centro coordinador de información e documentación...

42
Lois pereiro Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil

Upload: others

Post on 18-Oct-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

Lois pereiro

Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil

Page 2: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

2

I N D I C E

LIMIAR 1. APUNTAMENTO BIOGRAFICO 2. UN PERFIL DE FOTOGRAFIA 3. O MONFORTE DOS SESENTA 4. A SUA POESÍA 5. OBRA 6. OBRA NON POETICA 7. O POLITICO 8. O GALEGO DE PEREIRO 9. OBSERVACIONS FINAIS 10. FONTES DOCUMENTAIS

3-4 4-7 7-8 8-11 11-13 13-27 27-28 29-32 32 32-38 39-40

--------------OOO0000OOO-----------------

Page 3: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

3

Cunha fidelidade que acompaña á asunción dun compromiso voluntariamente asumido,

o Centro Coordinador de Xuventude quere unha vez máis - e xa van moitas – facer a

súa achega agarimosa ás celebracions que cada ano se establecen con motivo do Día

das Letras Galegas. Somos conscientes da humildade da nosa contribución, pero ainda

así persistimos na andaina imbuidos con arroutos que veñen da certeza que temos

sobre os altos fins que se perseguen con estas celebracions, que non poden ser outros

que extender entre a sociedade galega o coñecemento da bagaxe intelectual de galegos

esgrevios que por medio da palabra escrita, do verso, ou mesmo da súa correspondencia

nos achegan trazos ben definidos e expresivos da nosa historia, da nosa xeografía, das

nosas peculiariedades, en definitiva dese summum que nos define e singulariza como

Pobo. En tempos como os que están a correr, nos que un veo de indeferencia ou do

chamado pasotismo parece querer arrombar con moitos deses signos de identificación,

cobra un valor especial a designación anual dun nos nosos autores para que –polo

menos durante ese espazo dun ano- se revitalice a súa obra e mesmo a súa persoa, en

moitos casos inxustamente esmorecida.

Tal acontece no ano en que andamos. O autor que resultou elixido, Lois Pereiro,

pertence a ese grupo de poetas galegos maiormente descoñecidos entre a poboación

galega, diríamos que inclusive entre unha grande parte do espectro da intelectualidade

local. Ben é certo que o xénero poético non recolle, por mor da súa singularidade, a

meirande parte de adeptos á lectura. Pero non é menos verdade que moi frecuentemente

os autores que cultivan este tipo de produción literaria acostuman non desbotar á escrita.

Polo tanto, ese atranco primitivo que puidese suscitar no lector unha construción que

esixe lecturas máis fondas, perde vigor se acode a outras máis doadas que o mesmo

autor lle pode ofrecer, pois non é infrecuente que teña cousas na escrita. Dende o noso

punto de vista, o feito de que durante dous anos seguidos o Día das Letras Galegas teña

por suxeitos a dous poetas galegos pode entenderse como unha posta en valor, un

intento de achegamento ás capas máis populares dun xénero insuficientemente coñecido

e, como xa se dixo, a través delo á persoa, porque ainda que poida resultar obvio,

cómpre non esquecer que o eixe das celebracions se basea nesa dupla condición,

humana e material: o autor e a obra.

O respecto que nos impoñen os nosos eventuais lectores obríganos a ser estrictamente

veraces nas nosas descricións. Polo tanto non podemos omitir dúas constatacions sobre

Page 4: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

4

o autor deste ano. A primeira é a do magro volume da produción que deixou, ainda que

como tamén acontece frecuentemente non é imposible que, por mor dese influxo

máxico que teñen as convocatorias do Día das Letras Galegas, vaian aparecendo outras

cousas ata agora esparexidas ou, cando menos, escondidas en arcas. A segunda, é a de

que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado malditismo,

nunha mostra tan infame como cruel pola cal, atendendo máis a consideracions de tipo

persoal que a outras meramente técnicas, determinados autores eran sometidos ao máis

silente dos ostracismos, á condena do esquecemento, da ignorancia, ao desprezo dende

os cenáculos dunha intelectualidade que pretendía dirixir as tendencias temáticas e os

estilos dos autores. Pero cómpre dicir que foi algo máis que a reparación dunha

inxustiza a razón pola que dende a Real Academia Galega Lois Pereiro resultou ser o

autor designado para este ano. Percibíuse que a súa obra tiña altura abondo para acadar

a homenaxe.

Polo que se refire ao desenvolvemento do noso proxecto que imos facer nas páxinas que

seguirán, só cabe significar que non vai ser outro que, dende a sinxeleza, tentar de

achegarmos unha panorámica da súa peripecia intelectual a través do decurso dunha

vida que foi curta no tempo pero intensa. Para estes fins apelaremos no noso empeño

aos testemuños escritos dalgúns autores que o coñeceron, e mesmo faremos unha

análise da súa obra, rematando cunhas observacions.

1. APUNTAMENTO BIOGRAFICO

O seu nome completo foi o de Luis Angel Sánchez Pereiro, que acurtaría por mor dunha

tendencia literaria. Naceu en Monforte de Lemos o 15 de febreiro de 1958. Foron seus

pais Manuel Sánchez Vila e Inés Sánchez Pereiro. O pai traballara como avogado pero

despois dedicaríase ao negocio de cristalería, do que tiñan un establecemento aberto. A

nai fora mestra. Tivo dous irmáns, home e muller. As orixes familiares atópanse en O

Incio, na montaña de Lugo. Os primeiros anos da súa vida transcorreron na vila

monfortina. Daquela época viranlle moitas das influencias ambientais que compoñían as

vivencias dun mozo galego nunha localidade pequena, na que se mesturaban

complexidades como a de ser o máis importante nó ferroviario de Galicia, en

convivencia perfecta coas manifestacions máis enraizadas do ruralismo, sen outras

Page 5: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

5

saídas á modernidade que as que eran propias daqueles tempos, como os achegamentos

a músicas do momento e pouco máis. Recorda Antón Patiño, persoa que frecuentou a

amizade de Lois Pereiro, que este, nunhas declaracions a un xornalista viñera a dicir que

o rock fora unha forma de cultura que o marcara dende os 15 anos, e que esa influenza

se traslucía na súa obra. Que tanto el mesmo como toda a súa xeración estaban

mergullados no rock, ata chegar a producir neles como unha sorte de colonización.

Comezou os primeiros estudos no colexio dos Irmans Escolapios, centro educativo

monfortino famoso polo rigor na ensinanza e na disciplina estudiantil. As súas primeiras

andainas no mundo literario xa van focalizadas deica a poesía e son dos tempos nos que

remata os estudos do bacharelato. Diante da decisión de elixir un futuro universitario,

optará por irse ata Madrid para facer a carreira de Socoloxía e Ciencias Políticas, que

comeza pero non proseguirá, xa que a muda pola aprendizaxe de idiomas, decantándose

polo francés, inglés e alemán, que estuda na Escola Oficial de Idiomas; precisamente

pasado o tempo, serán os idiomas que lle axuden a súa subsistencia, traballando como

traductor de guions cinematográficos.

Alí en Madrid convive na mesma casa cun grupo de estudantes galegos que máis

adiante pasarían a se converteren nos seus amigos e compañeiros de camiñadas

literarias. A meirande parte deles eran tamén monfortinos coma él. Serán, entre outros,

ademáis do xa citado Patiño, Manuel Rivas, Menchu Lamas, Xavier Seoane, Fernando

Saco, con quen fará polos anos ostenta varias viaxes por diferentes países europeos, e

Piedad Cabo, coa que terá unha relación sentimental. Ao abeiro desas xuntanzas

fraguaríase a creación dunha revista literaria de título Loia, na que aparecerían

publicadas as súas primeiras aportacións poéticas. Tratábase dunha publicación escrita

en galego que xurdiu da vontade xuvenil daquel fato de amigos e do seu amor por

Galicia. Facíase con procedementos do máis artesanal, cunha tiraxe que no mellor dos

casos no superou os cen exemplares.

Permanece en Madrid ata o ano 1981, en que se muda para A Coruña. Nesta época xa

está a padecer os rigores da enfermidade que lle causará a morte. El é un dos afectados

polas doenzas e estragos daquela epidemia que houbo na España dos anos 80 e que se

deu en chamar do aceite de colza. Por aquel tempo e pola mediación dalgúns xornalistas

incorpórase ao corpo de redactores da revista “La Naval”, onde apareceron algúns

Page 6: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

6

artigos seus. Tamén é desta época a súa participación na revista “Luzes de Galicia”.

Precisamente nesta última será onde se publique a súa obra titulada Modesta

proposiciòn para renunciar a facer xirar as roda hidráulica dunha cíclica historia

universal da infamia.

Deste mesmo tempo é a súa integración no colectivo de poetas chamado “De amor e

desamor”, que tiña por obxectivo a dinamización da vida cultural coruñesa promovendo

recitais nalgún dos cales soaron versos de Lois Pereiro. Editaban, ademais, unha

publicación na que aparecerán algunhas das súas poesías.

No ano 1986 participa en Santander, dentro do ámbito dos cursos da Universidade

Internacional Menéndez Pelayo, nunhas xornadas organizadas por un grupo de galegos

de diferentes eidos culturais co título de: Galicia chove sobre mollado. Semana de las

fuerzas atroces del noroeste. A proposta consistía en achegar unha mostra variopinta da

creatividade galaica do momento, e así aparecía a música baixo a forma dun concerto

dado por grupos musicales da terra, mesmo unha exposición da obra de diferentes

artistas galegos, ou xuntanzas de tipo discursivo. O fondo do debate consistía en

enfrontar dous modelos culturais, atlantismo versos mediterraneismo. Naquelas

xornadas Lois tuvo unha participación activa e moi destacada. Rachando por unha vez

coa súa tendiencia natural á distancia do grupo, ao seu aillamento interior, fixo unha

disertación exemplar acerca do atlantismo, decindo, en sustancia, que todas as culturas

proviñan do norte, e que a mediterránea estaba xa morta, sen posibilidades de

rexurdimento; xa que logo, veu defender a cultura galaica, en tanto que atlántica. Outra

vez recorreremos a Patiño, que foi un dos asistentes, para coñecer da suspensión que

produxo no auditorio o seu verbo cálido, describindo a esencialidade galega baixo a

forma de metáforas ben fermosas.

Será nos derradeiros anos da súa vida nos que aparece a meirande parte da súa

producción poética. Por ese tempo gaña o Premio Nacional de Poesía O Facho. En 1992

el mesmo fai unha recompilación da obra que permanecía espallada e que aparecerá no

volume Poemas 1981-1991. O influxo da longa enfermidade que padecía e a

inmanencia dunha morte anunciada modulan grande parte dos seus versos. O título

doutra das súas obras, Poesía última de amor e enfermidade, non deixa resquicio sobre

a súas inquedanzas do momento. É elocuente ao respecto. En 1995 escribe un conxunto

Page 7: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

7

de cartas en forma de diario persoal que dirixe a súa compañeira Piedad Cabo, que

estaba ausente de xeito circunstancial nos Estados Unidos, e que amosan dun xeito

vívido a súa persoa e o seu pensamento tráxico. Por vontade de Piedad, nun xesto que

lle honra por canto ten de valor contributivo ao coñecemento da obra de Lois, permitiu

a publicación dese conxunto baixo o título de Conversa ultramarina, que o mesmo

poeta lle dera.

Faría tamén unha incursión na novelística con Naúfragos do paradiso, da que só chegou

a escribir oito capítulos. Morreu en 1996, cando tiña 38 anos.

2. UN PERFIL DE FOTOGRAFIA

Un relato biográfico como o que antecede resulta craramente incompleto se non se fai

referencia á figura física. Constitúese nun complemento imprescindible para

achegarmos o máis fielmente posible ao personaxe, e derivativamente, á súa obra.

É Antón Patiño unha vez máis quen nos recorda que a silueta de Lois constituía todo un

atractivo para moitos fotógrafos, porque percibían nela mensaxes deleterias sobre o

binomio tempo e espazo. Algunhas das fotografías que se conservan amosan a imaxe

dun home moi magro, de face pálida, angulosa, dun home fuxidío, como xa dun tempo

pasado, pero tremendamente expresivo nuns ollos paradoxalmente macilentos. A súa

face e mesmo o conxunto da súa figura traslucían o desacougo, o sufrimento, eses

sentimentos dos que impregnaría os seus versos. Para Xavier Seoane “tiña aquel aire ao

Rolling Stones ou ao Lou Red dos anos 70, cunha elegancia natural e dura e aí había

unha persoa dunha humanidade cordial e desolagada enfrentándose a grandes doses de

sofrimento”. Con dificultade pode atoparse na Historia das Letras un autor que ofrecera

unha identificación tan completa entre o físico e o levado á pluma.

Pero ainda que esa expresividade un tanto patética gañaría en intensidade nos últimos

anos da súa vida por mor do sino fatal deica o que camiñaba dun xeito consciente,

cómpre lembrar que o certo é que a melancolía no non abandonou nunca, díriase que

nacera con él. Mesmo a súa voz reflictía nas cadencias mainas e doces dun acento

galego moi perceptible esa tristura que lle era natural.

Page 8: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

8

Para completar esa imaxe externa e apelando por outra vez ao testemuño dalgunhas das

persoas que o coñeceron, descubrimos nel un ser fundamentalmente tímido,

retranqueiro, irónico, cun humor caústico, pero mesmo moi intelixente e sensible.

Diríase que conxuntaba todas, ou polo menos as máis definidas, das características dun

galego exercente e tamén ilustrado.

3. O MONFORTE DOS SESENTA

Na nosa procura de achegarmos o máis de preto ao persoeiro, parécenos que resulta

oportuno facer unha esculca, ainda que curta, no ambiente natural en que discurriron os

primeiros anos da súa vida no seu Monforte natal. Xa ao principio quedou dibuxada

unha aproximación inicial do que era a cidade naquela época. Neste apartado queremos

desenvolvelo máis polo miúdo, apelando para elo á axuda dalgunhas persoas nacidas alí

e que viviran naqueles tempos.

A cidade monfortina viveu sempre cinguida a tres conceptos: ser protagonista dunha

historia densa; constiuirse durante un tempo no máis importante nó ferroviario de

Galicia, e tamén, en certa medida, por mor da industria vinícola, en tanto que cabeza

capital da comarca da Ribeira Sacra, produtora de viños de grande entidade.

Tocante ao primeiro dos conceptos, o patronímico Lemos co que vai xunguido de xeito

indefectible o nome da cidade, parece atopar as súas orixes nunha voz celta que

siñificaría “terra húmida”, da que podería derivar a galega “lama”, segundo o cal na

Antigüidade conformábase alí unha lagoa, que despois deviría en val. Máis tarde, o paso

dos romanos deixará a súa pegada na nomenclatura definitiva, Mons Fortis, monte forte,

ergo, Monforte.

Pero a denominación patronímica foise convertindo, pola forza dos feitos, nunha

asimilación ligada ao nome dunha saga familiar, a dos Castro-Andrade, que ostentarían

o título de condes de Lemos, algúns deles siñificados benfeitores da cidade. Dan proba

delo vestixios arquitectónicos visibles, nomeadamente como o coñecido como Colexio

de Nosa Señora de Antigua, espléndido monumento. Algúns outros membros da saga

Page 9: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

9

destacarían en eidos mesmo culturais como impulsores ou mecenas de figuras

importantes das Letras españolas, tal o caso tan coñecido do sétimo conde, a quen

Cervantes dedica a segunda parte de O Quixote. Ademais outros compoñentes da

mesma familia terán actuacions protagónicas en feitos históricos de signo ben diferente.

No ano 1883 o monarca español Afonso XII inaugurou en Monforte a liña de tren entre

Palencia e A Coruña, feliz culminación dun longo proxecto que nacera vintecinco anos

antes e que viña representar que Galicia quedaba comunicada co resto de España. A

consecuencia máis inmediata foi a de que Monforte pasou a se converter na entrada

natural a Galicia. O proceso complementaríase dous anos despois co estabecemento

dunha vía que ligaba a cidade monfortina con Vigo. Foi naquel tempo cando por virtude

dun decreto real lle é outorgado o título de “cidade”, como mérito polos traballos

emprendidos e que culminaron naquela obra férrea tan importante.

Xa desde os primeiros tempos notaríanse os cambios que reportaba para Monforte a súa

conversión en núcleo ferroviario. Nunha época na que a deficiencia das estradas facían

moi complexa a distribución ou o transporte de mercadorías, o ferrocarril veu salvar

aquelas onerosidades. Consecuentemente, en tanto que Monforte era o principal nó

ferroviario de Galicia, chegou de xeito parello para a cidade un importante medro en

expansión no só de tipo comercial, tamén siñificou un forte desenvolvemento social ou

mesmo cultural; por exemplo, foi alí onde se instalaría unha das primeiras Irmandades

da Fala, de tanta siñificación na nosa historia. O importante colectivo humano ligado

máis directamente á vida da estación do tren, isto é o conformado polos traballadores

ferroviarios, deixaron forte pegada. A eles atribúese que sería alí onde se instalarían as

primeiras loxias masónicas de Galicia, ou tamén pola aparición incipiente de algunhas

formacions de tipoloxía sindical. Definitivamente, e remedando de xeito un tanto

ousado o que acontecera de forma semellante noutros pobos que naceran no Oeste

americano, diríase que ao calor do tren emerxía unha nova cidade monfortina.

O período que abrangue dende 1910 ata 1940 foi o do máis gran dinamismo. Pola

contra, a década seguinte, a que vai dende 1950 ata 1960, marca un fondo retroceso na

poboación monfortina, polo feito do éxodo emigratorio.

Page 10: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

10

Pero o declive máis forte virá propiciado por mor dunha reestruturación ferroviaria que

se levou a cabo. En 1958 foi inaugurada a liña ferroviaria Zamora-Ourense, que viña

supoñer unha ligazón máis rápida de Galicia con Madrid. Pouco tempo despois

empezou a funcionar a nova estación de tren de Ourense, e alí montouse un depósito de

tracción diesel, que melloraba sensiblemente a tracción a vapor ata entonces en uso.

Aquilo trouxo como resultado o desmantelamento dunha grande parte dos servizos que

se prestaban en Monforte, que agora pasaban a Ourense, mesmo que a estrutura

administrativa de mando. Tamén os talleres pasaron a Leon. O efecto subseguinte foi

unha forte caída do valor que todo aquelo representaba para a cidade monfortina, cunha

reprecusión paralela moi siñificativa en perdas tanto poboacionais como industriais.

Polo que atinxe ao último dos vectores que indicamos, a cidade de Monforte está

conceptuada como a capital da comarca chamada da Ribeira Sacra, que se extende polas

ribeiras dos Rios Sil e Miño e abrangue a zona sur da provincia de Lugo e o norte da de

Ourense, repartidas en dezanove concellos de ambas as dúas provincias. O produto

natural que da vida á zona é a industria do viño, particularmente da especie de uva

mencía, que alí se cultiva. Segundo a tradición, ven de antigo, xa da época da

colonización romana, o recoñecemento das calidades deste produto.

Xunto con todo o que antecede, convén lembrar que alí se acobilla un denso e moi

importante patrimonio arquitectónico, singularmente dado en forma de mosteiros e

iglesias nos que ainda parece sentirse a pegada das ordes relixiosas que por alí pasaron:

monxes benedictinos; dominicos; escolapios, ou mesmo monxas clarisas; sen que as

reconversions experimentadas na meirande parte desas edificacions por mor do culto á

industrialización abonden para esvaecer ese bafo primitivo. Parécenos que esta idea

pode chegar a ser unha aportación fundamental que nos axude a coñecer mellor o

ambiente monfortino dende a distancia.

Como non podería ser doutra forma, Lois Pereiro viveu os anos da súa infancia e os

primeiros da súa mocidade impregnado destes rasgos típicos do estilo local. E como xa

ten acontecido tantas veces, ben pudiera ser que o que movería tanto a él como a aquel

grupo de familiares, paisans e amigos que un día emprenderon derroteiros que levaban

ata a capital do Estado, era afastarse dun medio vital que lles esmagaba, precisamente

pola densidade de tan esgrevia linaxe ou mesmo a certidume dun futuro pouco

Page 11: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

11

satisfactorio e tan discordante con anceios de modernidade, propios de xente con

inquedanzas.

O propio poeta fai a definición da súa cidade natal nun poema que titulou Remorsos,

aparecido no primeiro número de Luzes de Galiza: “A néboa en Monforte fumadora de

opio é a nai de siluetas furtivas”.

4. A SUA POESIA

INFLUENCIAS. Como resulta tan frecuente no mundo literario, a obra literaria de

Pereiro non foi allea ás pegadas que lle viñan de fóra e da man doutros autores. Resulta

un tanto difícil precisar se pesou máis no seu interese polo estudo de idiomas

extranxeiros unha vocación xenuina ou a procura dun mellor adentramento no cerne da

produción de moitos daqueles autores que o engaiolaban. O resultado último daquel

coñecemento lingüístico adquirido foi múltiple: dunha parte permitiulle penetrar con

máis folgura nas creacions dos preferidos; doutra,deixar trazos máis nidios daquelas

influencias, e finalmente, adobar moitos dos seus poemas ou artigos con frases en

inglés, francés o alemán co que estaba poñendo en práctica a súa teima de redondear do

xeito máis completo as súas mensaxes.

A pouco que se aviste a obra do noso poeta, advírtense moitas desas concomitancias

estilísticas. A similitude coa poética francesa é manifesta. De Baudelaire adoita o

tenebroso. O expresionismo alemán catívao. De Eluard e Celan recollerá a concisión, o

verso curto, incisivo, fondo… Aparecen atisbos de cruzamento co simbolismo de

Verlaine ou de Rimbaud. O espectro do Shakespeare máis tráxico planea por riba dos

seus poemas. Nalgúns casos citará polos seus propios nomes a algúns dos seus iconos.

Do Romanticismo adoptará o sentido da dualidade existencial: vida fronte a morte; dor

e pracer; luces ou sombras. Pero non se reducirán as súas fontes a autores extranxeiros:

ás veces, percíbese o eco das voces poéticas de Rosalía, Manuel Antonio ou Uxío

Novoneira, entre outros nomes dese ronsel sobranceiro do poemario galego. Pero por si

non abondara coa propia percepción do lector, o mesmo Lois desvela en máis dunha

ocasión esas influenzas.

Page 12: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

12

Hai desacordo escolástico en canto á incardiación da obra e da figura de Pereiro na

chamada “Xeración dos 80”, tomando como base para a exclusión o seu desleixo cos

moldes estilísticos aos que se ativeron os seus integrantes. A verdade é que, analizada

polo miúdo a obra de Lois, habería que recoñecer un punto de razón nesa eliminación,

pois atoparíamos como única vía a prol da integración a puramente xeracional, por ter

nacido no tempo en que se adecúa ese movemento poético. Se nos atemos ás súas

propias declaracions, el mesmo afirmaba non pertencer a ningún grupo. Hasta nesto

habería de mostrar a súa preocupación pola congruencia persoal.

En fín, o seu universo formativo tomará tamén influenzas doutros medios como o cine

ou o teatro do momento, porque tal era a súa ansia creativa e a absorción que pesaba

sobre el polo seu posicionamento vanguardista. Nese afán de posta ao día, recorda o seu

irmán Xosé Manuel que houbo veces en que chegou a ver cinco películas nun mesmo

día. Por certo, que o título de algunha delas ou o nome do director serán citados

expresamente polo poeta nalgúns dos seus versos.

ESTILO. Nesa aspiración común dos que militando na corrente vangardista dos anos

70-80 aspiraban a axudar a crear un mundo diferente ao que lles arrodeaba recorrindo

para elo a posicionamentos e ideas que pretendían ser avanzados respecto do tempo en

que vivían, Lois Pereiro foi coherente de xeito pleno con aquela proposta filosófica. O

seu estilo poético tiña que ser distinto, precisamente para ser coherente, e tamén distinta

tiña que ser a súa forma de ver a poesía. Adoitará recursos estilísticos rompedores cos

da poética tradicional: serán tanto o verso libre como o uso de aliteracions, contrastes,

ou a mestura con frases ou vocábulos extranxeiros, etc. El procura encher tanto na

forma como no fondo ocos ata entón valeiros na creación poética. Antón Patiño, xa

citado, ven recordar o concepto da porta xiratoria para a poesía de Pereiro, nun remedo

do que supón o movemento de entrar-sair, en definitiva, sentir a vertixe da incerteza.

Parécenos unha metáfora moi axeitada, que por certo, toma do propio Pereiro, nunha

nomeada conversa que éste tivo con Manuel Rivas e que apareceu no número 28 de

Luzes de Galiza baixo o título de “Apostei a carta máis alta”. Ao longo deste traballo

recorriremos máis veces a este texto, porque alí e pola súa propia voz pódense descubrir

moitos dos seus enigmas.

Page 13: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

13

Ainda que cremos que nada é máis aconsellable queo feito de que sexan os lectores da

súa obra os que poidan establecer cualificacions sobre o seu estilo literario ou a

temática, parécenos concluinte –por completa- a crítica que fai Xavier Seoane, tamén

poeta e vello compañeiro de Lois, e que reproducimos: “é unha obra cunha gran carga

existencial que nace das entrañas, do fígado, o corazón, o cerebro, con esa forza dura e

áspera, como un artefacto ou unha máquina portuaria”.

5. OBRA

Nesta parte procuramos descubrir algunhas das claves que envolveron a obra de Pereiro.

Con este propósito, cremos que o mellor instrumento non pode ser outro que tentar facer

eséxese dunha porción dos poemas, aqueles que nos parecen máis acaídos co obxectivo

proposto. Seguiremos para elo o criterio cronolóxico, entendendo como tal o tempo no

que foron escritos. A explicación obriga a establecer de partida o que sería unha crara

diferenciación entre a que consideraríamos como unha primeira etapa, que abranguería

desde os seus inicios no mundo literario cos seus primeiros poemas na revista Loia, e

outra na que se integrarían todas as creacions posteriores. Este hiato non obedece ao

capricho ou a unha metodoloxía particular, ten a súa xustificación en que estamos diante

de dous tipos ben diferenciados de poesía, que se corresponden co decurso vital do

autor.

Os poemas que escribiu entre os anos 1975 e 1978, aparecidos en Loia e compilados

posteriormente como iniciativa póstuma do seu irmán Xose Manuel nunha obra titulada

Poemas para unha Loia editada en 1997, recollen todas as características dun Lois

Pereiro mozo, que se inicia no mundo literario baixo a forma de papel impreso nunha

revista artesanal. Nese bloque poético agroman as primeiras influencias, revélanse as

fontes primixenias. Brota con forza un caudal de ruptura coa estética do momento, os

seus son os azos dunha xeración –a constituida por el e mesmo o seu grupo de amigos

poetas, pintores, escritores- militantes do proceso deconstructivo dun mundo do que

queren afastarse e deixar probas do seu afastamento por medio das producions

especializadas de cada un deles. Lois asume o papel de deixar proba desa vontade a

través do verso. Pero a análise sería manifestamente curta se nos esquecemos do espazo

temporal no que se movían. Vivían nun Madrid que estaba a experimentar os estertores

Page 14: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

14

do franquismo e dentro dunha España que estaba a probar unha mutación radical no seu

réxime político.

Para Xosé Luis Calvo, autor xunto con Carlos Gegúndez dun libro recente sobre a

xeografía lírica de Pereiro, e que fora compañeiro e amigo del en vida, xa nestes

primeiros versos se pode descubrir o mundo interior do poeta, e tamén esa ruptura co

tradicionalismo estilístico mediante a utilización do simbolismo. Seguindo a liña dos

epígonos franceses de aquela escola, Pereiro empleará unha linguaxe lírica chea de

misterio, pero que agocha unha intención metafísica. Segundo os autores citados,

teríamos aí un adianto do que será o conxunto da obra posterior. Asoman, sen rebozo,

moitos daqueles autores que o influiron, e aos que o poeta imita e lles dedica en forma

de homenaxe. Serán tamén angunhas desas fontes primeiras as que inflúan na súa

concisión estilística, ainda que nunha das súas confesions posteriores a Manuel Rivas,

dentro desa conversa publicada e que xa se citou, dirá que: “nos meus primeiros versos

sobran palabras e retórica. Se alguén pode dicir con dúas palabras o mesmo que dí con

dez, sería un traidor ao pensamento e á linguaxe”. Esto lévanos a introducir unha

variable que ata agora non tiñamos reflictido neste traballo. Non é outra que a da súa

preocupación constrante pola mellora dos seus textos, sen que polo mesmo resulte

esaxerada a cualificación de “corrector compulsivo”, como nos recorda o seu irmán.

Outra das temáticas deste tempo poético na obra de Pereiro será o amor, que para os

dous autores indicados ten como referencia indiscutible a imaxe de Piedad Cabo, a

muller coa que o poeta estivo relacionado sentimentalmente durante bastante tempo. En

efecto, en varios dos seus poemas aparecen mencions e dedicatorias dirixidas a ela. Pero

a forza poética fará que a carón de expresions apaixoadas apareza o contrapunto

negativo, e asomará a dualidade, a bifurcación existencial, o enfrontamento entre os

eternos contrarios: vida-morte, paixón-dor. Nesa síntese visualízase o poeta romántico,

que aprecia unha complementación entre eses dous polos opostos. Estamos diante do

concepto do amor-mortal, descrito polo poeta suizo Rougemont e citado por Calvo e

Gegúndez:: “el amor feliz no tiene historia. Sólo el amor mortal es novelesco. El amor

amenazado y condenado por la propìa vida”. A aplicación deste concepto verase ao

longo de toda a obra de Pereiro:

Aquela noite

Page 15: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

15

collín a man polo frío dos dedos

e paseima docemente polos beizos

querendo atopar os sinais

dos derradeiros berros abortados

cando a ledicia de almasí

baixo as cóxegas do medo

nin xiqueras a lembraba o sangue

Por que, amor?

E calaba.....

Non será este o único poema que ten ao amor por tema e a Piedad como a súa

encarnación. Hai outro moi extenso que por elo mesmo non resulta axeitado traelo

aquí. O título xa resulta indicativo de a quen vai destinado e do seu contido: “Encontro

con Piedad. Volta de retorno do sol. Eu amo, ti amas, il ama”.

Nese seu arroubo por determinados autores e sobre todo polas súas técnicas poéticas,

atopamos exemplos. So por citar algúns, o que segue, que Pereiro titula “R”. Vai

consagrado a Paul Eluard quen, como nos recordan Calvo e Gegúndez, foi o autor do

poema Liberté, e creador de versos que teñen como caracteristicas a concisión en

cantos de amor e compromiso:

Relembro

o costume de bailar

cando se sai dunha botella beberemos

ou queimaremos as azas das pombas azúes

cando rexurden as brancas

por eternas e pacifistas

Paul Eluard

Unha carácterística tanxencial deste bloque poético da primeira etapa é a frecuencia con

que o poeta aduba con peritextos algunhas das súas creacions, que fan o efecto de

Page 16: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

16

dedicatorias, e teñen formas variadas: unhas veces aparecerán citas dos seus autores

preferidos, outras versos de Piedad, ou frases do mesmo Lois.

Así, por exemplo, o poema que dedica ao director cinematográfico Steve Dwoskin, no

que aparece como peritexto a frase “aliméntame querido”, e que titula “Dyn-Amo i

Steve Dwoskin”:

Perfección dun xogo

na confusión coñecer e adiviñar

Dyn-Amo, a pista falsa, nin asesiña nin delira

seducida e perfecta no xogo

de vestir de talco e xesto.

……………………….

As claves para entender o peritexto e máis o texto deste poema están, primeiro, en que

o poeta estalle pedindo ao director que lle proporcione máis alimento psíquico co que

enriquecer o seu coñecemento da natureza humana, e segundo, na trama dunha película

do mesmo título e dirixida polo citado Dwoskin.

Outro peritexto en forma de cita completa do autor Maikovski aparece no poema

Conspiración contra Lois, (Non podemos alongar a nosa existencia. A morte non sabe

perdoar. Maiakowski). Trátase de versos curtos pero nos que asoma o berro pola dúbida

existencial, e a alusión, tan romántica, ao suicidio:

E ti

(crávate ben nos ollos esta imaxe)

a

solución

etérea

do suicidio.

A que demos en calificar como segunda etapa será na que se aglutina aquela parte máis

numerosa da obra poética de Pereiro. Aparece recollida baixo dous títulos publicados,

Poemas 1981-1991, e Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. Tamén son

Page 17: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

17

deste período algúns outros textos en prosa; os oito capítulos da súa novela Náufragos

do paradiso, e Conversa ultramarina, obra que fixo baixo a forma dun diario escrito

entre marzo e xuño de 1995 e que adicou e remitiu a Piedad Cabo. Comentaremos nun

apartado posterior este tipo de creacións tan diferentes da que lle era natural.

En Poemas 1981-1991, resulta doado advertir xa dende o primeiro poema o

recruamento da temática tebrosa, ainda que neste caso apareza enxergada nun contexto

amoroso. Leva por título Atrocity exhibition, coa que gañou o premio no Concurso

Nacional de Poesía O Facho:

Deixa un bico no espello

onde arde a miña sombra pola noite

e que prodezan xuntas

a imaxe da túa ausencia,

silueteada en roxo cos teus labres,

e o perfil violento do meu soño

que enxendra amor gris fume

un odio carmesín

e na lingua e nos dentes

sangre e semen.

Segundo aparece no volume editado neste ano por Edicions Xerais e no que se recolle a

obra completa de Pereiro, o título deste poema podería aludir a unha colección de

novelas do británico J. G. Ballard.

Seguindo a mesma fonte interpretativa, a querencia do poeta por Ballard podería tamén

albiscarse no poema seguinte, Car crash (Da morte en negativo):

Á sombra deste horror metalizado

escribirás os díalogos da morte

da cóxega da memoria

no centro xeométrico do choque

deixando a porta aberta a outras escenas

na emulsión dos meus ollos que impresionan

Page 18: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

18

imaxes de accidentes e feridas.

Na creación que deu en titular Presentimento, aparecen do xeito máis descritivo as

teimas que asulagan o seu espiritu poético, aínda que sexan as mesmas de sempre,

morte, amor, odio, terror, ou a nada:

Odiada

intanxible

e as veas convertidas

en túneles de acougo e perigo

sulagan o corpo en mil soños

cando a lene escuma da sombra

anuncia as visions que presinto.

Cal perfil de vento no ar quedo

un tremor incerto persiste

no espazo que o meu corpo invade

na luz que descobre e pervirte

a memoria gótica do terror

que sinto.

E convírtese finalmente en silencio

entre as ruínas do insonio na alborada

na máis feroz sentencia imaxinable

no medo definido a que me deixe

condenado a vivir só

cos meus presentimentos.

Aquí albíscase de forma ben nidia o mundo interior do poeta, percíbese como un

desgarro polos que son os seus terrores verdadeiros. Teñen estes versos a virtude de

desbotar calquera atisbo de banalidade ou ficción creativa. Estamos diante dunha

auténtica confesión.

Page 19: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

19

No poema EnLisboaenSligoDublin (sic), e cunha dedicatoria a Pilar, atopámonos outra

vez coa cita a antonomia amor-morte,

Outro dia contra o tempo e dexenero

en erupción da cama, antimateria

se xa morto te sinto e non renuncio

á túa dor verquida na bañeira

deitada entre dúas capas de silencio

reconvertida en tránsito que fura

a febre parede que nos separa

amor perpetuos, sórdida nostalxia

entre o maino tremor da auga habitada

e a lenta liquidez do asasinato

non renuncio ó teu sempre

ich liebe dich.

O segundo volume, Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, para o que, por

certo, o autor non puido escoller mellor título co que identificar o contido e sobre todo

o estado de ánimo co que emprendía a tarefa poética, dende unha perspectiva simplista

podería parecer como unha continuación ou como unha segunda parte da primeira.

Certamente os tics temáticos son os mesmos, pero léndoa en profundidade pódense

advertir fontes diferenzas coa anterior. Nótase, en primeiro lugar, como unha vontade

do autor de querer vigorizar ante os lectores o rigor, a realidade, das súas postulacions

diante desa dúbida existencial sobre a que pivotan todas as súas teimas. Apela para elo a

dous mecanismos. Un, o máis plástico, que consiste en reforzar as causas dos seus

debezos con tintas moito más densas, con conceptos máis rotundos, e con repeticions

máis frecuentes das voces máis terribles, (morte, escuridade, inferno, soño eterno). O

segundo, o máis persoal, é que dende a súa propia desgraza, dende a vivencia da súa

situación física e consciente da proximidade dun final que pode estar próximo, está

querendo achegar ao lector sensacions verdadeiramente sentidas por el mesmo. Esto,

na nosa opinión, é o que da auténtica fondura e valor ao conxunto poético que aparece

neste volume, porque o seu autor estanos facendo partícipes da súa franqueza vivencial.

E, como recorrencia, tamén aparecerá o amor como bálsamo fuxidío, e xa que logo, en

Page 20: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

20

secuencia inmediata, ou reviravolta, a reafirmación dos terrores diante da inmanencia

do sino fatal.

Esta parte da creación poética de Pereiro non é só a máis profunda en contido, senon

tamén a máis densa en extensión. Aparece clasificada en dúas partes, que van

precedidas dun poema introdutorio no que se reproduce o comezo dun poema que

Raymond Carver escribiu antes de morrer, e que ten todo o valor dun pórtico do que

vai seguir:

“¿E conseguiches o que

querías desta vida?.

Conseguino, si.

¿ E que querías?.

Considerarme amado, sentirme

amado na terra”.

A coda que Pereiro lle pon a este poema é expresiva: “Eu tamén podería decir o

mesmo...”.

A primeira parte títulase: 1 Poemas póstumos (1992-1994),e recóllense nela seis

poemas. O inicial escribéuno en novembro do 92, co título de Curiosidade. Neste texto

revélase de xeito ben nidio esa procura do amor como remedio temporal fronte a certeza

desacougante dun fatum sombrío,

Saber que está un á morte

e o corpo é unha paisaxe de batalla:

unha carnicería no cerebro.

¿Permitirías tí, amor deserto,

que nesta febre penitente abrise

a derradeira porta e pechase

detrás miña, sonámbulo e impasible,

ou porías o pé,

entre ela e o destino?

Page 21: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

21

Nos poemas seguintes introduce unha variable de tipo formal, que se estenderá tamén

polas partes sucesivas da obra, consistente en poñer sentenzas propias en contraportada,

nunha caste de complementación explicativa do poemario. Así acontece, por exemplo,

no poema Esvaise a dor e chega o soño, escrito en novembro do 94. Na contraportada

dí,

(Crer outra vez en min mesmo sería doado,

pero finxir que non creo no meu regreso ó mundo

é máís prudente.

Mais confío nos meus ollos e sei o que están

vendo ó seu redor).

O texto do poema é este:

Agora creo que xa podería

pasear entre espíritos alleos

sen pisar os seus soños máis secretos.

Xa non sinto aquela dor inmóbil

que antes habitaba as miñas noites,

despertando a unha das horas máis escuras

sendo consciente de que o día seguinte

non me traiería nada moi distinto

do fracaso que me ía derretendo

co lume do inferno en que vivía.

Dese mesmo mes e ano é o poema titulado Acróstico, que merece comentario á parte.

Na contraportada, aparece esta cita:

(“Eu son a morte..” dixo Oppenheimer

cando viu

os efectos da bomba atómica que el contribuíra

a crear. Lembrou a frase do Baghavad Gita:

Page 22: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

22

“Eu son a morte,a destructora de mundos”

Isto é algo semellante).

O texto do poema é o seguinte:

Somentes

Intentaba conseguir

Deixar a terra

Algo de mín que me sobrevivise

Sabendo que debería ter sabido

Impedirme a mín mesmo

Descobrir que só fun un interludio

Atroz entre dous muros de silencio

Só puiden evitar vivindo á sombra

Inocularlle para sempre a quen amaba

Doses letais de amor que envelenaba

A súa alma cunha dor eterna

............................................................

Vese que aparece en forma ácróstica a palabra sida. A relación entre morte mundial por

efecto da bomba atómica (Oppenheimer), e aquela enfermidade recentemente

descoberta por aqueles tempos, e que supoñía a morte para quen a padecía, ten a súa

expricación precisamente porque aquela situación era a que estaba a vivir Lois Pereiro.

A partir desta primeira referencia, o vocábulo guerra aparecerá tanto nalgunha

contraportada como nos textos poéticos. Unhas veces serán apelacions á guerra

tradicional, outras á guerra psicolóxica, ou de desgaste. Dende agora, o concepto bélico

será un recurso para referirse tanto á problemática das relacions humanas ou a súa loita

persoal fronte á morte. En Nadal do 94 escribiu o poema Desde a superficie dun novo e

imprevisto salvamento, que leva como contraportada este texto:

(Guerra de desgaste. Guerra psicolóxica.

Resistencia apasiva. Resistencia frontal.

Page 23: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

23

E a rebelión, o shock.

E logo o “impasse”, a Guerra fría.

pero o obxectivo sempre é victoria ou morte.

A vixía terá que ser constante e

rigorosa....).

Sería a luz que me alagaba os ollos

da vida roubada á morte veciña

pero todos me apalpaban incrédulos

colléndome das mans.

Todos aqueles que me amaran morto

amábanme máis vivo.

Abríanse dúas portas en direccions opostas

e escollín a que se abría cara á vida

co sol entrando a eito polas fiestras.

Tería que reanudarme

e regresar a miña propia vida

sen contaxiarme outra vez de min mesmo.

Retocaría o guión

e mudaría outra vez de personaxe

retomando a perdida

aprendizaxe.

Neste fermoso poema que antecede o autor estános ofrecendo como sempre dende a

súa experiencia persoal, unha reafirmación diante da vida. Tenta trasmitirnos a súa

sensación de ledicia pola victoria fronte á fatalidade, ainda sendo consciente de que está

a tratar dunha victoria que sabe temporal.

A segunda parte leva por título, 2 – Sombras de amor resucitado (1995). Abrangue

vintesete poemas, e como na parte anterior, será o texto da portada a que nos ofreza as

claves do que vai seguir,

A Tí, única desde por e para sempre,

fagas o que fagas, ou esteas onde esteas

Page 24: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

24

para Ela, que me reanudou sen dor entre

poemas; todo o que podo e que ainda teño.

...................................................................

Un amor que aparece como redentor e vivificante é o tema principal no bloque de

poemas desta outra parte do volume. Un amor que ven da man de alguén que nesa

mención iniciática se personifica nun “Ela” indefinido, pero que na vida real do poeta

tiña unha encarnación moi concreta. Pero a teima non varía. Ese amor sublime, esa

forza vivificadora será o contrapunto dun futuro fatal, que segue aí latente, aínda que

apareza amortecido. O poeta recórdanolo neste poema tan inspirado:

Deixaches no meu corpo a túa presencia

verquendo o teu encanto nos meus ollos

que non se volverán nubrar de bágoas

porque non apodrecerá máis tempo

a nostalxia convertida en cadavre

e imos explorar a xeografía

do noso amor eterno correxíndoa

se te abres con douzura novamente

o meu amor ausente e vixiante

aceptas que cho entregue

e logo vaste

camiño do futuro libremente

compartida coa túa propia vida

e amada para sempre.

Un lector atento desta parte da obra de Pereiro poderá advertir, por se non abondara co

pórtico que a abre e que xa se transcribiu, que as invocacions ao amor ou os laios polo

distanciamento que ás veces aparecen nos versos teñen como destinataria definida á

muller que fora a súa compañeira, e que por aquela época estaba ausente da vida do

poeta. Aparece amosado de xeito ben evidente neste poema sen título:

Page 25: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

25

Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a fronteira entre dous mundos

sen decidir cal deles pode darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indiferencia

á miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en tí

pero non á tortura de evitarte.

Ese salouco que o poeta está lanzando pola ausencia do ser amado, o brado polo

abandono, aparecen expresados de forma maxistral neste outro poema, tamén sen titulo:

O desamor, brutal amputación

ou atrofia dun soño maltratado,

debería ser sempre un íntimo ritual

representado en salas clandestinas.

Interpretando orgánicos monólogos

recitaríamos con fluidez a dor interna

dos nosos tristes ósos

cando o amor se dilúe en hemorraxias

de líquidos desexos

abortados.

Aparecerá unha novidade importante no bloque poético que conforma esta parte do

volume. Trátrase dunha incursión temática que racha co anterior. Consagra un poema

determinado a un feito de política internacional que se estaba a desenvolver por aquela

época como era a revolta revolucionaria no estado mexicano de Chiapas. O poeta lanza

un canto a prol dunha rebelión popular e asume, en ficción literaria, o papel dun

“rebelde zapatista”, expresando con tons fortes a súa protesta fronte a un mundo que

sempre ten as mesmas vítimas:

Page 26: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

26

Ando á procura dunha ollada súa

que me confirme a fe que teño nela

e avanzo a cegas con maior firmeza

noutra rebelión xusta que interna

nunha urxente esixencia de certezas

para este corazón rebelde e zapatista

obrigado a loitar polo evidente

cunha seria furia

antiga e sabia.

.........................................................................................

A parte derradeira do volume leva por título: 3. Poemas de morte sobrevida a forza de

paixón e sabotaxes (1995). É un conxunto de dez poemas nos que o creador, recurrindo

á ficción de amosar en forma de sorpresa o que semella unha resurrección física, ao

tempo é consciente da banalidade de tal suposición e polo tanto da latencia dun fín. Son

versos que zumegan tristura e rabia pola febleza humana. Así, o poema A través do

colchón:

Virá calada, oculta e con nocturnidade,

chegando desde abaixo a través do colchón,

entre as derivacións intuídas e temidas

dunha vírica rebelión interna:

a herdanza que conservo e atesouro

como se fose a miña propia sombra.

Pero será unha vez máis que facendo uso desa habilidade tan súa para elexir os títulos

máis acordes cos contidos e sobre todo co sentido do que quería expresar, Pereiro

púsolle éste ao último poema do volume: Poderíano escoller como epitafio, e lanza este

berro final, como o mellor resumo:

Cuspídeme enriba cando pasedes

por diante do lugar en que eu repouse

enviándome unha húmida mensaxe

Page 27: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

27

de vida e de furia necesaria.

6. OBRA NON POETICA

Imos destinar este parágrafo a facer unha recensión, que necesariamente vai ser curta,

sobre aquela parte da obra de Pereiro non poética.

Escribeu alguns ensaios, a meirande parte dos cales apareceron publicados na revista

La Naval, (Ezra Pound; Polígono de Elviña,o frio edificado; Thomas Bernhard, o móvil

do suicidio, Dandys erotómanos e infames), ou tamén, Modesta proposición para

renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia,

publicado en Luzes de Galiza, entre outros.

En narrativa, o máis siñificativo que escribiu apareceu tamén en Luzes de Galiza,

(Trechos escollidos dunha novela inédita; ou Náufragos do paradiso). Máis outro

titulado Relato, publicado na revista Das Capital.

Capítulo á parte merece o título de Conversa ultramarina, no que baixo a apariencia

dunha longa carta dirixida a unha Piedad Cabo ausente, o poeta en forma de diario vai

vertendo moitas das súas vivencias e impresions.

Diante da necesidade de facer unha escolla, imos focalizar os nosos comentarios para o

presente parágrafo nesta obra, e mesmo nos oito capítulos que deixou escrito da novela

Naufrágos do paradiso.

Recorda Hugo Martinez, nun limiar que aparece na edición de Conversa ultramarina

feita por Positivas, que os textos foron escritos por Pereiro entre os meses de marzo e

xuño de 1995, nunha época en que Piedad Cabo estaba en San Francisco (USA) facendo

un curso de inglés. Naquel tempo xa estaba rachada a relación sentimental entre ambos

os dous. Como xa sabemos teñen a forma dun diario dividido en dúas partes que

abranguen tempos diferentes, e que tamén como xa dixemos cursou por correo a súa

destinataria en outras tantas remesas. A edición citada vai prologada pola reprodución

dunha carta de Pereiro escrita o oito de marzo de 1995,”Para P. de Lois”, e que ten o

Page 28: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

28

sentido dunha complementación xustificativa da confección dos textos e sobre todo do

seu envío. e dos que xa demos conta. Se quixeramos buscar o fondo desta misiva

atoparíamonos coa reverberación gozosa dun pasado común, e ao mesmo tempo co

laio, a entonación desesperada, pola procura duha lágrima piadosa por unha vida que se

vai. Para o citado Martinez, neste diario teríamos como o prólogo dos seus dous

poemarios máis importantes, e dos que xa demos conta cumprida.

Non hai unanimidade entre os críticos sobre a vontade de Pereiro en que o diario fose

publicado. O certo é que na carta introdutoria, o poeta pon unha nota final na que dí:

Propiedad de Pilar R. Cabo. Impublicable e irreproducible, a menos que el beneficio

que ello le reporte le sirva para comer un sándwich en Chinatown. Algúns interpretan

que eiquí contense unha invitación indirecta á destinataria para unha divulgación

posterior.

Sexa como for, o certo é que débese exclusivamente á xenerosidade da propietaria dos

textos a cesión deles para a súa publicación. Na edición citada, a mesma Piedad

introduce unha dedicatoria e tamén unha carta rememoradora dirixida a Lois Pereiro.

Polo que atinxe a Naufrágos do Paradiso, estamos diante dunha novela inacabada que

foi escrita por un poeta. Esto percíbese dende o primeiro momento de xeito moi

evidente no estilo da escrita, con abondantes xiros e reviravoltas propias da linguaxe

poética. A trama se concentra nas vivencias duns seres atormentados que conviven entre

sí e comparten lembranzas, medos e odios. Son, como dí Antón Patiño, “seres solitarios

... nunha metamorfose que figura avanzar cara á fatalidade”. Este mesmo crítico fai a

interpretación de que Pereiro está reflictindo alí de forma radiográfica as vivencias do

fato de amigos que compartían con él vivenda en Madrid, durante os seus primeiros

tempos. Os nomes das personaxes son, Aián, Mimsi, Lisián, Helena, Bernal. En

concreto, este último é o protagonista principal, e ao decir dalgún outro crítico como

Calvo, o seu nome pode esconder reminiscencias encubertas a Thomas Berhnard, un

autor que gozaba como xa sabemos das querencias de Pereiro, e co que tamén poderían

toparse analoxías no estilo barroco das descripcions ou na temática dos oito capítulos.

Trátase, pois, dunha trama na cal os suxeitos manifestan o seu pesimismo e a anguria

existencial que, no caso do protagonista principal, conduciralle a descobrir a “pálida

beleza da morte prematura”, forma poética elixida polo autor para describir o suicidio.

Page 29: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

29

7.O POLITICO

Non debería ofrecer moita dúbida o pensamento político de Pereiro se temos en conta a

época na que viviu, os ambientes nos que se desenvolveu e sobre todo, a corrente

filosófico-cultural na que se integrou. Pero como xa acontecera noutras ocasions, será o

mesmo poeta o que queira deixar constancia expresa da súa postura diante do mundo,

neste caso no eido político. Escolle como forma de expresión un ensaio dun moi longo e

tamén expresivo título, Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda

hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia.

Trátase dun auténtico manifesto, perfectamente estruturado e desenvolvido ao longo de

seis partes consecutivas, e que apareceu publicado no número 27 de Luzes de Galiza.

Baixo a ficción literaria dunha conversa que o poeta ten con un interlocutor imaxinario,

comeza a súa longa disertación contestando a máis sinxela e directa das preguntas, en

concreto a do seu posicionamento, (de qué parte estás). A resposta vai ser utilizada

hábilmente polo autor como unha entrada a todo o que seguirá: “ estou da mesma da

que crín estar sempre, supoño.... desde o mesmo momento en que empeceí a ter poder

de decisión sobre os meus soños, os meus propios medos, dúbidas.... Sigo a estar de

parte da Beleza, dos que nos sentimos na obriga de loitar desde que o mundo é mundo

polo que sempre nos resultou moralmente xusto e evidente, levando ás costas tantas

traizons en costante e vertixinosa cadea continúa de agresions dunha historia da

infamia que xa non nos permite ser inxenuos, porque se as vítimas de antes pretenden

ser os verdugos a súa vez, ¿de que parte que non sexa sempre a das novas vítimas, dos

novos vencidos, poderemos estar xa?.

Máis adiante reforza esa idea do asoballamento duns por outros cunha alusión á

memoria histórica, en concreto sobre a capacidade humana para “crear horror e facer

ilimitado o nivel do mal. Que tempos serían menos sombríos para as vítimas, o débiles,

os oprimidos?”. E precisamente porque a historia da humanidade ven sendo unha

reiteración permanente segundo a cal a procura polo poder fai que uns homes estén

arriba e outros abaixo convertidos en vítimas, é polo que Pereiro formula a súa teoría da

rebelión contra a roda hidráulica coa que se move toda a historia criminal do poder.

Page 30: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

30

Nunha descrición moi pormenorizada achéganos os autores que foron os referentes nos

que se foi amalgamando o seu pensamento social, concluindo esta exposición de autores

dun xeito no que se albisca unha certa dose de desencanto por canto que atopou neles

formulacions teóricas que co paso do tempo se revelan inoperantes.

No seu alegato inconformista propugna que se cree oposición, rebeldía e insubmisión,

co cal está facendo propia a súa vontade de “non perder nunca a necesidade de sentirse

molesto e radical (co poder establecido)”.

A parte terceira do ensaio vai dedicada a Galicia. Con esa capacidade especial que tiña

Pereiro para a precisión, soupo escoller unha cita de Bertold Brecht como comezo, e

que dí: “Que outros falen da súa vergoña. Eu falo da miña”. Parécenos que nada

mellor que a reprodución exacta do texto inicial desta parte: “ E aquí entre nos os “bos

e xenerosos” seguimos a sufrir os nosos “tempiños” coma sempre, neboentos,

queixosos e inmutables, sen rebeldía activa, sospeitando da nosa propia sombra e das

intencions dos demáis, odiados polo noso ser desta terra... Non demos chegado a

vencer sobre nada (nen sequera o intentamos) e non por xenerosidade ou grandeza

moral, senon por intentar nin sequera desexalo. Alomenos non oprimimos a ninguén

evitando entrar a formar parte dos crimes da Historia como melros do club dos

criminais”.

Deixamos que sexa a interpretación do lector a que decida sobre a exactitude e a

vixencia actual destes xuizos.

Xa máis adiante e nun retorno a liña condutora de todo o manifesto, inclúe unha

referencia a un feito da política internacional daqueles momentos, en concreto ven a

referirse ao rebumbio da guerra de Bosnia e remacha o argumento aproveitando

referencias da historia para concluir esta parte expresando o anceio a prol dunha

sociedade occidental “aberta e multiétnica”, á vez que alerta sobre os perigos que

poidan vir dunha suposta “Irmandade Universal que avanza cara á uniformidade

tecnolóxica”.

Page 31: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

31

O remate do texto ten todo o eco dun canto a rebeldía contra as lacras dun mundo e

dunha sociedade podrecida, dunha historia que é testemuña repetitiva dos mesmos

crimes. Diante desa realidade, a actitude da persoa non debería ser outra que ésta:

“porque se non hai dogmas nen bandeiras hai que escoller as cousas e as ideas máis

dignas do noso nivel de ética e xenerosidade sen o inxenuo optimismo escarmentado e

sen un pesimismo opaco o e ben alimentado que nos deteña e nos permita unha

indiferente neutralidade falsa. Xa non imos ser cómplices do que nos indigne e

avergoñe, nada é inmutable. Todo se transforma....”.

Que valoración obxectiva podería facerse hoxe, xa transcurridos tres lustros, dun texto

como o que estamos a comentar?. Se comezamos a análise e a primeira resposta que

queremos atopar é a que verse sobre o seu posicionamento político, e por si xa non

abondara coa súa mención final expresa á carencia de dogmas ou bandeiras, temos a

súa propia autoconfesión que aparece no ensaio cando cita: “miñas orixes anarquistas

ás que me vou precipitando cada vez a maior velocidade”. Esta expresión da pé a que

algúns poidan calificalo como de “comunista libertario e galeguista”. Deixando á parte

o que poida ter de exacta ou de aventurada tal catalogación, pola nosa parte engadimos

que ao noso entender, esa “autoconfesión” non debería ser entendida máis que como

unha mera formulación filosófica, a propia dun coñecedor dos recovecos da natureza

humana e que está expresando o seu laio estremecido dende a súa alma de poeta por

unha humanidade teimuda nos seus erros. Está propugnando -seguramente que dende o

escepticismo propio dun ser intelixente-, unha chamada a rexeneración ética, pero á que

hai que chegar coas únicas armas que esgrimen os poetas e os intelectuais, isto é, coas

que veñen da crítica que “nunca hai que desterrala”. Unha segunda consideración que

poderíamos traer eiquí é a do valor das súas aseveracions. Dalgunhas delas diríamos

que teñen valor profético, como por exemplo a alusión que fai nunha parte do

manifesto á servidume tecnolóxica que hoxendía nos encerella. A última é, ao noso

entender, a de que constituiría un erro moi grande ver neste ensaio unha vertente

insospeitada da personalidade de Pereiro, baixo unha suposta face ben diferente da que

poidera albiscarse dos seus versos. Non hai tal. Era un home con sentimentos de poeta

pero que vivía nun mundo real. Porque ademáis ben pensado, a tese que mantén no

ensaio que estamos a comentar condénsase nunha idea moi sinxela: a da necesidade

urxente de cambiar os rumbos da historia, e para elo hai que rachar cos erros do pasado

e fuxindo ao mesmo tempo das servidumes atávicas. En conclusión, e por simplificar, o

Page 32: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

32

que está facendo non é outra cousa máis que propugnar unha fonda renovación

sociolóxica, argumentación coa que non é difícil que estea conforme calquera persoa

razoablemente honesta e con sensibilidade post modernista.

8. O GALEGO DE PEREIRO.

Non temos, por razons obvias, vontade de facer aquí crítica do galego utilizado por

Pereiro. As versions que coñecemos da súa obra reproducen, polo xeral e como un xesto

de respecto ao autor, os textos orixinais, respecto que neste traballo mantemos nas

trascripcions reproducidas.

Cómpre recordar que era un autor que, imbuído dunha mística vocación pola

expresividade máis nidia, aborrecía dos excesos. As correccions dos seus textos eran

frecuentes, a procura da palabra máis exacta e acorde co sentido do que quería expresar

da maneira máis escueta era motivo de mutacions constantes. Tamén hai que ter en

conta que escribeu nunha época na que empezaba a establecerse a normativa ortográfica

e morfolóxica da lingua galega, coas revisions subseguintes, polo tanto non debe

sorprendernos que poidan aparecer nos seus primeiros escritos formas dialectais,

castelanismos ou vulgarismos, que despois iría correxindo.

Fixo uso abondo da súa densa formación lingüistica. Ainda que escolleu o galego como

idioma preferente, ten textos en castelán, que ás veces mestura co galego, así por

exemplo, en Conversa ultramarina, e incluindo frases en inglés ou alemán. De feito,

faría uso abondo dos tres idiomas europeos dos que como xa sabemos era coñecedor en

profundidade. Polo que tamén sabemos, a conversa cotián facíaa normalmente en

galego, ainda que con persoas concretas que tiñan o castelán como lingua principal

faláballes nese idioma, caso de Piedad Cabo, por exemplo, aínda que tampouco fose

infrecuente a práctica da mestura lingüistica na súa relación coloquial con ela.

9. OBSERVACIONS FINAIS

Page 33: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

33

Los Pereiro foi esencialmente un poeta. Sentíu a poesía, viviu como poeta e a súa

morte foi mesmamente poética. Unha declaración como a antrerior e que a estas alturas

do que levamos escrito podería semellar como trivial, non o é porque, ao facela,

estamos expresando unha convicción seguida pola meirande parte dos lectores da súa

obra, en aberta oposición aos detentadores dunha falsa polémica moi recente pola que,

so capa de pretender reivindicar o valor daquela parte que escribiu en prosa por mor dun

suposto esmorecemento, rematan querendo minusvalorar a propiamente lírica.

Foi un poeta que facendo uso dunha modestia elegante, non tiña reparos en aceptar e

proclamar as influencias de moitos dos seus autores de cabeceira, citándoos nalgúns

casos polos seus propios nomes. El dixera nunha ocasión, contestando no curso dunha

entrevista a unha pregunta que ía nesa mesma dirección, que: “dende Shakespeare todo

está escrito pero que se pode dicir doutro xeito”.

A tentativa de incardinalo nunha escola concreta podería por todo o que antecede ser un

tanto difícil. Xa citamos noutro parágrafo anterior a liorta que hai dentro da escolástica

tradicional para buscarlle unha ubicación. El mesmo facía expresión manifesta da súa

vontade de que a súa voz poética fose tida como “independente, nin de Vigo nin de A

Coruña”, e que en concreta referencia a Poesía de amor e desamor, “non forma parte

de ningunha escola, é unha ruptura estética e estilística que pretende romper cun

sistema poético”. Diante dunha declaración tan rotunda do propio autor queda pouco

lugar ao comentario.

Con todo, pola nosa parte nos adherimos á corrente que ve nel fundamentalmente a un

poeta romántico. Baseámonos para esta afirmación na temática e nos tons claroscuros

cando non mesmamente tebrosos dos seus poemas, por non citar outra vez esa

aliteración frecuente do binomio amor-morte, características que como se sabe son

definidoras, por antonomasia, do movemento da cultura universal que coñecemos como

romanticismo.

Outra característica a ter en conta é a de que estamos a tratar dun poeta de culto. A

lectura de algúns dos seus poemas non é doada, en moitos casos fai falta acompañarse

dun coñecemento previo dalgunhas das claves coas que se movían os autores nos que

se inspiraba, por exemplo, na escola expresionista dun Rimbaud. Tamén fanse críticas

Page 34: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

34

sobre a aspereza, a acritude, que algúns din advertir, polo xeral, na súa produción

literaria.

O personalismo é a nota máis destacada que aparece dun xeito nidio sobre todo na súa

obra última. Unhas veces será en forma de autorretrato, outras pura e simplemente

facendo chegar ao lector unha longa xeira de idas e retornos na súa cita co fado fatal.

Por riba de todo é a súa unha “poesía autobiográfica”, ou como o definen Calvo e

Gegúndez, estamos diante dun “un poeta do eu”.

Se deixamos por un momento os comentarios á obra e pasamos agora a estudar á

persoa, a primeira idea que brota despois dunha lectura atenta daquela e ademáis

botamos man do apoio que nos poida vir a través de testemuñas, cremos que a

peculiaridade máis certeira que se pode atribuir a súa persoa e a condición de coherente.

Figura, vida e obra integran un conxunto moi consecuente. Porque parécenos que toda a

súa vida foi a demostración permanente dunha coherencia interior que lle levou a

manifestar baixo a forma de externalidades esa tendencia. Abandonou a “terra chica”

buscando horizontes máis amplos nos que poder mergullarse nas correntes vangardistas

nas que cría poder atopar a rexeneración dun mundo e dunha sociedade que aborrecía

pola súa curtidade, cainismo e falsedade. Os seus manifestos ou ensaios dos primeiros

tempos dan conta deses sentimentos pola procura dun arranxo daqueles males. En fín,

xa nos últimos anos, cando a inminencia dun final físico facíase cada vez máis

evidente, a súa poesía está impregnada de signo de ligazón entre sentimento e evidencia.

Por se non fora suficiente, ata esa preocupación innata pola coherencia levarálle

nalgúns casos, a ir directamente a procurar as fontes primixenias, os horizontes

vivenciais de algúns dos seus autores en forma de viaxes a Dublín buscando a Joyce, ou

a outros en Bonn ou París, por exemplo.

O amor sería para él algo máis que un elemento poético ao que recurrir en momentos de

exaltación ou de anguria fronte á morte. Non hai empacho en algúns dos seus versos de

temática amorosa en referir con realismo crú a súa paixón de ser humano. Tamén

viaxou moito, recorreu paises que tiñan resonancias moi concretas para él: Alemaña,

Francia, Checoslovaquia, Suiza, etc. Viveu os ambientes da bohemia, que tamén

describirá en forma poética. Poderíase dicir que tivo unha vida curta pero intensa.

Page 35: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

35

Hai un punto que non debemos esquecer por mor da nosa preocupación xa tan

reiterada de acercarnos o máis posible ao persoeiro. Estámonos referindo a pouca

referencia na súa obra poética á paisaxe campestre, en concreto, as mencions a espazos

como a campiña o a xeografía galega son moi contados, practicamente inexistentes. Era

sobre todo un poeta de vida e texto urbans. Segundo Lino Braxe hai que recoñecer en

Pereiro a súa condición de “poeta punk, urbano e universal”.

Con él repetiríase o proceso xa acostumado con tantos outros autores que desaparecen:

nos instantes máis inmediatos ao seu pasamento agroman frases, textos, epitafios sobre

a persoa desaparecida xeralmente feitos en termos eloxiosos, que nalgunhas veces non

son máis que recoñecementos póstumos a unha valía artística que en vida se lle negaban

ao autor en cuestión, cando non están ditados dende a piedade ou por mor dun efecto

expansivo. Polo común, este rebumbio de ditirambos dura moi pouco tempo. Acostuma

seguir despois un longo espazo de esquecemento do persoeiro e da súa obra. E

finalmente, se o designio emanado dende a instancia axeitada quere que recaian sobre

ese autor esquecido e a súa obra non menos esmorecida os lauros dunha celebración

nomeada, (no presente caso o Día das Letras Galegas), a transmigración de autor e obra

prodúcese, aínda que habitualmente eses gozos de evocación teñan tamén unha

duración exigua, exactamente a que segue en sesgo directamente proporcional ao enfase

ou ao empaque conque se quera revestir a xeira de agasallos que arrodean as

celebracions ou convocatorias. Pero ainda que efémera, a evocación prodúcese e, polo

tanto, xa podemos ver nelo un valor positivo.

Unha consecuencia non menos habitual dese espasmo de lembranza polo autor ou poeta

elixido é a emulsión subseguinte, xeralmente feita en forma escrita, de testemuños,

biografías, ou críticas á obra, cando non reprodución de textos vellos, xeralmente saídos

das mans de persoas que se autotitulan amigos, compañeiros de vivencias ou

simplemente conveciños que o fosen en vida do autor. O resultado é, frecuentemente, a

aparición de súpeto, en cadencia cuasi maravillosa, de obras escritas moitas delas con

sorprendente rapidez, con velocidades que quizáis veñan dictadas pola rixidez de data

fixa anual que ten a conmemoración do Día das Letras Galegas. A ese pulo xerador de

creacions súpetas hai que concederlle, ás veces, o mérito e propiciar a saída á luz de

parte da obra que estaba espallada ou que simplemente era descoñecida para o público.

Page 36: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

36

Ese é, na nosa opinión, o máis grande valor que se pode extraer desa vaga de producions

a esgalla.

Noutro dese paradoxos que serían tan abondosos ao longo da súa vida, o mesmo día do

pasamento de Pereiro saíu publicada a sentencia xudicial sobre o caso do aceite de

colza, que fora, xunto coa sida, que tamén contraíra de xeito derivado, as causantes da

súa morte.

Segundo os canons establecidos pola costume, seguiu unha morea de crónicas e

epitafios de parte de amigos e estudosos da súa obra, nalgunhas das cales hai

cabalmente que presupoñer que estuvesen tinguidas polo agarimo ou a a dor, propia dos

intres subseguintes á morte dunha persoa querida. Postos diante da necesidade de facer

unha escolla entre algúns deses tributos admirativos pola obra e a persoa de Pereiro,

imos traer eiquí en primeiro lugar, necesariamente en forma fragmentaria, o que lle

adiciou Manuel Rivas nunha necrolóxica memorable e que publicou no xornal “EL

País” o 29 de maio de 1996:”Lois era sempre o que ía delante. Daba a sensación de

que manexaba unha radiofonía secreta e que as cousas que valían a pena no mundo o

tiñan elexido a il como primeiro depositario, ao igual que os tesouros antigos estaban

protexidos por un “encanto”. .... Era só un rapaz enxoito e desperto que andaba ás

zancadas pola beira curiosa da vida, con aquel seu abrigo que parecía herdado de

Samuel Beckett..... Sentía fascinio pola linguaxe..... Il labraba poemas e os poemas o

moldeaban a il. No rostro estaba o libro da súa vida. Cando te achegabas, aquel corpo

castigado pola dor e a enfermidade tornábase fermoso, con aura, como se voltara

nacer en si mesmo.... Cada vez escribía e falaba con máis lucidez, nun estado de graza.

E estaba felix, cheo de desexo”.

Outra lembranza que atopamos axeitada para o noso obxecto, podería ser a que lle fixo

Antón Reixa co título de “Home epitafio” publicado no suplemento cultural de “La

Voz de Galicia”: “ Segundo o plan preciso da súa poesía enteira, Lois Pereiro morreu

hai un par de semanas, deixándonos aos demais, con ruído de treboada, a vida que non

utilizou... Poesía funeraria dun artista, seria, lúcida e longamente enfermo que valerá

para que os outros entendamos que a vida é mellor que non nos sorprenda xamais

desprevenidos, calados e neutrais.... Un tipo que viviu cada un dos seus versos, un

aguardenteiro de emocions clandestinas que ocupaba con aire disimulado e aristócrata

Page 37: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

37

as esquinas dos mostradores pero tiña “a cabeza no centro do mundo”..... O meu

desexo sería que os libros de Lois se vendesen nas farmacias como placebo para os

adictos á automedicación sentimental e dos efectos secundarios da vida”.

Foi longa a xeira de poetas que plasmaron na forma que lle é máis propia tributos de

agarimosa despedida ao compañeiro desaparecido. Poucos meses despois do seu

pasamento, no número 27 da revista Dorna apareceu unha compilación deses

testemuños. Aparecen alí nomes como os de Bernardino Graña, Luz Pozo Garza, Carme

Blanco, Ana Romaní, etc, entre outros. Uns en forma de estrofas rimadas ou non, outros

con textos da escrita tradicional, deixaron as súas mensaxes de lembranza. No transo,

tan difícil, de ter que escoller agora un texto poético dos que alí aparecen, imos

decantarnos polo soneto que lle adicou Manuel María, porque cremos que se conxuntan

alí a finura plástica, a procura máis axeitada pola metáfora evocadora, e o vigor

concluinte e expresivo dos sentimentos que o autor está querendo transmitir:

Meu cedro xigantón, querido amigo

rexo, xentil, lanzal, garrido e bo

que de Pontedeume te trouxo meu abó

!sempre estiven contigo e tí comigo!

Desacougado estou. Rabeo. Maldigo

cando te ollei esmoucado, triste, só

puxóseme na gorza un forte nó

pois tí non merecías tal castigo.

Podíate visitar de vez en cando

e téñote atopado saloucando

ou risoño, feliz e cantareiro.

Sen ningunha razón foite matando

Un fado inxusto, vil e traizoeiro.

!Que orfandade sen ti, meu compañeiro!

Page 38: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

38

Faltaríamos á nosa aposta pola obxectividade se silenciáramos as voces discordantes,

que sempre hai, sobre a obra ou mesmo pola designación de Pereiro como autor titular

do Día das Letras Galegas para o ano en que andamos.

Polo que atinxe ao primeiro aspecto, as críticas van enfocadas sobre todo cara á

curtidade cuantitativa da súa produción, aínda que tamén en canto ao fondo poético,

como por exemplo é o caso da que fai López Valcarcel, establecendo que: “os seus

poemas son excesivamente confesionales, e que non trascenden ao universal”.

En canto a outro dos bloques críticos, convén lembrar que non constitúe ningunha

novidade o feito de que aparezan posturas en contra da designación do autor que resulta

designado como vencedor nun enfrontamento fronte a outros e polo tanto merecente dos

lauros anuais que Galicia adica aos seus creadores literarios. Estamos diante dun

certame de sona que xa está consolidada no tempo, e que como xa dixemos antes, xera

derivacions importantes. Polo tanto, nada ten de novo que fose criticada a decisión da

Real Academia Galega para este ano. As liortas desta natureza forman parte do espectro

tradicional de que se acompaña o mundiño dos certames literarios.

Pola nosa parte, e como coda derradeira deste traballo, simplemente diremos que malia

que compartimos e atopamos bastante razoadas as críticas que se fan sobre a escaseza

cuantitativa da obra de Pereiro, parécenos igualmente aceptable a decisión electiva da

RAG porque, sen chegar aos excesos entusiásticos que algúns poidan sentir movidos

pola forza da amizade, cremos advertir en todo o seu legado literario pero sobre todo na

súa poesía, entidade bastante para acadar o galardón. Cremos que na categoría técnica

atópase o mellor criterio para a decisión final, e que aquela debe prevalecer sobre

consideracions meramente cuantitativas. Unha ollada moi breve ao histórico dos

galardóns abonda para decatarse que hai precedentes a eito expricativos de que non foi

unicamente o concepto da extensión o determinante para algunhas das designacions.

EMILIO J. UCHA BARROS

maio de 2011.

Page 39: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

39

10. FONTES DOCUMENTAIS

--ALBO, FRANCISCO. Lois Pereiro, en castelán. En LA VOZ DE GALICIA,

17/1/2008.

--BLANCO, CARMEN. Pereiro último. En DORNA. EXPRESION POETICA

GALEGA nº 23, Santiago, 1997.

.--BOUZA, FERMIN. Chove sobre mollado. En LUZES DE GALIZA nº 28, A Coruña,

1997.

--CALVO, JOSE LUIS E GEGUNDEZ LOPEZ, CARLOS. Lois Pereiro. O negro leite

da aurora. Toxos Outos, Noia, 2010.

--CAMPO, MARICA. Lois Pereiro, in memoriam. En XISTRAL nº 6, 2003.

--IGLESIAS, OSCAR. A nova sabotaxe de Lois Pereiro. En EL PAIS, 10/2/2011.

--MARIA, MANUEL. De sonetos á casa de Hortas. En DORNA. EXPRESION

POETICA GALEGA nº 23, Santiago 1997.

--MARTINEZ, IAGO. A ibrea menos incomoleta de Lois Pereiro. En XORNAL DE

GALICIA, A Coruña, 26/4/2011.

--OBELLEIRO, PAOLA. El Día das Letras para Lois Pereiro, poeta punk. En EL

PAIS, 27/6/2010.

--PATIÑO, ANTON. Lois Pereiro. Radiografía do abismo. Espiral Maior. Culleredo,

A Coruña, 2010.

--PATO, CHUS. A praia do corazón de Mandelstam”. En DORNA. EXPRESION

POETICA GALEGA nº 23, Santiago, 1997.

--PEREIRO, LOIS. Ezra Pound. En LA NAVAL, nº 1, A Coruña, marzo 1985.

Page 40: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

40

--PEREIRO, LOIS. Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda

hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia. En LUZES DE GALIZA nº 27,

A Coruña, 1996.

--PEREIRO, LOIS. Naúfragos do paradiso. En LUZES DE GALIZA nº 28, A Coruña,

1997.

--PEREIRO, LOIS. Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. Positivas,

Santiago 2006.

--PEREIRO, LOIS. Conversa ultramarina. Positivas, Santiago 2010.

--PEREIRO, LOIS. Poesía completa. Xerais, Vigo 2011.

--PERNAS CHAO, ROCIO. A derradeira batalla. En GALICIA INTERNACIONAL

Nº 11, Santiago, xuño 1996.

--REIXA, ANTON. O home epitafio. En LA VOZ DE GALICIA, A Coruña, 6/6/1996.

--RIVAS, MANUEL. Iste é un povo que sabe suicidar-se. Entrevista a Lois Pereiro. En

LUZES DE GALIZA, nº 0, Sada, A Coruña, 1985.

--RIVAS, MANUEL. Apostei á carta máis alta. A derradeira entrevista. En LUZES

DE GALIZA nº 28, A Coruña, 1997.

--RIVAS, MANUEL. Unha bomba envolta en flores. En LUZES DE GALIZA nº 28, A

Coruña, 1997.

--SALGADO, DANIEL. La poesía bisturí de Lois Pereiro. En EL PAIS, 29/10/2007.

--TVG. Qué es Galicia. Emitido o 25/7/1988.

Page 41: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

41

Page 42: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenilxuventude.xunta.es/uploads/letras_galegas_2011.pdf · que Lois Pereiro foi incardinado nesa corrente tan tebrosa do chamado

42