lecturas recomendadas 2011

4
Ola a todos e todas, son a nova mascota da biblioteca do centro. E, para estas vacacións de Nadal recoméndovos as seguintes lecturas.

Upload: gonzalo-alonso-monte

Post on 31-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Lecturas recomendadas para as vacacións de Nadal do IES Alfoz - Valadouro

TRANSCRIPT

Page 1: Lecturas recomendadas 2011

Ola a todos e todas, son a nova

mascota da biblioteca do centro.

E, para estas vacacións de Nadal

recoméndovos as seguintes lecturas.

Page 2: Lecturas recomendadas 2011

Lecturas en Castelán:

Canción de Navidad de Charles Dickens.Un clásico para estas datas, a pesar de que a maioría de nós non o leu, polo que dende o equipo da biblioteca o recomendamos.Novela curta escrita en 1843Nela fálase de como unha persoa túzara ou agarrada pode cambiar a súa actitude durante o Nadal.

La máquina del tiempo de H. G. Wells.

Trátase doutro clásico, nesta ocasión está pensado sobre todo para o alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía, xa que imaxina como será o ser humano dentro de moitos anos. De tódolos xeitos, é un libro moi recomendabel para todo tipo de lectores, incluídos o profesorado e os pais e nais.

Tintín. El secreto del unicornio & El tesoro de Rackham el Rojo. HergéDúas historietas de Tintín sobre as que se fixo o guión da nova película de animación.Unha divertida maneira de coñecer un dos cómics clásicos sobre as peripecias dun xornalista e o seu compañeiro Milú (un pequeno can branco).

Donde los árboles cantan de Laura Gallego.Nova novela da autora valenciana. Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida co Robian de Castelmar dende que ámbolos dous eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera. Porén, durante os festexos do solsticio de inverno, un arisco montaraz advirte ó rei de Nortia e ós seus cabaleiros da ameaza dos bárbaros das estepas... Algunhas historias escóitanse, outras .... vívense.

Page 3: Lecturas recomendadas 2011

Lecturas en Galego:

1º CICLO

O pazo baleiro de Xavier P. Do Campo.Nicolás non é quen de seguilo ritmo das clases. Amólalle ir sempre á escola. Así que toma en serio a decisión de non volver procurando que seus pais non se decaten. Porén, está engaiolado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun deses reloxos está o comezo dunha emocionante investigación da man dos seus amigos Ramiro e Sol...

Pepa a loba de Carlos G. Reigosa.

Pepa a loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica. Trátase dunha muller indómita e loitadora, malia as duras adversidades que sufriu. Un relato que trenza unha intensa historia de amor sobre un fondo de violencia.

2º CICLO

Anagnórise de Mª Victoria Moreno.

É unha novela de amor e ruta, sabiamente construída a través dos diálogos e as reflexións dos seus protagonistas. Unha muller madura recolle na estrada a Nicolau Aris, un rapaz que fai autostop en dirección a Madrid cargado cun kilo de costo. A viaxe coa descoñecida vai ter sobre o rapaz uns efectos inesperados.

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Catelao.

Texto en prosa publicado en 1922. Consta dunha serie de secuencias narrativas que acadan unha unidade estrutural grazas a seren produto dunha conversa entre un narrador, o esqueleto, que lembra secuencias da súa vida pasada, e dous paranarradores, colegas de cemiterio.

Page 4: Lecturas recomendadas 2011

Equipo da Biblioteca