50º aniversario plácidomas que berlanga confesaba aborre-cer. a primeira idea trataba dun...

Post on 28-Jan-2021

22 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

  • 50º AniversarioSesión do 15 de outubro de 2020 Plácido

    Plácido. España, 1961. B/N, 85 min. Comedia | Dirección: Luís García Berlanga | Guión: Rafael Azcona, Luis GªBerlanga, J.L. Colina, J.L. Font | Fotografía: Francisco Sempere | Música: Miguel Asins Arbó | Intérpretes: Cassen(Plácido), José Luis López Vázquez (Gabino), Elvira Quintilla (Emilia), Manuel Alexandre (Julián) | Produción: Jet Films

    SINOPSEa

    Nunha pequena cidade provinciana,a unhas burguesas ociosas ocórrese-lles a idea de organizar unha campa-ña do Nadal cuxo lema é "Sente unpobre á súa mesa". Trátase de queos máis necesitados compartan acea de Noiteboa con familias acomo-dadas e gocen da calor e o afectoque non teñen.

    NOTAS DA PELÍCULA

    A película xorde a partir dunha cam-paña ideada polo réxime franquistaque, baixo a lema “sente un pobre ásúa mesa”, pretendía facer crecer nopobo un sentimento de caridadecristiá cara aos desherdados, peroque en realidade, como amosa Ber-langa, agocha unha forma de limparas conciencias burguesas, algo doque hoxe se encargan os telema-ratóns solidarios de Nadal, progra-mas que Berlanga confesaba aborre-cer. A primeira idea trataba dun ban-quete do Nadal no que os ricos co-mían as peitugas dos polos e os po-bres as ás.a

    Mentres Berlanga lle daba voltas aoguión, incorporouse ao proxecto Ra-fael Azcona, co que compartía o inte-rese por facer das súas películasunha crítica á sociedade do momen-to. Desde que Azcona comeza a par-ticipar nos filmes de Berlanga, o hu-mor negro convértese na caracterís-tica máis sobresaliente da súa cola-boración e a morte adquire un prota-gonismo que antes non tiña.a

    A rodaxe levouse a cabo en decora-dos de Manresa, aínda que Berlangabuscaba poder facelo en interioresnaturais, pero ningún rico llo permi-tiu, fóra dun director catalán, amigoseu, que lle deixou o comedor dasúa casa de Barcelona.

    Berlanga correu un risco ao poñerde protagonista ao humorista Ca-ssen, un cómico con experiencia enteatro, radio e televisión pero quenunca actuara en cinema. Ao final, ainterpretación de Cassen foi valora-da de forma positiva pola crítica.a

    Na película altérnanse continua-mente longos planos secuencia conplanos medios, cunha posta en es-cena na que nun mesmo plano che-gan a entrar máis de 6 persoas. De-tallista até o extremo, os elementosprincipais e secundarios adquirenunha gran importancia e dan á pelí-cula unha gran riqueza visual e be-leza estética. É un cinema pausadoe tranquilo, como case todo o da-quela época, e as escenas de inte-riores e exteriores enlázanse de for-ma clásica e sosegada.a

    Atopamos uns diálogos torpes e rá-pidos que en ocasións tropezan unscon outros, desposuídos de calque-ra sentido comunicativo na súa fun-ción de ruído ambiental. Este é unrecurso que crea no espectadorunha sensación de angustia e ten-sión que o transporta de cheo aouniverso do filme. Este recurso úne-se á sobrecargada posta en escenae axuda a amplificar o esperpento ea ridiculización das situacións.a

    Na película, Berlanga manipula oespazo e mostra a mobilidade dospersonaxes por un armazón escé-nico que destaca a verticalidadexeométrica: trata de acentuar a divi-sión social colocando as casas dosburgueses ao final de longas esca-leiras que conducen cara arriba,mentres que Plácido e a súa familiateñen que baixar as escaleiras dasúa casa, no chan da escala social. a

    Antes da súa estrea, a película foirevisada pola Xunta de Clasificacióne Censura da Dirección Xeral de Ci-

    nematografía e Teatro. A Xunta esixiucambiar o título orixinal (Sente unpobre á súa mesa) por outro, eli-xíndose finalmente o do protagonistamasculino; solicitou acurtar a escenada artista póndose unha liga; supri-miu o plano da señora movendo acabeza do moribundo para que deseo seu consentimento á voda, aíndaque só se suavizou; e recomendoumodificar a secuencia do sentinela,para que quedase claro que se tra-taba dun cuartel, e mudar o contra-sinal “España” por outro máis axei-tado. a

    Con todo, Berlanga, coñecedor dosmecanismos da censura desde quetransformaron o seu anterior filmeOs xoves milagre (do que acabaríarenegando por distanciarse demasia-do da idea orixinal), atopou a formade camuflar Plácido como un sainetecostumista máis, como unha obra deinofensiva e amable envoltura, nunexercicio de funambulismo que des-pistou aos censores. Berlanga éconsciente de que non pode atacarcon saña ou excesiva acidez paranon ter problemas co goberno, e de-cide non subliñar a denuncia dasvergoñas e miserias da sociedadeespañola, pero baixo unha aparenciaafable nunca esquece detalles, pe-quenos en aparencia, pero demole-dores ao transcorrer a metraxe.a

    Plácido foi nomeada ao Oscar a Me-llor Película de Fala non Inglesa naedición de 1961 e un ano participouno Festival de Cannes, aínda que la-mentablemente non conseguiu nin-gún dos premios.

    Na gala de 1996 con motivo do cen-tenario do cinema español, foi vota-da por críticos e profesionais do sec-tor como a cuarta mellor película es-pañola de todos os tempos (a pri-meira foi Viridiana).

    Vindeira sesión, venres 16: A princesa Mononoke · Hayao Miyazaki

top related