50º aniversario plácidomas que berlanga confesaba aborre-cer. a primeira idea trataba dun...

1
50º Aniversario Sesión do 15 de outubro de 2020 Plácido Plácido. España, 1961. B/N, 85 min. Comedia | Dirección: Luís García Berlanga | Guión: Rafael Azcona, Luis Gª Berlanga, J.L. Colina, J.L. Font | Fotografía: Francisco Sempere | Música: Miguel Asins Arbó | Intérpretes: Cassen (Plácido), José Luis López Vázquez (Gabino), Elvira Quintilla (Emilia), Manuel Alexandre (Julián) | Produción: Jet Films SINOPSE a Nunha pequena cidade provinciana, a unhas burguesas ociosas ocórrese- lles a idea de organizar unha campa- ña do Nadal cuxo lema é "Sente un pobre á súa mesa". Trátase de que os máis necesitados compartan a cea de Noiteboa con familias acomo- dadas e gocen da calor e o afecto que non teñen. NOTAS DA PELÍCULA A película xorde a partir dunha cam- paña ideada polo réxime franquista que, baixo a lema “sente un pobre á súa mesa”, pretendía facer crecer no pobo un sentimento de caridade cristiá cara aos desherdados, pero que en realidade, como amosa Ber- langa, agocha unha forma de limpar as conciencias burguesas, algo do que hoxe se encargan os telema- ratóns solidarios de Nadal, progra- mas que Berlanga confesaba aborre- cer. A primeira idea trataba dun ban- quete do Nadal no que os ricos co- mían as peitugas dos polos e os po- bres as ás. a Mentres Berlanga lle daba voltas ao guión, incorporouse ao proxecto Ra- fael Azcona, co que compartía o inte- rese por facer das súas películas unha crítica á sociedade do momen- to. Desde que Azcona comeza a par- ticipar nos filmes de Berlanga, o hu- mor negro convértese na caracterís- tica máis sobresaliente da súa cola- boración e a morte adquire un prota- gonismo que antes non tiña. a A rodaxe levouse a cabo en decora- dos de Manresa, aínda que Berlanga buscaba poder facelo en interiores naturais, pero ningún rico llo permi- tiu, fóra dun director catalán, amigo seu, que lle deixou o comedor da súa casa de Barcelona. Berlanga correu un risco ao poñer de protagonista ao humorista Ca- ssen, un cómico con experiencia en teatro, radio e televisión pero que nunca actuara en cinema. Ao final, a interpretación de Cassen foi valora- da de forma positiva pola crítica. a Na película altérnanse continua- mente longos planos secuencia con planos medios, cunha posta en es- cena na que nun mesmo plano che- gan a entrar máis de 6 persoas. De- tallista até o extremo, os elementos principais e secundarios adquiren unha gran importancia e dan á pelí- cula unha gran riqueza visual e be- leza estética. É un cinema pausado e tranquilo, como case todo o da- quela época, e as escenas de inte- riores e exteriores enlázanse de for- ma clásica e sosegada. a Atopamos uns diálogos torpes e rá- pidos que en ocasións tropezan uns con outros, desposuídos de calque- ra sentido comunicativo na súa fun- ción de ruído ambiental. Este é un recurso que crea no espectador unha sensación de angustia e ten- sión que o transporta de cheo ao universo do filme. Este recurso úne- se á sobrecargada posta en escena e axuda a amplificar o esperpento e a ridiculización das situacións. a Na película, Berlanga manipula o espazo e mostra a mobilidade dos personaxes por un armazón escé- nico que destaca a verticalidade xeométrica: trata de acentuar a divi- sión social colocando as casas dos burgueses ao final de longas esca- leiras que conducen cara arriba, mentres que Plácido e a súa familia teñen que baixar as escaleiras da súa casa, no chan da escala social. a Antes da súa estrea, a película foi revisada pola Xunta de Clasificación e Censura da Dirección Xeral de Ci- nematografía e Teatro. A Xunta esixiu cambiar o título orixinal ( Sente un pobre á súa mesa ) por outro, eli- xíndose finalmente o do protagonista masculino; solicitou acurtar a escena da artista póndose unha liga; supri- miu o plano da señora movendo a cabeza do moribundo para que dese o seu consentimento á voda, aínda que só se suavizou; e recomendou modificar a secuencia do sentinela, para que quedase claro que se tra- taba dun cuartel, e mudar o contra- sinal “España” por outro máis axei- tado. a Con todo, Berlanga, coñecedor dos mecanismos da censura desde que transformaron o seu anterior filme Os xoves milagre (do que acabaría renegando por distanciarse demasia- do da idea orixinal), atopou a forma de camuflar Plácido como un sainete costumista máis, como unha obra de inofensiva e amable envoltura, nun exercicio de funambulismo que des- pistou aos censores. Berlanga é consciente de que non pode atacar con saña ou excesiva acidez para non ter problemas co goberno, e de- cide non subliñar a denuncia das vergoñas e miserias da sociedade española, pero baixo unha aparencia afable nunca esquece detalles, pe- quenos en aparencia, pero demole- dores ao transcorrer a metraxe. a Plácido foi nomeada ao Oscar a Me- llor Película de Fala non Inglesa na edición de 1961 e un ano participou no Festival de Cannes, aínda que la- mentablemente non conseguiu nin- gún dos premios. Na gala de 1996 con motivo do cen- tenario do cinema español, foi vota- da por críticos e profesionais do sec- tor como a cuarta mellor película es- pañola de todos os tempos (a pri- meira foi Viridiana). Vindeira sesión, venres 16: A princesa Mononoke · Hayao Miyazaki

Upload: others

Post on 28-Jan-2021

16 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 50º AniversarioSesión do 15 de outubro de 2020 Plácido

    Plácido. España, 1961. B/N, 85 min. Comedia | Dirección: Luís García Berlanga | Guión: Rafael Azcona, Luis GªBerlanga, J.L. Colina, J.L. Font | Fotografía: Francisco Sempere | Música: Miguel Asins Arbó | Intérpretes: Cassen(Plácido), José Luis López Vázquez (Gabino), Elvira Quintilla (Emilia), Manuel Alexandre (Julián) | Produción: Jet Films

    SINOPSEa

    Nunha pequena cidade provinciana,a unhas burguesas ociosas ocórrese-lles a idea de organizar unha campa-ña do Nadal cuxo lema é "Sente unpobre á súa mesa". Trátase de queos máis necesitados compartan acea de Noiteboa con familias acomo-dadas e gocen da calor e o afectoque non teñen.

    NOTAS DA PELÍCULA

    A película xorde a partir dunha cam-paña ideada polo réxime franquistaque, baixo a lema “sente un pobre ásúa mesa”, pretendía facer crecer nopobo un sentimento de caridadecristiá cara aos desherdados, peroque en realidade, como amosa Ber-langa, agocha unha forma de limparas conciencias burguesas, algo doque hoxe se encargan os telema-ratóns solidarios de Nadal, progra-mas que Berlanga confesaba aborre-cer. A primeira idea trataba dun ban-quete do Nadal no que os ricos co-mían as peitugas dos polos e os po-bres as ás.a

    Mentres Berlanga lle daba voltas aoguión, incorporouse ao proxecto Ra-fael Azcona, co que compartía o inte-rese por facer das súas películasunha crítica á sociedade do momen-to. Desde que Azcona comeza a par-ticipar nos filmes de Berlanga, o hu-mor negro convértese na caracterís-tica máis sobresaliente da súa cola-boración e a morte adquire un prota-gonismo que antes non tiña.a

    A rodaxe levouse a cabo en decora-dos de Manresa, aínda que Berlangabuscaba poder facelo en interioresnaturais, pero ningún rico llo permi-tiu, fóra dun director catalán, amigoseu, que lle deixou o comedor dasúa casa de Barcelona.

    Berlanga correu un risco ao poñerde protagonista ao humorista Ca-ssen, un cómico con experiencia enteatro, radio e televisión pero quenunca actuara en cinema. Ao final, ainterpretación de Cassen foi valora-da de forma positiva pola crítica.a

    Na película altérnanse continua-mente longos planos secuencia conplanos medios, cunha posta en es-cena na que nun mesmo plano che-gan a entrar máis de 6 persoas. De-tallista até o extremo, os elementosprincipais e secundarios adquirenunha gran importancia e dan á pelí-cula unha gran riqueza visual e be-leza estética. É un cinema pausadoe tranquilo, como case todo o da-quela época, e as escenas de inte-riores e exteriores enlázanse de for-ma clásica e sosegada.a

    Atopamos uns diálogos torpes e rá-pidos que en ocasións tropezan unscon outros, desposuídos de calque-ra sentido comunicativo na súa fun-ción de ruído ambiental. Este é unrecurso que crea no espectadorunha sensación de angustia e ten-sión que o transporta de cheo aouniverso do filme. Este recurso úne-se á sobrecargada posta en escenae axuda a amplificar o esperpento ea ridiculización das situacións.a

    Na película, Berlanga manipula oespazo e mostra a mobilidade dospersonaxes por un armazón escé-nico que destaca a verticalidadexeométrica: trata de acentuar a divi-sión social colocando as casas dosburgueses ao final de longas esca-leiras que conducen cara arriba,mentres que Plácido e a súa familiateñen que baixar as escaleiras dasúa casa, no chan da escala social. a

    Antes da súa estrea, a película foirevisada pola Xunta de Clasificacióne Censura da Dirección Xeral de Ci-

    nematografía e Teatro. A Xunta esixiucambiar o título orixinal (Sente unpobre á súa mesa) por outro, eli-xíndose finalmente o do protagonistamasculino; solicitou acurtar a escenada artista póndose unha liga; supri-miu o plano da señora movendo acabeza do moribundo para que deseo seu consentimento á voda, aíndaque só se suavizou; e recomendoumodificar a secuencia do sentinela,para que quedase claro que se tra-taba dun cuartel, e mudar o contra-sinal “España” por outro máis axei-tado. a

    Con todo, Berlanga, coñecedor dosmecanismos da censura desde quetransformaron o seu anterior filmeOs xoves milagre (do que acabaríarenegando por distanciarse demasia-do da idea orixinal), atopou a formade camuflar Plácido como un sainetecostumista máis, como unha obra deinofensiva e amable envoltura, nunexercicio de funambulismo que des-pistou aos censores. Berlanga éconsciente de que non pode atacarcon saña ou excesiva acidez paranon ter problemas co goberno, e de-cide non subliñar a denuncia dasvergoñas e miserias da sociedadeespañola, pero baixo unha aparenciaafable nunca esquece detalles, pe-quenos en aparencia, pero demole-dores ao transcorrer a metraxe.a

    Plácido foi nomeada ao Oscar a Me-llor Película de Fala non Inglesa naedición de 1961 e un ano participouno Festival de Cannes, aínda que la-mentablemente non conseguiu nin-gún dos premios.

    Na gala de 1996 con motivo do cen-tenario do cinema español, foi vota-da por críticos e profesionais do sec-tor como a cuarta mellor película es-pañola de todos os tempos (a pri-meira foi Viridiana).

    Vindeira sesión, venres 16: A princesa Mononoke · Hayao Miyazaki