traballo sobre o peón

21
Polo San Martiño PEÓNS AO CAMIÑO! Polo San Martiño PEÓNS AO CAMIÑO! CEIP Plurilingüe de Andrade Curso 2015 - 2016 CEIP Plurilingüe de Andrade Curso 2015 - 2016

Upload: andrade

Post on 24-Jul-2016

228 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Traballo sobre o peón

Polo San MartiñoPEÓNS AO CAMIÑO!

Polo San MartiñoPEÓNS AO CAMIÑO!

CEIP Plurilingüe de AndradeCurso 2015 - 2016

CEIP Plurilingüe de AndradeCurso 2015 - 2016

Page 2: Traballo sobre o peón

AS ORIXES DO PEÓN

Page 3: Traballo sobre o peón

É difícil concretar cando e onde apareceu o primeiro peón.

As súas orixes remóntanse ás culturas da Idade de Pedra.

Page 4: Traballo sobre o peón

En Grecia eran coñecidos co nome de Strobilo, strombo ou bembix.

Foi un xoguete habitual nas culturas grega e romana.

Pero foron as lexións romanas as que estenderon, ao ritmo das súas conquistas, a tradición do xogo do peón.

Page 5: Traballo sobre o peón

Durante a Idade Media o peón estaba bastante difundido por toda Europa. En Inglaterra usábase en cerimonias cristiás.

Page 6: Traballo sobre o peón

Na Idade Moderna era habitual, en toda Europa, empregar as buxainas no canto dos dados, como xogo popular.

Eran unhas buxainas de seis ou oito caras numeradas. Facíanse virar co dedo polgar e, ao deterse, amosaban o número gañador na

cara superior.

Page 7: Traballo sobre o peón

A FABRICACIÓN DO PEÓN

Page 8: Traballo sobre o peón

Desde sempre a fabricación do peón foi unha tarefa artesá non especializada. Os carpinteiros eran os que acostumaban facer este xoguete.

Canto máis pesada é a madeira utilizada mellor bailará o peón.

Page 9: Traballo sobre o peón

As madeiras máis preciadas son o buxo, o carballo e a aciñeira.

Page 10: Traballo sobre o peón

As sementesA folla de lata

Outros materiais empregados para fabricar peóns son:

Page 11: Traballo sobre o peón

OS TIPOS DE PEÓN

Page 12: Traballo sobre o peón

Bailaretes: peóns pequenos que se fan bailar cos dedos índice e polgar.

Segundo a forma en que se fan bailar, reciben distintos nomes.

Peóns: fanse bailar cunha piola.

Page 13: Traballo sobre o peón

COMO XOGAR?

Page 14: Traballo sobre o peón

Para facer bailar o peón envólvese un cordel dende a capa ata o ferrón, tirante e cas voltas xuntas e apertadas.

Envólvese ata a metade do peón e o cabo sobrante sostense coa man.

Levántase o brazo e lánzase con forza ao chan mentres se estira a piola.

Page 15: Traballo sobre o peón

é o momento para recollelo coa man

sen que deixe de bailar.

Cando o peón colle a velocidade e estabilidade máximas

Page 16: Traballo sobre o peón

Un dos xogos máis populares é:

“Ao rebumbio”Co extremo do peón trázase un amplo círculo no chan; todos os xogadores lanzan o seu peón dentro do círculo e ten que saír bailando. Se queda dentro, os outros xogadores, ao lanzar o seu, tratan de sacalo cun golpe e, se o conseguen, quedan con el.

Page 17: Traballo sobre o peón

Carlos Solís

Os últimos campións do mundo de baile de peón acrobático

son mexicanos.

Gustavo Castro

Marco Ramírez Gerardo Montero

Page 18: Traballo sobre o peón

UN XOGUETE UNIVERSAL

Page 19: Traballo sobre o peón

Os peóns xaponeses teñen unha gran riqueza decorativa.

Na Nova Guinea e Borneo, os indíxenas fan virar peóns despois

da sementeira.

Page 20: Traballo sobre o peón

No norte de África, os nenos da cultura bereber xogan ao “zarbot su foj timiad” (o peón saca moedas).

Un xogo moi semellante, chamado “ao sacar moedas”, xógase en

Bolivia e Porto Rico.

Page 21: Traballo sobre o peón

Se queres aprender máis sobre o mundo do peón, visita:

baldufa.com

brinquedia.net

Na nosa biblioteca:

Chirlosmirlos (Enciclopedia dos xogos populares de

Antón Cortizas)

Tastarabás(Enciclopedia de binquedos tradicionais de

Antón Cortizas)