un dos oficios mÁis antergos de galicia os...

9
Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 24 UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROS: No mundo actual, onde as ciencias e as novas técnicas condicionan de forma total o noso xeito de vida, asistimos á irremediable transformación das artes, oficios, tradicións e calquera tipo de manifestación da cultura galega. Así, temos que moitos oficios xa desapareceron ou só se conservan de forma testemuñal. Este é o caso do oficio de cesteiro, que por mor do empuxe das fibras sintéticas, e máis concretamente do plástico, só perdura en casos moi limitados. Galicia presenta unha riqueza moi grande en canto á cestería se refire, tanto polos materiais empregados como pola forma de fabricación. Atopáronse sinais de tecidos feitos con ponlas, que cubertos de barro, formaban parte das vivendas, tal como se pode comprobar polos anacos de cerámica con impresións de pólas atopados no Castro de Cameira. Tamén coñecemento de que tecidos de varas servían para armazón de pequenas embarcacións que logo se recubrían de coiro. E os queipos, tecidos con variññas finas, para seren usados nos labores de lavar o ouro. A vida e a arte dos cesteiros estivo moi ligada, sobre todo na Galicia rural cos labores do campo e os trafegos da pesca. Neste senso e doado facer mención a unha cestería de grandes dimensións relacionada coas actividades do campo. Os cabazos, as canizas do carro, o canizo para achanzar a terra... son algúns dos exemplos máis representativos deste tipo de cestería. A arte de tecer a base fibras vexetais é unha das mááis antigas da humanidade, anterior á cerámica que supón maior complexidade técnica e obedece á necesidade de gardar e carrexar cousas para a vida cotiá. Os materiais empregados son naturais e non están suxeitos a complicados procesos de preparación previa. Estes van dende os silvestres de monte baixo e ribeira, tales como: canas, xunco, vimbio, etc., ata ás distintas especies de árbores da nosa vexetación, sendo o castiñeiro, o carballo, o salgueiro e a bidueira os máis empregados. A técnica cesteira é basicamente sinxela, pois consiste no trenzado ou entrecruzado dos materiais empregados, e segundo sexan estes, as técnicas presentas diversas variantes, atopando en Galicia representación de todas elas, agás das que empregan o esparto. Podemos considerar dúas clases de artesáns: unha os do rural ou campo e outra os da vila ou cidade. Os primeiros acostumaban a facer unha vida inqueda, dun lugar para outro, parando nas casas onde lle ofrecían traballo e, rematado este, continuaban cara outra casa ou aldea co seu instrumental ó lombo, o cal non era moito nin moi pesado. Este traballo era fundamentalmente práctico e baseábase na construcción de útiles

Upload: others

Post on 03-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 24

UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIAOS CESTEIROS:

No mundo actual, onde as ciencias e as novas técnicas condicionan de forma total o noso xeito de vida, asistimos á irremediable transformación das artes, oficios, tradicións e calquera tipo de manifestación da cultura galega. Así, temos que moitos oficios xa desapareceron ou só se conservan de forma testemuñal. Este é o caso do oficio de cesteiro, que por mor do empuxe das fibras sintéticas, e máis concretamente do plástico, só perdura en casos moi limitados.

Galicia presenta unha riqueza moi grande en canto á cestería se refire, tanto polos materiais empregados como pola forma de fabricación. Atopáronse sinais de tecidos feitos con ponlas, que cubertos de barro, formaban parte das vivendas, tal como se pode comprobar polos anacos de cerámica con impresións de pólas atopados no Castro de Cameira. Tamén coñecemento de que tecidos de varas servían para armazón de pequenas embarcacións que logo se recubrían de coiro. E os queipos, tecidos con variññas finas, para seren usados nos labores de lavar o ouro.

A vida e a arte dos cesteiros estivo moi ligada, sobre todo na Galicia rural cos labores do campo e os trafegos da pesca. Neste senso e doado facer mención a unha cestería de grandes dimensións relacionada coas actividades do campo. Os cabazos, as canizas do carro, o canizo para achanzar a terra... son algúns dos exemplos máis representativos deste tipo de cestería. A arte de tecer a base fibras vexetais é unha das mááis antigas da humanidade, anterior á cerámica que supón maior complexidade técnica e obedece á necesidade de gardar e carrexar cousas para a vida cotiá.

Os materiais empregados son naturais e non están suxeitos a complicados procesos de preparación previa. Estes van dende os silvestres de monte baixo e ribeira, tales como: canas, xunco, vimbio, etc., ata ás distintas especies de árbores da nosa vexetación, sendo o castiñeiro, o carballo, o salgueiro e a bidueira os máis empregados. A técnica cesteira é basicamente sinxela, pois consiste no trenzado ou entrecruzado dos materiais empregados, e segundo sexan estes, as técnicas presentas diversas variantes, atopando en Galicia representación de todas elas, agás das que empregan o esparto.

Podemos considerar dúas clases de artesáns: unha os do rural ou campo e outra os da vila ou cidade. Os primeiros acostumaban a facer unha vida inqueda, dun lugar para outro, parando nas casas onde lle ofrecían traballo e, rematado este, continuaban cara outra casa ou aldea co seu instrumental ó lombo, o cal non era moito nin moi pesado. Este traballo era fundamentalmente práctico e baseábase na construcción de útiles

Page 2: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 25

axeitados para as tarefas do campo,fuxindo case sempre da estética. Durante as épocas de colleita (patacas, millo e vendima) este traballo víase acentuado pola demanda.

Ademais destes artesáns do rural, tamén hai que ter en conta que moitos labregos amañábanse para facer os seus propios útiles segundo as necesidades e a época. Había por tanto unha cestera de necesidade que realizaba cada quen para si mesmo. Neste punto convén recordar que en moitas aldeas sempre había un “milmañas” que ó igual que capaba porcos ou asistía ós partos das vacas, taméén facía cestos ou o que cadrase. Temos por tanto que, coincidindo coas colleitas máis importantes acentuábase a construcción de cestos e cestas.

Lembro que meu pai, pola época da vendima, facía unhas cestas de vides moi xeitosas. A tal fin apañaba no período da poda as vides máis longas do caíño e do catalán. Atábaas, estiradas en mollos, e logo levábas á Xunqueira onde as enterraba na lama, poñéndolle unhas pedras derriba para que non llelas levase a marea. Facía todo isto co fin de que a auga do mar lles dese consistencia e elasticidade. Así, ó estar dondas, non partían ó torcelas cando se facía a cesta. Este costume era tan habitual no meu lugar, que polo sitio onde estivesen colocadas as vides xa se sabía de qué veciño eran.

Convén non esquecerse das tarefas da pesca. Cestas, patelas e nasas son os útiles máis representativos desta arte, polo que o cesteiro ambulante soía aproximarse ás vilas mariñeiras nos meses de inverno, cando os labores do campo esmorecían, para realizar os traballos de reparación e construcción destes útiles. Ata a década dos oitenta era doado ver polas mañás a carón da Praza de Abastos de Pontevedra algún cesteiro que se dedicaba a compoñer as cestas das peixeiras. Logo, pola tarde, adoitaba achegarse ata ás zonas do rural máis próximas á vila para realizar algúns traballos, que case sempre lle foran encargados con antelación.

Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas que basicamente son as que seguen:

O BURRO, que é unha peza prismática de madeira de grosor variable, dun metro e medio de longa, se o cesteiro traballa de pé, é máis curta se traballa sentado. A COITELA, que é unha peza espatelada de ferro, afiada por un dos cantos e con dous mangos virados para o lado onde ten o fío. Completa o listado do material a fouce, o macico, as cuñas o calco e os ferros de furar.

O cesteiro cando fai útiles prácticos, sobre todo para as tarefas do campo ou tamén do mar, empregaba case sempre madeira de carballo ou castiñeiro, que ás veces combinaba con vimbios. Para esto buscaba árbores novas, dereitas e que tivesen

Page 3: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 26

poucos nós, xa que isto restáballe consistencia á madeira. Logo de cortar os toros, pasábaos polo lume ata lle chamuscar a casca e de seguido quitáballa. Despois, cun podón ou fouce, ías fendendo ó longo do pao seguindo as veas da madeira. As tiras resultantes reciben o nome de vergas, estilizas, corres ou costelas. A continuación as que saíían con defectos pasaban ó burro onde eran amañadas coa axuda da coitela. Realizada esta funcióón comezaba o proceso de elaboracióón do utensilio desexado.

O cesteiro, se quer facer un cesto, colle varias vergas e ponas no chan, dispoññééndoas segundo queira facer un obxecto de base cuadrangular ou redonda. Logo comeza a tecer con outras vergas ou con vimbios, segundo cadre, ata facer o fondo. De seguido crava no chan varios paos para evitar que “descarrile” o traballo e, collendo máis vergas ou vimbios, continúa tecendo en redondo ata altura desexada para o cesto. Por último só queda facer o remate. Cada cesteiro acostumaba ter o seu estilo propio, pero basicamente consistíía no seguinte: collíía os ferros, poñíaos ó lume e logo facía unhas furas nas puntas das vergas. Despois collía unha vara longa de castiñeiro e rodeaba a boca do cesto, para de seguido coller unhas vergas finas e cinguir a vara contra as vergas verticais da cesta ou cesto. Convén recordar que se os traballos do cesteiro ían ser empregados par conter líquidos tiñan de ser embreados.

Por outra banda o cesteiro da vila ou cidade era fundamentalmente sedentario e dispoñía dun pequeno taller que facía ás veces de tenda. Traballa máis en fino e emprega materiais moi diversos e delicados, tales como vimbios, xuncoscanas e palla. As vergas teñen un uso moi limitado. Os traballos que fai son moi diversos e con distinta finalidade. Basicamente estaban destinados áás necesidades do fogar. Igual facía cestos, cestas da compra, selas, mesiñas ou adornos para lámpadas, berces e andadores para nenos acabados de nacer, bolsos con vimbios e palla, etc.

Este tipo de cestería atópase hoxe en día moi desvirtuado por mor dos materiais empregados, xa que o plástico e outras fibras artificiais fixeron a entrada nos talleres destes artesáns. Outra causa éé a comercialización de productos vidos de fora, así como a industrialización do sector. Pouco a pouco, o cesteiro de cidade foise convertendo cada vez máis en comerciante e menos en artesán.Os cesteiros de Galicia formaban un oficio cunhas características moi especiais, xa que constituían un xeito de gremio e ata tiñan unha linguaxe propia A VERBA DOS CESTEIROS- a semellanza dos canteiros e afiadores. Velaquí unha pequena mostra dalgunhas verbas empregadas por eles:

Os cesteiros de Galicia formaban un oficio cunhas características moi especiais, xa que constituían un xeito de gremio e ata tiñan unha linguaxe propia A VERBA DOS CESTEIROS- a semellanza dos canteiros e afiadores. Velaquí unha pequena mostra

Page 4: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 27

dalgunhas verbas empregadas por eles:

Docaito - machado / achapar - morrer / Chumo - viñño / chumar - beber / Egueiro - leite / longuiñño - centeo /Escaino - muííñño / horxe - madeira / Entaleigar - saber /xabil - diññeiro / Erena - bruxa / lucio - díía / Marila - pita / raucha - noite / Pielo - béébedo / cadino - enfermo / Balbinaxe - si / nente - non / Ferrexar - traballar / caxaca - lobo / Chapona - chaqueta / galrupar - falar / Lampaneiro - coello / oreta - auga / Charramaneiro - ferreiro / Dalbarteiro - carteiro / Marila da tedra - perdiz / Liorna dos Biscornios - Lisboa.

Tamén son moitas e variadas as coplas sobor dos cesteiros. Sirva como mostra a seguinte copla:O que fai un cesto fai centose lle dan vergas e tempo.

E aínda hoxe en día lembramos aquela cantilena con que os cesteiros ían anunciándose ós veciños polos rueiros.¡Co om... poon cestas! E soíanlle remedar os rapaces.¡Tamén burros e bestas!

Non cabe dúbida, por tanto que os cesteiros, ó igual que outros oficios desenvolveron en Galicia unha arte e unha cultura que por desgracia esmoreceu a causa dos avances das novas técnicas e do tan gabado progreso

“Contos que van para a feira”:

Un cesteiro foi para unha casa traballar do seu oficio, escomenzou ben cediño: fixo as latas, esqueinounas, cortou o bimbios, as corres, esfolounas,etc; e despois de facer varias cestas e varios cestos perguntou se tiñan algún arranxo para facer, a ama da casa troixolle unhas cestas, algún cesto e outros apeiros, ata que o home xa cheo de amañar trebellos , nun tono socarrón e de retranca, preguntou: ¿ Hai máis putas pa confesar? .

“Fuxan os Ventos”Somos probes cesteiros,cestos que compoññer,probiños de nosoutrosque vamos morrer.

Fame que temos,¡vaia por Dios!non sei se é fameou se será tós;entra pola boca,sale polos pés,todo este mundo

Cando vamos á feiracos cestos a venderchamamos ás mulleresque nolos veñan a ver.

E son bos cestosse son, son, son,que coma os meusnon hai ningún bone son bos cestos,miremos ben,pois coma os meus

Cando vamos prá vilapola caie raialquedan as señoritassentadas nun portal.Elas, moi empolvadas,saen pro miradore falan polos dedospalabriñas de amor.

Eses son cestoseses son, son,en todos eles

Page 5: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 28

anda ó revés. xa non os fai ninguén. non hai un bon.Víste-los cestosvístelos benpois coma elesnon os fai ninguéén.

Anónimo

“ Dun mozo a unha moza”.

“DURME TÍ, VIVE E DESCANSAE POR MÍN NON TEÑAS PENA,QUE ME TÉS TAN SEGUROCOMO A AUGA NUNHA CESTA”.

¡ Vaite tomar por donde se empezan as cestas!

Aquel mozo deixouna encestada (fixolle un cesto).

Deitar coma unha cesta. Ser un bo cesto.

¡Heche feita coma un cestiño!

O cestiño das agullas.

Escualas castañas no cesto.

MUSEO CASA DO PATRÓN

FOTOGRAMAS DO DVD DO OFICIO DOS CESTEIROS

RECOLLENDO BIMBIOS RECOLLENDO CODESO

Page 6: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 29

PALLA PARA OS SOMBREIROS QUENTANDO OS PAOS DE CARBALLO

CORTANDO O PAO FENDENDO O PAO DE CARBALLO

RECOLLENDO BROTES DE CARBALLO RECOLLENDO VERGAS DE SALGUEIRO

Page 7: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 30

LABRANDO A ESTELA NO "BURRO" DESVASTANDO A ESTELA COA PODA

BASE DA CESTA DOBRANDO AS ESTELAS PARA QUE COLLAN FORMA

CESTA MEDIO FEITA RETORCENDO O LORO

Page 8: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 31

DÁNDOLLE FORMA AO LORO MODELOS DE CESTAS

MODELOS DE SOMBREIROS TRENZANDO A PALLA

OBXECTOS DE PALLA

Page 9: UN DOS OFICIOS MÁIS ANTERGOS DE GALICIA OS CESTEIROScentros.edu.xunta.es/ceipdecerdeirinhas/files/6... · Para o desenrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas

Seitura. CEIP Cerdeiriñas. Curso 2008-2009. Páx. 32

VISITA A SANTIAGOO día 29 do mes de abril os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fomos a Santiago para realizar unha serie de actividades: ver un museo, unha obra de teatro e facer un obradoiro de consumo.

Saímos do Colexio ás 9:45 e fomos nun microbús que non corría moito. Deixounos na Praza de Galicia e xa tivemos que ir case a correr porque ás 10:30 iamos facer unha visita ó Museo Eugenio Granell.

Alí recibíronnos algúns alumnos da Facultade de Historia quenos fixeron de guía e, Eduardo, a persoa que leva o de educación. Primeiro visitamos a exposición de Jorge Camacho que se recollía ese día e estaba no primeiro piso. Chamounos a atención o seu tipo de pintura e logo déronnos unha tarxeta para decorarlle para o autor cos materiais que nos deron eles: saíron cousas moi orixinais. Vimos logo a obra de Eugenio Granell.

Saímos contentos e con desexos de volver algún día con máis tempo.

Fómonos xa ó Pazo de Congresos e Exposicións onde a compañía de teatro Teloncillo, representou para varios colexios a obra “Marco Polo”. Como xa na clase falaramos del como escritor e viaxeiro foinos moi fácil seguilo desde Venecia ata China e, tamén, na súa viaxe de volta. Gustounos moito: foi a primeira vez que vimos unha obra de teatro fóra do Colexio e nunha sala e escenario axeitados para ela.

E, sen perder tempo, fómonos á Escola Galega de Consumo. Alí fixemos un Obradoiro de Linguaxe publicitaria. Atendeunos Patri. Primeiro explicounos que podía haber tres tipos de publicidade: desleal, enganosa ou subliminal. Vimos algúns exemplos.

Logo, divididos por grupos e cos materiais que nos dou, elaboramos carteis publicitarios anunciando dende unhas zapatillas de descanso ata mochilas guai!

Saíronnos a todos moi ben. Por eso nos agasaiaron cunhas mochiliñas...

Eran xa máis das dúas da tarde e estabamos con moita fame por eso nos fomos comer a Área Central. Alí, quedounos algo de tempo para ir gastar cartos en chucherías e xa collemos o autobús para estar ás catro no Cole e voltar ás nosas casas.

Pasámolo moi ben pero queriamos que durara máis tempo...

( José M. Puga, Cecilia e Tamara)