3º avaliación debuxo técnico - axonometrÍacoeficiente de reducción: o eixe y é o que define a...

Post on 17-Jul-2020

7 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Debuxo Técnico I 2019-2020

Adaptación curricular 3º avaliación

Bloque 2: Sistemas de representación

B2.20. Sistema axonométrico.

Entrega 2

Docente: Carlos Matos Bugallo

IES de Ames

Nesta segunda entrega temos unha parte de teoría na que se explica os aspectos máis xerais do Sistema

Axonométrico e despois vense en máis detalle a perspectiva Isométrica, a Cabaleira e a Militar. Procurei

facer as explicacións o máis concisas e visuais posible. Debedes lelas con atención para despois poder

transmitirme as dúbidas que teñades.

En realidade a perspectiva Cabaleira e a Militar na práctica non aparecen nos exames de Selectivo, así que

a realmente importante é a Isométrica.

Despois sigue a parte práctica. Algúns exercicios están extraídos de exames de selectivo de anos recentes e

outros adapteinos de diferentes manuais.

1.Xeralidades

O sistema de representación axonométrico (“medición sobre eixes”) parte do Sistema Diédrico (Plano

Horizontal, Plano Vertical, Liña de Terra) ao que se lle engade o Plano de Perfil (Triedro).

Consideramos un obxecto tridimensional que se proxecta ao mesmo tempo sobre o triedro, producindo las

proxeccións Alzado (en PV), Planta (en PH) e Perfil (en PP), que chamamos comunmente “vistas dun

obxeto”. Recordamos que o perfil dereito se representa á iesquerda do Alzado y o esquerdo á dereita.

Tema 9: Sistema Axonométrico

2.Clases de perspectivas axonométricas

2.1.Isómetrica

Os tres ángulos entre cada dous eixes teñen o mesmo valor (360° :3: 120°). Para representar calquera

figura usamos os eixes, onde levamos as medidas da figura.

Construcción dos eixes isométricos usando o escadro e o cartabón

Da precisión na construcción dos eixes, no caso en que o exercicio non os inclúa, depende o resultado.

Tutorial para a realización de eixes isométricos e en cabaleira: https://www.youtube.com/watch?v=9DfIjjju4BI

Como podemos ver, con este

sistema un hexaedro (cubo)

veríase co seu perímetro

formando un hexágono.

Perspectiva isométrica da circunferencia

Unha circunferencia visualízase en perspectica isométrica como unha elipse.

Método:

Trátase de atopar catro centros para realizar catro arcos que se enlazan armónicamente formando un

óvalo.

1.Realízase un cadrado coas medidas do diámetro da circunferencia que queremos representar en

calquera das caras do triedro.

2.Debuxamos os dous diámetros conxugados dentro da circunferencia, AB e CD.

3.Debuxamos as diagonais. Unimos o punto 1 con A e con C, obtendo 3 e 4 onde cortan as diagonais.

4.O punto 1 é o centro do arco AC. 2 é o centro do arco DB. 3 é centro do arco AD, 4 é centro do arco CB.

2.2.Cabaleira

Neste tipo de axonometría entre os eixes z e x sempre hai 90°. Entre os eixes x e y pode haber o ángulo que

nos decidamos, aínda que o máis habituial é o de 135°. Normalmente aplícanse ás medidas tomadas sobre

o eixe e un coeficiente de reducción que axude a producir un efecto más realista.

Coeficiente de reducción:

O eixe y é o que define a profundidade da peza. Dado que os eixes z e x forman un ángulo de 90°, é preciso

aplicar un coeficiente de reducción ás medidas que se toman sobre o eixe y para que non dean a impresión

de ser demasiado longas. O coeficiente de reducción reduce estas medidas e produce unha sensación máis

realista do conxunto. Para isto multiplícanse todas as medidas que se toman en y por 0,6, 0,7 ou 0,8, como

coeficientes de reducción máis usuais.

Aquí temos dous exemplos de como se reducen un cadrado e un hexágono:

2.3.Militar

O nome deste sistema parece vir das grandes campañas de construcción de fortalezas levadas a cabo por

moitos países europeos no continente e nas súas colonias a partir do século XVII, xa que os castelos de

paredes verticais eran agora inútiles contra os cañóns.

Neste sistema entre os eixes y e x sempre encontramos 90°, o que nos da un punto de vista especialmente

elevado e adaptado para a representación arquitectónica. Os ángulos entre z e x e entre z e y poden variar

en función dos nosos intereses.

O método de traballo é idéntico ao empregado na perspectiva isométrica. Non se emprega ningún tipo de

coeficiente de reducción.

Perspectiva militar da Catedral de Ávila

Alzado, planta e perspectiva militar de Santa Sofía de Estambul

Exercicio 1 Nome:……………………………………………………………………………………

Realiza a perspectiva isométrica da peza, considerando que cada cadrado equivale a 20 mm. (10 ptos)

Exercicio 2 Nome:………………………………………………………………………………

Aproveita as medidas máximas que che proporcionan os rectángulos para realizar un bosquexo das vistas da

peza dada a man alzada. Extraído do exame CIUG de 2017 (10 ptos)

Exercicio 3 Nome:………………………………………………………………………………

Atopa o alzado da peza coa axuda da planta e do lateral esquerdo. Despois representa a peza en perspectiva

militar, considerando que cada cadrado mide 20 mm. (10 ptos)

Exercicio 4 Nome:………………………………………………………………………………

Aproveita as medidas máximas que che proporcionan os rectángulos para realizar un bosquexo das vistas da

peza dada a man alzada. Extraído do exame CIUG de 2019 (10 ptos)

Exercicio 5 Nome:………………………………………………………………………………

Realiza a perspectiva isométrica dunha circunferencia de diámetro 80 no diedro ZOY (o da esquerda) (10

ptos)

Exercicio 6 Nome:………………………………………………………………………………

Atopa lateral esquerdo da peza coa axuda da planta e do alzado. Despois representa a peza en perspectiva

isométrica, considerando que cada cadrado mide 20 mm. (10 ptos)

top related