coñecernos para comprendernos

48
Traballo de Invetigación 5ªB Curso 2010/2011 Coñecernos para comprendernos

Upload: ma-del-camino-pereiro-gonzalez

Post on 19-Mar-2016

224 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Educacion, patrimonio, cultura

TRANSCRIPT

Traballo de Invetigación 5ªB

Curso 2010/2011

Coñecernos para comprendernos

Coñecernos para comprendernos

Índice

1. A Historia

1.1 Que é historia?

1.2. Quen son os historiadores?

1.3. O traballo do historiador

1.4. Etapas históricas

1.5. Heródoto:o primeiro historiador

1.6. Bibliografía e webgrafía

2. Historia da comarca de Valdeorras

2.1. A prehistoria

2.2. A romanización

2.3. Idade Media

2.4. Idade Moderna

2.5. Idade Contemporánea

2.6. Futuras xeracións

2.7. Conclusións

2.8. Bibliografía e webgrafía

3. Os Castrexos na comarca de Valdeorras

3.1. Que é a cultura Castrexa?

3.2. O Castro

3.3. A sociedade castrexa

3.4. A cultura castrexa en Valdeorras

3.5. Conclusións

3.6. Bibliografía e webgrafía

4. Os Romanos na comarca de Valdeorras

4.1. Características xerais da conquista romana na península

4.2. Explotacións mineiras

4.3. Vías romanas

4.4. As pontes romanas

4.5. Restos Arquitectónicos

4.6. Bibliografía e webgrafía

5. A historia das matemáticas na prehistoria e na idade antiga

5.1. A historia das matemáticas

5.2. As matemáticas na prehistoria

5.3. As matemáticas na Antiga Roma

5.4. As matemáticas nos vestixios prehistóricos e romanos da nosa Comarca

5.5 Conclusións

5.6. Bibliografía e webgrafía

Por: Jorge Rodríguez Blanco, Pablo Rodríguez. e Pablo Neira. (5B)

1. A Historia

Índice

1.1 Que é historia?

1.2. Quen son os historiadores?

1.3. O traballo do historiador

1.4. Etapas históricas

1.5. Heródoto:o primeiro historiador

1.6. Bibliografía e webgrafía

A historia é a ciencia que ten como obxectivo o estudo do pasado da humanidade e forma parte das

ciencias sociais.

A historia a estudan os historiadores.

A importancia da historia é que si un non coñece o seu pasado non comprendera o presente e moito

menos estará preparado para construír o seu futuro.

A historia empezouse a estudar coa aparición da escritura; como o home podía escribir, podía deixar

plasmado para a posteridade, nun elemento material o que sucedía.

Pódese dicir dous tipos de estudos de historia:

- O clásico: que considera a historia como o período que comeza coa aparición da escritura.

- O multiculturalista: expresa que a historia é un período que se pode reconstruír cunha explicación

fiable dos acontecementos que afectan a unha sociedade humana.

Segundo a historia clásica, os acontecementos antes do período histórico pertencen a prehistoria,

mentres que os feitos situados no período de transición entre a prehistoria e a historia son parte da

protohistoria.

Ademais existen dúas maneiras de definir a forma de estudar esta ciencia:

· Historioloxía que explica como e por que acontecen os feitos históricos.

· Historiolografía que o conxunto de técnicas utilizadas para escribir os feitos históricos.

AA ddeeffiinniicciióónn ddee hhiissttoorriiaa iinnccllúúee aaooss hhiissttoorriiaaddoorreess ee iissttoo nnoonn éé ddee eessttrraaññaarr xxaa qquuee sseenn eelleess nnooss sseerrííaa

iimmppoossiibbllee ccooññeecceerr aa ttoottaalliiddaaddee ddooss ssuucceessooss qquuee oo hhoommee hhaa eexxppeerriimmeennttaaddoo..

EElleess ssoonn ooss qquuee eessttuuddaann oo ppaassaaddoo aa ttrraavvééss ddee ddaattooss rreeccoolllliiddooss ddee ddiissttiinnttaass ffoonntteess hhiissttóórriiccaass:: ttrraabbaallllooss

aarrttííssttiiccooss,, eessccrriittooss,, mmááqquuiinnaass,, ccoonnssttrruucciióónnss ee ffeerrrraammeennttaass,, eennttrree oouuttrraass ccoouussaass..

CCaannttoo mmeelllloorr sseexxaa aa ccaalliiddaaddee ee ccaannttiiddaaddee ddooss oobbxxeeccttooss eennccoonnttrraaddooss,, mmaaiioorr sseerráá aa pprroobbaabbiilliiddaaddee ddee

eexxaaccttiittuuddee nnoo aannáálliissee ddooss mmeessmmooss..

AA iinnvveessttiiggaacciióónn cciieennttííffiiccaa éé aa ffeerrrraammeennttaa qquuee uuttiilliizzaann ooss hhiissttoorriiaaddoorreess ppaarraa qquuee ooss sseeuuss rreessuullttaaddooss

sseexxaann ccoorrrreeccttooss;; aa xxeeooggrraaffííaa,, eeccoonnoommííaa,, aannttrrooppoollooxxííaa,, ssoocciioollooxxííaa ee ffiilloossooffííaa ttaamméénn aappoorrttaann oo sseeuu

ggrraanniittoo ddee aarreennaa..

1.1 Que é historia?

1.2. Quen son os historiadores?

IIssttoo ssiiggnniiffiiccaa qquuee aaoo ttrraabbaalllloo ddooss hhiissttoorriiaaddoorreess ssuummaassee oo ddee pprrooffeessiioonnaaiiss ddoouuttrraass áárreeaass qquuee ccoollaabboorraann nnaa

iinnvveessttiiggaacciióónn ee oo eessttuuddoo.. CCaaddaa uunn ddee eelleess aappoorrttaa ddaattooss rreessppeeccttoo ddooss ffeeiittooss ddoo ppaassaaddooss ddeessddee ddiissttiinnttooss

ppuunnttooss ddee vviissttaa ddoo aaccoorrddoo aa ssúúaa eessppeecciiaalliiddaaddee:: xxeeooggrraaffííaa,, ssoocciioollooxxííaa,, ppssiiccoollooxxííaa,, eeccoonnoommííaa,,

aannttrrooppoollooxxííaa ......

1º. Elaborar unha hipótese: Preguntarse por que acontece un feito.

2º. Buscar información e analizala. Empregar fontes históricas (materiais, orais, bibliográficas,…)

3º. Elaborar conclusións. Comprobar se os seus pensamentos eran ou non certos.

1.3. O traballo do historiador

1.4. Etapas históricas

Paleolítico:

A xente recollía o que lles daba a natureza (froitas, verdura, raíces...).

Co paso do tempo introduciron a carne na súa dieta o comezar a cazar e pescar.

Eles eran nómades; cando se terminaba o alimento nunha zona ían cara a outro sitio.

Aprenderon a acender o lume e controlalo.

Neolítico:

Pasaron a ser sedentarios, tamén empezaron a vivir en casas de barro con teitos de palla.

Empezou a agricultura e a gandería.

Pulían a pedra, tecían, e facían recipientes de cerámica.

Idade dos metais:

Idade de cobre: Fundían o cobre e dábanlle forma utilizando moldes.

Idade de bronce: Levaban o mesmo proceso que o cobre.

Idade de ferro: Era mais duro co cobre e o bronce por iso quentábase e dábaselle forma

golpeándoo.Nace a forxa.

Idade antiga

Creáronse cidades independentes dirixidas por un faraón, rei, emperador…(culturas antigas).

Vivían do gando ,agricultura e do intercambio de produtos entre diferentes pobos.

Idade media

É a época do feudalismo. Tratábase de moitos terreos cultivados por servos na que produción debía

ser entregada en concepto de "censo" ao amo das terras, case sempre un nobre.

A cultura xiraba ao redor dos mosteiros.

Idade moderna

É o terceiro período da historia e a época do descubrimento de América o renacemento…

O comercio polo mediterráneo estaba bloqueado polos turcos e realízanse progresos nas técnicas de

navegación o que impulsa aos homes as viaxes de ultramar.

Idade contemporánea

É o período histórico que comprendido entre a revolución francesa e o presente.

Comprende máis de dous séculos, dende 1789 d.C. até agora e ten como peculiaridade numerosos

cambios técnicos e sociais (novas tecnoloxías, globalización…)

Consideráselle o pai da historia por ser o primeiro historiador.

Naceu entre os anos 480 e 490 a.C. e morreu o redo do ano 425 a.C.

Foi un incansable viaxeiro que percorreu Exipto de punta a punta e

moitos do pobos conquistados pólos atenienses.

Escribiu “Historiae” ou “Os nove libros de historia” que é

considerada como a primeira investigación histórica. Nela nárranse as

Guerras Médicas entre Grecia e Persia (s. V a. C) comentando con

gran precisión as formas de vida dos pobos e personaxes, tanto gregos

como bárbaros, ao tempo que conta os sucesos históricos e as

características xeográficas.

1.5. Heródoto:o primeiro historiador

· Historia universal “La Prehistoria”.

· Dicionario Enciclopédico Universal Vol. VI e VII.

· Coñecemento do Medio Primaria, Imos Indo.Ed.Rodeira

· Wikipedia la enciclopedia libre.

· http://definición.de/historia/.

· http://www.slideshare.net/alfreedooT/importancia-de-la-historia.

·http://www.slideshare.net/maureenn/historia-clasificacion-fuentes- historicas?from=ss_embed

·http://www.diomedes.com/hisherodoto_0.htm

·http://www.proyectosalonhogar.com/enciclopedia_ilustrada/edad_moderna/em1.htm

1.6. Bibliografía e webgrafía

Índice:

O traballo foi feito con moito esforzo e agarimo por: Nerea Valle, Mireya Rodrígues, Iria Vila, Ania

Roo e Ángel Vidal.

2. Historia da comarca de Valdeorras

2.1. A prehistoria

2.2. A romanización

2.3. Idade Media

2.4. Idade Moderna

2.5. Idade Contemporánea

2.6. Futuras xeracións

2.7. Conclusións

2.8. Bibliografía e webgrafía

Valdeorras é unha comarca con moitos feitos históricos. Ao ser paso natural de Galicia fixo que

estivese moi poboada desde tempos moi remotos.

Atopouse presenza humana nos abundantes restos arqueolóxicos. Segundo estes as primeiras formas

de vida foron rurais e vivían tanto nas zonas altas como nas máis baixas. Hai restos de enterramentos

“megalíticos” (mámoas) nos montes de Cereixido (A Rúa) e na Serra de Lastra (Rubia).

Atopamos restos de manifestacións artísticas da Idade de Bronce, fermosas mostras de “arte rupestre”

ao aire libre, os famosos “petroglifos”, nas proximidades de Valdegados (Vilamartín), en Petín e en

San Esteban de A rúa Vella.

Son moi abundantes os nomes dos lugares pertencentes a épocas prerromanas. O mellor exemplo

deses pobos antigos son os “Castros”, poboados defendidos por murallas que se localizan en media

montaña. Entre estes asentamentos “castrexos” destácanse os existentes en: Pardallán, Quereño,

Castelo, Portela do Trigal, O Castro, Xirimil, Larouco, Valencia do Sil, Arnado, Manes, A Capilla

(Vilela).

Os “Gegurros” (Guigurros) xunto cos “Calubrigensis” foron os antigos poboadores destas terras.

Dese xentilicio deriva o nome actual da bisbarra: Val-de-giorres.

Coa chegada dos romanos e a romanización prodúcese un cambio nas formas de vida dos nosos

antepasados pasando de vivir concentrados e nas montañas como os castrexos a vivir dispersos e en

asentamentos planos “chairegas” dos pobos romanos.

O máis importante na romanización da comarca foi o paso pola mesma dunha das vías romanas: a

“Vía XVIII” o “Vía Nova” que unía Braga en Portugal e Astorga. Cruza Valdeorras e ten unha

extensión de 157 km.

2.1. A prehistoria

2.2. A romanización

Xunto a esta vía

principal había outras

secundarias que

obrigaron a construír

pontes como Bibei,

Cigarrosa, Rodeleira,

Entoma, Górrego,

Gandís, A Pontoriga, A Médua… “lápidas” como A Cigarrosa,

Santurxo; “aras” en Viloira, “grabados” como o de Sta. María; “capiteis”

como o de A Rúa Vella, mosaicos como o de A Ligarrosa: esculturas

como a do togado de Freixido, verraco de Viana….

O nome do Barco provén da instalación dunha parca no pobo de Viloira ao lado da calzada romana

para comunicar as poboacións existentes a ambas marxes do río.

Os romanos deixan a comarca e chegan suevos e visigodos, vivíndose un período de paz e de

esplendor.

Na Idade Media o Señorío de Valdeorras foi administrado pola nobreza.

Conde de Lemos, Márquese de Vilafranca e Condes de Ribadavia foron os

máis importantes. A fortaleza de Castro é desta época. Esta pequena vila foi

o goberno de xurisdición ata o principio do século XIX.

Os mosteiros da Comarca do Bierzo e a

Orde de San Xoan de Xerusalén

compartirán a administración coa nobreza

destas terras.

O Castelo do Bolo tamén e lugar de referencia nesta época.

Ponte da Cigarrosa (A Rúa)

Lápida (A Cigarrosa, A Rúa)

2.3. Idade Media

Restos da fortaleza do Castro

Castelo do Bolo

O século XVII comeza coa

construción do santuario da Nosa

Señora das Ermitás no ano 1624,

que foi determinante no

desenvolvemento da comarca.

No século XVIII a comarca foi

formada baixo a xurisdición de:

Valdeorras, o Bolo Larouco e o

Coto de Pardollán, e outros pobos

a outras xurisdicións.

A do Bolo era de “realengo”: dependían dun rei. A de Valdeorras, Larouco e o Coto de Pardollán eran

de “señoría”: dependían dun nobre como os Condes de Ribadavia.

A poboación da comarca era de 5193 veciños, chegando a ser uns 20772 habitantes repartidos en 171

núcleos de poboación, dos cales 2 eran vilas (O Castro e o Bolo) 32 parroquias e 137 pobos.

A actividade económica da comarca centrábase na agricultura, gandeira, industria e comercio (muíños

de fariña, louseira, feiras).

O século XIX comezou con guerras e mortes como consecuencia do paso pola comarca das tropas

francesas durante a Guerra da Independencia.

Chegan a Valdeorras a principios do ano 1809. Grupos de guerrilleiros da comarca, ao mando do

abade de Casoio impediron, en Sobradelo, o paso das tropas francesas do mariscal Soult. Dinamitaron

a parte de Sobradelo.

2.4. Idade Moderna

Santuario das Ermitas

2.5. Idade Contemporánea

A paz e a tranquilidade volve á comarca.

A finais dese mesmo século chega en 1883 o

ferrocarril, poucos anos antes de construírse no

Barco a ponte de San Fernando, esencial para

mellorar a comunicación da comarca.

Co ferrocarril facilitábase a circulación de persoas

e dos seus produtos, creábase riqueza e esta

comarca convertíase en centro principal no pasar de persoas e mercadorías en dirección a Castela e ás

zonas costeiras galegas.

No século XX foi importante a emigración a América do Sur e Cuba e a Centroeuropa despois, pola

culpa da guerra civil e posguerra. Na década dos 50 deste século destaca a construción de embalses e

centrais hidroeléctricas na nosa comarca.

Nos últimas décadas o eixe principal da

economía valdeorresa serán as explotacións

louseiras. En 1909 formase a primeira sociedade

e a partir de 1969 xa se atopan naves de lousa

en Coedo, A Médua…que pouco a pouco iran

configurando o actual tecido industrial da

comarca, converténdose no principal creador de

postos de traballo e produtor de riqueza.

As futuras xeracións de Valdeorras, temos que contribuír co noso esforzo e traballo a mellorar a nosa

comarca.

O sector cultural e turístico podería aumentar con máis museos, parques, xardísn… Temos que

conservar os restos das distintas etapas de Historia na nosa paisaxe e prestarlle un pouco máis de

Ponte do ferrocarril (Entoma, 1883)

Canteira de lousa

2.6. Futuras xeracións

atención, pois se o paso do tempo non conseguiu borrar a marca deixada polas distintas civilizacións,

non debería facelo o desinterese do home. É algo que nos pertence a todos e nos identifica.

Sería importante que o tren de alta velocidade (AVE) pasase polo Barco. As industrias medrarían e

crearían máis postos de traballo, contribuíndo ao benestar social de Valdeorras. Teríamos moitas

empresas pero non deberían contaminar o medio ambiente. A economía ademais de basearse na lousa,

na viticultura e nas castañas, podería introducir a enerxía solar (que conta coa lousa nun dos seus

compoñentes tecnolóxicos), que non contamina e exportarse a todo o mundo.

Nerea:

Ao principio foi un pouco complicado pero despois gustoume moito porque aprendín cos meus

compañeiros moitas cousas da historia da miña comarca: Valdeorras.

Mireya:

Ao igual que Nerea pareceume un pouco difícil ao principio, pero despois aprendín e paseino moi ben

axudándonos uns aos outros.

Iria:

Foi un pouco difícil pero axudáronme moito os compañeiros e ao final foi moi divertido e aprendín

moitísimo.

Ania:

Pareceume divertido traballar cos meus compañeiros porque foi algo difícil pero ao final

conseguímolo, axudándonos uns a outros e aprendín moito da historia de Valdeorras.

Ángel:

Pareceume que o traballo foi moi interesante, pero difícil e tamén aprendín moito coas miñas

compañeiras do meu fogar: Valdeorras.

- Folleto turístico de Valdeorras.

- http://www.valdeorras.com/

- http://www.valdeorras.net/

- http://valdeorras.obarco.com/modules.php?name=historia

2.7. Conclusións

2.8. Bibliografía e webgrafía

María Rodriguez Pereira e

Gonzalo Rodriguez Afreijo.

3. Os Castrexos na comarca de Valdeorras

Índice:

3.2. O Castro

3.3. A sociedade castrexa

3.4. A cultura castrexa en Valdeorras

3.5. Conclusións

3.6. Bibliografía e webgrafía

3.1. Que é a cultura Castrexa?

Pódese definir como

Cultura Castrexa a

aquela que se

desenvolveu entre os

séculos VI a.C. e V

da nosa era (aínda

que funde as súas

raíces na Idade de

bronce) nas terras da

Gallaecia romana

(Galicia actual, norte de Portugal,extremo occidental de León e parte de Asturias) tendo como

elemento característico o Castro.

A presenza de Castros non é exclusiva do Noroeste da Península pero ten as súas propias

particularidades e diferenzas coa do resto da Meseta, por exemplo os Castros de Castela teñen forma

cuadrangular mentres que os de aquí son de forma redonda ou ovalada, tamén hai diferenzas no

tamaño, os do Noroeste son mais pequenos e achegados entre eles que os do resto da Meseta, onde son

mais grandes e mais dispersos.

Castro Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)

3.1. Que é a cultura Castrexa?

Mapa da Gallaecia Romana.

Os Castros.

Os Castros eran pobos fortificados, tiñan polo xeral un recinto amurallado de pedra de forma

redonda ou ovalada que recollía no seu interior chozas ou cabanas con paredes de terra seca (moito

mais adiante as farían de pedra) e co teito de palla. Eran construcións fráxiles polo que se pode

entender que non chegaran a nós restos conservados destas contraccións.

As portas eran de táboas de madeira e o chan estaba igualado por pedras miúdas sobre a que poñían

arxila pisada.

Xeralmente os Castros estaban situados en sitios elevados como montes ou cumios, con boa

visibilidade e de difícil acceso para os inimigos no caso de ser atacados e a vez ter fácil acceso a

recursos alimenticios e a auga polo que ademais, debían estar

entre zona de monte e prados ou entre zona de bosque e cultivos.

3.2. O Castro

Cabana

Castro de Viladonga (Lugo)

Son moi abundantes en Galicia e no norte de Portugal, lugares onde se contan a miles, o resto están

localizados polas montañas leonesas e o occidente de Asturias, en Sanabria e Carballeda pódense

atopar moitos restos por numerosos pobos.

Estaba organizada socialmente a medio camiño entre tribo e familia, dentro de cada castro

convivían distintas familias que teñan lazos de parentesco entre elas. Abarcando a varios castros

estaría a tribo ou pobo, non se sabe moi ben como eran as relacións entre elas pero supóñase que

debían de gozar de moita autonomía individual.

A xulgar polas escasas diferenzas entre as distintas cabanas dos castros pensase que era unha

sociedade bastante igualitaria na que a principal preocupación era atender os rabaños que pastaban o

redor do castro.

Os homes encargaríanse de labores como a caza, a pesca, o rabaño e a guerra mentres que as

mulleres atendían a criar os fillos, o fogar e a recollida de froitos silvestres.

3.3. A sociedade castrexa

As xerarquías dentro da sociedade castrexa

iria en función da idade e do sexo; segundo

conta o xeógrafo e historiador greco-romano

Estrabón, que foi un gran viaxeiro e recorreu

case todo o mundo coñecido por aquel entón:

"Comen sentados sobre bancos construídos o

redor das paredes, aliñándose en eles

segundo a súas idades e dignidades...".

Os anciáns estarían ben considerados dentro

do grupo e eran os portadores do saber, xa

que nunha sociedade de tradición oral os

coñecementos ían pasando de boca en boca e

eran os mais vellos os encargados de

transmitila.

Vida dentro dun castro

Estrabón escribiu "Memorias de Historia" (Historikà hypomnémata)

A economía castrexa baseábase na agricultura (cereais, leguminosas..) e gandeira pastoril (vacas,

ovellas, cabalos, porcos... ) aínda que tamén se practicaba a caza, a pesca e o marisqueo (na costa)

e a recolleita de froitos de todo tipo (de árbores froitas, froitas silvestres..) Hai constancia de que

tamén desenvolveron labores metalúrxicas e mineiras, así como o traballo da pedra con fins

artísticos e a elaboración de cerámica.

Pola situación da comarca de Valdeorras por ser a porta de entrada a Galicia e pola riqueza e

fertilidade do seu chan, estes factores fixeron que estivese poboada desde tempos moi remotos.

A súa historia estivo ligada a presenza dos romanos e a construción da Vía XVIII, pero xa antes da

chegada dos romanos había presenza humana como demostran restos arqueolóxicos atopados como

as Mámoas de Cerixido en A Rúa ou as da Enciña da Lastra en Rubia e a de Meda en A Veiga.

Mámoa de Pedra Ma en Meda (A Veiga)

Unha mámoa é un amontoamento

de pedras ou terra que se usaba con

fins funerarios e onde se enterraba as

persoas.

3.4. A cultura castrexa en Valdeorras

Tamén se localizaron manifestacións de tipo artístico da Idade do Bronce como os Petróglifos de

Valdegodos (Vilamartín), en Petín e en San Estebo da Rúa Vella.

Petróglifo nas proximidades de Valdegodos (Vilamartin)

Tamén hai abundantes mostras dos topónimos

pertencentes a épocas prerromanas, a mellor mostra son

os castros, destes asentamentos castrexos destacariamos

os de: Quereño, Portela do Trigal, O Castro, Xirimil,

Xardoal, Cabanelas (Larouco), Sta. Maria, Valencia do

Sil, Arnado, Mones, Chao do castro, Vilaseco, A

Capilla (Vilela)..

Un petróglifo en unha imaxe gravada

polo home sobre unha pedra usando

distintos métodos. Picado, raiado..

O Castro (O Barco

As primeiras referencias historicas referentes a Valdeorras as temos en fontes clásicas como O

Itinerario de Antonino que era un documento redactado no século III na Antiga Roma e que

recollía todas as rutas ou calzadas romanas.

Tamén o militar,escritor, naturista e científico romano Plinio O Vello fai as primeiras referencia

das que se teñen constancia ós “Gigurri”ou “Egurros” , que segundo os seus escritos forman

parte dos 22 pobos dependentes do antigo Convento Juridico Aturicense do que era capital

Astorga (ver mapa na páx.1)

Os Gigurros uníronse a outras tribos (Astures e Cantabras) nas guerras contra a invasión

romana, resistindo ferozmente nas montañas ata ser totalmente conquistados e dominados polos

romanos, estes vendo o potencial que tiñan no combate crearon un Ala I Gigorrurum composto

por 500 xinetes que tiñan que saír da propia tribo para combater baixo o estandarte romano nas

súas tropas Auxilia (tropas auxiliares).

Tradicionalmente considerase os Gigurri xunto os Calubrigensis como os primeiros poboadores

de Valdeorras. Os Gigurri tiñan a súa capital no Forum Gigurrorum (na actualidade a paraxe

entre A Rúa e Petín chamada A Cigarrosa) e os Calubrigensis a tiñan en Calubriga (localizado

na actualidade en O Barco na zona denominada Calabagueiros)

Calzadas en Hispania recollidas no Itinerario de Antonino.

Outros pobos dos que se ten constancia por Plinio son os Tiburi localizados no que hoxe é Trives,

os Nemetas que ocupaban o que hoxe é O Bolo e A Veiga e os Superatio que ocuparon o que

hoxe en día é Villafranca do Bierzo.

Ao longo do período de dominio romano o

territorio dos Gigurri é un centro de

explotación aurífera (minas de oro) como o

das Medulas no Bierzo ou na zona de preto da

Rúa Montefurado (Lugo) onde se conserva un

túnel feito para desviar o percorrido do río Sil,

estás minas deixaron de explotarse a partir do

século III d.C.

Guerreiros Gigurri.

As Médulas (esta Cova recibe o nome da Cova encantada)

Ca chegada dos romanos e a posterior romanización

prodúcese un cambio na forma de vivir dos nosos

antepasados Gigurros, parte deles empezan

cambiar os seus asentamentos na montaña mais

concentrados polas asentamentos en terreos planos

(Chairas) como os romanos, que eran mais

dispersos.

Posiblemente o factor decisivo para a romanización

desta zona fose que unha das calzadas mais

importantes da Península, a VIA XVIII pasase por

estas terras.

A Vía XVIII partía desde Brácara Augusta (Braga, Portugal) e dirixíase a Astúrica Augusta

(Astorga) e cruza Valdeorras de suroeste a nordeste collendo no seu recorrido Ponte Bibei, Codos de

Larouco, Larouco, Freixido, Petín, Ponte Cigarrosa, Fontei, A Rúa Vella, San Miguel de Outeiro,

Vilamartin, A Rodeleira, Arcos, A Proba, O Castro, Ponte do Córrego, Vilanova, ponte do Regueiral,

Rubiá, zona del Marquesado, Robledo da Lastra para cruzar os Picos de Oulego por Peña Tallada,

Cabarcos ata chegar a Bergidum Flavium (Cacabelos)

Rematamos o traballo engadindo unhas fotos da zona do Ponte do Córrego que está a pouco mais de 1

km da nosa casa, un lugar precioso polo que no verán iamos pasear moitas veces con unha pequerrecha

María duns seis anos e co único desexo de espertar nela a curiosidade polas cousas tan bonitas e

importantes que nos rodean lle dixen:

-Vés iso de aí? É unha antiga ponte romana.

-Papá! quen eran os Romanos?

Tivemos tema de debate para moitos días e moitas xornadas de paseo polo Córrego camiño do noso

obxectivo, a vila do Castro, acompañados dos cantos dos paxaros, camiñando agochados baixo a

Túnel de Montefurado.

3.5. Conclusións

sombra dos chopos, unha paisaxe onde se mestura a cor case vermella da terra barrosa dos viñedos ca

cor verde das árbores e o azul do ceo, con un aire puro que ole a flores, e de espectadora silenciosa, esa

pequena, decadente e misteriosa ponte case oculta pola vexetación que fai voar a nosa imaxinación

pensando en como serian noutros tempos as persoas e o paisaxe que estabamos a percorrer e na

cantidade de historias e acontecementos dos que foi testemuña, unha bagoa que non puidese falar!

Esperamos que este pequeno e modesto traballo vos guste, e que gocedes tanto lendo como nós

facéndoo, posiblemente podiamos estendernos moito mais e entrar en detalles mais profundos, pero

por desgraza o tempo é un ben prezado do que non sempre un pode dispoñer o seu antollo, aínda así

aporta datos interesantes sobre os nosos antepasados e a nosa comarca que non coñeciamos cando

comezamos a facer este traballo e que pouco a pouco foron espertando mais a nosa curiosidade; non fai

falla ir moi lonxe para buscar sitios cheos de historia, so fai falla ter curiosidade e fixarse, a veces o

esencial é invisible para os ollos, fixádevos no que vos rodea e preguntade, sede curiosos e

apreciaredes moito mais todo aquilo que vos rodea.

- González Molina, Tarsicio: «La organización militar del pueblo Astur de los Gigurri».

- Terrón Mendaña, Tomás: «Los cinco puentes romanos de la comarca».

- Martínez Velasco, Francisco: «Las vías romanas de comunicación en Valdeorras».

- http://es.wikipedia.org/wiki/Plinio_el_Viejo

- http://www.mundohistoria.org/blog/articulos_web/hispania-la-vision-estrabon

- http://www.aaviladonga.es/e-castrexo/es/mec-rg.htm

- http://pradaweb.blogspot.com/2010/05/castros-celtas-tumulos-mamoas.html

3.6. Bibliografía e webgrafía

Índice:

Elena Mª Garcia Rodríguez

Mari Mar Campos Dobao

4. Os Romanos na comarca de Valdeorras

4.1. Características xerais da conquista romana na península

4.2. Explotacións mineiras

4.3. Vías romanas

4.4. As pontes romanas

4.5. Restos Arquitectónicos

4.6. Bibliografía e webgrafía

Cepión e Decimo Xunio Bruto no 138 e 139 a.C., despois de conquistar a Galia (Francia) entran en

Hispania (España) e a invaden de norte a sur, é como non chegaron a nosa Gallaecia (Galicia). Galia,

Hispania e Gallaecia son nomes que o Imperio Romano deixou como legado.

Ademais, os romanos trouxéronos grandes inventos como ferramenta de traballo que antes nunca se

viran,novas armas de guerra e, sobre todo unhas magnificas construcións. Coma pontes que cruzan,

aínda hoxe en día os nosos ríos, como a ponte de Ourense, fermosa e coñecida.

No menos importante foron as vías romanas, camiños que cruzaban os nosos pobos, e das cales

falaremos máis adiante en profundidade. Nelas, existían os Miliarios (moitos deles aínda

conservados), columnas de pedra que median as distancias. A súa altura oscilaba, entre os 60 cm e os

2,60 m; o seu diámetro entre os 25 cm e os 65 cm ; e a súa forma ,desde a cubica, en forma de pilastra

, primitiva.

Para rematar nos referiremos aos monumentos mais recoñecidos da nosa Comunidade:

A Torre de Hércules, situada nas Coruña e a Muralla de Lugo, ambas en moi bo estado de

conservación e Patrimonio da Humanidade.

No caso da Muralla de Lugo, nos permite imaxinar como eran as chamadas cidadelas (cidades

romanas), amuralladas como protección, tanto de poboación como do exercito. Estas vilas xa contaban

con carrúas e sumidoiros, ademais de contar con termas de auga quente de uso publico e do exercito, e

sobre todo da nobreza.

A continuación nos ocuparemos do seu legado na nosa comarca, referíndonos nun primeiro momento

as explotacións mineiras, facendo fincapé nas Medulas e no Monte Furado.

4.1. Características xerais da conquista romana na península

Os romanos conquistaron e colonizaron a

comarca de Valdeorras interesados pola

súa riqueza aurífera. Os escravos baixaban

da Rúa e a Montefurado para recoller o

ouro da marxe do leito do Sil.

A explotación das minas de ouro en Valdeorras por parte dos romanos supuxo un enorme impacto,

pois empregaban técnicas máis sofisticadas en comparación coas

coñecidas na época prerromana.

Os depósitos de explotación aurífera máis abundantes en

Valdeorras son os chamados “secundarios”, nos cales o ouro non

estaba distribuído en filóns, senón en pedrecillas de pequenos

gramos mesturadas con toneladas de barro, o que obrigou aos

romanos a usar sistemas de obtención do mineral baseados

fundamentalmente no uso da forza hidráulica, e entre os que podemos destacar a técnica coñecida

como “Ruína Montium1”, empregada nas explotacións das Médulas, Córgomo, Éntoma, A Médua…

1 Consistía en derrubes do terreo, provocados por explosións acaecidas pola compresión do aire. Se seleccionaba á

sección da montaña que se quería abater por medio dunha rede de canles situados no plano que limitaba dicha sección, que durante varios días inundabanse co propósito de abrandala, producindo así un plano de fractura.

A continuación se escababa unha zona de forma aproximadamente esférica no centro do monte seleccionado para producir a súa "ruína". Introducíase auga a presión pola parte inferior da cavidade o que producía a compresión do aire almacenado cuxa presión aumentaba ao diminuír o volume (lei de Boyle). Cando a presión interior supera a resistencia do terreo se provocaba a "ruina montium", producíndose a expansión de aire comprimido cun incrible desprazamento do aire.

A forza que provocaban as explosións provenía da presión del agua, que necesitaban en abundancia e situada a unha altura adecuada para que a presión en a cova principal fose suficiente. Para dispoñer deste auga os romanos construiron unha extensa red de canles (corrugi). (Grupo de Extension Científica del Imaff, en

http://museovirtual.csic.es/salas/paisajes/medulas/ruina_med.htm ) Animación flash.

4.2. Explotacións mineras

Na nosa comarca, compre mencionar Montefurado, onde os romanos desviaron o curso do río Sil a

través dun túnel duns 110 metros de lonxitude, aproximadamente, horadado na roca, explotando

intensamente os aluvións, xa secos, dun meandro encaixado.

Outros auríferos destacabes da conca do río Sil en Valdeorras 2son:

“A PALA” en Somoza (A Rúa)

“ O BURACO” en San Paio (Petín)

“VALDEGODOS” en Vilamartín

“AS BARREIRAS” en Córgomo

“A COVA DOS MOUROS” en Arcos

“O PEDRAGAL” en Portela

“AS COBAS” en O Barco

“AS COBAS” en Éntoma

“O FORROXAL” en Éntoma

“A RAIA” en Éntoma

“A MÉDUA” en Carballeda de Valdeorras

“A MEANA” en Quereño

Uns dos factores que máis influíu na romanización da comarca foi o paso pola mesma dunha das vías

romanas máis importantes da Península. Trátase da “Vía XVIII”, coñecida tamén como “Vía Nova”

pois así figura nos miliarios de Tito y Domiciano no ano 80 d. de C., sinalando que construíuse neste

reinadoEsta vía de comunicación procede de “Brácara Augusta” (Braga), diríxindose a “Astúrica

Augusta” (Astorga). Ten unha extensión de 157 km.; cruza Valdeorras de suroeste a noroeste. e segue

máis ou menos este itinerario: Ponte Bibei, Codos de Larouco, Larouco, Freixido, Petín, Ponte

Cigarrosa, Fontei, a Rúa Vella, San Miguel de Outeiro, Vilamartín, A Rodeleira, Arcos, A Proba, O

Castro, Ponte de Córrego, Vilanova, Ponte do Regueiral, Rubiá, zona del Marquesado, Robledo de

Lastra para cruzar os Picos de Oulego por Pena Tallada, Cabarcos ata chegar a Bergidum Flavium.

2 Segundo as investigacións de Santiago Ferrer Sierra citado en http://articulosycultura.blogspot.com/2008/03/ruta-

de-mones-roblido-y-montefurado.html

4.3. Vías romanas

Xunto a esta vía principal atopamos outras secundarias: a que dende Freixido ía cara Viana; a que vai

de Freixido cara a Montefurado e Quiroga; a que dende Cascallá baixaba pola marxe dereita do Galir

ata Éntoma e Sobradelo e cruzando a Pontoriga seguía por A Médua, San Xusto, Puente Dgo. Flórez

ata Ás Médulas e a que dende Pontenova (Sobradelo) seguía por Candís, Millarouso e Viloira.

Non podemos rematar este apartado sen falar das pontes romanas que formaban e forman parte destas

rutas.

Ponte de Éntoma: cun só arco de medio punto, construido

na base con grandes pedras sen labrar que, segúndo a

tradición romana, foron levadas a hombros, e cuxa estrutura

esta formada por laxas de pizarra. Unia Sobadelo co Barco de

Valdeorras.

VÍAS ROMANAS NA PENÍNSULA IBERICA

4.4. As pontes romanas

Ponte A Cigarrosa: situado entre Petín e A Rúa.

Únicamente conservanse as primeiras hiladas

dalgunas pilas, xa que o longo do tempo ten

sufrido diversas modificacións.

Ponte de Bibei: a 5 km. de Larouco. Está ponte é unha das

mellor conservadas da peninsula, quizas porque nunca a perdido

o seu uso orixinal.

No menos salientables son a Ponte do Córrego; entre O Castro e Vilanova, a Ponte da Médua no río

Casaio, a Ponte Regueiral en Rubiana e a Ponte da Pontoriga.

- Aras como as dedicadas o Deus Baco na iglesia de Santurxo (Millarouso).

- Ara de Viloira.

- Lápidas da Cigarrosa, como a de Lucio Pompeio Reburro en A Rúa Vella.

- Mosaico da Cigarrosa ( A Rúa).

- Miliario na Ponte Bibei.

- Igrexa da Proba ten sinais da arte románica no seu exterior.

- Galicia Arte: Tomo IX – Arte prehistórica e romana de Galicia.

- http://www.osil.info/index.php?id=818

- http://articulosyculturasblogspd.com/2008/03/ruta_de_mones_

- www.valdeorras.com/historia/historiavaldeorras.htm.

4.5. Restos Arquitectónicos

4.6. Bibliografía e webgrafía

5. A historia das matemáticas na prehistoria e na idade antiga

Índice:

5.1. A historia das matemáticas

5.2. As matemáticas na prehistoria

5.3. As matemáticas na Antiga Roma

5.5. Conclusións

5.6. Bibliografía e webgrafía

5.4. As matemáticas nos vestixios prehistóricos e romanos da nosa Comarca

A historia das matemáticas é unha área do estudo que abarca as investigación sobre as orixes dos

descubrimentos nas matemáticas. Antes da Idade Moderna e a difusión do coñecemento o largo do

mundo coa escritura, saían á luz coñecementos matemáticos en só uns poucos escenarios. Os textos

matemáticos máis antigos son o Plimpton 322 e o papiro de Moscú.

Agora imos falar do inicio das matemáticas.

Moito antes dos primeiros rexistros escritos, hai debuxos que indican algún coñecemento das

matemáticas elementais e da Idade Media do tempo baseada nas estrelas. Por exemplo dos

paleontólogos/as descubriron rocas de ocre nunha caverna de Sudáfrica, de, aproximadamente, 70000

anos de antigüidade, que están adornados con fendeduras en forma de patróns xeométricos. Tamén se

descubriron artefactos prehistóricos en África e Francia, datados entre o 35000 e o 20000 a.C que

suxiren intentos iniciais de cuantificar o tempo. Hai evidencias de que as mulleres inventaron unha

forma de levar a conta do seu ciclo menstrual: de 28 a 30 marcas en oso ou pedra, seguidas dunha

marca distinta. Máis aínda, os cazadores e pastores empregaban os conceptos de uns, dous e moitos así

como a idea de ningún ou cero, cando falaban de manadas de animais.

Un dos elementos que nos poden axudar a

comprender a presenza das matemáticas dende

a prehistoria son os petróglifos, presentes en

moitos puntos da xeografía galega.

Ademais de presentar as forma de vida dos seus

autores, son formas esquemáticas da figura

humana o animal, amosando especies do noso

hábitat. Da mesma forma as figuras

5.1. A historia das matemáticas

5.2. As matemáticas na prehistoria

Monte Xiabre (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)

xeométricas -círculos, combinacións circulares, círculos concéntricos, cazoletas, espirais… achéganos

a xeometría e aínda hoxe empréganse na artesanía galega como motivos decorativos.

5.3. 1. Características xerais.

A matemática ou matemáticas é a ciencia que estuda as cantidades, as formas, súas relacións e a súa

evolución no tempo. As matemáticas divídense en: álxebra, aritmética, xeometría, probabilidade e

estatística.

Aínda que neste traballo imos falar das matemáticas no antigo Imperio Romano o certo é que as

matemáticas teñen súa orixe moito tempo antes noutros sitios da Terra, xa outros pobos e culturas usaban

esta ciencia.

Petróglifo situado entre Corgomo e Valdeogodos

5.3. As matemáticas na Antiga Roma

Por exemplo, descubríronse restos de rochas e de osos que tiñan debuxadas unha especie de escala ou

patrón que posiblemente servirían para levar o calculo do tempo, entre estes descubrimentos está un

que é de 20.000 anos a. C. que encontraron nas beiras do río Nilo en Exipto, chamado o oso de

Ishango:

Os Romanos basearon os seus coñecementos matemáticos

no que os Gregos sabían sobre esta ciencia, os Gregos eran

un pobo moi culto procedentes de Asia e que se instalaron

no Mediterráneo, como lles gustaba navegar e comerciar

entraron en contacto con outros pobos como Exipto e

Mesopotamia (actualmente Irak) , en Mesopotamia sabían

multiplicar e dividir 3000 anos a.C., isto sábese polas 400

táboas de arxila atopadas en 1850, que eran táboas de

multiplicar.

A verdade é que co que os Gregos aprenderon destes dous pobos puideron seguir aprendendo e

desenvolvendo as matemáticas, ata o punto de que de Grecia saíron grandes sabios matemáticos como:

Pitágoras, Arquímedes, Erastótenes, Euclides..

Grazas a eles asentáronse as bases das matemáticas modernas, acompañadas do importante legado dos

romanos.

Os romanos deixaron o seu sistema de numeración

baseado en letras:

E o uso do ábaco para facer operacións matemáticas simples como sumar, restar..

Tamén fixeron melloras no calendario grazas a Sosígenes (un astrónomo de Alexandría, Exipto) que

creou un calendario con 365 días anuais en tempos de Julio Cesar 45 anos a.C.

5.3.2. Os números romanos

A numeración romana: é un sistema de numeración no que se empregan diferentes letras maiúsculas as

cales se lle asigna un valor numérico.

Desenvolveuse na Antiga Roma e empregouse en todo o imperio.

Os romanos descoñecían o cero. Foi introducido máis tarde polos árabes. Por esa razón, non existe

ningún símbolo que represente o cero.

Valor das letras: na numeración romana empréganse sete letras maiúsculas e se lles asignan os

seguintes valores:

Ex.: IX = 9; IC = 99.

Principais regras dos números romanos:

As letras I, X, C, M, pódense repetir ata tres veces. Ex.: XXX =30.

Se colocamos unha letra a dereita doutra igual ou de maior valor, súmanse as cantidades. Ex.: XV = 10

+ 5 = 15.

Se situamos unha letra a esquerda doutra de maior valor réstaselle. Ex.: IL = 1 – 50= 49.

Una raía horizontal colocada sobre unha letra, multiplica o seu valor por 1.000.

Letra I V X L C D M

Valor 1 5 10 50 100 500 1 000

Números romanos nos reloxos.

Moitas veces vemos os reloxos con números romanos, pero en

demasiadas ocasións mal representados. O erro máis común e

representar o catro así: IIII; cando debería ser desta maneira. IV, que é a

maneira correcta de escribilo.

Números romanos na historia.

Hoxe en día os números romanos teñen un papel moi relevante no estudo da historia, xa que se

empregan para datar os séculos. Por exemplo, se nos referimos ao ano 63 a. C estamos a falar do

século I

5.3.3. Grandes matemáticos

Algúns dos matemáticos máis emblemáticos desta época foron Diofanto de Alexandría, considerado o

pai da aritmética e Hipatia de Alexandría, definida como a primeira muller científica.

5.3.3.1 Diofanto de Alexandría

Diofanto de Alexandría naceu ao redor do 200/214 e faleceu ao entre

o 284/298. Foi un antigo matemático grego- romano, (considérase “o

pai da álxebra”).

Diofanto de Alexandría naceu en Alexandría. Non se coñece con

seguridade datos da súa vida, excepto a idade na que faleceu.

Ignórase o século no que viviu Diofanto, pero se é o astrónomo

Diofanto do que falaba Hipatia, houbera falecido antes do século V.

Na opinión de Albufaraga, Diofanto vivía nos tempos do emperador

“Juliano”, hacia 365. Diofanto de Alexandría fixo a obra: Arithmetica,

base da álxebra moderna.

Reloxo con errata nos seus números romanos

Portada da obra de Diofanto: Arithmética

3.2 Hipatia de Alexandría

Hipatia foi unha filósofa e mestra

neoplatónica greca –romana e na actualidade

esta considerada como a primeira gran

matemática de occidente. Membro e líder da

Escola neoplatónica de Alexandría a comezos

do século V. É filla e discípula do astrónomo

Teón. Escribiu sobre xeometría, álxebra e

astronomía. Faleceu aos 45 ou 60 anos

(dependendo de cal sexa a súa data correcta

de nacemento), linchada por unha turba de cristiáns.

Recentemente a súa historia alcanzou gran popularidade grazas a película de Alejandro Amenabar

“Agora”.

Como din os sabios o “mundo está impregnado de

matemáticas” e esta presentes dende a máis remota

antigüidade; contar , comparar son actividades

imprescindibles dentro do pensamento, da comunicación

e da creación de instrumentos.

Hipatia nunha representación idealizada no 1908.

Relato imaxinario de Hipatia

5.4. As matemáticas nos vestixios prehistóricos e romanos da nosa Comarca

Petróglifo situado entre Corgomo e Valdeogodos

E así o amosan numerosos restos prehistóricos da nosa

comarca. Destacan dous bifaces, que na actualidade están

expostos no Museo Arqueolóxico de Ourense.

No menos importantes son as mámoas (túmulos) que contan

cunha anta (cámara mortuoria) no seu interior e que podemos

considerar como unhas das primeiras construcións

arquitectónicas, dadas as súas características e proceso de

construción. Singulares son o “Conxunto de mámoas A

Pedra Má e o Conxunto de mámoas As Pouliñas.

Se falamos da época da romanización podemos comezar

nomeando as explotacións mineiras e máis concretamente do

sistema de Ruína Montium, co cal entrelazando a lóxica e o

calculo matemático creáronse importantes explotacións

auríferas como as xa mencionadas das Medulas ou Monte

Furado.

A “Vía Nova” introdúcenos nas medidas de lonxitude,

representadas nos numerosos miliarios existentes na comarca.

Para a construción das numerosas pontes que a salpican

resultan imprescindibles os conceptos xeométricos (Entoma, A Cigarrosa, Bibei…).

Non podemos rematar sen mencionar restos como aras, lapidas e miliarios onde queda reflectido o

sistema de numeración romano e de mosaicos como o da Cigarrosa, fermosa tesela conservada en parte

no Museo Provincial de Ourense.

A min paréceme que este é un traballo interesante e divertido, porque aprendín cousas novas, e o

mellor de todo é que o puiden facer coas miñas compañeiras.

María.

Estivo moi ben facer este traballo, xa que grazas a iso aprendín a buscar mellor a información. Aínda

que tardamos bastante tempo en realizalo, paseino moi ben facéndoo coas miñas amigas. Espero que

vos gustara.

Tamara T.

Gustoume moito, e estivo interesante. Ao principio liámonos un chisco, pero ao final penso que nos

saíu. Gustaríame repetilo.

Lorena

Pareceume que non foi moi complicado, xa que as miñas compañeiras axudáronme. Máis que difícil,

foi divertido. Aínda que nos xuntamos todas para facer un traballo, divertímonos moito porque o

fixemos xuntas.

Aida

El ocaso de la matemática helena y la matemática en Roma (Ana María Miguel Gil)

http://maralboran.org/wikipedia/index.php/Las_matem%C3%A1ticas_en_Mesopotamia

_y_antiguo_Egipto_(c._1800-500_a.C.)

http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_de_la_matem%C3%A1tica

http://www.um.es/docencia/pherrero/mathis/grecia/grec.htm

5.6. Bibliografía e webgrafía

5.5. Conclusións

http://www.tarraconensis.com/vidaromana/calendario/calendario.html

http://www.santiagoapostol.net/latin/calendario.html

http://docente.ucol.mx/pablo_ruiz/mate.htm

http://roble.pntic.mec.es/msanto1/ortografía/numrom.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Numeraci%C3%B3n_romana

http://es.wikipedia.org/wiki/Diofanto_de_Alejandría

http://es.wikipedia.org/wiki/Hipatia

http://www.valdeorras.com/natural/details.php?image_id=1907&sessionid=d85b2cebe1bdfb9530be7e

d148d4aacd

http://innovarteinfantilesp.wordpress.com/tag/c-matematica/