zona tropical. as froitas

20
Zona tropical A zona tropical ou cálida é a que se encontra entre os trópicos de Cáncer e Capricornio. En canto ao clima, a súa principal característica é o predominio de temperaturas elevadas, e a ausencia dunha estación propiamente fría ausencia dunha estación propiamente fría ausencia dunha estación propiamente fría ausencia dunha estación propiamente fría.

Upload: chelo-alvarez-veira

Post on 13-Jun-2015

276 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Zona tropical. AS FROITAS

Zona tropical A zona tropical ou cálida é a que se encontra entre os trópicos de Cáncer e Capricornio.

En canto ao clima, a súa principal característica é o predominio de temperaturas elevadas, e a ausencia dunha estación propiamente fríaausencia dunha estación propiamente fríaausencia dunha estación propiamente fríaausencia dunha estación propiamente fría.

Page 2: Zona tropical. AS FROITAS

Venezuela O Salvador

Colombia Brasil

Países do noso alumnado

Page 3: Zona tropical. AS FROITAS

Cales son as froitas tropicais?

Unha froita tropical defínese coma unha froita das zonas de clima tropical ou subtropical. As froitas tropicais teñen en común non soportar o frío e poden ser danadas ou ter trastornos no desenvolvemento cando a temperatura cae por debaixo de 4ºC. Os países exportadores de froitas tropicais están sobre todo no Lonxano Oriente, América Latina, o Caribe, e en menor medida en África. As catro principais froitas tropicais por volume de exportación son o mango, a piña, a papaia e o aguacate.

Page 4: Zona tropical. AS FROITAS

Cada día atopamos nos mercados máis variedade de froitas tropicais. Para a maioría de nós, estas froitas chámannos a atención e sorpréndennos coas súas exóticas formas, as súas vivas cores, o seu peculiar aroma, e se nos decidimos a probalas…. O seu delicioso e singular sabor. Xeralmente chégannos como froita fresca, pero tamén como polpa de froitas ou froitas deshidratadas. Son moi boas para a preparación de batidos e xugos de froitas, xa sexan mesturados con leite ou auga, así como para a preparación de xeados e sobremesas.

Son especialmente ricas en vitaminas A, B e C, en Calcio, Ferro, Potasio e Magnesio, polo que son moi boas para o sistema nervioso e o sistema inmunitario, para o estrés e constitúen un poderoso axente contra o envellecemento. Ademais están especialmente recomendadas para aquelas persoas que sigan algunha dieta de adelgazamento, pois a excepción do aguacate teñen poucas calorías.

Page 5: Zona tropical. AS FROITAS

Importancia da froita na dieta humanaImportancia da froita na dieta humanaImportancia da froita na dieta humanaImportancia da froita na dieta humana

Xa na antigüidade chamaban á froita “a comida dos deuses” e outorgábanlle propiedades máxicas ou divinas.

As froitas xunto coas hortalizas proporcionan moitas vitaminas e minerais polo tanto teñen que estar presentes en todas as comidas.

Podemos estar seguros de que comendo froitas e verduras nunca teremos carencia de vitaminas e minerais.

As vitaminas teñen nomes de letras, e algunhas, como as B e C non se almacenan no organismo, polo tanto temos que comer alimentos que as conteñan habitualmente.

• A vitamina C e boa para a saúda dos ósos e axuda a sandar as feridas. Haina nas laranxas, limóns, pementos…..

• Os minerais tamén son imprescindibles para unha boa saúde. O ferro é preciso para levar osíxeno ás células. Sen el temos anemia. O calcio tamén é moi importante para ter os ósos sans.

• As froitas proporcionan fibra, moi importante para non ter estreñimento. Reducen o colesterol e axudan a controlar o azucre do sangue. Teñen moita fibra as peras, os amorodos, as mazás, os cítricos, as uvas….

Entre as principais enfermidades que unha dieta rica en froitas e verduras pode previr podemos mencionar as seguintes:

• Obesidade • Estreñimento • Ataques do corazón • Tensión alta • Cancro

Page 6: Zona tropical. AS FROITAS

.

PIÑA Rica en vitamina C, B1, B2, fósforo, calcio, ferro e en fibra.

O ideal é tomala ao natural, sobre todo despois de comer moito, pois axuda a dixerir as graxas e hidratos de carbono.

Orixinaria de Brasil, de onde a trouxeron españois e portugueses.

Principais países produtores:

• Forma: ovalada e grosa. • Tamaño e peso: mide uns 30 cm e ten un diámetro de 15. Pesa uns

2 kg. • Cor: A polpa é de cor amarelo ou branco, rodeada dunhas escamas

que forman a pel do froito. Estas escamas na parte superior forman unha coroa de follas verdes.

• Sabor: A polpa é moi aromática e de sabor doce.

Page 7: Zona tropical. AS FROITAS

AGUACATE Orixinario de Centroamérica.

Rico en sales minerais e vitamina B e E, o que fai que sexa un alimento antiestresante, ideal para persoas nerviosas. Ademais ten ata un 30% de graxas insaturadas, sen colesterol, o que fai del un alimento moi bo para o corazón.

Principais países produtores

Os primeiros españois que descubriron América chamáronlle “pera de Indias” polo seu parecido externo ás peras.

• Forma de pera, no seu interior contén unha única semente redondeada de cor claro, e 2-4 cm de lonxitude recuberta dunha delgada capa de cor marrón.

• Tamaño e peso. Aínda que os hai máis grandes e pequenos adoitan ter uns 10-13 cm. e un peso de 150-300 gr.

• Cor: a cortiza, grosa e dura, con rugosidades, presenta unha coloración verde que varía en intensidade en función da variedade. A polpa é cremosa, aceitosa, de cor verde crema ou pálido a branco amarelado, parecido á manteiga.

• Sabor: o sabor da polpa recorda ao da noz ou abelá.

Page 8: Zona tropical. AS FROITAS

MARACUYÁ, FROITA DA PAIXÓN OU GRANADILLA

Orixinaria de Sudamérica.

Rica en vitamina A e C. Consómese en zume, doces e batidos. É moi refrescante. Tamén ten unha cantidade elevada de fibra, que mellora o tránsito intestinal.

Principais países produtores

• Forma: é coma unha baia redondeada ou ovoide, sendo a variedade amarela a de maior tamaño. O grosor da pel depende da variedade. Na granadilla doce a cáscara é lisa, dura e acolchada para protexer a polpa e a súa forma é oval, cun extremo rematado en punta.

• Tamaño e peso. Ten un diámetro de 35 a 80 mm e un peso aproximado de 30 gr. A froita da paixón amarela é máis longa que a morada e pode chegar a pesar ata 100gr.

• A súa pel varía entre o amarelo ou o morado e o laranxa. A capa interna é branca e a cavidade contén gran cantidade de pebidas cubertas dunha carne alaranxada ou amarela e verdosa, moi saborosa e aromática.

• Sabor: agridoce moi refrescante, exótico, que lembra o albaricoque.

Page 9: Zona tropical. AS FROITAS

GUAIABA Orixinaria de Centroamérica.

De moi baixo contido calórico, porque ten poucos hidratos de carbono e menos aínda proteínas e graxas. Alto contido en vitamina C, unhas sete veces máis que a laranxa.

Principais países produtores.

• Forma: Segundo a variedade pode ter forma redondeada, parecida a un limón ou ben estreitarse parecéndose máis a unha pera. Debaixo da cáscara ten unha primeira capa de polpa, e outra capa interior máis branda, xugosa, cremosa e chea de sementes leñosas e duras.

• Tamaño e peso: Ten uns 4-12 c. de lonxitude e 4-7 de diámetro. Pesa dende os 60 ata os 500 gr.

• Cor: doce, pero tirando a acedo, lembra unha mestura de pera, figo e amorodo nas variedades doces e a plátano, limón e mazá nas especies acedas.

• Sabor: O sabor da polpa lembra ao da noz e a abelá.

Page 10: Zona tropical. AS FROITAS

UCHUVA PHYSALIS ALQUEJENJE Procede de América do Sur e Central.

Rica en ferro e vitaminas, especialmente a vitamina A. Consómese ao natural, aínda que sempre formando parte de macedonias, xeados ou pasteis. O compoñente maioritario é a auga. Aporta hidratos de carbono, pero apenas graxa e proteínas.

Principais países produtores

• Forma: baia globosa, cun aspecto que lembra ás cereixas ou os tomates cherrys , arrodeada dunha cuberta chamada cáliz coma unha especie de vexiga membranosa non comestible. A baia contén no seu interior numerosas sementes.

• Tamaño e peso: o froito é pequeno, esférico e liso, en función da variedade, cun diámetro de 2 a 3,5 cm. As súas envolturas presentan marcadas nervaduras e teñen unha lonxitude duns 4 cm.

• Cor: de cor vermello ou alaranxado cando madura, segundo a variedade.

• Sabor: agradable e algo acedo e doce; o seu sabor lembra unha mestura de piña e maracuyá.

Page 11: Zona tropical. AS FROITAS

TAMARILLO TOMATE DE ÁRBORETAMARILLO TOMATE DE ÁRBORETAMARILLO TOMATE DE ÁRBORETAMARILLO TOMATE DE ÁRBORE Procedente de Sudamérica. So se cultiva en zonas tropicais altas.

Posúe unha gran cantidade de vitamina E e calcio. Os eu compoñente maioritario é a auga. Ideal para dietas de adelgazamento porque ten poucas calorías. Moito contido de provitamina A e C.

Principais países produtores.

• Forma: é oviforme e está cuberto por unha pel grosa, lisa e brillante, dun certo sabor amargo.

• Tamaño e peso: uns 8 cm de longo e 5 de diámetro. • Cor: a súa pel é de cor vermella, alaranxada ou amarelo, segundo a

variedade e a súa polpa, xelatinosa, de cor laranxa escuro e algo translúcida, chea de sementes, lembra á do tomate tradicional. As sementes, cor granate intenso, son planas e non moi duras, dispostas en forma de ril e de dixestión doada.

• Sabor: teñen un sabor agridoce, lixeiramente amargo.

Page 12: Zona tropical. AS FROITAS

CAQUI Procedente de América, China e Xapón.

Ten gran cantidade de hidratos de carbono e pouca de graxas e proteínas, polo que o seu valor calórico é bastante elevado comparado con outras froitas. Ten moita vitamina A, C e potasio.

Tamén coñecido como “palo

santo”.

Principais países produtores.

• Forma: redondeada, similar a unha mazá ou a un tomate. • Tamaño e peso: presenta unhas dimensións de ata 7 cm. De

diámetro e un peso de 80 a 250 gr. en función da variedade. • Cor: a pel é lisa, fina, lustrosa e de cor amarelo, alaranxado ou

púrpura e a polpa alaranxada ou avermellada. • Sabor: A polpa é nalgunhas variedades xelatinosa cunha textura

semellante á marmelada. Noutras é moi consistente e compacta e mesmo tan dura como a dunha mazá. O seu sabor lembra a unha mestura entre pexego, albaricoque e pera, doce e moi suave.

Page 13: Zona tropical. AS FROITAS

KIWANOKIWANOKIWANOKIWANO Procede de Nova Zelandia pero tamén de Brasil e Israel.

Coñecido tamén como “cogombro cornudo ou silvestre” , con alto contido en auga, moi baixo valor calórico, porque ten poucos hidratos de carbono, proteína se graxas. Destaca o seu alto contido en potasio, mineral necesario para a transmisión do impulso nervios oe a actividade muscular.

Principais países produtores

• Forma: similar a un cacto, pero de vivas cores, con cáscara cuberta de espiñas carnosas e polpa xelatinosa e repleta de pebidas.

• Tamaño e peso: ten unha lonxitude duns 10 cm. O seu peso aproximado é de 200 gr.

• Cor: a cor da súa pel, grosa e non comestible, é amarela e con motas alaranxadas. A polpa ten unha cor verdosa vidrosa , chea de pequenas pebidas.

• Sabor: agre e refrescante á vez, aseméllase ao cogombro.

Page 14: Zona tropical. AS FROITAS

PITAHAYA Descuberta por primeira vez en México, Colombia, Centroamérica e o Caribe, déronlle o nome de “pitaya” que significa froita escamosa.

É case unha porción de auga azucrada. Son froitos de moi baixo valor calórico xa que teñen moi poucos hidratos de carbono. Destacan o contido de vitamina C na variedade vermella, pero non na amarela.

Principais países produtores

• Forma: ovoide. A amarela ten unha cortiza con espiñas e a vermella unha cortiza grosa e con escamas. A polpa de ambas é moi aromática e está chea de sementes.

• Tamaño e peso: a vermella é de maior tamaño que a amarela. A amarela mide uns 90 mm de longo e un diámetro de 65 a 70mm A vermella é un pouco máis grande.

• Cor: A variedade amarela, inicialmente é verde e amarelea na madurez. As dúas teñen a polpa de cor branco e chea de pequeniñas sementes negras. A variedade vermella caracterízase porque a súa cáscara é vermella e grosa e ten escamas verdes, a diferenza das espiñas que presenta a variedade amarela que ao madurar se tornan amarelas, dándolle un aspecto moi decorativo.

• Sabor: exquisito, como auga con azucre, moi fino e delicado.

Page 15: Zona tropical. AS FROITAS

COCOCOCOCOCOCOCO Propio das illas de clima tropical do Océano Pacífico, o seu cultivo estendeuse por Centroamérica, o Caribe e África tropical.

Contén moita graxa, en forma de ácidos saturados, polo que ten o valor calórico máis alto de toda sas froitas. Baixa cantidade de hidratos de carbono e de proteínas. Ric oen sales minerais como o magnesio, fósforo e calcio et amén en potasio, moi importantes na mineralización dos ósos. Aporta tamén gran cantidade de fibra.

Principais países produtores

• Forma: redondeada, presenta unha cáscara externa, correosa ou fibrosa, de 4 ou 5 cm de espesor, con pelos fortemente adheridos á noz. Séguelle unha capa intermedia e fina e outra máis dura que dispón de tres orificios próximos entre si no ápice. A polpa contén auga de coco, un líquido azucrado que se encontra nunha cantidade aproximada de 300 ml. Encerrada no seu interior.

• Tamaño e peso: é unha drupa cuberta de fibras de 20-30 cm. E pode chegar a pesar ata 2,5 kg.

• Cor: A cáscara externa é amarela ou alaranxada e a polpa é a parte comestible e de cor branco.

• Sabor: intenso e moi agradable.

Page 16: Zona tropical. AS FROITAS

MANGO Orixinario de Asia e África cultívase sobre todo en India, México, Brasil, e outros numerosos países.

Coñecido como o “pexego dos trópicos” aporta unha gran cantidade de hidratos de carbono, polo que ten un valor calórico elevado. Rico en magnesio e en provitamina A e C.

Principais países produtores

• Forma: variable, pero xeralmente ovoide-oblonga, aplanado, redondeada ou obtusa en ambos extremos, cun óso central grande, aplanado e cunha cuberta leñosa.

• Tamaño e peso: de 4 a 25 cm de longo e 1,5- 10 de grosor, o seu peso varía desde 150 gr. ata os 2 kg.

• Cor: a cor pode ser entre verde, amarelo e diferentes tonalidades de rosa, vermello e violeta, mate ou con brillo . A súa polpa é de cor amarelo intenso, case alaranxado.

• Sabor, exótico, suculento, moi doce e aromático.

Page 17: Zona tropical. AS FROITAS

PLÁTANO OU BANANA Orixinario de Asia chegou a Canarias e despois a América. Extendido por Centroamérica e Sudamérica e África subtropical.

O nutriente máis representativo que ten é o potasio, o magnesio, o ácido fólico e sustancias de acción astrinxente; con elevado aporte de fibra.

Principais países produtores.

• Forma: oblonga, alongada e algo curvada.

• Tamaño e peso: o peso do plátano macho é dos máis grandes, chegando uns 200 gr. ou máis cada unidade. O bananito é moito máis pequeno que o resto de plátanos e o seu peso oscila en torno aos 100- 120 gr.

• Cor: en función da variedade, a pel pode ser de cor amarela verdosa, amarela, amarela- avermellada, ou vermello. O plátano macho ten unha pel grosa e verdosa e a súa polpa é branca. No bananito a polpa é de cor marfil e a pel, fina e amarela.

• Sabor: o plátano e o bananito destacan porque o seu sabor é doce, intenso e perfumado. No plátano macho, a polpa é fariñenta e o seu sabor non é doce.

Plátano macho (para fritir) Plátano

Bananito

Page 18: Zona tropical. AS FROITAS

MELÓN De orixe impreciso, cultívase en Brasil, Costa Rica, Sudáfrica e España.

O 80% da composición desta froita é auga. Ten un contido moderado de azucre. Pode ter gran cantidade de beta-caroteno, dependendo da súa cor, un importante antioxidante.

Principais países produtores.

• Forma: é un dos froitos de maior tamaño, e a súa forma, unhas veces esférica e outras ovalada ou alongada, coma un balón de rugby, depende da variedade.

• Tamaño e peso: oscila segundo a variedade dende os 800gr ata os 4kg.

• Cor: a cortiza pode ser verde, amarela, alaranxada, branca, e a súa polpa adquire tons que van dende o branco, crema, amarelo, alaranxado ata o ton verdoso. O interior da polpa alberga unha cavidade onde se encontran multitude de sementes de cor crema, mesturadas cunha masa xelatinosa e viscosa que se elimina de forma doada.

• Sabor: o melón resulta excelente cando acada a madurez, cando está máis doce.

Page 19: Zona tropical. AS FROITAS

CHIRIMOIA Ten orixe nos Andes peruanos e nas montañas de Ecuador. Tamén se da nas zonas andinas de Chile e Colombia.

O compoñente maioritario é a auga. Tamén aporta hidratos de carbono, pero apenas proteínas e graxas. Valor calórico bastante alto. Boa fonte de potasio , vitamina C e fibra.

Principais países produtores.

• Forma: globular ou ovoide, dependendo das variedades, e xeralmente ten forma de corazón.

• Tamaño e peso: de 7,5 a 12,5 cm de lonxitude, o seu peso oscila entre os 150-1000 gramos.

• Cor: presenta unha pel reticulada de cor verde e unha polpa branca de consistencia cremosa. Contén numerosas sementes aplastadas de cor negro que miden aproximadamente un cm. de lonxitude.

• Sabor: a polpa, refrescante, moi aromática e de sabor doce, lixeiramente acedo, lembra a mestura de piña tropical e plátano ou ao sabor da pera.

Page 20: Zona tropical. AS FROITAS

PAPAIA Procede de rexións tropicais de África e Sudamérica.

Ten alto contido en vitamina A e C, polo que é recomendada para dietas ricas en sodio. Ademais é moi dixestiva e axuda a disolver as graxas sobrantes do organismo.

Principais países produtores

• Forma: Ovoide-oblonga, piriforme ou case cilíndrica, grande, carnosa, xugosa e ranurada lonxitudinalmente na súa parte superior.

• Tamaño e peso: de 10-25 cm de longo e 7-15 ou máis de diámetro, o seu peso ronda os 500-1000 gr chegando algúns exemplares a pesar máis de 5 quilos.

• Cor: presenta unha pel moi fina e de cor verde amarelento, amarelo ou alaranxado cando madura. Algunhas variedades seguen sendo verdes cando xa están maduras, aínda que polo xeral a pel amarelea coa maduración. A polpa é vermella alaranxada ou avermellada, cun ton máis ou menos intenso. A papaia de polpa vermella é máis saborosa.

• Sabor: o seu aroma lembra ao melón, e a dozura da súa polpa á da pera, o melón ou o amorodo. O seu interior está cheo de sementes negras ou grises de sabor picante.