bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre...

99
Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques eólicos de Galicia

Upload: doanhuong

Post on 07-Dec-2018

213 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Bases para a tramitación e xestión ambientaldos parques eólicos de Galicia

Page 2: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 3: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Bases para a tramitación e xestión ambientaldos parques eólicos de Galicia

2004

Page 4: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Equipo redactorDIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL:

José Manuel Álvarez-Campana GalloÁngel Antonio García AriasJesús SantamarinaJosé Luis García Ares

ASOCIACIÓN EÓLICA DE GALICIA:Enrique Anchústegui QuintelaFernando Quirós GonzálezMaría Luz Lozano CerezoVictoria Villoch VázquezAitxiber Céspedes Casero

EditaConsellería de Medio AmbienteAsociación Eólica de Galicia

CoordinaciónINCIS

FotografíasArquivo EGA

Deseño gráficoXosé Díaz/Imago Mundi

ImpresiónImagraf

Depósito LegalC-0000-2004

© da edición: Xunta de Galicia e Asociación Eólica de Galicia

Page 5: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

T Á B O A

7 PRESENTACIÓNXosé Manuel Barreiro FernándezConselleiro de Medio Ambiente

11 A XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL DENDE A ADMINISTRACIÓNJosé Manuel Álvarez-Campana Gallo Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

13 COMPROMISO EMPRESARIALLuis Caamaño MartínezPresidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA)

15 PARTE 1. As bases teóricas dun modelo de cooperación pública-privada17 CAPÍTULO 1. As bases teóricas dun modelo

25 PARTE 2. A avalición ambiental como instrumento para a sustentabilidade27 CAPÍTULO 2. A información ambiental como expresión da actividade sustentable30 CAPÍTULO 3. Os estudos ambientais na forma e no fondo35 CAPÍTULO 4. O alcance do estudio ambiental

39 PARTE 3. O contido dos estudios de avaliación ambiental41 CAPÍTULO 5. O contido dos estudios44 CAPÍTULO 6. A implementación dun estudio ambiental50 CAPÍTULO 7. Inventario ambiental56 CAPÍTULO 8. Medio biótico59 CAPÍTULO 9. Medio perceptual61 CAPÍTULO 10. Medio socioeconómico64 CAPÍTULO 11. Medio cultural e etnográfico66 CAPÍTULO 12. Accións do proxecto con repercusións ambientais68 CAPÍTULO 13. Análise das alternativas70 CAPÍTULO 14. Avaliación de impactos ou efectos ambientais75 CAPÍTULO 15. Avaliación de efectos77 CAPÍTULO 16. Medidas ambientais, protectoras, correctoras e compensatorias82 CAPÍTULO 17. Resume do estudio e conclusións85 CAPÍTULO 18. Sobre os equipos técnicos

87 PARTE 4. Vixilancia e seguimento ambiental. 89 CAPÍTULO 19. Programa de vixilancia ambiental93 CAPÍTULO 20. A auditoría ambiental: Prazos e obxectivos

97 EPÍLOGO

Page 6: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

7

Entre os sinais máis claros de madurez democráticaque pode dar unha sociedade está, sen dúbida, opensamento ecolóxico. Apareceu a mediados do

século XX e constitúe hoxe un corte esencial na conforma-ción dos programas e na determinación horizontal das polí-ticas públicas. A idea de que o desenvolvemento económi-co ten que ser sustentable, e de que non podemos consumiros recursos naturais das vindeiras xeracións, modifica subs-tancialmente o emprego das fontes enerxéticas. Taménaltera en toda a súa extensión a forma de facer política. Poriso temos que acostumarnos a aplicar unha correcciónmedioambiental ás nosas ideas, ata que esta obriga xa reco-ñecida se converta en cultura, e se manifeste entre nós dun

xeito tan espontáneo como as relacións de autoridade ou o respecto á propiedade privada.Atrévome a ir un pouco máis alá: Na actual comprensión da democracia, que inclúe en si

mesma a liberdade e o benestar, resulta imposible concibir un sistema democrático que nonsexa constitucionalmente respectuoso co medio ambiente, na medida en que unha agresiónirreversible contra o ambiente privaría aos cidadáns presentes e futuros dun dereito funda-mental, esencial e irrenunciable. E por iso desexo recordar que o modelo da Xunta de Galiciavai moito máis alá do que significa a existencia dunha consellería que xestiona as cuestiónsmáis sensibles relacionadas coa natureza. Tamén alcanza a definir unha filosofía ambiental quepenetra o conxunto da Administración, e que intenta obrigar a que toda a visión dos intere-ses públicos se realice a través da cultura ambientalista.

Hoxe nos encontramos nun estadio da cultura ecolóxica que xa dá por periclitada a máxi-ma de “quen contamina paga”, e que, sen negar a necesidade de sancionar, enuncia o princi-pio de que o custo da contaminación non é socialmente resarcible, e por iso tampouco resul-ta admisible. Deste xeito chegamos a un momento no que todos nos sentimos comprometidosco equilibrio natural e co desenvolvemento sostible, nun marco no que tanto as Administra-

PRESENTACIÓN

Excmo. Sr. D. Xosé Manuel Barreiro FernándezVicepresidente da Xunta e Conselleiro de Medio Ambiente

Page 7: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

8

cións como as empresas e os cidadáns se senten obrigados a conquistar o obxectivo irrenun-ciable de manter o equilibrio entre progreso e natureza.

Claro que para iso tivemos que cambiar tamén o concepto de política ambiental, para que,lonxe de ser concibida como unha separación entre a civilización e a natureza, ou como unhaaberta confrontación entre ámbalas dúas, fose enunciada como un conxunto de accións orien-tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza é posible sempre que se faga con regras expresas e rigorosas, e sempre quese adopten medidas para calibrar –e se é o caso reparar– as consecuencias inevitables das inter-vencións necesarias.

Polo tanto, a política medioambiental de agora parte non só de recoñecer a posibilidade deproducir determinados impactos sobre a natureza, senón tamén da necesidade de adoptarmedidas de reposición de efectos inevitables, e de substituír os espazos que sexan alterados. Xasabemos tamén que resulta posible o equilibrio entre desenvolvemento e medio natural, e quenon deben escatimarse recursos para reconducir o noso sistema produtivo cara a sustentabili-dade.

Neste marco teórico encóntrase, como un sector paradigmático, a xeración eólica. As súasfortalezas radican en que cambia fontes enerxéticas escasas e contaminantes por outras reno-vables, e no que, recoñecendo o carácter inevitable de certos impactos, trata de estudalos contan meticulosa atención que sempre garante un balance positivo no equilibrio ambiental dopaís.

Non existindo modelos enerxéticos inocuos, e resultando imposible prescindir dos abun-dantes fluxos de enerxía que nutren a vida das sociedades modernas, parece evidente que amoderación do consumo que perseguimos non constitúe unha solución suficiente. Por isotemos que apuntar cara a fórmulas de produción que son naturais aliadas do medio, e que,sendo tamén compatibles co aforro enerxético, acreditaron a súa positiva incidencia nosbalances ambientais xerais. Para que continúe así, impulsamos iniciativas que, como esta queagora se presenta, tratan de compatibilizar a eficiencia empresarial e a xeración de enerxíacunha filosofía ambiental que non deixa ningún flanco desprotexido.

O modelo de estudios ambientais que inspira este libro adáptase a unha administración dosrecursos eólicos eficiente e garantista, cunha atención moi evidente á defensa do patrimonionatural, cultural e social, pero coa decisión de facilitar unha xestión empresarial rendible e res-ponsable. Porque máis alá do que nos impoñen os marcos legais da Unión Europea e de Espa-ña, e das obrigas que están recollidas na nosa regulación autonómica, a filosofía deste traballobaséase na necesidade de colaboración entre o sector público e o privado para a consecucióndos obxectivos propios dunha cultura ecolóxica moderna.

Se os empresarios non senten vivamente a cultura ecolóxica, e as responsabilidades que

Page 8: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

9

dela se derivan, será imposible mellorar o balance ambiental de Galicia no marco dos actuaise irrenunciables programas eólicos. E se a Administración non recoñece os modelos de actua-ción e os obxectivos económicos dos empresarios, tampouco será posible nin o cálculo nin arealización dos investimentos destinados a obter un beneficio empresarial xusto e razoable.

Polo tanto, este documento que agora presentamos é máis que un recordatorio do marcolegal aplicable e da filosofía que alenta nas políticas enerxéticas e medioambientais. Está feitodesde a profunda confianza entre a Administración e o sector empresarial, dando ámbolosdous por sentado que se pode facer empresa respectando e favorecendo o beneficio público, domesmo xeito que é posible administrar o país ó servizo dos cidadáns, apoiando simultanea-mente a actividade empresarial honesta e mellorando a eficiencia en todos os aspectos.

De aí que fixésemos un esforzo de actualización dos modelos de xestión política e empresa-rial, para conectalos coas correntes científicas máis avanzadas do momento. Porque estamosseguros de que o desenvolvemento sostible non é froito da inacción, senón da xestión efi-ciente. E porque, lonxe de enfrontar a xestión pública coa privada, procuramos a sinerxía doben común.

Desde esta perspectiva resulta de singular importancia a idea de colaboración da Adminis-tración e os empresarios eólicos reunidos en EGA a favor do equilibrio medioambiental.

Este documento elaborado pola Consellería de Medio Ambiente e Asociación Eólica deGalicia supón unha magnífica oportunidade para crear paradigmas desta nova filosofía da cul-tura e da xestión medioambiental. Porque nunca é máis certo que neste caso que a idea de sos-tibilidade ambiental e de extremo respecto a os equilibrios do medio interesa por igual a osempresarios e á Administración.

Page 9: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

11

A XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL DENDE A ADMINISTRACIÓN

Ilmo. Sr. D. José Manuel Álvarez-Campana GalloDirector Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Oobxecto directo da xestión ambiental non debe identificarse con cada feito singulare esgotarse nel, senón cun balance global no que se expresa o equilibrio e a sostibili-dade do modelo relacional entre as necesidades do home e os recursos limitados que

a natureza ofrece. Por iso hai que considerar como algo superado aquela política ambiental quese caracterizaba máis por limitar e impedir intervencións que por dar resposta ós problemas queafloran na sociedade moderna, e por facer compatibles as actividades de produción co mante-mento da calidade ambiental das áreas intervidas.Tratándose dunha cultura administrativa moi recente, que atangue a materias sumamente sen-sibles, existe unha lóxica tendencia das Administracións a centrarse sobre o feito mesmo docontrol das actuacións de produción que xeran impactos máis ou menos importantes sobre omedio.

Pero unha Administración moderna require que a meticulosa definición do marco deactuacións se determine coa máxima prudencia, para que a xestión efectiva das intervenciónsconcretas se faga desde o principio da economía e a transparencia administrativa, que garan-te a suficiencia dos controis sen cargar ó empresario cunha serie de cautelas adicionais.

Porque, na medida en que as relacións entre os xestores do interese público e a empresa pri-vada se fagan desde a confianza e a corresponsabilidade, será posible concretar unha tramita-ción administrativa axustada nos seus requirimentos, eficiente na utilización de recursos decontrol, eficaz nas súas esixencias xurídicas e áxil no seu proceso de resolución. Porque a xes-tión medioambiental é, tamén, xestión pública, e porque non pode falarse de eficiencia nin dexustiza administrativa cando os procesos de relación entre os particulares e a Administraciónson contemplados como unha rémora no desenvolvemento económico e social.

Esa é a razón pola que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental se preocupapola creación de marcos de colaboración que aproveiten a cultura do servizo e do interesepúblico que se estende polas modernas empresas. Podemos chegar a establecer modelos de xes-tión ambiental que, sen minguar as garantías esixibles para este campo tan sensible, aumen-ten a eficiencia, a celeridade e a corresponsabilidade das decisións que posibilitan o desenvol-vemento das empresas e actividades que, sendo imprescindibles para o progreso de Galicia,tamén poden incidir en certa medida sobre o equilibrio do medio.

Page 10: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

Lonxe de diminuír garantías, a idea de cooperación entre a Consellería de Medio Ambien-te e EGA basease nos principios de calidade, obxectividade, concreción, eficiencia e celeri-dade do iter administrativo que sustenta os procesos de decisión, que van permitir compatibi-lizar o aproveitamento dos recursos eólicos coa axeitada protección do medio ambiente.

12

Page 11: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

COMPROMISO EMPRESARIAL

Luis Caamaño MartínezPresidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA)

Lonxe de pretender atallos na tramitación administrativa dos nosos proxectos eólicos,que tamén estarían en contra do recurso natural e renovable co que traballamos asempresas asociadas en EGA, queremos establecer un modelo de relación que facilite a

programación dos nosos investimentos, e aporte máis eficiencia ecolóxica e funcional á Admi-nistración. Si é importante que os parques se constrúan con tódalas garantías que establece alei, tamén consideramos un valor social irrenunciable que a Xunta facilite os máximos niveisde eficiencia social e económica.

De aí o empeño en conseguir un documento como o presente, no que os promotores eóli-cos privados e a Xunta de Galicia puxemos a mellor disposición. Certamente, os membros deEGA, ós que a nosa presenza en outras comunidades españolas apórtanos criterio comparati-vo, encontramos aquí o cúmulo de razóns polas que Galicia consolidou un liderado europeoen promoción de parques e en fabricación de compoñentes: Sensibilidade polo desenvolve-mento sostible, planificación, fomento da riqueza...

Con vistas á asunción dun rol institucional por parte das empresas eólicas, que sirva de basepara unha xestión consensuada e eficiente dos recursos naturais, convén especificar os crite-rios que orientan a nosa cultura ambiental. De acordo coas prescricións legais e coa experien-cia acumulada nos últimos anos, podemos resumilos nos seguintes puntos:

1. Os estudos ambientais non son un trámite formal que hai que superar, senón un com-plemento clave das decisións empresariais e administrativas que afectan ó desenvolve-mento dun proxecto.

2. Unha documentación ambiental de mala calidade activa os controis que, a través dosprocedementos de subsanación e informes complementarios, tratan de evitar conse-cuencias irreversibles. E por iso debe asumirse que, máis alá de afectar á xestión do pro-xecto concreto ó que se refire, toda documentación ambiental deficiente repercute noconxunto de operadores que traballan con estándares de calidade suficiente.

3. Os estudos ambientais sempre deben basearse en traballos de campo realizados de manei-ra específica e con garantías científicas. En ningún caso serán substituídos pola cita deinvestigacións amplas ou xenéricas que, aínda que engloben o parque de que se trata,

13

Page 12: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

non alcanzan a formular o caso concreto con toda a súa exactitude e complexidade.4. Se un proxecto non está suficientemente descrito en tódalas súas fases e obxectivos,

invalida calquera estudio ambiental que o acompañe, na medida en que a finalidadeesencial destes é o coñecemento dos concretos efectos localizados nunha explotación.

5. A redacción dun proxecto simple debe de estar precedida dunha “valoración preliminar”(screening) que sustente o correcto acoplamento do parque ó medio. Só así se consegui-rá que os estudos ambientais se orienten de maneira preferente á redución de impactos,en vez de servir para a posterior xustificación dunha actuación xa definida.

6. Os criterios de avaliación de impactos non serán nunca subxectivos. Pero tampoucodeben de obxectivarse en función de criterios que, salvo que foran de común aceptación,non estean xustificados de maneira suficiente e explícita.

7. O estudo de alternativas considerarase unha parte fundamental do proxecto, xa que faci-lita os criterios de decisión necesarios para elixir unha opción determinada.

8. Sobre o feito de ter enorme importancia técnica, os estudos de calidade posúen taménunha complexidade evidente. Por iso serán redactados por persoal competente conamaño ós seguintes criterios:

a) Ademais de formar grupos multidisciplinares, as empresas asociadas en EGA com-prométense a verificar a solvencia técnica dos equipos contratados, con recoñece-mento singular de cada un dos membros e con criterios de idoneidade que excedanda simple constatación de titulacións e colexiacións.

b) Salvo excepcións expresamente xustificadas, os estudos técnicos correrán a cargo deequipos multidisciplinares, nunca de unha soa persoa1.

c) En tódolos casos en que existan, os redactores introducirán, xunto cos datos acadadosnos seus propios traballos de campo, toda a información ambiental de libre acceso.Esta, ademais de enriquecer as perspectivas do problema, permitirá establecer as opor-tunas comparacións para detectar desviacións notables e ás consecuentes especifici-dades do proxecto.

14

1 Cfr.: Conclusións das I Xornadas sobre Avaliación do Impacto Ambiental na Administración. Santiago

(2003): Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, p. 22.

Page 13: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

AS BASES TEÓRICAS DUNMODELO DE COOPERACIÓN

PÚBLICA-PRIVADA

Parte

1

Page 14: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 15: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO IAs bases teóricas dun modelo

1.1 Unha declaración de principios

Fronte á vella confrontación entre o interese público e o interese privado, propia da cultura administrativa clásica,a Consellería de Medio Ambiente e os empresarios de xeración eólica, agrupados en EGA, creemos nunha formade investimento económico que é susceptible de render bos froitos en tódalas ordes. Queremos facer compatibleo lícito beneficio empresarial que anima as iniciativas dos promotores coa contribución ó desenvolvemento deGalicia, á necesaria renovación do sector enerxético, á substitución de enerxías non renovables por outras reno-vables, e ó equilibrio ecolóxico do planeta. E iso é tanto como dicir que, á marxe dos acordos necesarios para des-envolver unha actividade industrial que incide sobre o espazo humano e modifica lixeiramente o contexto nat-ural e social sobre o que opera, o sector eólico presenta un balance social moi positivo, que debe enmarcar, sendúbida ningunha, o seu propio proceso de desenvolvemento.

En tales circunstancias, estamos convencidos de que, tanto a redacción e avaliación dos proxectos, como asdecisións de emprazamento e investimento, como a xestión administrativa que os fai posibles, deben desenvol-verse de acordo con tres características esenciais:

a) Máxima obxectividade e concreción na redacción e execución dos proxectos.b) Máxima garantía na avaliación ambiental, que é connatural ó sistema de xeración eólica.c) Máxima axilidade no cumprimento do iter administrativo que se precisa percorrer para dar cumio a un pro-

xecto.

O obxectivo deste documento é a consecución dun amplo acordo de xestión que, sen negar nin desmerecerningunha das esixencias contidas na lexislación ambiental, nos dote dunha pauta de actuación empresarial e ins-titucional que, á busca dos criterios de racionalidade ecolóxica, eficacia administrativa e rendibilidade empresa-rial, facilite as relacións do sector eólico coa Administración autonómica.

A lexislación ambiental, dispersa en ámbitos institucionais distintos, aínda contén espazos para a discrecio-nalidade. Isto, sobre o feito de introducir incertezas notables na xestión empresarial, pode abocarnos a situaciónsnas que o puramente opcional determina o curso temporal e administrativo do que é necesario e obrigatorio.Tamén pode propiciar que tódolos esforzos realizados polas empresas para optimizar a construción e a ampliacióndos parques eólicos poidan desvanecerse nun trámite que só avance ó ritmo no que a Administración determinaas súas esixencias e deixa expedito o camiño para a posterior intervención empresarial.

Aínda que o recurso ós espazos discrecionais debe servir para a consecución de garantías excepcionais, ou parao tratamento de situacións de especial sensibilidade, a Consellería de Medio Ambiente e a Asociación Eólica deGalicia creemos moi necesario evitar que o excepcional se faga o normal. Trátase de que a normativa pensadapara resolver a gran maioría das situacións de forma concreta e obxectiva acabe esixindo uns complementos esté-riles que nin aumentan os controis da Administración nin estaban na mente do lexislador.

17

Page 16: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

1.2 A cultura ambientalista como principio fundante

A produción de enerxía eléctrica de fontes renovables constitúe, hoxe por hoxe, a área máis dinámica das queconforman o sector eléctrico. E dentro das renovables, a enerxía eólica é unha das máis dinámicas, e a que contacon maior capacidade investidora. Trala súa recente aprobación polas Cortes, o Goberno de España cumpriu oderradeiro trámite que lle quedaba para a ratificación nacional do Protocolo de Kioto. Trátase dun acordo inter-nacional que pretende garantir un compromiso para a loita contra o cambio climático, mediante a redución dasemisións de gases de efecto invernadoiro.

O principal responsable do cambio climático é o dióxido de carbono derivado da maioría das actividadesindustriais e, en concreto, da xeración de electricidade a partir de carbón en centrais térmicas. Por iso o Proto-colo de Kioto esixe medidas para reducir as emisións, entre as que se inclúe a compravenda de dereitos de emisióne investimentos fóra do país de orixe que reduzan a contaminación.

A partir de 2005, poñerase en marcha en Europa un mercado de compravenda de dereitos de emisións, noque as empresas que contaminen por debaixo dos límites que lles sexan asignados poderán vender esta partesobrante, e as que os superen terán que acudir a comprar dereitos de emisión. A industria española prevé que aposta en marcha deste mercado teña un custo de entre mil e dous mil millóns de euros anuais. Cada tonelada degas no mercado terá un prezo de entre vente e trinta euros. As sancións previstas oscilan entre corenta e ceneuros por tonelada de dióxido de carbono emitida por riba do límite. E de aí se deduce a importancia de avanzarno uso de enerxías renovables.

O Protocolo de Kioto compromete unicamente ós 55 países que o asinaron e que o incorporaron como obriga-torio nas súas leis nacionais. A Unión Europea comprometeuse a reducir as súas emisións, no ano 2012, nun 8%,respecto ó nivel de 1990, asumindo un obxectivo que se reparte entre tódolos seus estados, en función do seu des-envolvemento industrial.

A ratificación deste Protocolo, tan transcendental como complexa, e a forma na que a UE distribuíu as cargasdesta transformación, comprométennos, como país, a reducir as emisións de seis gases (CO2, CH4, N2O, HFC,CFC, SF6) responsables do cambio climático, de forma que no período 2008-2012 non superen en máis dun 15%as emisións rexistradas en 1990, que é o ano de referencia. Un compromiso ambiental que obrigará a transformarsectores como o da enerxía ou o transporte, que son os que máis CO2 emiten á atmosfera. E que, para cumprir oProtocolo de Kioto, o Goberno deberá tomar axiña medidas drásticas que cambien a tendencia actual.

Un informe do banco JP Morgan sinala que a industria eléctrica española emite uns noventa millóns de tone-ladas de dióxido de carbono como media anual, é dicir, a cuarta parte do total nacional. Ó ser un dos sectorescapaces de desenvolver alternativas tecnolóxicas menos contaminantes na súa actividade, o Goberno esixirá quecontribúa cun descenso das súas emisións ata o entorno dos 75 millóns de toneladas de CO2 en 2010.

1.2.1 A importancia do sector eólico na economía de GaliciaO sector da xeración eólica agrupado en EGA actuou como un gran motor de desenvolvemento industrialde Galicia, que permitiu a chegada de importantes investimentos, que, ademais de crear abundante empre-go directo e indirecto, favorecen un notable incremento de produción eléctrica compatible co cumpri-mento do Protocolo de Kioto. Entre as actividades vencelladas ó sector eólico cabe salientar a fabricaciónde aeroxeradores e os seus compoñentes, a mellora das infraestruturas de transporte e distribución eléctri-ca, melloras na rede viaria local, e a dinamización global da economía dos municipios nos que se instalanos parques.

Os cálculos máis prudentes aceptan que, desde o inicio do Plan Eólico de Galicia, investíronse en Galicia1.800 millóns de euros, que permitiron a creación de máis de 1.200 empregos directos e outros 1.500 en empre-

18

Page 17: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Ó abeiro dos parques medrou en Galicia un amplo tecido industrial, do quedependen milleiros de empregados. Garantir a puntualidade no programa de novasimplantacións asegurará o normal funcionamento de fábricas e talleres

O investimento en enerxíaeólica só ten sentido si serecoñece o seu duplo valorambiental e máiseconómico, co que oempresario sitúa nun planode igualdade o respecto ómedio e a garantía derendibilidade

Page 18: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

sas auxiliares; a súa proxección supera con toda seguridade os 5.500 empregos indirectos correspondentes á eco-nomía de servizos e outros sectores.

A propia natureza da fonte empregada polo sector eólico para a xeración eléctrica imprime ás empresas queoperan neste campo un rasgo básico e diferencial: A súa cultura ambientalista. Por isto, conceptos como desen-volvemento sostible, minimización de impactos e protección permanente do medio son esenciais nas compañíasque forman EGA. De aí a importancia de dispoñer dunha definición clara, exhaustiva e precisa da avaliaciónambiental.

O sector eólico necesita unha ferramenta que –a modo de manual ou guía operativa– detalle esa avaliación,tanto para garantir o cumprimento estrito da normativa pública aplicable como para asegurar que todo o proce-so se desenvolve de acordo a uns prazos previstos. Iso resulta de gran importancia considerando que as actuaciónseólicas son iniciativas intensivas en capital, ata ó punto de que os recursos requiridos para instalar un megavatioroldan os 900.000 euros na súa valoración de 2004.

Hai outro elemento de gran transcendencia social que esixe extremar o cumprimento puntual da planifica-ción. Trátase do sector de fabricación de compoñentes, aparecido en Galicia ó abeiro das políticas de fomento daXunta. Factorías de palas, plantas de ensamblaxe de aeroxeradores, fabricantes de multiplicadores e de fustes,talleres de caldeirería etc. naceron vinculados ó aproveitamento eólico, sumando xa os 2.200 empregos directos.Acadada tal transcendencia socioeconómica, este tecido fabril necesita datos certos sobre pedidos e prazos deentrega que eviten colapsos de produción ou períodos de inactividade.

Outro factor fundamenta a oportunidade dunha iniciativa como a que aquí se presenta, froito do diálogoentre os promotores e a Administración ambiental. Trátase do liderado internacional alcanzado polo sector eóli-co galego, posición que obriga a un permanente esforzo de mellora, que se traduce non só en avances de carác-ter tecnolóxico, senón tamén noutros aspectos que atanguen ó impacto ambiental dos parques ou á tramitaciónadministrativa dos proxectos.

Así e todo, a avaliación do impacto ambiental excede do ámbito dunha sinxela relación entre dous actores,xa que a cidadanía ten recoñecido no procedemento o seu papel. Posúe o dereito a ser informada, así como o deformular as alegacións que estime oportunas. E sobre este particular se precisa igualmente que tódalas partes sin-tan garantidos os seus lexítimos dereitos.

1.3 Un compromiso específico con Galicia

O abordar a construción dun modelo cooperativo de xestión ambiental, no estricto marco da xeración eólica, aAdministración galega e as empresas do sector son moi conscientes de que o medio ambiente non é un concep-to unívoco, que se realiza da mesma maneira en tódolos momentos e situacións xeográficas. Ben ó contrario, osistema ecolóxico dos países avanzados e intensamente poboados nace dunha intrínseca relación entre o medionatural e a cultura social e económica. Iso é tanto como dicir que cada país culturalmente identificado ten nonsó o seu propio medio, senón tamén unha específica forma de xestionalo e de establecer as escalas de valores e asprioridades de actuación.

Velaquí o marco no que se move a Lei 1/1995, de Protección Ambiental de Galicia, que, sobre o feito de inte-grar e facilitar a aplicación dunha lexislación moi dispersa nos seus textos e competencias, pretende deseñar unmodelo ambiental propio, en consecuencia co establecido no artigo 27 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Poriso se configura un concepto de medio ambiente de gran complexidade técnica e xurídica, que se estende hori-zontalmente a un amplo conxunto de competencias como a ordenación do territorio, a sanidade, a xestión dosolo e da auga, as actividades primarias, como a pesca e a agricultura, e toda a extensa problemática relacionada

20

Page 19: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

cos vertidos industriais e os residuos urbanos que poden afectar ó medio. Así se explica o lexislador cando, á horade expoñer os motivos que inspiran a normativa ambiental derivada da mencionada Lei 1/1995, se refire á nece-sidade de aplicar e canalizar as esixencias ambientais da CEE ás peculiaridades de Galicia, e de dar coherencia áregulación sectorial existente en España e no seo da propia comunidade autónoma, coa fin de realizar unha polí-tica orientada á protección e restauración dos valores ambientais galegos.

A devandita regulación basease nos principios de prevención, de avaliación de impacto, de efectos e inci-dencia ambientais, de información pública, obxectiva, permanente e completa como base dunha efectiva parti-cipación cidadá que posibilite o establecemento dun pacto ambiental na defensa destes valores colectivos. Paraos asinantes deste documento resulta evidente que esa boa orientación da lei precisa despois unha correcta pon-deración da importancia que se lle concede ó sector empresarial na formación do consenso ecolóxico.

Por iso temos especial interese en reforzar a idea dunha unión de esforzos para a xestión ambiental que, ade-mais de incluír ós empresarios eólicos, tamén se faga eco da obxectiva coherencia que existe entre a culturaambiental que se pretende, e a defensa do recurso que fundamenta a viabilidade do sector representado por EGA.

Na mesma liña de argumentacións, tamén queremos chamar a atención sobre a necesidade de integrar ainvestigación industrial no conxunto de instrumentos esenciais para unha boa xestión ambiental. Porque, sennegar a importancia que ten a investigación desenvolvida pola comunidade científica no marco da Universida-de, e dando tamén o seu xusto papel ós sectores sociais directamente implicados na protección dos valores eco-lóxicos, tamén consideramos capital que a investigación empresarial non quede relegada á busca exclusiva dunhamaior eficiencia produtiva. Esta debe sentirse chamada a integrar o conxunto de forzas sociais, intelectuais e polí-ticas que tratan de facer compatible o desenvolvemento industrial co respecto ó medio ambiente.

1.4 Unha orientación de servizo público

A necesaria modificación nas pautas de comportamento ecosistémico ten que fundamentarse tamén na educa-ción ambiental, para transmitir a riqueza ecolóxica que herdamos ás futuras xeracións. Pero o desenvolvementodeste propósito só pode comprenderse si se analiza baixo o prisma da xestión do servizo público, considerandoque o benestar e a defensa dos intereses comúns xa non dependen en exclusiva da Administración, senón queafectan tamén a todos aqueles axentes (empresas, asociacións ou persoas físicas) que dispoñen de medios, lexiti-midade e capacidade para intervir sobre os recursos colectivos, así como dos grupos de acción social que, acolli-dos á lexislación vixente, promoven a defensa dos valores ecolóxicos.

Lonxe de conducirnos a unha dialéctica de confrontación entre o interese público e o privado, a crecenteconverxencia de actores sociais e políticos indica que existe unha coincidencia de base entre o interese dosempresarios eólicos, o deber de eficiencia das Administracións públicas e o interese social da colectividade, oude todos aqueles que se preocupan pola conservación dos recursos naturais.

A filosofía que informa o presente documento exprésase en dous postulados tan simples como estes:

a) Dada a coincidencia de intereses entre as empresas, a sociedade e as institucións, existe tamén a posibili-dade de que todos colaboren na súa realización, comprendan as súas causas e as súas consecuencias, e axu-den ó éxito dos traballos de mellora ambiental que acompañan a cada proxecto.

b) Para que iso sexa posible, necesítase un plan de información, eficaz e aberto, que aporte a noticia do pro-xecto, as súas claves empresariais, os seus posibles efectos ambientais, os seus controis, os criterios de valo-ración e a medición dos seus resultados finais.

21

Page 20: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

Por iso queremos mencionar a moderna corrente de Orientación do Servizo Público (PSO)2 como liña inspira-dora deste documento. A Public Service Orientation (Orientación do Servizo Público) configúrase como unhacorrente de xestión, nacida no Reino Unido. A súa finalidade é a busca dun marco de valores e principios capa-ces de dar un novo sentido ó propósito de actuación administrativa e empresarial, nunha estratexia orientada acrear a conciencia dun “esforzo global”, o éxito do cal se fundamenta no coñecemento e comprensión xeneraliza-da dos seus obxectivos, dos seus recursos e das súas incertezas.

Para iso necesítase que a empresa asuma un rol institucional que a vincula ó servizo público. A súa conse-cuencia máis inmediata é de referirse á poboación do contorno non só no marco das relacións clientelares (com-pravenda de servizos, intereses ou obrigas), senón tamén na súa condición de cidadáns, a quen, asemade que selles esixen certos niveis de responsabilidade, se lles converte no barómetro do éxito final da xestión proxectada.

Lonxe de conformarse como unha pauta de actuación allea á nosa cultura administrativa, a idea que propo-ñen a Consellería de Medio Ambiente e EGA adáptase con plena satisfacción ó modelo de xestión que inspiraa Lei 1/1995, de Protección Ambiental de Galicia. Os artigos 2, alínea j, e 25, da referida norma avogan por unhaunión de esforzo ambiental que, máis alá de aportar solucións eficientes para os casos máis complexos, represen-ta unha aposta pola colaboración entre as Administracións, os cidadáns e as empresas.

Trátase de substituír a cultura da competencia, do dereito e da reserva de actividades técnicas, por unha cul-tura da responsabilidade colectiva, que pretende a maior excelencia do servizo público.

O principal obxectivo desta nova filosofía de xestión consiste en captar a confianza dos cidadáns, faceloscoadxuvantes do servizo e motivar ós empregados e funcionarios que deberán acadalo, e basease nos seguintesprincipios:

a) Cercanía ó cliente e ó cidadán.b) Escoita atenta dos intereses do público.c) Accesibilidade das autoridades.d) Busca dos puntos de vista, suxestións, queixas e preocupacións dos cidadáns.e) Respecto do dereito dos cidadáns a coñecer o que se está facendo.f) Boa calidade dos servizos prestados.g) Consideración da opinión pública como verdadeiro barómetro e proba da calidade dos servizos.

Todo isto ponse de manifesto no que Kilmann denomina “esforzo global”3, un obxectivo común que evita afragmentación do esforzo administrativo e integra as decisións das institucións, a sociedade e a empresa. Asema-de, implica algúns cambios que atanguen ó modelo de xestión, entre os que cabe destacar os seguintes:

a) Desde a cultura do estrito procedemento e a legalidade vixente, adentrarse na cultura da eficacia medidanos resultados finais.

b) O cambio dunha cultura da subordinación xerárquica e de separación entre os deberes da autoridade e osdos administrados, a unha cultura de estímulo da colaboración e da responsabilidade persoal.

c) Avanzar desde unha cultura da continuidade a unha cultura da innovación xestora.

22

2 Cfr.: Clarke, M. & Tewart, J.: The Public Service Orientation. - Developing the Approach. Local Govern-

ment Training Board, 1986). 3 Cfr.: Kilmann, R.H.: “Five Steps for Closing Culture-Gaps”, en R.H. Kilmann (edit): Gaining Control of

the Corporate Culture. London, Jossey-Bass, 1985.

Page 21: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

d) Fomentar unha cultura de concienciación sobre os custos. e) Implantar unha cultura da mellora permanente.f) Por todas estas razóns, a Consellería de Medio Ambiente e EGA deseñamos unha proposta que vai máis

alá do estrito problema de rendibilización dos parques eólicos, para adentrarnos na idea de xestión dunrecurso público, a explotación do cal é compatible coa conservación racional do medio ambiente (moder-nización económica) e coa mellora do interese público (xestión pública). E fixémolo coa convicción dequen está realizando unha intervención normal, a comprensión de efectos e resultados da mesma está ó dis-por de tódolos cidadáns que manifesten un interese lexítimo por coñecer o alcance das nosas intervenciónsempresariais e da xestión administrativa das mesmas.

1.5 A filosofía da avaliación ambiental desde a perspectiva empresarial

O investimento na enerxía eólica só ten sentido se se recoñece o dobre valor –ambiental e económico- do siste-ma de xeración. E iso equivale a dicir que para os empresarios é igual de importante o respecto ó medio ambien-te coma a garantía de rendibilidade do investimento.

Para lograr ámbolos dous obxectivos resulta esencial a realización de estudos ambientais de carácter científi-co, moi completos e rigorosos. Porque só así se garante o respecto ó patrimonio cultural, antropolóxico e natu-ral, e porque só así se pode conseguir que a programación dos investimentos, incluíndo trámites, obras e instala-cións, se faga con custos e prazos certos que permitan un correcto cálculo das iniciativas.

Dificilmente se conseguirá esa certeza e concreción dos programas investidores se non hai un consenso socialsobre a eficacia e a suficiencia dos estudos realizados, ou se cada un dos actores que interveñen no proceso–Administración, empresas, propietarios beneficiados ou afectados e poboación do contorno– manexa un crite-rio diferente sobre o alcance das avaliacións realizadas e as medidas correctoras que delas se derivan.

A ese consenso obxectivo contribúen, como é evidente, a normativa vixente e o avance da metodoloxía deinvestigación e dos coñecementos científicos. Pero tamén contribúen de forma decisiva a existencia dunha cul-tura ecolóxica avanzada e a realización de programas de comunicación abertos e eficientes. E por iso se pode dicirque só con esta visión complexa e colaboradora dos estudos ambientais se acada un modelo de xestión que cum-pra os tres requisitos básicos da eficiencia empresarial:

a) Redución das incertezas.b) Mellora dos tempos de tramitación.c) Maior seguridade xurídica para os promotores, a Administración e os afectados.

23

Page 22: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 23: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

A AVALIACIÓN AMBIENTALCOMO INSTRUMENTO PARA

A SUSTENTABILIDADE

Parte

2

Page 24: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 25: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 2A información ambiental como como expresión da

actividade sustentable

2.1 Desenvolvemento e medio ambiente: Unha alianza posible

O concepto de desenvolvemento sustentable, que fundamenta o trámite de avaliación ambiental, trata de com-patibilizar o desenvolvemento económico coa conservación do medio. Por iso convén obviar a vella idea de“superación de obstáculos” coa que se abordaron os primeiros informes ambientais, para converxer nunha fór-mula que intenta a coexistencia dos investimentos co uso racional dos recursos naturais.

Os proxectos que logran alcanzar os seus obxectivos sen danar o medio merecen o recoñecemento da socie-dade e das súas institucións, facilitan o paso a novas iniciativas, e contribúen o mantemento sustentable da acti-vidade produtiva de que se trate.

A avaliación ambiental só acadará altos niveis de eficacia si se crea unha alianza entre os tres polos de inte-rese que se proxectan sobre calquera intervención: A empresa que realiza a intervención, que procura unha ren-dibilidade económica compatible coa súa actividade produtiva, a Administración pública, cunha actuación con-cretada na protección do interese xeral, e a poboación afectada. Para que esa alianza se manteña, e moi espe-cialmente desde a perspectiva da empresa, necesítase que o trámite de avaliación ambiental se realice coas carac-terísticas propias da xestión moderna, que en esencia se poden compendiar en catro:

1. Cumprimento dos estándares de calidade no contido dos estudios.2. Iter procedimental perfectamente determinado e combinado coa garantía de que os criterios científicos e

técnicos que se apliquen sexan suficientes.3. Axilidade e prazos establecidos para a tramitación e a xestión administrativa.4. Formulación certa e concreta das súas conclusións, tanto desde a perspectiva do particular como desde as

que atanguen á linguaxe administrativa.

2.2 A natureza instrumental da avaliación ambiental

A avaliación ambiental é unha ferramenta concibida para minimizar os impactos xerados por intervencións nomedio, que introduce novas perspectivas e elementos de estudio sobre a viabilidade dos proxectos. Precisamen-te por iso, por tratarse dunha ferramenta integradora e non obstaculizadora, a avaliación debe estar presente entódalas fases do proxecto, e en ningún caso pode reducirse a un informe separado que, con posterioridade á tomadas decisións fundamentais, busque os rasquizos que permitan a realización do investimento.

Toda avaliación ambiental constitúe un proceso de análise no que se consideran, a través da aplicación dediferentes técnicas, as repercusións do desenvolvemento, ampliación ou modificación dunha determinada ini-ciativa. É condición indispensable que se realice paralelamente ó desenvolvemento do proxecto básico; só destamaneira se asegura que o valorado no estudio se integra o antes posible no proceso de toma de decisións. Paraisto resulta fundamental que o equipo redactor do estudo ambiental traballe de forma coordinada co que desen-

27

Page 26: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

A avaliación ambiental só acadará plena eficacia si se crea unha alianza entre aempresa que realiza a intervención, a Administración que protexe o interese xeral emaila poboación afectada

Page 27: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

volve o proxecto, e mesmo que ámbolos dous estean integrados.Un bo estudo ambiental é unha axuda para quen adoptan as decisións de planificación e investimento, xa

que, ademais de evitar erros irreversibles na elección de emprazamentos e sistemas, aumenta as probabilidades derematar dentro do tempo e do orzamento requiridos, e evita dificultades inesperadas durante a execución do pro-xecto. Velaquí a razón fundamental da avaliación ambiental, para asegurar que a súa execución, primeiro, e odesenvolvemento das súas actividades, despois, sexan sustentables.

Un dos aspectos esenciais da avaliación está orientado á protección da natureza durante o proceso de obras eordenación do espazo que vai implícito na maioría dos proxectos (camiños, enterramentos, viales, conduciónsetc). A preocupación das empresas asociadas en EGA non pode reducirse só ós efectos derivados da actividadeindustrial, sobre os que xa existe unha ampla conciencia social, senón que debe estenderse á incidencia que sobreo medio ten a construción das instalacións e os seus servizos. Porque, ó contrario do que sucede cos efectos deri-vados da actividade produtiva, os impactos da obra inicial adoitan ficar solapados polas expectativas positivas quese derivan do investimento, polo que son obxecto dunha menor sensibilidade ecolóxica nas comunidades próxi-mas á intervención.

2.3 Aspectos administrativos da xestión ambiental

A avaliación do impacto dun proxecto, ademais da súa vertente estritamente ambiental, está regulada polo pro-cedemento administrativo común, como norma básica que rexe os trámites na Administración. De aí que debancumprirse uns períodos de exposición pública legalmente establecidos, e que o proxecto deba de ser informadopolos órganos con competencias afectadas.

Pero ningún destes pasos pode implicar retrasos ou disfuncións, que mingúan a eficiencia. De aí que os asi-nantes do presente documento propugnemos a busca dun método equilibrado de xestión administrativa. Esteequilibrio, ó mesmo tempo que permitirá unha correcta avaliación dos efectos ambientais, outorgará seguridadexurídica en tódolos actos administrativos, garantirá plenamente os dereitos das persoas e propiciará o desenvol-vemento dunha lexítima actividade económica corporativa.

Empresas eólicas e Administración coinciden en que debe facerse un esforzo para que tódalas decisións queatangan á continuidade e celeridade do procedemento estean convenientemente motivadas. A Dirección Xeralde Calidade Ambiental solicita un esforzo de mellora importante na elaboración dos EIA.

29

Page 28: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

30

CAPÍTULO 3Os estudios ambientais na forma e no fondo

3.1 A tipoloxía dos estudios ambientais

Os Estudos de Impacto Ambiental (EsIA) deben realizarse no caso de proxectos con repercusións ambientais sig-nificativas ou que afectan a espazos e hábitats sensibles, como son todos e cada un dos indicados no Anexo doDecreto 442/1990, de Avaliación de Impacto Ambiental para Galicia, e no Anexo I da Lei 6/2001, de 8 de maio,de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, de 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

Os proxectos comprendidos no Anexo II da Lei 6/2001, de 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexis-lativo 1302/1986, de 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, tamén se someterán a EIA cando así odecida o órgano competente, de forma motivada, e de acordo cos criterios establecidos no anexo III desta Lei.Tales supostos están respaldados pola Directiva 85/337/CEE, do 27 de xuño, relativa á avaliación das repercu-sións de determinados proxectos sobre o medio e pola Directiva 97/11/CE, do 3 de marzo, pola que se modificaa Directiva 85/337/CEE, que prevén a posibilidade de decidir caso por caso, ou mediante a aplicación limiaresou criterios establecidos polo organismo competente.

No suposto de que a autoridade ambiental ditamine que non existen impactos significativos, emitirá unhadecisión motivada pola que se eximirá ó proxecto de pasar polo procedemento de EsIA completo, ou se somete-rá a Estudio Ambiental no caso de que corresponda. Ademais, tamén se deberán de realizar estudos de impactoambiental cando así o indique especificamente a lexislación sectorial.

3.2 ¿Cando se esixe un estudio de impacto ambiental?

3.2.1 Formulación xeralA Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de Avalia-ción de Impacto Ambiental, no seu Anexo I, establece a obriga de someter a estudio de impacto ambiental(EsIA) “as instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos), queteñan 20 ou máis aeroxeradores, ou que se encontren a menos de 2 km doutro parque eólico”. No contextoactual, esta obriga esténdese á práctica totalidade das instalacións eólicas que se constrúen en Galicia.

Sen embargo, tanto ós meros efectos de considerar as posibles excepcións como pola necesidade de entendero sentido fondo desta obriga, convén examinar polo miúdo a normativa que regula a realización dunha avalia-ción de impacto ambiental (EIA).

Os estudos de impacto ambiental (EsIA) deberán realizarse no caso de proxectos con repercusións significa-tivas ou que afectan a espazos e hábitats sensibles, como son tódolos indicados no Anexo do Decreto 442/1990,de Avaliación de Impacto Ambiental para Galicia, e no Anexo I da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do RealDecreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

3.2.2 Outros casos excepcionais de EsIATamén deberán contar con estudos de impacto ambiental os proxectos comprendidos no Anexo II da Lei 6/2001,do 8 de maio, cando así o decida o órgano competente en cada caso, que en Galicia se corresponde coa Dirección

Page 29: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

31

Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente. Esta decisión, que debe ser moti-vada e pública, axustarase ós criterios establecidos no Anexo III desta lei, que se encontra respaldada pola Direc-tiva 85/337/CEE, do 27 de xuño, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e pri-vados sobre o medio ambiente, ademais da Directiva 97/11/CE, do 3 de marzo, pola que se modifica a Directiva85/337/CEE, que contemplan a posibilidade de decidir mediante o estudo caso por caso, ou mediante a aplica-ción de limiares ou criterios establecidos polo organismo competente.

Para decidir si se require procedemento completo de EIA dos proxectos comprendidos no Anexo II da Lei6/2001, o órgano ambiental competente necesita dispoñer de información acerca das características, ubicación epotencial impacto do proxecto. Tamén se precisa esa información, con maior nivel de detalle, para dar unha opi-nión sobre o alcance do EsIA que se vai desenvolver.

Para a Consellería de Medio Ambiente e para EGA é fundamental que este trámite de avaliación ambiental,que as Administracións competentes poden esixir, se realice en tódolos casos mediante un procedemento sufi-ciente e estable. Este, ademais de garantir o cumprimento dos seus obxectivos específicos, asegurará tamén unharazoable predictibilidade das decisións e un calendario de xestión áxil e certo. E para que iso sexa posible, mani-festamos a nosa disposición a asumir maiores esixencias xenéricas para as empresas, así como o establecementodun iter administrativo e un calendario decisional que non modifique os criterios de rendibilidade dos investi-mentos previstos.

Como consecuencia disto as empresas agrupadas na Asociación Eólica de Galicia comprométense a presen-tar a información do proxecto na forma e coa amplitude que de seguido se establece:

1. Datos do promotor (identificación, equipo responsable da elaboración do proxecto, data de edición, ende-rezo postal, teléfono, fax e correo electrónico).

2. Lexislación aplicable.3. Localización do proxecto.

a) Información cartografada e fotográfica da zona proposta para a situación do parque e o seu contorno(físico, natural e humano).

b) Usos do solo na zona, así como calquera previsión de cambio.c) Planos, políticas ou programas relativos ós usos de solo da zona.d) Espazos, fauna e flora protexidos.e) Áreas sensibles.f) Detalles da localización de cada unha das alternativas consideradas.4. Características do proxecto.a) Descrición.b) Obxectivo e necesidade do parque.c) Zonas afectadas permanentemente e outras requiridas de modo temporal durante a construción.d) Descrición dos principais elementos (distribución, edificacións, outras estruturas, materiais construti-

vos etc.).e) Descrición do proceso principal e dos secundarios, incluíndo tamaño, capacidade, entradas e saídas.f) Cronoloxía das distintas etapas de construción, operación e abandono, así como dos planos de restau-

ración e uso posterior cando sexa aplicable.g) Accesos creados ou modificación dos existentes.h) Métodos construtivos indicando instalación, accións e materiais empregados.i) Descrición da etapa de operación, detallando accións e requirimentos.

Page 30: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

32

j) Información das alternativas consideradas.k) Medidas correctoras propostas.l) Outras actuacións consecuentes co proxecto (vivendas, novas estradas, subministración de augas,

xeración ou transporte de enerxía, telecomunicacións, disposición de residuos, depuración de augasresiduais, etc.).

m) Investimento estimado.n) Vida útil.

5. Características dos impactos previsibles.

a) Breve descrición dos impactos previsibles do proxecto, incluíndo os seguintes factores:b) Impactos sobre o medio físico, biótico, perceptual, socioeconómico, cultural e etnográfico.c) Natureza dos impactos (directos, indirectos, secundarios, acumulativos, a curto, medio e longo prazo,

permanentes ou temporais, positivos ou negativos).d) Descrición e extensión da área afectada (poboacións, especies, hábitats e área xeográfica).e) Probabilidade de ocorrencia do impacto.f) Métodos e criterios a empregar para a predición e avaliación de efectos.g) Duración, frecuencia e reversibilidade do impacto.h) Medidas correctoras destinadas a reducir, evitar ou compensar os impactos.i) Posibles impactos residuais.j) Natureza transfronteiriza do impacto.k) Dado que ámbalas dúas etapas se levan a cabo nas fases máis iniciais da definición do proxecto, a infor-

mación requirida só poderá ser proporcionada polo promotor na medida en que estea dispoñible.Cando existan lagoas de información ou esta se considere pouco fiable, debe ser sinalado e tido enconta.

3.2.3 Un matiz de xestión entre o posible, o necesario e o discrecionalPara acadar unha eficiente xestión dos parques eólicos, na liña de colaboración multilateral que se deriva dasorientacións do presente documento, resulta imprescindible que esta posibilidade se interprete nos termos deexcepcionalidade que cabalmente se desprenden da propia obriga legal de motivar as decisións dos órganos admi-nistrativos. O que é posible non sempre é necesario, e o que é discrecional non carece de ningún modo das esi-xencias de motivación obxectiva que implica toda decisión que impón unha carga excepcional ou limita undereito establecido. Porque se esta potestade se entende como unha opción discrecional strictu sensu, que puide-ra invocarse como unha simple protección política do órgano de decisión, máis alá do criterio de suficiencia dainformación obrigatoria, desvirtuaríamos o estrico marco dispositivo do Anexo I da Lei 6/2001, do 8 de maio, demodificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental.

E por iso entendemos que unha xusta implicación do empresariado eólico na xestión do medio ambientesupón a necesidade de interpretar os pronunciamentos da autoridade administrativa competente de acordo contres principios fundamentais:

1. Os casos específicos nos que se esixe un EIA por riba do marco legal ordinario deben entenderse como unhaexcepción motivada por razóns concretas e obxectivables.

2. Os pronunciamentos da Administración relativos á obriga de realizar un EIA deben considerarse afectadospolos prazos legais da tramitación administrativa, tanto no relativo ó momento de tomar a decisión inicial,como en todo o proceso de reclamacións e respostas presentadas polas empresas afectadas, para evitar que

Page 31: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

O promotor aportará no estudio información suficiente sobre as medidas correctoras dos impactosprevisibles. Na foto, unha operación de hidrosementeira

Page 32: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

unha incidencia deste tipo dexenere na imposibilidade de calcular ou manter os cronogramas do investi-mento.

3. En todo o trámite de EIA que xurda dunha iniciativa da Administración e que dependa dela para a súaorientación e conclusión, o silencio administrativo debe ter interpretación positiva, para que a tardanza naadopción de decisións non traslade os seus custos ó suxeito investidor.

No caso de que a autoridade competente decida que non existen impactos significativos emitirá unha deci-sión motivada pola que se eximirá ó proxecto de pasar polo procedemento de EIA completo, e a devandita deci-sión poderá incluír un condicionado ambiental básico de obrigado cumprimento.

Tamén se realizarán estudos de impacto ambiental cando así o indique de forma expresa a lexislación de tiposectorial, o que no noso caso concreto redunda no disposto no Anexo I da mencionada Lei 6/2001, do 8 de maio,de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño.

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

34

Page 33: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 4O alcance do estudio ambiental

4.1 As consultas previas

O procedemento para determinar o alcance do estudo ambiental, tamén coñecido como scoping ou período deconsultas previas, constitúe unha etapa inicial que permite identificar os contidos que deberán ser cubertos nainformación presentada no estudo de impacto. En particular, axuda a identificar os aspectos ambientais quedeben considerarse e o grao de profundidade co que debe analizarse cada un deles. Concretamente permite:

1. Identificar os impactos máis significativos a ser considerados no EsIA.

2. Asesorar ó promotor facilitando informes e documentación relacionados co proxecto.

3. Comprobar que a información aportada é suficiente para avaliar os posibles impactos sobre o medio e enconcreto sobre as súas particularidades.

4. Destacar as cuestións de relevancia a tratar fronte a outras secundarias.

5. Identificar posibles alternativas ó proxecto inicial co obxectivo de mitigar os seus efectos.

6. Coñecer a percepción da poboación afectada.

7. Facilitar o acordo en canto ós métodos de avaliación a empregar.

Para realizar esta etapa recoméndase que o equipo redactor do estudo de impacto ambiental requira previa-mente a información necesaria para acreditar as características, situación e potencial impacto do parque. Istopode implicar certo traballo de campo e a consulta a institucións e especialistas que aporten información sobreos efectos, así como a organizacións, grupos e individuos directamente afectados.

Unha vez que se complete o proceso de información ó que acabamos de referirnos, procederase á remisióndun informe á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para que esta emita un ditame previo. Ental documento figurarán os aspectos e indicacións que este órgano considere beneficiosos para a protección domedio, así como calquera proposta verbo dos contidos específicos a incluír no EsIA.

O ditame previo emitido pola referida dirección xeral non condicionará de ningún xeito o resultado da pos-terior declaración de impacto ambiental, nin en sentido positivo nin negativo. Non obstante, se considera moiconveniente que un resume das súas conclusións sexa incluído no apartado informativo do EsIA.

Ó analizar este suposto desde unha perspectiva estritamente empresarial, considérase moi necesario que a filo-sofía proteccionista que fundamenta o ditame previo sobre o alcance da avaliación ambiental non repercuta nomodelo de xestión áxil e precisa que, sobre o suposto dunha leal e absoluta colaboración, demandan as dúas par-tes, Administración e promotores eólicos.

Por iso convén que o trámite de ditame se someta a unha estrita regulación de prazos que impulse a conti-nuidade do procedemento e das xestións empresariais. Porque, se ben é certo que as empresas soportan os custosque se derivan dunha investigación ambiental suficiente, de ningún xeito debe trasladarse o devandito custo áimprevisibilidade xurídica ou cronolóxica do proxecto, xa que os prazos de execución constitúen un compoñen-te fundamental dos cálculos de financiamento e rendibilidade.

35

Page 34: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

A medida máis eficaz para evitar afeccións negativas é a axeitada selección do emprazamentodos parques

Page 35: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

37

4.2 A declaración de impacto ambiental con ditame previo

Ós efectos da xeración eólica, a declaración de impacto con ditame previo é unha posibilidade de moi limitadointerese, que está sostida polo disposto no Anexo I, n. 13 e 14 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de Ava-liación de Impacto Ambiental, e regulada no artigo 6 do mencionado decreto.

O procedemento para a declaración de impacto con ditame previo desenvolverase de acordo coas seguintesfases:

1. A persoa física ou xurídica, pública ou privada, que se propoña iniciar unha declaración con ditame pre-vio deberá comunicar a súa intención á Consellería de Medio Ambiente, presentando unha memoria-resume que recolla as características máis significativas do proxecto a realizar.

2. A Consellería de Medio Ambiente remitirá esta memoria-resume, no prazo máximo de dez días, ó órganosubstantivo que se estime competente por razón da materia, coa indicación das consellerías e demais orga-nismos ós que deberá solicitar informes.

3. O órgano substantivo remitirá á Consellería de Medio Ambiente o resume das consultas efectuadas, asícomo un informe propio, no prazo de trinta días hábiles contados a partir da recepción da memoria-resume.

4. A Consellería de Medio Ambiente remitirá ó promotor un ditame previo que en ningún caso condiciona-rá a declaración de impacto ambiental que resulte procedente. No devandito ditame figurarán os aspectose indicacións que se estimen beneficiosos para unha maior protección do medio, así como calquera propostaque se considere conveniente respecto ós contidos específicos a incluír no estudo de impacto.

5. Unha vez recibido polo promotor este ditame previo, continuará o procedemento de conformidade co esta-blecido no artigo 5° do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de Avaliación de Impacto Ambiental.

Para os hipotéticos casos nos que se actúe de acordo co procedemento que estamos considerando, resulta decapital importancia unha xestión áxil e eficaz.

Page 36: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 37: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

O CONTIDO DOS ESTUDIOS DEAVALIACIÓN AMBIENTAL

Parte

3

Page 38: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 39: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 5O contido dos estudios

5.1 Cara a un novo marco de estudios orientados pola IPPC

Aínda que a instalación de parques non esixe a Autorización Ambiental Integrada (AAI) regulada na Lei16/2002, do 1 de xullo, de Prevención e Control Integrados da Contaminación, cada vez hai máis empresas e enxe-ñerías especializadas que adoptan o criterio IPPC para realizar tódolos estudos ambientais4. Faise así ó considerarcomo un obxectivo fundamental o evitar que calquera incidencia ambiental especificamente regulada poidaresolverse mediante o seu simple desprazamento cara a outros aspectos menos regulados nesa concreta activida-de, pero igualmente prexudiciais, de acordo co disposto na Directiva 96/61/CE, do 24 de setembro, relativa á pre-vención e control integrado da contaminación.

Aínda que a xeración eólica apenas presenta riscos de natureza contaminante, case todos vinculados ó pro-ceso de instalación, a Consellería de Medio Ambiente e as empresas de EGA teñen especial interese en analizare deseñar a súas actividades no marco da cultura ambiental máis avanzada, entre a que hai que citar a análiseambiental integrada. Porque nos interesa moito que se entenda que o compromiso co medio non ten a súa orixena necesidade de superar os controis normativos, senón na estrita conexión que existe entre a nosa actividadeempresarial e o medio que a acolle.

Só polo indicado no parágrafo precedente parece importante lembrar que a Directiva 96/61/CE estableceu unnovo permiso para determinadas instalacións consideradas de elevado impacto sobre o contorno, que se traspu-xo a España a través da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de Prevención e Control Integrados da Contaminación, que esta-bleceu a Autorización Ambiental Integrada (AAI) para tódalas novas instalacións industriais5 recollidas no seuAnexo I. A directiva de IPPC aplícase a instalacións novas e existentes, e inclúe consideracións como eficien-cia enerxética, residuos xerados e perigo de accidentes, polo que pode dicirse que, baseándose nunha aplicacióneficiente das tecnoloxías máis avanzadas, outorga unha autorización integrada de actividade que está suxeita arenovacións periódicas.

Este permiso analizará non so o impacto sobre o medio ambiente e a adecuación previsible á normativa, senóntamén as medidas para reducir o uso de sustancias perigosas, previr os residuos e aforrar materiais, auga e enerxía.O permiso especificará uns determinados Valores Límites de Emisión (VLE) ou vertido para cada instalación, quese basearan nas Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD) establecidas para cada sector industrial.

Cando se realice o trámite de avaliación de impacto dentro do proceso de obtención da Autorización Ambien-tal Integrada, en aplicación da lexislación IPPC, o contido do estudo poderase integrar dentro da documentaciónrequirida para este permiso como un único documento, xa que unha gran parte do seu contido solápase co doEstudo de Impacto Ambiental. A AAI integra, como informes vinculantes, algunhas das autorizacións que antesfacían falla sobre contaminación atmosférica, vertidos ás augas ou residuos, e inclúe a EIA no mesmo procede-

41

4 Cfr.: Conclusiones de las I Jornadas sobre la Evaluación de Impacto Ambiental en la Administración. Santia-

go (2003): Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, p. 47-49.5 Entende por novas instalacións todas aquelas que non estaban en funcionamento antes de xullo de 2003.

Para o resto dase un prazo para a obtención desta autorización que conclúe antes do 30 de outubro de

2007. Calcúlase que poden estar afectadas unhas seis mil industrias.

Page 40: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

mento. Isto significa que a Avaliación de Impacto Ambiental (EIA) segue sendo preceptiva e obrigatoria, peroque se tramita ó mesmo tempo e dentro da Autorización Ambiental Integrada (AAI).

5.2 Os estudios ambientais no marco da xeración eólica

Vistas as anteriores referencias á nova cultura ambiental integrada, convén recordar tamén que a práctica tota-lidade dos parques eólicos baséase en estudos do tipo EIA, de acordo coa normativa vixente, o alcance da queanalizamos neste apartado.

De seguido móstrase o modelo de índice máis apropiado para os estudos de avaliación. O seu obxectivo é quecada unha das partes de que conste o estudo ambiental se sitúe de forma lóxica e sistemática na estrutura globaldo mesmo. Desta maneira facilitarase a lectura e comprensión por parte dos potenciais consultores.

O nivel de detalle en cada apartado do documento poderá variar de acordo coa natureza do proxecto e a sen-sibilidade da zona afectada, dependendo dos resultados da fase previa de determinación do alcance do estudoambiental. Pero, como criterio xeral de suficiencia na análise e eficacia na xestión, detallamos a seguinte estru-tura documental:

5.2.1 Estrutura dun estudo de impacto ambiental

5.2.1.1 Descrición do proxecto1. Obxecto.2. Marco legal.3. Localización.4. Detalles dos accesos.5. Detalle das instalacións e accións previstas.6. Obra civil.7. Descrición de materiais, materias primas e enerxía empregados.8. Características do solo ocupado.

5.2.1.2 Inventario ambiental

5.2.1.3 Accións do proxecto con repercusións ambientais1. Relación de tódalas accións do proxecto susceptibles de producir un impacto sobre o medio.2. Estimación dos tipos e cantidades de residuos, vertidos e emisións de materia ou enerxía resultantes.

5.2.1.4 Análise das alternativas

5.2.1.5 Avaliación de impactos ou efectos ambientais1. Identificación e predición de impactos.2. Valoración dos impactos producidos.3. Estudo comparativo da situación actual e futura da zona afectada.

5.2.1.6 Establecemento das medidas ambientais protectoras e correctoras5.2.1.7 Programa de vixilancia e de seguimento ambiental5.2.1.8 Resume do estudo e conclusións (Documento de síntese)

1. Estrutura.2. Contido.3. Presentación.

42

Page 41: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

O nivel de detalle en cada apartado da avaliación ambiental poderá variar segundo anatureza do proxecto e a sensibilidade da zona na que se vaia intervir

Page 42: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

CAPÍTULO 6A implementación dun estudio ambiental

6.1. Eficacia e suficiencia

A implementación do índice dun estudio ambiental, coa estrutura que acabamos de ver, debe facerse sobre os cri-terios de eficacia e suficiencia.

• O criterio de eficacia supón que o estudo garantirá a plena satisfacción o resultado que se lle esixe, tantodesde a perspectiva da Administración pública como do interese da empresa. E para iso necesítase que ainformación que se integra no estudo se recolla con método e rigor, sen recursos a estudos xenéricos, e senobviar ningún dos aspectos que poida ser relevante á hora de determinar os impactos ambientais dun par-que, as súas correccións e as súas alternativas.

• O criterio de suficiencia significa que o EIA presentado bastará para garantir o curso normal do investi-mento, sen que este se poida ver alterado por procesos de garantía desenvolvidos en paralelo, mediante ouso de recursos discrecionais, que modificarían –por puro relativismo– o significado dos estudos ambientais,e farían moi difíciles os cálculos empresariais.

Para que tales obxectivos se cumpran, empresas e Administración asumen o desenvolvemento dos EIA nosseguintes termos:

6.2. Descrición do proxecto

6.2.1. Obxecto do proxectoDeberá realizarse unha clara exposición de en qué consiste o proxecto e cales son os obxectivos que se preten-den alcanzar.

6.2.2. Marco legalÉ preciso dedicar un apartado do estudo a citar as normas específicas e sectoriais, establecidas tanto no ámbitoestatal, como no autonómico, no comarcal ou no municipal. Por outra banda, no caso de que para unha deter-minada actividade ou proxecto algún dos requisitos no sexa considerado polo promotor, este deberá xustificaloadecuadamente.

Tratando de establecer un amplo marco de referencias legais, e sen ánimo de esgotar a lexislación sectorial ouespecífica, incluímos aquí unha relación básica da normativa que directa ou indirectamente afecta á implemen-tación dos estudos ambientais:

6.2.2.1 Normativa europea• Directiva 85/337/CEE, do 27 xuño de 1985, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxec-

44

Page 43: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

tos públicos e privados sobre o medio ambiente. • Directiva 96/61/CE, do 24 de setembro de 1996, relativa á prevención e control integrado da contamina-

ción. • Directiva 97/11/CE, do 3 marzo de 1997, que modifica a Directiva 85/337/CEE. • Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación

dos efectos de determinados planes e programas no medio ambiente (DOCE núm. L 197, do 21 de xullo de2001)

• Directiva 2003/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de maio de 2003, que establece a parti-cipación do público na elaboración de certos plans e programas relativos ó medio ambiente e que modificano referente a participación cidadá e acceso á xustiza as Directivas 85/337/CEE e 96/61/CE do Consello.

• sabilidade medioambiental verbo da prevención e reparación de danos medioambientais.• Convenio de Espoo, do 25 de febreiro de 1991, ratificado pola UE, publicado no BOE do 21 de outubro de

1997.

6.2.2.2 Normativa estatal española• Lei 22/1988, do 28 de xullo de 1988, de Costas; e o seu Regulamento (Decreto 1471/89 ). • Lei 25/1988, do 29 de xullo de 1988, de Estradas. • Lei 4/1989, do 27 de marzo de 1989, de Conservación dos Espazos Naturais e da Flora e Fauna Silvestre.• Lei 21/92, do 16 de xullo de 1992, de Industria ( BOE do 23 de xullo de 1992 ). • Lei 54/1997, do 27 de novembro de 1997, do Sector Eléctrico. • Lei 6/2001, do 8 de maio de 2001, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño,

de avaliación de impacto ambiental (BOE do 9 de maio de 2001, páxinas 16.607 a 16.616). • Lei 16/2002, do 1 de xullo de 2002, de Prevención e Control Integrados da Contaminación. • Real Decreto Lexislativo, do 15 de outubro de 1982, sobre Restauración de Espazos Naturais Afectados por

Actividades Extractivas. • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril de 1986, sobre Regulamento do Dominio Público Hidráulico. • Real Decreto 1302/1986, do 28 de xuño de 1986, de avaliación de impacto ambiental, posteriormente modi-

ficado pola Lei 6/2001, de 8 de maio.• Real Decreto 1131/1988, do 30 de setembro de 1988, polo que se aproba o Regulamento para a execución

do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental.• Real Decreto 1211/1990, Regulamento de Ordenación dos Transportes Terrestres. • Real Decreto 1812/94, do 2 de setembro de 1994, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Estradas. • Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro de 1995, que traspón a Directiva Hábitats (Directiva

92/42/CEE).• Real Decreto Lei 9/2000, do 6 de outubro de 2000, que modifica o Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do

28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental. • Decreto 2414/1961, do 30 de novembro de 1961, Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Noci-

vas e Perigosas.• Orde Ministerial do Ministerio de Industria, do 18 de outubro de 1976, sobre Protección do Ambiente

Atmosférico. • Convenio de Espoo (Finlandia) sobre avaliación de impacto no medio ambiente nun contexto transfrontei-

rizo, do 25 de febreiro de 1991, ratificado pola UE, e publicado no BOE do 21 de outubro de 1997.

45

Page 44: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

6.2.2.3 Normativa galega• Lei 1/1995, do 2 de xaneiro de 1995, de Protección Ambiental de Galicia.• Lei 7/1997, do 11 de agosto, de Protección contra a Contaminación Acústica. • Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. • Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de Avaliación de Impacto Ambiental. • Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de Avaliación de Efectos Ambientais. • Decreto 250/1993, do 24 de setembro, de Repoboacións Forestais (Art. 13). • Decreto 199/1997, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.• Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de Protección Contra a Contamina-

ción Acústica.

6.3 Localización do proxectoDeixarase constancia de tódalas referencias necesarias para situar de forma precisa o proxecto: Paraxe, parro-quia,concello e provincia. Deberán incluírse as coordenadas U.T.M. que axuden a identificar o lugar de localiza-ción das distintas actuacións previstas. Todo parque eólico se integra nunha comarca ou serra, e este espazo xeo-gráfico debe ser descrito de tal xeito que permita unha correcta comprensión do medio onde se instala.

Deben detallarse ademais os límites municipais, cursos fluviais, infraestruturas existentes e outros elementosde interese que poidan resultar afectados, así como a distancia que os separa e a súa localización en referencia óproxecto.

Tamén deberá realizarse unha descrición doutras instalacións existentes nese contorno, fundamentalmenteparques e liñas de alta tensión, coas que posteriormente se estudarán os efectos que sobre o medio provoca oaumento das instalacións deste tipo.

É indispensable que toda esta documentación se presente acompañada por unha axeitada cartografía e repor-taxe fotográfica. Para facilitar a localización do proxecto e da zona, presentarase un plano de situación, alome-nos a escala 1:25.000, e un plano de localización no que se representará a totalidade das superficies afectadas asícomo os novos viais que estea proxectado construír. A elección da escala farase en función do tipo de proxecto;en xeral escollerase aquela que permita unha perfecta definición do estudio, tanto no seu conxunto como a nivelde detalle, a nivel xeográfico, topográfico e urbanístico.

6.4 Detalle dos accesosDeberá dedicarse un apartado do estudo a describir os diferentes accesos proxectados, concretando se son de novaconstrución ou aproveitamento e acondicionamento dos camiños ou pistas xa existentes. Ademais, aportaranseos seus perfiles lonxitudinais e transversais, e os correspondentes planos de detalles tales como os sistemas de dre-naxe, os sistemas de disipación de enerxía, as barreiras de sedimentación, os canos de cuneta, as concas de decan-tación e a presenza de elementos de interese.

Os promotores comprométense a que sempre se describa e xustifique o acabado final previsto. Tamén seincluirán mapas apropiados que mostren as vías de acceso anteriormente citadas. É importante indicar os traza-dos nos que se van a producir os desmontes o terrapléns de maiores dimensións.

6.5 Detalle das instalacións e accións previstasÉ fundamental presentar unha descrición pormenorizada de cada unha das instalacións ou estruturas que confi-guran o proxecto, indicando a súa localización, alturas, áreas, volumes, zonas de amoreo de materiais ou de resi-duos, de almacenamento e áreas de traballo. Para aquelas accións que produzan impacto sobre o medio, deberárealizarse un exame detallado tanto da fase de realización como de funcionamento e abandono.

46

Page 45: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

O promotor fará unha descrición polo miúdo das obras a realizar, e para cadaun dos traballos presentará un programa de execución

Page 46: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

Tamén se describirán os servizos adicionais necesarios, tales como acometidas de auga, subministración eléc-trica, rede de sumidoiros, sistemas de evacuación de augas pluviais, de proceso, servizos e de percolación, verte-doiros e telecomunicacións, así como obras de urbanización (estradas, liñas eléctricas ou de gas) e outras xurdi-das como consecuencia do proxecto (vivendas, comercio e outros). Terán especial consideración as novas infraes-truturas de transporte ou proxectos que xeren un incremento substancial dos fluxos de tráfico en canto a tipo,volume e distribución xeográfica.

6.6 Obra civilFarase unha descrición polo miúdo das obras a realizar en función das características topográficas do empraza-mento. Indicaranse os traballos referentes a camiños de acceso, cimentacións, sistemas de drenaxe, gabias, arque-tas ou outros específicos en función do tipo de proxecto. Para cada un deles, presentarase un programa de exe-cución indicando a duración prevista, datas de inicio e final das fases de construción, operación e abandono.

Así mesmo describirase a forma de execución do traballo, indicando os puntos de amoreamento de materiaisde obra, a procedencia dos formigóns, a localización dos vertedoiros de construción a utilizar si fosen necesariosetc. Este traballo acompañarase da información gráfica necesaria, así como das condicións establecidas no Pregode Prescricións Técnicas Particulares do Proxecto en estudo.

6.7 Infraestruturas e instalaciónsIncluírase unha descrición dos movementos de terras, xustificando se é posible unha redución dos mesmos enbase ó deseño da rede de viais, os volumes tanto de escavación como de aterraplenado, e a necesidade de présta-mos ou de depósitos.

Xustificaranse as solucións construtivas adoptadas, tanto no trazado de camiños como na rede subterránea deinterconexión. Considérase fundamental a xustificación, desde o punto de vista do deseño do proxecto, da lon-xitude total da rede viaria e liñas eléctricas subterráneas, indicando as alternativas estudadas e os motivos daelección realizada.

Terase en conta a posibilidade de utilización de solos artificiais procedentes de xestores autorizados.

6.8 Cronograma e esquema de organización das obrasO cronograma dos traballos abranguerá desde o día cero ata a posta en marcha do parque. Deberá detallar as gran-des fases da obra, con específico sinalización da estación climatolóxica na que deberá abordarse cada etapa. Ocronograma deberá conter información separada sobre as seguintes fases:

a) Infraestrutura de comunicación e accesos terrestres (mesmo aqueles que son interiores do parque eólico).b) Cavadura e preparación do espazo afectado.c) Realización de obras e zapatas que impliquen movemento de terras e actuacións de formigonado.d) Transporte e plantado dos aeroxeradores.e) Construción da rede de transporte eléctrico.

6.9 Descrición de materiais, materias primas e fontes de enerxía utilizadosEste apartado deberá centrarse en facilitar información sobre as características dos materiais que se van a utilizar.Indicaranse os tipos e cantidades de materias primas e enerxía necesarios nas fases de construción e operación,xustificando o uso eficiente dos mesmos e procurando a minimización de residuos mediante as técnicas coñeci-das (redución, reutilización, reciclaxe e valorización).

Os promotores ocuparanse igualmente de identificar e cuantificar os materiais perigosos utilizados, almace-

48

Page 47: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

nados, manipulados ou producidos como consecuencia da execución do proxecto, así como o seu transporte e ovolume de tráfico que este xere.

6.10 Características do solo ocupadoCuantificaranse, cartografáranse e describiranse as características dos solos que vaian ser ocupados, tanto deforma permanente como os requiridos temporalmente durante a fase de construción. Describirán os usos actuaisdo solo na zona así como calquera previsión de cambio nos mesmos, detallando os planes, políticas ou programasrelativos ós usos do solo da zona. Tamén se explicará o réxime de propiedade vixente e o que se proxecta duran-te o tempo de operación do parque.

Deberá quedar constancia da clasificación urbanística do solo ocupado por cada un dos elementos que inte-gran o parque nas diferentes fases, sinalando se se trata dunha ocupación temporal ou permanente. No caso deque as actuacións se leven a cabo en zonas sensibles ou protexidas, o promotor deberá especificar o tipo de pro-tección á que se encontra sometida. Ocuparase tamén de coñecer a opinión do concello afectado sobre a inicia-tiva.

49

Page 48: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

CAPÍTULO 7Inventario ambiental

7.1. A elaboración do inventario

Para a elaboración do inventario resulta imprescindible realizar traballos tanto de campo como de gabinete. Oestudo e análise do medio físico é, xunto co das accións que desenvolve o proxecto, a base do EsIA. A valora-ción dos impactos ambientais que orixina unha acción determinada só pode facerse partindo dun coñecementodetallado do contorno en que se implanta, como recoñeceu a normativa vixente en materia de impactos ambien-tais.

Na redacción do inventario débese consultar a bibliografía e estudos existentes, e contrastar a informaciónobtida cos datos propios. Realizar un traballo de campo detallado permite axustar a información bibliográfica, oque posibilita a valoración realista dos impactos.

Esta análise será especialmente coidadosa naqueles apartados nos que a construción e operación do parquesexa susceptible de alterar o medio en maior medida. A modo de exemplo, os factores do medio que son máisafectados pola actividade eólica serán:

• A ocupación de solo.

• A posible alteración das condicións hidrográficas.

• Os cambios ou alteracións na vexetación e os hábitats.

• As afeccións á fauna (sobre todo avifauna e quirópteros), cambios sobre a paisaxe etc.

Os inventarios relativos a espazos comprendidos na Rede Natura e ós hábitats de protección prioritaria defi-nidos polas Directivas da UE faranse con especial coidado e precisión, engadindo información referida ó estadode conservación das poboacións faunícula e do hábitat no seu conxunto6.

É importante salientar que só debe reflectirse aquela información que aporte características específicas da áreade estudo, sendo fundamental a precisa delimitación do ámbito de referencia para cada factor natural afectado,tendo presente que pode proceder reformular o ámbito de referencia á luz da información obtida. Tamén se faráunha descrición das interaccións entre os diferentes compoñentes do medio e a súa relación co proxecto.

Toda a información que poida ser cartografada deberá presentarse reflectida nos planos correspondentes, aunha escala o suficientemente detallada como para permitir un replanteo do representado.

Antes de iniciar calquera das actuacións previstas no proxecto é imprescindible a realización dunha análise ediagnóstico da situación do medio, tendo moi claro que só un inventario profundo e exhaustivo dos aspectosambientais susceptibles de alteración, que reflicta a situación preoperacional na que se localiza o proxecto, per-mitirá unha axeitada predición dos impactos que poidan chegar a producirse. Tamén deberá incluírse un estudocomparativo da situación presente e futura, con e sen a actuación derivada do proxecto obxecto de avaliaciónpara cada alternativa proposta.

50

6 Cfr.: Conclusiones de las I Jornadas sobre la Evaluación de Impacto Ambiental en la Administración. Santia-

go (2003): Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, pp. 33 y ss.

Page 49: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

No esquema que se inclúe de seguido móstrase unha recompilación da información a considerar referente ósestudos descritivos do medio físico, socioeconómico, cultural, etnográfico, biótico e perceptual. Os datos de par-tida poden proceder dos inventarios ambientais existentes, pero sempre serán corroborados e, se é o caso, corri-xidos cos estudos de campo. Tamén require que se consulte con especialistas nas distintas áreas nas primeiras eta-pas de desenvolvemento da proposta.

A pauta para a realización do inventario ambiental artéllase nos seguintes puntos:

7.1.1 Medio físicoNo apartado do medio físico inclúense as principais áreas que permiten unha descrición completa:

1. Clima2. Calidade do aire3. Nivel sonoro ambiental4. Xeoloxía e litoloxía5. Hidroxeoloxía6. Xeomorfoloxía7. Edafoloxía8. Hidroloxía9. Oceanografía

O inventario informará sobre as condicións climáticas xerais do territorio e identificará as zonas concretascunhas peculiaridades que difiran das do resto.

En canto á calidade das augas, distinguirse entre as superficiais (auga de choiva, escorrentías, caudal freáticoque aflora etc.) e as augas subterráneas. Os parámetros que definen a calidade do líquido poden establecerse base-ándose nunha caracterización física (color, olor, temperatura, sólidos, turbidez etc), química (DBO, DQO, COT,salinidade, dureza, pH) e presenza.

7.1.1.1 Clima. Descrición e análise, con expresa avaliación da súa idoneidade para a xeración eólica.

7.1.1.2 Calidade do aire, que ven dada pola presenza ou ausencia de contaminantes e que pode medirse polosniveis de inmisión de contaminantes e enerxía disipada. Deberán, ademais, considerarse as tendencias históricas,así como unha descrición coidadosa das características de cada lugar de mostreo e o procedemento utilizado cosequipos.

A Lei 38/72 de Protección do Medio Ambiente Atmosférico califica como contaminación a aparición no aire dal-gunha substancia (en fase sólida, líquida ou gasosa) en cantidades anormais, si isto converte ó mesmo en daniñopara o medio. Outras definicións non utilizan o criterio de nocividade, e establecen que o aire contaminado éaquel no que as proporcións dos seus constituíntes se separan dos valores normais.

Os contaminantes aparecen no aire como consecuencia de procesos naturais ou antropoxénicos. A aparicióndos contaminantes denomínase emisión, e os así liberados chámanse contaminantes primarios. Unha vez queestán na atmosfera, desenvólvense diferentes procesos por medio dos que van sendo eliminados ou transforma-dos noutros (contaminantes secundarios).

Os procesos implicados son reaccións químicas entre contaminantes, a miúdo influenciadas pola luz solar, aauga ou outros líquidos ou sólidos, dispersión dos contaminantes en volumes maiores de aire, deposición dos mes-mos e absorción polo terreo situado entre a fonte e o receptor. En ocasións, os efectos da existencia dun conta-

51

Page 50: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

minante na atmosfera agrávanse se coinciden con outro. Por isto, as consecuencias das mesturas non se podencalcular simplemente como a suma dos efectos derivados da existencia de cada contaminante por separado.

No caso concreto de Galicia, os estudos sobre a contaminación deberán ter moi presente a peculiar ordena-ción do territorio, así como a estreita convivencia entre os usos agrícolas, residenciais e industriais do solo.Tamén deben terse en conta os efectos que poden causar algunhas situacións atmosféricas polo “microclima” quexeran debido á situación xeográfica, topografía complicada, distintas alturas en edificios, orientacións das rúas,ríos que atravesan os devanditos núcleos, proximidade da zona costeira, encoros, lagos etc.

7.1.1.3 Calidade sonora. Plan de seguemento ambiental dos niveis de presión sonora no contorno de localiza-ción do parque eólico, en base ós criterios establecidos na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a con-taminación acústica e o Decreto 150/1999 do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra acontaminación acústica. Será preciso determinar os niveis de presión sonora

A determinación do nivel de presión sonora realizarase e expresará en decibelios en escala A, corrixidos con-forme á rede de ponderación normalizada, que converte a medida á escala de percepción humana.

As consideracións xerais no proceso de medicións acústicas son as que seguen:

a) A valoración dos niveis de ruído realízase mediante o parámetro Leq, expresado en dB(A), valorado coaconstante de tempo slow, segundo a norma UNE 20-464-90.

b) Para evitar a distorsión direccional, sitúase o sonómetro no punto de medida e xírase no interior do ángu-lo sólido determinado por un octante, fixándoo na posición que teña unha lectura equidistante dos valoresextremos obtidos.

c) Para asegurar a fiabilidade dos datos, tódalas medicións realizadas se toman con pantalla antivento.d) O observador sitúase no plano normal ó eixo do micrófono e o máis separado do mesmo, e que sexa com-

patible coa lectura correcta do indicador de medida, intentando evitar o efecto pantalla.e) No momento de medida, a velocidade do vento debe ser inferior a tres metros por segundo.f) Os equipos utilizados (sonómetro integrador e calibrador acústico) cumprirán as esixencias ICE-651 tipo I.g) A medición levarase a cabo en lugares nos que o nivel sexa máis alto e, se fose preciso, no momento e situa-

ción en que as molestias sexan máis acusadas.h) As medicións realizaranse aproximadamente a 1,5 metros sobre o solo e alomenos a 3,5 metros das pare-

des, edificios ou calquera superficie reflectinte en sentido vertical. Se, por causas específicas, non se puide-ran manter estas distancias, quedaría constancia na folla de campo o informe de inspección, e tomaríase enconsideración á hora de valorar os resultados.

i) Por outra banda, antes de iniciar unha serie de medidas, o inspector encargado verificará a lectura do sonó-metro utilizando un calibrador sonoro calibrado de acordo cos criterios de metroloxía legal e da norma UNEEN 17025.

j) Para evitar un posible efecto pantalla, o inspector situarase no plano normal ó eixo, co micrófono e o máisseparado do mesmo que sexa posible, sen perder acceso á lectura do sonómetro. Loxicamente, é necesarioevitar conversacións ou facer ruídos que distorsionen a lectura.

7.1.1.4 Xeoloxía. Nos parques eólicos debe estudarse co maior detalle a xeomorfoloxía, o releve, e a posible exis-tencia de afloramentos rochosos singulares.

7.1.1.5. Arqueoloxía. En consonancia coa sensibilidade ambiental que neste documento veñen manifestando aXunta e EGA, estamos convencidos da necesidade de redactar protocolos que orienten os procesos de localiza-

52

Page 51: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Só un inventario exhaustivo dos aspectos susceptibles de alteración, que reflicta asituación preoperacional, permitirá unha axeitada predición dos impactos que poidanproducirse

Page 52: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

ción, dimensión, descrición e catalogación de calquera xacemento ou indicio arqueolóxico, coa dobre finalida-de de ter unha referencia exacta para unha investigación suficiente, e de poder acumular toda a información obti-da en inventarios arqueolóxicos homologables en Galicia e en toda España.

Nesta liña pronunciáronse os arqueólogos españois nunha reunión celebrada no Instituto Padre Sarmiento(11/12 de xuño de 2004). E por iso procede que a Administración ambiental se sume a unha petición que daríamoito más sentido a numerosos estudios arqueolóxicos de campo que se realizan a impulsos das intervenciónsempresariais.

7.1.1.6 Edafoloxía. Debe realizarse a identificación e localización exacta, se os houbera, de solos de alta fraxili-dade oi interese ambiental.

7.1.1.7 Hidroloxía. Deben identificarse, se os houbera, as concas, os cursos fluviais ou as zonas húmidas de altafraxilidade ou interese ambiental. Estudaranse as afeccións hidrolóxicas na zona, tanto na súa parte superficialcomo subterránea, analizando as modificacións que se produzan, en cada caso, no réxime hidráulico ou na cali-dade dos distintos cursos de auga afectados.

En particular, prestarase atención á posibilidade de que, debido ás obras, se xeren barreiras para a correcta cir-culación das augas de escorrentía, creando zonas con risco de inundación ou encharcamento. Tamén poden pro-ducirse afeccións a pozos ou a aproveitamentos de augas, ou suscitarse a necesidade de desviar leitos ou constru-ír pasos provisionais para cruce de maquinaria. Igualmente poden precisarse movementos de terra que orixinenarrastres nos leitos fluviais. Todo isto farase coas correspondentes cautelas.

Cando, pola natureza do proxecto, se detraía caudal de algún leito fluvial, teranse en conta os efectos desaoperación sobre o réxime natural das augas e as súas implicacións sobre a tipoloxía de substratos, procesos de ero-sión/deposición, e as comunidades e especies que habitan ou dependen destes tramos.

Analizarase a posibilidade de que se produzan desprendementos, especialmente en zonas de forte pendente,efectos sobre as concas e microconcas fluviais (desvíos, efectos presa, variacións de caudal, etc.) sopesándose oseu efecto no ecosistema, en especial o ligado ó réxime hídrico.

Tamén se determinarán as posibles afeccións sobre a calidade das augas, tendo en conta a natureza do verti-do, ocasional ou non, e as características do medio hídrico receptor. Entenderanse como fontes puntuais, as rela-cionadas con vertidos específicos procedentes de zonas industriais fundamentalmente, mentres que as non pun-tuais ou difusas fan referencia a zonas urbanas, industriais ou de escorrentía rural, que non teñen un punto loca-lizado de vertido.

Na determinación da posible afección consideraranse as situacións ambientais máis limitantes para a calida-de da auga (mínimos caudais e puntas de vertido). En vertidos dunha certa entidade, para a identificación deimpactos, recomendase o uso de métodos de modelización matemáticos e de seguimento das plumas de vertido.

7.1.1.8 Elementos singulares de orixe física. Procederase á identificación, se os houbera, de aqueles elemen-tos do medio de importancia pola súa escasa presenza ou especial relevancia: Covas, surxencias, mananciais etc.

Analizaranse as relacións entre poboacións de sustancias como cloruros, sulfatos, fosfatos, ferro, manganeso,metais pesados, nitróxeno e fósforo nas súas distintas formas e biolóxica (macroinvertebrados bentónicos, diato-meas, presenza de coliformes, patóxenos específicos e virus etc.). Ademais tamén cómpre referirse á cantidade elocalización das augas, indicando os principais leitos e lagos no contorno do proxecto, preferentemente usandounha cartografía adecuada.

A análise do contorno xeolóxico e edafolóxico implica a utilización de información relativa ás característi-cas dos principais recursos existentes na zona do proxecto. O seu perfecto coñecemento é esencial, dado que pre-

54

Page 53: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

senta relacións fundamentais con outros compoñentes medioambientais, como o tipo de hábitat, vexetación ouaspectos culturais.

Tamén será esencial para o deseño de enxeñería, construción e funcionamento dos proxectos (aproveita-mentos hidroeléctricos, vertedoiros, cimentación etc.). Por outra banda, tamén pode ser preciso indicar paráme-tros tales como textura, estrutura, pH, condutividade, materia orgánica, relación C/N, nutrintes, potencia, carac-terísticas hídricas, etc. O coñecemento destas características facilitará o aproveitamento dos recursos naturaisevitando a perda potencial de solos con alta capacidade agrolóxica e facilitando os labores de restauración vexe-tal que teñan que realizarse posteriormente.

55

Page 54: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

CAPÍTULO 8Medio biótico

A maioría dos ecosistemas están constituídos por un gran número de compoñentes que poden verse afectadospolo proxecto avaliado. Por iso é importante centrar o estudo en aqueles que axuden á toma de decisións, ó per-mitir predicir impactos e medir os seus efectos. Os compoñentes máis útiles para este obxectivo son:

a) Elementos de valor para o home (especies ou hábitats importantes economicamente, de valor turístico,etc.).

b) Elementos con valor intrínseco (especies ameazadas ou raras, hábitats especialmente diversos, etc.).c) Especies clave, cunha abundancia que presenta un efecto desproporcionado na estrutura do hábitat ou

comunidade, repercutindo en cascada nos outros compoñentes do ecosistema.d) Indicadores biolóxicos, que reflicten o estado de saúde do ecosistema: Inclúen grupos de organismos ou

poboacións de especies, respostas toxicolóxicas, bioacumulación de contaminantes etc.

O inventario ambiental debe aportar a seguinte información:

1. Vexetación real e potencial da zona. Descrición de unidades de vexetación actual, incluíndo cartografía,que será a escala 1:5.000 no caso de lugares de importancia comunitaria (LIC) e 1: 10.000 no resto dosemprazamentos.

2. Identificación dos hábitats e especies vexetais de interese comunitario e prioritario, coa inclusión de car-tografía e estado de conservación.

3. Fauna. Inventario da fauna, con referencias bibliográficas actualizadas. Caracterización da avifauna.Inventario do seu estado preoperacional. Outras poboacións faunísticas de interese localizadas na área deinvestigación. Se existen especies con algún status de protección (que apareza nalgún dos listados corres-pondentes) deberase estudar a área vital necesaria.

4. A protección da avifauna ante a implantación de parques eólicos é de especial interese nas seguintes áreas:

• Espazos protexidos con base legal autonómica ou nacional.• Áreas de Importancia Internacional para as Aves (IBA) e ZEPA designadas ou en trámite.• Lugares de Interese Comunitario (LIC) e outros lugares que cumpran criterios para selo.• Lugares de interese polo valor da súa paisaxe natural ou cultural.• Corredores biolóxicos e ribeiras.• Zonas habitadas por especies animais de conservación prioritaria.

Entre os moitos factores dos que depende o impacto dos parques na avifauna destacan pola súa importancia osseguintes:

• A adecuada selección do emprazamento, tanto da subestación como dos aeroxeradores dentro da área deexplotación eólica.

• A meteoroloxía.

56

Page 55: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

A maioría dos ecosistemas están constituídos por numerosos compoñentes que poden verseafectados polo proxecto. É importante centrar o estudo naqueles que axuden na toma dedecisións

Page 56: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

• O comportamento das aves.• O deseño dos aeroxeradores.

Por isto, seguindo as conclusións dos estudos dispoñibles e as experiencias de impacto dos muíños sobre a avi-fauna noutros países, pódese concluír que a medida máis eficaz para evitar afeccións negativas e a adecuada selec-ción do emprazamento dos parques, mediante estudos detallados da presenza, densidade, comportamento e usodo espazo por as aves. Nestes estudos de seguimento de avifauna debe dispoñerse do tempo e os medios necesa-rios para cubrir a bioloxía completa das especies que poidan estar presentes, co obxecto de evitar desviacións atri-buíbles a outros factores conxunturais ou estables.

5. Espazos Naturais afectados (ata os contemplados no planeamento urbanístico municipal).

6. A correcta descrición do medio biótico esixe tamén a seguinte información cartográfica:

1) Cartografado, previo inventario, dos ecosistemas, hábitats e asociacións vexetais (debéndose reflectir asúa estrutura e composición), que deberá ser exhaustivo, sen discriminación por razón da súa vulgari-dade, destacando os elementos singulares, fráxiles, raros, relictos, ameazados, endémicos ou vulnera-bles, e dentro destes os humedais, turbeiras e ecosistemas fluviais.

2) Cartografado, previo inventario, das especies vexetais protexidas pola lexislación, así como doutrasespecies relevantes (incluídas en listas vermellas, endémicas, raras, fráxiles, relictas, ameazadas...) ouque puideran verse comprometidas directa ou indirectamente polo proxecto previsto.

3) Cartografado de corredores ecolóxicos, puntos de paso ou rutas migratorias, obstáculos naturais, efec-tos de barreira existentes e outros datos de interese.

7. Tamén se terán en consideración as posibles variacións estacionais. O estudo detallado e cartografado dosvalores anteriores completarase, entre outros aspectos, cunha avaliación da naturalidade (grao de alteraciónnatural ou antrópica), grao de cobertura, abundancia do hábitat etc.

8. Nos proxectos que incidan sobre espazos naturais protexidos a incluír na Rede Natura 2000, de acordo coscriterios recollidos na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, prestarase especial atenciónós valores e os obxectivos polos que o espazo ostenta a figura de protección ambiental; en particular:

1) Hábitats de interese comunitario, distinguindo entre estes os prioritarios.2) Especies de interese comunitario, distinguindo entre estas as prioritarias, así como aquelas que para pre-

servalas se precisa designar zonas de especial conservación e aquelas para as que se prevé unha pro-tección estrita, distinguindo as especies polas cales o espazo foi protexido.

A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos europeos que inclúe tanto os Lugares de Interese Comunita-rio (LIC) que pasaron a converterse en Zonas de Especial Conservación (ZEC) no ano 2004, como as Zonas deEspecial Protección para as Aves (ZEPA). Dentro destes espazos, a Unión Europea fomentará a conservación danatureza así como iniciativas de desenvolvemento sustentable a través dos seus instrumentos de financiamento.España é o país da UE que máis superficie aporta a unha Rede Natura 2000 que dista moito de ser un conxuntode parques despoboados, xa que inclúe unha gran zona composta por terreos agrícolas nos que é importante har-monizar o desenvolvemento humano coa protección da fauna.

58

Page 57: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 9Medio perceptual

A medida que avanza a cultura ambiental, e ante a preocupación que esperta a crecente capacidade de que dis-pón o home para intervir sobre a paisaxe e alterala de forma intensa e dificilmente reversible, pasouse dunha con-cepción clásica, que entendía a paisaxe como trasfondo estético da actividade humana, a unha concepciónmoderna e desenvolvida. Nesta a paisaxe defínese como recurso e patrimonio cultural, adquirindo así unha con-sideración crecente no conxunto dos valores ambientais que demanda a sociedade. Esta nova dimensión da pai-saxe como recurso implica a súa conservación. A vexetación, os usos do solo e o releve son os principais facto-res que entran na definición da paisaxe actual

Á hora de inventariar a paisaxe, determinarase a zona de estudo tendo en conta o conxunto de puntos desdeos que é visible o parque eólico total ou parcialmente, é dicir, a conca visual. Tamén se estudarán o potencial dapaisaxe para absorber ou ser visualmente perturbado pola actuación, establecendo así a calidade visual do con-torno. O estudo debe delimitar con toda claridade as concas visuais, as unidades intrínsecas da paisaxe e os pun-tos de incidencia paisaxística.

A Asociación Eólica de Galicia propón ademais unha área de detalle, perfectamente cartografada, formadapor unha elipse de cinco quilómetros de radio trazados desde os límites exteriores do parque correspondente.Nesta área estudaranse especialmente dous aspectos:

a) A calidade e fraxilidade visual.b) Unha simulación infográfica de perfiles visuais, centrada nos puntos estratéxicos e de interese turístico.

Dado que se trata dun elemento dificilmente ponderable debido ó seu carácter subxectivo afectado por fac-tores sociais, culturais e perceptivos, a análise da fraxilidade visual permitirá establecer o valor estético das dis-tintas unidades da paisaxe que abarca a área alterada.

Ademais de analizar a paisaxe no seu conxunto, é necesario inventariar os elementos destacables da mesma,tales como rochas, árbores, covas singulares e camiños pintorescos.

59

Page 58: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Pasamos dunha concepción clásica, que entendía a paisaxe como transfondo estético da actividadehumana, a unha concepción moderna, na que a propia paisaxe é recurso e patrimonio cultural

Page 59: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 10Medio socioeconómico

A Conferencia de Estocolmo en 1972 foi a primeira ocasión na que se recoñeceu internacionalmente que a pro-tección do medio ambiente inflúe sobre o desenvolvemento económico. O informe do Club de Roma coñecidocomo “Os límites do crecemento”, que apareceu pouco antes, xa chamara a atención sobre o esgotamento dos recur-sos naturais da Terra e os límites da súa capacidade.

Pero foi en 1987 cando a Comisión Mundial sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento das Nacións Unidaspublicou o seu informe “O noso futuro común” (Informe Brundtland), no que identificaba a unión do medioambiente e o desenvolvemento como o problema central para as vindeiras décadas. Neste contexto enténde-se por desenvolvemento sustentable “o desenvolvemento que satisfaga as necesidades do presente sen poñeren perigo a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades”. Por iso a culturaambiental actual é un concepto cada vez máis complexo, no que moitos aspectos relativos ó desenvolvemen-to cultural e económico se mesturan coa protección do medio natural que o ecoloxismo clásico logrou intro-ducir na nosa cultura.

Neste capítulo a Consellería de Medio Ambiente e a Asociación Eólica de Galicia analizan a estrutura pro-dutiva e de mercado, así como os aspectos laborais do contorno dos parques.

Os estudos socioeconómicos faranse por termos municipais completos, e abranguerán a tódolos concellos queestean concernidos pola área ambiental afectada. Para a descrición serán suficientes os datos oficiais relativos óemprego, estrutura da produción, renda e análise dos sectores económicos máis importantes dos concellos com-prendidos na zona denominada contexto da instalación.

Co ánimo de avanzar na actualización dos datos que serven para garantir a eficacia dos EsIA, convén refor-zar a recollida de datos sobre a implantación das novas tecnoloxías (internet especialmente) e as comunicaciónse conexións realizadas por redes de cabos ou wireless. Tamén se analizará a existencia no contorno de instalaciónscomerciais e centros de saúde. E, por último, creemos necesario incluír tamén un informe sobre a distribución demedios de comunicación con maior presenza nas zonas afectadas, e sobre os que se basea o proceso de constru-ción da realidade social da área estudada.

Seguindo xa a liña dos estudos máis tradicionais, tamén se fará referencia á diversidade de aspectos relacio-nados co ser humano e o medio, entre os que deberán figurar os seguintes:

1) As tendencias demográficas e a distribución da poboación2) Os indicadores económicos do benestar humano3) Os sistemas educativos4) As redes de transporte5) Os usos do solo6) O abastecemento de auga7) O saneamento e a xestión de residuos sólidos8) Os servizos públicos9) Coutos de caza e pesca10) Actividades recreativas11) Miradores

61

Page 60: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Dentro dos usos do solo, destacaranse os incluídos nos planos especiais, como o terreo rústicode protección agropecuaria

Page 61: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

63

12) Elementos xeomorfolóxicos singulares ou vinculados ó interese social13) Outros aspectos que poidan considerarse importantes para a organización da comunidade humana da zona

Dentro dos usos do solo, destacaranse os incluídos en planes especiais de protección, en concreto os perten-centes á categoría de solo rústico especialmente protexido (solo rústico de protección agropecuaria, forestal, deinfraestruturas, das augas, de costas, espazos naturais, de interese paisaxístico, interese patrimonial, artístico ouhistórico e outras) segundo a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural deGalicia.

Así mesmo analizarase o grao de aceptación da poboación en relación co proxecto, o que constitúe un impor-tante factor ambiental, que pode ser determinante para o desenvolvemento dunha actividade. Tamén debe inclu-írse unha análise da estrutura económica facendo referencia ós distintos sectores (primario, secundario e tercia-rio), así como á distribución de poboación activa.

Page 62: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

64

CAPÍTULO 11Medio cultural e etnográfico

Os recursos culturais e etnográficos non son renovables, e isto, por se mesmo, constitúe o motivo de que se con-sideren especialmente importantes.

Nalgúns proxectos o principal inconveniente para o seu desenvolvemento estriba no impacto que causansobre os recursos culturais, tanto arquitectónicos, como lugares históricos, xacementos arqueolóxicos ou áreas deimportancia singular pola información ecolóxica, científica ou xeolóxica que conteñen. Por esta razón o estudodo medio cultural e etnográfico debe incluír ademais dos límites estritos da área de proxecto, as zonas lindantes,xa que poden verse afectadas polas actuacións realizadas. Incluirá tamén as actividades de carácter recreativo outurístico, así como festas e tradicións.

Dependendo das características do proxecto e a súa localización, frecuentemente a Dirección Xeral de Patri-monio Cultural require o desenvolvemento dunha prospección arqueolóxica superficial intensiva, de acordo coestablecido no Decreto 199/1997, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.Do mesmo modo pode pedir un inventario exhaustivo do patrimonio cultural afectado, obtido como resultadoda recollida de datos bibliográficos e do traballo de campo.

Para determinar con precisión o obxectivo dos estudos arqueolóxicos conducentes á elaboración dun EsIA,parécenos oportuno recorrer ó concepto de arqueoloxía preventiva que xa se utiliza nalgunhas lexislacións, a esen-cia do devandito concepto consiste en describir a realidade de calquera posible xacemento arqueolóxico e a súasmanifestacións superficiais, garantindo a súa inalterabilidade.

En consecuencia, dentro do estrico marco dos estudos ambientais orientados á implantación de parques eóli-cos, consideramos que todo estudo arqueolóxico debe conter os seguintes apartados:

• Descrición e delimitación do ámbito de información.–Plano de situación.–Planta xeral indicando as zonas sensibles.–Fotografías do estado actual.•Antecedentes históricos e arqueolóxicos da zona estudada.•Metodoloxía e técnicas aplicadas, con expresa indicación de se responden a un protocolo determinado de

actuación.•Medidas de protección e consolidación do patrimonio.

Page 63: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Os recursos etnográficos e culturais non son renovables, polo que a vixilancia dos arqueólogos,especialmente cando se realizan as gabias e zapatas, ha de ser extrema

Page 64: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

66

CAPÍTULO 12Accións do proxecto con repercusións ambientais

No apartado de accións con repercusións ambientais identificaranse tódalas fontes posibles de impactos do pro-xecto (por exemplo, movemento de terras, escavación para zapatas, formigonado, vertido de efluentes, xeraciónde residuos, consumo de auga etc.). Para isto poden usarse distintos métodos, tales como listas de recoñecemen-to ou control, matrices de interacción (causa-efecto), comparación con estudos ambientais de proxectos simila-res, etc. En particular, neste apartado incluiranse:

12.1 Relación de tódalas accións susceptibles de producir un impactosobre o medio

Para cada unha das fases do parque (construción, explotación e abandono) deben analizarse e detallarse as esi-xencias previsibles en relación coa utilización de recursos naturais e as accións proxectadas susceptibles de pro-ducir efectos simples sobre o medio, así como os efectos sinérxicos e acumulativos que puideran chegar a darse.

12.2 Estimación dos tipos e cantidades de residuos, vertidos e emisiónsde materia ou enerxía resultantes

É moi importante identificar claramente os tipos, cantidades e composición de residuos, emisións ou outros ele-mentos contaminantes que puideran xerarse como consecuencia da execución do proxecto e posterior desenvol-vemento da actividade, en especial ruídos, vibracións, olores, emisións luminosas, emisión de partículas etc.Cando a actividade ou proxecto provoque unha alteración de importancia sobre o medio hídrico, ou sonoro, rea-lizaranse os estudos necesarios ca fin de prever os efectos posteriores.

Page 65: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Para cada unha das fases do parque (construción, explotación e abandono) deben analizarse asaccións proxectadas susceptibles de producir efectos simples sobre o medio

Page 66: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

CAPÍTULO 13Análise das alternativas

Os promotores deben de considerar as posibles alternativas tecnicamente viables do proxecto nas etapas máistemperás da súa xestación, podendo na práctica ser a primeira fase do procedemento, aínda que no índice dodocumento figure como cuarto punto.

Neste apartado incluirase a xustificación da solución adoptada (nos casos nos que só exista unha alternativaposible, fundamentarase este feito), así como a descrición das esixencias previsibles no tempo para a utilizacióndo solo e outros recursos naturais para cada unha das opcións formuladas, aportando, se é o caso, informacióncartográfica. Esta análise tamén é recomendable no caso dos estudos de efectos ambientais.

Resulta fundamental que tanto na análise das alternativas como no resto do estudo se impoñan criterios téc-nicos e obxectivos, de modo que os redactores escapen das apreciacións intuitivas. A análise referirase a:

1. A localización espacial2. Distintas escalas ou deseños do proxecto3. As técnicas de proceso posibles

A “opción cero”, de non levar a cabo o proxecto, tamén se considerará. A alternativa seleccionada debe seraquela que reduza, ou elimine cando fora posible, os impactos ocasionados ó medio, respectando sempre os valo-res límite establecidos pola lexislación vixente. A valoración dos impactos deberá realizarse sobre tódalas varia-bles ambientais nas que poidan incidir as alternativas baralladas.

A análise de alternativas referirase tamén ó proceso de xeración. Para iso tomaranse como referencia as mello-res técnicas dispoñibles (MTD), sen imposición dunha específica e baixo os criterios da Directiva 96/61/CE e asúa correspondente transposición na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

Para un axeitado desenvolvemento da análise das alternativas recoméndase a aplicación de técnicas de pro-bada eficacia na valoración de impactos, como son as que se comentan no apartado correspondente á avaliaciónde efectos ambientais. En todo caso a decisión sobre a alternativa a realizar farase unha vez analizados e valora-dos os impactos potenciais para cada proposta, incluída a de non intervir, tal e como se detalla máis adiante. Endeterminados casos será conveniente ou necesaria a aplicación de técnicas de decisión multicriterio ou de análi-se custo-beneficio, o que permitirá dar resposta a preguntas como ¿En cantas localidades e en que orde de priori-dade se debería intervir?, así como decidir a alternativa de maior utilidade social.

68

Page 67: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

A análise das alternativas referirase tamén ó proceso de xeración, para o que se tomarán comoreferencia as mellores técnicas dispoñibles

Page 68: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

CAPÍTULO 14Avaliación de impactos ou efectos ambientais

Para unha correcta avaliación dos impactos ou efectos ambientais dun determinado proxecto ou actividade, éfundamental que as etapas anteriores de estudio se desenvolveran coa precisión xa comentada. A identificacióne valoración dos efectos notables previsibles nas actividades farase tanto na solución proposta coma nas súasalternativas.

A tódolos efectos legais derivados da realización dos estudios cómpre distinguir entre efectos e impactosambientais:

1) O efecto de cada proxecto no medio ambiente será único, por mor da súa localización, construción, dura-ción, actividade etc. Pode cinguirse ó emprazamento, pero tamén pode atanguer a outras zonas, mesmo moialonxadas (por exemplo, a contaminación da auga).

2) O impacto ambiental é a variación da calidade do medio entre a situación inicial e a mudada polo pro-xecto ou actividade que se leva a cabo.

Se estudarán, ademais, os posibles impactos indirectos, os acumulativos e as interaccións entre impactos,segundo as seguintes definicións:

a) Son impactos indirectos os que non constitúen un resultado directo do proxecto, e que adoitan producir-se como consecuencia dunha traxectoria completa.

b) Os impactos acumulativos son resultado de cambios incrementais causados por accións pasadas, presentesou razoablemente previsibles xunto co proxecto.

c) As interaccións de impactos son aquelas variacións no medio que se producen pola acumulación de efec-tos de proxectos distintos situados en zonas veciñas, con independencia da natureza da actividade que sedesenvolva en cada caso.

Detallaranse a metodoloxía e o proceso de cálculo utilizados na identificación e valoración dos diferentesimpactos ambientais, así como o seu fundamento científico. Recomendase facelo sobre a base dos seguintes méto-dos, unitariamente ou empregando varios.

A. Modelos de referencia ou experiencia: Valorar cál foi o resultado de experiencias semellantes no contor-no da actuación. Procurarase unha recompilación o máis ampla posible de casos similares e, en todo caso,convén ter en conta os impactos derivados da localización e as características particulares do parque.

B. Comparación de escenarios: É fundamental mante-lo principio xeral das avaliacións ambientais, estu-dando diversas posibilidades. O estudio de avaliación ha servir para optimiza-lo emprazamento e afectar omenos posible ó contorno.

C. Valoración técnica multidisciplinar: Se pode realizar por superposición de cartografías temáticas, ben dexeito manual, ben mediante sistemas de información xeográficos.

D. Matriz de valoración: Destaca como outro paso máis na identificación e valoración dos efectos do pro-xecto no medio. É unha táboa de dobre entrada, na que se colocan en sentido vertical os factores ambien-

70

Page 69: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

tais susceptibles de seren alterados polas accións do parque, mentres que no sentido horizontal se enume-ran as accións programadas que poden ter incidencia sobre os factores do medio. Finalmente se establecenmagnitudes de valoración que permiten dar un valor a cada cadriño de cruce axudando a identifica-los efec-tos máis salientables.

E. Diagramas de redes: Amosan relacións causa-efecto entre as accións causais do proxecto e os factoresambientais que reciben impacto, mesmo naquelas accións que ocasionan impactos secundarios e terciarios.Se empregan fundamentalmente na identificación de impactos, pero tamén axudan a establece-la impor-tancia probable dos efectos e os datos necesarios para avaliala.

14.1 Identificación e predición de impactos

Por mor de identificar e predici-los impactos relacionaranse polo miúdo os efectos producidos durante as dife-rentes fases de execución do proxecto (construción, funcionamento e abandono) sobre: Factores climáticos,ambiente atmosférico, medio edáfico (calidade do solo, ocupación, erosión), augas (superficiais e subterráneas),vexetación, fauna, paisaxe, medio cultural e socioeconómico (patrimonio arqueolóxico, artístico e histórico, redeviaria, actividades de lecer, seguridade e saúde, aceptación ou rexeitamento social da iniciativa e emprego).

Tamén se terán en conta os riscos que poidan xurdir a consecuencia de posibles accidentes (desprendemen-tos de terra, vertidos incontrolados ós leitos fluviais etc), así como os planos de continxencia dispostos para talfin. Igualmente se fará unha descrición detallada dos métodos de recollida, almacenamento, tratamento, trans-porte e destino final dos refugallos, efluentes e emisións gasosas, considerando as distintas posibilidades de reuti-lización, reciclado e valorización dos mesmos.

Como exemplo dalgunhas das repercusións ambientais a considerar temos:

14.1.1 Verbo das augas superficiaisEstudaranse as afeccións na hidroloxía da zona, tanto na súa parte superficial como subterránea, analizando asmodificacións que se produzan, en cada caso, no réxime hidráulico ou na calidade dos distintos cursos. Nomea-damente se prestará atención á posibilidade de que, por mor das obras, se xeren atrancos para a correcta circula-ción das augas de escorredura, creando zonas con risco de inundación ou de encharcada. Tamén se consideraránas afeccións a pozos ou a aproveitamentos de augas existentes, a necesidade de desviar canles ou de construírpasos provisorios para o cruce de maquinaria e os movementos de terra que poidan orixinar arrastres nas corren-tes fluviais.

Cando pola natureza do proxecto se realice algunha detracción de caudal dun leito fluvial, terase en conta asúa incidencia no réxime natural das augas e as súas implicacións sobre a tipoloxía dos substratos, procesos deerosión/deposición, e as comunidades e especies que dependen deses treitos.

Se analizará a posibilidade de que se produzan desprendementos, en especial nas zonas de forte pendente,efectos sobre as concas e microconcas fluviais (desvíos, efectos presa, variacións da corrente de auga), sopesandoa súa repercusión no ecosistema, nomeadamente no vencellado ó réxime hídrico.

Determinaranse as posibles afeccións verbo da calidade das augas, tendo en conta a natureza do vertido, oca-sional ou non, e as características do medio hídrico receptor. Entenderase como fontes ocasionais as relaciona-das con vertidos específicos procedentes de zonas industriais fundamentalmente, mentres que as non ocasionaisou difusas atanguen a fontes, xa sexan de zonas urbanas, industriais ou de escorredura rural, que carecen dunpunto localizado de vertido. Na determinación da posible afección consideraranse as situacións ambientais lími-te para a calidade da auga (mínimos caudais e puntas de vertido). Para identifica-los impactos cando houbera ver-

71

Page 70: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

tidos de certa entidade, se recomendan métodos de modelización matemática e de seguimento das plumas de ver-tido.

14.1.2 Verbo dos solosPrestarase atención ós posibles efectos climáticos por exposición do solo á insolación excesiva, precipitacións,xeadas prolongadas, ventos etc, por mor da eliminación da cuberta vexetal. Tamén se terán en conta as modifi-cacións na topografía da zona e a aceleración dos fenómenos erosivos por escavación, amais do risco de afundi-mentos do terreo pola rápida perda de nutrientes e da cuberta vexetal.

14.1.3 Verbo da atmosferaAínda que a incidencia do sector eólico na atmosfera asemellase ben pouco á doutro tipo de xeración eléctrica,tanto na construción coma no funcionamento, convén que o promotor determine os impactos ocasionados sobreo medio atmosférico. Para iso pode facerse uso de modelos preditivos de dispersión, incluíndo a utilización debalances de masa, sinxelos cálculos de dilución, modelos matemáticos xerais ou predicións cualitativas baseadasno estudio de casos e opinións profesionais.

14.1.4 Verbo dos ruídos e vibraciónsO estudio ambiental incorporará unha avaliación acústica das emisións sonoras da actividade, en función dasespecificacións do proxecto e ó abeiro do Decreto 150/1999, de 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de pro-tección contra a contaminación acústica e a Lei 7/1997, de 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústi-ca. Se reflectirá tamén o impacto xerado como consecuencia do aumento de tráfico rodado nas distintas fases daobra, así como datos preditivos do efecto das vibracións na zona.

14.1.5 Verbo do medio bióticoAs técnicas empregadas se basean fundamentalmente no estudio dos cambios de uso do terreo e as implicaciónsasociadas a estes factores que poidan repercutir no medio biótico. Salientan os métodos de predición de impac-tos de tipo cualitativo, os baseados no hábitat e no planeamento de modelos de ecosistemas e o uso de modelosfísicos ou de simulación do medio.

Se considerarán as repercusións sobre as cadeas alimentarias, os ciclos de reprodución, a mobilidade das espe-cies (análise dos posibles efectos barreira), as pautas de comportamento, centrándose nomeadamente nas espe-cies protexidas ou singulares, así como aquelas que foran limitantes para outras.

Igualmente se terán en conta as consecuencias da introdución de especies agresivas, que poidan desencadearun efecto desproporcionado na estrutura do hábitat ou comunidade, repercutindo en cascada nos outros compo-ñentes do ecosistema. Se valorará a destrución da cuberta vexetal e as posteriores repercusións debidas á erosióne ó arrastre de terras.

14.1.6 Verbo da paisaxeSe trata de predici-los impactos visuais en determinadas localizacións. O emprego dunha modelización infográ-fica do terreo, na que se amose a totalidade das obras a realizar, pode resultar útil para avalia-los impactos paisa-xísticos dos proxectos nos que a afección sobre a paisaxe mereza un especial interese.

Existe unha certa dificultade á hora de definir obxectivamente os posibles impactos visuais, polo que, enxeral, teranse en conta as novas instalacións físicas que poidan dar lugar á obstrución parcial ou total de vistassobre montes, vales, cursos de auga etc. Tamén se evitarán aquelas cuxo aspecto sexa discordante co contextoarquitectónico da zona, así como as que alteren contornos de valor arqueolóxico ou histórico.

72

Page 71: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Estudaranse as afeccións na hidroloxía da zona, tanto na súa parte superficial como nasubterránea, analizando as posibles modificacións no réxime e na calidade das augas

Page 72: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

14.1.7 Verbo do medio socioeconómicoDebe procurarse unha cuantificación da natureza e dimensión dos impactos durante as diferentes fases temporaisdo parque, cunha descrición cualitativa no caso de que a cuantitativa non fora viable. Entre os posibles impac-tos a considerar se atopan os sociais, económicos (emprego, vivenda e valores inmobles) fiscais, demográficos ede servizos públicos.

Aínda que a economía non é un factor ambiental por si mesmo, a súa alteración pode dar lugar a impactosindirectos, de aí que o estudio económico teña que presentar unha reflexión sobre a coherencia do proxecto aavaliar coa estrutura existente na área de estudio. Se indicarán os procedementos utilizados para coñece-lo graode aceptación ou rexeitamento social da actividade, así como as implicacións económicas dos seus efectos.

14.1.8 Verbo do medio cultural e etnográficoOs impactos causados sobre os recursos culturais e etnográficos poden deberse á súa destrución total ou parcial,e mesmo a inundacións, danos ou rupturas. Poden producirse tanto impactos directos na fase de construción oude prospección arqueolóxica, como indirectos por mor dos cambios nos usos do solo, e o consecuente crecemen-to e desenvolvemento da zona.

74

Page 73: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 15Avaliación de efectos

15.1 Valoración dos impactos producidos

Neste punto se avaliará a importancia e magnitude dos impactos identificados, e se realizará unha valoracióncuantitativa que permita adquirir unha visión integrada e sintética da incidencia do proxecto. Deben empregar-se métodos e procedementos de cálculo de uso normalizado e contrastado cientificamente, que establezan valo-res límite ou guía, segundo os diferentes tipos de impacto. O grao de sofisticación dos métodos usados deberá serproporcional ó alcance do EsIA, por mor de evitar gastos innecesarios.

Así mesmo deben definirse os puntos máis conflitivos ou as zonas sensibles, segundo as apreciacións técnicasempregadas, a fin de consideralos axeitadamente e adopta-las decisións acertadas. Xa que as técnicas de predi-ción implican un certo grao de incerteza, coa cuantificación dos impactos presentarase a incerteza dos datos entermos de probabilidade ou marxe de erro.

Xerarquizaranse os impactos ambientais identificados e valorados para coñece-la súa importancia relativa enfunción da magnitude, da extensión xeográfica, do significado para quen deciden, ou das características locaisespeciais (por exemplo: A erosión do chan, especies en perigo de extinción, proximidade con restos arqueolóxi-cos). Igualmente se efectuará unha avaliación global que permita adquirir unha visión integrada e sintética daincidencia ambiental do parque.

15.2 Estudio comparativo da situación actual e futura da zona afectada

Deberá reflectir as vantaxes e mailos inconvenientes de carácter ambiental que se van producir como conse-cuencia da realización das alternativas baralladas. Para iso cómpre analizar e diagnostica-la situación en estadocero.

75

Page 74: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Malia que o impacto visual é dificilmente ponderable polo seu carácter subxectivo, o estudiodebe delimitar con toda claridade as concas visuais, as unidades intrínsecas de paisaxe e ospuntos de incidencia paisaxística

Page 75: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 16Medidas ambientais protectoras, correctoras

e compensatorias

16.1 Establecemento de medidas, protectoras, correctoras ecompensatorias

As medidas protectoras, correctoras e compensatorias han establecerse logo de avalia-la situación do medio,antes da execución do proxecto, por mor de preve-la evolución das alteracións que o parque poida xerar. Candoo impacto ambiental supere uns valores marco, deberán establecerse as medidas protectoras ou correctoras queconduzan a un límite inferior ó previamente determinado. No caso de que non fora posible e que resultaranafectados elementos ambientais valiosos, estudarase a anulación ou a substitución da acción causante de talesefectos.

Co fin de avalia-las medidas que cumpren para minimiza-la perda de calidade do medio trala posta en mar-cha do proxecto, responderase á pregunta ¿Que hai e que haberá no medio trala construción do parque?.

A resposta a esta cuestión motivará o establecemento das medidas correctoras e protectoras que xeren unharehabilitación progresiva da zona afectada. As correctoras permitirán reducir, eliminar ou compensa-los efectosnegativos, mentres que as medidas protectoras axudarán a preserva-los valores presentes no medio.

A Consellería de Medio Ambiente e mais EGA coidan que unha boa práctica para a introdución das medi-das correctoras radica en segui-los pasos que se relacionan en orde de prioridade:

1. Evita-lo impacto por completo ó non realizar unha certa actuación ou partes da mesma.2. Reduci-lo impacto limitando o grao ou magnitude da actuación e da súa realización.3. Rectifica-lo impacto reparando, rehabilitando e restaurando o medio afectado.4. Reducir ou elimina-lo impacto logo dun tempo, mediante labores de protección e mantemento durante a

vida do parque.5. Compensa-lo impacto ó reemprazar ou proporcionar recursos ou ambientes substitutivos.

Cómpre describir e xustifica-las medidas correctoras propostas para as diferentes fases do proxecto, que debe-rán aplicarse, alomenos, sobre: Augas superficiais e subterráneas, chan, atmosfera (medidas correctoras contra po,cheiros e ruído), vexetación e fauna, morfoloxía da paisaxe, patrimonio cultural e medio socioeconómico. Pro-curarase unha total integración do parque dentro do contorno paisaxístico, nomeadamente cando se trate deáreas naturais. Outro aspecto a considerar son os posibles riscos asociados ó proxecto por mor do manexo de subs-tancias perigosas, de incendios, de estoupidos, de accidentes de tráfico, de fallos ou roturas nos procesos, de desas-tres naturais e outros causados polo home etc. Para iso indicaranse as medidas de prevención adoptadas así comoas respostas diante de tales situacións.

Tamén se expresarán os posibles impactos que poidan se presentar aínda levando a cabo as medidas correc-toras previstas (impactos residuais) e os planos propostos para o seu control. Cando resulte imposible corrixirimpactos significativos e o promotor optara por non propor ningunha medida, explicaranse claramente as razóns.

Ademais, hai que incluí-la restauración da zona procedendo a:

77

Page 76: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

1. Definición e xustificación ecolóxica, económica e social dos usos futuros da área explotada.2. Descrición e definición dos labores necesarios para a recuperación do espazo afectado.3. Xustificación da selección de especies vexetais, técnicas, materiais e equipos a empregar.4. Cronograma dos traballos.5. Orzamento das medidas correctoras ou protectoras.

Convén recordar que a Administración, logo de avalia-las medidas protectoras e correctoras suxeridas polopromotor, poderá esixir a maiores outras que coide necesarias para garanti-lo mantemento da calidade do medio.

16.2 Exemplos de medidas correctoras

De seguido se presentan exemplos de medidas correctoras adoptadas para mitiga-los efectos do proxecto sobre:

16.2.1 Augas superficiais e subterráneasPara protexe-la calidade das augas e cumpri-lo establecido verbo da afección ó Dominio Público Hidráulico, reco-mendase aplica-las seguintes medidas:

a) Evita-la mestura de efluentes diferentes, a difusión dos mesmos e a actuación de posibles axentes externospotenciadores. Diminuí-lo uso da auga, así como a xeración de augas residuais, para o que se promoverá aconservación do líquido e a depuración e nova utilización no segundo caso.

b) Pretrata-las augas residuais antes do seu vertido ó medio receptor, procurando esquemas de depuraciónalternativos para acada-los obxectivos de tratamento dun xeito económico.

c) Minimiza-la erosión durante as fases de construción e de funcionamento do parque, para o que se reco-menda habilitar balsas de retención de sedimentos e revexeta-los terreos con especies de crecemento rápi-do.

d) Cando se traballe con produtos químicos deben regularse as súas taxas de aplicación e extensión, paraminimizar dese xeito o transporte dos mesmos cara as augas superficiais.

e) Evitarase a tala ou destrución masiva da vexetación arbustiva ou arbórea de ribeira na zona de servidume.f) Non se depositarán na zona de servidume nin en lugares próximos materiais residuais nin outros que pui-

deran incorporarse ó río por crecidas, afectando á calidade das augas ou a capacidade das canles.g) Respectarase sempre a zona de servidume de paso establecida no artigo 6 do Regulamento do Dominio

Público Hidráulico.h) Non se permitirá o lavado no río de materiais, maquinaria e aparellos empregados para executa-las distin-

tas actuacións. Ademais, non se invadirá a canle coa maquinaria utilizada para levar a cabo as obras.i) Calquera operación de formigonado próxima a unha canle realizarase en condicións estancas, evitando

sempre derramar material.k) Os movementos de terra reduciranse o estritamente necesario, e na totalidade das superficies afectadas por

estes traballos aplicaranse coa maior brevidade posible os procedementos de restauración.l) As operacións se efectuarán preferentemente fora dos períodos de choivas, a fin de impedir que os arrastres

cheguen as augas superficiais. Limitarase o movemento de terras ó necesario.ll) Para proxectos que impliquen o consumo de augas subterráneas como recurso, as medidas correctoras cen-

traranse na redución do seu uso e no control do nivel freático. Ademais se minimizará a contaminación porfontes difusas. Tamén se usarán revestimentos que xeren unha barreira física diante da entrada de lixivia-

78

Page 77: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Cando as operacións de formigonado das zapatas se realicen nasproximidades de correntes de auga, porase especial coidado en evitar oderrame de material

Page 78: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

dos e no movemento de materiais contaminantes, nomeadamente os que procedan de instalacións de eli-minación de refugallos.

16.2.2 SolosEstán recomendadas técnicas que diminúan a erosión do solo durante as fases de construción e de operación doparque. Dentro destas técnicas atópanse as seguintes:

a) Reducir ó mínimo o tempo de exposición durante a construción.b) Plantar especies herbáceas de crecemento rápido e usar depósitos para rete-los sedimentos.

Para a recuperación do chan contaminado están recomendadas algunhas técnicas tan accesibles como efi-cientes:

a) Descontaminar in situ (arrastre, extracción, métodos biolóxicos e químicos).b) Descontaminar ex situ (incineración, lavado e aireación).c) Técnicas de contención (illamento e inmobilización).

16.2.3 AtmosferaAs medidas correctoras deben planearse durante a fase de deseño do parque co obxectivo de reduci-los contami-nantes atmosféricos que se agarda que sexan emitidos pola actividade. En xeral, prevense medidas para:

1. Po e partículas: Adición de auga sobre solos, limitar as prácticas de queima a ceo aberto etc. A nivel deindustria se empregan ciclóns separadores, filtros de mangas, cámaras de sedimentación e outros. Cómpreelixi-la técnica mais axeitada en función da mellor dispoñible segundo as características do proceso.

2. Gases: Tratamento dos gases de combustión mediante desulfuración, recirculación de gases, absorción sobrecarbón etc.

16.2.4 Ruídos e vibraciónsAs medidas que se propoñen para mitiga-los efectos producidos polo ruído se basean en diminuír este na súaorixe, en dificulta-la súa transmisión e na protección dos medios receptores.

As disposicións de redución en orixe deben adoptarse na fase de deseño, e se fundamentan na introdución desistemas de mitigación nos que se diminúe a produción de golpes e vibracións. Para dificulta-la súa transmisiónse procurará afasta-la fonte de ruído do receptor (farase no período de deseño), e mesmo se introducirán barrei-ras acústicas se foran precisas. Tamén poden adoptarse medidas de protección do receptor (individuais e colecti-vas) cando as devanditas propostas non puideran aplicarse de xeito viable ou efectivo.

16.2.5 Medio bióticoSe fundamentan na prevención, minimización, restauración, protección e conservación das especies animais evexetais que integran o hábitat do contorno do parque. As medidas correctoras han de basearse principalmentena conservación dos hábitats existentes ou na súa rexeneración. As devanditas accións deberán ser apoiadas, noseu caso, coas destinadas a corrixi-las alteracións producidas nas augas, na atmosfera, nos solos... . As actuaciónsque se desenvolvan dependerán das características e do emprazamento do parque, e poderán incluír algunhascoma as sinaladas nos exemplos que se expoñen de contado:

80

Page 79: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

1. Medidas dirixidas a evita-lo efecto barreira, como pasos para fauna.2. Barreiras ou mesmo outras medidas para evita-lo posible efecto trampa de algún dos elementos do proxec-

to.3. Limita-lo acceso público a áreas con especies sensibles.4. Integración de vexetación autóctona dentro das zonas a restaurar ou dentro das instalacións.5. Eliminación de especies invasoras do ecosistema.6. Evita-las obras máis molestas no tempo de reprodución de especies sensibles.7. Conserva-los corredores ecolóxicos.

16.2.6 A paisaxeAs medidas mitigadoras teñen por obxecto reduci-lo impacto visual da actividade proposta na área considerada.Cómpre salientar, entre outras: A localización axeitada dos desenvolvementos que se propoñan, en especial doselementos impactantes, a restauración do medio, o uso de escala, cor, forma e ton adecuados, a ocultación pormedio de emprazamentos apropiados, a diminución da superficie alterada, a preservación de zonas de fraxilidadeetc.

Outras medidas a considerar son a protección ou posta en valor de elementos singulares xa existentes, comoos camiños pintorescos, rochas ou árbores especiais etc.

Nas áreas utilizadas para a instalación de muíños de xeración eólica carece de sentido a idea de apantalla-mento vexetal que ás veces se emprega para diminuí-los efectos causados por certas actividades ou instalaciónsde forte impacto visual. Por iso descartamos aquí as recomendacións habituais neste eido, e que deben mantersepara outras intervencións menos específicas.

16.2.7 Medio socioeconómicoAdaptaranse ás características do impacto tendo en conta que non tódalas medidas propostas son técnica e eco-nomicamente viables, e que a participación pública resulta esencial á hora de selecciona-las medidas aceptables.

16.2.8 Medio cultural e etnográficoCómpre que se establezan durante a fase de deseño, para poder programar unha reorientación do emprazamentoque evite a afección sobre os bens patrimoniais.

As medidas aplicadas comunmente supoñen a reparación, rehabilitación ou restauración dos bens históricosafectados, a súa conservación e o seu mantemento, a relocalización dos mesmos ou, no seu caso, a documenta-ción dos edificios ou estruturas que deban ser derrubados ou substancialmente alterados.

81

Page 80: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

CAPÍTULO 17Resume do estudio e conclusións

(DOCUMENTO DE SINTESE)Para a tramitación dos estudios de impacto ambiental é obrigada a elaboración dun resume do mesmo que incor-pore as súas conclusións. O devandito resume constitúe, ás máis das veces, o único documento accesible á maio-ría dos cidadáns, xa sexa pola súa maior difusión ou polas características do contido. Por mor diso, a linguaxeempregada será nidia, sinxela, concisa e sen térmonos técnicos.

Tódalas siglas empregadas serán explicitadas de forma completa a primeira vez que sexan utilizadas, e o usode simboloxía na ilustración se restrinxirá á parte gráfica do documento de síntese, acompañándoa de lenda.

Para a correcta elaboración dos documentos de síntese, recoméndase segui-las seguintes orientacións:

17.1 Estrutura

A estrutura no resume non ten por qué repetir a do estudio de impacto ambiental. Nel trataranse os aspectosxerais incluídos no estudio de impacto de modo completo e descritivo, de maneira que constitúa un conxuntocoherente e autónomo.

O documento de síntese ha de basearse na información amosada no EsIA, xa que se trata dun resume domesmo redactado en termo comprensíbeis. Por mor diso presentará referencias ó EsIA mediante notas a pe depáxina ou outras formas claras. Será un documento único e, xa que logo, non se admitirá a existencia de anexosou adendas.

No que atangue á súa presentación, poderá levar ou non portada, pero se non se inclúe introducirase algúntipo de encabezamento. Pode conter ou non un índice xeral; no caso afirmativo, será sinxelo e sempre en fun-ción da dimensión e estrutura do documento. Non deben incluírse índices de cadros ou figuras.

17.2 Contido

O contido ha reflexar o EsIA, incluíndo tódalas referencias ó mesmo que foran convenientes. A información atratar presentase de contado:

17.2.1 Antecedentes. Segundo o tipo e natureza do proxecto, pode presentarse a necesidade de facer referenciade xeito breve ós antecedentes do mesmo.

17.2.2 Descrición do parque. Recoméndase indica-lo seu obxecto, localización, detalles de acceso, instala-cións, accións previstas, descrición de materiais empregados e características do chan ocupado. Convén aportarinformación cartográfica da localización do parque, con indicación das coordenadas U.T.M.

82

Page 81: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

A propia natureza da fonte enerxética empregada imprime ás empresas eólicas un rasgo básico ediferencial: A súa cultura ambientalista

Page 82: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

17.2.3 Inventario Ambiental

17.2.4 Conclusións verbo da viabilidade das actuacións propostas, nas que se incluirá unha relación polomiúdo dos impactos producidos así como a valoración dos seus efectos.

17.2.5 Conclusións do exame e elección das distintas posibilidades.

17.2.6 Proposta de medidas correctoras e programa de vixilancia ambiental, tanto na fase de execución daactividade proxectada coma na do seu funcionamento.

17.2.7 Atrancos informativos ou técnicos. Indicaranse os atrancos informativos ou técnicos que se atoparonna realización do estudio especificando a orixe ou causa das dificultades.

Nos casos aplicables, os puntos anteriores farán referencia ás distintas posibilidades consideradas.

17.3 Presentación

A presentación non debe conter matrices de impactos, xa que se trata dunha forma de presentación demasiadotécnica, moitas veces complexa e non sempre de comprensión doada. Poden incluírse cadros de fácil interpreta-ción.

As características básicas da presentación serán as seguintes:

1. Recoméndase un formato máximo A4, ou tamaños pregables e adaptables a A4, facilitando o seu manexoe reprodución.

2. O documento de síntese presentarase previamente á exposición pública, amais de no correspondente EsIA,mediante formato electrónico a través do seguinte enderezo: [email protected].

3. A portada presentará unha ficha técnica coa información que se indica de contado:

a) Identificación do promotor.b) Identificación do equipo redactor do estudio de impacto ambiental.c) Data de edición do documento de síntese.d) Identificación: “Documento de síntese do estudio de impacto ambiental do proxecto (designación do

proxecto)”. Promotor. O título dos proxectos ha ser autoexplicativo.

A cartografía que se empregue será referenciada incluíndo elementos estruturais (designación de estradas, ríose poboacións), sempre o máis actualizada posible e cunha certa uniformidade no deseño. Toda cartografía debeconter unha escala gráfica, a indicación do norte e unha lenda. As alternativas serán presentadas de forma car-tográfica ou de calquera outra solución gráfica. Poderán aportarse fotografías, fotos aéreas e simulacións visuaisilustrativas, si se coida axeitado.

84

Page 83: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

85

CAPÍTULO 18Sobre os equipos técnicos

18.1 Técnicos e equipos competentes para a redacción dos estudios deavaliación ambiental

Malia que este aspecto aínda non está lexislado especificamente en Galicia, o nivel de detalle que requiren osestudios de avaliación ambiental esixe que a súa elaboración corra a cargo dun equipo multidisciplinar integra-do por técnicos cun nivel de formación específica, capacidade e experiencia suficientes nesta materia. Deste xeitoconqueriráse acurta-lo tempo de tramitación e a ocupación de recursos humanos ó evitar continuas subsanacións,xa que doutra maneira resultaría moi difícil que os EsIA acadasen o nivel mínimo de calidade que se esixe paraa súa tramitación. Unha condición fundamental é que os documentos se presenten coa sinatura e a indicaciónda titulación dos seus autores.

Recoméndase que na redacción dos estudios participen alomenos tres técnicos que reúnan as devanditas con-dicións, e que un deles posúa a mesma titulación, ou unha equivalente, á do redactor do proxecto (no seu casopode se-la mesma persoa), mentres que o outro estea avalado por uns coñecementos e unha titulación recoñeci-dos nos aspectos ambientais máis salientables de interacción do parque co medio. Unha boa práctica é que noestudio participen colaboradores especialistas en distintos eidos ambientais, xa que dificilmente doutro xeito sepodería abrangue-lo conxunto de impactos posibles. No caso de proxectos ambientalmente complexos o equipodebe de se-lo máis amplo.

Ademais, no suposto de que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural determine a necesidade de levar a cabounha prospección arqueolóxica (recoméndase unha consulta previa coa devandita dirección xeral), esta ha deefectuarse ó abeiro do establecido no Decreto 199/1997, polo que se regulamenta a actividade arqueolóxica enGalicia, por un arqueólogo competente seguindo un proxecto aprobado pola Consellería de Cultura.

Page 84: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

A maior capacidade e formación dos técnicos que integren o equipo multidisciplinar redactor dosestudos, menor será o tempo consumido na tramitación administrativa do proxecto

Page 85: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

VIXILANCIA E SEGUIMENTOAMBIENTAL

Parte

4

Page 86: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 87: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 19Programa de vixilancia ambiental

19.1 As empresas eólicas e a vixilancia ambiental

As empresas que integran a Asociación Eólica de Galicia acumulan dende hai anos unha grande experienciano que atangue ós efectos ambientais da construción de parques. Acadar un nivel semellante verbo do impac-to do funcionamento das instalacións tardou algo máis. Pero este demora só é atribuíble á necesidade de acu-mular experiencias e establecer protocolos que soamente pode ser satisfeita cando os parques entran en fun-cionamento.

Por iso se considera que a madureza do sector eólico abre unha segunda tirada na xestión da vixilanciaambiental, a que as empresas axuntadas en EGA están en disposición de asumir un papel de referencia na xes-tión dos intereses públicos e privados, e perfilar un método de certificación ambiental que sexa áxil, eficiente eseguro.

Logo de realizada a análise dos impactos que orixina un novo parque eólico, e contrastada a incidenciamediante a exposición pública do proxecto e os informes dos distintos organismos interesados, a Administraciónemite a correspondente Declaración de Impacto Ambiental (DIA).

A DIA avalía os posibles impactos causados nas distintas fases do proxecto (construción, explotación e des-mantelamento), establecendo as medidas necesarias para minimiza-la incidencia. Todo este proceso basease tantona análise das accións específicas como na experiencia acadada no desenvolvemento dos traballos e no que, porriba, entendes que sucederá no espazo concreto ocupado polo parque.

19.1.1 Obxectivos do seguimentoO seguimento ambiental dun parque, primeiro na súa construción e logo na fase de produción, procura dousobxectivos básicos:

1. Verificar si os impactos que efectivamente ocasiona a construción e o funcionamento da instalación son osprevistos.

2. Confirmar que as medidas correctoras adoptadas merecen a consideración de axeitadas.

A resposta a unha e outra cuestión ha facerse no menor tempo posible e coa máxima fiabilidade, buscando omaior beneficio de tódalas partes interesadas. E para iso cómpre un procedemento que permita valora-los impac-tos de xeito rápido e preciso.

19.1.2 O horizonte da nova xestiónA forma de traballo que pode garanti-lo obxectivo xenérico dunha vixilancia ambiental eficiente estruturase nasfases seguintes:

19.1.2.1 A primeira etapa abranguerá a construción da instalación eólica e un período suficiente da súa explo-tación, no que se estudará polo miúdo a interacción sobre o contorno. Deberá rematar coa seguridade de que o

89

Page 88: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

parque funciona correctamente e que os impactos producidos son asumibles ou convenientemente corrixidos.

19.1.2.2 A segunda fase comezará logo de comprobar o normal funcionamento da instalación, e abranguerá oresto do período de explotación. Tratarase de verificar que o comportamento, a medio e longo prazo, da instala-ción e do contorno axústase ós estándares aceptables de calidade ambiental. Os devanditos baremos fixaranse noEsA, no apartado de valoración de impactos, medidas correctoras e plan de vixilancia.

19.1.3 Primeira fase: Comprobar que as hipóteses son certeirasA primeira fase do seguimento dedicarase a comprobar que todo funciona correctamente. Verificarase ademaisque o estudio e a declaración de impacto ambiental se basearon en hipóteses certeiras; no caso contrario adop-tarán as medidas correctoras axeitadas. Xa que logo, o procedemento a penas diferirá do que se ven realizandoata agora, no que atangue ó contido dos traballos de seguimento, quitado que debe obter conclusións estatísticasfundadas que proben a veracidade do EIA y da DIA.

Despois de comezada a explotación do parque, os prazos de cada aspecto específico do seguimento virán mar-cados pola natureza do tema a estudar, cunha metodoloxía baseada nos acordos que de contado se indican e tira-dos da propia experiencia:

19.1.3.1 Os ruídos estudaranse durante seis meses a contar dende a posta en servizo dos aeroxeradores.

19.1.3.2 Na avifauna e efectos acumulativos ou sinérxicos consumirase un ano enteiro de estudio, de xeito quevaia dun período de niñación ata o seguinte.

19.1.3.3 O control de funcionamento dos dispositivos de drenaxe realizarase nunha estación de altas precipi-tacións.

19.1.3.4 A vixilancia verbo da revexetación prolongarase ó longo dun ano, de maneira que se dispoña dunciclo completo de estacións.

19.1.3.5 A verificación da calidade das augas programarase para un período de altas precipitacións.

19.1.3.6 Xestión de residuos. O promotor aterase ó cumprimento do Decreto 298/2000 en canto a deseño econstrución dos puntos de recollida e almacenamento de refugallos, amais de verifica-los sistemas de traballo.

19.1.4 Segunda fase. Certificación obxectivaRematada a primeira fase do seguimento, o promotor disporá dunha instalación que obxectivamente funcionaráde maneira correcta desde punto de vista ambiental. Ese carácter obxectivo procederá dos estándares de calida-de establecidos na DIA, que a empresa terá a obriga de cumprir e que certificará diante da Administración cocorrespondente documento.

O certificado, que só poderá asinar unha compañía homologada pola Administración, indicará si a instala-ción eólica cumpre ou non as condicións de funcionamento, así como as medidas precisas para supera-las defi-ciencias que houbera. A certificadora está obrigada a presentar, sempre que a Xunta o demande, os documentosxustificativos dos controis efectuados.

A título de exemplo, os estándares que se propoñen son os seguintes:

90

Page 89: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

O promotor ha de verificar se os impactos que efectivamente ocasiona o funcionamento dainstalación son os previstos, para o que se propón un método de valoración rápida e precisa

Page 90: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

19.1.4.1 En materia de ruídos, o parque axustarase ós límites marcados na Lei de protección contra a contami-nación acústica.

19.1.4.2 En avifauna e efectos acumulativos ou sinérxicos, certificarase que a instalación se atopa dentro doslimiares admisibles de modificación de diversidade e poboacións.

19.1.4.3 Correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe en condicións de alta pluviosidade.

19.1.4.4 No control da revexetación, persistencia e evolución das actuacións.

19.1.4.5 Polo que atangue á calidade das augas, garantirase o axeitado funcionamento de foxas sépticas, así comoa inexistencia de vertidos.

19.1.4.6 A xestión dos residuos rexerase polo disposto no Decreto 298/2000.

92

Page 91: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

CAPÍTULO 20A auditoría ambiental: prazos e obxectivos

Aínda dispondo o xestor do parque da correspondente certificación ambiental, a instalación poderá ser someti-da ás inspeccións que coide oportunas a Consellería de Medio Ambiente. Ademais, o propietario efectuará cadacinco anos unha auditoría ambiental sobre o axeitado funcionamento do parque eólico, co fin de aportala áAdministración.

Constitúe un instrumento esencial para o promotor ou responsable ambiental da actividade, xa que lle per-mite:

1. Comprobar e analizar se as medidas correctoras e protectoras previstas no estudio ambiental e no condi-cionado da declaración ambiental son viables e suficientes.

2. Avaliar a incidencia do proxecto sobre cada un dos compoñentes do medio que poidan verse afectados e aevolución dos mesmos. En concreto, determinar se os impactos producidos correspóndense cos avaliados noestudio, permitindo detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións non previstas no estudio ou nadeclaración, e levar a cabo novas medidas correctoras en concordancia cos problemas xurdidos.

3. Verificar que cada unha das partes que compoñen o proxecto se axusta ó programado.

Asemade, serve á Administración como garantía de cumprimento de que as fases de construción, explotacióne desmantelamento se realizan segundo o previsto no proxecto e na declaración de impacto ambiental, ou que asmedidas correctoras e de protección son tidas en conta e aplicadas durante o tempo de vida do parque e planosposteriores.

Para iso cómpre que esta parte do estudio recolla toda a información que de seguido se detalla:

1. Accións a desenvolver en cada unha das fases do proxecto, indicando a súa periodicidade e establecendoun calendario de actuacións.

2. Realización de controis analíticos, sendo preciso detallar e xustificar aspectos clave, como: Parámetros aanalizar, periodicidade, puntos de mostreo no plano e outros que se coiden relevantes.

3. Desenvolver un programa de avaliación de vibracións, procesos erosivos, efectos sobre a vexetación efauna, e vertidos.

4. Vixilancia e control de balizamento, sinalización de obras, despexe e broza do terreo, retirada de terra vexe-tal, amoreamento e conservación, ocupación da superficie e xestión de refugallos.

5. Reportaxe fotográfica que permita avaliar o estado do medio e amosa-las accións levadas a cabo en cadaintre.

6. As novas medidas correctoras que cumpran en función da evolución observada.7. Cronograma das obras, indicando as fases críticas (aquelas que han rematar antes de comeza-las seguintes)

e as actuacións correctoras e protectoras previstas, así como a restauración ambiental.8. Orzamento do programa de vixilancia e seguimento ambiental. Este presuposto deberá estar detallado

dabondo, especificando prezos unitarios descompostos, cadro de prezos auxiliares, orzamentos parciais porcapítulos, presuposto xeral de execución material e orzamento de execución por contrata.

93

Page 92: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Hai que agardar á temporada máis chuviosa para verificar o correcto funcionamento dainfraestrutura de gabias e canalizacións

Page 93: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

95

Redactaranse informes periódicos que serán facilitados ó órgano da Administración correspondente candoeste o requira. Do mesmo xeito, os aspectos estudados e os sistemas de control de actuacións do proxecto, tantona fase de obra coma na de funcionamento, deben pórse en coñecemento da poboación veciña, incluíndo mesmoaspectos referidos ó sistema de seguridade e control da instalación.

Tamén será preciso o nomeamento dun responsable ambiental do proxecto, así como a elaboración dun rexis-tro de seguimento. Esta persoa terá a responsabilidade de que se cumpran as medidas preventivas e correctorasimpostas no estudio e na propia declaración ambientais.

A posta en marcha do plano de vixilancia para cada etapa producirase desde o comezo da mesma, e durará otempo que se tivera establecido conveniente na avaliación das distintas accións.

Así mesmo, neste caso se recorda que, establecida por lei unha minuciosa descrición das auditorías obrigato-rias e do modelo de vixilancia, a discreción atribuída ós órganos ambientais competentes para solicitar outrasformas de control só se entende como unha medida excepcional, froito dunha decisión motivada. Iso é así por-que a eficiencia ambiental non se consegue sobre a base de ter abertas tódalas informacións, e porque non cons-titúe un bo criterio de xestión que, trala observancia meticulosa dunha lexislación esixente, non puidera con-cluírse que o parque cumpre os requisitos a plena satisfacción.

Page 94: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 95: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

EPÍLOGO

Page 96: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza
Page 97: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASES PA

RA

A TR

AM

ITAC

IÓN

E XESTIÓ

N A

MBIEN

TAL D

OS PA

RQ

UES EÓ

LICO

S DE G

ALIC

IA

1. Resulta imposible concibir un sistema democrático que non sexa constitucionalmente respectuoso co medioambiente, porque unha agresión irreversible privaría ós cidadáns presentes e futuros dun dereito fundamen-tal, esencial e irrenunciable. Por iso a Xunta de Galicia vai moito máis alá da sinxela creación dunha conse-llería que goberna sobre as cuestións relacionadas coa natureza. Tamén chega a definir unha filosofía que obri-ga a que toda a visión dos intereses públicos se realice a través da cultura ambientalista.

2. A política medioambiental moderna recoñece non só a posibilidade de ocasionar determinados impactos sobrea natureza, se non tamén a necesidade de adoptar medidas de reposición de efectos inevitables, e de substi-tuír os espazos que sexan alterados. Resulta perfectamente compatible o equilibrio entre desenvolvemento emedio natural, pero non deben escatimarse recursos para reconducir o noso sistema produtivo cara a susten-tabilidade.

3. Non existen modelos enerxéticos inocuos, mais a sociedade moderna non pode prescindir da súa abundantedemanda de enerxía, polo que a moderación do consumo constitúe unha solución parcial. Por iso temos queapuntar cara a fórmulas de xeración –como a eólica– que son naturais aliadas do medio e que acreditaron asúa positiva incidencia nos balances ambientais xerais. Para que continúe así, impulsamos iniciativas que tra-tan de compatibilizar a eficiencia empresarial e a produción eléctrica cunha filosofía ambiental que non deixaningún flanco desprotexido.

4. O modelo de estudios ambientais que inspira este libro adáptase a unha administración dos recursos eólicoseficiente e garantista, cunha atención moi evidente á defensa do patrimonio natural, cultural e social, perocoa decisión de facilitar unha xestión empresarial rendible e responsable. Porque, máis alá do que nos impo-ñen os marcos legais, a relación entre a Administración Pública e os promotores eólicos basease na colabora-ción para a consecución dos obxectivos propios dunha cultura ecolóxica moderna.

5. Este documento é un recordatorio do marco legal aplicable e da filosofía que alenta nas políticas enerxéticase medioambientais. Está feito desde a fonda confianza entre a Administración e o sector empresarial, dandoámbolos dous por sentado que se pode facer empresa favorecendo o beneficio público, do mesmo xeito que éposible administrar o país ó servizo dos cidadáns, apoiando simultaneamente a actividade empresarial hones-ta e mellorando a eficiencia en tódolos aspectos.

6. Unha Administración moderna require que a meticulosa definición do marco de actuacións se determine coamáxima prudencia, para que a xestión efectiva das intervencións concretas se faga desde o principio da eco-nomía e a transparencia, que garante a suficiencia dos controis sen cargar ó empresario con supervisións adi-cionais. Na medida en que as relacións entre os xestores do interese público e a empresa privada se fagandesde a confianza e a corresponsabilidade, se concretará unha tramitación axustada nos seus requirimentos,eficiente na utilización de recursos de control, eficaz nas súas esixencias xurídicas e áxil no seu proceso deresolución.

7. Lonxe de diminuír garantías, a idea de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente e maila Asocia-ción Eólica de Galicia fundamentase nos principios de calidade, obxectividade, concreción, eficiencia e cele-ridade do iter administrativo que sustenta os procesos de decisión. Estes principios permiten compatibilizar oaproveitamento dos recursos eólicos coa axeitada protección do contorno.

8. Os estudos ambientais non son un trámite formal que hai que superar, senón un complemento clave das deci-sións empresariais e administrativas que afectan ó desenvolvemento dun proxecto. Unha documentaciónambiental de mala calidade activa os controis que tratan de evitar consecuencias irreversibles. E por iso debeasumirse que, máis alá de afectar á xestión do proxecto concreto ó que se refire, toda documentación ambien-tal deficiente repercute no conxunto de promotores eólicos que traballan con calidade suficiente.

9. Os estudos ambientais deben basearse sempre en traballos de campo realizados de maneira específica e congarantías científicas por equipos multidisciplinares e cualificados. Se un proxecto non está suficientemente

99

Page 98: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

BASE

S PA

RA

A T

RA

MIT

AC

IÓN

E X

ESTI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DO

S PA

RQ

UES

LIC

OS

DE

GA

LIC

IA

descrito en tódalas súas fases e obxectivos, invalida calquera estudio ambiental que o acompañe, na medidaen que a finalidade esencial destes é o coñecemento dos concretos efectos localizados nunha explotación.

10. Os estudos ambientais se orientarán de maneira preferente á redución de impactos, en vez de servir para axustificación dunha actuación previamente definida. Os criterios de avaliación non serán nunca subxectivos,pero tampouco deben de obxectivarse en función de criterios que non estean xustificados de maneira sufi-ciente e explícita.

100

Page 99: Bases para a tramitación e xestión ambiental dos parques ... · tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a inter-vención na natureza

Bases para a tramitación e xestión ambientaldos parques eólicos de Galicia

rematouse de imprimirnos talleres de Imagraf

de Santiago de Compostela,no mes de outubro

de 2004