28 de agosto -barrios deportivo

16
Número: 124- Ano: VII - 27 de agosto de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. FÚTBOL SALA Páx. 6-7 ATLETISMO Páx. 12-13 A ACB reúnese en asamblea extraordinaria o vindeiro 31 de agosto para tratar a inclusión do COB na Liga Endesa./RAMSÉS. XADREZ Páx. 14 BTT Páx. 9 FÚTBOL Páx. 10-11 Hugo Blanco será o coordinador de proxectos deportivos da LFP [Páx. 2] [páx. 3 e 4] A ACB ratificará ao COB

Upload: barrios-deportivo

Post on 23-Jul-2016

242 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Despois do verán regresa o Barrios Deportivo. A portada deste número céntrase no COB, á espera da súa ratificación en ACB, e no ex xerente do Consello Municipal de Deportes, Hugo Blanco, que inicia nova etapa na Liga de Fútbol Profesional.

TRANSCRIPT

Page 1: 28 de agosto -Barrios Deportivo

Número: 124- Ano: VII - 27 de agosto de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

FÚTBOL SALA Páx. 6-7 ATLETISMO Páx. 12-13

A ACB reúnese en asamblea extraordinaria o vindeiro 31 de agosto para tratar a inclusión do COB na Liga Endesa./RAMSÉS.

XADREZ Páx. 14BTT Páx. 9 FÚTBOL Páx. 10-11

Hugo Blanco será o coordinador de proxectos

deportivos da LFP [Páx. 2]

[páx. 3 e 4]

A ACB ratificará ao COB

Page 2: 28 de agosto -Barrios Deportivo

� BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

NOVAS

Hugo Blanco fai un balance positivo dos once meses que estivo como xerente do Con-sello Municipal de Deportes./RAMSÉS

O fillo de Manolo Arnoia, Manuel Vázquez; a presidenta da S.D.C. Arrabaldo, Chus Colmenero; o edil de Deportes de Ourense, Mario Guede; e un dos organizadores do evento, Pablo González, durante a presentación do torneo./R.T.

Os equipos xuvenís de Pabellón e Celta son dous dos par-ticipantes na cita./RAMSÉS

Blanco iniciou proxectos como a remodelación do anexo e do ximnasio

Redacción

Este sábado o campo do Seixo de Santa Cruz de Arrabaldo será a sede da sétima edición do Tor-neo Memorial Manolo Arnoia de fútbol xuve-nil.

O cartel deste ano está conformado polo Pabe-llón e os conxuntos gale-gos do Celta e Deportivo, ademais do vixente cam-pión, o Real Madrid.

CruceO evento disputarase

en formato semifinal e final. Ás de 10 horas dis-putarase a primeira semi-final entre o Pabellón e o Real Madrid. Acto segui-do, sobre ás 11:50 cele-brarase o encontro entre o Pabellón e o Celta.

Xa pola tarde, 17:30 ho-ras, disputarase o partido polo terceiro e cuarto pos-to entre os perdedores das dúas semifinais. E ás 19:30 horas, mediranse os ven-cedores para determinar quen é o campión desta sé-tima edición do Memorial

Pabellón, Real Madrid, Celta e Deportivo, no VII Torneo Manolo Arnoia4 Disputarase este sábado no campo do Seixo de Santa Cruz de Arrabaldo.

Manolo Arnoia.

EntradasA entrada a cada partido

ten un custo de 3 euros, e pódese adquirir un bono por 5 euros para presen-ciar todos os encontros da competición.

R. Torres

Menos dun ano despois de aterrar no Consello Municipal de Deportes (CMD) como xerente, Hugo Blanco Pita marcha á Liga de Futbol Profesio-nal. O seu cometido será o de coordinar proxectos de-portivos a nivel nacional e internacional.

Unha gran preparación académica (é doutor en Ciencias da Actividade Fí-

sica e o Deporte pola Uni-versidade da Coruña) foi o que lle abriu as portas a este proxecto, despois dun duro proceso de entrevis-tas que durou dous meses.

Satisfacción e penaBlanco marcha con toda

a ilusión do mundo para acometer esta nova aven-tura laboral, na que como el mismo di: “aprenderei rodeado dos mellores pro-fesionais”.

Pola contra, deixar a xe-rencia do CMD apénao. Cómodo no seu cargo, nos 11 meses que estivo no pavillón dos Reme-dios iniciou unha serie de proxectos que aínda non están rematados -como a

O xerente do Consello Municipal de Deportes vaise á Liga de Fútbol4 Hugo Blanco será o coordinador de proxec-tos deportivos da Liga de Fútbol Profesional.

remodelación de anexo e ximnasio, entre outros-. “Van polo bo camiño”, afirma o xa ex xerente, que augura catro anos moi bos para as insta-lacións deportivas do CMD ás que lle agardan “posibilidades de refor-mas moi importantes” e ás que el denomina como “as grandes olvidadas dos últimos anos”.

ViaxesParte do seu traballo

na Liga levarao a viaxar por todo o mundo. Isto non lle impedirá visitar, cando llo permita o seu posto, á familia, aos seus amigos e a súa terra na-tal.

Page 3: 28 de agosto -Barrios Deportivo

BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

3BALONCESTO

R. Torres

Como cada verán Ourense ten o seu cule-brón deportivo. Este ano tocou a inclusión ou non do Club Ourense Balon-cesto na Liga Endesa despois de acadar o as-censo na cancha.

Tras case tres me-ses desde que gañara ao Breogán de Lugo no quinto partido de playoff de ascenso aparece a luz ao final do túnel. O 31 deste mes a ACB reúnese de xeito extraordinario para analizar a inclusión do COB na vindeira tem-pada da Liga Endesa. Anteriormente impedi-ran inscribir ao equipo ourensán na Asociación de Clubs de Balonces-to alegando que estaba en causa de disolución. Ante este traspés, a di-rectiva optou por acudir ao Consello Superior de Deportes (CSD) para que resolvera. Este deulle a razón ao Ourense e admi-tiu o recurso. Polo tanto, e se nada se torce, o Club Ourense Baloncesto será equipo da máxima cate-goría española 14 anos despois.

MovementosUnha vez admitido o

recurso do CSD, o club comezou a mover ficha e o primeiro que fixo foi ampliar o seu organigra-ma. Así, Germán Ro-dríguez-Sáa dirixirá as áreas de comunicación e márketing. Pablo Álvarez será o director de márke-ting e Roi Rodríguez o xefe de prensa. José Luis

Vázquez Fernández será o webmaster e o encargado das redes sociais. E Carlos Domarco será o fotógrafo oficial do club nos parti-dos do Paco Paz.

Renovacións e incor-poracións

En canto á plantilla, tres son os homes que segui-rán ás ordes de Gonzalo García de Vitoria: Pedro

Rivero e Guillermo Rejón xa firmaron a renovación, mentres que Salva Arco vai encauzando as nego-ciacións.

No que respecta ás no-vidades dúas xa están confirmada: Kyle Fogg e Nemanja Jaramaz. Fogg é un base de 1,90 que xogou a pasada tempada no Ant-werp Giants da liga belga, promediando máis de 15

O COB móvese pensando na Liga Endesa4 O 31 de agosto deben de ratificar ao conxun-to ourensán como equipo da ACB.

puntos por partido. Antes, o estadounidense xogara en Finlandia e formouse na Universidade de Ari-zona.

Pola súa banda, Jara-maz mide dous metros e provén do Cgepge Turow, subcampión da liga pola-ca, xogando tamén a Euro-liga. Cun promedio de 8,4 puntos, �,8 rebotes e �,1 asistencias, as súas estatís-ticas foron algo mellores na competición europea (9.5 puntos e 2,9 rebotes).

Outros xogadores que están na órbita do COB son o galego Jonathan Barreiro (Real Madrid) e Tomás Fernández. Outro xogador que interesa é o nixeriano Ike Ofeogbu, aínda que parece que as negociacións enfriáronse nas últimas datas e o máis seguro é que non recale na vella Auria.

Amistosos de pretem-pada

De cara a gañar forma para unha liga que se pre-vé moi competitiva, o club ourensán xa ten fixados varios amistosos no calen-dario. A intención é xogar entre seis e oito partidos neste mes e medio que res-ta ata o inicio ligueiro.

O primeiro partido de pretempada quéreno dis-putar antes do 14 de se-tembro, pero a data e o ri-val aínda están sen pechar. O 15 dese mes, o COB podería disputar un parti-do a porta pechada contra o Madrid.

O que si está confirmado é a participación do COB na Copa Galicia, que terá lugar en Ourense os días 18 e 19 de setembro. Os ourensáns sumarán un ou dous encontros -en fun-ción dos resultados- á súa preparación.

O �5 setembro está con-firmada a participación do equipo da nosa cidade no Trofeo Teresa Herrera fronte ao anfitrión, o Ley-ma Coruña.

E o 30 de setembro viaxarían ao Porto para disputar un partido amiga-ble contra o equipo luso.

Finalmente, a presenta-ción do equipo ourensán ante a súa afección, antes de iniciarse a tempada, se-ría o 4 de outubro, contra Sevilla. A previsión é que a Liga comece na segunda fin de semana de outubro.

Redacción O presidente da Deputa-

ción de Ourense, Manuel Baltar, recibiu á xogado-ra de baloncesto ourensá campioa de Europa, Paula Ginzo, no Pazo Provincial. Tras formarse en Carmeli-tas, a ourensá Paula Ginzo é actualmente xogadora do equipo Segle XXI (de Liga Feminina �). For-mando parte da selección española feminina sub-18 proclamouse este agos-to campioa de Europa no Zlatorog Sport Centre de Celje (Eslovenia) tras de-rrotar na final a Francia (60-76).

Durante o encontro Ma-nuel Baltar, ademais de fe-licitar a Paula Ginzo polo campionato de Europa, re-

coñeceu “a traxectoria e éxitos deportivos dunha verdadeira campioa”.

O baloncesto feminino en Ourense, tal e como manifestou o presiden-te provincial, “ten un gran pasado, bo presen-te, e magnífico futuro con persoas como Paula Ginzo que se converten en referentes para a mo-cidade ourensá”. E, nesa mesma liña engadiu, “o ascenso do COB á Liga ACB, ratifica a impor-tancia deste deporte na nosa provincia”.

Manuel Baltar salien-tou a actitude e aptitudes de Paula Ginzo, que foi determinante nun depor-te de equipo como o ba-loncesto que fala alto e claro de valores como a disciplina, o sacrificio e a competitividade.

Recepción no Conce-llo de Ourense

Na mesma xornada, Paula Ginzo tamén pa-sou polo Concello de Ourense, onde foi reci-bida e felicitada polo seu triunfo no Europeo polo alcalde, Jesús Vázquez, e máis o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa.

Baltar felicita a Paula Ginzo polo Europeo4 A xogadora de baloncesto ourensá milita na Selección Española Feminina sub-18.

Manuel Baltar recibiu a Paula Ginzo na Deputación.

Nemanja Jaramaz súmase á plantilla do COB e Guiller-mo Rejón repite nas filas cobistas.

O base Kyle Fogg, primeira fichaxe do COB.

Pedro Rivero asinou a súa renovación./ARQUIVO.

O club prevé presentarse ante a súa afección o 4 de outubro, cun partido fronte ao Sevilla

Paula Ginzo milita actualmente no Segle XXI de Liga Feminina 2

A selección española feminina sub-18 proclamouse campioa de Europa en Eslovenia, tras vencer a Francia

Page 4: 28 de agosto -Barrios Deportivo

4 BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

BALONCESTO

O COB presenta a súa campaña de abonos4 O club recorda vitorias míticas do seu anterior paso por ACB para animar aos afeccionados a facerse socios.

“Únete ao #Fon-doAzul” é o nome da campaña coa que os Sia-reiros Cobistas buscan consolidar o movemento de apoio ao COB xerado no playoff de ascenso a ACB.

Os afeccionados de Club Ourense Balon-cesto que se afilien a Siareiros Cobistas pode-rán gozar de beneficios como a nova camiseta para a tempada �015/16, así como outros artigos de promoción a prezo de custo. Tamén permite un desconto do 10% no carné do COB, que para o caso dun carné xeral supón �5 euros de des-conto.

A peña tamén ofrece a posibilidade de organi-zar un desprazamento a Madrid para presenciar o partido Estudantes-COB

de liga regular con prezos populares, “sempre que se reúna un mínimo de afec-cionados e o encontro teña lugar en fin de semana”.

Facerse socio de Siarei-ros Cobistas tamén dá de-reito a participar na Porra e no Supermanager ACB así como o resto de con-cursos - con premios- que organice a peña durante a tempada, do mesmo xeito que participar en todas as actividades sociais que se organicen.

Para sumarse a Siareiros Cobistas só hai que estar libre os días de partido e “ter ganas de animar, de facer ruído e pasalo ben”. O prezo para unirse a Sia-reiros Cobistas é de 15 euros para os socios anti-gos e �5 euros para os no-vos socios, que ademais da camiseta tamén recibirán unha bufanda.

4 Os Siareiros Cobistas tamén buscan socios

Siareiros Cobistas animando no playoff./RAMSÉS.

Un dos anuncios cos que o COB busca que os ourensáns se fagan socios esta tempada.

Redacción

“Volvemos a ACB... e teñen medo!” é o eslo-gan co que Club Ourense Baloncesto quere captar socios nesta nova etapa na máxima categoría do baloncesto español. Nela recordan vitorias míticas do club no seu anterior paso pola liga ACB, como o Murcia 78 - COB 79 ou o Real Madrid 69 - COB 75 da tempada 94/95.

Polo momento os abonos aínda non saíron á venda, pero si se coñecen as dife-rentes modalidades. Así, os prezos por facerse socio do COB oscilan entre os 300 euros de pista río e os 75 euros do carné infantil. En grada xeral ver os par-tidos en casa do COB cus-tará �50 euros, cantidade que se reduce a �00 euros para os xubilados e a 150 euros para mozos entre 15 e �5 anos.

Ademais, o Club Ouren-se Baloncesto oferta des-contos para os integrantes de peñas (10%), e para familias (un desconto do 5%, o 10%, e o 15%, para dous, tres ou catro abonos, respectivamente).

O Club Ourense Ba-loncesto incorpora ao mozo Xabi Arriaga para o seu filial de liga EBA.

Procedente da canteira do Estudantes de Madrid, o vasco Xabier Arriaga Alonso (11/04/1997) é novo xogador do Club Ourense Baloncesto, onde xogará no filial de liga EBA, que a día de hoxe conta xa con sete xogadores en plantilla (Martín Rodríguez, Isma Fernández, Martín Rego, Cristian Iglesias, Pablo Sánchez e Bob Van Zi-jverden).

Con �.0� metros de al-tura, Arriaga é un xoga-dor rápido e polivalente, con bo manexo de balón e capaz de achegar rebote e tiro. En Ourense dispu-tará a súa primeira tem-

pada como sénior xogando ás ordes de Juan Norat nun filial que, a falta de pechar as últimas incorporacións, conta con tres ourensáns e unha media de idade de 19.7 anos, mostrando unha clara aposta polo fu-turo por parte da dirección de canteira do club.

Sobre os seus obxecti-

vos e expectativas sobre a próxima tempada Xabi conta que a súa inten-ción é “mellorar física e tecnicamente, axudar ao equipo coas miñas habi-lidades e demostrar que o COB non se equivoca ao apostar por min. Aín-da así, o que seguro podo prometer é traballo, tra-ballo e traballo. Espero sentirme como en casa, pertencer a un bo gru-po e gozar co equipo, deixándoo o máis alto posible na táboa a final de ano”.

O COB B iniciará a tempada �015/16 no Pazo dos Deportes Paco Paz o 1 de novembro ante o Grupo Inec Quesos Za-morano, e rematará o 30 de abril no mesmo esce-nario ante o Chantada.

4 O filial incorpora a Xabi Arriaga

Xabier Arriaga procede da canteira do Estudiantes.

Os abonos oscilarán entre os 300 euros de pista río e os 75 euros do carné infantil

Tamén ofrecerá descontos para peñas, xubilados e familias

Page 5: 28 de agosto -Barrios Deportivo

BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

5BALONCESTO

Redacción

Os días 5 e 6 de setem-bro celébrase en Luintra a terceira edición do tor-neo de baloncesto Ribei-ra Sacra. Será un trofeo no que estarán presen-tes o Ponce Valladolid (A e B), o Vilagarcía e o Carmelitas (A e B), e disputarase no pavillón municipal de Nogueira de Ramuín.

HorariosOs primeiros encontros

(sábado 10.15 horas) en-frontarán ao Carmelitas A contra o Carmelitas B de categoría infantil. Ás 12.15 horas disputarase o encontro que medirá ao Codigalco Carmelitas co Vilagarcía.

Xa pola tarde, a partir das 15.30 horas disputa-ranse os choques infantís entre Ponce Valladolid A e Ponce Valladolid B; Carmelitas B e Ponce

Valladolid A; Carmelitas A e Ponce Valladolid B e Carmelitas B e Ponce Va-lladolid B.

Para as 18.15 horas está previsto o partido entre as cadetes do Ponce Vallado-lid e o Vilagarcía.

O prato forte desta xor-nada terá lugar ás �0.15 horas co encontro dos equipos sénior do Codi-galco Carmelitas e o Pon-ce Valladolid.

Xa para o domingo que-darán dous partidos. Ás 10.15 horas o Carmelitas A verase as caras co Pon-ce Valladolid A (infantil) e ás 12, e como peche de torneo, terá lugar o partido cadete entre o Codigalco Carmelitas e o Ponce Va-lladolid.

O Torneo Ribeira Sacra chega á terceira edición4 Disputarase en Nogueira de Ramuín os días 5 e 6 de setembro.Redacción

Finalmente sucedeu. O Pabellón Ourense, que militaba en Liga Feminina �, baixa dúas categorías para competir na tempada �015-�016 na Liga Auto-nómica.

Durante o verán, a que fora a presidenta do club, Carmen Limia, dimitía das súas funcións, ao verse imposibilitada para sacar adiante ao equipo. Falta de apoios económicos, tan-to das institucións como da empresa privada, era o principal motivo que daba Limia para tomar a deci-sión.

No mes de xullo, o club tivo a posibilidade de manterse en LF� un ano

máis; pero nin tan seque-ra puideron facer fronte ao aval da competición -14.000 euros-, e moito menos poder confeccionar

unha plantilla con garan-tías. Con este panorama buscaron a posiblidade de competir na categoría que lle correspondía tralo des-censo: Primeira Nacional; pero outra vez os gastos da competición (similares aos de Liga Feminina �) eran un obstáculo infran-queable.

Así, a decisión tomada finalmente foi a de baixar dous chanzos e militar este ano en Autonómica.

Proxecto novoO que foi o último ades-

trador do Pabellón Ouren-se, Benjamín Rodríguez, continuará dirixindo ao equipo sénior. Para Rodrí-guez a decisión de baixar de categoría é froito “da imposibilidade de xogar máis arriba”. O que si tiña claro o técnico é que o club “tiña que ter un equi-po sénior como fora” e “ir sacando a xogadoras das

categorías inferiores”. Rodríguez considera que esta será unha tempa-da “de axustes” na que “competiremos o máxi-mo posible”. “Queremos estar en Autonómica e subir cando se poida, pero sempre cos pés no chan”, sentenza o míster do Pabellón Ourense.

EquipoEn principio, dúas son

as caras do ano pasado que continuarán nas filas do Pabellón: Laura Pa-tao e Sara García. Xunto a elas, o que pretende o adestrador é contar con xogadoras que estiveron no club anteriormente e que xa non estaban en activo; así como sumar efectivos da categoría júnior.

Carmelitas e Cam-pus

O Pabellón Ourense coincidirá en Autonó-mica con outros dous equipos ourensáns. O Campus Ourense, que xa é un clásico na com-petición, e o Codigalco Carmelitas, que se incor-pora esta ano á categoría para darlle unha opción de futuro á súa base.

Con este último o Pabellón coincidiu en LF2. A finais de 2012 o club colexial suprimía ao seu equipo sénior ao non ter cubertos os gas-tos da tempada. Catro anos despois Pabellón e Carmelitas volven en-frontarse, pero, lamenta-blemente, dous chanzos máis abaixo.

O Pabellón Ourense competirá en Autonómica4 Coincidirá con outros dous conxuntos ouren-sáns: Codigalco Carmelita e Campus.

Laura Patao e Sara García son as únicas xogadoras que continuarán

Ponce Valladolid, Carmelitas e Vilagarcía son os participantes

Sara García entrando a canastra nun encontro da tempa-da pasada./RAMSÉS.

O equipo sénior do Carmelitas medirase co Ponce Va-lladolid o sábado 5 ás 20.15 horas./ARQUIVO.

Benjamín Rodríguez continuará sendo o adestrador do equipo sénior do Pabellón Ourense en Autonómica./R.T.

Page 6: 28 de agosto -Barrios Deportivo

6 BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015 FÚTBOL SALA

4 Xornada 1 - 19 de setembroAlcorcón - PoioRubí - MajadahondaElche - BurelaRioja - OrvinaFerrol - AlicanteMóstoles - GironellaRoldán - Ourense EnvialiaCidade As Burgas - Futsi

4 Xornada 2 - 26 de setembroPoio - Cidade As BurgasMajadahonda - AlcorcónBurela - RubíOrvina- ElcheAlicante - RiojaGironella - FerrolOurense Envialia - MóstolesFutsi - Roldán

R. Torres

O Ourense Envialia foi o primeiro equipo ourensán da Primeira División de fútbol sala que comezou a pretempada. Dúas sema-nas despois de comezar cos adestramentos o equipo dirixido este ano por José Carlos Martín, Chipi, xa tivo o seu primeiro amiga-ble. E foi unha pedra de to-que, xa que diante estaba o Burela, terceiro clasificado da Liga e subcampión da Copa de España da pasada campaña. Venceu 3-1.

O partido tivo desde o comezo un alto ritmo, típi-co durante a tempada dos dous equipos, pero a pouca rodaxe das xogadoras fixo que houbera numerosas imprecisións. O primeiro

en golpear foi o Burela. Shiori anotou o primeiro tanto do encontro. Antes do descanso Sara Moreno lograba a igualada.

Na segunda metade as ourensás destapáronse e lograron dous tantos máis. Moreno cedeu á nova fi-chaxe do Envialia, Andrea Carid ‘Spi’, para que esta batera á porteira rival. O terceiro gol xerminou cun-ha presión de Sara More-no, que logrou roubar o balón e cederllo a Laura Fernández, para que esta anotara, a pracer, o tercei-ro na conta do Ourense.

FutsiO mércores disputaron

o segundo amigable, nes-ta ocasión contra o actual campión de Liga, o Futsi,

en terras madrileñas. As ourensás caeron derrota-das por dous goles a un.

Máis amigablesEste mesmo sábado, no-

vamente na cancha central dos Remedios -17h- as al-binegras disputarán o ter-ceiro dos amigables. Nesta ocasión o rival será o Cha-ves de Portugal. Para o 5 de setembro desprázanse ata Ferrol para xogar con-tra o Valdetires e unha se-mana antes de que comece a Liga regresan aos Reme-dios para recibir ao Poio.

LigaA Liga en Primeira Di-

visión comeza o 19 de set-embro e as ourensás teñen un complicado despraza-mento ata terras murcia-

O adestrador José Car-los Martín, Chipi, chega a Ourense con moita ilu-sión e con ganas de ada-partarse o antes posible ás súas novas xogado-ras. Chipi apostará pola intensidade defensiva, signo de identidade do Ourense Envialia dos últimos anos. A variante que quere acometer no esquema o técnico coru-ñés é presionar con efica-cia tanto á saída do balón

da portaría contraria como en propia cancha. “Temos que saber que nos convén en cada ocasión”, avisa o adestrador.

Outra das señas das ourensás, e ao que non van renunciar, é o toque e cir-culación de balón. “O que queremos é levar o ritmo dos partidos”, asegura un Chipi que ve na planti-lla do Ourense Envialia a “xogadoras moi compro-metidas”.

Ourense Envialia, vitoria contra Burela no primeiro amigable4 No segundo encontro caeu contra o Futsi por 2-1.

José Carlos Martín, Chipi, novo adestrador.

4 As mesmas señas, pero con estilo propio

nas para enfrontarse ao Roldán.

Chipi e SpiChipi é o novo adestra-

dor do Ourense Envialia. Vén de adestrar a pasada tempada ao Viaxes Ama-relle, equipo que militou na Primeira División e descendeu de categoría ao rematar antepenúlti-mo. Con el chega a xoga-dora Andrea Carid ‘Spi’, quen firmou seis tantos coa camiseta do conxun-to herculino.

O Ourense Envialia desprázase a Murcia na primeira xornada de Liga

Plantilla do Ourense Envialia para a tempada 2015/16.

Page 7: 28 de agosto -Barrios Deportivo

BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

7

O Cidade enfróntase a esta tempada cun equipo moi similar ao da anterior./M.REJO.

FÚTBOL SALA

R. Torres

O Cidade As Burgas recarga as pilas para o inicio de Liga na Primei-ra División. Na primeira xornada recibe ao vicen-te campión, Atlético de Madrid Futsi. Un partido que enfronta o sábado 19 de setembro nos Reme-dios aos dous mellores equipos da pasada tem-pada: o Futsi como ac-tual campión e o Cidade como subcampión.

Para chegar en plenas condicións a esta esixen-te primeira xornada as pupilas de Manolo Co-deso levan dúas semanas

de adestramentos. Despois de que regresaran as inter-nacionais Vanessa Sotelo, Iria Saeta e Ana López, o técnico conta con toda a plantilla nesta pretempa-da.

AmigablesO primeiro partido de

preparación para as ouren-sás será este mesmo sába-do fronte ao Valdetires -re-cén ascendido á Primeira División- en Ferrol. Sete días despois desprazaran-se ata Viana do Castelo para xogar dous partidos; o sábado 5 contra o Santa Lucía e o domingo 6 fron-te o Chaves.

O Cidade carga as pilas para o inicio de Liga4 Na primeira xornada recibe ao campión da tempada pasada, o Futsi.

Arranca o Sala Ourense

R. T.

O Sala Ourense Prols-port estase a tomar en serio o ascenso de categoría. De xogar a pasada campaña no grupo sur da Liga Ga-lega este ano dará o salto á Segunda División B. Na cancha ascendera á Tercei-ra, pero durante o verán ofreceuselle a posibilida-de de subir unha categoría máis e xogar este ano na división de bronce nacio-nal (�ª B). O club aceptou a proposta.

PretempadaA pretempada está a

ser do máis positiva. Con 14 sesións nas costas dos xogadores o corpo técnico ten preparado catro ami-gables antes de que rode o balón na Liga.

O sábado 5 de setembro terá lugar o partido de pre-

4 O Sala Ourense Prolsport afronta con moi-ta ilusión esta nova tempada na Segunda B.

sentación diante dos seus afeccionados; será contra o Santiago Futsal (Primei-ra División) a partir das 19 horas na cancha central do pavillón municipal dos Remedios.

O mércores 9, primeiro partido oficial da tempa-da; a Copa Xunta entra en escena co partido entre os ourensáns e o Xove Lago (equipo co que comparte categoría) na cancha deste.

Seguindo coa Copa Xunta, o 1� de setembro (sábado) o Sala Ouren-se recibirá nos Remedios (19.30) ao equipo da Ga-lega Norte, Riazor -equipo ao que venceu no playoff de ascenso á Terceira Di-visión-. E o mércores 30, coa Liga xa comezada, os pupilos de Aitor Álvarez e Víctor Sousa visitarán ao Narón, conxunto da Se-gunda División.

LigaO sábado 19 de setem-

bro disputase a primeira xornada de Liga. O Sala Ourense desprázase ata Valladolid para enfron-tarse ao Universidade de Valladolid.

EquipoSeguirán no equipo

Rubén, Guerra, Fente, Andrés, Alli, Rodri, Mar-tín, Dario, Luís, Capi e Tizón. Incorpóranse este ano Iago “maravillas” (do filial), Álex (Sporting Manzaneda F.S.), Raúl Rivero (Carballiño F.S.), Carballo (do Ourense C.F.) e Carracedo (A Vei-ga).

O 19 de setembro comeza a Liga contra o Valladolid

O sábado 1� será a pre-sentación do equipo diante dos seus afeccionados; o Cidade de Pontevedra será o rival no Trofeo Cidade das Burgas.

Copa XuntaO mércores 16 de se-

tembro xogarán o primeiro partido da Copa Xunta con-tra o Fisober en Vimianzo e o �3 -mércores- na casa diante do Estrada.

En medio dos partidos de Copa Xunta o primeiro encontro de Liga contra o citado Futsi.

As franxiverdes tentarán repetir a grandísima tem-pada do curso pasado.

Page 8: 28 de agosto -Barrios Deportivo

8 BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

POLIDEPORTIVO

R.T.

A pasada fin de semana disputabase no concello da Bola a X Subida ao Furriolo. Nesta edición, o piloto asturiano Javier Vi-lla, aos mandos dun BRC B49, foi o máis rápido de cantos pilotos disputaron a proba.

O asturiano logrou im-poñerse nas catro mangas disputadas aventaxando en sete segundos ao se-gundo clasificado, Alexis Viéitez (Fórmula Outeda). Terceiro foi o ourensán César Rodríguez (BRC 49). Entre Viéitez e Ro-dríguez tan só houbo 137 milésimas de diferenza a favor do primeiro.

Das catro pasadas cada piloto sumaba os dous

mellores tempos (o me-llor da primeira xornada e o mellor da segunda), para obter o tempo final de cada participante.

CarrozadosEn canto aos carroza-

dos, o primeiro foi o Audi Quattro DTM de José An-tonio López Fombona, re-matando sexto da xeral.

O segundo dos carroza-dos foi José Antonio Igle-sias (Lancer Evo VIII), situándose undécimo na clasificación. E terceiro, Diego Gómez Castro (Re-nault Megane Trophy), sendo décimo cuarto da xeral.

RécordEste ano o piloto astu-

riano e vencedor da proba bateu o récord da subi-da, deixándoo agora en � minutos, �5 segundos e 907 milésimas. O trazado consta de cinco quilóme-tros cunha pendente que oscila entre o 5 e o 7,5%.

GalegoEsta é a quinta proba

puntuable para o Campio-nato de Galicia de montaña. A do Furriolo está organi-

Javier Villa, o mellor no Furriolo4 O piloto asturiano logrou o mellor tempo nas catro subidas.

zada pola Escudería Ce-lanova Motor; e discorre pola estrada OU-531 que une o concello da Bola e o alto do Furriolo.

A proba disputada no concello da Bola é a quinta puntuable para o Campionato de Galicia de montaña./I.OSORIO.

A pesar das inclemencias meteorolóxicas, gran cantida-de de afeccionados ao mundo do motor seguiron a proba sábado e domingo./I.OSORIO.

O asturiano bateu o récord da subida, tardando 2 minutos e 25 segundos

David Padrón.

Redacción

Xa está aberto en Ourense o período de inscrición da Galicia F7 Cup para a tempada 2015-2016. Xa hai equi-pos interesados en for-mar parte desta competi-ción futbolística e que a cidade das Burgas sexa unha das súas sedes.

Os novos equipos in-teresados en xogar a Ga-licia F7 Cup 15/16 terán de prazo até o próximo día 10 de setembro para poder formalizar a súa inscrición. O Torneo Apertura podería dar co-mezo o �8 de setembro.

David PadrónO ribadaviense David

Padrón será o delegado da Galicia F7 Cup en Ourense. Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, este mozo de �3 anos afronta a súa chegada á Galicia F7 Cup como un novo reto. “Aínda que soe a tópico, é así. Vou tentar que todo saia ben e que leve a cabo o torneo dun-ha forma bastante boa”, sinala. A súa función será, segundo as súas propias palabras, “coor-dinar a sede de Ourense para que todo saia como ten que saír”.

Para Padrón a primeira impresión deste novo sis-

tema de competición está a ser moi boa. “Dáme a sensación de que é organi-zar bastante ben o que até agora se estaba facendo de calquera forma. Trátase de facelo cun punto de vista máis profesional”, apunta.

O ourensán está seguro que “terá unha boa acolli-da”, xa que “en Ourense sempre se xogou moito ao fútbol”. Ademais, o novo delegado da Galicia F7 Cup considera que faltaba “algo así”. Cre que moi-ta xente apostará por esta competición grazas a que sendo amateur “dáselle un caracter de seriedade”.

Inscrición aberta para a Galicia F7 Cup4 David Padrón é o novo de-legado desta competición en Ourense.

As inscricións permanecerán abertas ata o 10 de setembro

Page 9: 28 de agosto -Barrios Deportivo

BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

9

Breogán Diz proclamouse campión alevín

BTT

Redacción

Este 15 de agosto Mace-da acolleu o seu XI Mini BTT, con máis de �00 ra-paces participantes chega-dos de toda Galicia, para gozar dunha intensa fin de semana de carreiras, acampada e piscina.

Dentro da competición destacaron as vitorias do deportistas locais Carlos Canal e Antía Martínez, en categoria infantil, na que ademais o club de Mace-da fixo triplete no podio feminino,con Antía, Noela e Aída González. En infan-tís masculinos, ademais da

Éxito local no XI Mini BTT de Maceda4 Participaron 200 rapaces de toda Galicia.

vitoria de Carlos, desta-cou o terceiro posto de Marco Nube e o quinto de Hugo Vázquez.

En alevíns a vitoria foi para Breogán Diz do CC Maceda, e o seu compa-ñeiro Martín González foi terceiro.

Asemade, a Escola de Ciclismo JA Hermida logrou tamén moi bos resultados en prebenxa-míns, co cuarto posto de Marco Varela.

As ciclistas de Maceda Antía, Noela e Aíada completa-ron o podio en categoría infantil.

Redacción

O ciclista macedán do MMR Bikes Pablo Ro-dríguez rematou subcam-pión da Copa do Mundo de Bicicleta de Montaña, en categoría sub �3, ao finalizar no décimo posto a última carreira da pro-ba.

O ourensán, que até a última xornada lideraba a clasificación, precisa-ba gañar a carreira de Val dei Sole ou, como mínimo, adiantar ao seu principal rival, o francés Titouan Carod, que re-matou sendo o gañador da cita mundial.

Segundo posto para Pablo Rodríguezna Copa do Mundo4 Remata décimo na última proba e escápaselle o liderato.

Pablo avantaxaba en 18 puntos ao francés, aínda que a diferenza de puntos entre primeiro e segundo era de �0 puntos, polo que o triunfo era o resultado que lle garantía o título. Pero non foi o seu día, e non realizou a proba agar-dada; de feito, dende o co-mezo foi perdendo terreo respecto do francés e xa na metada a distancia era de 50 segundos entre eles.

De todos os xeitos, Ca-rod foi ao seguro no final a carreira e de maneira có-moda finalizou segundo, asegurando o campiona-to. O ourensán, pola súa banda, rematou décimo a

4´47¨ minutos do vence-dor. O abatemento por ter tan preto a Copa do Mun-do notouse na última par-te da cita. Non obstante, o segundo posto é histó-rico, xa que ningún espa-ñol logrou tan bo resulta-do na súa categoría.

De seguido, o ouren-sán loitará polo primeiro posto no Campionato do Mundo, que se disputará en Andorra. A súa proba será o 4 de setembro.

Pablo Rodríguez, durante a penúltima proba da Copa do Mundo./FACEBOOK

Participará no Campionato do Mundo, o 4 de setembro en Andorra

Brais Sendín disputará o Mundial Redacción

Entre os españois se-leccionados por Cristóbal Sánchez para disputar os Campionatos do Mundo de mountain bike, que se celebrarán do 31 de agosto ao 6 de setembro en Andorra, atópanse dous ourensáns: Pablo Rodríguez (que vén de proclamarse subcampión da Copa do Mundo sub �3) e o júnior Brais Sen-dín.

Sendín (do CC Maceda Academia Postal Actyon) foi o máis regular da súa categoría durante toda a tempada. Ademais, fíxo-se co segundo posto na xeral do Open de España e proclamouse subcam-pión de España de BTT.

Todos os corredores atópanse xa concentra-dos en Serra Nevada para adaptarse á altitude do lugar de competición; viaxarán a Andorra o luns 31 de agosto. Brais Sendín competirá o 3 de setembro e Pablo Rodrí-guez o venres 4.

Brais Sendín.

Page 10: 28 de agosto -Barrios Deportivo

10 BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

FÚTBOL

O Barco sentenciou o encontro ante o Verín por 0 a 2

Encontro entre o Verín e O Barco, no que venceu o conxunto de Valdeorras./I.OSORIO

Redacción

O balón comezou a rodar na Rexional Pre-ferente (grupo sur) e non o fixo con bo pé para os ourensáns. Dos tres equipos da provincia que están este ano na compe-tición tan só o Arenteiro puido arañar un punto; o resto foron derrotas: do Ourense CF e do Mon-terrei.

ArenteiroO conxunto do Carba-

lliño logrou un empate no campo do Cultural Areas. Ningún dos dous equipo tivo claras oca-sións para levar os tres puntos. O marcador non se movería durante os 90 minutos polo que o equi-po dirixido por Jorge Re-gal sumou o seu primeiro punto da tempada.

Con este resultado son undécimos con un punto.

MonterreiO Monterrei, recén as-

cendido, a piques estivo de dar a sorpresa nesta primeira xornada fronte ao Atios. Despois de re-matar a primeira metade sen goles, os ourensáns adiantáronse no marcador na segunda. Iago Lantes é o primeiro goleador do equipo esta tempada.

Pero os locais non deixarían escapar a vi-toria e lograron darlle a volta ao gol en contra.

Redacción

Comezou o fútbol de Terceira División nunha tempada na que xogarán tres conxuntos ourensáns.

Na primeira xornada o derbi entre Verín e O Bar-co saldouse coa vitoria dos de Valdeorras. O Bar-badás venceu na súa visita a Mugardos.

DerbiNo derbi disputado no

José Arxiz entre Verín e O Barco o nome propio foi o do dianteiro visitante Rodri. Del foron os dous tantos do encontro, e pui-deron ser máis.

Nos primeiros intres do

partido xa dera un aviso de que, a da primeira xor-nada, ía ser a súa tarde. E é que minutos despois lograría o 0-1 despois de desfacerse de dous rivais.

Antes do descanso de novo o dianteiro visitante firmaría o 0-2 que deixaba practicamente encarrilada a vitoria para os barquen-ses.

Na segunda metade non se movería o marcador aínda que o pesadelo dos locais, Rodrí, como non, a piques estivo de facer o terceiro.

Este resultado fai que O Barco ocupe a primei-ra posición en detrimento dun Verín que é o pecha-cancelas.

BarbadásDous minutos tan só

tivo que esperar o Barba-

dás para o lograr o pri-meiro tanto da tempada de Terceira División. Alfredo firmaba o pri-meiro gol dos ourensáns no curso que acaba de comezar.

O Galicia Mugardos lograba, nada máis re-anudar o encontro, o empate. Sería Moisés Pereiro o que, tamén de penalti, daría a vitoria aos azulóns.

Esta vitoria por 1-� coloca ao Barbadás na quinta posición.

Segunda xornadaPara a segunda xorna-

da o Verín visita o campo do Ribadumia (segundo clasificado). Mentres o Barbadás xoga na casa contra o Ordes (penúlti-mo) e O Barco recibe ás Pontes (oitavo).

O Barco vence no derbi de Terceira4 O Barbadás tamén logra a vitoria contra o Mugardos.

Jorge Fernández, por dúas ocasións daba a vitoria aos de Porriño.

Esta derrota pola mí-nima fai que os do val de Monterrei comecen déci-mo quintos.

Ourense CFO que peor parte levou

nesta primeira xornada da Rexional Preferente foi o outro equipo ascendido: o Ourense Club de Fútbol.Os de Rubén Domínguez encaixaron a maior golea-da da xornada ao perder por 1-4 no Couto.

Aos poucos minutos de comezar o encontro o Valladares xa mandaba no electrónico (0-1). Xa no segundo período foi o dianteiro Wadir o que fa-cía o gol do empate. Pero

pouco duraría a ledicia, xa que aos cinco minutos os visitantes adiantaríanse de novo. Isto supuxo un duro golpe para os ouren-sáns que non souberon recompoñerse deste novo gol. Así, os vigueses vol-veron marcar por dúas ocasións máis para deixar o definitivo 1-4.

Con esta goleada o Ourense CF comeza a liga como pechacancelas.

Vindeira xornadaNa segunda xornada

o Ourense CF visita o campo do Céltiga. Pola súa banda, tanto Arentei-ro como Monterrei xogan en casa. Os do Carballiño reciben ao Estradense e o Monterrei ao Cultural Areas.

REXIONAL PREFERENTE

Mala primeira xornada para os ourensáns4 Perderon o Ourense Club de Fútbol e o Monterrei, e empatou o Arenteiro.

Choque entre o Ourense CF e o Valladares./I.OSORIO

Page 11: 28 de agosto -Barrios Deportivo

BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

11FÚTBOL

O domingo 6 de setembro, ás 17 horas, a UDO comeza a Liga visitando ao Arnoia

Redacción

O Pabellón xuvenil perdeu contra o Celta de Vigo o que lle impide fa-cerse co Torneo Cosaga que marcha cara a terras olívicas.

O evento disputouse

Redacción

A Unión Deportiva Ourense pecha a pretem-pada coa vitoria no Torneo Festa da Empanada. Ven-ceu ao Allariz por 1-� e tras darlle a volta ao mar-cador.

Durante a primeira meta-de o marcador non se mo-vería ante a atenta mirada de todos os afeccionados

que non quixeron perder a ocasión de ver este encon-tro. Houbo que esperar aos segundos 45 minutos para ver os goles.

O primeiro que golpea-ría sería o equipo local con gol de Paco (1-0). Dez fo-ron os minutos que aguan-taron coa vantaxe, xa que Jorge anotaba o empate. Nos últimos minutos, Cristian Dacosta dáballe a vitoria aos unionistas ao rematar o balón desde den-tro da área. Vitoria e novo trofeo para a UD Ourense, que este ano ten o reto de ascender á Primeira Auto-nómica.

LigaEn dúas semanas come-

za a Liga. A Unión Depor-tiva Ourense tócalle xogar contra o Arnoia na primei-ra xornada. O encontro

Vitoria para pechar a pretempada4 A UD Ourense logrou ven-cer ao Allariz no Torneo Festa da Empanada.

no estadio Miguel Anxo o pasado sábado �� de agosto.

Anteriormente, os ourensáns venceran ao Calasancio por � goles a 0, mentres que os vi-gueses empataran a cero goles.

terá lugar o domingo 6 de setembro a partir das 17 horas. Xa está todo lis-to para que os homes de Antonio Dacosta loiten por subir de categoría.

Sergio, durante un partido de pretempada da UDO.

O Pabellón xuvenil sucumbe ante o Celta 4 O conxunto ourensán remata segundo no Torneo Cosaga.

Pabellón - CeltaOs pavillonistas chega-

ban ao último encontro valéndolles o empate para facerse con esta primeira edición do triangular.

Cando parecía que os locais lograrían alzarse co trofeo, un gol de An-

drés ao transformar un penalti, na recta final do encontro, fixo que o Celta se proclamara campión.

O Calasancio foi ter-ceiro ao empatar co Celta e perder �-0 con-tra o Pabellón. Os goles ourensáns deste encon-tro foron obra de Bra-yan e Tomi.

Os ourensáns chegaron ao último encontro precisando só o empate, pero os vigueses lograron vencer./RAMSÉS

A transformación dun penalti en gol de Andrés otorgoulle a vitoria ao Celta

A Copa Deputación abre a tempada4 Esta fin de semana dis-putarase a primeira rolda da Copa Deputación.

Redacción

Esta fin de semana ábrese a competición desta tempada no fútbol provincial. Antes do co-mezo das ligas chega a primeira rolda da Copa Deputación (tanto a A como a B).

Na Copa A os partidos desta primeira fase son: Antela - Allariz, o sába-do ás 17.30 na Moreira;

e para o domingo, os Ce-lanova - Velle (San Ro-sendo, 18 horas); Ribeiro - Vilariño (San Cristobal, 20h); A Peroxa - Noguei-ra (O Marco, 17.30h) e Taboadela - A Manchica (Outeiro, 17.30 horas).

Na Copa Deputación B, son �4 os equipos que entran en xogo nesta pri-meira rolda. Na zona do Ribeiro son 13 os partidos que disputarán.

Page 12: 28 de agosto -Barrios Deportivo

1� BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

TRIATLÓN POPULAR DE ALLARIZ

A cita deu comezo coa proba de natación, na que os participantes tiveron que nadar 750 metros no río Arnoia./R.T.

Redacción

Alberto González Gil e Mar Villar Zamuz fo-ron os vencedores do �6º Triatlón popular de Alla-riz celebrado a pasada fin de semana. A proba constaba de 750 metros nadando no río Arnoia, �4 quilómetros de bici-cleta e 5,5km de carreira a pé.

Novamente quedou curto o tope de partici-pación, xa que de novo s completaron as 150 pra-zas dispoñibles para este evento.

González foi o máis rá-pido no río e na carreira a pé, sendo o décimo me-llor tempo na bicicleta, o que lle valeu para facer-se coa primeira posición cun tempo dunha hora 11

minutos e un segundo. Tras el chegaría Nicolás Domínguez (1:1�:37) e terceiro, Pedro Esmorís (1:1�:58).

VillarEn categoría feminina

foi Mar Villar Zamuz a mellor de todas as triatle-tas que acudiron a Allariz.

Villar rematou a proba nun tempo dunha hora �� minutos e 18 segun-dos. En segunda posi-ción entraría en meta Helena Fernández Lago (1:�7:14). A terceira mu-ller en completar o per-corrido foi Olalla Duro Liñares (1:30:��).

EquiposPor equipos o Triatlón

Beariz alzouse co triunfo nesta edición.

González e Villar vencen en Allariz4 No Triatlón popular.

Momento da transición entre a primeira e a segunda proba de varios atletas./R.T.

Participante á saída da proba de natación./RAMSÉS Un dos podios femininos máis festexado./P.LORENZO Podio masculino./P.LORENZO

Page 13: 28 de agosto -Barrios Deportivo

BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

13ATLETISMO

Redacción

Despois do típico parón no período estival regre-san as carreiras popula-res a Ourense. O vindeiro domingo 6 de setembro o barrio da Ponte acolla a cuarta proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”.

CarreirasAs carreiras comeza-

rán, como sempre que se

disputan en domingo, ás 12 horas coa carreira dos pitufos. Ás 12.10 horas será o turno dos benxa-míns e alevíns que perco-rrerán unha distancia de 1.000 metros. Os infantís e cadetes, ás 12.15 horas, terán que dar unha volta de 1.900 metros. E xa para ás 12.30 horas, será o turno para o resto de categorías. Estes corre-dores darán tres voltas ao circuíto de 1.900 metros

para completar unha dis-tancia de 5.700 metros.

RúasA saída e meta de todas

as carreiras estará na rúa Vicente Risco. Nas ca-rreiras de infantís, cade-tes e absoluta os atletas pasarán pola avenida de Santiago, as rúas Basilio Álvarez, José A. More-tón, Ribeiriño, Mercado, Rosalía de Castro e de novo a Vicente Risco.

LíderesO podio provisional

individual absoluto do “Correndo por Ourense”,

Regresa o “Correndo por Ourense” coa proba da Ponte4 A carreira disputarase o domingo 6 de setembro.

depois de tres etapas, está comandado por Luis Iglesias (categoría mas-culina) e Iria Fernández (feminina). Tras Iglesias están Javier Paredes e José M. Corral, como segundo e terceiro, res-pectivamente. Pola súa banda, a segunda muller na clasificación é Sonia Teijeiro e a terceira, Ana Mª Ocampo.

En canto aos equipos mixtos dobres parellas, o Coolsport marcha pri-meiro. Segundo, moi distanciado, está Amigos de Dani e en terceira po-sición Happy Runners.

Cando se chegou ao ecuador da competición, os atletas Luis Iglesias e Iria Fernández son os líderes provisionais Grupo de atletas durante a carreira do Vinteún./R.T.

Page 14: 28 de agosto -Barrios Deportivo

14 BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

POLIDEPORTIVO

Diego Lorenzo continúa na dirección técnica do equipoA única baixa, David Sabas

Redacción

O Balonmán Pabellón Ourense regresou xa ao

BALONMÁN

O Pabellón Ourense regresa á actividade4 O partido de presentación do equipo ante a súa afección será o 4 de setembro fronte a unha selección de Urugüay.

traballo. Tras un final de tempada �014/�015 bri-llante que culminou coa consecución da Copa Ga-

Redacción

O oitavo Futures “Cidade de Ourense” deixounos un duelo es-pañol na final no que saiu vencedor o canario David Vega -primeiro cabeza de serie-. O seu adversario foi o andaluz Ricardo Ojeda -segundo cabeza de serie- ao que doblegou en tres sets (6-3, 4-6 e 7-5) en casi tres horas de partido.

Vega atacaba co seu servizo, subía á rede... mentres que Ojeda acer-taba nas súas decisións

ao devolver a pelota.No primeiro set dúas

roturas temperás de servi-zo fixo tomar vantaxe ao canario e levar a primeira manga.

No segundo novamen-te fixo un break o que lle provocou medo a gañar. A partir dese momento, as numerosas imprecisións leváronlle a ceder a segun-da manga.

Xa no terceiro a cousa non pintaba ben para Da-vid Vega. Ricardo Ojeda chegou a dominar esta última manga por 5 a �, mentres que o canario su-

Open de BudapestRedacción

Tres ourensáns, do Club Xadrez Ourense, participaron no Open de Budapest de xadrez. Os tres foron quen de lograr puntos para o ránking in-ternacional.

O mellor deles foi Sergio Blázquez Criado, quen rematou no posto �0 con 5 puntos, o que lle valeu para sumar 50 puntos no seu ránking (ELO). Os mesmos pun-tos, 50, acadounos Mar-tín Arellano Pardo; porén tivo que conformarse co posto 23 na clasificación e sumar 15 puntos in-ternacionais. O terceiro dos ourensáns, Samuel Cruz Guerra, foi con 4,5 puntos 29º, o que lle va-leu para sumar 1� puntos ELO.

TENIS

O canario David Vega faise co oitavo Futures4 Gañou na final a Ricardo Ojeda.

licia, a que agora comeza, �015/�016, preséntase cun plus de ilusión na confian-za de que se pode estar a

fría o indecible. O segun-do cabeza de serie dispuxo dunha bola de campionato con 30-40, e a partir de aí todo cambiou. No seguin-te xogo desaproveitou o seu servizo con 30-0 e 5-3 para empezar a decaer no partido. O primeiro cabe-za de serie rexurdiu e foi quen de gañar un torneo que tiña totalmente de cos-tas.

Puntos ATPCon esta vitoria, David

Vega lévase 18 puntos ATP o que fanlle subir 100 postos na lista. Isto foi que

O vencedor do torneo, David Vega, xunto ao finalista Ri-cardo Ojeda, nas canchas do Club Santo Domingo/IÑAKI OSORIO.

volva ao top 500 da clasi-ficación da Asociación de Tenistas Profesionais.

O torneo disputouse a comezos de mes no Club Santo Domingo.

pelexar polos postos que dan lugar ao ascenso á Pri-meira División.

A renovación de Die-go Lorenzo na dirección técnica vai proporcionar estabilidade a un persoal na que a única baixa foi a de David Sabas. Por con-tra recupérase a Brais Pé-rez despois do seu periplo universitario e como nova alta cóntase coa achega de Imanol Cobián procedente da SAR de Redondela. Na recámara, a posible achega de varios xuvenís así como a de José Manuel “Puma” que se atopa a proba pro-cedente do Bm. Lalín.

Partido de presenta-ción

Como compromiso máis importante nesta prepara-ción xa se atopa pechado un partido, o día 4 de se-tembro, contra unha selec-ción de Urugüay que se atopa en xira polas nosas terras. Este partido vai servir de presentación do equipo ante a súa afección para a nova tempada.

Plantilla do Pabellón Ourense para a tempada que comeza.

Na final do torneo enfrontáronse o primeiro e o segundo cabeza de serie

Redacción

Iván Salgado, gran mes-tre ourensán de xadrez, vén de revalidar o título de campión de España na mo-dalidade de xadrez rápido.

Esta vitoria supón �3 puntos de ELO rápido, o que lle vale para estar preto dos 50 mellores xa-drecistas mundiais desta modalidade. O ourensán logrou 7,5 puntos de nove posibles ao conseguir sete vitorias, un empate e unha derrota.

Na clasificación rematou segundo, tan só por detrás de Julio Granda, que se proclamou campión deste torneo disputado en Lina-res, pero que non entraba na loita polo título nacio-nal.

LóstregoNo campionato lóstrego

-partidas máis rápidas aín-da que as anteriores- Sal-gado rematou na terceira

posición. Diante del que-daron David Antón e Ju-lio Granda.

EquiposO Sestao, equipo no

que milita Iván Salgado, rematou na segunda po-sición, a pesar de partir coma favorito. O conxun-to cántabro do Solvay, proclamouse campión.

NacionalNo Campionato Nacio-

nal -modalidade tradicio-nal-, pasado o ecuador da competición (cinco roldas), Salgado está si-tuado nos primeiros pos-tos. A clasificación está liderada por Francisco Vallejo e David Antón, ambos con 4,5 puntos, e tras eles un grupo de sete xogadores con 4 puntos, entre os que se encontra o ourensán.

Catro roldas faltan para que remate o campionato o vindeiro 31 de agosto.

Iván Salgado revalida o título de campión de España4 Na modalidade de xadrez rápido.

Page 15: 28 de agosto -Barrios Deportivo

BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015

15ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: José Mª Arribas

Nº1�4- Ano: VII - �7 de agosto de �015 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

A reforma do anexo do Pavillón levará o groso do investimento, 300.000 euros./RAMSÉS

Fluvial O Barco e Fluvial Avión foron segundo e terceiro

Redacción

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o secreta-rio xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, mantiveron un encontro institucional no consisto-rio ourensán no que acor-daron reformar o pavillón dos Remedios. Fixérono

logo de recibir e felicitar á ourensá campioa de Eu-ropa sub-18 de baloncesto, Paula Ginzo.

Así, Concello de Ouren-se e Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia comprometéronse a acometer obras de remo-delación no Pavillón dos Remedios por un importe

Concello de Ourense e Xunta remodelarán o pavillón dos Remedios4 As obras, nas que se investirá 400.000 euros, afectarán ao anexo e ao módulo de at-letismo.

de 400.398 euros.Tal e como explicou

o alcalde, estes traballos consistirán na remodela-ción integral do anexo do Pavillón, petición deman-dada polos usuarios dende hai anos. A este concepto destinarase a maior parte do investimento compro-metido, 300.000 euros. A

Redacción

A quinta e definitiva xornada na Copa De-putación de piragüismo celebrouse no río Arnoia ao seu paso por Allariz. Á cita acudiron preto de �00 deportistas. Esta foi a quinta cita do campio-nato despois de teren lugar as outras catro en Muíños, Avión, Barra de Miño e A Rúa.

A proba disputouse no tramo que comprende desde o edificio A Fábri-ca e a ponte Romana. Os benxamíns e alevíns per-correron 1.000 metros; os infantís, �.000 e o res-to de categorías, 4.000 metros, en embarcacións individuais.

Por equipos o vence-dor foi o Fluvial de Alla-riz, seguido do Fluvial O Barco e o Fluvial Avión, segundo e terceiro, res-pectivamente. En cuarto lugar quedaría a Socie-dad Cultural Fontefría de Muíños e quinto a Escola Municipal Ourensá de

Piragüismo.

Casificación individualEn categoría sénior os

vencedores foron Jesús Rodríguez e Kissi Torres, do Barco. En veteranos, Carlos Piñeiro (Allariz) e Mónica Piñeiro (Avión).

Quedaron en primeiro lugar en xuvenís, Adrián Prada (O Barco) e Marta Paradelo (Allariz); en ca-detes, Diego Conde e Eva Piay, do Barco; en infantil A, Oliver Rodríguez e Cla-ra Miranda, do Barco; en infantil B, Agustín Segura e Paula Segura, do Fluvial Allariz.

Ademais, en benxamín venceron Raúl Prada (O Barco) e Diana Lorenzo (Avión); en alevín A, Ja-vier Rodríguez (Allariz) e Ánxela Bruquet (Avión) e en alevín B, Álex Martínez (Allariz) e Marta López (O Barco).

PIRAGüISMO

A Copa Deputación por equipos, para o Fluvial de Allariz4 En individual vitorias de Je-sús Rodríguez e Kissi Torres.

remodelación comple-tarase con traballos de instalación de vestiarios para o módulo de atle-tismo (39.394,64 euros) e melloras no cam-po de fútbol 5 indoor (61.003,36 euros). Nes-te sentido, a obra agora comprometida completa-rá os traballos xa previs-tos de remodelación do ximnasio, constituindo así unha reforma prácti-camente global das ins-talacións deportivas por excelencia da cidade.

Jesús Vázquez mani-festou o seu agradece-mento ao secretario xeral “polo seu compromiso firme coas infraestrutu-ras e o deporte ourensán” e lembrou tamén que o compromiso claro e ad-quirido do Goberno mu-nicipal “está ao carón de fomentar o deporte e adecuar as instalacións ás necesidades actuais dos usuarios”. Do mes-mo xeito, José Ramón Lete recalcou a impor-tancia da mellora no pa-villón dos Remedios, “un proxecto moi importante para a cidade que en-grandecerá, máis se cabe, o deporte ourensán”.

Instalaranse vestiarios no módulo de atletismo e realizaranse melloras no campo de fútbol 5 indoor

Page 16: 28 de agosto -Barrios Deportivo

16 BARRIOS DEPORTIVO�7 de agosto de �015