updlimiaverin.files.wordpress.com  · web viewsuperando os montes do nordés contemplamos o val do...

24

Upload: others

Post on 03-Sep-2020

2 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano
Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

Calvos de Randín

Unhas pinceladas do Concello

Ó sur da provincia de Ourense, limitando con Portugal, nas estribacións das Serras de Larouco, Da Pena e Xurés, atópase Calvos de Randín. Clima é o denominado oceánico de montaña, caracterizado por baixas temperaturas e precipitacións relevantes, aínda que sometido a unha forte sequía estival.

As terras son montañosas que pechan polo suroeste a comarca e a depresión de A Limia, formando os seus límites meridionais fronteira con Portugal.

A situación fronteiriza de Calvos de Randín interferiu na evolución histórica deste concello. Os lugares de Rubiás, Santiago e Meaus, que actualmente forman parte de Baltar e Calvos de Randín, pertenceron a un Couto Mixto. Este feito outorgáballes privilexios como exención de pagar tributos ou a elección de pertencer a un ou outro reino. A especial xurisdición favorecía as actividades económicas e incluso o contrabando. Como puntos de interese destacan O Cebreiro e Aguioncha en Feás, o val do Salas, onde o río se remansa nun encoro. Dous espazos naturais dignos de contemplar son a fervenza do río Fírbeda e a Serra da Pena con magníficas vistas. En canto a patrimonio histórico artístico destaca o castro de Paradela, a igrexa de Santiago dos Mistos, a praza do Eiró e varios fornos artesanais e cruceiros.

A altitude media oscila entre os 900 e 1100 metros, sen embargo no sector meridional, fronteirizo con Portugal, sobrepásanse esas alturas, ata rondar os 1.400 m nalgún punto concreto da Serra da Pena. Polo que respecta á hidrografía, o río Salas (principal afluente do Limia) percorre o municipio de Este a oeste e está represado no encoro de Salas, que se prolonga polo municipio limítrofe de Muíños e atravesa as terras portuguesas que hai entre ambos. O resto son ríos menores e arroios que tamén aflúen á conca do Limia, ben sexa por medio do río Salas ou polo Fírbeda.

O concello ten unha Extensión de 98 km2, e está formado polas seguintes parroquias (coas súas respectivas localidades)

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

Calvos: Calvos

Castelaus: Castelaus

Feás: Feás

Golpellás: Golpellás

Lobás: Serois, Pintas, Lobás, O Silvoso

Randín: Randín, Vilar, Paradela, Vilariño

Rioseco: Rioseco, Padroso, Lomear

Rubias Dos Mistos: Rubias, Santiago

Vila: Vila

Unha mirada atrásDesde moi antigo, os poboadores de Calvos de Randín foron deixando a

súa pegada por todo o territorio deste concello. Atopáronse mámoas en diversos lugares, como son o monte Meau, Forno da Tagurra (ambos dous en Golpellás), Penouces e a Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso (en Castelaus)…; tamén se sabe da existencia de diversos castros, como en A Cidade de San Vitoiro (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear)…

O territorio que conforma actualmente este concello estaba sometido ó señorío secular e xurisdición ordinaria do Conde de Lemos no século XVIII.

Merece un comentario aparte, por ocupar unha zona fronteiriza entre España e Portugal e pola súa peculiar organización derivada da súa pertenza ó Couto Mixto os lugares de Rubiás, Santiago e Meaus, que actualmente forman parte dos municipios de Baltar e Calvos de Randín.

Este feito conferíalle ós habitantes certos privilexios: estaban exentos de pagar tributos de sangue ou diñeiro e elixían libremente a pertenza a un ou outro reino. Conforme á elección realizada, dependían no aspecto xudicial do xuíz de Montealegre ou do de Xinzo de Limia, pero todos eles dependían no

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

relixioso do Bispado de Ourense, e o aspecto económico-gubernativo dun alcalde elixido por un período de tres anos e confirmado polo correxidor de Braganza.

Esta situación privilexiada facilitaba todo tipo de actividades económicas (o comercio en feiras dun ou outro país e o contrabando, que constituía a principal fonte de ingresos dos veciños), o que deu lugar á endogamia dentro do Couto Mixto, ata que en 1864 se trazaron novos límites fronteirizos.

Onde perderse Xoias naturais

O territorio de Calvos de Randín está repleto de xoias naturais, que se poden ir descubrindo a través das numerosas rutas de sendeirismo que hai.

Visitas obrigadas son ó Val do río Salas, a fervenza do río Fírbeda e a Serra da Pena.

No Val do río Salas, apréciase un circo de montañas que deixan adiviñar o traballo realizado pola erosión das augas do río Salas e que delimitan con claridade o seu val, que no seu paso polo remato de Santiago de Rubiás incorpórase ó Couto Mixto, onde a historia se adiantou varios séculos.

Uns kilómetros máis abaixo obsérvase o asentamento dunha necrópole de 3500-2500 a. C. en bo estado de conservación. Sendo precisamente cando o val do Salas se integra nun enclave natural de alto valor ecolóxico, o parque Natural de Baixa Limia - Serra do Xurés- Gêres, incluído na Rede de Espazos Naturais que comparte España con Portugal. Declarado Reserva Natural, defende unha desbordante natureza e unha paisaxe charramangueira chea de segredos, cantos e lendas onde a delicadeza se desliza como o fan os picos de Fontefría ata o pantano que en Maus se realizo sobre o Salas.

Nesta zona entrada en Portugal por Pitoes e tras cruzar a ponte sobre o Salas, é unha porta ó Parque Natural onde os montes se cobren de neve no inverno e en primavera dos amarelos, brancos, lilas, azuis, morados, rosas... das "xestas" e "carqueixas", "toxos", "urceiras"... formando un inigualable mosaico de cores. A beleza paisaxística do ámbito complétase cando

I.- Río Salas, ó fondo Castro de Rubiás

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

superando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano.

O río Fírbeda- Río das Mestas discorre entre os municipios de Calvos de Randín e Porqueira para a tan só uns cantos metros de alcanza-la localidade A Forxa romper violentamente as súas augas polo corto traxecto dun canón tan sinuoso como espectacular. Divisa-la fervenza ofrece un interesante xogo de posicións, pétreas atalaias de altitude considerable cortadas en vertical a partir do mesmo leito fluvial. Chegar ata os puntos máis avanzados desta especie de labirinto de miradoiros naturais, compensa xa só polo feito de notarse como instalado no espazo, con toda a fervenza moi preto e o abismo baixo os nosos pés, pero por isto entraña tamén certo risco que convén sopesar con anterioridade.

Logo desto, non é preciso avanzar para divisa-la fervenza, e aínda é posible deslizarse polos sinuosos sendeiros trazados entre as rechas ata o fondo, xunto ó río. A considerable merma de caudal que supón o verán facilítanos a aproximación a través do mesmo leito. Fronte ó estío, o outono volve a conxuga-lo espectacular co agradable.

A rede Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. Consta de Zonas Especiais de Conservación designadas de acordo coa Directiva Hábitat, así como de Zonas de Especial Protección para as Aves establecidas en virtude da Directiva Aves.

A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os hábitats máis ameazados de Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade ocasionada polo impacto adverso das actividades humanas. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea.

No extremo sudoccidental da provincia de Ourense, facendo fronteira con Portugal. As localidades de referencia son Leirado, Bande, A Vila (Lobeira), Muíños, Lobios e Calvos.

DATA DE DECLARACIÓN: 2 de abril de 2004 (ZEPA ES0000376)

CONCELLOS: Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños, Calvos de Randín.

SUPERFICIE: 31.287 ha.

OUTRAS FIGURAS DE PROTECCIÓN

Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

Lugar de Importancia Comunitaria (Baixa Limia, LIC ES1130001; 34.248,13 ha).

Parque Natural (Baixa Limia- Serra do Xurés, 20.920 ha). A área forma unha unidade coa ZEPA PT002 (62.922 ha) e Parque

Nacional Peneda- Gerês (70.290 ha), en Portugal.

ACCESOS: O acceso desde Ourense lévase a cabo pola estrada N-540 (Lugo- Portugal). Así mesmo, desde a estrada N-525 (Santiago- Zamora) ou a A-52 (autovía das Rías Baixas) pódese acceder pasando por Xinzo de Limia e continuando por Mugueimes, ou ben por Calvos e Maus de Salas.

INFRAESTRUTURAS: Centro de Interpretación (Sede do Parque Natural), en Lobios. Dentro da REDE NATURA 2000, no concello de Calvos de Randín existen dúas rutas moi interesantes:

O CAMIÑO PRIVILEXIADO

O Couto Mixto dispuña dun Camiño Privilexiado que o atravesaba comunicando as serras de Randín en España e de Tourem en Portugal. Tiña unha extensión aproximada de seis quilómetros e estaba delimitado por mouteiras ou fitos de pedra con sinais diversos, principalmente, cruces. Este camiño tiña unha finalidade comercial de tránsito, e natureza neutral a efectos de Portugal e España, discorrendo en maior medida por terras españolas. Ó longo do seu trazado ninguén podía ser apresado ou aprehendidas as mercancías que portase, incluídas as de contrabando.

RUTA DO CONTRABANDO

II.- Camiño privilexiado

III.- Camiño Privilexiado II

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

Percorrido circular de case 11 km. Esta ruta une dous pobos transfronteirizos, Tourem e Randín, que sempre tiveron vivencias comúns, unha delas o contrabando que sempre vivirá na memoria das súas xentes.

Este camiño pretende recuperar unha das antigas rutas de contrabando existentes entre Galicia e Portugal.

Riquezas Históricas culturais

O COUTO MIXTO

Conta a lenda que os veciños da zona protexeron unha vez a unha fuxitiva princesa embarazada, que deu a luz no Couto. Cando ela chegou a raíña outorgoulle grandes privilexios aos seus protectores. O neno foi San Rosendo, fundador de Celanova e Bispo de Mondoñedo.

Estaba formado polos lugares de Rubiás, Santiago,ambos en Calvos de Randín, e Meaus en Baltar.

O Couto recoñéceo o Señorío de España, polos que pagaba unha suma anual, que chamaban Alcadaba e se repartía entre os tres Pobos. Se embargo tamén pagaba unha suma anual á casa de Braganza Portuguesa. No relixioso o Couto pertence á Diocese de Ourense. A capitalidade política e administrativa ostentábaa o pobo de SANTIAGO.

O arquivo do Couto gardábase nunha arca de madeira depositaba na Igrexa de Santiago. Albergaba os documentos que, dende tempos medievais, facían do Couto Mixto un territorio, en práctica, independente. Pechábase con tres chaves, cada unha gardada por un dos tres Pobos (Santiago, Meaus e Louras), o Xuíz Posuía unha delas. Para abrir o Peto debían reunirse doce homes, mais os tres posuidores das citadas chaves (quince en total), cinco por

pobo. Abrir a Arca requiría unha cerimonia solemne, símbolo do valor sagrado que, para as súas xentes, significaban os seus privilexios. Os documentos foron destruídos polos Franceses en 1809, cando se retiraban da Península.

Na actualidade a arca (restaurada) constitúe o símbolo do Couto Mixto. Nela gárdase,

dende 1998, toda a documentación referente á recuperación da Memoria Histórica. Para abrir a Arca mantense a tradición das tres chaves que

IV.- Arca

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

V.- Último Xuíz do Couto Mixto

corresponden ós tres mencionados Pobos do Couto Mixto (Santiago, Meaus e Louras).

O Xuíz do Couto tiña as atribucións e competencias de tipo civil, aínda que os habitantes tiñan a posibilidade de recorrer, en segunda instancia, ante as autoridades do Partido Xudicial Español ou Portugués. No penal distínguese entre delitos menores e outros de maior importancia. Nestes últimos permitíase, no Couto, a persecución do culpable por parte das autoridades da súa nacionalidade. No administrativo o Xuíz era soberano. En materia matrimonial e de sucesións estivo vixente o propio dereito do Couto, sen atender a normas de países veciños.

O idioma popular do Couto era o Galego, aínda que en documentos e escolas se utilizaba o Castelán.

O cultivo mais estendido era o Tabaco. Outros cultivos mencionables eran Liño, millo, Patacas etc.

O centro do comercio era o pobo de MEAUS. Os tecidos constituían unha dos principais mercadorías, cuxas vendas empezaron a decaer cara a 1846. Tamén eran obxecto de comercio útiles de ferraxaría e labranza. Outros comercios de importancia foron o sal e o gando.

Unha das actividades mercantís mais singulares do Couto era a venta de produtos de farmacia. Este comercio era libre e sen necesidade de titulación.

Foron moitas as tentativas de rematar co estado privilexiado do Couto Mixto. A súa existencia molestaba ós gobernos de España e Portugal. Os informes da época denotan os sentimentos que os veciños dos pobos Mixtos espertaban. A principios de 1856 compareceron, no termo do Couto os membros da primeira Comisión Mixta de Limites. Acordaron que o Couto fose dividido por unha liña, coincidente co río Salas, de forma que Meaus estivese sometido á Soberanía Española mentres que Santiago e Louras o serían á Portuguesa, non obstante o Presidente da Comisión Española (Fidencio Bourman) opúxose, quedando as negociacións en mans dos dous Gobernos por vía Diplomática. Años despois, a falta de acordo, elaborouse unha nova proposta, pola sección Portuguesa, segundo a cal o Couto debería ser dividido de forma que Rubias quedase sometido a Portugal á vez que Santiago e Meaus a España. Esta situación prolongouse ata o 29 de setembro de 1864, coa creación dunha Comisión Diplomática de estudo e redacción do Tratado de Límites. Esta Comisión deixou á marxe a intervención das anteriores. Nas

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

primeiras bases admitiuse que o Couto quedase pertencendo a España e a cambio cederíanse a Portugal os tres pobos Promiscuos de Cambedo, Souteliño e Lama de Arcos. Co acordo desaparecían os privilexios do Couto. O tratado dato da data referida - Convenio de Lisboa- que foi ratificado por España e Portugal en 1865. O documento de entrega e posesión formalizouse en Santiago o 23 de xuño de 1868. A execución do tratado empezou a súa vixencia o 5 de novembro de 1868, concluíndo así o Couto Mixto.

O CAMIÑO PRIVILEXIADO

Non se pode determinar a data dende que se vén transitando polo Camiño. Debe existir dende o mesmo momento da formación do Couto Mixto, sobre todo tendo en conta que o mesmo corre ó pé do Outeiro da Picoña, que se ergueu onde morou o Adiantado dos monarcas portugueses, ós que ligan os feitos que darán nacemento ó Couto Mixto.

O camiño alongábase entre o Couto Mixto, atravesando as terras de Randín e abeirando o Outeiro da Picoña, para penetrar en terras portuguesas e rematar en Tourém. O percorrido aproximábase a uns seis quilómetros, e deseñaba unha curva cara o sur, estando sinalado nalgúns puntos con cruces marcadas en penedos.

O Camiño Privilexiado, transcorre por fermosos lugares do val do río Salas, atravesando poldras, regatos, outeiros e carreiros singulares. O seu extraordinario valor radicaba en que ó longo do seu trazado, ninguén podía ser apresado, nin podían coller as mercadorías que transportasen, incluíndo o contrabando, razón que impedía ós carabineiros españois e gardas portugueses actuar contra os camiñantes que o utilizasen. O Camiño Privilexiado durou tanto coma o Couto Mixto, quedando espido da súa singularidade a partires do Tratado de Lisboa de 1864.

RECUPERACIÓN DO CAMIÑO PRIVILEXIADO

No ano 2007, iniciouse a súa recuperación grazas á colaboración do Alcalde do Concello de Calvos de Randín, don AQUILINO VALENCIA SALGADO, xunto coa Escola Obradoiro “Couto Mixto”.

Comeza no pobo de Santiago, continúa por Rubiás e remata en Tourém (Portugal).

PRIVILEXIOS DO COUTO

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

Nacionalidade: Non estaban obrigados a adquirir unha determinada nacionalidade (España ou Portugal). Podían prescindir de ambas as dúas nacionalidades e figurar como cidadáns do Couto.

Identidade: A identidade estaba tan só certificada pola partida de nacemento.

Cargas Fiscais: Non estaban obrigados a pagar contribucións a España ou Portugal.

Limites: Non podían ser apresados dentro dunha legua estendida na periferia do Couto e nunca en ó camiño privilexiado.

Exención De Sangue: Non achegaba o Couto homes para o exercito de España ou Portugal.

Armas: Non necesitaban licenza para a tenza e uso de toda clase dá armas dentro do Couto ou no Camiño Privilexiado.

Impresos Oficiais: Non estaban obrigados a usar papel selado nin pagaban dereitos ó Rexistro da Propiedade.

Camiño Privilexiado: Dispoñían dun camiño dá aproximadamente seis quilómetros no cal as autoridades non podían realizar aprehensións, requisar xéneros de contrabando, nin molestar ós seus usuarios.

Autogoberno: O Couto tiña o privilexio de autogobernarse mediante a elección democrática dun Xuíz, auxiliado polos chamados Homes de acordo e bos, elixidos entre os tres pobos. A elección efectúase a principios de ano e cada tres. O Xuíz propietario podía nomear un Xuíz interino e un Secretario. As decisións se tomaban no pobo de Santiago, recoñecido como capitalidade política.

Dereito De Asilo: No Couto non podían entrar autoridades (Españolas ou Portuguesas), salvo en determinados delitos como o homicidio. A autoridade máxima do Couto podía negar aloxamento ás forzas militares dos seus veciños.

Feiras E Mercados: Podían acudir ás feiras limítrofes efectuando transaccións comerciais sen pagar dereitos nin documentos de ningún tipo, sempre que non incorresen en actividades de contrabando.

Cultivos: O cultivo estaba aberto no Couto en todas as súas variedades. Este privilexio perdeuse en 1850.

Política: Non estaban obrigados a participar en eleccións ou asuntos políticos.

Tesouros arquitectónicos

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

IGREXAS E CAPELAS

Igrexa Parroquial De Santiago De Calvos: De estilo popular, século máis relevante o XIX. Estrutúrase en tres corpos, un principal, o lateral e o presbiterio, máis elevado. Muros de sillería. Na fachada, un arco de medio punto con grandes dovelas conforma a porta, encima fornacina con imaxe do santo e óculo. Fina cornixa como remate do muro principal dende onde arrancan dous arcos xemelgos con arquitrabes no terzo superior. De remate un frontón triangular.

Capela De Calvos: De estilo popular, século máis relevante o XX. A capela é de recente construcción, trala demolición da que había no século XVIII. A súa planta é rectangular cunha pequena cuberta na entrada. Resólvese con perpiaño e forxados de formigón. Tella na cuberta, As ventás horizontais e estreitas recorren tódalas fachadas e como coroación un pequeno campanario.

Capela De Pintás: No lugar de Pintás encóntrase a capela dedicada Á nosa Señora. De sinxela traza con espadana dun só oco, ten aproveitada entre os seus muros un ara romana. No seu interior retablo barroco. Unhas pinturas murais decorativas e de escasa técnica localízanse a ambos os dous lados do retablo.

Igrexa Parroquial De San Xoán De Randín: Estilo popular e barroco. Século máis relevante o XVII e XVIII. Estrutúrase en tres corpos, un principal, o presbiterio máis elevado e un lateral. Muro de sillería isodoma. Na fachada porta adintelada enmarcada por unha banda con borde acanalado que se retrae en ángulos curvos e nas esquinas. Ventá enmarcada con baquetón con listeis. Nos esquinais pilastras de escaso resalte con tres aquitrabes. Tódolos esquinais remátanse con acroteiras de bólas. Sobre o ático grosa cornixa e espadade dous arcos con piares

refundidos e arquitrabes no terzo superior que subraian arcos peraltados. Remátase con frontón triangular agudo con vano no seu centro e óculo. O muro de peche é de sillería de 1.30 m en xunta seca co borde redondeado e

VI.- Igrexa de Calvos

VII.- Igrexa de Randín

VIII.- Reloxo de sol na igrexa de Randín

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

remates peraltados no centro coa porta de fundición. Sobre el hai varias cruces de cantería que fan explícita o relación do edificio co baleiro.

Ermida Do Neno Xesús: De estilo popular, século máis relevante o XVIII. Planta rectangular co baptisterio lateral. Muros de sillería tomada con morteiro. Fachada con porta enmarcada por unha media caña que acoda nos ángulos do dintel. Ventás con bordes refundidos de forma circular a modo de vieira. Pequena espadana dun arco. Nos esquinais e no encontro do presbiterio, pirámides rematadas con formas esféricas e dous dos esquinais en flor. Inmediata á ermida unha explanada e unha fonte que comentan ritos e festas que se estenden máis alá dos muros.

Igrexa De Santiago De Rubiás: Estilos románico e popular, séculos máis relevantes o XIV e o XVIII. Muro de sillería isodoma con planta rectangular e presbiterio máis baixo con ábsida rectangular. Fachada con porta adintelada enmarcada por un fino chaflan redondeado que se refunde máis nos ángulos do dintel. Ventá rectangular no hastial. Nas esquinas pilastras lisas seudodóricas. Gran cornixa curva nas ramplas iniciadas con volutas e recta no ático. Espadana con corpo de arcos xemelgos con machóns flanqueados por listeis e arquitrabes no terzo superior e frontón triangular agudo con vano nos arcos e orificio circular no centro. O ábsida conserva ventá románica de medio punto cunha columna adosada e arquivoltas de toros e medias canas. Baixo o aleiro, cancelos xeométricos.

Igrexa De San Martiño De Castelaus: Igrexa parroquial de sinxela traza barroca. No seu interior destacan o retablo maior, do século XVIII, así como os talles do seu patrón, San Martiño e San Antonio. Garda unha pila bautismal que probablemente teña orixe románica.

Igrexa De San Vicente De Lobás: Igrexa de estilo barroco e retablo maior de similar estilo. Antes tivo retablo de estilo manierista que en marzo de 1607 se compromete a pintar Gonzalo Pérez e Miguel Cuquejo (ambos os dous de Ourense). Garda cruz procesional barroca de bastante calidade, próxima ó estilo dos prateiros Ortiz de Ourense.

Igrexa De Santa Mariña De Rioseco: Igrexa sen estilo definido, aínda que pode datarse no século XIX, momento do cal é o retablo maior. Destaca unha imaxe de San Pedro, barroca, como obra máis importante. Hai un peto de ánimas pétreo do século XIX.

Igrexa De Santiago De Rubiás Dos Mistos: A igrexa románica de Rubiás, ampliouse no século XVIII, conservándose a capela maior do primitivo templo, cuberta por unha bóveda de canón apuntada. Baixo as sucesivas capas de cal

IX.- Igrexa de Rubiás

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

consérvanse pinturas, que quizais representen o xuízo final, que poderían datarse no século XVI. No interior a retablística barroca forma un conxunto moi harmónico, comezando polo retablo maior, con relevos dos evanxelistas e varias imaxes de vulto redondo, entre elas o patrón representado como milhomes. Tamén destaca o retablo Da nosa Señora do Carme e do Santo Cristo, no que hai escenas en relevo coa Santa Cea e diversos motivos da Paixón.

Igrexa De San Miguel De Feás: Tanto a igrexa coma os retablos e imaxes sitúanse cronoloxicamente no século XVIII. Imaxes de Santa Bárbara, San Bieito, Virxe do Rosario e Virxe do Carme de estilo barroco; entre a discreción de todas elas destaca a de San Paulo.

Igrexa De Santa María De Vila: Igrexa do século XVIII, de estrutura sinxela. No seu interior destaca o retablo maior do século XVIII con relevos dos catro evanxelistas; tamén sobresae a imaxe da Asunción, barroca.

PAZOS

Pazo Dos Tejada: Estilo popular, séculos máis relevantes, o XVIII e o XIX. Ten unha tipoloxía típica de pazo con tres corpos conectados por unha solaina que permite o acceso por debaixo. No concello hai moitos exemplos a escala reducida. Esta estrutura complexízase aínda máis cando aparecen muros de contención no patio inferior e de cerre no lateral, que dan novas posibilidades espaciais ó apropiarse de tres volumes interconectados que aparecen como prolongación do volume principal. O edificio e os seus muros, a excepción dunha ala rehabilitada, son de sillería concertada, dintel nunha gran porta con escudo emblemático encima. Cornixa recta en todo o edificio principal. Solainas en dous corpos. Detalles de carpintería de calidade. Bancos de cantería a ambos lados da porta principal. Portas secundarias con sombreirete executado con estrutura de madeira. É xunto coa igrexa de Randín, o edificio de máis valor arquitectónico do concello.

Pazo De Randín: Estilo popular, século máis relevante o XIX. Na súa orixe tiña unha tipoloxía típica de pazo con tres corpos, un na actualidade está destruído. O edificio polo tanto resúmese en dous corpos en L ós que se lle suma una alpendre para delimitar todo o baleiro. Boa sillería no edificio. No patio solaina corrida sobre grosos piares con capiteis de forma xeométrica. Ventás con cerco encintado. Cornixa potente con estrías e encintado groso na súa faixa inferior. Numerosas portas, en especial a que conflúe ó cruce de rúas creando a fachada máis clara de todo o pazo.

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

HÓRREOS

Hórreo En Randín: Século máis relevante o XX. Estructura de cantería con seis pés de apoio e laxas intermedias entre o dintel e o piar. Armazón de madeira. Potente cornixa como remate do frontes. Aleiros pronunciados nas fachadas lonxitudinais.

Hórreo En Rioseco: Século máis relevante o XX. O hórreo é parte fundamental da fachada da vivenda. Está apoiado no muro de cerre e a cuberta é a prolongación das típicas de entrada. A estrutura é de madeira coa celosía resolta no mesmo material, todo pintado en anil. Debaixo unha porta de acceso secundario.

CRUCEIROS

Cruceiro De Calvos: Cruceiro levantado sobre unha plataforma con tres bancadas visibles. Na superior apóiase un pedestal cuadrangular monolítico, no que normalmente se poñía a inscrición, e sobre el arranca unha vara poligonal que culmina cun capitel decorado con elementos vexetais. Coroa a composición unha cruz cun Cristo crucificado no anverso, e unha Dolorosa no reverso.

Cruceiro De Randín: Cruceiro asentado sobre plataforma granítica, cunha bancada de catro chanzos sobre a que se asenta un pedestal monolítico do que arranca un fuste cilíndrico, culminado este cun capitel de inspiración xónica onde se instala a parte esencial do cruceiro: a cruz con Cristo crucificado con tres cravos e a cabeza inclinada cara á dereita. No reverso está representada a Virxe María.

Calvario De Vilariño: Conxunto de tres cruces situada nun montículo á entrada do pobo de Vilariño, que aínda que reflicten unha arte un pouco ruda, forman un conxunto de gran beleza, que non perdeu a pesar de estar abandonado.

Outros cruceiros destacables no concello de Calvos de Randín son:

- Cruceiro De Paradela- 4 Cruceiros En Castelaus- Cruceiro De Vila

X.- Cruceiro de Calvos

XI.- Cruceiro de Randín

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

- Cruceiro De Rioseco- Cruceiro De Padroso- Cruceiro De Rubiás

Todos eles son cruceiros de tres corpos en cantería con plataformas de dúas gradas, pedestal cúbico con ángulos redondeados, varal octogonal con capitel e cruz. Os séculos máis relevantes son XVIII e XIX.

PETOS DE ÁNIMAS

Peto De Ánimas De Calvos: Peto de ánimas construído con cadeirado de bloques labrados en desigual tamaño; presenta fornela de medio punto sobre unha desenvolvida repisa que discorre abrazando a fronte e laterais do monumento, constituíndo o remate unha cornixa en leve saledizo. Aumenta a monumentalidade da obra a adición dun pórtico alintelado, cuxa cuberta revela nos detalles construtivos, o coñecemento de técnicas empregadas no traballo da madeira: realizada a dúas augas, presenta baixo a arquitrabe, onde se practica unha ensambladura con rebaixe "a media madeira". O octogonal, que cargan sobre unha plataforma necesaria para lograr unha altura precisa.

Un epígrafe gravado nos perpiaños indícanos quen foi o doador así como a data de construción en 1826.

Peto De Ánimas De Vilar: Compón o monumento un corpo provisto de fornela de medio punto e cuberta plana, que se prolonga na fronte configurando un pórtico alintelado con cornixa de cuarto bocel, apeado en piares octogonais sobre pedestais.

Rematan decorativamente o conxunto, dous pináculos flanqueando un pedestal de cruz.

Peto De Ánimas No Cruce De Padroso. Desenvólvese sobre unha bancada, constando de dous corpos de claros valores volumétricos. O inferior, organizado en forma de pedestal, presenta zócolo con plinto e touro, con inscrición (de Martín Setín, Ano 1873) e cornixa de remate.

XII.- Cruceiro de Padroso

XIII.- Peto de ánimas de Calvos

XIV.- Peto de ánimas de Vilar

XV.- Peto do Pedroso

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

O corpo principal, onde se impón o rigor da verticalidade, presenta fornela de medio punto e remata con moldura semicircular, a partir da cal se dispón o coroamento da obra; a súa estética consiste nunha oposición de luces e sombras de límites cortantes. Consta de arquitrabe lisa e friso de perfil cóncavo, sobre o que carga airosamente a cornixa. A obra rematábase con cruz, da que só se conserva o seu pedestal.

Peto De Ánimas De Feás: Aséntase sobre plataforma, e a súa estrutura divídese en dous corpos compartimentar pola cornixa do corpo inferior. Na altura superior practícase a fornela en medio punto. Remata con cornixa de cume recto, quedando a parte posterior desprovista de toda moldura. A proxección vertical do monumento acentúase coa presenza dunha estilizada cruz de sección octogonal e decorada con motivo anular sobre pedestal.

Peto De Ánimas De Rubiás: Peto de ánimas asentado sobre plataforma, que destaca polo seu carácter volumétrico e polo desenvolvemento concedido á repisa mensulada, en relación coas breves proporcións da fornela de medio punto. Remata con cornixa moldurada, sobre a que descansa o pedestal dunha cruz.

Todos eles con características similares de plataforma de sillares corpo prismático con repisa e outro con fornacina en

arco de medio punto e cimacio. Sobre el, unha cruz de pedra sobre pedestal. Século máis relevante o XIX.

FORNOS

En moitas localidades do concello de Calvos consérvanse fornos, todos eles de características similares, que son edificacións de forma rectangular resolta en sillería. O século máis relevante é o XIX. Destacan, entre outros:

- Forno De Randín- Forno De Vila- Forno De Lomear- Forno De Rubiás- Forno De Santiago De Rubiás

XVI.- Peto de Feás, ó fondo a igrexa

XVII.- Peto de Rubiás

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

CALZADAS

Calzada No Barrio De Nogueiras: Consiste nunha calzada de canteiría sobre unha base de terra prensada, nos puntos singulares como os bordes dos canais, utilízanse pedras de maior dimensión. Contiguas, un par de fontes escavadas en grandes pedras. Século XIX.

Calzada En Rubiás: Consiste nunha calzada de canteiría sobre unha base de terra prensada. En parte do seu borde está delimitada polo muro de encauzamento do muíño. O seu estado degradouse polos desbordamentos do río. Século XIX.

MUIÑOS

Tamén se conservan muíños no concello de Calvos de Randín, varios deles en estado ruinoso, o século máis relevante foi o XIX. Todos teñen característica similares. Os únicos na actualidade que seguen en funcionamento son o de Vilar e o de Rubiás.

FONTES, LAVADEIROS E ABREVADEIROS PONTES

Practicamente en tódolos pobos que conforman o concello existen fontes e lavadoiros con características similares, conservándose en bo estado, e colocadas dentro do núcleo rural de cada pobo. As pontes máis significativas son:

Ponte Ás Aforas De Calvos Ponte Ás Aforas De Randín Ponte No Camiño Do Río En Vilar Pontes En Rubiás

XVIII.- Muíño de Rubiás

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewsuperando os montes do Nordés contemplamos o val do chamado Río do Esquecemento que corresponde ó famoso Limia, o Lethes romano

XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS

MÁMOAS

Monte Meau (Golpellás)Penouces (Vila)Forno Da Tagurra (Golpellás)As Lamas (Pintás)A Chamuscada (Vila)O Viso (Castelaus)Outeiro Das Moas (Paradela)As Rebouciñas (Padroso)A Mota Grande (Castelaus)

CASTROSCidade De San Vitoiro (Castelaus)Outeiro Da Cerca (Lomear)O Castro (Rubiás)Penas Altas (Calvos)A Picoña (Randin)

Un alto no camiñoNo mesón A Touza pódese degustar cociña galega, disfrutando das súas especialidades: Bacallau, carne de cachena, revolto de estrugas. Ten capacidade para 52 persoas

TURISMO RURAL CASA DO EIRÓNúmero de Habitaciones 6Capacidad Total 14Praza do Eiró, 6 - 32644 Calvos de Randín - Tel: 988 43 40 05 

www.casaruraldoeiro.com  Grupo: B Casa de aldea Categoría: No Compartido

XIX.- Casa do Eiró