xornadas de verÁn - cig ensino xornadas de veran.pdf · seminario: proxectar, investigar,...

7
XORNADAS SETEMBRO 2013 DE VERÁN XXXVI XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA Do 23 ao 26 de setembro. IES Menéndez Pidal (Zalaeta) XXII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE SANTIAGO Do 23 ao 26 de setembro. IES As Fontiñas XXV SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA Do 23 ao 27 de setembro. Casa Azul XXXVII XORNADAS DO ENSINO DE VIGO Do 23 ao 27 de setembro. Salón de Actos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGO 13, 16, 17, 18, 19, e 21 de setembro

Upload: nguyendieu

Post on 02-Nov-2018

229 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino XORNADAS DE VERAN.pdf · SEMINARIO: Proxectar, investigar, comunicar: reflexións sobre as ferramentas de traballo interdisciplinar. Xosé Fernández

XORNADAS

SETEMBRO 2013DE VERÁN

XXXVI XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA

Do 23 ao 26 de setembro. IES Menéndez Pidal (Zalaeta)

XXII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE

SANTIAGODo 23 ao 26 de setembro.

IES As Fontiñas

XXV SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRADo 23 ao 27 de setembro. Casa Azul

XXXVII XORNADAS DO ENSINO DE VIGODo 23 ao 27 de setembro. Salón de Actos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGO13, 16, 17, 18, 19, e 21 de setembro

Page 2: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino XORNADAS DE VERAN.pdf · SEMINARIO: Proxectar, investigar, comunicar: reflexións sobre as ferramentas de traballo interdisciplinar. Xosé Fernández

2 3

Luns día 23 De 16.30h a 17:00h, Recepción e entrega de material

De 17:00h a 18:30h A LOMCE, hai sitio para a educación? , Ana Iglesias Galdo, profesora-decana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Esta lei rompe definitivamente co ideal de comprensividade, conceptualiza o fracaso escolar como se dependese exclusivamente das (in)accións do alumnado, transforma as desigualdades sociais en diversidade natural, aposta polo control do (non) aprendido fronte ó pracer de aprender, polo liderado individual fronte ó colexiado, inventa novas formas de selección e clasificación, reduce drasticamente os recursos, ningunea porque non nomea-, a unha parte da comunidade educativa: profesoras, nais e alumnas. .. Fronte a isto, hai sitio para a educación?

De 18:30h a 20:00h A atención á diversidade na LOMCE: Perspectivas de Futuro, Mª Teresa Núñez Mayán, profesora titular da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Diversidade e Desigualdade son termos estreitamente relacionados. Para algúns respectar a diversidade na educación, supón consagrar e afianzar as desigualdades ofrecendo alternativas diferenciadoras fóra do marco común. Para outros supón combater esas desigualdades nunha atmosfera educativa compartida e heteroxénea na que non exista ningún tipo de discriminación en función da cultura, capacidade, clase social, etc. Tentaremos analizar cal das dúas opcións é predominante no novo marco lexislativo.

Martes día 24 De 17:00h a 20:00h OBRADOIRO: “EXPRESIÓN, EMOCIÓNS E CREATIVIDADE”, Compañía Elefante Elegante, premio “María Casares 2013” ao mellor espectáculo.

Dentro da atmosfera lúdica que o xogo corporal propicia, os participantes teñen a posibilidade de explorar xestos, actitudes e movementos que o desenvolvemento tradicional dunha aula non lles permite realizar. A través do xogo, o Teatro de Movemento desenvolve a espontaneidade corporal, o instinto e a percepción e permite a expresión das emocións e resolución de conflitos.

Mércores día 25 De 17:00h a 20:00h OBRADOIROS Organiza os teus recursos educativos na web, Arturo Iglesias Fernández, profesor do CIFP Ánxel Casal. Como ter os apuntamentos organizados para o teu alumnado cada curso. Como facer exames doadamente creando unha base de preguntas. Como ter organizados os traballos do alumnado e poder corrixilos en calquera lugar. Como achegar a información relevante para o teu alumnado e que a teñan sempre dispoñible.

Somos CompetenTICS, María Xosé Pousa, directora da E.I “Barrionovo” de Arteixo.

As TICS xa non deberían ser algo anecdótico senón formar parte da vida cotiá no traballo de aula (blogue, correo de aula, pescuda de información, uso da cámara dixital, escáner, PDI, tablet, cámara web, actividades de aprendizaxe online ...), como estas ferramentas poden axudar a acadar as CCBB. (Os dous obradoiros son simultáneos)

Xoves día 26 De 16:30h a 20:30h SAÍDA: Visita guiada á Casa-Museo “Manuel María” en Outeiro de Rei (Lugo) A Casa-Museo como lugar de referencia para dar a coñecer a obra e a figura de Manuel María entre o alumnado galego. Alberte Ansede, da Fundación Manuel María. “Manuel María e a poesía infantil”, Celia Armas García, profesora de ensino medio.Percorrido polas obras que o autor dedicou á literatura infantil. O autobús sairá de Zalaeta ás 16:30 h. O desprazamento está incluído no prezo da matrícula.

MATRÍCULA: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com PREZOS: Afiliad@s CIG, soci@s AS-PG, 15€ / Parados/as, 30€ / Normal, 40€ Solicitada a homologación á Consellería de Educación por 13 horas lectivas.

XXXVI XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA 23, 24, 25 e 26 de setembro de 2013 LUGAR: IES Menéndez Pidal (Zalaeta)

Page 3: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino XORNADAS DE VERAN.pdf · SEMINARIO: Proxectar, investigar, comunicar: reflexións sobre as ferramentas de traballo interdisciplinar. Xosé Fernández

4 5

Luns día 23 De 16.30h a 17:00h, Recepción e entrega de material

De 17:00h a 18:00h CONFERENCIA: A LOMCE, un asalto á educación pública galega. Anxo Louzao Rodríguez, Secretario Nacional da CIG-Ensino

De 18:00h a 20:00h SEMINARIO: A banda deseñada na aula. Como seducir cos cadriños. Xosé Tomás, profesor, ilustrador e guionista.

Presentarase a banda deseñada como un medio artístico e de comunicación cun alto potencial didáctico a calquera idade. Dirixido a docentes de todos os tramos educativos, realizarase un percorrido polos códigos esenciais desta arte: as elipses narrativas, as viñetas e os globos, os planos cinematográficos, a montaxe de páxina, o guión, elementos integradores de diferentes disciplinas, dende as artes plásticas ás técnicas narrativas. Nun ton que combina o expositivo coa práctica, os asistentes coñecerán a cociña da banda deseñada dende dentro, e serán partícipes de exercicios prácticos, ideais para levar á aula e seren compartidos co alumnado.

Martes día 24 De 17:00h a 19:00h SEMINARIO: Proxectar, investigar, comunicar: reflexións sobre as ferramentas de traballo interdisciplinar. Xosé Fernández Maneiro, profesor no IES da Pobra do Caramiñal.

1. Reflexións iniciais sobre a educación: a. Os obxectivos da educación actual b. Os contidos c. A metodoloxía d. Utopía vs. realidade, crúa realidade

2. A aprendizaxe significativa: o anel do rei Salomón

3. Experiencias: a. Traballo interdisciplinar en Educación de Adultos b. Unha imaxe , unha historia. c. Traballo de investigación. d. A escola dos av@s: un proxecto de traballo interdisciplinar en 1º ESO I. A teoría. II. A práctica. III. As conclusións.

Mércores día 25 De 17:00h a 19:00h SEMINARIO: AS TIC COMO FONTE DE CREATIVIDADE. Concepción Villar Suárez, mestra especialista en educación infantil e primaria. -Obradoiros de radio -Obradoiros de cine -Obradoiros de fotografía -Montaxes audiovisuais

A través de sinxelos programas: TuxPaint, Audacity, PinnacleVideospin, Openshot….materiais Tic: ordenador, micrófono, cámara de fotos dixital…podemos facer que o noso alumnado faga as súas propias creacións a través da linguaxe audiovisual e traballando a competencia dixital.

Xoves día 26 De 17:00h a 19:00h SEMINARIO: INICIACIÓN AO STOP MOTION. Miguel Carvajal, profesor non IES García Barros, A Estrada.

Organización e traballos previos antes da toma fotográfica. Programas dixitais para confeccionar un story board. Práctica co programa “ Stop Motion Pro versión escolar “. Materiais para a modelaxe: plastilina, silicona, esqueletos de aluminio.

19:00H. CLAUSURA. Casa Museo Manuel María. Aproveitamento didáctico. Anxo Gómez Sánchez, profesor no CPI de Carral.

MATRÍCULA: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com PREZOS: Afiliad@s CIG, soci@s AS-PG, 10€, Parados/as, 20€, Normal, 30€ Solicitada a homologación á Consellería de Educación por 10 horas lectivas.

XXII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE SANTIAGO 23, 24, 25 e 26 de setembro de 2013 LUGAR: IES As Fontiñas

Page 4: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino XORNADAS DE VERAN.pdf · SEMINARIO: Proxectar, investigar, comunicar: reflexións sobre as ferramentas de traballo interdisciplinar. Xosé Fernández

6 7

Luns día 23

17:00h Recepción e entrega de materiais.

17:30h

CONFERENCIA INAUGURAL: LOMCE. A nova lei educativa e as súas

consecuencias no ensino.

Por Xosé Manuel Nogueira. Mestre e licenciado en Pedagoxía membro da CIG

Ensino Pontevedra

19:00h saída da Praza de España

Memoria histórica: Roteiro da Represión en Pontevedra

Por Xosé Álvarez Castro, mestre, licenciado en historia, premio Día da Galiza Mártir

da Fundación Alexandre Bóveda; autor do Blogue Pontevedra nos anos do medo.

En Galiza aínda que non houbo batallas na guerra civil si houbo unha forte represión.

Faremos un percorrido polos lugares máis emblemáticos do golpe militar

e represión subseguinte en Pontevedra capital; dende os lugares até as

organizacións participantes na represión e as vítimas.

http://anosdomedo.blogspot.com.es/

Remate ás 21:00h

Martes día 24

17:00h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús

Cabanillas e Cambados

Por Xoán Antonio Pillado Silvoso. Mestre xubilado, licenciado en xeografía e historia

Cabanillas, o poeta máis relevante das Irmandades da fala, naceu e morreu en

Cambados, vila na que deixou unha fonda pegada. Faremos unha visita didáctica

pola vila con explicacións históricas e lecturas de poemas.

Remate ás 21:00h

Mércores día 25

17:00h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús

Achegamento didáctico a Combarro

Por Andrés Dacosta Paz, Licenciado en Xeografía e historia, secretario da

Asociación A Solaina de Combarro.

Combarro está relacionado directamente cunha das construcións tradicionais

galegas: o horreo. Veremos que Combarro é moito máis que un conxunto de hórreos.

A relación do home co mar e coa terra. A arquitectura tradicional mariñeira.

http://www.concellopoio.com/turismo.php?area=02&seccion=05

http://asolainacombarro.blogspot.com.es/2011/11/asociacion-solaina-de-

combarro.html

Parque da memoria: O Premio nobel Adolfo Pérez Esquivel deseñou este parque

en Poio,que contou coa colaboración de Isaac Díaz Pardo

Muiños da Freixa: O río da Freixa en Poio garda unha sucesión de nove muíños

que foron usados até hai ben pouco tempo. Faremos unha visita didáctica e

veremos un deles en funcionamento.

http://www.concellopoio.com/turismo.php?area=02&seccion=05&subseccion=066

&informacion=0014&idioma=gl

Remate ás 21:00h

Xoves día 26

17:00h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús

Acuario de O Grove

Abriu en 1997, foi o primeiro acuario de Galiza. Reinaugurado e renovado hai

pouco tempo conta con 23 tanques que reproducen ecosistemas das rías galegas,

tropicais, fluviais, conta con mamíferos mariños,…

http://acuariodeogrove.es/

Espazo museístico “salgadeiras de moreiras”

Por José Luis Escalante Gonzalez, biólogo mariño, neto de armador de traiñeiras

da ardora e conserveiros,director do museo.

XXV SEMANA DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA de 23 a 27 de setembro de 2013 LUGAR: Casa Azul, Rúa Sor Lucia nº 2

Page 5: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino XORNADAS DE VERAN.pdf · SEMINARIO: Proxectar, investigar, comunicar: reflexións sobre as ferramentas de traballo interdisciplinar. Xosé Fernández

8 9

A actividade pesqueira e a industria da sardiña salgada condicionou durante

dous séculos a peculiar revolución industrial que se deu nas rías galegas coa

chegada de industriais de Cataluña, que cambiaron os métodos de pesca e a súa

comercialización, dando paso ás conserveiras e ás grandes empresas navieiras.

Un espazo con dúas salgadeiras do século XVIII restauradas e musealizadas.

http://www.turismogrove.es/ga/cultura/Museo_da_salga/

Remate ás 21:00h

Venres día 27

19:00h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús

Xeira nocturna de petroglifos en Tourón (Pontecaldelas)

Por Xosé Lois Vilar, arqueólogo, membro do Instituto de Estudos Miñoranos.

A área arqueolóxica de Tourón, é un dos complexos de arte rupestre ao

aire libre máis importantes do país, con máis de 150.000 metros cadrados.

Sorprendentemente, unha visita nocturna, é o xeito no que mellor se poden

observar estas representacións artísticas.

Nota: Importante levar roupa de abrigo, calzado apropiado e lanterna.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=1xXKQyRRk_I

Remate 23:00h

MATRÍCULA: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

PREZOS: (inclúe todo: desprazamentos en autobús, entradas…)

Afiliad@s CIG, soci@s AS-PG, 40€, Parados/as, 75€, Normal, 120€

Solicitada a homologación á Consellería de Educación por 20 horas lectivas.

XXXVII XORNADAS DO ENSINO DE VIGO 23, 24, 25, 26, e 27 de setembro de 2013 LUGAR: Salón de Actos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, Edificio Cambón, R/ Oliva núm 3 , 2º

Luns día 23 (de 16.30 a 20.30)

16.30h Recepción de participantes e entrega de material.

16.45h Inauguración e benvida a cargo do Secretario Comarcal da CIG-Ensino de

Vigo, Xosé Saiáns.

17.00h Charla- coloquio a cargo de Marta Dacosta, profesora de Lingua e

Literatura Galega e poeta, sobre o tema “A reforma educativa do sistema

neoliberal:a LOMCE”

18.45h Paseo guiado polo Casco Vello dirixido polo profesor Xosé Mª Ramón Iglesias Veiga licenciado en Xeografía e Historia e Doutor en Historia de Arte, sobre

diversos exemplos arquitectónicos salientábeis do Casco Vello da cidade de Vigo.

En cada xornada a asistencia quedará emprazada para a xornada seguinte.

20.00h Actuación musical de Alba María a nova voz da mocidade con

compromiso do panorama musical vigués.

20.30h Remate da xornada inaugural.

DESENVOLVEMENTO DO OBRADOIRO ÚNICO

Este obradoiro-roteiro que propoñemos estará a cargo do profesor Xosé Mª Ramón Iglesias Veiga, experto na arquitectura urbana da cidade de Vigo e gran

coñecedor da súa historia arquitectónica máis recente.

Martes día 24 (de 16.30 a 20.30)

Análise da evolución urbana mediante o estudo dos diversos proxectos de

ensanche e a conformación dos espazos urbanos. Principais elementos que

diferencian os estilos arquitectónicos presentes na cidade.

Mércores día 25 (de 16.30 a 20.30)

Dende a arquitectura popular do Berbés aos inicios da transformación da cidade

no século XIX. Arquitectura popular e mariñeira, exemplos no Berbés e zona XORNADAS

SETEMBRO 2013DE VERÁN

Page 6: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino XORNADAS DE VERAN.pdf · SEMINARIO: Proxectar, investigar, comunicar: reflexións sobre as ferramentas de traballo interdisciplinar. Xosé Fernández

10 11

Os Paseos Pedagóxicos son unha proposta que da man do profesor Xurxo

Pérez Pintos se celebran na comarca de Vigo ao longo do mes de setembro.Son

percorridos polos diferentes ecosistemas naturais do noso país que este ano fixan

a súa atención no Monte Galiñeiro, situado entre os concellos de Vigo, Mos, Tui

e Gondomar, e que nos últimos tempos é obxecto de desexo especulativo, tanto

polas ansias das empresas de produción eólica como pola posibilidade de apertura

dunha explotación mineira que suporía, na práctica, a desaparición desta paraxe

natural. O estudio pormenorizado desta contorna será o obxecto fundamental dos

Paseos Pedagóxicos deste ano.

DESENVOLVEMENTOVenres día 13 (de 16.00 a 20.00)

Historia das rochas do Galiñeiro: Zorro- Santa Marta- Lapa da Moura.

Luns día 16 (de 16.00 a 20.30)

Os cotos da Serra e o periglaciarismo: As Gallas- A Botella.

Martes día 17 (de 16.00 a 20.30)

As goladas e as zonas húmidas: Coto Mediodía – Saramagal - Lagoa.

Mércores día 18 (de 16.00 a 20.30)

A degradación da “Superficie Fundamental de Galicia”: Chan dos Bromús – Touba do Brión.

Xoves día 19 (de 16.00 a 20.30)

A degradación da “Plataforma periférica”: Cabezo dos Arruídos -Chaín.

Sábado día 21 (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00)

O río Maior e a Cova da Trapa: Prado – Ribadelouro.

MATRÍCULA: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

PREZOS: Afiliad@s CIG, soci@s AS-PG, 31€, Parados/as, 61€, Normal, 96€

Solicitada a homologación á Consellería de Educación por 30 horas lectivas.

PASEOS PEDAGÓXICOS VIGO Aproximación integral á Serra do Galiñeiro” 13, 16, 17, 18, 19, e 21 de setembro de 2013

histórica; edificación e restos renacentistas; arquitectura civil e relixiosa

de tradición barroca no casco vello; arquitectura militar do século XVII

(murallas e fortalezas); un destacado neoclasicismo, remodelación da

zona histórica no século XIX.

Xoves día 26( de 16.30 a 20.30)

A arquitectura do ensanche: o suntuoso eclecticismo afrancesado, o

historicismo neomedieval; un singular modernismo pétreo; a arquitectura

rexionalista; o art déco, a renovación dun heterodoxo racionalismo, a

arquitectura de posguerra).

Venres día 27 (de 16.30 a 20.30)

A importante arquitectura funeraria na cidade de Vigo. Percorrido polo

cemiterio de Pereiró, comprobando que os estilos máis destacados da

“cidade dos vivos” está tamén presente na dos mortos.

MATRÍCULA: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

PREZOS: Afiliad@s CIG, soci@s AS-PG, 21€, Parados/as, 41€, Normal, 66€

Solicitada a homologación á Consellería de Educación por 20 horas lectivas.

XORNADAS

SETEMBRO 2013DE VERÁN

Page 7: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino XORNADAS DE VERAN.pdf · SEMINARIO: Proxectar, investigar, comunicar: reflexións sobre as ferramentas de traballo interdisciplinar. Xosé Fernández

organiza: colaboran: