a danza dos esqueletos

3
A DANZA DOS ESQUELETOS Un bufo está sentado nunha vella árbore, unha noite de vento e de tronos, onde se asusta cunha rama, pensando que é unha man sinistra. A continuación, o reloxo da igrexa do cemiterio, marca as doce da noite. Os morcegos e as arañas saen dos seus fogares, os lobos ouvean e os gatos miañan e pelexan. Pero aparece un grande e branco esqueleto, que fai que os gatos se asusten.O esqueleto fai soar os seus dentes, e ponse a andar por todo o cemiterio. O bufo asusta ao esqueleto e este tíralle o seu cránio, como resposta. Despois o esqueleto atópase con tres compañeiros máis que empezan a bailar a danza do esqueleto. Un dos esqueletos transforma ao seu compañeiro nun xilófono, mentras tanto outro esqueleto usa un óso e a un gato como contrabaixo e o último esqueleto, move os seus xeonllos e da golpes no cu. Despois de escoitar estes diferentes e divertidos ruidos dos esqueletos, un galo avísalles de que pronto vai amencer e antes de que a luz do sol os atrape, os esqueletos agóchanse nun vello e baleiro cadaleito, e durmen tranquilamente. ACTIVIDADES TERRORÍFICAS 1. Onde e cando ten lugar a acción? ……………………………………………………………………………………………. 2. Cales son os personaxes? …………………………………………………………………………………………. …………………………………………………………………………………………. 3. Cántos esqueletos aparecen no texto? …………………………………………………………………………………………. 4. Nomea dous instrumentos musicais que aparecen no texto. …………………………………………………………………………………………. 5. Por que se agochan ao final os esqueletos? ………………………………………………………………………………………….

Upload: maria-jose-rodriguez

Post on 16-Aug-2015

461 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: A danza dos esqueletos

A DANZA DOS ESQUELETOS

Un bufo está sentado nunha vella árbore, unha noite de vento e de tronos, onde se asusta cunha rama, pensando que é unha man sinistra. A continuación, o reloxo da igrexa do cemiterio, marca as doce da noite. Os morcegos e as arañas saen dos seus fogares, os lobos ouvean e os gatos miañan e pelexan. Pero aparece un grande e branco esqueleto, que fai que os gatos se asusten.O esqueleto fai soar os seus dentes, e ponse a andar por todo o cemiterio. O bufo asusta ao esqueleto e este tíralle o seu cránio, como resposta. Despois o esqueleto atópase con tres compañeiros máis que empezan a bailar a danza do esqueleto.

Un dos esqueletos transforma ao seu compañeiro nun xilófono, mentras tanto outro esqueleto usa un óso e a un gato como contrabaixo e o último esqueleto, move os seus xeonllos e da golpes no cu.

Despois de escoitar estes diferentes e divertidos ruidos dos esqueletos, un galo avísalles de que pronto vai amencer e antes de que a luz do sol os atrape, os esqueletos agóchanse nun vello e baleiro cadaleito, e durmen tranquilamente.

ACTIVIDADES TERRORÍFICAS

1. Onde e cando ten lugar a acción?

…………………………………………………………………………………………….

2. Cales son os personaxes?

………………………………………………………………………………………….

………………………………………………………………………………………….

3. Cántos esqueletos aparecen no texto?

………………………………………………………………………………………….

4. Nomea dous instrumentos musicais que aparecen no texto.

………………………………………………………………………………………….

5. Por que se agochan ao final os esqueletos?

………………………………………………………………………………………….

6. Rodea con verde os puntos e seguido, con vermello o punto e aparte e con amarelo o punto final do texto.

Page 2: A danza dos esqueletos

7. Atopa as palabras que correspondan ás seguintes definicións:………………………….conxunto de ósos que sosteñen o corpo dos vertebrados.………………………….instrumento musical de percusión.………………………….macho da galiña. ………………………….instrumento para medir o paso do tempo e indicar a hora.

8. Ordena alfabéticamente as seguintes palabras:

esqueleto, bufo, sol, amencer, noite, cemiterio, danza, vento, man,cranio, gato, igrexa

……………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………….

9. Atopa no texto dúas palabras de cada clase:

monosílabas ………………………………………………………..bisílabas ……………………………………………………………..trisílabas…………………………………………………………….polisílabas……………………………………………………………

10.Separa en sílabas as seguintes palabras e rodea a sílaba tónica.

morcego …………………………………………..

árbore……………………………………………

bufo…………………………………………………

xilófono…………………………………………….