textos farias 25 outubro 2010

12

Upload: rodiles

Post on 12-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Cinco textos breves con ilustracións

TRANSCRIPT

Page 1: Textos Farias 25 outubro 2010
Page 2: Textos Farias 25 outubro 2010

Andrea Aneiros Sabín, de 4º de primaria, escolleu este texto para ilustrar:

Unha tarde, mentres o paxaro azul voaba arredor do cataventos e a paxariña verde perseguía polo aire unha semente de pensamento, comezou a chover. O paxaro azul, que naceu onde sempre é verán, pensou que o mellor sería poñerse a cuberto, non fose ser que as súas plumas destinguisen por culpa da auga.A paxariña verde pensou o mesmo e os dous viñeron cadrar debaixo das pólas dunha ameixeira, que é unha árbore de flores brancas e follas moradas.

“Algúns nenos, tres cans e máis cousas” Xoán Farias

Page 3: Textos Farias 25 outubro 2010
Page 4: Textos Farias 25 outubro 2010

Joni Reborido Crespo, de 6º de primaria e Ismael Conchado Camacho escolleron este texto para ilustrar:

La Branca quedó embarazada y a la de parir, Xusto le hizo cama en una cueva.

La cueva estaba, está frente a la mar abierta, cerca de la playa que aún llaman “dos mortos”. En la cueva , Xusto encontró una calavera y la usó de palmatoria.

“Bandido” Xoán Farias

Page 5: Textos Farias 25 outubro 2010
Page 6: Textos Farias 25 outubro 2010

Alba Rama Carneiro e Laura Sanjurjo López, de 5º de primaria, escolleron este texto para ilustrar:

As mazás había que collelas dunha nunha e encher cestos. Benxamín dicía: -Con cariño, que é froita de mesa.

Foi unha festa. Collías mazás, comías mazás, ulías a mazá entre o zunido das abellas atordadas e os gritos, o ir e vir e tanto afán por facer un traballo ben feito. Rematamos á posta do sol, á hora na que, moitos anos antes, nos tempos de Maríacastaña, o dragón da Cova do Sal saía cazar princesas para a cea.

“Desde o corazón da mazá”Xoán Farias

Page 7: Textos Farias 25 outubro 2010
Page 8: Textos Farias 25 outubro 2010

Gloria Chao Calvo e Nuria Tizón González, de 6º de primaria, escolleron este texto para ilustrar:

Ela recordáballe que tiña que coidar as flores, dicíalle que abrochase

a petrina e que non saíse sen levar a pucha. Quen pasase por alí, se non era

veciño, aínda había pensar que era un vello falando só, falándolle ao aire.

O que sabía, sabía que o Rapaciño non falaba só, que falaba con Ela.

“Galego. Á beira do mar”

Xoán Farias

Page 9: Textos Farias 25 outubro 2010
Page 10: Textos Farias 25 outubro 2010

Lucía Huergo Pita e Paula Lorenzo Rodríguez, de 5º de primaria, escolleron este texto para ilustrar:

Pero en canto se descuidaban os que querían ter coidado, el escapaba á buceta, a remar, a irse mar arriba a ver se pescaba cousas.

E algo pescaba, que sempre soubo como facelo, pescaba para os gatos, non levaba o peixe para casa que se ían enfadar con el. -Un día destes váisenos á auga avó. -Pos móllome. E xa había desgusto para un bo anaco.

“Galego á beira do mar” Xoán Farias

Page 11: Textos Farias 25 outubro 2010
Page 12: Textos Farias 25 outubro 2010