anatomía dun asasinato. responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · anatomía dun...

13
LUZ MARÍA PUENTE ABA Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a xustificación e a exculpación do delito

Upload: others

Post on 20-Aug-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Luz María puente aba

Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a xustificación e a exculpación do delito

Page 2: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo
Page 3: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

37

1. Película

títuLo

Anatomía dun asasinato (Anatomy of a murder)

ficha técnico-artística

Ano: 1959País: Estados UnidosDirección e produción: Otto PremingerGuión: wendell MayesMúsica: Duke EllingtonElenco: James Stewart, Lee Remick, Ben Gazzara, Arthur O’Connell, Eve Arden, Ka-thryn Grant, George C. Scott, Orson Bean, Russ Brown, Murray Hamilton, Brooks west, Ken Lynch, John Qualen, Howard McNear, Alexander Campbell, Ned wever, Jimmy Conlin, Royal Beal, Joseph Kearns, Don Ross, Lloyd Le Vasseur, James waters, Joseph N. welch e Duke EllingtonDuración: 153 minutos

sinopse

Un avogado asume a tarefa de defender en xuízo un tenente do exército que matou o violador da súa muller. Tras realizar as primeiras pescudas sobre os feitos, que o avo-gado obtén basicamente das súas entrevistas co tenente e a súa dona, comeza a realiza-

Page 4: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Luz María Puente Aba

38

ción do xuízo perante un xurado. Comezan, tamén, a comparecer no xuízo diferentes testemuñas, achegadas polo avogado defensor e mais polo fiscal acusador, e das súas declaracións van xurdindo novos e interesantes datos sobre os feitos, que serven de base ao continuo traballo do avogado no seu obxectivo de demostrar que o acusado non era responsable dos seus actos cando causou a morte da vítima.

2. Temática xurídica

Palabras clave: asasinato; trastorno mental; arrebato; xustificación; imputabilidade; esi-xibilidade.

A película céntrase no axuizamento dun home acusado de matar o violador da súa mu-ller. O protagonista fundamental é o avogado defensor, quen acepta o caso e se dedica a estudar as posibilidades de defensa do seu cliente. Gran parte da duración da pelí-cula corresponde á celebración do xuízo, o cal supón unha mostra do sistema xudicial americano: as funcións do xuíz, o xurado, o fiscal e o defensor; a validez das probas, nomeadamente das testemuñas; e o xeito de resolución dos casos, xa que no dereito anglosaxón non só se toma como base a lei, senón tamén o precedente xurisprudencial, isto é, a resolución de casos similares por outros tribunais.

O tema fundamental sobre o que xira a inocencia ou culpabilidade do acusado é a de-terminación das súas facultades mentais no momento da execución da morte da vítima. Así, debátese fundamentalmente se o acusado era capaz de distinguir o ben do mal nesa concreta situación; tamén se analiza se, no caso de se demostrar que si tiña esta capacidade, podería non esixírselle ningunha responsabilidade por se atopar nun estado psíquico tal que non se podía dominar nin actuar respectando as normas. Non se trata só dun problema de proba da concorrencia dalgunha destas situacións no acusado, senón tamén da determinación de cales son os efectos xurídicos que poden provocar tales circunstancias, eximindo ou atenuando a responsabilidade do acusado.

3. Comentario

“Hai catro xeitos de defender un asasinato. Número un: non foi un asasinato, senón un suicidio ou un accidente. Número dous: vostede non o fixo. Número tres: estaba xustificado legalmente. Para protexer a súa casa ou en defensa propia. Número catro: o asasinato era desculpable”. (Paul Biegler, Anatomía dun asasinato)

Page 5: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal…

39

O eixe fundamental da película consiste no xuízo dun home por asasinato e en deter-minar se é posible esixirlle responsabilidade penal por este acto. Por iso, cómpre exa-minarmos se realmente concorren as condicións que permiten afirmar que a actuación desta persoa foi plenamente consciente e que por iso pode ser considerado responsable. Vemos que o avogado defensor ao longo da película baralla diversos argumentos para eximir de responsabilidade o acusado, que, obviamente, terán que ser probados, como que o acusado “actuou en defensa propia ou da súa honra”, que “non podía distinguir o ben do mal”, que “actuou movido por un impulso irresistible” etc.

Un tema básico é determinarmos se o acusado tiña capacidade, no momento de exe-cutar a morte, para distinguir o ben do mal. Isto supón examinarmos cales eran as súas facultades mentais, é dicir, cómpre determinarmos a imputabilidade do suxeito, ou máis graficamente, a súa madureza psíquica e a súa capacidade para se motivar. A quen careza destas capacidades, xa for pola súa falta de madureza, xa por sufrir tras-tornos mentais, fundamentalmente, non se lle pode esixir responsabilidade penal polo acto cometido. De o suxeito non puider comprender por algún motivo o que lle esixe o dereito (neste caso, a prohibición de matar), non se lle pode impor un castigo polo incumprimento da norma xurídica.

En segundo lugar, aínda cando se determinar que o suxeito si é imputable, é dicir, que ten as facultades mentais aptas para distinguir o ben do mal e comprender a norma xurídica, pode acontecer que no caso concreto o suxeito non poida adecuar o seu com-portamento ao que pide o dereito. Así, aínda que existir imputabilidade, haberá que comprobar se concorre a denominada esixibilidade, é dicir, hai que ver se nese caso ao suxeito se lle podía esixir que respectase as normas. Pártese de que existen deter-minadas situacións extremas en que non se lle pode esixir ao suxeito que se comporte conforme á lei. Xeralmente trátase de situacións límite en que o suxeito, malia coñecer que o seu acto é ilegal, se ve arrastrado polos acontecementos e non se lle pode esixir que non realice o acto prohibido: por exemplo, este sería o caso en que un suxeito actúa movido por medo insuperable.

A película xira fundamentalmente ao redor da análise dos dous presupostos comenta-dos; analízase o estado mental do acusado no momento de causar a morte para os efec-tos de determinarmos a súa responsabilidade penal. Debe terse en conta, en todo caso, que o sistema legal e xudicial americano non é igual ao sistema español; no entanto, a película serve como base para analizarmos a determinación da responsabilidade penal, atendendo ás posibilidades de atenuación ou de exención do castigo, en función da afectación das facultades psíquicas do suxeito.

Page 6: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Luz María Puente Aba

40

Tendo en conta que o sistema legal e xudicial americano é diferente ao español, proce-de examinarmos os instrumentos que ofrecería o noso Código penal para permitirmos eximir ou atenuar a pena que lle correspondería a quen comete un asasinato. Poden sinalarse, nomeadamente, catro posibilidades:

que o suxeito actuou en lexítima defensa da súa persoa ou dos seus intereses;• que cando cometeu o asasinato non era imputable, é dicir, tiña as facultades mentais • alteradas, de modo que non podía comprender a ilicitude dos seus actos ou non po-día dominar a súa vontade para actuar de forma correcta;que cando cometeu o asasinato se atopaba nunha situación de inesixibilidade, é di-• cir, achábase nunha situación tan extrema e excepcional que era imposible esixirlle que actuase de forma correcta;que cando cometeu o delito se achaba dominado por un arrebato, unha obcecación • ou un estímulo pasional.

A continuación, examinaranse brevemente estas catro posibles situacións, facendo re-ferencia á base legal do Código penal.

Código penal español (Lei orgánica 10/1995, do 23 novembro)

Artigo 20

Están exentos de responsabilidade criminal:

O que no momento de cometer a infracción penal, a causa de calquera anomalía ou alteración 1. psíquica, non poida comprender a ilicitude do feito ou actuar conforme a esa comprensión.O trastorno mental transitorio non eximirá de pena cando for provocado polo suxeito co propósito de cometer o delito ou previse ou debese prever a súa comisión.O que no momento de cometer a infracción penal estiver en estado de intoxicación plena polo 2. consumo de bebidas alcohólicas, drogas tóxicas, estupefacientes, substancias psicotrópicas ou outras que produzan efectos análogos, sempre que non for buscado co propósito de a cometer ou non se previse ou debese prever a súa comisión, ou estea baixo a influencia dunha síndrome de abstinencia, a causa da súa dependencia de tales substancias, que lle impida comprender a ilicitu-de do feito ou actuar conforme a esa comprensión.O que, por sufrir alteracións na percepción desde o nacemento ou desde a infancia, tiver alterada 3. gravemente a conciencia da realidade.O que obrar en defensa da persoa ou dereitos propios ou alleos, sempre que concorreren os requi-4. sitos seguintes:

Page 7: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal…

41

Agresión ilexítima. En caso de defensa dos bens reputarase agresión ilexítima o ataque ○a estes que constituír delito ou falta e os poña en grave perigo de deterioración ou perda inminentes. En caso de defensa da morada ou as súas dependencias, reputarase agresión ilexítima a entrada indebida naquela ou estas.Necesidade racional do medio empregado para a impedir ou repeler. ○Falta de provocación abonda por parte do defensor. ○

O que, en estado de necesidade, para evitar un mal propio ou alleo lesionar un ben xurídico doutra 5. persoa ou infrinxir un deber, sempre que concorreren os seguintes requisitos:

Que o mal causado non sexa maior que o que se trate de evitar. ○Que a situación de necesidade non fose provocada intencionadamente polo suxeito. ○Que o necesitado non teña, polo seu oficio ou cargo, obriga de sacrificarse. ○

O que actuar impulsado por medo insuperable.6. O que actuar en cumprimento dun deber ou no exercicio lexítimo dun dereito, oficio ou cargo.7.

Nos supostos dos tres primeiros números aplicaranse, se for o caso, as medidas de seguridade previs-tas neste código.

Artigo 21

Son circunstancias atenuantes:

As causas expresadas no capítulo anterior, cando non concorreren todos os requisitos necesarios 1. para eximiren de responsabilidade nos seus respectivos casos.A de actuar o culpable a causa da súa grave adicción ás substancias mencionadas no número 2 do 2. artigo anterior.A de actuar por causas ou estímulos tan poderosos que producisen arrebato, obcecación ou outro 3. estado pasional de entidade semellante.A de proceder o culpable, antes de coñecer que o procedemento xudicial se dirixe contra el, a 4. confesar a infracción ás autoridades.A de proceder o culpable a reparar o dano ocasionado á vítima, ou diminuír os seus efectos, en 5. calquera momento do procedemento e con anterioridade á celebración do acto do xuízo oral.

Calquera outra circunstancia de análoga significación que as anteriores.

a Xustificación

O Código penal no seu artigo 20 contén as denominadas “causas de xustificación”, con-cretamente nos seus puntos 4, 5 e 7. Esta regulación baséase no feito de que, nalgúns casos, a realización dun acto delituoso estará xustificada, é dicir, considerarase como algo lícito e, por tanto, o suxeito non vai ser castigado.

Page 8: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Luz María Puente Aba

42

A causa de xustificación que aquí nos interesa é a lexítima defensa, contida no nº 4 do art. 20. De forma resumida, pódese dicir que de unha persoa cometer un delito e de o facer en “lexítima defensa” dunha persoa ou de calquera dereito propio ou alleo, con-siderarase que a súa actuación é lícita, correcta e, xa que logo, non vai ter ningún tipo de responsabilidade penal.

Para admitirmos que alguén actuou en lexítima defensa e, daquela, eximilo de castigo, cómpre comprobarmos que concorren tres requisitos:

En primeiro lugar, debe existir unha persoa que executa unha agresión ilexítima • contra outra persoa.En segundo lugar, o que se defende desa agresión ten que se defender de forma ra-• cional, é dicir, de forma máis ou menos proporcionada ao ataque de que é vítima.En terceiro lugar, cómpre que quen se defende non provocara previamente o agresor.•

Así, por exemplo, se un suxeito A agride cun coitelo un suxeito B, observamos que A está a efectuar unha agresión ilexítima. Por tanto, a lei permítelle a B defenderse desa agresión, mesmo aínda que ao se defender cometa un acto delituoso, sempre que a súa defensa for proporcionada ao ataque e esixindo, alén diso, que B non provocara o ataque de A. Deste xeito, se B ataca a A coa finalidade de preservar a súa vida e acaba causando a morte de A, aínda que cometeu un delito de homicidio quedará exento de pena porque actuou en lexítima defensa.

Para concluírmos, debe sinalarse brevemente que a agresión ilexítima ten que ter unhas características determinadas: nomeadamente, é necesario que esa agresión sexa real e actual. Isto quere dicir, por unha banda, que non cabe a lexítima defensa fronte a agre-sións imaxinarias, senón que a agresión ten que ser real; pola outra, só cabe a lexítima defensa fronte a agresións que supoñen un perigo inminente ou xa efectivo para unha persoa, de modo que non é válida a defensa fronte a agresións que aínda non comezaron (a “defensa preventiva”) nin fronte a agresións que xa remataron.

a iMputabiLidade

Cando un suxeito cometeu un delito, para o facer responsable del e imporlle un castigo hai que comprobar, entre outras cousas, que o autor do delito tivo a capacidade para comprender a ilicitude do feito e para actuar conforme a esa comprensión. Se o suxeito é perfectamente capaz de saber que o seu comportamento é ilícito e é capaz, así mesmo, de dominar a súa vontade e de actuar con respecto ao ordenamento xurídico, dicimos

Page 9: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal…

43

que este individuo é imputable. A imputabilidade, por tanto, refírese á madureza psí-quica do suxeito e á súa capacidade para se comportar racionalmente. Se un suxeito executa un acto delituoso, mais non é imputable, non se lle poderá facer responsable e, daquela, quedará exento de castigo.

O Código penal establece de forma taxativa aquelas situacións que poden determinar unha ausencia de imputabilidade no suxeito: son as recollidas nas alíneas 1.ª, 2.ª e 3.ª do art. 20 do Código penal. Así pois, o xuíz ou a xuíza terá que determinar se no caso concreto concorre algunha das tres situacións previstas no art. 20, do mesmo modo que terá que comprobar o efecto producido por esta situación na capacidade de resposta do suxeito aos mandatos normativos.

Para os efectos da película Anatomía dun asasinato, a causa de exclusión da imputa-bilidade que nos interesa é a da alínea primeira do artigo 20: anomalías ou alteracións psíquicas e trastorno mental transitorio. Ambas as circunstancias poden afectar as fa-cultades mentais do suxeito no sentido anteriormente exposto.

Esta primeira alínea do art. 20 fai referencia, en primeiro lugar, ás anomalías ou alte-racións psíquicas. Aquí inclúense, de entrada, as doenzas mentais en xeral, que foron definidas polo Tribunal Supremo como “trastornos mentais de etioloxía psíquica ou orgánica nos cales se presentan desorganización profunda da personalidade, alteracións do xuízo crítico e da relación coa realidade, trastornos do pensamento, ideas e cons-trucións delirantes e, frecuentemente, perturbacións da percepción sensorial”. Á marxe das doenzas mentais propiamente ditas (por exemplo, a esquizofrenia) tamén cabería incluír aquí outras alteracións da mente ou a conciencia, que non foron consideradas tradicionalmente como doenzas, mais si supoñen certa alteración das facultades men-tais, como por exemplo o atraso mental, as psicopatías ou determinados trastornos de control dos impulsos.

En segundo lugar, o art. 20.1 refírese ao trastorno mental transitorio. Trátase, funda-mentalmente, dunha alteración da mente de carácter temporal, episódico, que aparece de xeito brusco e instantáneo, e que pode ter orixe patolóxica ou non (por exemplo, debido a estímulos externos); ten unha duración breve, mais supón unha abolición das facultades intelectivas ou das volitivas.

Page 10: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Luz María Puente Aba

44

a esiXibiLidade

Aínda que o autor dun delito for imputable, é dicir, aínda que for capaz de comprender a ilicitude do seu comportamento e tiver tamén capacidade de se abster desa actuación, para o facer responsable dos seus actos hai que comprobar tamén se concorre algunha “causa de inesixibilidade”.

Isto derívase de que normalmente o dereito esixe a realización de comportamentos máis ou menos incómodos ou difíciles, mais non imposibles, non pode esixir compor-tamentos heroicos. Debe terse en conta que ás veces hai situacións excepcionais en que é moi difícil esixirlle a un suxeito que se comporte con respecto do ordenamento xurídico. Por tanto, aínda que o autor ou autora pode coñecer e comprender a ilicitude do feito, e actuar conforme a esa comprensión, podería concorrer unha circunstancia excepcional que lle impider poder comportarse respectando as normas: por exemplo, o medo insuperable considérase unha causa de inesixibilidade, porque a unha persoa que se atopa en tal situación lle resulta moi difícil dominar a súa vontade e actuar sempre con respecto do dereito, aínda que saiba que a súa actuación é realmente ilícita.

Unha causa de inesixibilidade recoñecida no Código penal é o estado de necesidade, regulado na alínea 5.ª do art. 20. Malia que hai dúas modalidades do estado de necesi-dade, aquí interésanos o denominado “estado de necesidade excusante ou desculpante”, derivado do citado art. 20.5. Atopamos un estado de necesidade excusante cando unha persoa se achar nunha situación de conflito, de tal modo que, para salvar un interese determinado, se ve obrigada a danar outro interese dun valor similar. O exemplo clásico que sempre se ofreceu é o caso dos dous náufragos agarrados a un bote salvavidas que só pode soportar o peso dun deles; ante esta situación, un dos náufragos mata o outro para poder sobrevivir. Obviamente este suxeito sabe que matar é ilícito, mais atópase nunha situación tan excepcional que resulta moi difícil esixirlle que actúe de forma correcta; para salvar a súa propia vida vese na obriga de sacrificar unha vida allea. Nestes supostos, a propia lei recoñece que sería absolutamente difícil e heroico esixirlle ao suxeito que se comporte axeitadamente e, en definitiva, admite eximilo do castigo previsto pola realización dese delito.

a atenuación da pena

O Código penal enumera, no seu artigo 21, unha serie de circunstancias que permiten suavizar o castigo previsto para calquera delito. Así, se no momento en que un suxeito

Page 11: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal…

45

cometer un delito, concorre algunha das circunstancias mencionadas neste precepto, poderase beneficiar dunha redución da pena prevista para ese concreto delito.

A circunstancia atenuante que aquí nos interesa é a contida na alínea 3.ª do art. 21: “actuar por causas ou estímulos tan poderosos que producisen arrebato, obcecación ou outro estado pasional de semellante entidade”. Aquí trátase de atenuar a pena porque existe unha pura motivación pasional que minora a responsabilidade criminal da persoa que delinque, xa que comete o delito nun momento en que non é tan imputable como o sería sen que certos estímulos a impulsasen a obrar. Enténdese que existe unha menor imputabilidade debido á intensidade emotiva ou pasional, que non supón unha afectación tan importante das facultades mentais como no caso do trastorno mental transitorio.

Interprétase que tales estímulos teñen que estar orixinados no precedente comportamento da vítima; é necesario que exista unha relación de causalidade entre os estímulos e o arre-bato ou obcecación, e, alén diso, que haxa unha conexión temporal entre a presenza dos estímulos e o xurdimento da emoción ou paixón.

A atenuante comprende tanto os casos de estímulos fugaces (arrebato) como os de ca-rácter persistente (obcecación, estado pasional).

4. Actividade

Trátase de que o alumnado reflexione con base nos datos que teñen do caso, ofrecidos na película, e que tenten ver que feitos se poden considerar probados, e até que punto poden afectar á responsabilidade do suxeito, tendo en conta tamén a normativa sobre este tema, isto é, o que dispón o Código penal español. En certo modo, trátase dun labor similar ao que debería facer un xurado, que tamén está presente na película. Este comentario, por tanto, farase con base no visionamento da película, na normativa exis-tente, nalgunha lectura recomendada e mais tamén na propia reflexión persoal.

Así, unha vez examinados os posibles mecanismos legais que resultarían de aplicación (en España) ao caso visto en Anatomía dun asasinato, a actividade consistirá nun co-mentario persoal sobre este caso e sobre as posibles alegacións que cabería formular en defensa do acusado. Para iso, en principio, pódese partir das impresións obtidas tras ver a película e opinar sobre as alegacións efectuadas polo avogado defensor e sobre o veredicto do xurado; unha segunda parte do comentario persoal consistiría en analizar a posible solución do caso tendo como base o Código penal español e, especificamente, os preceptos e os mecanismos legais que se expuxeron con anterioridade.

Page 12: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Luz María Puente Aba

46

Para efectuar este comentario, poden servir de guía os seguintes interrogantes:

Pódese xustificar a conduta do acusado polo feito de que actuaba en defensa dun 1. ben ou interese propio?Padecía o acusado algunha anomalía ou trastorno que alterase as súas facultades 2. mentais e, daquela, o fixese perder a súa imputabilidade?Pódese afirmar que o acusado se atopaba ante un conflito tan tenso e extremo que lle 3. resultaba imposible comportarse de forma correcta, é dicir, era posible esixirlle que se comportase respectando a lei?O acusado actuaba impulsado por algún estímulo pasional tan relevante que lle pro-4. duciu unha alteración dos impulsos da súa vontade? Até que nivel podía afectarlle?

5. Lecturas recomendadas, películas relacionadas e sitios web de interese

Lecturas recoMedadas

Latorre Latorre, v.• (2005): Anatomía de un asesinato (Valencia: Tirant lo Blanch).

Mir puiG, s.• Derecho penal. Parte general, Barcelona (calquera edición dos últi-mos anos)

Muñoz conde, f.• Derecho penal. Parte general, (Valencia: Tirant lo Blanch) (cal-quera edición dos últimos anos).

soto nieto, f. / fernández, f. J.• (2004): Imágenes y justicia: el derecho a través del cine (Madrid:La Ley).

peLícuLas reLacionadas

Nunha liña semellante de estilo cinematográfico e cunha temática centrada no axui-zamento (nomeadamente por xurado) de persoas acusadas de cometeren determina-dos delitos, poden citarse: Matar un reiseñor (To kill a mockingbird, Robert Mulligan, 1962), Doce homes sen piedade (Twelve angry men, Sidney Lumet, 1957), Falso culpa-ble (The wrong man, Alfred Hitchcock, 1957), A costela de Adán (Adam’ s rib, George Cukor, 1949).

Page 13: Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal: entre a … · 2009. 9. 8. · Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal… 39 O eixe fundamental da película consiste no xuízo

Anatomía dun asasinato. Responsabilidade penal…

47

sitios web de interese

http://www.uch.ceu.es/caleidoscopio/numeros/tres/chimo.htm

Artigo sobre a película Anatomía dun asasinato, en que se fai referencia tamén a outras películas relacionadas: