acta - cangas.gal fileen data 08.02.2019, acorda autorizar a renovación do sinal de pasaxe...

20
ACTA Expediente núm.: XGL/2019/7 Órgano colexiado: A Xunta de Goberno Local DATOS DE DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN Data Duración Lugar Presidida por 18 de febreiro de 2019 Desde as 19:05 ata as 19:25 horas SALA DE SESIÓNS MERCEDES GIRALDEZ SANTOS ELEUTERIO PENA LAMAS Tipo Convocatoria Ordinaria Secretario ASISTENCIA Á SESIÓN DNI 35302226D 78732036T 77010633D 36042960M 52494246N 73240505H 35300902L 78734984G 35285485N 36102469J 76807564F 78735128X Nome e Apelidos ALBA CORDEIRO MAGDALENO ALFREDO IGLESIAS SANTOS ANDRES GARCIA BASTON DOLORES GALLEGO SANTOS FRANCISCO SOLIÑO SOLIÑO HÉITOR MERA HERBELLO JESUS MANUEL GRAÑA GRAÑA JESÚS ANTONIO PEREZ GALLEGO JOSE É SOTELO VILLAR JOSÉ LUIS GESTIDO PORTO LOURDES RIAL PARDO MARIA DOLORES HERMELO PIÑEIRO Asiste NON NON NON NON NON NON NON NON NON NON Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850 NON

Upload: others

Post on 05-Nov-2019

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ACTA

Expediente núm.:

XGL/2019/7

Órgano colexiado:

A Xunta de Goberno Local

DATOS DE DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN

Data

Duración

Lugar

Presidida por

18 de febreiro de 2019

Desde as 19:05 ata as 19:25 horas

SALA DE SESIÓNS

MERCEDES GIRALDEZ SANTOS

ELEUTERIO PENA LAMAS

Tipo Convocatoria Ordinaria

Secretario

ASISTENCIA Á SESIÓN

DNI

35302226D

78732036T

77010633D

36042960M

52494246N

73240505H

35300902L

78734984G

35285485N

36102469J

76807564F

78735128X

Nome e Apelidos

ALBA CORDEIRO MAGDALENO

ALFREDO IGLESIAS SANTOS

ANDRES GARCIA BASTON

DOLORES GALLEGO SANTOS

FRANCISCO SOLIÑO SOLIÑO

HÉITOR MERA HERBELLO

JESUS MANUEL GRAÑA GRAÑA

JESÚS ANTONIO PEREZ GALLEGO

JOSE É SOTELO VILLAR

JOSÉ LUIS GESTIDO PORTO

LOURDES RIAL PARDO

MARIA DOLORES HERMELO PIÑEIRO

Asiste

NON

NON

NON

NON

NON

NON

NON

NON

NON

NON

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

NON

78730184B

76811297Z

78734493L

78735144A

53113479Q

78739263M

76328194A

34907283E

78736615W

MARIANO ABALO COSTA

MERCEDES GIRALDEZ SANTOS

PÍO MILLÁN BLANCO

RAFAEL SOLIÑO COSTAS

TANIA CASTRO PAREDES

TOMÁS HERMELO ÁLVAREZ

XOSE MANUEL PAZOS VARELA

XOÁN CHILLÓN IGLESIAS

ÁNGELA VIZOSO MARCOS

NON

NON

NON

Unha vez verificada polo secretario a válida constitución do órgano, o presidente abre a sesión, polo que se procede á deliberación sobre os asuntos incluídos na orde do día.

A) PARTE RESOLUTIVA

Aprobación da acta da sesión anterior realizada en data 4 de febreiro de 2019

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Expediente 628/2019. Solicitude de sinalización vertical

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Vista a solicitude presentada por J. M. M. E., con DNI nº X, veciño de Cangas, con enderezo en rúa Prado, nº X-O Hío, na que demanda, pola mala visibilidade, a colocación por parte do concello dun espello de tráfico.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade co informe favorable emitido ao respecto, en data 31.01.2019, pola Policía Local, acorda autorizar a instalación de un espello de tráfico no cruzamento das rúas Viñal, Rodal e Prado no Hío, debido á mal visibilidade dos vehículos que

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, acordou aprobar o borrador da acta da sesión anterior da Xunta de Goberno Local realizada o día 4 de febreiro de 2019.

Escusas de asistencia presentadas: 1. XOSE MANUEL PAZOS VARELA: «Ausencia motivos persoais.»

se achegan da parte superior do camiño do Viñal, xa que ademais proceden dunha curva que non deixa albiscar a proximidade de vehículos.

Expediente 626/2019. Solicitude de sinalización vertical

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Achegados ao lugar na tarde do xoves día 31 de xaneiro e feita unha inspeción do lugar exposto, consideran que se podería permitir á citada 'AAVV 'A MALLADOURA DE HERBELLO', a colocación do espello para mellorar a visibilidade na curva, pero tendo en conta de que esta colocación non debe reducir o ancho da vía ata o punto que obstaculice o paso dos vehículos".

Expediente 797/2019. Solicitude de sinalización vertical

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Vista a solicitude presentada por M.A.P.P., na que demanda autorización municipal para a renovación do sinal de pasaxe permanente que ten instalado no lugar de rúa Diego Xelmírez, nº X-San Roque-Darbo, por atoparse deteriorado.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade con informe favorable emitido pola policía local en data 08.02.2019, acorda autorizar a renovación do sinal de pasaxe permanente nº 615.

Condiciónase a presente autorización á devolución do sinal deteriorado no departamento de tesourería, que procederá a dar de baixa o referido número e á concesión dun número novo.

Expediente 627/2019. Solicitude de sinalización vertical

Favorable Tipo de votación:

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

"Que a instancia de G.J.R.T.C., con DNI nº X, representante da AAVV 'A MALLADOURA DE HERBELLO', na que solicita deste Concello de Cangas que se lles permita a esta asociación a colocación de un espello de tráfico co seu soporte na vía pública, concretamente entre os números 1 e 4, no lugar da rúa do Medio, xusto antes da rúa Pontillón, xa que segundo relatan, forma unha curva pronunciada con mala visibilidade e xa ten acontecido algún acidente de tráfico leve e en previsión doutros, incluso mais graves, consideran que a colocación do espello paliaría esta circunstancia.

Vista a solicitude presentada pola asociación de veciños/veciñas "A MALLADOURA DE HERBELLO", na que demandan autorización municipal para a instalación de un espello no lugar entre os números 1 e 4 da rúa do Medio en Aldán, pola mala visibilidade da zona. A Xunta de Goberno Local acorda autorizar a instalación de espello de tráfico no lugar de rúa do Medio en Aldán, de conformidade e axustándose ao indicado no informe emitido en data 31.01.2019 pola Policía Local, que é como segue:

Unanimidade/Asentimento

Vista a solicitude de M. F. V., con DNI nº X, veciña de Cangas, con enderezo en Liméns, As Barreiras, nº X-O Hío, na que expón que considera necesario que por parte deste concello, se coloque na proximidade do cruzamento que forma o camiño de Tralaviña e o das Barreiras de Liméns, un sinal de xiro prohibido, xa que este cruzamento forma un desnivel pronunciado e perigoso.

A Xunta de Goberno Local, acorda aprobar o informe emitido en data 31.01.2019 pola policía local, que é como segue:

"Achegados ao lugar na tarde do xoves día 31 de xaneiro e feita unha inspeción do lugar exposto, consideran que tal como expón a solicitante, sería moi recomendable colocar un sinal de prohibido o xiro á dereita (para os vehículos que circulan no sentido O Hío-Darbo e pretendan xirar á dereita deica a rúa Tralaviña desde a rúa As Barreiras), xa que o desnivel pronunciado que hai no cruzamento forma unha anomalía na estrada que impide o xiro aos vehículos normalmente e incluso estes, poden chegar a quedar colgados ou sen tración para poder marchar atrás".

Expediente 918/2019. Solicitude de sinalización vertical e horizontal

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Vista a solicitude de M. J. F. P., con enderezo en Toxeira, nº X-San Pedro-Darbo, na que solicita autorización para a instalación de sinal de pasaxe permanente na parte traseira da súa vivenda sita en rúa A Torre-San Pedro, así como, sinalización horizontal co pintado de liña amarela diante do garaxe sito no referido lugar.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade co informe favorable emitido en data 13.02.2019 pola policía local, acorda autorizar á Sra. F. P. para a instalación de sinal de pasaxe permanente na parte traseira da súa vivenda sita en rúa A Torre-San Pedro, así como, sinalización horizontal co pintado de liña amarela diante do garaxe existente.

Expediente 909/2019. Solicitude de sinalización horizontal

Non hai acordo Motivo: Ampliar documentación

Este punto foi deixado sobre a mesa pendente de mellor estudo.

Expediente 768/2019. Solicitude de sinalización vertical

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Vista a solicitude de P. S.A., con enderezo en camiño de Gondarán, nº X-Coiro, na que demanda a reposición de espello en mal estado sito no lugar de baixada da Conexa, á altura do nº 47 da Pedreira-Coiro.

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

A Xunta de Goberno Local, de conformidade co informe favorable emitido en data 08.02.2019 pola policía local, acorda que polos servizos municipais se proceda a repoñer o espello que se atopa en mal estado no lugar de baixada da Conexa, á altura do nº 47 da Pedreira-Coiro.

Expediente 421/2019. Solicitude de baixa de sinalización vertical

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Vista a solicitude de C. B. O., na que demanda a baixa do sinal de pasaxe permanente nº 945, que ten instalado no lugar de estrada de Bueu, nº X-Aldán.

A Xunta de Goberno Local acorda o seguinte:

PRIMEIRO.- Que polos servizos económicos do Concello de Cangas e polo ORAL, se comprobe se o/a interesado/interesada está ao corrente nos pagos da taxa que xerou a autorización da instalación de sinal de pasaxe permanente referenciada, desde que foi concedida, requisito sen o cal non se procederá a dar a baixa pertinente.

SEGUNDO.- Que por parte do/da interesado/interesada se proceda á devolución da placa de referencia no departamento de tesourería.

TERCEIRO.- Conceder a baixa solicitada, se se cumpren os requisitos expostos no presente acordo, advertíndolle que de conformidade cos artigos 3.1 e 3.2 da “Ordenanza fiscal nº 21. Taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do solo, vo e subsolo da vía pública", se continuará pasando ao cobro a taxa correspondente.

Expediente 526/2019. Solicitude de sinalización horizontal e vertical

Non hai acordo Motivo: Ampliar documentación

Este punto foi deixado sobre a mesa pendente de mellor estudo.

Expediente 383/2019. Solicitude de sinalización horizontal e vertical

Non hai acordo Motivo: Ampliar documentación

Este punto foi deixado sobre a mesa pendente de mellor estudo.

Expediente 3597/2018. Comunicación previa en materia urbanística

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

EXPEDIENTE Nº 3597/2018.- Dase conta da comunicación previa presentada por S. V. M.

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

como administrador de "GASOLEOS MAGDALENA SL", para instalación de depósito de combustible no lugar da Portela-A Madalena-Darbo (referencia catastral X), de conformidade coa documentación presentada polo arquitecto Aarón Vilas Otero de data xuño de 2018 e 4 de setembro de 2018 e condicións impostas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de data 10 de xaneiro de 2019. O presuposto de execución das obras ascende a seis mil douscentos sesenta e catro euros con sesenta e un céntimos (6.264,61 €).

Consta no expediente acta de renuncia ao incremento do valor expropiatorio de data 24.01.2019, que supoñen as obras contidas neste expediente.

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Acéptase o aval depositado en "Bankia", o 28 de xullo de 2017, por importe de mil oitocentos cincuenta e dous euros con corenta e cinco céntimos (1.852,45 €).

Expediente 6265/2018. Comunicación previa en materia urbanística

Non hai acordo Motivo: Ampliar documentación

Este punto foi deixado sobre a mesa pendente de mellor estudo.

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

A licenza outórgase condicionada a que deberá presentar proxecto de execución visado e oficios de direción de obra e de execución destas antes do inicio das obras e aportar a documentación técnica xustificativa actualizada no proxecto de execución, relativa á normativa en vigor sobre os aspectos do código técnico da edificación relativa aos seguientes documentos técnicos: código técnico da edificación (Real decreto 314/2006, polo que se aproba o código técnico da edificación e texto refundido con modificacións, Rd 1351/2007, de 19 de octubre e correción de erros do BOE de 25 de xaneiro de 2008): -DB-SE, -DB-HS, -DB-HR, -DB-HE, eficiencia enerxética, control de calidade e medicións. Deberá cumprir co sinalado pola Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, no referente aos materiais a empregar nos núcleos de poboación e tamén en canto á obriga de conexión cos servizos existentes no núcleo e a formalizar perante o Catastro Inmobiliario a declaración conducente á incorporación neste da modificación do inmoble derivada da actuación para a que se outorga a presente licenza.

EXPEDIENTE 5860/2017.- Outorgar a M. C. C.G., con enderezo a efectos de notificacións en rúa Donoseo Cortés, nº X-28015-Madrid, titular do DNI nº X, agás dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros, licenza de obra para, en solo de núcleo rural, regulado pola ordenanza SNUN-SNUA, a construción dunha vivenda unifamiliar en Viñó (referencia catastral X), de conformidade co proxecto básico dos arquitectos Miguel Cabeza Gómez e Daniel Hollegha, visado o 25.06.2014. O presuposto de execución material ascende a oitenta e seis mil trescentos sesenta euros con setenta e oito céntimos (86.360,78 €).

Expediente 5860/2017. Comunicación previa en materia urbanística

Expediente 4797/2018. Comunicación previa en materia urbanística

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

EXPEDIENTE Nº 4797/2018.- Outorgar a C. N. C., con enderezo na Avda. de Vigo, nº X-Cangas, para no lugar da Avda. José Novas, nº X-Gandón-Aldán (referencia catastral X), licenza de obras para construír un muro de contención de 29,24 m3., e urbanizado de parcela, segundo o proxecto elaborado polo arquitecto técnico S. G. F., de setembro de 2018. O presuposto de execución das obras ascende a sete mil oitocentos noventa e seis euros con trece céntimos (7.896,13 €).

Acéptase a cesión para ampliación do vieiro municipal formalizada en data 29 de xaneiro de 2019, perante a notaria A. T. C. P.

Expediente 6224/2018. Comunicación previa en materia urbanística

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

EXPENDIENTE Nº 6224/2018.- Dase conta da comunicación previa presentada por Á. M. F., para un cerramento de 13,25 ml., sito no lugar de Longán-Coiro (referencia catastral X), de conformidade coa documentación presentada. O presuposto das obras ascende a mil douscentos noventa e sete euros con trinta céntimos (1.297,30 €).

Acéptase a cesión para ampliación do vieiro municipal formalizado en acta de comparecencia de data 8 de ferbreiro de 2019, por unha superficie de 22,75 m2.

Expediente 108/2019. Comunicación previa en materia urbanística

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

EXPEDIENTE Nº 108/2019.- Dase conta da comunicación previa presentada por A. S. M., titular do DNI nº X, con enderezo a efectos de notificacións en rúa A Rosada, nº X-Coiro, para demolición e reconstrución parcial de cerramento sito no referido lugar (referencia catastral X da parcela e referencia catastral da edificación X) de conformidade coa documentación incorporada ao expediente de data 8 de xaneiro de 2019, para dar cumprimento ao ditado en Sentenza xudicial firme nº 242/2016 do Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada no PA nº 58/2016, que literalmente di: “Que, estimando o recurso contencioso-administrativo, presentado polo procurador D. S. S. S., en representación de D. J. S. M., contra a resolución do Concello de Cangas de data 18.12.2015, pola que se revogan, deixándoos sen efectos, os seguintes actos administrativos: resolución de 25 de xaneiro de 2007, pola que se ordenaba a demolición dun cerramento no lugar da Rosada-Coiro, e resolución de 20 de febreiro de 2015, pola que se impuxo unha multa coercitiva por incumprimento da referida orde de demolición, declaro que a actividade administrativa impugnada non é conforme a dereito, debendo ser anulada a resolución impugnada, non hai

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

lugar á revogación das citadas resolucións de 25 de xaneiro de 2007 e 20 de febreiro de 2015”.

O presuposto de execución material ascende a cincocentos euros (500,00 €).

Acéptase a cesión gratuíta ao Concello de 4,03 m2., de terreo formalizada en acta de comparecencia de data 09.01.2019.

Expediente 251/2019. Comunicación previa en materia urbanística

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Expediente 549/2018. Comunicación previa en materia urbanística

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

EXPEDIENTE Nº 549/2018.- Dase conta da comunicación previa presentada por A. F. A., para construción de un cerramento de 18,11 ml., sito no lugar de Arneles-O Hío (referencia catastral X), de conformidade coa documentación presentada e as condicións impostas polo POL de data 5 de abril de 2018 e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de data 30 de xaneiro de 2019. O presuposto de execución das obras ascende a setecentos cincuenta euros (750,00 €).

EXPEDIENTE Nº 251/2019 (EXPEDIENTE Nº 23.062.- LICENZA MUNICIPAL Nº 22.407).- Conceder a F. J. R. C., a prórroga da licenza solicitada por un período de trinta e seis meses, de conformidade co previsto no artigo 145 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia e visto o informe favorable da arquitecto municipal de data 06.02.2019 obrante no expediente.

Expediente 721/2019. Comunicación previa en materia urbanística

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

EXPEDIENTE Nº 721/2019.- Dase conta da comunicación previa presentada por A. M. R. C., titular do DNI nº X, con enderezo a efectos de notificacións en rúa Cega, nº X-Cangas, para reforma interior de baño e instalacións da vivenda sita en rúa Cega, nºX-Cangas (referencia catastral X), de conformidade coa documentación redactada polo arquitecto R. O. S. de data 4 de febrero de 2019. A obra desenvolverase no ámbito de afeción do PEPRI e cumprirá coa súa normativa de aplicación. O presuposto de execución material ascende a cinco mil douscentos quince euros con vinte céntimos (5.215,20 €).

Expediente 5367/2018. Comunicación previa de actividade

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

EXPEDIENTE Nº 5367/2018.- Dase conta da comunicación previa presentada por D. F. R., con enderezo a efectos de notificacións en rúa Baiona, nº X, titular do DNI nº X, para actividade de uso deportivo en local sito en rúa Baiona, nº X (referencia catastral X), segundo o informe favorable da arquitecta de data 8 de febreiro de 2019.

Expediente 1152/2017. Expediente nº 44/2016 de reposición de legalidade urbanística

"Con data 13.02.2018 M. P. C., con NIF nº X, solicita a redución do 50% da sanción que lle corresponde aboar pola realización de obras sen axustarse á legalidade urbanística para proceder ao seu pagamento no período voluntario, amosando a súa conformidade co contido do acordo da Xunta de Goberno Local de data 27 de novembro do 2017 e renunciando expresamente ao exercicio de toda ación de impugnación.

Visto o xustificante de pagamento de data 16 de febreiro do 2018, en relación co expediente sancionador por infración urbanística nº 1152/2017, de conformidade co artigo 84 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de Procedemento administrativo común das administracións públicas e visto o Decreto da Alcaldía de data 2 de xullo de 2015, polo que se delega na Xunta de Goberno Local a tramitación dos expedientes sancionadores en materia de disciplina urbanística, propoño á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte ACORDO:

PRIMEIRO.- Declarar terminado o procedemento sancionador incoado a M. P. C., por ter realizado no lugar de Gondarán-Coiro, as obras de realizar unha edificación de aproximadamente 20 m2".

A Xunta de Goberno Local acorda aprobar integramente a proposta de data 13.02.2019 da instrutora do expediente nº 44/2016 de restauración da legalidade urbanística, que é como segue:

Expediente 818/2019. Concesión de servizo de axuda no fogar

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Vista a solicitude de Servizo de axuda no fogar e documentación presentada pola persoa solicitante e tralo informe social e proxecto de intervención elaborados pola traballadora social dos servizos sociais comunitarios, a Xunta de Goberno Local adopta a seguinte resolución:

* CONCEDERLLE a J.B.F., con DNI nº X e con expediente nº 36008/01/000128 – 44403, o Servizo de axuda no fogar a través da quenda de dependencia e de acordo aos seguintes detalles:

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Prestacións: Atencións de carácter persoal Atencións de carácter psicosocial Atencións de carácter doméstico

Custe do servizo total: 242,20 € (12,11 €/hora).

Achega económica da persoa usuaria: 63,13 €/mes.

Número de horas: 20 horas.

Data de efectos de alta no SAF: a partir do 20 de febreiro de 2019.

Expediente 6216/2018.Concesión de servizo de axuda no fogar

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Vista a solicitude de Servizo de axuda no fogar e documentación presentada pola persoa solicitante e tralo informe social e proxecto de intervención elaborados pola traballadora social dos servizos sociais comunitarios, a Xunta de Goberno Local adopta a seguinte resolución:

* CONCEDERLLE a S.R.S., con DNI nºX e con expediente nº 36008/01/000246 –67384, o Servizo de axuda no fogar a través da quenda de dependencia e de acordo aos seguintes detalles:

Prestacións: Atencións de carácter persoal Atencións de carácter psicosocial Atencións de carácter doméstico

Custe do servizo total: 847,70 € (12,11 €/hora).

Achega económica da persoa usuaria:162,65 €/mes.

Número de horas: 70 horas.

Data de efectos de ampliación no SAF: a partir do 20 de febreiro de 2019.

Expediente 405/2019. Proposta de solicitude de subvención á Consellería de Cultura e Turismo para a contratación de persoal nas oficinas de turismo do Concello de Cangas

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

A Xunta de Goberno Local acorda aprobar integramente a proposta de data 14.02.2019 da concelleira de medio ambiente e turismo, para solicitude de subvención á Consellería de Cultura e Turismo para a contratación de persoal nas oficinas de turismo do Concello de

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

Cangas, que é como segue:

“PROPOSTA

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN Á CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO, AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DE 26 DE DECEMBRO DE 2018, QUE ESTABLECE AS BASES PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL NAS OFICINAS DE TURISMO DE CONCELLOS DECLARADOS MUNICIPIOS TURÍSTICOS

Vista a Resolución de 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro (DOG nº 15 de 22.01.2019) e cumprindo os requisitos que nela se especifican:

- Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 de Lei 38/2003, dw 17 de novembro, xeral de subvencións.

- Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro.

- Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias co Facenda Autonómica e coa Facenda Estatal e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda con ningunha administración pública.

- Ter remitida a conta xeral do Concello do exercicio 2017 ao Consello de Contas en data do 24.01.2019.

Visto o informe do departamento de intervención referente á valoración salarial dun grupo C1 con data 07.02.2019.

Propoño á Xunta de Goberno Local:

Primeiro.- Solicitar, ao abeiro da resolución de 26 de decembro de 2018, subvención para a contratación de 1 persoa, cunha xeira de 75%, que cumpra os requisitos establecidos no artigo 1 das bases reguladoras, por un período de 3 meses, do 15 de xuño ao 14 de setembro de 2019 e de acordo coa seguinte táboa:

GRUPO C1- 75% XEIRA 993’9 165’66 1.159’56 5 ADMINISTRACIÓN PUBLICA 32’75% 379’75

SALARIO P.P EXTRA BASE BRUTA G. COTIZACIÓN CNAE/OCUPACIÓN % COTA PATRONAL S.S COSTE SS

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

COSTE MENSUAL COSTE 3 MESES INDEMNIZACIÓN DE TRABALLO TOTAL TRABALLADOR 3 MESES

1.539’31 4.617’94 3 MESES= 115,95 4.733’89€

Segundo.- O compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista, segundo a documentación achegada coa solicitude.

Terceiro.- Declarar que en relación con outras subvencións, non solicitou nin se lle concedeu ningunha outras subvención, axuda, recurso ou ingreso para este mesmo proxecto ou conceptos para os que solicita esta subvención.

Cuarto.- Ter remitida a conta xeral do Concello do exercicio 2017 ao Consello de Contas en data do 24.01.2019”.

Expediente 654/2019. Proposta da alcaldía de sinatura de convenio de colaboración entre NINGURES PRODUCIÓN SL e o Concello de Cangas para desenvolvemento de escolas das artes escénicas "TEATRO DE NINGURES"-2019

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Dase conta de proposta da Alcaldía de data 01.02.2019, referente a aprobación de convenio de colaboración entre a entidade "NINGURES PRODUCIÓN SL" e o Concello de Cangas, para a organización e desenvolvemento dunha escola de artes escénicas en Cangas para o exercicio 2019.

A Xunta de Goberno Local, por unamidade dos seus membros presentes, acorda o seguinte:

Primeiro.- Aprobar integramente o convenio de colaboración entre a entidade "NINGURES PRODUCIÓN SL" e o Concello de Cangas, para a organización e desenvolvemento dunha escola de artes escénicas en Cangas para o exercicio 2019, que se transcribe de seguido. Segundo.- Facultar ao Sr. alcalde do Concello de Cangas para a sinatura do convenio de referencia.

"CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ENTIDADE 'NINGURES PRODUCIÓN SL', E O CONCELLO DE CANGAS PARA A ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DUNHA ESCOLA DAS ARTES ESCÉNICAS EN CANGAS (Exercicio 2019)

REUNIDOS

Por unha banda, D. Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde-presidente do Concello de Cangas.

Por outra banda, D. S. R. P., con DNI nº X, administrador de 'Ningures Produción SL', con CIF nº X e domicilio na avenida de Moaña, nº X-36940-Cangas.

INTERVEÑEN

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

Ambas as partes, no exercicio das competencias que teñen legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente, capacidade e abrogándose nos termos deste documento.

EXPOÑEN

PRIMEIRO.- Que o Concello, dentro das competencias que ten atribuídas pola lexislación vixente e en concreto as referidas no artigo 25 da Lei 7/85, de 2 de abril, modificada por Lei 57/03, de 16 de decembro, reguladora das bases do réxime local e no referente ás actividades e instalacións culturais, ten entre os seus propósitos a formación, fomento, promoción e produción de actividades culturais.

SEGUNDO.- Que 'Ningures Produción SL', é unha entidade que organiza e xestiona diferentes proxectos en prol da recuperación, defensa e promoción do patrimonio cultural de Galicia, centrando a súa actividade nas artes escénicas.

TERCEIRO.- Que 'Ningures Produción SL', desenvolve unha ESCOLA DAS ARTES ESCÉNICAS en Cangas.

CUARTO.- Que, se ben o procedemento ordinario de concesión de subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, segundo o artigo 19 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderán concederse de forma directa as seguintes subvencións:

a) As previstas nominativamente nos orzamentos xerais da comunidade autónoma nos termos recollidos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións.

b) Aquelas cuxo otorgamento ou contía veñan impostos á administración por unha norma de rango legal, que seguirán o procedemento de concesión que lles resulte de aplicación de acordo coa súa propia normativa.

c) Con carácter excepcional, aqueloutras subvencións en que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.

QUINTO.- Que, segundo o artigo 26.1 da Lei de subvencións de Galicia, os convenios a través dos cales se canalicen estas subvencións establecerán as condicións e compromisos aplicables de conformidade co disposto nesta.

SEXTO.- Que ambas as partes manifestan un mutuo interese por:

1. A cooperación entre ámbalas entidades para favorecer a divulgación e fomento das actividades teatrais entre os cidadáns do Concello de Cangas.

Desenvolver unha ESCOLA DAS ARTES ESCÉNICAS en Cangas. Exercicio 2019.

Que en consecuencia, estando ámbalas partes comprometidas e de conformidade nos mesmos obxectivos, acordan para os efectos oportunos subscribir un convenio de colaboración suxeito ás seguintes:

CLÁUSULAS

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

PRIMEIRA.- 'Ningures Produción SL', organizará coa colaboración e patrocinio do Concello de Cangas unha ESCOLA DAS ARTES ESCÉNICAS en Cangas.

SEGUNDA.- O Concello de Cangas comprométese a aportar a cantidade de seis mil euros (6.000,00 €), a 'Ningures Produción SL', para o desenvolvemento dunha ESCOLA DAS ARTES ESCÉNICAS en Cangas (exercicio 2019), e aboar en concepto de pago anticipado, de acordo co previsto no artigo 31.6 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, un total de catro mil oitocentos euros (4.800,00 €). Non se esixirá garantía.

TERCEIRA.- 'Ningures Produción SL', desenvolve unha Escola das Artes Escénicas en Cangas no Auditorio Municipal de Cangas.

Ordea a formación en tres cursos ou niveis:

1.- CURSO DE INTERPRETACIÓN

(Corpo emoción e voz)

Horario: martes de 19:00 a 21:00 horas.

Curso completo: 2 horas semanais 1 día á semana 32 semanas lectivas 64 horas de formación 8 mensualidades

2.- CURSO DE TEATRO PARA NENAS E NENOS

(idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos).

Horario: mércores e xoves de 17:30 a 18:30 horas.

Curso completo: 2 horas semanais 2 días á semana 32 semanas lectivas 64 horas de formación 8 mensualidades

3.- CURSO DE TEATRO PARA XÓVENES

(idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos).

Horario: mércores de 19:00 a 21:00 horas.

Curso completo: 2 horas semanais 1 día á semana 32 semanas lectivas

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

64 horas de formación 8 mensualidades

4.- CURSO DE POSTA EN ESCENA DUNHA MONTAXE TEATRAL

Horario: xoves de 19:00 a 21:00 horas e sábado de 11:00 a 13:00 horas.

Curso completo: 4 horas semanais 2 día á semana 32 semanas lectivas 128 horas de formación 8 mensualidades Representación do espectáculo na primeira semana de xullo de 2019

CUARTA.- 'Ningures Produción SL', comprométese a:

- Executar o desenvolvemento dunha ESCOLA DAS ARTES ESCÉNICAS en Cangas (exercicio 2019). O orzamento elaborado que se achega a este convenio.

- Someterse ás actuacións de comprobación e organización que os órganos competentes do Concello realicen respecto da xestión da solvencia e especificamente no relativo ás clases impartidas.

- Notificar ao Concello calquera modificación que se pretenda realizar no proxecto inicialmente presentado, que deberá ser autorizado previamente.

- Facer constar de forma clara que a actividade está subvencionada ou patrocinada polo Concello, nos exemplares de programas, carteis, convocatorias de actividades e en toda a información gráfica, escrita e sonora que se realice con motivo do desenvolvemento da escola.

QUINTA.- 'Ningures Produción SL', comprométese así mesmo, a presentar no Concello de Cangas, no prazo de 90 días posteriores a finalización do evento, os documentos acreditativos da xustificación da subvención, que incluirán memoria detallada do programa da actividade desenvolvida, presuposto de ingresos e gastos realizados e facturas orixinais xustificativas dos gastos, nos termos dispostos no artigo 28 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

SEXTA.- Establécese a obrigación por parte de 'Ningures Produción SL', de reintegrar os fondos no suposto de incumprimento dos requisitos e obrigacións establecidas no presente convenio e, en todo caso, nos supostos regulados no artigo 33 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, e nos artigos 74 a 76 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

SÉTIMA.- No non previsto neste convenio estarase ao disposto na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións e no Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

En proba da súa conformidade, asinan as partes o presente convenio por duplicado, en Cangas, febreiro de 2019.

Polo Concello de Cangas

ALCALDE – PRESIDENTE

Asdo.: Xosé Manuel Pazos Varela

Ningures Produción SL

Representante legal

Asdo.: S.R.P.".

En proba da súa conformidade, asinan as partes o presente convenio por duplicado, en Cangas, febreiro de 2019".

Expediente 653/2019. Proposta da alcaldía de sinatura de convenio de colaboración entre a ASOCIACIÓN CULTURAL "XIRIA" e o Concello de Cangas para o desenvolvemento da "XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS" (Do 28 de xuño ao 6 de xullo de 2019)

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Dase conta de proposta da Alcaldía de data 01.02.2019, referente a aprobación de convenio de colaboración entre a asociación cultural "XIRIA" e o Concello de Cangas, para a desenvolvemento da "XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO EN CANGAS".

A Xunta de Goberno Local, por unamidade dos seus membros presentes, acorda o seguinte:

Primeiro.- Aprobar integramente o convenio de colaboración entre a asociación cultural "XIRIA" e o Concello de Cangas, para a desenvolvemento da "XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS", que se transcribe de seguido.

Segundo.- Facultar ao Sr. alcalde do Concello de Cangas para a sinatura do convenio de referencia.

"CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ASOCIACIÓN CULTURAL 'XIRIA' E O CONCELLO DE CANGAS PARA DESENVOLVER A 'XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS'.

REUNIDOS

Por unha banda, Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde-presidente do Concello de Cangas.

Por outra banda, M. X. M. A., con DNI nº X, presidenta da asociación cultural 'XIRIA', con CIF nº X e domicilio en rúa As Xegadas, nº X-36940-Cangas.

INTERVEÑEN

Ambas as partes, no exercicio das competencias que teñen legalmente atribuídas,

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

recoñecéndose reciprocamente, capacidade e abrogándose nos termos deste documento.

EXPOÑEN

PRIMEIRO.- Que o Concello, de conformidade co art. 25.2 m) da Lei 7/85, de 2 de abril, ostenta entre as súas competencias a promoción da cultura, debendo prestar cantos servizos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións culturais da cidadanía.

SEGUNDO.- Que a asociación cultural 'XIRIA', é unha asociación sen ánimo de lucro, encargada de organizar e xestionar diferentes proxectos en prol da recuperación, defensa e promoción do patrimonio cultural de Galicia, centrando a súa actividade no cine e moi especialmente nas artes escénicas.

a) As previstas nominativamente nos orzamentos xerais da comunidade autónoma nos termos recollidos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións.

b) Aquelas cuxo otorgamento ou contía veñan impostos á administración por unha norma de rango legal, que seguirán o procedemento de concesión que lles resulte de aplicación de acordo coa súa propia normativa.

c) Con carácter excepcional, aqueloutras subvencións en que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.

QUINTO.- Que segundo o artigo 26.1 da Lei de subvencións de Galicia, os convenios a través dos cales se canalicen estas subvencións establecerán as condicións e compromisos aplicables de conformidade co disposto nesta.

SEXTO.- Que ámbalas partes manifestan un mutuo interese por:

1.- A cooperación entre ámbalas entidades para favorecer a divulgación e fomento das actividades teatrais entre os habitantes do Concello de Cangas.

2.- Desenvolver a 'XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS', do 28 de xuño ao 6 de xullo de 2019.

Que en consecuencia, estando ámbalas partes comprometidas e de conformidade nos mesmos obxectivos, acordan para os efectos oportunos subscribir un convenio de colaboración suxeito ás seguintes:

CLÁUSULAS

PRIMEIRA.- A asociación cultural 'XIRIA', coorganizará co Concello de Cangas a 'XXXVI

CUARTO.- Que, se ben o procedemento ordinario de concesión de subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, segundo o artigo 19 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderán concederse de forma directa as seguintes subvencións:

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

TERCEIRO.- Que a asociación cultural 'XIRIA', organiza a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas desde a súa creación, no ano 1984, sendo o festival teatral máis antigo e un dos mais prestixiosos entre os que se celebran en Galicia.

MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS'.

SEGUNDA.- O Concello de Cangas comprométese a:

1. Aportar a cantidade de quince mil euros (15.000,00 €) á asociación cultural 'XIRIA', para o desenvolvemento da 'XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS'.

2. Aboar en concepto de pago anticipado, de acordo co previsto no artigo 31.6 da da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, un total de doce mil euros (12.000,00 €). Non se esixirá garantía.

TERCEIRA.- A asociación cultural 'XIRIA' comprométese a:

1. Executar no desenvolvemento da 'XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS', o orzamento elaborado que se adxunta a este convenio. 2. Someterse ás actuacións de comprobación e organización que os órganos competentes do Concello realicen respecto da xestión da solvencia e especificamente no relativo á realización de espectáculos e actividades.

3. Notificar ao Concello calquera modificación que se pretenda realizar no proxecto inicialmente presentado, que deberá ser autorizado previamente.

4. Facer constar de forma clara que a actividade está subvencionada ou patrocinada polo Concello, nos exemplares dos programas, carteis, convocatorias de actividades e en toda a información gráfica, escrita e sonora que se realice con motivo do programa.

CUARTA.- A asociación cultural 'XIRIA', comprométese así mesmo a presentar no Concello de Cangas, no prazo de 90 días posteriores á finalización do evento, os documentos acreditativos da xustificación da subvención, que incluirán memoria detallada do programa da actividade desenvolvida, orzamento de ingresos e gastos realizados e facturas orixinais xustificativas dos gastos, nos termos dispostos no artigo 28 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

QUINTA.- Establécese a obrigación por parte da asociación cultural 'XIRIA', de reintegrar os fondos no suposto de incumprimento dos requisitos e obrigacións establecidas no presente convenio e, en todo caso, nos supostos regulados no artigo 33 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009 e nos artigos 74 a 76 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

SEXTA.- No non previsto neste convenio estarase ao disposto na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e no Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

En proba da súa conformidade, asinan as partes o presente convenio por duplicado, en Cangas, febreiro de 2019.

Polo Concello de Cangas Pola Asociación Cultural XIRIA

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

O ALCALDE

Asdo.: Xosé Manuel Pazos Varela

A PRESIDENTA

Asdo.: M. X. M. A.”.

Ratificación da inclusión na orde do día e declaración da urxencia: de conformidade co sinalado no art. 91.4 e 97.3 do Rd 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes acorda declarar a urxencia e a ratificación da inclusión deste punto na orde do día.

Favorable

A Xunta de Goberno Local acorda aprobar integramente a seguinte proposta de data 14.02.2019 da concelleira de servizos, referente a solicitude de prórroga no prazo de xustificación do axuda concedida pola Deputación de Pontevedra para a elaboración do Plan de Mobilidade Sostible, que é como segue:

"Que formulada solicitude de subvención á Deputación de Pontevedra ao abeiro das bases publicadas no BOPPO nº 221, de data do 17.11.2017, pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións a concellos da provincia de Pontevedra destinadas a elaboración de plans de mobilidade sustentable polo importe de vinte mil euros (20.000,00 €).

Que visto o acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, de data do 13 de abril de 2018, de concesión de axuda polo importe de vinte mil euros (20.000,00 €), para a execución do proxecto solicitado.

Que visto o retraso no proceso de licitación pola súa complexidade.

Establecendo a cláusula décima das bases, que os beneficiarios deberán ter executadas as actuacións para as que se conceden as axudas nun prazo de doce (12) meses desde a publicación do acordo de Resolución (13.04.2018).

Propoño á Xunta de Goberno Local:

* Solicitar unha prórroga do prazo de execución, da subvención concedida para a elaboración do Plan de mobilidade sustentable no Concello de Cangas, de cinco (5) meses, ata o 30 de novembro de 2019 e prazo de xustificación do gasto ata o 31 de decembro de 2019".

Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850

Expediente 7236/2017. Solicitude de prórroga no prazo de xustificación do axuda concedida pola Deputación de Pontevedra para a elaboración do Plan de Mobilidade Sostible (Urxencia)

Non hai asuntos

Non hai asuntos

C) ROLDA DE INTERVENCIÓNS LIBRES

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850