actividades recomendadas para estes dÍas sen clase€¦ · actividades recomendadas para estes...

38

Upload: others

Post on 30-Apr-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ACTIVIDADES RECOMENDADAS PARA ESTES DÍAS SEN CLASE

Na Web da Consellería de Educación publicáronse o pasado xoves, 12 de

marzo de 2020, unha serie de medidas a adoptar en todos os centros de

ensino en relación oa pandemia covid-19, entre as que se atopa a suspensión

de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non

universitario para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de

marzo de 2020. A día de 22 de marzo, a Consellería toma outras medidas,

decidindo alarcar a suspensión outros 15 días, polo que as clases retomaranse

o vindeiro martes, día 14 de abril.

Así mesmo, outra das medidas propostas pola Consellería é que o profesorado

programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos,

accesibles ó seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos

curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará

o seu seguimento, pero non Terán carácter de avaliables.

Polo tanto, no marco destas medidas e atendendo ó carácter de xenérico das

actividades que debo proponer, a continuación recollemos unha compilación de

propostas lúdicas. Non se trata de que realicedes moitas actividades nin de

saturar ós nenos/as realizando tarefas. Escollede as que máis lle poidan gustar

aos vosos cativos e cativas. Todas as actividades poden adaptarse segundo os

gustos, capacidades, destrezas, habilidades e intereses de cada neno/a.

As actividades que a continuación se indican non tedes que facelas todas,

propóñense para que poidades facer unha selección e organizar cada día, de

modo que traballedes algo de cada contexto.

RUTINAS DIARIAS:

● Traballar sobre o calendario (o día, o mes, o tempo que fai…) como

facemos diariamente na escola

● Eleximos o nome dun compañeiro cada día como se fose o encargado:

contamos as sílabas do seu nome con palmas, van dicindo as letras que

hay en cada sílaba e escribimos o nome, elixen unha das consonantes e

formamos sílabas xuntándoa coas vogais, buscamos unha palabra que

empece por cada unha das sílabas.

ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER NO

CONTEXTO DE TEATRO (clase verde):

● Aprender adiviñas, cancións, rimas, ditos, trabalingüas… Aquí van uns

enlaces onde podedes atopar recursos en lingua galega:

o https://orellapendella.gal (páxina que recompila literatura popular

infantil de Galicia)

o https://www.youtube.com/playlist?list=PLSKIP1hsOgp_S6u3L-

CZkeXn3lrCCojUT (lista de reprodución de cancións en galego)

o https://www.youtube.com/channel/UCyjj7gmWzg7t7N4vBtCZHew

(contos en pixama)

● Xogar ás rimas. No anexo tedes algunhas das rimas coas que

traballamos na clase.

● Realizar lecturas en familia: é moi importante que lles leades contos e

que eles sexan tamén quenes nolos “lean” a nós. Podedes axudarlles a

inventar historias, buscade 4 palabras para que inventen un conto no

que aparecen as catro (exemplo: oso, elefante, río, lúa). Buscade con

eles un título para ese conto. Poden debuxar dúas escenas do conto

(traballade cal vai antes e cal despois) e escribir o título. Un exemplo de

formato pode ser:

● Tamén podedes inventar historias ou podedes contarlles contos que

conteñas textos repetitivos, onomatopeias, debuxos vistosos, exercicios

motores como soprar… Logo pedirlles que identifiquen as personaxes e

que expliquen o que lles ocorre no conto, o que fan, darlle outro título…

Ademais é importante que sexa o propio do neno/a o que conte o conto

ós adultos.

● Poden facer un debuxo do que queiran e escribir o seu nome (traballar

previamente como se escribe para que despois poidan facelo con pouca

axuda. Un modelo que podedes facer é:

● Tamén podedes escoitar contos online:

Cocorico:

https://www.youtube.com/watch?v=JR7aUn4mJCQ

A tartaruga que quería durmir:

https://www.youtube.com/watch?v=ERTJGmQbtqc

A casa da mosca chosca:

https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E

Te quiero casi siempre:

https://www.youtube.com/watch?v=tXJOGPZz3nM

Con Tango son tres:

https://www.youtube.com/watch?v=JLteRP7s2Jw

● Ver libros de imaxes e fotografías con eles/as e comentar o que vemos

para ampliar vocabulario

● Xogar a colocar 5 obxetos debaixo dun pano, sen mirar terá que

recordar o nome dos obxetos que están debaixo. Podemos ir

complicando e aumentando o número.

● Xogar con “cousas de soprar” como un muíño de vento, pompeira de

xabón, unha palla nunha bolsa con papeis…

● Chamar por teléfono/Skype a algún compañeiro/a da clase, amigo/a…

● Aprender algún chiste e logo contarllo a alquén

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A INICIACIÓN Á LECTO-ESCRITURA

● Xogar a facer unha lista co nome dos compañeiros da clase

● Xogar a adiviñar que pon, como se escribe…

● Xogar a dicir palabras que empezan por unha determinada sílaba

● Contar as sílabas das palabras con palmas. Escribir esas palabras coas

letras que poden recordar.

● Mandar unha mensaxe por email o what’s app a alguén

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO

CONTEXTO CASA-POBO (clase vermella)

● Contar obxectos habituais (froita, xoguetes, pezas de roupa…)

escribídelle o nome dos obxetos (ou que o escriban eles) e que poñan

eles o número.

● Escribide a serie numérica de 1 ao 6 (ata o 9 se vedes que xa o saben)

e borrade ou tapade un número para que adiviñen cal falta.

● Contar cara adiante e cara atrás.

● Xogar a buscar o número anterior e posterior a outro (empezamos co

número do 1 ao 5, logo vamos ampliando). Tedes no anexo un modelo,

elexide números máis altos ou baixos según vexades vós.

● Facer series que iremos complicando pouco a pouco (ex: vermello-

azul...: vermello-azul-amarelo...; vermello-vermello-azul-azul...

● Cadros de doble entrada. Tedes modelos no anexo.

● Clasificar obxectos por cor, tamaño (grande/pequeno)

● Marcar números de teléfono para chamar a alguén

● Encher e baleirar botes ou botellas con diferentes materiais (auga,

fariña, arroz…) e empregando diferentes utensilios (culleres,

cunchas….)

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO

CONTEXTO DE ARTE (clase amarela)

● Facer collages

● En relación co proxecto do cambio climático, podedes falarlle das tribus

australianas e propoñerlle facer máscaras desas tribus.. Pódenas

decorar libremente con rotulador, pintura e bastoncillos e traelas ao

cole cando estemos de volta. Aquí vos deixamos un exemplo:

Outras actividades que poden realizar son:

● Resgar papel

● Facer bolas engurrando papel

● Pintar sobre teas vellas

● Facer un autorretrato mirándose no espello, ou facer un retrato de

mamá/papá…

● Xogar con plastilina

● Colorear debuxos

o APP de realidade aumentada: Quiver

● Pintar con diferentes materiais: pinceis, esponxas…

● Decorar debuxos con adesivos, cuños…

● Elaborar colares ou pulseiras con macarróns

● Elaborar botes sensoriais

● Pintar con xeos

● Tinguir papel absorvente con colorante e un goteiro

● Decorar camisetas vellas

● Visitar museos virtuais

● Facer manualidades sinxelas con material reciclado (en Pinterest hai

moitísimos exemplos

https://www.pinterest.es/search/pins/?rs=ac&len=2&q=manualidades%2

0recicladas%20infantiles&eq=Manualidades%20recicladas&etslf=3528&t

erm_meta[]=manualidades%7Cautocomplete%7C4&term_meta[]=recicla

das%7Cautocomplete%7C4&term_meta[]=infantiles%7Cautocomplete%

7C4 )

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO

CONTEXTO DE XOGOS (clase azul)

● Xogar con xogos de construción

● APPS:

o PINKFONG

o Super puzzle

o SMILE AND LEARN (https://smileandlearn.com/)

o El Buho Boo. Para aprender a identificar los sonidos

de cada animal

● Xogar a xogos de mesa: oca, dominó…

● Facer crebacabezas

● Xogos do proxecto: No anexo tedes o bingo dos animais en perigo de

extinción.

ACTIVIDADES MUSICAIS

● Aprender e cantar cancións, bailalas, relaxarse con elas… Alguns

exemplos:

As cancións do proxecto:

o https://www.youtube.com/watch?v=IJ7-ZCXbtMs (En mi tribu)

o https://www.youtube.com/watch?v=jHueEhqehh0(Rinoceronte

tambor)

o https://www.youtube.com/watch?v=VZAl-x1LXkc (Canguro arpa)

Outras:

o https://www.youtube.com/watch?v=3jHhQjRVMak (Non hai berce

coma o colo, a canción que usamos para relaxarnos antes de

merendar)

o Calqueira de Paco Nogueiras, como Meu o mundo é!

https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw

o Calqueira de Magín Blanco, como Marcho que teño que marchar

https://www.youtube.com/watch?v=Pi3FCLq9WtA

o Calqueira de A Gramola Gominola, como A fábrica de Carmela

https://www.youtube.com/watch?v=yZ2V88BPXhw

o Calqueira de Paco Cerdeira Pakolas, como Xabarín con bombín

https://www.youtube.com/watch?v=7BWjpqx-V8A

Calqueira de Uxía Lambona e a banda molona, como Carolina

https://www.youtube.com/watch?v=K7mvKBpm7RI

Calquera de Pablo Días, como O tío Ramón,

https://www.youtube.com/watch?v=naxQ7KkVN_g

ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER A AUTONOMÍA

● Axudar a preparar o almorzo, comida…

● Poner e recoller a mesa

● Axudar a lavar a louza

● Recoller os xoguetes

● Poner e quitar roupa

● Calzarse e descalzarse

● Lavar as mans seguindo as recomendacións

● Lavar os dentes

● Gardar a roupa no armario

● Axudar a tender a roupa

● Axudar a facer a cama

● Axudar a coidar as mascotas

ACTIVIDADES PARA FAVORECER A MOTRICIDADE GROSA

● Xogar a agocharse para que nos atopen

● Xogar a agochar obxectos que logo teñen que buscar

● Xogar a encestar cousas nun cubo ou canastra

● Xogar a pasarse a pelota

● Xogos de espello (imitar)

● Imitar o movemento dos animais: o gato ca catro patas, a tartaruga

andar lento, o paxaro mover os brazos…

● Xogar a pillar

● Xogar ó Simón di

● Transportar un obxecto con distintas partes do corpo

● Facer carreiras

● Camiñar como un robot, formiga, canguro…

● Escoitar e bailar cancións con coreografía sinxela

OUTRAS ACTIVIDADES:

● Cociñar receitas novas

● Ver películas en familia

● Disfrazarse

● Pintar as unllas

● Guerras de cóxegas

● Elaborar un diario debuxando o que fan cada día

● Expresar emocións

● Xogos de memoria e atención

● Facer un arco da vella (iniciativa #todovaisairben)

● Proporas da páxida Aulas Galegas:

http://aulasgalegas.org/category/infantil-3-anos/

Durante estes días é importante que os nenos/as teñan unha rutina. Podedes

organizar a semana elaborando un horario coas actividades e rutinas que ides

a realizar cada día. Tede en conta que no cole pasamos polo mesmo contexto

2 veces, pero non repiten zona, pasan unha vez á semana por cada zona. É

importante anticiparlles o que imos facer con eles. Pola mañá aconséllase facer

actividades de maior concentración e pola tarde aproveitar para ler, xogar de

forma manipulatica ou facer actividades de experimentación. Aínda que hai

moitos enlaces, sempre que poidasmos, debemos evitar as pantallas.

Esperamos que esta situación remate o antes posible e que tanto nenos/as

como mestres/as poidamos regresar ás aulas para seguir aprendendo e

desfrutando da escola. Agradecemos enormemente a vosa labor como familia

nestes momentos. Nós estaremos ó voso servizo namentres non remate esta

crise e manteremos contacto a través do correo do colexio

Non dubidedes en solicitar axuda se a precisades. Grazas familias e moita

saúde para todos/as.!

Xoán e Susana

ANEXO

Rimas

Cadros de doble entrada.

Para recortar

Anterior- posterior

Poden escribir, ou colocar as

tarxetas.

Tarxetas para recortar

Bingo dos animais en perigo de

extinción

Xogade en familia. Que sexa @ nen@ quen lea

as tarxetas (sen imaxe). Se non é capaz,

poderá mirar polo taboleiro que ten as imaxes

cos nomes.

PINGÜÍN OSO POLAR

CANGURO OSO PANDA

BALEA ABELLA

MORCEGO TARTARUGA

ORANGUTÁN TIGRE

ELEFANTE

ABELLA BALEA

CANGURO OSO PANDA

OSO POLAR

PINGÜÍN

TARTARUGA MORCEGO

TIGRE

ORANGUTÁN

ELEFANTE

ZÁNGANO