revista dea comundidade dre monates veciñqueaisfanúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. nesta...

12
pedra que fala Revista da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios Número 6 Maio 2010 Nas túas mans está o futuro do noso monte FEITOS Obras e accións que demostran a boa xestión durante estes catro anos FUTURO Os retos da comunidade: a reclamación na vía civil e o remate da casa parroquial OPINIÓN Carta do presidente saínte. Tamén falan os comuneiros VÍCTOR BARGIELA, CURA DE ATIOS "Pido calma e coñecemento a quen me critica"

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

pedraquefalaRevista da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios Número 6 Maio 2010

Nas túas mans está ofuturo do noso monte

FEITOS

Obras e accións quedemostran a boa xestióndurante estes catro anos

FUTURO

Os retos da comunidade: areclamación na vía civil e oremate da casa parroquial

OPINIÓN

Carta do presidente saínte.Tamén falan os comuneiros

VÍCTOR BARGIELA, CURA DE ATIOS"Pido calma e coñecementoa quen me critica"

Page 2: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

Vivimos un período electoral na xunta de montes deAtios e -como xa é desgraciadamente habitual-,comezan a proliferar os escritos anónimos. Haiaficionados ó miserable costume de tirar a pedra eesconder a man. Xente que utiliza o anonimato parainsultar e descalificar, mesmo con ataques persoais.Esta xunta rectora considera lamentables estes feitos.Cremos que só responden ao interese dalgunhaspersoas concretas que non buscan máis quedesacreditar a esta xunta de montes e alterar a boaconvivencia entre os veciños.

As persoas que integramos a xunta directiva e todos oscomuneiros de ben non imos caer na tentación deentrar no xogo destas estupideces. Non nos molestanas críticas, pero coa verdade por diante. Quen teña algoque dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido epoderá facelo. Quen non quere dar o seu nome éporque non ten nada que defender. E sospeitamos depersoas concreas que están detrás da Asociación deVeciños. Persoas que aspiran a dirixir a xunta demontes. Cómo van facelo se nin tan siquera teñen avalentía de dar a cara. Queren os veciños que unscobardes rixan os destinos do monte?

Ademáis, gobernar unha comunidade requirecoñecemento, dedicación e capacidade. Xestionar o díaa día dunha entidade como a Xunta de Montes non édoado. Hai que facer trámites con responsabilidadeante Facenda, a Xunta, o Concello e ante os propiosveciños. Necesítanse responsables con experiencia,serios e capaces. Cren os comuneiros que os autoresdeses anónimos son xente seria e capaz? Nosdubidámolo moito.

Estas eleccións preséntanse como claves para o futurodo monte e da parroquia. Os comuneiros teñen na súaman a responsabilidade de elixir as persoas máisadecuadas para dirixir a xunta de montes.

A xunta rectora saínte deixa unha xestión impecable domonte, con feitos e proxectos dos que damos contanesta revista. Pero aínda queda moito por facer.Arredor das persoas que forman a actual directivaestase a compoñer unha candidatura que traballarápara consolidar o futuro, con recursos económicosestables e obras que demandan os veciños como é oremate do Centro Social e Cultural ou a demanda civilsobre a titularidade do monte non clasificado.

A candidatura que probablemente se forme arredor daactual Asociación de Veciños -de dudosa lexitimidade-,ten entre os seu membros a comuneiros cunha longahistoria de agravios e zancadillas á comunidade demontes de Atios.

Os comuneiros deben valorar ben a quen lle entreganas rendas da Xunta de Montes. Xogámonos moito nestadecisión. O monte ten futuro, pero temos que traballalo.Para iso seguimos contando co teu apoio.

páx. 2 | pedraquefala | número 6

| editorial |

editorialanónimos sen

futuro

“Os autoresdos anónimos son

persoas miserablesque tiran a pedra e

esconden a man.Sospeitamos que

detrás deles estánmembros da

Asociación deVeciños. Cremos que

os cobardes nonestán capacitados

para dirixir a xuntade montes, que

precisa persoas conexperiencia, serias e

capaces”

Page 3: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

REPORTAXELIÑA UNIÓN FENOSA

páxina 4

ENTREVISTASERAFIN DÁVILA

páxina 7

NOTICIAS DO MONTE páxina 8

REPORTAXEMUIÑOS DE ATIOS

páxina 10

ENTREVISTAPEDRO PEREIRA

páxina 14

REPORTAXEA RECTORAL DE ATIOS

páxina 16

número 6 | pedraquefala | páx. 3

| índice |

pedraquefalape

dra q

uefa

laNúmero 6. Maio 2010 Revista da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios

Editor Xunta Rectora CMVMC de Atios

Director Xoán Pereira

Deseño e maquetación Magenta

Impresión A.G. Palacios

Depósito legal VG: 396-1997

Revista impresa en papel reciclado

ORZAMENTOSpáxina 11

FOTONOTICIACAMPO DO CARBALLO

páxina 6

NOVAS DE ATIOSpáxina 18

O BUFOpáxina 18

GUÍA DE AVES19

Revistas publicadas ataagora pola Xunta deMontes

usuario
Rectángulo
Page 4: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

Trala intensa xestióndesta xuntarectora a Consellería do Medio Rurala través do Distrito Forestal vaiconstruir a pista que une o barriodas Insuas coa zona chamada Chanda Beillada. Trátase dun camiñoduns 600 metros de lonxitude.Arranca na curva onde a actual pisadas Insuas vira cara a parte superirodo monte. Remata na parcela ondese fixo a nov aplantación deeucalipto.

Terá un ancho de 5,5 metros e 1máis de cuneta. No seu percorridoten unha pendente media do 9%, cundesnivel máximo do 15 por cento.Instalaranse dous pasos soterrados

Feitos no monteAquí falamos de feitos, non de promesas. Falamos de obras levadas a cabo por esta xunta rectora para amellora do noso monte e para o disfrute dos comuneiros e dos veciños. Feitos que dan proba da boa xestiónrealizada por esta directiva e que confiamos en que sexa ben valorada por todos os comuneiros.

Redacción PQF

páx. 4 | pedraquefala | número 6

| feitos |

| Estado actual da pista |

Pista das Insuas

A nova pista que se fará en breveven sumarse a outro camiño do queesta xunta rectora está moiorgulloso. A que demos en chamarpista das Insuas era unha demandados veciños dese barrio e tamén detoda a parroquia, pero sobre todo eraun compromiso da xunta rectora cospropietarios que xenerosamentecederon parte do seu terreo paraque puidera construirse. Cunpresuposto de 12 mil euros,ensanchamos unha pista que daservizo non só os donos dascoutadas lindantes senon que abreunha vía de comunicación rápida edirecta coa parte alta do monte, tannecesaria en caso de incendio.

MONTE BEN COMUNICADO :: :: :: :: :: :: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: ::

de auga con tubo de formigón de 60e pozo de entrada. Poderíansubstituirse con badéns deformigón. Habilitarase tamén unapartadeiro a metade do trazado.

A obra ten un custe total de15.216,37 euros (sen o ive). Inclúe oarranxo doutra pista secundaria. Aconsellería adxudicoulla á empresaConstruccións Caldeverdazo S.L.,de Ponte Caldelas.

O Distrito promete iniciala antes deque remate o verán. Cando esteaoperativa acurtará moito a viaxedende As Insuas ata o Castelo, porexemplo.

Pista As Insuas-CChan da Beillada

| Tramo final da pista entre os castiñeiros |

Page 5: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

número 6 | pedraquefala | páx. 5

| feitos |

| Rodal de piñeiro no coto do Rial |

| O rareo selectivo permite que as arbores que quedan dupliquen o seu valor |

UN MONTE PRODUTIVO :: :: :: :: :: :: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: ::

Cortas de eucalipto e piñeiro

No mandato desta xunta rectoraleváronse a cabo tres cortas. Aprimeira tivo lugar na vaguada daVeiguiña. Realizouse unha cortafinal a feito (é dicir, a matarrasa)sobre unha superficie de 5hectáreas. Adxudicouse a empresaNorfor cun prezo de 19,40 euros atonelada. A comunidade obtivo36.464,59 euros por esta corta.

Outra corta importante foraaprobada con anterioridade nunhaasemblea do ano 2005. Trátase dorareo selectivo de eucalipto e depiñeiro en varias zonas do monteCarrascal e Laxedo.

O rareo selectivo do eucaliptolevouse a cabo en 34 hectáreasarredor da área da Veiguiña, docampo de tiro e dos penedos da Píado Corvo e do Porco Rachado.Adxudicouse a empresa MaderasFerreira, que pagou por cadatonelada 25 euros, un prezoexcelente segundo certificaron ostécnicos da Asociación Forestal deGalicia (AFG). Ademáis, o traballorealizado é de gran calidade, xa queo monte non resultou danado e asárbores que quedan gañarán enporte e valor comercial.

O rareo de eucalipto reportou acomunidade 84.472,34 euros.

A mesma cualificación de excelentemerece o rareo selectivo de piñeiroque se levou a cabo en 13 hectáreasna contorna do coto do Rial e acanteira do Lemos. Aquí incluiusetamén unha pequena zona de cortaa matarrasa, tal e como estácontemplado no Plan de OrdenaciónForestal do monte de Atios. MaderasFerreira pagou polo pino para puntal18 euros, e polo piñeiro de serra

25,54 euros. En total, a comunidadegañou coa venda do piñeiro23.285,87 euros.

Finalmente, este ano realizouse unrareo sistemático de 6 hectáreas norodal do Valiño. Unha cortaaprobada en asemblea no ano 2009,atendendo sobre todo asnecesidades financeiras dacomunidade. O traballo levado acabo por Maderas Ferreira foi taménexcelente. Pagou 25 euros polatonelada de eucalipto o que reportouun total de 23.378,24 euros.

Esta corta selectiva foi a máissignificativa dende hai moitos anos,quizáis a maior da historia dacomunidade. Ten como obxetivoprincipal conseguir, daquí a unsanos, unha madeira de calidade, queimplicaría un incremento no seuvalor. Tamén é certo que esta vendade madeira foi fundamental parafacerlle fronte ós gastos correntesda comunidade, xa que a tesoureiríaestaba en precario debido ó rematedo convenio co concello.

Cos ingresos obtidos pola corta nonsó mellorou a liquidez dacomunidade, ademáis puidemosamortizar o préstamo do coche, quexa está totalmente pagado e libre decargas.

Page 6: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

Máis de 2.000 frondosas

Na nosa filosofía de contar cunmonte diverso e sostible, leváronsea cabo varios traballos dereforestación con especiesautóctonas. Así, nestes catro anos,plantamos máis de 2.000 novasárbores en distintas zonas domonte: na área da Veiguiña, noperímetro da plantación de eucaliptodo Chan da Beillada, na vaguada doValiño, no monte do Roxo, no Coto,nos muiños do Castro, etc. No montede Atios hai agora máis carballos,bidueiros, acivros, castiñeiros,cerdeiras, freixos, sobreiras e outrasvariedades autóctonas. Árbores quedan vida e incrementan abiodiversidade do noso monte.

páx. 6 | pedraquefala | número 6

| feitos |

MÁIS ÁRBORES NO MONTE :: :: :::: ::: :: :: :: :: :: :: :::::: :: : :: :::: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: ::

Conforme ó disposto no Plan deOrdenación, seis hectáreas naparcela coñecida como Chan daBeillada foron replantadas coneucalipto. Utilizouse un clon decrecemento moi rápido -algunhasvariedades mesmo medran uncentímetro ó día-, o que permitirádispoñer de madeira para a venda en

moi poucos anos. Non somospartidarios de encher o monte deeucaliptos, pero dun xeito ordenado-respetando o plan forestal-debemos reservar zonas deprodución de madeira coa que obterdiñeiro pra financiar outrosproxectos.

Monte ben coidado

Ben co persoal da comunidade demontes ou ben a través desubvencións e persoal daconsellería do Medio Rural, nestescatro anos levamos a cabo unhaimportante labor de poda, limpeza edesbroce. Os traballso consistironna poda e sanemaneto de pilerios eeucaliptos, así como o desbroce deareas enterias invaidadas polamaleza e a australia, coma a dodepósito do Carbón. Tamén seincluiu o desbroce das beiras daspistas forestais, unha laborfundamental para evitar apropagación dos incendios. Destexeito retiramos toneladas de malezaó tempo que saneamos as árborespara que crezan máis e mellor.

| Tres filas de frondosas rodean o perímetro do Chan da Beillada, onde o eucalipto alcanza xa cincometros de altura dous anos despois de plantado |

Plantación eucalipto

| A retirada da maleza é o primeiro paso paracombater o lume |

Acondicionamento áreas

Coa intención de adecentar algunaszonas do monte que presentaban un malaspecto debido a extracción de xabre oude movementos de terras que quedaransen rematar, esta xunta de montesacometeu dous traballos que consideraimportantes para o disfrute doscomuneiros e veciños. No monte doCoto, na contorna do depósito da traida

xeral de augas, na Cruz, retiramos oxabre e achanzamos con terra negratoda a parcela. Xa se plantaron algunahscerdeiras e carballos. Mais tardeampliarase a plantación co resto defrondosas, para que se forme alí unbosque autóctono que dea continuidadeao que sube dende os muiños e tamén,no outro lado do camiño, aos castiñeirosda vauguada que ven do Río.

Outra actuación levouse a cabomáis abaixo, nos muiños do Castro.Aquí desmontouse o curuto orixinale rebaixouse a cota do terreo. Foi aúnica maneira de darlleuniformidade a zona logo de que aretirada de xábrego deixara unhaparede que desentonaba na paisaxe.Ademáis respetouse a canle dosmuiños na su feitura orixinal, aindaque se rebaixou a altura do noiro.

| Cando remate o recheo con terra vexetalcrearase un bosque de frondosas |

Page 7: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

Monte vixiado

Nesta tarefa de loitar contra o lume,que durante estes catro anos deuexcelentes resultados xa que nonhoubo incendios, tamén constitúe unfeito moi importante a creación daAgrupación Veciñal de VixilanciaForestal. Xunto ós membros da xuntarectora entraron a formar parte delavarios veciños da parroquia, quexenerosamente colaboraron navixilancia do monte no seu tempo libre.

Dende aquí dámoslle as gracias etamén solicitamos a colaboración demáis veciños para este ano.Volveremos activar a AVVF para quetampouco este verán haxa incendios.Quen queira colaborar pode anotarse no680.612.818. Con todos os voluntariosfaremos unha xuntanza para distribuiras quendas de vixilancia. Aresponsabilidade é de todos.

número 6 | pedraquefala | páx. 7

| feitos |

Era tamén unha aspiración destaxutna rectora: habilitar unha rutapara a practica do sendeirismo através da cal poidamos disfrutar dasfermosas paraxes que ten o montede Atios. Polo momento sinalizamosos tramos mais concorridos eaxeitamos o sendeiro. Na festa doMonte instaurouse xa a tradición de

CEN TRACTORES DE LEÑA ::: ::

Os comuneiros reclamábano e estaxunta rectora atendeu as suaspeticións. Todo aquel que quixocoller leña no monte puido facelo. Epuido facelo dun xeito ordenado econtrolado, a través dos VALES quelle facilitaron os vocales do barrioou mesmo directamente co permisoe supervisión do garda forestal. Desempre a leña que se lle da óscomuneiros é aquela que non sirvepara vender. Convén telo claro paranon acusar en falso. A xunta demontes non nega a leña. De feitonestes catro anos, e aproveitando asdistintas cortas que houbo, oscomuneiros e veciños de Atiospuideron recoller mási dun cento detractores cargados de leña.

A loita contra os incendios foisempre unha prioridade para estaxunta de montes. Así unha dasprimeiras accións foi a construcióndunha balsa de auga que permitira arápida respostaxe de motobombas ehelicópteros para non perder temponas labores de extinción do lume.Con esta balsa, que ten capacidadepra cargar case cen helicópteros, omonte está máis protexido. Outro

LOITA CONTRA O LUME :: :: :: :: ::: :: :: :: :: :: :: :::::: :: :::: :: :: :: :::: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: :: ::

| Os helicópteros e as motobombas podenrecoller auga en pleno monte |

| Balsa da área dos Lagos coa reixa posta || Veciños e membros da xunta de montesintegra a agrupación de vixilancia |

percorrer a ruta dende a Torre ata aVeiguiña. Na revista Pedra que Falapublicouse unha reportaxe sobre osmuiños para que non se perdan osnomes nin o coñecemento sobre atradición da moenda.

Prometemos seguir mellorando aruta para que a transiten a veciñanzade Atios e os seus visitantes.

exemplo do bo facer desta xunta demontes. Ademáis, en cumprimentoda normativa vixente, a procedeuseó enreixado das seis balsasantiincendios pequenas que haiespalladas polo monte. O garda dacomunidade e membros da xuntarectora soldaron, pintaron einstalaron as reixas. Con elaspretendese evitar accidentesinesperados.

Balsas anti incendios

RUTA SENDEIRISMO :: :::::: :: :::: :: :: :: :::: :::: :: :: :: :::: :: :: :: :::: ::::

| Sendeiristas no buzo da presa do monte |

Page 8: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

Xardín Centro Social e Cultural

Xa é unha realidade da que disfrutanos que visitan o Centro Social e osclientes da cafetería, sobre todo cobo tempo. A obra do xardín verasecompletada en pouco tempo coacondicionamento de todo o recintoda Guía, cun proxecto que inclue opavimentado con adoquin de boaparte do torreiro. É unha promesado anterior goberno do Porriño eque o actual acalde se comprometeua manter. Agardamos que chegueantes das próximas festas do verán.

páx. 8 | pedraquefala | número 6

| feitos |

Feitos na Parroquiaque mellora coa nosa aportación

Ademáis de no monte, esta xunta rectora acometeu traballos para o interese de toda a parroquia. Algunasobras foron executadas directamente e noutros casos xestionou ante o concello as achegas necesarias paralevalas a cabo.

Redacción PQF

Na medida das posibilidades estaxunta de montes seguiu traballandono adecentamento da casa cultural eos seus arredores. Coa colaboracióndos canteiros e a man de obra dospropios membros da cunta de

montes e algun amigo se puidolevantar a balaustrada no tramodende o parque infantil ata o edificiodoc entro social. Seguiremos naoutra parte ata o palco da festa.

| Coa balaustrada os nenos xogan máis seguros no parque da Guía |

| A zona recuperada servirá para aparcamento ou area recreativa |

Campo do Carballo

Xa non é noticia que por fin Atiosconta cun campo de herba. Xa ocontamos e a UD Atios seguecolleitando éxitos nesta segundatemporada. Pola nosa parte o quefixemos foi asentar o terreo nasparelas que quedan ó norte e o lestedo campo de fútbol. Púxose unhacancela para evitar vertidos.

No futuro habilitarase comoaparcamento ou área recreativa.

Balaustrada recinto da Guía

Page 9: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

número 6 | pedraquefala | páx. 9

| feitos |

| Os comuneiros poden ver os asuntos que se tratan nunha pantalla xigante |

Outros feitosNon só polas obras se mide unha boa xestión. Os malos políticos xustifican o seu mandato con asfaltados decamiños, reparación de adoquins ou parcheos dun camiño. Os grandes xestores son aqueles que fan cousasque se poden ver e outras que se poden sentir. E esta xunta rectora fixo outras moitas cousas que transmitenoutro sentir no funcionamento da comunidade.

Redacción PQF

A revista

Recuperamos a publicación da revista Pedra que Fala, para que oscomuneiros reciban inforamción e tamén apra que aporten a súopinión. Contamos cousas dos montes, pero tamén da vida sociale da historia da parroquia de Atios. Este é o terceiro numero destasegunda etapa. Os dous anteriores tiveron unha grande aceptaciónentre os veciños. Na medida das nosas posibilidades seguiremosfacendo que as pedras falen para seren escoitadas.

Asembleas transparentes

A tecnoloxía permíteo, pero taménesta xunta rectora tiña a vontadepara facelo. Dende o comezoqueríamos celebrar asembleas nasque o comuneiro recibira toda ainformación. Instalamos pantallasxigantes nas que proxectamos todosos datos dos que falamos e taménfotografías que permitan unha maiorcomprensión dos temas que seexpoñen. Pero temos algo aínda pormellorar: o son da sala. Moitoscomuneiros queixanse con razón de

Estatutos de bolsillo

Para que todos os comuneirospoidan reclamar os seus dereitos etamén cumprir as suas obrigas, estaxunta rectora decidiu editar unhaversión moi manexable dosestatutos da comunidade.repartironse a cada comuneiro epara os que aínda non a teñen, nonhai porque preocuparse: naimprenta estanse a preparar máiscopias.

pedraquefala

que non se oe nada no fondo do salóde actos. Prometemos melloralo coainstalción de mais altavoces.

Mentres, os que se quedan atrásterán que sentarse mais adiantepara non perderse nada.

Page 10: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

páx. 10 | pedraquefala | número 6

| informes |

O CONCELLO DOPORRIÑO ADMITE QUETEN UNHA DÉBEDACON ATIOS

Puido evitarse un pleito e aforrarseun importante gasto en avogados sea maiorìa da corporación do Porriñoaprobara o plan de pagos que axunta rectora tiña pactado coanterior goberno local. Pero osgrupos políticos non quixeron, coaexcusa dun informe desfavorable dointerventor. Non nos quedou outroremedio que recorrer unha vez máisó xulgado para gañarmos o que énoso.

Polo de agora o xuiz só nosrecoñece unha parte, case a metadedo reclamado, 474 mil euros. Xapresentamos un recurso ante oTSXG para gañar o resto.

Na sentencia o xuiz recoñece toda adébeda, pero entende que unhaparte prescribiu polo paso dos anos.Dí o xuiz que se trata dunhasubvención e non dunha débedaderivada do incumprimento duncontrato entre duas partes, por isoaplica a lei de subvencións e di queprescribiron as cantidades a partirde catro anos atrás. Nós nonestamos para nada de acordo e poriso presentamos un recurso deapelación ante o TSXG. Isto suporáoutros tres anos de espera, ademáisde máis gastos, pero ese non era odesexo desta xunta rectora, quequede claro.

Mentres tanto, o concello ofrece untrato: pagar en sete anos 900.000mil euros, distribuidos en catro

anualidades de 132.500 euros e tresde 123.000 euros. Desde o ano 2010ata o 2013 cobraríamos 530 mileuros (incluidos 55 mil euros deintereses de demora). A partir doano 2014 percibiríamos, en tresanualidades, 370 mil euros que sesustancian nun convenio para facerobras na parroquia.

Na pasada asemblea do 17 de abrilacordouse seguir adiante corecurso diante do TSXG e taménfacultar a xunta rectora a seguirnegociando co concello os termosdese convenio. Non asinaremos

nada que non veña avalado polosinforems de intervención doconcello e que nos asegure contodas as da lei que imos cobrar esediñeiro. Lembremos que se non haiacordo, o xuiz ben podería aceptar oque pediu o concello sobre oaprazamento no pago da débeda quexa está recoñecida .

A proposta que agora fai o gobernolocal conleva que a comunidadeperda 118 mil euros sobre oreclamado inicialmente (1.018.000euros), pero tamén aforramos máisde 40 mil euros en avogados.

Que conste que esta xunta demontes sempre quixo evitar gastos,pero foi imposible. A comunidade deBudiño tivo un proceso diferente, écerto, pero tamén é certo que agoradebe facerlle fronte a un pago de150 mil euros dos honorarios dosavogados. Non hai por qué compararas duas situacións. Como se adoitadicir, nos buscamos un mal arranxoantes que un bo pleito.

Sempre en loita... nos tribunaisComo se repite constantemente dende que se fundou a comunidade, tamén ao longo destes catro anos a xunta de

montes tivo que facerlle fronte a distintos pleitos xudiciais para reclamar os seus dereitos. Aquí ninguén regala nada e, maliaque a xunta rectora tentou sempre buscar a vía do diálogo pra evitar gastos en avogados, finalmente a solución hai quebuscala nos tribunais. Ahí van alguns exemplos.

A xunta rectoraactuou de xeito correcto:gañamos a metade do pleito.O xuiz admitee a débeda, perodi que unha parte prescribiu.Nós cremos que se equivoca,por isso apelaremos .

| O concello admite que lle debe a Atios un millón de euros das canteiras |

Page 11: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

Unha historia de triste recordo, sí,pero que xa é pasado. Xa nuncamáis ninguén ousará abrir unhacanteira polas bravas no terreocomunal. Logo de moitos anos deespera saiu a sentencia do TribunalSupremo que toda a comunidadeagardaba. O comuneiro Jesús PérezRodríguez ( O Xeiteiro), promotordun conflicto que causou danos ómonte e moitos prexuizos ósveciños do Carbón, perdeu o pleito.

Agora deberá pagar as costas dunxuizo que xerou 55 mil euros enavogados e procuradores. Pero oXeiteiro utilizou a un fillo seu parapoñelo á fronte da empresa(Construcciones Xeiteiro S.L.) coaque quería abrir a canteira. E resutlaque esa empresa é insolvente. Acomunidade de montes non poderácobrar nin un céntimo desas costas.O Xeiteiro, ben asesorado, utilizoutodas as artimañas que a leiconcede ós defraudadores. Así é alei, e xa sabemso quen fai as leis epara qué as fai.

Segundo nos comunican dende aOficina de Averiguación Patrimonialda Axencia Tributaria, oadministrador legal deConstrucciones Xeiteiro, S.L., éAntonio Pérez , fillo do Xeiteiro. Aempresa non ten actualmente nadaó seu nome que poida ser

embargado. A lei permite plantexarunha demanda de responsabilidadecontra o administrador si é que sedemostra que foi culpable dainsolvencia da empresa, e nese casotería que ser él quen pagase adébeda. Pero para iso teríamos quesolicitar un informe económico-auditoría para estudar cómo seproduciu a insolvenica e taméncándo, para determinar se nonprescribiu ese posible delito.

Aínda así o autor moral desteatropelo contra a parroquia é oXeiteiro e a él hai que pedirlleresponsabilidades. Entendemos quepor todo isto non está lexitimadopara presidir nin unha Asociaciónde Veciños nin moito menos a Xuntade Montes.

De todos os xeitos, a canteira xaestá sendo aterrada e pasará ahistoria como un mal trago do queos veciños do Carbón e de toda aparroquia sairon victoriosos.

número 6 | pedraquefala | páx. 11

| informes |

A Xunta de Montes deAtios non pode recuperar unsó euro dos 55 mil que ddebea empresa do Sr. Xeiteiroporque é insolvente!

| A canteira do Carbón xa está baixo terra. A zona recuperarase para a produción forestal |

A CANTEIRA DO CARBÓN XA É HISTORIA

DESLEIXE MUNICIPALEN RAPE

A Xunta de Montes sempreconsiderou comunal a parcela quelinda con Saladina Cabaleiro enRape. E así o recoñeceu finalmenteo Tribunal Superior de Xustiza deGalicia (TSXG) nun auto do 13 desetembro do 2007, no que rexeita orecurso presentado por SaladinaCabaleiro contra outras duassentencias anteriores que tamén lledaba a razón a comunidade. Ospleito costoulle mási de 3000 eurosen costas á demandante e que xaabonou en tempo e forma.

Este é un clásico exemplo de comoo concello do Porriño, sobre todo naépoca gobernada por Xosé ManuleBarros, permitiu a apropiación deterreos que eran públicos. Acomunidade de montes de Atios tivoque facerlle fronte ás apropiaciónsindebidas por parte de particularesou empresas. O concello no seu díafixo deixación das súas funcións ónon protexer o comunal, que nestecaso era de titualaridade municipal.

| Plantacion de árbores na parcela de Rape,que volve ser comunal |

Page 12: Revista dea Comundidade dre Monates VeciñqueaisfaNúmero 6l ... · que dicir que dea a cara. Nesta mesma revista puido e poderá facelo. Quen non quere dar o seu nome é porque non

Así o cualificou o presidente daXunta de Montes nas pasadasasembleas. O certo é que o asuntocansa e cada vez atopamos maisdificultades. Pero hai un motivo paraa esperanza. O actual xefe doServizo de Montes de Pontevedra,Enrique Chamorro, mantén a idea derealizar o deslinde. Algo que non épouco habida conta daescase fe queChamorro ten nos deslindes.

Hai unha condición: a comunidadede Atios ten que resolver primeiro epola súa conta a cuestión limítrofecoas comunidades de Cans eBudiño. Para iso pode recorrer aunha figura adminsitrativa chamadaAvinza, para a que a consellería estádisposta a aportar algun diñeiro.Despois diso comezaríase odeslinde cos particulares.

Hai que darlle este tema resoltopara que despois non poña pegas. Axunta rectora cre que o método noné xusto, logo do esforzo feitodurante moitos anos para delimitardunha vez por todas a extensión domonte comunal. Pero é o que hai.

Seguimos pensando que o deslindeé bo e necesario. Coas marcas bencalriñas cada quen saberá que é oseu e ata onde pode chegar. E asínon haberá problemas. E se os hai,como non, ó xulgado.

Por medio da sentenza do día 29 demaio do 2008 o TSXG resolveudefinitivamente a favor dacomunidade a titularidade doschamados montes pequenos (oRoxo, o Monte Pereiro, A Guía, AsCulcas, o baldío de Vilafría, etc.).Unha serie de coutadas e parcelasque nós semrpe consideramos depropiedade veciñal e que agora oson a todos os efectos. Daquela, oConcello do Porriño, dirixido poloafán acaparador do alcalde Barros,pretendía inscribilos como bensmunicipais. Por certo que estepleito custoulle 4.400 euros á xuntade montes.

Pero Barros deixou as cousas benatadas para que a parroquia nontivese recursos económicos cos queprogresar. Así, cualificou todas esaszonas no Pxom como deportivas, é

dicir, quitoulles a posibilidade deseren industriais. É ben sabido osréditos que a comunidade poderíaobter do solo industrial.

Aínda así, esta xunta rectora puxoen marcha a cesión de terreo parasacarlle un rendemento. É o caso doMonte Pereiro, que está alugado ócomuneiro Manuel Pereira paraunha pista de karts.

páx. 12 | pedraquefala | número 6

| informes |

| Marcas no penedo da Cruz do Chandeiro, quedelimita as parroquias de Cans e Atios |

O proxecto que quería levar a caboFenosa para instalar a través domonte de Atios a liña de AltaTensión que ía retirar de enriba dascanteiras, está parado. Paralizouseporque Fenosa incumpriu o pactadoco concello sobre a ubicación daprimeira torre no monte -ata alí iríasoterrada a liña dende a subestaciónda Casilla-. Fenosa pretendíalevantar a torre preto das últimascasas do Carbón, a carón do antigodepósito de auga. Deste xeitoincumpriu o acordo inical sobre oproxecto, xa que en principio estabaprevisto que a primeira torre selevantase ó lado da canteira doLemos, afastada das vivendas.Fenosa, coma sempre, pretendeufacer outra cousa e neste caso oanterior goberno local denegou alicenza para as obras.

Pola parte da Xunta de Montes, oasunto está paralizado e por nósmellor, xa que non queremos unhaliña polo monte. O que debe facer

Fenosa é metela pola estrada quevai a Salceda, unha alternativa queera recomendada polo anterior xefede Servizo de Montes enPontevedra.

No caso da liña de Media Tensiónque debería ir ata o barrio dasInsuas, os problemas ponos Pocasa.Os canteiros din que esa liña pasapor terreo con concesións mineirase polo tanto, segundo a lei, nonpoden pasar por ahí tendidoseléctricos. Pocasa utiliza esta liñacomo medida de presión para quelles quiten as torres de alta tensión.E unha vez máis, os veciños somosvíctimas desa irresponsable alianzaque supón Fenosa e Pocasa, comoxa foi dito nesta revista noutraocasión. A empresa suminstradoraten a responsabilidade de dar ósusuarios o servizo que está acobrar. Se non o fai está cometendofraude e estafa, delitos incluidos nocódigo penal.

| A pista de Karts reporta 25 mil euros anuaisá comunidade de montes |

MONTES PEQUENOS,PERO NOSOS

MALDITO DESLINDE

FENOSA-PPOCASA, UN POLO OUTRO...