sumario -...

49
SUMARIO Páxina Limiar 1 As nosas viaxes 2 As creacións dos máis pequenos 5 Que hai de novo pícaros…! 7 2º Certame literario “Darío X. Cabana” 9 Letras galegas 2007: María Mariño 26 Desinformación deportiva 29 Milladoiro de frases 31 A caixa dos apelidos 34 Suxíroche un libro… 35 Sermois do entroido 37 Receitas de cociña 40 Anuario de 4º da ESO 44 Pasatempos de lóxica 45 DESFRUTA DESTA NOVA EDICIÓN DA REVISTA CERVANTES!

Upload: others

Post on 17-Mar-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

SUMARIO Páxina Limiar 1 As nosas viaxes 2 As creacións dos máis pequenos 5 Que hai de novo pícaros…! 7 2º Certame literario “Darío X. Cabana” 9 Letras galegas 2007: María Mariño 26 Desinformación deportiva 29 Milladoiro de frases 31 A caixa dos apelidos 34 Suxíroche un libro… 35 Sermois do entroido 37 Receitas de cociña 40 Anuario de 4º da ESO 44 Pasatempos de lóxica 45

DESFRUTA DESTA NOVA EDICIÓN DA REVISTA CERVANTES!

Page 2: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 1

LIMIAR Ola a todos! Un ano máis por estas datas presentámosvos unha nova edición da revista do CPI de Cervantes, a número 27, que como sabedes, edita o noso centro para conmemorar a festa das Letras Galegas. Nela podedes atopar unha grande cantidade de traballos (adiviñas, pasatempos, receitas, viaxes…) pero o máis importante é a calidade de todos eles. Estes traballos están feitos con agarimo, esforzo e moita ilusión para que vós, lectores, pasedes un anaco agradable. Porque, en realidade, sodes vós os que facedes posible que esta revista saia cada ano. Hai unhas cantas páxinas dedicadas a María Mariño, a poeta noiesa do Courel que conmemoramos o 17 de maio. Seguindo co apartado literario, podedes gozar lendo os traballos premiados no 2º Certame Literario Darío Xohán Cabana no que este ano participaron tamén os alumnos de CEIP de Doiras. Se queredes divertirvos un pouco teredes que ler as páxinas dos pasatempos ou experimentar coas receitas dos rapaces e se, pola contra, buscades un pouco de nostalxia ide ao anuario que fixeron os alumnos de 4ºESO. Para eles, que van comezar unha nova etapa, desexámoslles todo o mellor.

Agardamos que gocedes con este novo número. Ata a próxima!

Page 3: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 2

AS NOSAS VIAXES

VIAXE A VALENCIA

Cando saímos de Becerreá ás oito da mañá atopámonos con tres rapaces e dezaseis rapazas de Guntín. Ao principio estabamos repartidos en dous bandos: Cervantes-Guntín. Camiño de Pedrafita cambiamos de condutor e coñecemos a Bernardo, “león mariño” para os amigos. El foi quen nos acompañou na nosa viaxe. Unha vez deixamos Madrid comemos nunha área de servizo. Leticia, Carmiña, Marta e Fina entraron nela e puxéronse a comer os bocadillos que trouxeran da casa. De súpeto, Fina púxose a berrar: -Nenas, nenas, aquí non se pode comer! E todas saíron a fume de carozo. Mais aínda non se acaban aquí as sorpresas do primeiro día. Pablo púxose a falar cun señor que resultou ser arqueólogo. E este para demostrar que era verdade comezou a sacar papeis e ¡era certo! Este home coñecía ben a nosa terra e moitos outros lugares do mundo. Rematamos a viaxe e chegamos a Valencia contando chistes. Repartimos os cuartos e decidimos ir dar unha volta por Benetuser. Como era sábado pensamos en que habería festa pero só nos atopamos co ensaio dunha procesión de Semana Santa. Ao día seguinte fomos ao Oceanográfico e vimos moitos animais. Os que máis nos gustaron a todos foron os pingüíns e os golfiños. Xa terminando a visita a Elisa estropeóuselle a cámara e Mario tentou amañala. Xa non a puxera peor! vaia tecnólogo! Pola noite saímos dar unha volta pero nalgúns bares non nos deixaron entrar pois só podían facelo os maiores de 16 anos e ¡eramos poucos! Terceiro día: TERRA MÍTICA. O MELLOR DA EXCURSIÓN. Aquí estivemos case todo o día e subimos a todas as atraccións. Rimos moito e tamén nos mollamos! Aínda que din que as laranxas de Valencia son as mellores, ese día quedou demostrado que non hai quen as coma. Cuarto día: nós coñecemos a persoa máis “cansina” da excursión: a guía turística, Ofelia. Aínda que Sandra lle daba a razón en todo a nós só nos produciu sono. Pola tarde fomos ao museo das Fallas onde vimos os ninots (a parte máis pequena da falla) e deixáronnos o resto da tarde libre pola cidade. Metémonos no Corte Inglés e gastamos moitos dos nosos aforros. Quinto día: visitamos hoxe a Cidade das Artes e das Ciencias. Pola mañá estivemos no museo Príncipe Felipe e despois de xantar fomos a L’Hemisféric onde botamos unha cabezada porque a película que nos puxeron resultou moi aburrida. Sexto día: Albufera de Valencia. O día non estaba bo e esa foi a razón de non poder dar unha volta en barca. Para compensar visitamos as barracas, que eran as casas onde antigamente vivían os pescadores. Este día foi o único no que puidemos comer o prato típico desa terra: A PAELLA.

Page 4: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 3

Despois de xantar, e co obxectivo de relacionarnos e aprender idiomas batemos cuns estranxeiros, concretamente uns ingleses que resultaron ser uns pesados e tivemos que chamar a Pablo and company para saír do apuro. Pola noite acontecéronnos algúns contratempos dos que aquí contaremos só o que segue:

Á hora da cea unha compañeira nosa pediu en voz alta outra ronda e nisto a copa que tiña na man escachou e todos os que estabamos na mesa esmendrellámonos de risa. Máis tarde cando iamos para os cuartos decidimos coller os ascensor. Nel subimos Pablo, José Luís, Fina, Leti, Marta e Carmiña. Un deles arrimouse contra os botóns e de repente comezou a soar unha alarma. Os seis saímos disparados de alí pensando que foramos nós, pero realmente a alarma soara nun dos cuartos. Sétimo día: era o día da nosa marcha. Vímonos obrigados a parar preto de Cheste pois unha roda do autobús perdía aire. Nesta viaxe de regreso xa non estaban, coma no principio, Cervantes e Guntín separados, senón que algúns foron xuntos... Cando chegamos a Becerreá despedímonos deles e cada un para a súa casa. En resumo, todo foi MARABILLOSO.

Asdo.: Os de 4º da ESO

OLIMPÍADA TECNOLÓXICA Saímos todos contentos ás dez da mañá e coas camisetas de cor ocre. Non eran camisetas, eran camisóns! A viaxe ata Pedrafita durou case unha hora. Ao chegar estabamos todos moi nerviosos por saber como eran os nosos compañeiros. Resultaron ser moi simpáticos e... guapos. Participabamos catro centros educativos: CPI de Cervantes, CPI de Castro Caldelas, CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro e o IES

Page 5: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 4

Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes de comezar as probas presentámonos e demos unha volta. O grupo da Familia, o Equipo A e o Grupo 4 fixemos unha pequena trampa: metémonos nunha palloza a fisgar pero recibimos unha bronca dos monitores. Ás once e media empezaron as probas. Fixemos dúas delas antes de tomar un refrixerio a iso das doce e media. Que fame tiñamos! Despois disto fixemos tres probas. Temos que dicir que algunhas das probas eran sinxelas pero noutras houbo que esforzarse un pouco para superalas. Cando estabamos nunha delas chegaron as cámaras da TVG e puxéronse a gravar. Era a primeira vez que estabamos diante dunha cámara e por riba en directo. Antes de xantar fixemos unha foto todos os participantes xuntos e tamén estaban os profesores e monitores. A comida foi moi boa e ademais servíronnos os alumnos do Ciclo de Restauración do IES Sanxillao de Lugo. Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi a actuación dun mago chamado Xacobe. De todos os trucos que fixo o mellor para nós foi o dos espíritos. Saíron dúas rapazas ao escenario (Judith e Noelia) e tiñan que elixir unha imaxe dunha revista e logo el a través dos espíritos debuxaba esa imaxe na pizarra. Quedamos abraiados e aínda hoxe non sabemos como fixo. Ao rematar este acto chegou o momento decisivo da entrega de premios. Da nosa clase de 2ºESO gañaron Noelia e Pablo. Todos recibimos ademais un fermoso diploma.

Os organizadores decidiron que como o tempo era bo podiamos facer un treito do Camiño de Santiago dende Liñares ata o alto de San Roque. O terreo resultou costento pero nós andámolo sen problemas e chegamos a San Roque onde fixemos unhas cantas fotos todos xuntos pero púxose a chover e houbo que volver para os autobuses. Deixáronnos outra vez no Cebreiro para dar unha volta e comer un xeado. Estaba boísimo! Despois despedímos dos nosos novos amigos e marchamos pero coa satisfacción de que o pasaramos moi ben.

Asdo.: Os de 2º da ESO

Page 6: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 5

AS CREACIÓNS DOS MÁIS PEQUENOS

Javier (infantil) Jenni (infantil)

Bea (infantil) Iago (infantil)

Page 7: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 6

Pablo (2º de primaria)

Iván (1º de primaria) Dani (6º de primaria)

Page 8: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 7

QUE HAI DE NOVO PÍCAROS...! Despois de perder o medo a escribir na vixésimo sexta edición do xornal escolar Cervantes quixen reaparecer este ano para facer unha pequena crónica do acontecido este ano, en canto a trasnadas se refire, claro, que para iso é a miña especialidade. A pouco máis e non me deixan facelo! Cada vez que trataba de introducirme no ordenador de Mario, saltaba o antivirus, que insulto! E por se fora pouco esa teima de pasar todo a pdf dificulta un raio introducir novidades nos documentos. En fin, foi unha cuestión laboriosa cambiar estas verbas por un artigo sobre as novidades en electrónica dixital que tiña escrito non sei que aburrido profesor. Este ano, con ordenadores novos no centro estoume convertindo nun hacker de primeira división! Aínda que xa me presentei na revista do curso pasado, eu, Tristán, son o trasno que habita dende hai 26 anos neste ilustre centro. Aprendendo, medrando, xogando con múltiples xeracións de Cervantegos, podo gabarme de terlles gastado bromas a todos os compoñentes da comunidade escolar. Este curso estou especialmente contento pola cantidade de viaxes que se fixeron. Catro días en Vilanova de Arousa e unha semana en Valencia. Un luxo que para si quixeran os rapaces da capital! Á primeira non puiden ir por despiste. Resulta que estaba eu concentrado intentando que saltara o limitador xeral e marchoume o autobús. Aínda hoxe me encanta oír a sarta de tacos que din os profesores cando se vai a luz e non tiñan gardado os cambios nos documentos. Sorte tiveron Sandra e Mario, que desfrutaron dunha viaxe demasiado tranquila para ser escolar. Iso si, durante catro días non parei de facer prácticas de electricidade para facerlles perrerías o resto do curso. Por iso cando chegou a gran excursión, a de Valencia, metinme na mochila de José Luis o día antes (que sabía que levaba maleta grande) e alá me fun con toda a tropa. Pese a que moitos me teñen botado a culpa do mal tempo que alí tivemos, teño que dicir en defensa propia, que niso os trasnos non temos nada que ver e que dende logo nunca me divertiría amolándoos tanto. O meu son sempre pequenas falcatruadas. Unha noite, un par de alumnos de Cervantes quixeron dar un paseo nocturno polo hotel, vai ti saber con que intencións! O caso é que me foi moi doado pecharlles a porta do cuarto e facer que durmise o compañeiro que quedaba dentro. Cando os dous expedicionarios quixeron volver atopáronse con que ninguén lles abría a porta (a chave quedara dentro). Co ruído que fixeron en vez de espertar o compañeiro de cuarto espertou unha profesora que os levou para o seu cuarto. Esa noite durmiron como anxiños! Ademáis cambieilles a guía de Valencia e metinlles unha que falaba turco. Ben, falar falaba castelán pero os nenos non lle entendían nada. Fíxeno para que dunha vez por todas aprenderan a valorar aos profesores de San Román, que a veces os nenos queixanse de vicio. Na viaxe de regreso e tendo en conta que me portara demasiado ben durante toda a excursión non puiden evitar quitarlle aire a unha roda do autobús. Bernardo volveuse tolo para atopar un sitio no que lle arranxasen o falso pinchazo. Pero sen dúbida, o que máis me gustou da viaxe de volta foi ese ambiente amoroso que se respira nas despedidas. E iso

Page 9: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 8

que só ían tres rapaces de Guntín, porque o que son os de Cervantes deixaron o listón ben baixo. Despois no cole, tampouco as estou armando tan gordas. Tantos anos nun centro educativo estanme civilizando demasiado!

Unha das cousas que me encanta facer é picar ás rapazas. Ás de terceiro entre si, as de cuarto entre si e ultimamente as de terceiro coas de cuarto. Envíaslles algunha mensaxe aos móbiles para quentar motores e despois xa se chegan elas soas. Que fulanita me mirou mal, que menganita se me puxo diante cando eu pasaba... Os nenos non hai quen os pique, e iso que co futbol reparto algunha patadiña extra. Non hai forma, coido que a neurona dos cabreos debe nacer simultaneamente coa do estudo e a responsabilidade. Ben, non vos lío máis a cachola! Simplemente despedir e darlles sorte aos rapaces de cuarto da ESO, un dos grupos mellor formados que saíron deste centro educativo. Sorte alá onde vaiades! E por suposto un agradecemento especial aos profesionais que marchan do centro despois de tantos anos de servizo. Grazas a Beatriz aprendín castelán (aínda que non o empregue habitualmente), a Adolfo que coas súas orientacións fixo que a crónica de trasnadas este ano fose curta e por suposto a Sandra, que durante dous anos nos levou pacientemente de excursión. Portádevos ben e deixádeme a min o das bromiñas que ultimamente algún neno estame facendo competencia desleal. Bicos e ata o ano!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Tristán o trasno

Page 10: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 9

2º CERTAME LITERARIO “DARÍO X. CABANA”

PRIMARIA

RELATO CURTO 1º PREMIO: “Unha pantasma no faiado” Xoán era un mozo de 19 anos que acababa de chegar á cidade dende un pequeño pobo. Xoán buscou unha vivenda que lle gustara, e despois de moito buscar atopou unha pequena casa ás aforas da cidade. A casa non era moi grande pero era xeitosa e acolledora. Pero tiña un amplo faiado que a el non lle agradaba moito xa que a casa era moi antiga.

Xoán vivia tranquilo e pouco a pouco íase habituando á vida da cidade e da universidade onde estudaba 1º de medicina, carreira que sempre lle gustara moito. O curso empezou se problemas e Xoán vivía da casa á universidade, e daba uns paseos para ir coñecer a cidade. Había uns días que para a súa sorpresa atopaba os traballos da universidade sempre feitos… Unha tarde de domingo cando volvía de dar unha volta e entrar na casa viu o seu ordenador aceso, e un home sentado na súa cadeira. -¿Quen é vostede? –dixo Xoán. -Eu son don Ramón, e vivo aquí dende hai moitos anos. -¿Cómo é que vive aquí? Esta é a miña casa, para eso pago o aluguer. -Xa pero eu xa estaba aquí, moito antes.

Page 11: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 10

-Na inmobiliaria non me falaron de que aquí viviran alguén. ¿Pódese explicar? Estiveron falando un largo rato e Xoán descubriu que don Ramón fora un vello conde que vivía coa súa familia nesa casa. El e a súa familia sufriran un accidente e morreran todos en condicións moi estrañas. Xoán preguntoulle que como sabía facer os seus traballos da universidade e don Ramón contoulle que el tamén estudara medicina e que lle encantaba desde sempre por iso non se puidera resistir. E cada vez que alguén intentaba habitar nesa casa don Ramón acababa por espantalos pero como Xoán lle caera moi ben decidiu non molestalo e axudalo en todo o que puidera. E Xoán seguiu coa súa vida e agora cun amigo que lle axudaba a pasar longas horas na súa casa

Andrea Fernánde Herbón, 3º de primaria do CPI de Cervantes 2º PREMIO: “A bruxa do pobo” Todo comenzou nunha vila de Cervantes, onde había 9 habitantes, entre eles vivía unha bruxa malvada, que lles facía a vida imposíbel aos veciños. Un día un habitante da vila decidiu darlle unha lección á bruxa, a ver se marchaba do pobo. Reuníronse todos para facer un plan. Non sabían que facer. -Podemos tirala a un pozo… -Dixo un. -Non, non… algom máis alucinante! Podemos botarlle pegamento na cadeira para que nunca máis se poida levantar, e non poida facer cousas malas. –Dixo o outro. -Non, con pegamento do normal, ¡con super-glue! Que é máis resistente. Dixo aquel outro. -Veña… agora mans á obra. –Dixo o alcalde.

Colleron o super-glue, e foron á casa da bruxa que estaba no alto dunha montaña nun castelo. Entraron por unha ventá e foron ó carón do sillón da bruxa, e botáronlle o super-glue por riba, e marcharon rapidamente sen facer ruído.

Page 12: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 11

Cando a bruxa despertou, foi a cociña a face-lo almorzo. Cando se sentou no seu sillón, viu que non se podía mover. Pero como todos sabedes para unha bruxa non é moi dificil pespega-lo cu dun sillón. Colleu a súa variña máxica e dixo: -Cabra, cabracú, que me caia este sillón do cu. Despois de dicir estas palabras o sillón caeu no chan. Foi xunto o seu espello máxico e preguntoulle: -¿Quen foi o que me puxo o pegamento no cu? -Foron os teus veciños. –Respondeu o espello. A bruxa foi xunto ós veciños e díxolles o seguinte: -¡Vaia veciños que teño! Pensades que me ides botar deste pobo cunha broma tan vulgar. Se é iso o que pensades é que estades tolos.

A bruxa colleu a súa variña e dixo outra vez estas palabras: -Cabra, cabracán, que desaparezan, ¡XA! Só se vai romper o conxuro cando digan o nome dalgún dos veciños.

Despois de dicir estas palabras, tódolos veciños desapareceron. Ninguén volveu a saber nada máis, ata que un día… Unha muller chegou á vila. Era a nai dun dos veciños que desapareceran. Como non atopaba o seu fillo púxose a berrar:

Page 13: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 12

-Xoán, Xoán… meu pequeniño. ¿Onde andas meu filliño? Entón de repente tódolos veciños apareceron na praza do pobo. Todos estaban durmidos, parecía como se estivesen mortos. -Fillo, filliño… -Dixo a nai de Xoán. Entón despertaron todos… normal, con semellantes berros que botaba… ¿Cómo non iban despertar? Os veciños lembráronse do que lles fixera a bruxa, e decidiron argallar outro plan para que a bruxa marchase do pobo. Pola noitiña, tódolos veciños foron ó castelo, para roubarlle a variña máxica á bruxa. -Vide con coidado… Non fagades ruído… ¡Calade!... –Dicía o alcalde. Entraron pola ventá da cociña. Todo estaba en silencio, cousa moi rara no castelo dunha bruxa… Cando colleron a variña fóronse rapidamente do castelo.

Cando a bruxa despertou e viu que non tiña a súa variña, foille preguntar ó espello: -Quen foi o que me roubou a variña? -Foron os veciños, que volveron aparecer –Respondeu o espello. -Non, non… non pode ser, seguro que estás equivocado –Dixo a bruxa anoxadísima. A bruxa foi ó pobo. Cando estaba no medio do camiño, caeulle unha gaiola encima. Alí apareceron os veciños, e un colleu a variña e dixo: -Cabra, cabracán, que desapareza esa bruxa, ¡XA! Entón a bruxa desapareceu.

Page 14: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 13

Dende aquel día nunca máis se volveu a saber nada máis daquela bruxa, e ese pobo dos Ancares volveu a vivir en paz.

Vanesa Gómez Aguiar, 5º de primaria do CEIP de Doiras ACCÉSIT: “A serpe e o neno” Érase unha vez un neno alto, loiro e de ollos azuis. Tiña un carácter bo, pero sempre facía algunha falcatruada. Vivía nun pobo moi pequeño. O neno chamábase Emilio.

Un día ocorreuselle ir o bosque. No bosque había moitas serpes, pero el non lles tiña medo e decidiu ir.

Unha serpe quería ser boa cos humanos porque tiña medo de que a mataran e decidiu chegar a un acordo con eles. Ela defenderíaos en vez de mordelos e matalos. Chegaba a noite, e Emilio estaba perdido. Entón atopou unha cabana e meteuse dentro. Non tardou en quedar durmido. Ó día seguinte o espertar foi por un camiño. Entón encontrouse ca serpe: -¿Onde vas rapaz? –Preguntoulle a serpe.

Page 15: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 14

O neno colleu medo, pero a serpe díxolle que non lle faría nada. Emilio tivo un pouco máis de confianza e contoulle a serpe que se perdera. Os dou marcharon en busca do pobo do rapaz, pero todo era inútil. Xa tiñan perdido as esperanzas cando se deron conta de que estaban na saída do bosque. Entón recuperaron forzas e decidiron seguir na súa busca. Xa se estaba achegando a noite, polo que decidiron quedar alí a durmir.

Despois a mañá seguinte emprenderon o camiño xa que por sorte era cedo e podían camiñar moito máis. Cando chegaron o pobo do neno, os pais de Emilio colleron medo e quixeron matala serpe, pero Emilio defendeuna e díxolles: -¡Tranquilos non fai nada! -¡Pero se é unha serpe fillo! -Pero non fai nada, ¡ela salvoume a vida! -¿Cómo che ía salvar a vida unha serpe? -¡Que si senón comeríanme os lobos! Emilio contoulles a historia os seus pais e estes deixáronlle quedar coa serpe. E así foi como a serpe foi un animal máis de compañía na casa de Emilio. ¡Ata se fixo amiga do gato e do can!

Iván López Abella, 5º de primaria do CEIP de Doiras

Page 16: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 15

POESÍA

1º PREMIO: “A vida no pobo” Moitas persoas do pobo teñen que marchar, mentres que outras temos que quedar. No pobo moito hai que traballar pero ao final ben se ha pasar. Na escola todos somos veciños e como non, somos todos amigos. Na cidade ninguén se coñece uns son de aquí e outros de Ourense. Eu son do pobo, gústame vivir nel, vou a cidade e non sei que facer.

Jesús José Rodríguez Cedrón, 5º de primaria do CPI de Cervantes

Page 17: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 16

2º PREMIO: “A lúa”

Aitor Rodríguez Trabado, 6º de primaria do CPI de Cervantes

Page 18: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 17

ACCÉSIT: “Os meus animais”

Adrián Fernández Rodríguez, 3º de primaria do CEIP de Doiras

Page 19: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 18

SECUNDARIA

RELATO CURTO

1º PREMIO: “O que son os cartos” A mediados do século XIX, polo ano 1861 cando entre os ricos e os pobres había unha diferenza moito maior á de hoxe, no que as persoas levaban o Don pola riqueza e non pola cultura. Existía un señor en San Román de Cervantes chamado Manuel Quimeras que o tiñan por home importante, ou mellor dito, por un home rico, dado que tiña moitas propiedades; no pobo da Aucella tiña moita influencia sobre os veciños xa que todos lle pagaban rendas. Cando o padre deste señor morreu díxolles a tres homes deste pobo, un chamado Manuel da casa da Palloza, Xesús da casa de Xardón e Ramón da casa do Corzo, que lles daba 5 reais a cada un e máis a comida do mediodía, se ían chorar por el, xa que había que demostrar que era moi apreciado e que moita xente sentía a súa morte. Os veciños aceptaron por non lle faltar ó respecto e como non, polos cartos, dado que daquela con 5 reais comprábase unha vaca ou 10 ovellas. Da Aucella a San Román hai 27 km, como tiñan que ir andando ou a cabalo duns burros tiveron que madrugar para estar alí á hora do enterro. Como chorar sen ganas non é fácil, levaban unha cebola para botala nos ollos e ata algún fixo que se desmaiaba. Despois do funeral cansos de chorar, Manuel Quimeras felicitounos polo ben que o fixeran e levounos a comer unhas sopas con unto. Ó terminar acordaron marchar pois era inverno e ía mal día. Eles ían falando moi contentos: -Vaia ben que choramos –Dicía Ramón. -Si oooh! E o meu desmaio, que vos pareceu? –Contesou Manuel. -O mellor son os cartos, na próxima feira mércolle uns zocos a miña Lucía –Dixo Xesús. A metade do camiño viron vir a uns señores. Temendo que fosen ladróns e lles quitaran os cartos, escondéronos no subiado. Os que viñan, coñecíanos e puxéronse a falar con eles. Pasou un rato e fíxose noite. Cando marcharon volveron a buscar os reais, pero non os encontraron, porque non se vía. No primeiro pobo que encontraron pediron pousada e quedaron a durmir xa que non se atreveron a ir para as súas casas sen os cartos. Ó día seguinte volveron por eles

Page 20: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 19

e encontraron o farraco baleiro. Levaron tanto desgusto que algún chorou de verdade e outro dixo: -Grazas que comemos as sopas. E nunca máis volveron aceptar demostrar sentimentos que non había.

Noelia Rodríguez Pardo, 2º da ESO 2º PREMIO: “O verán de Sara” Sentada no corredor do hospital cunha taza de café na man Sara pensaba en todos os sucesos das últimas horas e días. Pasaran tantas cousas que necesitaba organizar os seus pensamentos. Sara tiña 18 anos e vivía coa súa tia xa que os seus pais morreran nun accidente. Ía empezar medicina e este verán decidira apuntarse de voluntaria no hospital pra ir cofiecendo o ambiente e non quedar soa na casa mentres a súa tia traballaba. Ademais a súa mellor amiga Laura tamén se apuntou con ela. Sara comezou a traballar na planta de pediatría e facía recados que as enfermeiras lle ordenaban. Había poucos días que empezara a traballar cando cofieceu ó pequeno Toby, un neno de tres aniños que enfermara de pulmonía pero que agora xa estaba case recuperado. Era un neno moi sensible e que sempre se atopaba só e por iso Sara se encariñou axiña con el. Unha mafiá Sara comproulle un osiño de peluche na tenda do hospital e ía toda emocionada a darllo cando se encontrou coa habitación de Toby toda recollida e sen rastro del. Sara púxose toda nerviosa e pensou "xa está, morreu ", pero saíu fóra da habitación e viuno agarrado da man dunha sefiora que falaba cun celador, estaba tan guapiño en zapatillas e co seu peto... Sara chamouno e Toby achegouse a ela. - Mira Toby isto é pra ti, non quererías marchar sen levar o teu amiguiño contigo, verdade? A nai de Toby chamouno. - Vefia Toby corre, túa nai espérate - dixolle Sara. - Esa non é miña nai - dixo Toby e marchou moi triste. Á hora da comida Sara reuniuse con Laura na cafetería e sentaron xuntas a xantar. Sara comentoulle o que acontecera co pequeno toby e que a. deixara moi afectada. De pronto deuse de conta de que Laura nonlle estaba a prestar atención e que ollaba para outro lado moi entretida. - Laura ti escoitas? Pódese saber que tanto miras? - preguntou Sara algo enfadada. - Creríasme se che digo que estou observando a Brad Pitt! - contestou Laura. - Por suposto que non! - riu Sara.

Page 21: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 20

Laura sempre andaba tola polos rapaces e impresionábase bastante fácil. Sara volveu a cabeza e mirou ó rapaz que chamara a atención de Laura. A verdade é que era xeitoso pero tiña un aire misterioso. De súpeto o rapaz achegouse a elas. - Está libre esta cadeira? Podo sentar aqui con vós? - preguntou o rapaz. - Claro que si - respondeu inmediatamente Laura. - Eu son Laura e ela é Sara. Como te chamas? - Marcos. Encantado de cofiecervos. - respondeu el. Tamén levaba a bata de estudante voluntario. - E que? Hai moito que estades por aquí - volveu dicir el. - Si, uns cantos días- contestou desta vez. Sara. Seguiron falando un bo anaco máis e despois despedíronse e intercambíaronse os números de teléfono pra seguir en contacto. Nos seguintes días Marcos e Sara seguiron en contacto e fóronse cofiecendo mellor e fixéronse bos amigos. Un día Marcos contoulle que se apuntara o voluntariado de verán porque quería descubrir un asunto un tanto delicado. A súa irmanciña pequena fora secuestrada e el andaba tras da pista dos secuestradores, e entre eles atopábase o director do hospital onde estaban traballando e sabe deus quen máis. Sara quedou de pedra pero prometeulle que lle ía axudara a atopar a súa irmá. A tía de Sara traballaba de administrativa no hospital e polo tanto Sara tiña moito trato co director do hospital, o sefior Alan. Por iso Sara decidiu ir falar con el á mafiá seguinte co pretexto de facerlle unha entrevista e así poderlle sacar algunha pista. Á mañá seguinte duchouse e vestiuse elegante e dirixiuse á casa do señor Alan. El recibiuna moi cordialmente pois sempre mostrara moita simpatía cara a ela. incluso a quería xuntar co seu fillo Rubén que era da idade de Sara. A entrevista durou bastante pouco e Sara non conseguiu sacarlle gran cousa, incluso estaba tan nerviosa que tiña a impresión de que o deixara un pouco desconcertado. Logo dirixiuse ó hospital e traballou todo O día ata cando se foi para a casa. alí atopou unha nota da súa tía dicíndolle que chegaría tarde. Sen ela a casa parecía tan soa que Sara decidiu chamar a Laura pra ir durmir con ela. - Ola, podería ir durmir contigo? eque miña tía non está e síntome algo soa - dixo Sara. - Claro, estupendo. Podes vir cando queiras- contestou Laura. Nese momento escoitou un coche que chegama e Sara pensou que sería súa tia. - Mira, acaba de chegar miña tía, entón non vou vale? De todas fonnas grazas- dixo Sara. - Vale, tranquila, xa sabes que podes vir cando queiras. Ata maftá - Ata maftá Laura- contestou Sara colgando o teléfono. - Tía estou aquí no meu cuarto- berrou Sara.

Page 22: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 21

Pero non obtivo resposta e sentiu uns pasos que subían polas escaleiras sen facer case roído e comezou a asustarse. Foi mirar pola porta do seu cuarto e alguén a golpeou con algo moi forte na cabeza e perdeu o sentido. Cando acordou estaba nunha especie de soto atada a unha cadeira sen poder moverse. Mirou ó seu redor e viu noutra esquina a Marcos inconsciente, chamouno pero non obtivo resposta ata que pasou un bo anaco Marcos non despertou. Sara preguntoulle se sabía onde estaban e el contoulle que era a casa da axudante do señor Alan, a suposta nai de Toby. Os dous fonnaban parte dunha rede de tráfico de menores e cando se deron conta de que eles andaban a investigar decidiron quitalos do medio. - Asique o pobre Toby tamén foi vítima destes desgraciados - dixo Sara, teño que facer algo por el. - E como? Se estamos aquí atados sen poder movemos- contestou Marcos. De repente abriuse a porta do soto. Os dous ,contiveron a respiración pensando que chegara a súa hora, pero pra sorpresa dos dous quen baixaba polas escaleiras do soto era o pequeno Toby, que en canto viu a Sara foi correndo a abrazala. - Oh, Toby, estás ben? Fixéronche mal?- preguntoulle Sara. - Non, viñen a salvarte, Sara- dixo Toby. Toby ensinoulle a Sara as teso iras que levaba na man pra cortar as cordas. - Oh Toby es un sol. Agora ponme as tesoiras na man con moito coidado- díxolle Sara. Sara cortou as súas cordas e despois as de Marcos. Despois os tres subiron moi lentamente as escaleiras e saíron pola ventá de cociña que era baixiña. O coche da señora da casa estaba aparcado á entrada e tiña as chaves postas. Os tres subiron ó coche e marcharon mentres oían como a "amiga" do señor Alan lles berraba pola ventá ó darse conta do sucedido. Marcos conduciu ata o hospital e unha vez alí chamaton a policia pra infonnala do sucedido. Sara buscou á súa tía polo hospital e contoulle o sucedido. Esta díxolle que xa sospeitaba algo porque había uns días descubrira algunhas irregularidades nas contas do señor Alan. Faltaban cantidades de diñeiro que non se sabía a onde ían parar. Sara estaba sentada e pensando en todo isto cando se acercou Marcos: - Ben, xa deixamos a Toby coa policía e vano levar coa súa familia, e a miña irmá tamén a van traer dentro de pouco, estou tan contento. Teño que darche as grazas por todo o que fIXeches por mín sen apenas coñecenne, fuches moi valente. Non sei como agradecercho. - Ben, secadra invitándome a cear un día destes, que che parece?- contestou Sara. - Claro, encantado- contestou el poñendose un pouco colorado. Nese intre apareceu a tía de Sara: - Ben rapaza imos para a casa, o pesadelo rematou. - Chámame despois, vale?- dixo Sara a Marcos. - Desde logo - respondeu el.

Page 23: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 22

De camiño á casa Sara pensou que polo menos aquel non estaba sendo un verán aburrido e que tivera a sorte de axudar a un montón de nenos. Estaba orgullosa.

Jéssica Fernández Herbón, 3º da ESO ACCÉSIT: “A serea dos Ancares” Esta é unha historia que sucedeu hai moitísimos anos na serra dos Ancares. Naqueles anos estas fermosas montañas estaban rodeadas por un gran mar azul no cal se reflexaba a neve das súas montañas e eran características as temperaturas extremas do inverno. Nos Ancares, vivía un mozo ó que lle gustaba moito o mar e investigar todo o que nel había, todo isto facíao xa que a el gustaríalle transmitir de xeración en xeración que nos Ancares había un enorme mar ateigado de crustáceos, delfíns, baleas…, todo isto quería transmitilo porque tiña o presentimento de que algún día desaparecería. Xoán, que así se chamaba este mozo, baixaba todos os días a unha pequena ponte dende a cal se vían aqueles animais mariños que a el tanto lle gustaban, en especial, había un que lle chamaba moito a atención, e mesmo había veces que semellaba unha serea, pero como ían existir eses personaxes de conto e para máis coincidencia nos Ancares, aquilo semellaba imposible. Aínda así todas as tardes ía investigar pero non os demais peixes senón que aquela serea que realmente o enfeitizara, e que ultimamente se deixaba ver máis, verdadeiramente a serea estaba namorada daquel humano, pero como vía tan imposible a súa relación decidiu marchar lonxe para ver se así podía olvidalo, pero non foi así, tempo despois María que así se chamaba a serea, decidiu voltar, xa non podía máis, non resistía sen ver a Xoán. A el pasáballe o mesmo e nos últimos días seguía baixando á ponte a ver se cunha pouca de sorte a vía, e así foi o día menos pensado, apareceu. Estaba alí na orilla, sentada nunha roca, era loira e fermosa e tiña un longo cabelo, Xoán quedou aínda máis fascinado e correu hacia ela, os dous fundíronse nun abrazo moi agarimoso e neste primeiro encontro confesaron os seus sentimentos. Despois de falar un rato, Xoán estaba decidido a abandonar a vida actual para comezar unha vida na auga xunto a María, pero esta non aprobou a súa proposta, posto que nos Ancares a temperatura no inverno baixaba moitos grados baixo cero, o mesmo que a auga e el non lograría sobrevivir. Pasou o verán moi rápido, sobre todo para Xoán que pasaba horas e horas pensando en María, e no seu próximo encontro (víanse case todos os días). A comezos do inverno Xoán escoitou na radio que baixara bastante a temperatura, con respecto a outros anos e que ía ser especialmente dura para os animais que había na auga xa que pola noite baixaría e mesmo habería risco de que se

Page 24: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 23

conxelase o mar, tras escoitar esto Xoán decidiu ir avisar a María para contarlle todo e intentar convencela para que saise da auga, pero ela non podía xa que prescindía da auga para vivir. Xoán que tivera que marchar a cidade por unha urxencia, tardou case un mes en volver ós Ancares, e o primeiro que fixo tras a súa volta foi visitar a María e o ver que non aparecía chamouna, pero esta non contestou, nisto tivo o presentimento de que algo lle pasara, non sabía se bo ou malo pero aínda así decidiu meterse na auga e buscala, chegou a noite e aínda non a encontrou e por fin pasada a media noite encontrouna, estaba no fondo mariño tumbada, realmente estaba morta, o ver aquela desgraza Xoán decidiu acompañala no seu soño profundo, permaneceu na auga toda a noite e finalmente morreu, quedando os dous abrazados no fondo do mar Varios anos despois o mar desapareceu e tras varios procesos e axentes xeolóxicos apareceron as montañas que agora hai nos Ancares e nunha delas obsérvase unha figura que semellaba dúas persoas abrazadas, e unha delas parecía ter corpo de peixe. Hai que di que estes corpos e esas pegadas pertencen ó corpo de Xoán e María que non aguantaron a crueza dos invernos nos Ancares.

Leticia López Deiros, 4º da ESO

POESÍA 1º PREMIO: “Por que…?” Ola, véñote visitar, é o lugar máis axeitado, paréceme o hospital, fronte a ti o médico sentado. El fálache, entre as súas palabras está o meu nome, soa moi duro pronunciado por ese home. Saes dese lugar pero sabes que terás que voltar. A primeira pregunta, por que? Sempre traballando e aos teus axudando, agora si, que vas facer? Chegas á túa casa ves a túa xente e na túa cara debúxase un sorriso forzado.

Page 25: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 24

Calas e non dis nada. Na casa, na noite, no silencio o único que se escoita e o son das vosas bágoas esvarando polas meixelas. Loitas, tentas ser forte, alegre pero eu sei o que ti sentes por dentro. Acompañeite durante tempo, fíxenche sufrir pero vencíchesme. A felicidade volta á túa vida e a da túa familia que sufriu contigo e por ti. Ola, son eu de novo! lembras o meu nome son cancro. Vólvoche facer compaña e esta vez para non marchar estarei xunto a ti ata que, agora, deixes de respirar. O día cinco de xaneiro deixaches na vida dunha persoa un gran baleiro. Deus! Como están todos sufrindo, chorando e suspirando. agora que non estás

esa nena que aí ves estase dando conta do que che quería e despois de tanto tempo lémbrate todo o día. Agora non estás sente a falta do cariño que lle dabas. Agora na túa casa o meu nome xa é coñecido xa que agora estou coa túa muller e co teu fillo e a nena de antes segue a pasalo mal e a non chorar para a eles poderlles axudar. Ela sofre por eles pero non quere que eles sufran por ela. E agora o meu nome xa non é estraño para esa nena. Todo isto soa duro, verdade? pero isto é a REALIDADE e tamén unha mensaxe de CONFIANZA, ESPERANZA E CORAXE.

Josefina Fernández Lago, 4º ESO

2º PREMIO: “Amable” Nunha desas tardes, escuras e de choiva clara cando sinto que a melancolía se apodera de min e me embarga penso, que penso? Penso en ti, avó. Penso no teu sorriso de neno que se xuntaba coas túas lágrimas cada vez que me vías marchar á escola. Nunca souben a que se debían as túas lágrimas, e hoxe, pensando, decateime porque chorabas. Chorabas porque o tempo ía pasando coma un lóstrego na noite maina, para min moi despacio, para ti moi depresa. Eu era unha nena chea de xuventude,

Page 26: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 25

ti un velliño sen esperanza que soñaba cada noite con ver medrar a súa neta. O soño non se cumpríu, e unha mañá, mentres eu marchaba, apagouse a túa mirada. Fúcheste sen darme tempo a dicirche que te quería, e agora só espero que onde queira que esteas te sintas orgulloso da túa neta, hoxe moza, que no seu interior aínda segue sendo a nena que vías ás mañás marchar á escola mentres os ollos se che enchían de lágrimas. Ata sempre, avó!

Judith Arango Arias, 4º ESO ACCÉSIT: “Teño unha marca no corazón” Teño unha marca mourada no profundo corazón. Teño unha espiña cravada, son vítima dun terror. Berra o corazón baixiño, coa súa voz calada polos murmullos que sente ás portas da súa morada. Non choro, e penso que choro. Xa cren que estou chorando. por fóra non se me ve pero a consciencia, berrando

no fondo dos meus sentidos, pasa o salaio, entoando un eco de expresión cheo, penso, e non estou pensando. Teño unha marca mourada no profundo corazón. Teño unha espiña cravada, son vítima dun terror. Xa non penso coa cabeza as conversas xa non son para min os sinais que poñen obstáculo ao corazón.

Lorena Vuelta Coro, 3º ESO

Page 27: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 26

LETRAS GALEGAS 2007: MARÍA MARIÑO A Real Academia Galega decidiu que o ano 2007 fose o ano de María Mariño, unha poeta noiesa que viviu no Courel. É a terceira muller homenaxeada despois de Rosalía de Castro (1963) e Francisca Herrera Garrido(1987). María Mariño Carou naceu en Noia o día 8 de xuño de 1907. Foi a segunda dos cincos fillos que tivo o matrimonio formado por Xosé Mª e Filomena. A familia era de condición social humilde: o seu pai era zapateiro e a súa nai, ademais de ocuparse dos labores da casa, traballaba de xastra. María asistiu moi poucos anos á escola e dende moi pequena tivo que traballar de costureira para axudar na casa. Chamábanlle naquel tempo María “ a costureira”. As persoas que a coñeceron de moza dicían que era unha muller reservada, sensible e solitaria, cunha gran beleza física e cunha innata elegancia. Trasladouse con toda a súa familia a Boiro, á casa dunha tía que vivía no Pazo de Goiáns e onde había unha biblioteca na que a autora vai pasar moitas horas lendo. Aí comeza a súa afección pola literatura. Vive parte da guerra civil en Biscaia, concretamente en Algorta. Posteriormente escribirá, produto das lembranzas desta terrible contenda, o relato “Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra” que non chegou a publicarse. Pouco antes de rematar esta guerra volve a Boiro. Aquí coñece a Roberto Posse Carballido, mestre de profesión, con quen casará o 31 de marzo de 1939. El tiña 24 anos e María 32. Esta diferenza de idade entre eles podería explicar o feito de que María ocultase a súa verdadeira idade, mesmo a Uxío Novoneyra quen transmitiu unha data de nacemento errónea (o 25 de xullo de 1918), unha data que aparece en moitos estudos biográficos.

Page 28: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 27

Acabados de casar marchan para o País Vasco, instalándose preto de Guernica. Na metade dos anos 40 deciden volver a Galicia. O matrimonio terá un fillo que morrerá ao mes e medio de nacer. Roberto pide o traslado e danlle destino primeiro en Arzúa e logo en Romeor do Courel. Nesta época María perde á súa nai, a quen se sentía moi unida. Este feito unido á morte dos irmáns –que acontecera poucos anos antes- e, seguramente a traxedia non superada do seu fillo levan a María Mariño a unha forte depresión nerviosa. Por consello médico trasládanse en 1947 a Parada, aldea na que vivirán ata que morra a poeta. Aquí María e Roberto fan amizade coa familia do poeta do Courel chamado Uxío Novoneyra e que será moi importante na vida da autora pois vaina animar a escribir. Continúa coa súa vida sinxela no campo, case illada e sen relación co mundo da literatura. O seu único contacto é a través de Novoneyra e grazas a el coñece a intelectuais como Manuel María, Ramón Piñeiro, García Sabell ou Vitoria Armesto. En 1963 e grazas á xestión de Novoneyra, a editorial Celta de Lugo edita Palabra no tempo. Este será o primeiro e único poemario que se vai publicar en vida da autora e cuxo prólogo escribirá Ramón Otero Pedrayo. Despois da publicación de Palabra no tempo, María escribe en castelán algunhas prosas e poemas en verso libre. En 1966 a saúde da poeta está bastante deteriorada. Así e todo comeza a escribir outra vez, agora en galego, sabendo que a súa fin está cerca. Son os poemas que se incluirán no seu 2º libro Verba que comenza.. Esta obra reflicte a angustia e o sufrimento dunha persoa que sabe que o mal avanza pero que se rebela contra el. Por diversas causas os poemas de Verba que comenza estiveron sen editar durante moitos anos ata que en 1990 o Concello de Noia patrocina unha edición homenaxe deste 2º libro. Imprímense 27 poemas e nese mesmo ano na revista A trabe de ouro Novoneyra publica catro poemas inéditos que non se incluíran antes. A poesía de María Mariño inspírase na tradición popular, cunha linguaxe rupturista que recolle a fala das xentes do Courel e onde podemos ver a influencia de Novoneyra e Rosalía de Castro. Lemos estes versos de María Mariño que nos fan lembrar a Rosalía: Días e días tecín na tea do meu tear. Hoxe a tea toda feita del n’a podo sacar. O verso recorda ao de Rosalía “Tecín soa a miña tea” Tamén nos lembra ao famoso “Campanas de Bastavales”de Rosalía o poema dedicado por María Mariño á súa vila natal. Cando escoita soar as campás recorda os días felices da súa infancia en Noia.

Page 29: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 28

NOIA Campanas que tocades todas do mismo xeito, unhas chegádesme á alma e outras ó pensamento. Pobos donde eu vivín! Algúns eran máis feitos e queríanme engañar, mais eu nunca sentín neles o meu fogar. O meu fogar téñoo en ti: o teu vivir e nas tres pontes e das campanas os toques, toques que eran pra min. Fóra de ti cando as oio, e sendo o mismo tocar recólloas no pensamento xa non pasan máis alá.

Palabra no tempo María Mariño, a “dinamiteira da fala” como a chamaba Novoneyra, descansa no cemiterio de Seoane do Courel.

Este traballo foi feito polos alumnos/as de 4ºESO

Page 30: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 29

DESINFORMACIÓN DEPORTIVA "O lateral esquerdo sofre unha rotura parcial no terzo externo do bíceps femoral da súa perna esquerda e permanecerá apartado dos terreos de xogo entre tres e catro semanas". Con frecuencia espertamos con noticias como esta castigándonos a retina dende as abundantes páxinas de deportes dos diarios ou ben repicando nos nosos tímpanos dende os non menos numerosos minutos dedicados ao deporte nas emisoras de radio. Mesmo existen emisoras e canles que dedican as 24 horas de emisión á información deportiva que inunda as nosas vidas de resultados de segunda rexional, distensións de ligamentos, declaracións tal como " o fútbol é así ", " é bo xogador e mellor persoa "," fixemos todo o posíbel dentro do terreo de xogo ", etc...etc... Despois de tanto topicazo rancio, de tantas palabras mal escritas, de tantas páxinas publicadas, de tantas roldas de prensa, de tanta tinta desperdiciada, de tantas entrevistas a pé de cancha e de faladoiros onde opina ata Jose Luís Garci ou outros que xamais fixeron deporte, que nos queda? Despois de que ata o Ilmo. Presidente do Goberno xogue ao baloncesto ou ao padel con Carlos Sainz ou de que as cabezas coroadas ocupen medio telexornal coas súas regatas estivais na baía de Palma non sacamos nada en limpo. Despois de tanto tempo e diñeiro perdidos, os profesionais da información -e como consecuencia os consumidores do froito do seu traballo- poden estar seguros de que a súa cultura deportiva é máis curta que a estanza dos adestradores no banco do Calderon. É dicir que a maioría do periodismo deportivo non ten nin idea do que é o deporte e o que significa a súa práctica como fenómeno social, cultural e de mellora da saúde física e mental. O peor é que todo o mundo pensa que sabe moitísimo e polo tanto négase a aprender. Admiten, por exemplo, que de leis non teñen nin idea e que acudirán a un avogado pero para practicar ou opinar de deporte non fai falta recorrer a un profesional, vale calquera. A cultura deportiva radica en varios aspectos: - Saber como achegarse a unha actividade

física no ámbito máis próximo, cales son as posibilidades deportivas da bisbarra, cal é a historia dun deporte ou dun xogo popular.

- Coñecer os requisitos mínimos que hai que cumprir para realizalo, as lesións máis habituais que pode producir, como previlas e tratalas.

- Saber que sistema de xogo está a utilizar

Page 31: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 30

un equipo que vemos pola tele, se un pase é bo pase, imitar un bo drive de Federer.....

- Identificar os beneficios que a nivel de saúde física e psicolóxica, a nivel de relación social, a nivel de lonxevidade ou a nivel estético me pode reportar a práctica de exercicio físico ou deporte nunhas determinadas condicións que tamén hai que coñecer. etc,etc...

Algúns dos que se fan chamar xornalistas deportivos e que non teñen experiencia práctica ningunha poderán opinar -non sen parte de razón- que iso da cultura deportiva é cousa deses profesores que van en chandal e de que o seu é a noticia aínda que sexa esa noticia perniciosa de recheo que rouba o común espazo pagado por todos, que podería dedicarse a espazos de divulgación deportiva que tanta falta nos esta facendo aos peor vestidos dos docentes. E non digo que non poñan bos partidos e ben comentados pero se para comentar os altibaixos da bolsa nada mellor que un licenciado-a en ciencias económicas para comentar deporte nada mellor que un licenciado-a en ciencias da actividade física e o deporte. É coma se a un enfermo o operase un xornalista en vez dun cirurxián ou a un reo o defendese unha vítima dun roubo en vez dun avogado. Non estou a dicir que non existan noticias interesantes e que a actualidade manda pero o malo non é o fondo senón a forma deportivamente inculta de enfocalas e é que non beneficia falar do que se descoñece. Houbo intentos interesantes de difundir cultura deportiva dende a redacción deportiva de Canal + que no seu espazo Más deporte dedicaba un par de minutos a comentar aspectos tales como os beneficios do exercicio, os tipos de deportes que existen, a progresión na súa iniciación, lugares onde os practicar, etc.. Non é estraño que lles dean premios aos menos malos pero mentres o bombardeo negativo nos siga caendo vós seguiredes preferindo só fútbol ante o convencemento xeral de calquera, ata do máis torpe, de que sabe de deporte pero acaso coñece a alienación deportiva que tradicionalmente veñen exercendo todos os Estados do Mundo a través do seu instrumento favorito que son os medios de comunicación. En fin, quizais dea máis xogo no salón de peiteado discutir se Marichalar ía no Bribón e qué pantalóns levaba que falar de despexar as coronarias pero xa dicía eu que a Infanta de laranxa é máis lista ou ¡acaso o seu marido non é deportista!.

Gúmer

Page 32: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 31

MILLADOIRO DE FRASES GÚSTAME: A primavera, os animais, as estrelas, as poesías, a leituga, ler, as historias de terror, as nubes, estar cos meus amigos, a primavera, os Ancares, as cereixas, pasear, a música, coñecer novos lugares, estar coa miña familia, plantar semillas, estar cos meus amigos, as flores, a pintura, os Ancares, as historias de terror, xogar, mirar as nubes, os doces... NON ME GUSTA: Ver que hai persoas que sofren, os que pensan que sempre teñen a razón, falar por teléfono, os incendios forestais, os que pensan que sempre teñen a razón, ler cando están falando, os accidentes, os automóbiles, o puré, os maltratos que sofren os animais, as persoas que ás veces non me fan caso, ver os accidentes dos automóbiles...

Laura Pérez Beatriz-1º ESO GÚSTAME: Estar fóra cando vai sol, os xeados, ir de excursión cos compañeiros, escoitar música, os libros de terror, saír e coñecer mundo, Los hombres de Paco, a roupa moderna, a cor azul, escoitar os paxaros, ir de festa, Titanic, as lentellas, os gatos, a neve, Shakira, o compañeirismo, os doces que fai a miña curmá, os peluches, estar coa miña irmá, debuxar, as atraccións, as plantas, a verdade, a paz, o baile, os aneis… NON ME GUSTA: O frío, a discriminación, as estradas de moitas curvas, as serpes, as persoas que se cren superiores, os que murmuran, a choiva, a cor rosa, os libros que non teñen moito sentido, a cor rosa, o inglés, a mentira, o pouco recreo, os exames, os ríos contaminados, as persoas que aparcan mal os seus automóbiles nas rúas, a publicidade nas películas, o lixo polas rúas, os bébedos, os exames, o baloncesto, CSI…

Tania Gómez Pérez-2ºESO

Page 33: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 32

GÚSTAME: Bailar, as amigas que teño, cantar, viaxar, os xeados de vainilla, a música, “Lo que el viento se llevó”, os contos de misterio, vivir cos meus pais, a moda, as camisetas, os macarróns, as flores, o olor a vainilla, a clase de educación física, a auga correndo polo monte, as fitas do cabelo, os pendentes grandes, a casa dos meus tíos, o coche de Mario, ser filla única, os veciños que teño, o olor a vainilla… NON ME GUSTA: A contaminación, as persoas que se cren superiores, as mentiras, a duración dos recreos, Son de Estrelas, a igrexa de San Román, a clase de matemáticas, as persoas que se cren superiores, estar pechada na casa, a contaminación, o peinado de José Luís, as lentellas, os berros, os escaravellos, os castigos, as serpes, a guerra, os típex de xel, a estrada de Pandelo, as laranxas, os grelos, o lume nos montes…

Ana Digón Caño-2ºESO GÚSTAME: O recendo a pan fresco,as cereixas, falar coas persoas que son amigas miñas, as estrelas fugaces, a neve, a música de Reggaeton, pasear pola beira da praia, as rosas vermellas, as pulseiras, os animais, a informática, os días do verán, os automóbiles, saír de festa, ir de compras, estar coa miña familia, o badminton, mirar as estrelas, a neve, a informática… NON ME GUSTA: O racismo, os incendios forestais, os atascos, a xente que maltrata os animais, o estrago que sofre a natureza, os que se cren superiores porque teñen máis cartos, os profesores que pegan aos seus alumnos, os homes que pegan á súa parella, o fútbol, as mulleres que abandonan os seus fillos, ler, fumar, beber alcohol, os profesores que pegan, a guerra, …

Ana González Álvarez-3ºESO GÚSTAME: O mar, a terra, o ceo, o sol, as estrelas, o verán, a felicidade, a paz, facer poesías, ver a televisión, os parques de atraccións, falar cos compañeiros, o cine, a xente que conta contos, estar coa familia e cos compañeiros, ler, coñecer novos lugares, facer deporte, a natación, viaxar, escoitar música, o baloncesto, pasear, o tenis, ás árbores…

Page 34: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 33

NON ME GUSTA: A guerra, a morte, a tristeza, as enfermidades, a falta de solidariedade, os accidentes, a xente que sofre, a contaminación, que non haxa cura para algunhas enfermidades, a xente que conta mentiras, levantarme cedo pola mañá, a violencia, a envexa, a xente que maltrata animais, a hipocresía, as persoas que desexan cousas malas…

Lorena Vuelta Coro-3ºESO GÚSTAME: Estar coa miña familia, os coches tuneados, as motos, as rapazas, estar coa miña familia, saír cos meus amigos, a tortilla de miña nai, cocinar, ir de viaxe, o respecto, facer amigos, cantar na ducha, o Nadal, o brake-dance, a neve, a igualdade, as películas de medo... NON ME GUSTA: O racismo, as lentellas do colexio, as persoas que se meten coa xente que quero, os programas do corazón, a xente hipócrita, os días de choiva, madrugar pola mañá, as matemáticas, os que se cren superiores, os abusos e....... que perda o Deportivo.

Pablo Pardo Rodríguez-4º ESO GÚSTAME: O chocolate, os xeados, ver a televisión no meu tempo libre, estar cos meus amigos, ir de festa cos meus amigos, xogar ao fútbol, recibir e escribir cartas, os doces de chocolate, escoitar a música do meu cantante favorito, ir de paseo pola tarde, as cancións de Jennifer López, a festa de San Xoán, ir recoller noces e castañas coa miña irmá... NON ME GUSTA: O ruído dos coches e das motos, os maltratos que sofren os nenos, os homes que maltratan as mulleres, as mulleres que maltratan os homes, as armas, o racismo, os maltratos no colexio, as cacas dos cans, os incendios forestais, ler libros e revistas nos coches, os fachendosos, as persoas machistas, os nenos que son maltratados, o ruído dos coches e das motos, as persoas egoístas, os doces de nata, as guerras, as pelexas...

Mª del Carmen Núñez González-4ºESO

Page 35: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 34

A CAIXA DOS APELIDOS Na seguinte táboa aparecen 14 apelidos cervantegos significativos. Teñen en común que unha boa parte das persoas con ese apelido pertencen ao noso concello, o que di bastante da súa orixe. Por desgraza coinciden tamén no pequeno número de persoas que levan estes apelidos: moitos deles están en perigo de extinción! COÑECELOS É VALORALOS!

Nº % Nº % % APELIDO1 CERVANTES CERVANTES2 GALICIA GALICIA3 CERV.-GAL.4

Doral 30 0,7227% 47 0,0017% 63,83% Gerbolés 41 0,9877% 68 0,0025% 60,29% Beatriz 11 0,2650% 23 0,0008% 47,83% Digón 141 3,3968% 305 0,0112% 46,23% Trabado 78 1,8791% 173 0,0063% 45,09% Vilor 22 0,5300% 70 0,0026% 31,43% Quindós 25 0,6023% 110 0,0040% 22,73% Santín 157 3,7822% 750 0,0275% 20,93% Rosón 42 1,0118% 205 0,0075% 20,49% Coro 9 0,2168% 57 0,0021% 15,79% Vuelta 6 0,1445% 42 0,0015% 14,29% Valcarce 64 1,5418% 581 0,0213% 11,02% Deiros 19 0,4577% 198 0,0073% 9,60% Fresnedo 3 0,0723% 35 0,0013% 8,57%

1 Datos do 2001 proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística para a Real Academia Galega. 2 Para cada apelido, a porcentaxe está calculada sobre a cantidade total de apelidos rexistrados no concello de Cervantes. 3 Para cada apelido, a porcentaxe está calculada sobre a cantidade total de apelidos rexistrados en Galiza. 4 Porcentaxe do número de apelidos existentes en Cervantes con respecto aos galegos.

Page 36: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 35

SUXÍROCHE UN LIBRO... DOS ARQUIVOS DO TRASNO Esta obra de Rafael Dieste foi publicada en 1926 e contiña en principio oito relatos. Máis tarde apareceu unha segunda edición na que Dieste ampliou o número a vinte. Trátase dunha serie de historias onde se mostra o carácter do home galego: sinxelo, orgulloso, bondadoso... Así Dieste retrata o carácter bondadoso en “Pampín” ou “Estreliña"; o espírito emprendedor e nostálxico nos relatos “O grandor do mundo” ou “Na ponte de ferro”; o orgullo e amor propio de xentes fieis a uns principios e valores morais nos relatos “O vello Moreno” e “De como se condenou o Ramires”. Os que máis nos gustaron foron un de tema misterioso e outro de tema realista. O primeiro titúlase “Encol da morte de Bieito” e nel aparece un home que, levando un ataúde nun enterro, ten a impresión de que o morto vai vivo. Non se atreve a contar nada, pero pola noite decide volver ao cemiterio e ten a mesma sensación. Ao final decide non descubrir nada e o lector queda coa dúbida de saber se estaba morto ou vivo. O outro chámase “O vello que quería ve-lo tren” e conta a historia dun avó que non quere morrer sen ver o tren. O seu neto tamén desexa velo. Un día ven cumprido o seu soño. O relato acaba coa tristura do vello que sabe que nunca máis o verá e a alegría do rapaz a quen lle queda aínda moita vida por diante para facelo. É unha obra onde hai humor, onde se mestura o mundo real co marabilloso ( Santa Compaña, os mouros...), na que o autor conta, sen rodeos, o esencial e provoca no lector unha tensión ata o final dos relatos.

Alumnas e alumno de 4ºESO AS COUSAS CLARAS Xosé Antón Neira Cruz ademais de escritor e colaborador habitual na prensa, na radio e na televisión, é creador e director da revista de literatura infantil Fadamorgana. Ten recibido moitos premios como o que conseguiu por esta obra (premio Merlín 2000 e Premio Lecturas Gálix 2002). A novela está escrita en 1ª persoa. A protagonista chámase Marga, unha moza de dezaseis anos que vive nos arrabaldes dunha cidade e que non mantén moi boa relación coa súa nai ( unha muller de ideas conservadoras). Vai a un instituto onde un profesor de literatura (Mon) trata con naturalidade o tema do sexo nas súas clases. Un día é acusado de ser homosexual e recibe unha malleira que o deixa en coma. Todos son rumores e empézase a falar do suicidio, pero algúns rapaces non o cren. A partir de aquí

Page 37: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 36

serán Marga e Afonso os que intenten resolver o misterio e chegar ata o final desta apaixonante historia onde tamén aparecen temas como a morte, o amor, a falta de comunicación cos pais ou a violencia. É un libro que non presenta ningunha dificultade de comprensión, con temas atractivos para a mocidade e que engancha dende o principio.

Alumnos/as de 3ºESO ANXOS E DEMOS É unha novela de misterio escrita por Dan Brown e publicada por primeira vez no ano 2000 (actualmente podémola atopar traducida ao galego). Nun laboratorio aparece asasinado un científico(Leonardo Vetra) cun estraño símbolo no seu peito. Un profesor chamado Robert Langdon pensa que son os Illuminatis, (antiga secta satánica enfrontada á Igrexa dende o tempo de Galileo). Todo o mundo cre que regresaron traendo a arma máis mortífera que existe, un artefacto co cal os Illuminatis poden gañar a guerra final contra os seus inimigos. O profesor, acompañado por unha científica italiana e un capitán da garda suíza ,viaxan ao Vaticano para tentar atopar aos Illuminatis, pero antes terán que descifrar as claves ocultas que os primeiros deixaron no templo. É un libro que eu vos recomendo porque nel ides atopar intriga, acción e moitas sorpresas. Pecharedes o libro facéndovos moitas preguntas para as que se cadra nunca atoparedes unha resposta.

Tania Gómez Pérez, 2ºESO HARRY POTTER E O CÁLIZ DO LUME Eu a un amigo recomendaríalle este libro de J.K. Rowling porque é un libro de aventuras, de misterio, de amor,e de medo. Conta as aventuras dun mago chamado Harry Potter e os seus amigos (Ron e Hermione). Viven nun colexio de magos e Harry ten que participar nunhas probas con outros dous colexios, nos que se fixeron trampas e ao final Harry ten que loitar contra o malo (Voldemort). Para min é o libro máis fermosos dos de Harry Potter. Gústanme as súas aventuras porque son coma nós pero nun colexio de maxia. É moi fermoso!

Noelia Rodríguez Pardo, 2ºESO

Page 38: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 37

SERMOIS DO ENTROIDO Os rapaces de terceiro para cuarto andan a marchar será porque iván a Sheila quere namorar. A Sandra as canas comézanlle a aparecer será unha mutación ou será a vellez? Tinguiu o pelo para disimular aínda que nos seus alelos está que canas terá igual. Firme marchou este ano e moitas penas deixou sobre todo a Jéssica que o corazón lle destrozou xa que el en Becerreá outra moza botou. A profesora de francés unha tía rústica é quere aos de cuarto para darlles francés tamén con elas bailar para o frío escorrentar. Este ano no colexio temos un orientador que compra a roupa no Corte Inglés presume de saber xogar ao futbol e do seu V3. Nós con Mario moi ben nos levamos cada vez que explica “si profe” lle contestamos. Marta este ano moitas linguas domina, o galego e o castelán e mais a china. Gumer é moi bueno e simpático pero cando se lle cruzan os cables vólvese fanático.

Fina de cuarto moitas mensaxes anda a recibir de Barcelona, de Becerreá e mais das Pontes de Gatín. Carmiña o nome quere cambiar quérese chamar carmencita porque Carlos de Becerreá así lle anda a chamar. Anita nas Sinas a Alejandro coñeceu e desde aquela parece que enlouqueceu. O día da cena Leti a Adrián coñeceu andou toda a noite tras dela xa que de vista non quería perdela. Marcial fíxose o listo e un rato quixo matar pero o rato era máis listo e de Marcial logrou escapar. Iván e Julio quérense poñer a traballar, veremos a ver canto van aguantar. Ramón coa Relixión Católica Ánxel coas Ciencias Sociais non nos colle na cabeza un acontecemento máis. A de Galego co seu coche moito anda a presumir pero cando hai xeada dice que non pode vir. Gumer é o rei da danza e o rei da canción temos un profe que mola mogollón. Sandra este ano moito anda a falar

Page 39: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 38

xa se cre a dona do colexio e as tradicións quere cambiar. Camila este ano puré non nos anda a dar será que se deu conta de que ela tamén o ten que tragar. Silvia co seu novo amigo clementino dá grandes paseos e báñase no río. Ramón a calva quería disimular e puxo un lazo coa escusa do carnaval. Pablo de terceiro en Cervantes moito anda a ligar pero como se entere a noiva vaino deixar. Diego este ano moi ben se anda a portar será que a alguén quere impresionar. Paula este ano a Diego e a Rubén anda a tolear co bos amigos que eran aínda se han de enfadar. Ana María este ano anda alteradiña será porque Iván a trae louquiña. A de Castellano este ano moi ben se anda a portar será que os sermois lle fixeron cambiar. Vanesa está louca por Iván e el agárraa da man. Sandra os exames na clase non nos quere ensinar agarda ao recreo para non deixarnos xogar. Gumersindo de tanto bailar os osos hánselle fastidiar.

Os nenos de segundo andan moi relaxados porque ao ser tres as cinco nenas os temos domados. A algún mestre había que poñelo a bailar porque a cadeira se lle vai enferruxar. A de Matemáticas con raices e potencias conseguirá levarnos a urxencias. Diego este ano está moi avispado será que no verán algún mosquito o terá picado. Con tantas lentellas vannos medrar as orellas. Chega o entroido e despois as vacacións que se enlazan coas excursións. Laura como non pare de medrar por riba de Mario ha de pasar. Despois do tema dos mecanismos xa non imos ser os mismos. Pablo de segundo de tanto facer pendentes non lle quedan nin os dentes. Con tanta batuca os de segundo e cuarto vainos doer a nuca. Os da ESO temos tan pouco recreo que non nos dá tempo de saír dar un paseo. Entre Paula e Rubén está pasando algo haberalles que dicir que nos expliquen algo. Nós os de primeiro somos os mellores pero non vos enganedes porque para o ano seguinte seremos peores. Un rapaz de Pamplona acaba de chegar ao colexio de San Román

Page 40: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 39

e ímoslle cantar unha canción para darlle a benvida do carnaval. Beatriz coa súa elegancia vai comprar a roupa a Francia. Os autobuses non puideron chegar e estivemos toda unha semana a folgar a culpa foi da neve e agora todos rezamos para que xee. A comezos de novembro o magosto celebramos e moi ben o pasamos ata marcharnos. Sempre estamos berrándolle a Pilar como sigamos así afónicos habemos quedar.

O profesor de Tecnoloxía mandounos traer unhas ferramentas e nós o que fixemos foi arreglarlle as ventas. A de Galego sempre nos anda a berrar un día hanos enxordar. Os da ESO de excursión a Valencia queremos ir para iso facemos unha festa a que mañá tedes que vir. A entrada 6 € vos costará e nós aquí estaremos a agradar. Comida e baile haberá e un concurso de disfraces no que todos gañarán.

CONTESTACIÓN Aínda que vou vello e estou canso lereivos o meu veredicto final o mal tempo moito vos debeu afectar pois sermois tan malos coma estes nunca recordo escoitar por iso me atrevo a dicir que co voso entendemento morro de aburrimento. Dos profesores estades sempre a falar mal pero coas rebaixas de xuño teredes todos que calar. O partido de fútbol resultou moi interesante mais ver tantas xogadas foi algo estresante

si gañaron os rapaces pero moito tiveron que suar que non pensen para o ano que han volver gañar. Queixádesvos tamén polas lentellas do comedor eu dígolles entón a Celia e a Carmen que non cociñen máis que a comida de hoxe é mellor que a leven lonxe outros rapaces a comerán e así se aproveitarán. Nos sermois sempre falades do amor eu penso que vos mola mogollón oxalá tivera os vosos anos para poder ligar un montón.

Page 41: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 40

RECEITAS DE COCIÑA ROSCA DE SEMANA SANTA INGREDIENTES (CINCO ROSCAS):

- 3 ducias de ovos - 3 quilos de azucre - 1200 gramos de manteiga - 1 cullerada de levadura - 1 litro de auga - 5 quilos de fariña

MANEIRA DE FACELO: Batemos ben os ovos. Engadimos logo o azucre e a manteiga e batemos todo durante un tempo. Mesturamos a levadura coa auga e a fariña. Amasamos ata facer unha masa homoxénea, sen que quede dura. Deixamos levedar a masa ata que suba. Unha vez que xa estea a masa, preparamos a forma e metemos todo no forno uns 20 minutos a 210º. Sacamos as roscas e deixámolas enfriar porque poden romper con facilidade antes de servir.

Iván Arias Estrada, 1º ESO TORTA DE PIÑA INGREDIENTES:

- 1 vaso de fariña - 2 vasos de auga - 1 vaso de azucre - 1/2 vaso de aceite - 1 bote de piña en xarope - 1 sobre de levadura - 4 ovos

PREPARACIÓN:

1. Bater a fariña, o azucre, as xemas dos ovos, o aceite e a levadura. 2. Engadir as claras batidas a punto de neve. 3. Cubrir un molde cun pouco de azucre e facer caramelo para que quede todo cuberto. 4. Poñer as rodas da piña enriba do caramelo e botar a masa por riba. 5. Meter no forno uns 30 minutos.

PRESENTACIÓN : Cando se saque do forno, débeselle dar a volta para que a piña quede por enriba.

Sabela Gómez Fernández, 4º Primaria

Page 42: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 41

TORTA DE CAFÉ INGREDIENTES:

- 1 litro de nata - 1 sobre de flan Royal - 1 vaso grande de café - 1 paquete de sobaos

PREPARACIÓN:

1. Poñer a nata a ferver, desfacer o flan en media cunca de leite. Cando ferva a nata mesturar o flan e mais o café. Debe ferver todo xunto durante un tempo. 2. Poñer nun molde untado previamente co caramelo líquido e colocar os sobaos por

enriba. 3. Desmoldar. 4. e ...... BO PROVEITO!

Andrea Fernández Herbón, 3º Primaria

TORTA DE FROITAS INGREDIENTES (PARA 4 RACIÓNS):

- 20 ou 30 galletas María - 100 gr de manteiga ou margarina - 1/4 quilo de queixo fundido - 1 bote pequeno de leite condensado - 3 ovos - 200gr de amorodos

TEMPO: 20 MINUTOS ELABORACIÓN: Esmiúzanse as galletas e mestúranse coa manteiga formando unha especie de masa coa que se cubre ben o fondo do molde que se vaia utilizar. Xuntar o queixo, o leite condensado e os ovos intentando facer unha mestura homoxénea, que se verterá sobre a masa preparada no molde. Este conxunto introdúcese no microondas de 3 a 5 minutos. Deseguido déixase arrefriar un pouco e cúbrese cos amorodos. Esta receita pódese preparar con outro tipo de froitas ou, se se quere, sen froita co que se obterá unha rica torta de queixo.

Marcos López Rodríguez, 3º Primaria

FLAN DE CHOCOLATE INGREDIENTES (PARA CATRO PERSOAS):

- ½ litro de leite

Page 43: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 42

- 1 paquete de flan Royal con caramelo líquido - 2 culleradas sopeiras de cacao en po Royal

PREPARACIÓN: Baléirase o contido do paquete de flan Royal nun recipiente seco e engádense dúas culleradas de cacao e o ½ litro de leite. Remóvese ben ata que se disolva. Cocíñese con pouco lume ata que ferva, removendo continuamente. Vértase o contido en moldes pequenos ou nun grande, previamente untado con caramelo líquido Royal.

Laura Pérez Beatriz, 1ºESO TORTILLA DE BACALLAU INGREDIENTES ( PARA 4 PERSOAS):

- 100 gramos de migas de bacallau - 3 patacas - sal - pementa - 2 ou 3 allos pequenos - aceite de oliva extra virxe - 4 ovos

COMO SE PREPARA? Poñemos a desalgar as migas de bacallau e pelamos as patacas en láminas. Limpamos e picamos os allos. Poñemos a quentar con pouco lume unha tixola con moito aceite. Engadimos os allos e as patacas. Cando vemos que as patacas están listas, sacámolas. Mesturamos os ovos batidos coas patacas, o bacallau e mais os allos. Poñemos a quentar a tixola con moi pouco aceite e vertemos os ovos. Mesturamos todo e dámoslle a volta cando estea dourada polos dous lados.

María Tamara Vuelta Coro, 1ºESO ESPIRAIS EN ENSALADA INGREDIENTES (PARA 4 PERSOAS): 1 cebola· 1 aguacate · 1 tomate · 1 pemento verde · o zume dun limón · 2 culleradas de aceite de oliva · 350 gr de pasta · 100 gr de lagostinos · sal · vinagre. PREPARACIÓN:

1. Pele e pique a cebola, o aguacate, o tomate e o pemento. Mesture estes ingredientes nunca cunca e engada o zume de limón.

2. Pele tamén os lagostinos. Despois bote as hortalizas e mesture co aceite, o vinagre e o sal. Métao no frigorífico ata que o vaia usar.

Page 44: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 43

3. Coza a pasta en auga fervendo con sal uns 20 minutos. Escorra ben e únao coa vinagreta. Sirva nunha fonte e adórneo con pirixel.

Vanesa López Valcarce, 1ºESO

FILLOAS RECHEAS DE CREMA INGREDIENTES: ½ litro de leite · ¼ de fariña · 6 ovos · 50 gramos de manteiga · 1 limón. Para a crema pastelera: · ½ litro de leite · 50 gramos maicena · 100 gramos de azucre · 3 xemas de ovo · canela en rama · 1 limón relado. PREPARACIÓN: Nun recipiente mestúranse todos os ingredientes agás os da crema pastelera e bátense. Despois úntase unha tixola de ferro cun anaco de touciño e ponse ó lume, vertendo un pouco da pasta ata darlle a forma. Cando estea, dámoslle a volta e deixámolas arrefriar. Facemos logo a crema “pastelera” e enchemos as filloas con esta crema. Envolvémolas e fritímolas en abundante aceite quente. Para que queden mellor presentadas, botamos azucre glacé e canela moída.

Marcos Fernández Santín, 1ºESO

Page 45: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 44

ANUARIO DE 4º DA ESO

Se vos fixades ben veredes que en cada unha das súas esquinas hai

agochado un anaco de meu interior, os meus triunfos, as miñas derrotas, os momentos bos e tamén os malos dunha infancia compartida con mestres, compañeiros e bos amigos, que hoxe me animan a recordar… Judith Arango Arias

Unha etapa inolvidable, na que todo se vai lembrar,

sobre todo o que houbo que estudiar, mellor sería que non rematara porque o peor e separarse dos amigos. Fina Fernández Lago

Estes anos foron marabillosos, cheos de ilusións e

emocións, espero que os seguintes anos que veñan os pase igual de ben que aquí no C.P.I. de Cervantes. Yovania Gómez Gómez

Nestes catro anos levo comigo os mellores anos da miña vida: os meus

amigos e os meus profesores que tanto me axudaron e tanto apoio me deron para seguir adiante. Agora hai que mirar para o futuro, pero que sepades que nunca olvidarei a miña gran familia do colexio de San Román Marta Gómez Santín

Sempre en familia, pasandoo ben, amigo/as inesquecible

s, e todo isto nunca se esquecerá. Leticia Lòpez Deiros

Remata unha etapa chea de amigos, esperanzas e ilusións,

agora comeza unha nova etapa con esperazas e ilusións de facer novos amigos. Mª Carmen Núñez Gonzalez

O que non nos mata fainos máis fortes.

Pablo Pardo Rodríguez

Vivín historias e coñecín persoas que nunca olvidarei.

Sheila Pena Núñez

Page 46: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 45

PASATEMPOS DE LÓXICA OS MESES DO ANO Hai meses que teñen 30 dias e outros que teñen 31. Cántos teñen 28 dias? XOGO DE MISTOS Con só mover tres destes mistos sairan 6 triangulos equiláteros OBRAS NA GRANXA Dentro de este cercado hai nove ovellas. Queren facer obras e construir dous recintos cadrados máis para que cada ovella teña o seu espazo propio. Poderías axudar ao granxeiro a deseñar a nova distribución? MULTIPLICACIÓN Canto dá 1 por 2 por 3 por 4 por 5 por 6 por7 por 8 por 9 por 0?

Page 47: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 46

CUN SÓ TRAZO O ollo terás que debuxalo aparte SOPA DE LETRAS Nesta sopa de letras hai 20 palabras relacionas coas matemáticas. Poderás atopalas?

AS MAZÁS Nunha cesta habia 6 mazas vermellas e nunha habitación 6 nenas. Cada nena colleu unha mazá, pero a última mazá quedou na cesta, como puido ser?

Page 48: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 47

ILUSIÓN ÓPTICA Pensades que o cadrado que está dentro da espiral é un cadrdo perfecto ou non? ARITMOGRAMA Resolvede as operacións ariméticas e enchede as casillas O CARACOL NO POZO Un caracol atópase no fondo dun pozo e decide subir ata chegar arriba. Cada dia sube tres metros pero esvara dous pola noite mentres durme. A profundidade do pozo é de 20 metros. Canto tempo tarda en chegar arriba? AS 3 LUCES DAS 3 CUARTOS Unha casa ten tres cuartos. En cada cuarto hai unha luz. Nos cuartos non hai xanelas nin interruptores. No soto hai tres interruptores. Cada interruptor controla unha das luces dos cuartos. Lévante ao soto e pídenche que determines que interruptor controla cada luz. Unha vez que saias do soto non podes voltar. Podes visitar dous cuartos da casa unha soa vez. Ningún cuarto nin as luces que proveñen deles se poden ver dende outro cuarto. Como é posíbel determinar que interruptor controla cada luz?

Page 49: SUMARIO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/revista/revista27.pdfRevista anual do CPI de Cervantes Páxina 4 Leiras Pulpeiro de Lugo. Antes

Revista anual do CPI de Cervantes Páxina 48

VIAXE A SEGOVIA Cando íaa a Segovia coñecín a un home que tiña 7 mulleres, cada muller tiña 7 sacos, cada saco tiña 7 gatas e cada gata 7 gatiños. Mulleres, sacos, gatas, gatiños… Cntos van a Segovia? CALCETÍNS Nunca cómoda hai 10 calcetíns verdes e 29 laranxas. Se estou buscando un par de calcetíns iguais ás escuras. Cal é minimo número de calcetíns que teño que sacar para conseguilo? SOLUCIÓN

Os meses do ano: todos Multiplicación: 0, todos os numeros multiplicados por 0 dan 0 As mazás: A última nena colleu a cesta coa mazá dentro. Ilusión óptica: si O caracol no pozo: O caracol chega arriba en 18 dias. Avanza un metro ó dia durante 17 dias e dia 18 percorre os 3 ultimos metros e xa chega arriba. As 3 luces dos 3 cuartos: Acciona o primeiro interruptor e deixao durante 10 minutos. Apágao e acende o segundo. Entón visita os dous cuartos que podes. O cuarto coa luz acesa é o que corresponde ao segundo interruptor, o cuarto coa luz apagada pero coa lámpada quente é a que controla o primeiro interruptor. O cuarto coa luz apagada e fría é o que controla o terceiro interruptor. Os dous primeiros cuartos daranche a solución para os tres interruptores. Viaxe a Segovia: 1, o home. Calcetíns: 3 Ahh! Quedábanos o Aritmograma. Pénsao un chisquiño máis que tes todo o verán por diante. ADEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEUUUUUUUUUUUUUUUUUS!!!!!!!!!!!!