa están formados pola unión

de moitas moléculas de glicosa. Diferéncianse no tipo de

enlace e na estrutura que forman as cadeas.

Constitúen a fibra vexetal.

GLICÓXENOPrincipal molécula de reserva

enerxética nos animais.

AMIDÓN

Principal molécula de reserva

enerxética nas plantas.

OBSERVACIÓNS MICROSCÓPICAS

DE GRÁNULOS DE AMIDÓN.

CELULOSA

Forma as paredes

celulares das

células vexetais

(“fibra vexetal”)

FIBRAS DE CELULOSA

QUITINA

Compoñente

das paredes

celulares dos

fungos e do

exoesqueleto

de algúns

Artrópodos.

ENFERMIDADES RELACIONADAS

CÓ METABOLISMO DE GLÍCIDOS

GALACTOSEMIA. A GALACTOSEMIA É UN

TRASTORNO HEREDITARIO QUE

CONSISTE NA FALTA DA ENZIMA

CAPAZ DE METABOLIZAR A

GALACTOSA.

DETECCIÓN PRECOZ

INTOLERANCIA Á LACTOSA

Falta a enzima lactasa capaz de hidrolizar a lactosa.

MAPA MUNDIAL DA

INTOLERANCIA Á LACTOSA

PILAR DE VEGA

BIOLOXÍA DE 1º DE BAC