tempo e clima
TRANSCRIPT
TEMPO e CLIMA
TEMA 5
Tempo e clima
1. A atmosfera
2. A temperatura
3. A humidade do aire e as precipitacións
4. A presión atmosférica e o vento
05
Introdución • Os fenómenos atmosféricos que inflúen
no tempo e no clima danse na parte baixa da atmosfera, chamada troposfera.
• O tempo refírese á situación da atmosfera nun lugar e nun momento determinados.
• O clima refírese ás condicións atmosféricas que se dan nunha rexión nun período longo de tempo (un mínimo de 30 ou 40 anos) e que chegan a caracterizala: clima atlántico, clima tropical...
05
A atmosfera• A atmosfera é unha capa gasosa de máis
de 1000 km de espesura que envolve a Terra.
• A atmosfera evita que os raios solares cheguen directamente á superficie da Terra, facendo posible a vida no noso planeta.
• A atmosfera tamén actúa como escudo protector contra a caída de meteoritos.
05
Estrutura da atmosfera05
Estrutura da atmosfera05
Un filtro das radiacións solares• O ozono, un gas que se atopa
nas capas altas da atmosfera, impide que as radiacións ultravioletas, nocivas para os seres vivos, cheguen á superficie terrestre.
05
Cando a capa de ozono entra en contacto con certos gases, como os que desprenden certas industrias, redúcese ata o punto de producirse buracos.
Por estes buracos entran os raios ultravioletas que poden producir certas enfermidades, coma o cancro de pel ou problemas oculares.
A temperatura atmosférica
• A temperatura atmosférica é o grao de quecemento do aire debido á radiación solar.
• A atmosfera quéntase desde abaixo. Os raios solares tocan a codia terrestre que non retén calor senón que lla transmite ao aire que a rodea.
• Mídese cun aparato denominado Termómetro
• As líneas que nos mapas unen puntos de igual temperatura chámanse isotermas
05
Diferentes clases de termómetros
Escalas de medición da temperatura
Factores que modifican a temperatura 1
• Os cambios de temperatura veñen determinados pola latitude, a altitude e a distancia respecto do mar.
• O factor que máis inflúe na temperatura é a insolación e a insolación depende en gran medida da latitude.
05
Incidencia dos raios solares05
INSOLACIÓN
• Coa altitude as capas de aire son menos densas e non son capaces de reter a calor; polo tanto, a maior altura, menor temperatura.
Factores que modifican a temperatura 2
Influencia do mar nas temperaturas diurnas e nocturnas: as brisas
05
O mar suaviza as temperaturas das terras situadas preto das súas costas. (As Brisas marinas)
A humidade do aire
• A humidade é a cantidade de vapor de auga que se atopa no aire.
• A cantidade de vapor de auga que pode absorber o aire depende da súa temperatura, a maior temperatura máis vapor de auga.
• O grao de humidade do aire mídese co higrómetro.
05
As nubes e as precipitacións
• Cando o aire húmido se quenta ascende; segundo ascende, comeza a arrefriar o que provoca a súa condensación en diminutas gotas, que se unen entre si formando as nubes.
05
•Se o aire segue elevándose ou arrefriando, as gotas vanse adherindo, o seu tamaño aumenta ata que o seu peso as precipita en forma de chuvia.
Formación da chuvia
A Neve: folerpas
• Cando a temperatura do aire é moi baixa, os cristais de xeo non se funden ao caer, senón que se unen entre si formando folerpas.
A sarabia• A sarabia fórmase cando os cristais de xeo das
nubes son arrastrados cara arriba por unha corrente de aire ascendente.
O Pluviómetro• A precipitación mídese cun
aparello chamado pluviómetro.
• Calcúlase medindo a auga que cae sobre un metro cadrado de superficie durante 24 horas e exprimindo esa cantidade en litros por metro cadrado
• As líneas que nos mapas unen puntos de igual pluviosidade chámanse Isoietas
A presión atmosférica• O peso ou forza que exerce o aire sobre a
superficie terrestre denomínase presión atmosférica.
• A presión atmosférica depende da altitude, da temperatura do aire e das correntes de aire que circulan ao redor da Terra (correntes jet).
• O aire cálido dá lugar a zonas de baixas presións (depresión ou borrasca).
• O aire frío orixina zonas de altas presións (anticiclóns).
05
Movemento do aire05
Movemento do aire05
Presión atmosférica• Aparato con que se mide: O Barómetro• Líneas que unen puntos de igual nos mapas: Isóbaras• 1015 hP presión normal ao nivel do mar
Anticiclóns, borrascas e frontes
O vento• O vento é unha masa de aire en movemento
que se orixina cando entre dúas zonas se rexistran presións atmosféricas diferentes.
• O aire sempre sopra desde a zona de altas presións cara á zona de baixas presións.
• A intensidade do vento é maior canto maior é a diferenza entre presións atmosféricas.
• Existen ventos constantes nalgunhas zonas da Terra (os alisios no Ecuador), ventos estacionais (monzóns) e ventos locais (cierzo, levante…).
05
Distribución de presións e ventos05
Distribución de presións e ventos05
Circulación atmosférica
Os Monzóns
Aparatos de medida do vento
• A dirección do vento mídese co Cataventos
• A velocidade do vento mídese co Anemómetro
cataventos Anemómetro
Esquema resumo
Exercicios e prácticas
Traballar cos mapas do tempo páx 75• Os climogramas . (páx 95)
F N