updlimiaverin.files.wordpress.com file · web viewo microclima e o terreo de oímbra son propicios...

20
CONCELLO DE OÍMBRA Unhas pinceladas do Concello Enclavado xeograficamente na comarca de Monterrei. Accédese a el a través da N- 532 con destino a Portugal a tres Km de Verín, por esta estrada nacional tómase o desvío da estrada provincial OU- 411 e xa se está no término municipal de Oímbra. O concello de Oímbra é fronteirizo, na súa parte sur, con Portugal, o que motivou dende tempos inmemorables ata a actualidade relación moi estreitas. Cebe destacar que ó circular pola Autovía das Rías Baixas A- 52, accederase ó concello de Oímbra collendo a saída da A- 52 cara Verín e Portugal, estando debidamente sinalado Oímbra na glorieta existente no medio da N- 532 que se atopa a saída da autovía. É un territorio que se percibe abrazado pola raia , a través dos límites lusos de Montealegre e chaves. Localidades como Videferre e Bousés conviven en harmonía e nunha discreta existencia cos seus veciños lusos. Xuntos tecen dende tempo inmemorial historias e camiños compartidos. O Búbal baixa dende as ladeiras da serra de Larouco ata o val verinés para desembocar no Támega, do que é o seu principal afluente galego. Desemboca no lugar do Rosal (Oímbra). O seu nome sona a lenda: deriva da tribo castrexa dos bíbalos ou “bubali”. Habitantes da súa cunca na época

Upload: buituong

Post on 12-Apr-2019

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

CONCELLO DE OÍMBRAUnhas pinceladas do Concello

Enclavado xeograficamente na comarca de Monterrei. Accédese a el a través da N- 532 con destino a Portugal a tres Km de Verín, por esta estrada nacional tómase o desvío da estrada provincial OU- 411 e xa se está no

término municipal de Oímbra. O concello de Oímbra é fronteirizo, na súa parte sur, con Portugal, o que motivou dende tempos inmemorables ata a actualidade relación moi estreitas. Cebe destacar que ó circular pola Autovía das Rías Baixas A- 52, accederase ó concello de Oímbra collendo a

saída da A- 52 cara Verín e Portugal, estando debidamente sinalado Oímbra na glorieta existente no medio da N- 532 que se atopa a saída da autovía.

É un territorio que se percibe abrazado pola raia , a través dos límites lusos de Montealegre e chaves. Localidades como Videferre e Bousés conviven en harmonía e nunha discreta existencia cos seus veciños lusos. Xuntos tecen dende tempo inmemorial historias e camiños compartidos.

O Búbal baixa dende as ladeiras da serra de Larouco ata o val verinés para desembocar no Támega, do que é o seu principal afluente galego. Desemboca no lugar do Rosal (Oímbra). O seu nome sona a lenda: deriva da tribo castrexa dos bíbalos ou “bubali”. Habitantes da súa cunca na época castrexa obrigados polos romanos a traballar como escravos na construción da ponte romana de Chaves.

A localidade de Oímbra, acaroada ó monte, sobre o val é a capital do Concello. Atópase asentada na parte sur do monte “Outeiro”, que a resgarda do norte, nunha altitude de 409 m sobre o nivel do mar, pola parte sur e leste ocupa un terreo chairo e de gran fertilidade, adicado ós cultivos e polo oeste certos montes repoboados de piñeiros e árbores, predominando os carballos e

algún castiñeiro, formándose unha paisaxe moi pintoresca e de gran beleza.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

O microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén cebolas, leitugas, repolos, verzas, cenorias, allos ou tomates. Dende Oímbra resolven en gran medida as necesidades destes produtos en boa parte da provincia ourensá. Tampouco se poden esquecer as castañas e as patacas das terras altas e medias.

Tamén o viño, as súas terras altas son parte esencial da Denominación de Orixe Monterrei, con algúns dos viños de máis calidade da comarca.

No escudo de Oímbra plásmase una folla de vide de ouro acompañada no baixo de dúas crucetas patés, ou ensanchadas,

de gules. Mantelado de ouro, cunha oliveira da súa cor á destra e un castiñeiro do mesmo a sinistra. Bordura xeral de sabre con dez billetes de ouro. O timbre, coroa real pechada.

O Concello de Oímbra posúe 10 entidades singulares distribuídas en 7 parroquias:

Oímbra (Santa María): Oímbra e o Rosal. San Cibrao (Santa Cruz): San Cibrao. A Granxa (San Xoán): As Casas dos Montes e a Granxa. Videferre (Santa María): Videferre e Espiño. Rabal (Santo André): Rabal. Bousés (Santa Baia): Bousés. As Chás (Santa María das Neves): as Chás.

Unha mirada atrás

Existen varios comentarios e lendas que falan do seu pasado histórico.

Segundo Idacio, bispo de Chaves e natural da Limia, no ano 462 escribiu e publicou sobre as raíces do pobo “Aobrigens”, dándolle o nome de “Aurega” que procedía de “Aobriga”, palabra de orixe celta, dada a terminación “briga”, que significaba ponte e non cidade, terminación que levaba o nome dos pobos máis inmediatos ós ríos; esta palabra máis tarde foi latinizada polos romanos en Auria e Aurisina, formándose o adxetivo “Auriensis”.

Tamén fai referencia á palabra “Coelbriga”, “Coel” significa bosque e “briga” ponte. Con nome de “Coelbriga” refírese a unha poboación romana que no século III d. C existía na marxe dereita do río Támega, a pouca distancia do actual pobo de Oímbra, punto localizado no lugar denominado As Raposeiras, onde actualmente se conservan restos daquela antiga poboación, a que por

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

medio dunha ponte de madeira, sobre o río Támega, se comunicaba con outra cidade romana, situada entre as localidades de Mourazos e Tamagos, hoxe coñecida por “Muradella”, onde foi atopada unha estatua marmórea, que representaba a Donysos (Baco), que se conserva no museo arqueolóxico de Ourense.

Durante o século I d. C, os romanos abren a vía XIII, a que dende Chaves segue a Iria Flavia por Outeiro Seco, San Ciprián, Carregal (a 500 m ó oeste de Oímbra), subindo ó Castelo (onde existía unha importante cidade romana e antigo castro celta), baixando a Vilaza, para cruzar unha ponte romana sobre o río Búbal, Albarellos, Guimarei, dirección a ponte romana de Ourense. Xa metidos no século III da nosa era, un camiño secundario ábrese por Rabal, lado este de San Ciprián, Coelbriga (As Raposeiras), lado este de de Oímbra, Portela, Vagoeira- Vilaza, onde existía outra poboación romana, devastada no século V d. C, uníndose á entrada da ponte Búbal coa de Castelo o castro de Lobarzán- Chás.

No século VI, en tempos do rei Leovigildo, no punto hoxe coñecido por Ribeira de Fornos ou Carregal, aparece o asentamento dun pobo. As guerras eran frecuente e os pobos con escasas posibilidades de defensa, case sempre eran incendiados e destruídos. Os seus habitantes desprázanse ó monte Outeiro, parte alta do actual pobo de Oímbra, onde as posibilidades de defensa eran boas, fortificando a súa poboación, inicio da localidade co nome que procede “Aobriga” ou ben de “Coelbriga”.

Entre o s. XV ó XVII, a zona do “Alto Támega” viviu unha auténtica psicose de medo, debido á crenza nas meigas e os seus castigos, creándose os tribunais da Inquisición en Granxiña- Tamagos e en Videferre. Estas dependencias para comunicarse por Oímbra, constrúen sobre o río Támega unha ponte de madeira, acompañada duns pasadizos de pedra. Desaparecido nunha riada, a finais do s. XIX constrúen outro.

Polo ano 1630 coa chegada ó pobo de Oímbra de D. Juan Yáñez de Lugo, nace unha importante etapa histórica.

D. Juan, hijo de D: Alonso Yáñez de Lugo, inicia unha serie de obras que marcan unha época de gran esplendor, salientando a famosa Fonte de Soutullo, manancial de auga que nace na cara este do monte do mesmo nome; a súa construción levantouse en pedra granítica e tallada a man (ano 1637) cunha inscrición na parte superior cun escudo, resaltando unha cruz da casa dos Ribadeneira, as armas dos Bahamonde, os lobos rampantes e os acebos da casa dos Acevedo e as estrelas dos Fonseca, estes últimos relacionados cos Condes de Monterrei. De dita fonte, baixaban as súas augas, conducidas por unha cañaría de pedra, que cruzaba o regato do Carregal por unha pequena ponte dun arco , para abastecemento de auga a unha casa señorial, que por aquela data existía no barrio hoxe desaparecido da Lavandeira, a uns 300 m da localidade

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

Polo ano 1988, Don Sergio Núñez Balboa, adquiriu por compra, a mencionada fonte do Soutullo; que posteriormente desfai coa intención de instalala noutro lugar.

Debido ós frecuentes conflitos, combates e guerras con Portugal, os habitantes de Oímbra fortifican a poboación coa súa torre de defensa e en 1641 unha incursión portuguesa incendia e destrúe o seu castelo, refuxiándose as persoas nos montes de Soutullo e Santa ana (capela na honra á patroa do pobo), que milagrosamente se salvaron da morte, de aí lle ven o monte do Santo ou Soutullo.

Despois do ano 1668, ó firmarse a paz con Portugal e deslindarse a área fronteiriza, seguen pertencendo a Oímbra parte dos pobos de Cambedo e Souteliño, territorio que disfrutaba dunha dependencia foral, dentro do “Couto Mixto”, ligados a Portugal e a España. O día 29 de setembro de 1864, asinouse por ambos países o convenio representado polo Marqués da Ribeira e por D. Facundo Goñi, mentres que por Portugal asinaron, o Duque de Loulé e D. xacinto da Silva Mengo, pasando a totalidade de ditos pobos a Portugal, a cambio dos de Santiago, Maus e Rubiás a España, tratado este que entrou en vigor o ano 1865.

Outro acontecemento histórico foi, dende o mes de xaneiro ó 6 de marzo de 1809, data en que as tropas do Marqués da Romana permaneceron en Oímbra para facer fronte ós franceses, que mandaba Soult. O marqués da Romana refuxiábase no Castelo de Poboa de Sanabria e covardemente deixa abandonada a fortaleza de Monterrei e ós seus cambatintes, os que por iniciativa propia e ó amparo da súa sorte, teñen que facer fronte o exército francés dende o día 6 ó 10 de marzo de 1809.

As tropas do Mariscal Soult, o día 10 de marzo de 1809 reanudan a súa marcha a Portugal e o día 2 de maio do mesmo ano, son derrotados en Amarante, polo Xeneral D. Francisco Silveira Pinto de Fonseca Teixeira, quen por esta heroica fazaña, recibe o título de I Conde de Amarante. Soult cruza a fronteira, internándose en Castela e parte da forza retrocede a Galicia, acompañados de varias mulleres como reféns. Curiosa coincidencia a de Oímbra, que os franceses deixan abandonada a unha muller enferma, os veciños recóllena e préstanlle os coidados necesarios, logrando restablecerse e transcorridos uns anos morría nesta localidade, nunha casa sita na parte noroeste do pobo, quedándolle a esta barriada o nome de Amaranta para uns e amarante para outros.

Onde perderse

Xoias naturais.

Na parte oeste da localidade de Oímbra, nun regato que leva o nome de “Carregal” a unha distancia de 500 m da poboación, atópase o nacente dunha fonte de auga mineral, a cal brota á superficie entre unhas penas graníticas,

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

moi apreciada polos veciños dos pobos da comarca, utilizándoa como remedio curativo par enfermidades do aparato dixestivo e do ril, as súas propiedades son similares ás de outras augas mineiro- medicinais, non obstante, é pouco coñecida en zonas fóra dos municipios de Monterrei, Oímbra e Verín, posiblemente por falla de publicidade. Estas augas están fóra de calquera punto de contaminación, ó tratarse dunha zona despoboada e cuberta de árbores autóctonas, dentro dunha paisaxe de grande beleza.

No que respecta ó turismo Activo, Oímbra sorpréndenos con diferentes roteiros e paraxes naturais para a práctica de sendeirismo e cicloturismo, no que salienta o que se detalla a continuación:

Roteiro de sendeirismo “O lagar dos Mouros”

A roteiro de Sendeirismo “o lagar dos mouros”, está enclavada ó sur da provincia de Ourense na localidade de San Cibrao, discorre pola ladeira do Monte Soutullo, paralela á raia con Portugal e a outra rota portuguesa denominada “Rota do contrabando”, xusto na raia.

Trátase dun proxecto posto en marcha pola A.C. Santa Cruz de San Cibrao que puxo todo o empeño en facer unha rota “especial”, no senso de que a maiores do valor paisaxístico tivera un valor engadido a nivel de patrimonio cultural que a diferenciara doutras. E é que a rota do lagar dos mouros é unha senda de xente de San Cibrao, que a través do tempo a foi enchendo de vida como lendas e de lendas como vida. O imaxinario popular dos míticos e antiquísimos mouros galegos (metade xigantes, metade magos e meigas) ten aquí a súa morada.

Así, ó longo da rota atopamos 6 lendas, recollidas na aldea de San Cibrao, as cales, fan alusións a lugares concretos do monte Soutullo, na ladeira do cal discorre a rota e onde se sitúa cada un dos sinais.

Pártese do núcleo de San Cibrao, onde se atopa o primeiro sinal indicativo da rota, cara o cruceiro do s. XVII, dun importante valor patrimonial.

A poucos metros séguese camiño das terras monterías inmediatas paralelas á raia e acariñando o veciño Portugal atópase o primeiro sinal

Sobre este manancial existen algunhas lendas, relacionadas coas escaramuzas entre forzas dos exércitos portugueses e españois, nos que despois do combate, os feridos eran atendidos e curados con estas augas mineiro- medicinais e en poucos días estaban case curados e fora de perigo.

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

A fonte dos carballos

Houbo un tempo en que a xente de San Cibrao, ía colle-la auga á fonte dos Carballos, era unha auga certamente rica e fresca amén de posuír propiedades curativas. Ó mesmo tempo púñanse á sombra do carballo, que como todos sabemos é boa para a saíde. Era como unha especie de ritual que os veciños facían de cotío, mais un día declarouse unha treboada tan grande e vigorosa que semellaba ser a fin do mundo, un raio caeu no carballo que estaba ó pé da fonte, fíxolle tal fenda que o oco que quedou serviu de niño para unha serpe que alí botou os seus ovos, ovos dos que saíron serpes e serpes que escurrizaron á xente da fonte dos carballos para sempre.

Destas serpes, non só son perigosas as súas picaduras senón tamén o seu aire e mesmo a súa sombra.

E disque as tales cobras son mouras encantadas que gardan un tesouro na raíz do carballo que ninguén pode imaxinar, para desencantalas hai que primeiro cantarlle a seguinte cantiga:

Vamba

Non pensedes que o topónimo de Vamba ven dado porque si, esta parte do monte que é Vamba ten consigo unha lenda, canto menos ben curiosa; contáronnos que aló polo tempo dos mouros cando a vida se desenvolvía ó pé do monte Soutullo, que comprendería toda esta franxa que estamos visitando, xa cara ó fin, cando os Mouros foron expulsados polos Romanos un dos cabecillas dos Mouros, antes de marchar fuxindo no seu cabalo negro, chamado cabalo da fiaña, de cara ó monte de Vamba levantou o seu brazo dicindo,

“¡Vamba, Revamba, castillo moreno, cuanto dinero me quedais debiendo!”

É por isto que o penedo que está un pouco máis arriba do lagar dos mouros e no que consta unha inscrición que ninguén conseguiu descifrar, dis que dentro del, alí quedou o tesouro do que falaba o mouro cando fuxía, iso sí, tamén contan que pode que haxa un tesouro mais tamén pode que se alguén move o penedo en vez do tesouro atope unha peste mortal que asolague o lugar.

O penedo aínda aí se atopa, achégate a buscalo, ó mellor es ti quen o descifra.

introdutorio da rota e no cruce de camiños, á dereita chégase á Fonte dos Carballos, presidida por outra lenda.

Vóltase a retomar o camiño e agora monte arriba vaise tomando cos sucesivas lendas (O Souto, Vamba, a nenereniña, isto acabouse, etc.) que fan alusión a feitos concretos que dende antigo se sitúan neses lugares do monte.

Ó longo do camiño sorprenden vellos carballos, mimoseiras, xestas, toxos, e unha profusa vexetación na que reina unha fauna autóctona á que ninguén quere molestar.

No culme da rota, á dereita está a Fonte da Auga Ferra, da que mana unha auga mineral natural ferruxinosa.

Á esquerda, uns metros máis arriba, presidindo a ruta está o último sinal, coroado pola grande pedra que lle dá o nome “o lagar dos mouros”, con seguridade se trata dun antigo lagar, vestixio dun castro romano.

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

Como telón de fondo, vense as fermosas vistas do Val de Monterrei e a zona norte de Trasosmontes, do veciño Portugal.

En canto a áreas recreativas, o concello de Oímbra conta cunha praia fluvial, situada a 2 km do pobo e a 4 Km de Verín, está dotada de bancos, e barbacoa, todo en pedra e encravada nun lugar de indubidable beleza. Ademais existen dúas praias fluviais sobre o río Támega á altura dos pobos de Rabal e San Cibrao. No pobo das Chás atópase o río Búbal, de gran beleza. E na localidade da Granxa existe outra área recreativa sobre o río Búbal.

Tesouros arquitectónicos.

Igrexa de Santa María de Videferre. Igrexa do século XIX e de estilo clásico galego. O máis salientable é a imaxe da Piedade, do s. XVI e obra do Mestre Sobrado. Tamén posúe unha Inmaculada, que moitos autores atribúen a Juan de Angés.

Trazado: lineal

Grao de dificultade: Baixa, maioría das pendentes pouco pronunciadas

Distancia: 3 Km

Cómo chegar: Dende a A-52,rotonda-Oímbra,a 5Km.Desvío San Cibrao.

Fotos: Área recreativa do río Támega en Oímbra

Fotos: Área recreativa do río Támega en Rabal

Foto: Área recreativa do río Búbal na Granxa

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

Igrexa de Santa María das Neves do Rosal.- Igrexa encravada no lugar das chás e que pola súa arquitectura da mostras dun estilo barroco que abarca dende finais do s. XVI ata mediados do s. XVIII, presentando certas reformas no s. XIX. Consta dunha única nave. Portada principal sinxela na que destaca un campanario coroado por pináculos con bolas. Salienta unha cruz do s. XVII. O cemiterio parroquial levántase ó redor da igrexa.

Igrexa de Bousés. Igrexa do s. XVIII, de claro corte renacentista e con certos aires barrocos. Consta de tres naves con tres retablos. O máis salientable é a torre- campanario de tres corpos: o primeiro con balcón corrido de pedra, o segundo con balcón de forxa e o terceiro rematado nun cupulín octogonal e rodeado por pináculos angulares. A igrexa está rodeada por un muro de pedra que alberga o cemiterio municipal, presidido por un cruceiro de coidadas proporcións.

A igrexa de Bousés é unha das máis fermosas do concello. Queda cara ó alto da localidade.

Son admirables os seus tres retablos laterais (s. XVIII) e sorprende a súa composición externa cunha torre dunha laboriosa vistosidade. Dos perpiaños das fachadas van xurdindo pequenos milagres do xeito máis natural: longuísimos pináuclos, delicadas esculturas ou o reloxo de sol.

Igrexa de Santa María de Oímbra. Igrexa levantada no ano 1634, con estilo románico na parte superior, de bóveda casetonada e con retablos barrocos e rococós. Posúe ademais esculturas e unha custodia do s. XVIII. No interior da igrexa hai ademais, unha capela do s. XVII pertencente á familia Yáñez de Lugo.

A localidade de Oímbra tamén conta coa existencia doutra igrexa.

Igrexa das Casas dos Montes. Igrexa da Nosa Señora dos Remedios do século XIX.

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

O Concello de Oímbra ademais de igrexas tamén conta coa existencia de capelas. Unha  capela  é un templo relixioso, xeralmente de menor tamaño que unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha  igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.

Componse esencialmente dun  retablo, ou  altar  e  columnas  ou piares pequenos. O teito non adoita rematar cunha cúpula ou  bóveda.

Capela de San Antón. Situada na aldea das chás, seguindo un breve camiño peonil que semella acabado de xurdir dunha natureza primixenia, atópase esta capela de San antón, minúscula e fermosa, recentemente restaurada, con romaría en xuño na honra a este santo.

Capela de Santa Ana. Capela e miradoiro natural de Santa Ana a 660 m de altura, rotundo dominador do val verinés, desde a acrópole de Monterrei ata máis alá da raia, desde as terras altas ata o extremo do Larouco. É unha das máis completas e alegres vistas da comarca e o marco da principal romaría de Oímbra, cada 26 de xullo, desde

que aló polo s. XVI se construíu a capela para agradecer á santa que os veciños de Oímbra se salvaran, refuxiados neste lugar, da persecución dos exércitos portugueses.

Capela da Nosa Señora das Neves. Atópase na localidade do Rosal e tuvo dúas fases de construción: a primeira en época moi antiga e a segunda no século XVIII.

Capela do Carme. Situada na capitalidade do Concello. Fóra do pazo de Oímbra e separada por unha rúa veciñal atópase esta capela, de construción sinxela e de forma rectangular, con fachada de perpiaños encintados, coa súa portada en forma de arco e unha pequena espadana onde se atopa a súa campá.

A capela do Carme formaba parte do conxunto arquitectónico do pazo ou casa de recreo dos Condes de Monterrei, outros veciños do pobo chámanlle a

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

“capela dos Mansos”, parentesco e herdanzas relacionadas con D. Xoán Yáñez de Lugo.

Capela adxacente á nave central da igrexa parroquial de Santa María en Oímbra. Con porta de entrada polo interior do templo, onde está enterrado D. Xoán Yáñez de Lugo, a dita capela acompáñaa un escudo similar ó que figuraba na fonte Soutullo. Tamén repousan os restos mortais de D. Luis Manso, casado en Santiago de Albarellos, con dona Josefa Pérez, el recibira o Maiorazgo do seu pai, Xeneral Manso, herdeiro da Casa de Viana, quen contraera matrimonio en Oímbra coa filla dos señores Rojas Cirvacas.

Outra das mostras da arquitectura relixiosa son os petos das ánimas (mostra da cultura popular e da tradición), que son manifestacións materiais do culto ós  mortos e da devoción polas ánimas. No concello de Oímbra salienta o do Rosal.

Peto de ánimas do Rosal. Atópase encaixado entre as casas do pobo do Rosal, ocupando unha posición de encrucillada. Peto con forma de fiestra que carece de ornamentación presentando unha fornecina totalmente sinxela e lixeiramente arqueada na súa parte

superior. Carece de retablo aínda que probablemente o tivese e fose de madeira policromada.

O Concello de Oímbra conta tamén coa existencia de cruceiros. Un  cruceiro  é un monumento relixioso  constituído por unha cruz de  pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha  columna  asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de  camiños, adros

de  igrexas,  etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos  pagáns  á  natureza.

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura  galegas, intimamente vencellado á  paisaxe  rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e

Cruc. Casas dos Montes

Cruc. Casas dos Montes

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas,  xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis.

Existen varios cruceiros distribuídos polo concello, no entorno da capela de Santa ana, nas Casas dos Montes, na igrexa de Bousés, pero sen dúbida o que sobresae é o de San Cibrao, que merece unha especial atención.

Cruceiro de San Cibrao. Situado na parte oeste da localidade, é un dos cruceiros máis importantes da Diocese de Ourense. Na base, gravada en pedra granítica, pódese ler a súa inscrición: “Esta obra mandouna facer Francisco Crespo – ano 1754”. Sobre un fino fuste levántase a imaxe dunha Piedade de gran delicadeza na que impresiona sobre todo

a contida expresividade da Virxe, sostendo nos brazos o corpo morto de Cristo. É ademais un cruceiro vivo como poucos, no que as flores e as actitudes de recollemento ó carón do seu pedestal así o evidencian.

Outras construcións importantes de antano son os pazos rurais galegos definidos como tipos de casas solariegas tradicionais galegas, de carácter señorial, que teñen o seu apoxeo nos séculos XVII ó XIX, normalmente ubicados no campo, antigamente residencia de persoas importantes da comunidade.

No concello de estudo salienta o Pazo de Oímbra.

As reformas realizadas nesta casa transformaron en grande medida a súa fisionomía primitiva. Posúe un patio que da acceso a unha solana, onde hai unha pedra de armas. Outro interesante escudo está situado no interior da vivenda

situado na esquina sureste da praza Maior de Oímbra, foi lugar de descanso dos Condes de Monterrei, estando en pleno auxe dende mediados do s. XVII ata finais do s. XVII, empezando a decaer posteriormente.

Riqueza histórico- cultural.

Cruceiro Santa Ana

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

Vella calzada en Oímbra. Calzada de posible orixe romana e feitura medieval que leva, nun trazado duns 150 metros cada vez máis empinado, ata a igrexa parroquial. É un itinerario imprescindible polo seu valor patrimonial e paisaxístico, en perfecto estado de conservación trala súa restauración.

Castro de Castelo das Chás. Atópase no lugar do Rosal, dominando gran parte do val de Monterrei. Aprécianse murallas, fosos, construcións de habitáculos e fontes, así como vestixios de épocas posteriores: restos de edificacións defensivas e sepulturas antropomorfas.

En Oímbra, seguindo os indicadores que levan ós barrios do Castelo e a igrexa descóbrense os restos da antiga fortaleza, así como unha arquitectura popular notable. Os conflitos con Portugal nos s. XVI e XVII, que as xentes da zona se limitaron sobre todo a padecer, deixaron os seus rastros, entre eles os vestixios das vellas torres defensivas, destruídas polos exércitos lusos no período citado.

No contorno de Santa ana, tamén existen restos dun antigo castro cristianizado (s. III- IV) e dun posible eremitorio altomedieval.

O lagar dos mouros. Un antigo castro no Monte soutullo que o imaxinario popular transformou nun lugar de “mouros” e onde durante as guerras con Portugal se refuxiaron algunha vez os veciños. En calquera caso, entre as pegadas doantigo castro aprécianse dúas cavidades. Nunha pisaríase a materia prima da que se tratase e na outra recolleríase aquela en forma de líquido.

Muíño en Rabal.- Un  muíño  é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o  trigo  e o millo, para obter  fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ó xirar segue a forma da anterior. Tamén pode

ter forma de disco e entón chámase  moa.

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

Para mover a pedra utilizábase neste concello fundamentalmente a enerxía hidráulica.

No Concello de Oímbra, salienta o muíño de Rabal (privado), non pola construción en si soa, se non tamén polo entorno que o rodea. Tamén a localidade da Granxa conta coa existencia doutro muíño.

Fornos.- Servizos da vida rural tradicional resolvíanse nuns elementos comunais como poden ser os fornos,

nexos de unión dos veciños dos pobos. Hoxe en día moitos deles son restaurados, unha mostra son os fornos localizados nas aldeas da

Granxa (Imaxe á esquerda) ou Videferre (á dereita).

Outras cousas que ver

Tamén polas rúas de todas e cada unha das localidades do Concello atopamos prazas, lavadoiros, fontes e construcións de máis recente creación; unha mostra pode ser a que se amosa na imaxe: trátase dunha rocha ou penedo con varios furados no núcleo do Rosal asentada nun lugar de recreo e

esparcemento. Tamén salienta entre outras a praza do Concello de Oímbra co

seu parque, a das Vidreiras de San Cibrao, ou praza das Laxes en Videferre.

Un alto no camiño

Foto: Parque de Oímbra

Foto: Praza de Videferre

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

Unha mostra da cultura dos pobos son as súas festas. Co cal sería moi interesante visitar o Concello e facer unha parada nalgunha destas festas populares.

Entroido de Oímbra. En Oímbra sobresae unha festa por enriba de calquera outra. Unha festa que se vive cunha intensidade tremenda e que se celebra dun xeito tradicional.

O domingo é o día máis tranquilo. Baile con disfraces e algunha fariña, pero o Entroido concéntrase sobre todo no luns e martes de carnaval. No chamado “luns de adegas”, os veciños acompañados pola charanga, percorren as adegas do pobo – hai máis dun cento- , comendo, bailando sen descanso e sobre todo bebendo. Todo iso con carreiras inesperadas cando algún aparece co caldeiro na man repartindo a mansalva sacos de formigas para caldear un pouco o ambiente. A noite remata na praza con alegría xeral.

Máis sorprendente é aínda o día seguinte, martes, pola mañá os veciños adícanse a facer os fachucos e o moneco do Entroido. Pola tarde, previo recorrido polas rúas do pobo, lévase todo para a praza. Logo do baile, merenda popular e cando cae a noite, e coas luces apagadas, préndeselle lume ós fachucos, e logo de desfilar polas rúas, remátase na praza para a queima do Entroido. Unha parte importante do martes de Entroido é a

lectura dos entremeses.

Festa do pemento. O primeiro fin de semana de agosto celébrase a feira de exaltación do pemento, o produto máis típico da horta local, reunindo a milleiros de persoas do noroeste peninsular.

Esta feira iniciouse en 1998 pero foi no ano 2009 cando tivo lugar a declaración da Festa do Pemento de Oímbra como de interese turístico galego.

Festa de homenaxe ó máis sobranceiro fillo da horticultura local, o pemento de Oímbra, que grazas ós esmerados coidados e microclima confirmouse nos últimos anos como unha das de máis calidade de Galicia.

Os entremeses son textos rimados que case sempre versan sobre o reparto dalgún animal que morreu no pobo durante o ano. Poñen de manifesto a fina ironía que se gasta nas zonas rurais, e a súa composición entraña unha gran dificultade. Gozan de moitísima aceptación por parte de todo o mundo e sempre se len o martes cara a noitiña.

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

O pemento ten aquí longa tradición. É o resultado da selección das mellores sementes e da súa adaptación ás condicións climáticas e edafolóxicas desta parte do val de Verín.

Festa de Santa Ana. O día 26 de xullo celébrase a festa patronal en Oímbra na honra a Santa Ana.

No concello de Oímbra tódalas localidades teñen o seu día grande, no que salientan entre outras as de:

Casas dos Montes, os Remedios o 8 de setembro. As Chás, o San Antón o 13 de xuño e as Neves o 5 de agosto. Espiño, San Roque o 16 de agosto. A Granxa, San Xoán o 24 de xuño. Bousés, o Corpus Christi con data variable. Rabal, San Antonio o 13 de xuño. O Rosal, as Neves o 5 de agosto. San Cibrao, a Santa Cruz o 14 de setembro. Videferre, San Antonio o 13 de xuño.

Existen varios lugares para repostar forzas:

Onde comer

No Concello de Oímbra existen varios bares e cafeterías, entre eles:

- O Cacharreiro, Bousés, 13.

Distínguese o pemento de Oímbra pola súa cor clara – una especie de verde auga- entre xuño e agosto e por un encarnado luminoso dende finais de agosto ata o remate da tempada, entre mediados e finais de setembro. Destaca tamén pola súa pel lisa e fina e o seu tamaño considerable: acada una lonxitude media de 10 Cm e un peso que supera os 100 gr. A súa grosa carne é dun sabor que non se esquece: suave e profundo, espallando aromas.

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO microclima e o terreo de Oímbra son propicios para a horticultura. Non só o pemento (produto estrela do Concello), se non tamén

- Plácido, Avda Oímbra, 18, O Rosal.- Macía Regueiro, J., Rabal S/N, Rabal.- Pardo Rodríguez, J., Estrada Oímbra- Videferre 19, Oímbra.- González González, R., Estrada Oímbra- Videferre S/N, Videferre.

Onde durmir

O turismo rural estase a promocionar nestes últimos anos.