revista a batea nº 13

32
Descubrindo a nosa contorna

Upload: manuel-busto

Post on 22-Jan-2018

97 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Revista A Batea nº 13

Ano 2015-16 Nº 13

Asistentes aos actos da celebración do 25 aniversario. Foto: IES A Basella

Aut.Logo:DanielRey

Revista

Especial

Descubrindo a nosa contorna

Page 2: Revista A Batea nº 13

2

Hai 36 anos chegaba ao mundo docente un rapaciño duns vinte e poucosanos disposto a revolucionalo todo. Non só quería ensinar Historia, senóntamén respecto, valores e confianza. Si, estamos a falar de Pepe.Todos os alumnos aos que nos impartiu clase atravesamos a típica etapa deinseguridades e medos, pero el coa súa marabillosa forma de ser facíanossaber durante as súas clases (xa fora con palabras, feitos e notasacadémicas que podían chegar ata o 13), que nós eramos capaces de todo.Ademais, mesturaba ensinanza con humor e ganas de vivir. Por iso non é deestrañar que centos de persoas se agruparan o pasado 18 de setembro novello colexio (onde empezou en Vilanova de Arousa) coa intención dehomenaxealo como el se merece.Esta homenaxe consistiu nunha marea humana que o saudaba polas rúas, conpancartas nas que se podían ler todo tipo de mensaxes cariñosas, ademaisde palabras, regalos, bágoas, sorrisos e unha cea para rematar ese día quesen dúbida, emocionou a máis de un.

Homenaxe a Pepe

Desde a redacción desta Revista queriamos dedicarlle nós tamén un espazo,para que saiba que aínda que agora xa non traballa xunto a nós, sempre teráun oco no instituto que ninguén poderá ocupar.Pepe, o teu corazón latexa connosco, en todas e cada unha das aulas nas quetraballaches incansablemente: GRAZAS!

Foto: Nieves

Por Miriam Rodríguez

Page 3: Revista A Batea nº 13

3

A mediados dos anos 60 (do S. XX), nunha aldea do extremo leste de Galicia, unrapaz debía decidir que facer na vida, se quedar no pobo traballando nas leiras nunhaagricultura de subsistencia, ou mellorar a súa situación, de forma rápida e sen gastar osescasos ingresos famil iares… e EU encamiñei o meu destino cara á Escola Normal deMaxisterio de Ourense, a mellor “fábrica de Mestres” do país.

Non foi moi difíci l a decisión. Dende rapaz “poñía escola” nunha habitación dunha casavella, enriba da corte dos porcos, para nenos da aldea que querían aprender oumellorar os seus coñecementos. Sería xa un síntoma da miña vocación? Ou , como sedi nun l ibro que circula polos corredores do IES “A Basella”, unha desas interferenciasque nos van marcando os camiños da vida?

A miña traxectoria, en serio, na profesión de mestre comeza en Xinzo de Limia, ondese me encarga a Aula de Educación Especial, pero, que era iso?. Eu non sabía calsería a miña misión ata que me atopei cun grupo de nenos e nenas con grandes egraves problemas de aprendizaxe. Entre outros, recordo a unha nena con síndrome deDown, que se empeñaba en escribirme nos zapatos e saír correndo da aula, para queeu a fose buscar. Á fi l la da “Coella”, que non sabía se o seu pai era o que vivía na casaou o que estaba emigrado en Alemaña (e eran 1 2 irmáns). Ou Pío, o de Fiestres, queme aclaraba “… eu estou así pola augardente que bebía de pequeño…”.

Era moi difíci l obter resultados, pero o premio polo traballo feito e a relación cosalumnos foi o inicio dunha vida chea de satisfaccións no mundo do ensino.

Despois veu a gran experiencia. O destino levoume a Rebordechao, unha aldea il ladana serra de San Mamede, a que para chegar debía camiñar 5 km. (non había estrada),e lugar das tráxicas andanzas de Manuel Blanco Romasanta, o “Home Lobo”, e deonde eran todas as súas vítimas. Pero tamén escenario da miña fel icidade, de “mestretotal”, dende a mañá ata a noite, sen horarios nin outras l imitacións, todo o día cosrapaces: estudando, traballando, xogando… vivindo e ensinando.

E, tras unha curta experiencia de un curso en Cee, chega VILANOVA DE AROUSA(divinas palabras), ano 1 979 d.C. Sen saber a verdadeira razón elixín como destinoesta vila. Sería outra desas “interferencias”.

A miña viaxe de 36 anos nesta vila marca toda a miña vida persoal e profesional.

Lembranzasdun mestrede Vilanova

Por Pepe Rodríguez

Pepe, no seu primeiro día de colexio como profesor en Vilanova.

Page 4: Revista A Batea nº 13

4

Unha vila coa metade das rúas cubertas de cunchas trituradas, de ameixa eberberecho (para alegría e sustento do zapateiro, que debía reparar as solas docalzado), cun colexio insuficiente (o futuro Jul io Camba) con aulas espalladas polapraza de abastos e baixos da casa do concello, en condicións pouco axeitadas para otraballo dos Mestres, sen instituto … Pero, como dirán os alumnos da ESO, esas sonas historietas de Pepe …

O certo é que fun testemuña do gran cambio que se produciu no campo do ensino. Oclaustro de profesores renovouse coa chegada de 1 0 mestres novos ( máis da metadedo centro) menores de 30 anos. No ano 1 981 comezou a funcionar o novo centro, enterreos gañados ao mar, con pistas deportivas e, anos despois, con pavil lón dedeportes. E, por último, a construción dun instituto tamén nun recheo marítimo …mereceu a pena gañarl le terreo ao mar? ( frase que tanto se escoita nestes días por ABasella).

E, sobre todo, fun testemuña do crecemento e periplo vital de preto de 2000 rapacesde Vilanova, de todo tipo e características, con diferentes temperamentos ( di o meuactual profe de Psicoloxía que é herdado xeneticamente), e con moi diverso carácter(que é o aprendido, co que nos imos equipando na vida, di o mesmo profe), que deronlugar a ben distintas personalidades, e que seguiron múltiples camiños na vida: haiempresarios, albaneis, médicos, funcionarios, mariñeiros, biólogos, carpinteiros,investigadores, del incuentes, mariscadores, profesores, emigrantes,… que se atopanpor todo o mundo, de Vilanova a Madrid, dende Tahití a Estados Unidos, en Bélxica ouna Lama,… En fin, persoas. Pero o que máis dor me produce é o recordo dos preto de30 rapaces que foron quedando no camiño da vida, sen completala, por múltiplescausas, todas moi crueis, droga, sida, e tantos accidentes de tráfico…

E, por último, coa distancia (temporal, que non física) que dá case un ano afastadodas aulas, intento reflexionar sobre esta profesión de mestre, e non lle atopo misterioalgún, para min foi algo moi sinxelo, sen grandes alardes nin sonoras palabras (senstándares nin rúbricas), que eu resumo en tres principios básicos: - sempre tratei decrear un ambiente agradable na aula, para poder aprender, con traballo, pero sensufrimento; - nunca esquecín que traballo con persoas, no meu caso conadolescentes, tendo sempre presente que eu fun adolescente, coas múltiplescaracterísticas desta complicada idade; - tiven sempre presente que a única verdadeé intentar dar todo o que se poida, de un

Lembranzas dun mestre de Vilanova Continuación

Foto: Noé Parga. Faro de Vigo. 1 9-9-201 5

mesmo, para que unha clase saia ben(frase roubada a un profe de A Basella,espero que ma ceda).

Con estas sinxelas claves, cheguei avivir a “gran experiencia”, O VENRES1 8 DE SETEMBRO, o momento máisfel iz da miña vida profesional.

Page 5: Revista A Batea nº 13

5

Visitando as instalacións do CERN en XenebraEn Xuño do pasado curso parte do alumnado de Bacharelato viaxou aXenebra a coñecer o maior laboratorio de investigación de física departículas no mundo, o CERN. Alí puidemos coñecer da man dos seusinvestigadores, o funcionamento do LHC, un acelerador de partículas de27km de circunferencia no que só a 100m baixo os nosos pés, estaban acolidir hadróns a unha velocidade cercana á da luz. O obxectivo desteimpresionante proxecto é revelar algúns dos secretos fundamentais danatureza que quedan por descubrir, como se fixo ao confirmar a existenciado bosón de Higgs, partícula que explica a orixe da masa das partículaselementais.

Pero non só disfrutamos coa ciencia na nosa viaxe, tamén tivemos tempo devisitar a sede da ONU en Xenebra, o fermosa aldea medieval de Yvoire, oMAMCO (Museo de Arte Moderno Contemporáneo), o Museo de Historia daCiencia, pasear polas rúas e prazas da cidade, e practicar os nososcoñecementos da lingua francesa.

(Viaxe organizada polos Dptos de Lingua Francesa e Ciencias Naturais).

Viaxando polo Mundo

Page 6: Revista A Batea nº 13

6

En Xuño, 23 ao 27, do curso pasado, viaxamos aMadrid para intentar achegarnos ás novidadesartísticas e redescubrir a os artistas dasdiversas disciplinas relacionadas coa arte esobre todo coa pintura.

Participantes na viaxe do 2015, antes de daruna paseo en barca no estanque do Retiro.

Visitamos o Museo do Prado, unha das máisimportantes pinacotecas do mundo, para admiraros traballos de Velázquez coas súas Meninas, asFiandeiras. Pintura iniciadora do Impresionismo,Manet, Van Gogh, ….De Goya, admiramos as obras precursoras doExpresionismo co seu “Can enterrado na area”

A Maja vestida e desnuda de Francisco deGoya. Museo do Prado.

Fomos ao Museo Thyssen Bornemisza (o museode Tita Cervera), no que atopamos pintura eescultura desde os primitivos italianos do 1300,ata o 1960 co Expresionismo AbstractoAmericano.

Á espera, vendo unha peli de debuxos animados,antes de "entrar" no Antigo Exipto. Caixa Forum.

Tamén lle botamos unha ollada ao cadro doGuernica de Pablo Picasso, entre outros, situadono Museo Reina Sofía. Obra de grandesdimensións onde analizamos as técnicas queempregaba Picasso para facer os seus traballos.

Pablo Picasso. O Guernica. 1937. Reina Sofía.

Por Dep. Plástica

No Centro Cultural Caixa Forum, descubrimos ascrenzas dos faraóns exipcios relacionadas cosanimais e a momificaión.

Aproveitamos o bo tempo para gozar de Madride tomar o té nunha Jaima situada nun dos seusparques que teñen moito que ver.

Jaima árabe no Pazo de Cristal dos Xardíns do Retiro. Espazo ondetomamos o té. Instalación de Federico Guzmán. Tuiza. A cultura da Jaima.

Este ano repetimos!! Se estás en Plástica eche gusta a aventura da imaxe, apúntate!!.

Viaxe a Madrid 2015 Espindo a ArteViaxando polo Mundo

Page 7: Revista A Batea nº 13

7

Entre os días 12 e de 17 de marzo, o alumnado de2º ESO puido gozar dunha viaxe de estudos poloCantábrico.Correron e suaron nun partida de laser tag (paintball laser), gozaron das vistas e paisaxes quenos ofrece a nosa costa (Concejo de Suances) efixeron unha auténtica viaxe no tempo: estiveronno medio de dinosauros (MUJA), compartironpinturas e caza cos nosos antepasados(Atapuerca), comprobaron como foi evolucionandoa especie (Museo da evolución humana, Museo datortura) e con ela a arte, desde o prerrománico(Santa María del Naranco, San Miguel de Lillo) ataa arquitectura máis moderna (MuseoGuggenheim_Bilbao e centro Modoo _Calatrava_de Oviedo) sen esquecer o gótico máisrepresentativo desta zona (Catedral de Burgos eLeón)E tamén probaron algunha larpeirada coma oscarbayóns en Oviedo, os riquísimos xeados daHeladería Regma de Santander ou a quesada deSantillana del Mar, mentres ían apuntando as súasobservacións e sensacións nun caderno de viaxe.

En fronte da Santa María do Naranco.

Un momento da visita a Atapuerca.

Guggenheim xunto a araña "Mama"de Louise Burgeois.

Probando o xeito de cazar na prehistoria.

Polo Dep. Música

Viaxe polo Cantábrico e o Camiño de SantiagoViaxando polo Mundo

Visitando Atapuerca

No Museo da Evolución Humana.

Page 8: Revista A Batea nº 13

8

O pasado 13 de marzo, catorce alumnos de 1ºBACH emprendemos durantecinco días unha marabillosa viaxe a Londres.Deunos tempo a todo! Tanto que puidemos visitar o London Eye, o Big Ben, oBritish Museum e o Museum of London, Trafalgar Square, Picadilly Circus,Camden Town… e moitos lugares máis!Malia que foron poucos días, aproveitámolos ao máximo e pasámolo de medoos uns cos outros, porque se hai algo que imperou durante toda a excursiónfoi o bo “rollo” entre compañeiros e profes.

Estamos desexando volver!!!

Fotos da esquerda á dereita e derriba para baixo.

Os profes diante do Globe o teatro de Shakespeare. O Big Ben. Descanso e foto do grupo. O mercado deCamden. Diante do British Museum. Tere en Camden. Todos no London Eye. Vistas de Londres desde asalturas. Dando un paseíño por Londres en bus. Que frio!!!!

Por Miriam Rodríguez

Viaxe a Londres ­2016Viaxando polo Mundo

Page 9: Revista A Batea nº 13

9

Os alumnos de 1º da ESO retrocederon no tempo, cara á prehistoria, nunhaxornada celebrada nas instalacións de Campo Lameiro o día 3 de maio. Despoisde ver os diferentes petroglifos, participaron nas actividades de supervivenciada época como foron, facer lume con paos e cordas ou amosar as súas artespara a caza con diferentes utensilios, como arcos ou lanzas.

Esta viaxe foi una recompensa polo seu traballo, pois ámbolos os dous gruposgañaron o primeiro premio , no caso de 1º ESO B, pola decoración da aula porNadal, e no grupo de 1º ESO A, polo mellor disfraz no entroido. Parabéns!

Imaxes do 1 º premio de disfraces no Entroido e de decoración da aula no Nadal.

Visita a Campo Lameiro­2016Descubrindo a nosa contorna

Cazando con arcos e lanzas. Facendo lume para cociñar o xantar.

Arredor do lume contando historiasmoi antigas.

Todos xuntos coa mascota.

Fotos: Tere

Texto: Minia

Page 10: Revista A Batea nº 13

Samaín!Unha vez máis, chegou a noite máis terrorífica do ano. Chegou a noite de bruxas, dedemos, de trasnos, lobishomes e pantasmas. Chegou a noite de defuntos, de todos ossantos, e con ela chegou o Samaín, cargado de sustos e arrepíos. E unha vez máis, osmestres e o alumnado da Basella estamos preparados para recibilo.

Decoramos a biblioteca ata convertela nunhaauténtica gorida de meigas, con arañeiras emorcegos, mesmo un esqueleto ocupou unha mesapara observar a todos os que por alí pasaban. Ena escuridade deste tétrico ambiente, coma o anopasado, fixemos pequenas sesións de cine de medopreparadas por Xavier. Afortunadamente erancurtas, se non incluso o noso osudo compañeiro setivese asustado!

Para amenizar a xornada, preparamos un mural cosmorcegos feitos polos alumnos da Basella, e duranteos recreos rímonos moito fotografándovos a todos.Así, esquecémo-nos por un instante do medo egozamos cos vosos disfraces e xestos divertidos.Pero non nos centramos só no audiovisual, taménconvocamos un concurso de microrrelatos de terrorpara animar ós rapaces do instituto a asustarnos nomenor número de palabras posibles.

O relato de Anxo Caamaño, "El monstruo" :

No te preocupes, hijo, papá está aquí, pero ahora tocadormir, ya te he leído todos los cuentos que sabía, no, tuosito está roto, ya no podrás dormir con él. Tranquilo,ya hemirado debajo de tu cama y en el armario y no haymonstruos. Venga, duérmete y si te portas bien, mañanaaflojaré tus cadenas y liberaré tus piernas y, a lo mejor, tedejaré comer carne...

Houbo moitos concursantes moi bos, pero osgañadores escollidos polo xurado foron AnxoCaamaño Tilve (2º ESO A), Miriam RodríguezSomoza (1º BAC B) e María Ramos Carro (2º BACA). O premio do público, escollido polo alumnado,resultou para María Ramos Carro (2º BAC A).

1 0

Aprender e gozar

Page 11: Revista A Batea nº 13

E o relato de María Ramos, "Inocente y humanacriatura":

Un largo pasillo. Tú, inocente y humana criatura,avanzas con pasos cortos, torpes, como fruto de turepentina marcha de los brazos de Morfeo.Arrastrándote fuera de tu universo onírico o quizássumergiéndote más en él. Te tambaleas. Tus piesestán fríos. Tus ojos entrecerrados, luchando porsobrepasar el límite y mantenerse despiertos. Todo envano. Tales esfuerzos no son suficientes para que tepercates de qué ha provocado ese escalofrío. No essuficiente para sentir el leve roce de afiladas uñas. Noes suficiente para que puedas apreciar esos gritos, esosllantos pasados que siguen resonando en las paredesde la casa. No es suficiente para poder ver esas manoshuesodas tratando de resquebrajar el papel de lasparedes para llegar a ti y ser libres. Nada es necesario.Nada es suficiente para que te des cuenta de eselíquido vital derramado sobre tus ropas,perteneciente a aquello que provocó ese escalofrío, aaquello que rozó tu cara con sus afiladas uñas, aaquellas voces que se ahogaron en su propio llanto, aaquellas manos esqueléticas que trataron deresquebrajar el papel de la pared...Tú, inocente y humana criatura, que avanzas por unlargo pasillo.

Tras este día de risas e sustos, despedímonos xa do Samaín ata o próximo ano. Amenos que, nesta noite máxica, os defuntos que alzan as súas caveiras amarelas e osseus vellos ósos se acheguen ás vosas casas para tentar sacarvos a bailar coas meigas,en bosques e cemiterios... Que foi iso? Vós tamén escoitastes un ruído estraño? Nonimporta, serán só imaxinacións.

Doces pesadelos!11

O relato de Miriam Rodríguez, "O caldo":

- Avoa, que bo está o caldo, ten moita carne! Porcerto...onde está o avó?

Por Miriam Rodríguez

Por Carla Somoza e Aizea Bianca

Aprender e gozar

Page 12: Revista A Batea nº 13

Un ano máis, a primeira semana de Novembro, celebramos a ciencia no instituto e nonoso idioma. Aproveitando que o 2015 foi declarado Ano Internacional da luz e astecnoloxías baseadas na luz, o alumnado de Tecnoloxía de 2º da ESO, de Música de 4º daESO e de Cultura Científica de 1º de Bach, realizamos unha serie de experimentos edeseñamos algúns enseños tecnolóxicos relacionados coa luz. Construímos os nosospropios espectroscopios (que nos permitiron separar a luz branca nas súas diferenteslonxitudes de onda ou cores), discos de Newton (combinación das cores para formarbranco) e cámaras escuras (instrumentos ópticos que permiten a proxección dunhaimaxe externa sobre unha superficie interna). Estivemos a experimentar coasiridiscencias e os anaglifos, a visualizar as ondas do son, e a demostrar a reflexión totalda luz e entender o funcionamento da fibra óptica, entre outras moitas cousas.

1 2

Lembramos tamén nos nosos blogs, á oceanógrafa galega Ángeles Alvariño, á cal a RealAcademia Galega adicou este ano o día da ciencia en galego. Foi unha especialista enzooplancto que chegou a descubrir moitas novas especies mariñas.

Se queres ver as fotos e recordar as actividades da Semana da Ciencia entra no blogbasellafala.blogspot.com. E a seguir disfrutando coa ciencia!!!

Ademais participamos da videoconferencia que, con motivo da celebración do VI Día daCiencia en Galego, convocou a Coordinadora Galega de Dinamización Lingüística. Oconvidado foi o neurofisiólogo Xurxo Mariño e o título da conferencia: “A máquina queconstrúe a mente e a realidade”. Tras escoitar a súa charla sobre como construímos onoso “eu”, como funciona o encéfalo e se comunican as nosas neuronas, puidemos facerllealgunhas preguntas vía twitter.

Semana da Ciencia en GalegoAprender e gozar

Departamento de Ciencias Naturais

Page 13: Revista A Batea nº 13

1 3

Como complemento á Semana da Ciencia, obtivemos asopinións de varios profesores do curso 2015-2016 sobre aciencia, e algunhas das súas experiencias que podemosaproveitar como bos consellos.

Teresa (Departamento de Matemáticas):A ciencia para min é a forma de entender a vida. Sempre me sentín identificada coasmaterias de ciencias, eran ás que máis sentido lles vía. Iso foi o que me levou a seguirpor este camiño. Escollín matemáticas non por algo en especial, senón por ir preguntandoe acabar escollendo unha carreira.

Carmen (Departamento de Inglés):A ciencia para min é o campo máis amplo, inclúe todo o relacionado ca natureza e mundofísico que nos rodea.A miña decantación polo Inglés foi debida a que quería estudar algo que me permitiseviaxar e coñecer mundo. Pensándoo, cheguei á conclusión de que como me encantaban ahistoria e a filoloxía, unha boa opción sería estudar inglés, xa que se me daba ben e conesa opción podería ir a onde eu quixera.Aínda sendo de letras, a ciencia paréceme moi importante en xeral, é fundamental paraavanza

Joaquín (Departamento de Música):A ciencia para min é a base do progreso da humanidade, unido á reflexión (parte do serhumano moi importante).Creo que entre a música e as ciencias hai unha relación total, son o mesmo. A música sonmatemáticas e física que afectan ao cerebro humano.Canto máis te dedicas a moitas cousas peor es en todas; podes facer unha única cousa eser infeliz sen gozalo totalmente, ou facer varias e non ser o mellor pero gozalo.Por iso me decantei pola música, dalgún xeito eu sempre fun “mediocre”, quería facelotodo.O que eu non tiña nos meus plans realmente era ensinar música, a min gustábame creala eesperaba que nalgún futuro próximo puidera vivir dela. Actualmente coas voltas da vida,gústame ensinar música no instituto aos alumnos de ESO e Bacharelato, pero gustaríamemáis poder ter a oportunidade de ensinar a xente que realmente queira aprender dela.

Aprender e gozar

Departamento de Ciencias Naturais

Page 14: Revista A Batea nº 13

Varios alumnos, logo de anos, comentáronme que eu fun unha boa influenza para eles e quefinalmente se decantaron polo mesmo camiño ca min, e iso éncheme de orgullo.O máis importante da miña historia profesional é que eu fun a estudar veterinaria e porapostar pola música non a rematei.“Por apostar arriscadamente, ás veces gañas.”

Cristobal (Departamento de Tecnoloxía):Para min a ciencia é o todo. É a vida. A forma de entender a realidade e o método único.Eu nun principio estudei física, física aplicada (máis xenérica), encantábame tanto isocomo as estrelas. Os humanos temos un cupo de información que podemos aprender senproblemas ningúns, e despois de iso, se queremos aprender máis xa debemos acudir aoesforzo. O problema das ciencias é que utilizan un linguaxe matemático e non todo omundo está disposto a sufrir por aprender iso.Mais a vocación sempre pasa esa barreira de esforzo, ao fin e ao cabo; quen non seesforza por conseguir o que lle gusta?A min gustaríame ter rematado cunha bata branca e estudando o cosmos, pero escollínoutro camiño, e iso levoume ata onde estou agora. Si puidese volver a decidir algo en todoo que levo recorrido, creo que volvería facer o mesmo.Creo que influín en decisións de alumnos que pasaron polas miñas clases, e que amaban atecnoloxía; e eu, realmente, síntome orgulloso deles.

Emilio (Departamento de Lingua Galega):A ciencia para min é o saber, a curiosidade por darlle unha explicación ás cousas. Taménhei de dicir que é un campo do saber que non exploro moito, pero non deixa de ser bonitoe apaixonante. Tamén é moi importante para o avance da sociedade.Eu escollín estudar Lingua Galega porque era o que me gustaba. No instituto tíñaodecidido por completo, xuntábame con xente moi defensora do galego e demaiscompañías; cousas que me levaron ao que son agora. Cada un é coñecido por onde máis semove.Tiven algúns alumnos que estudaron Galego logo de acabar o instituto, síntome orgullosode todos, indistintamente.O que busco deles é que den o mellor, que teñan máiscoñecemento das cousas, ensinarlles; mais nunca pido máis do que dou.

1 4

Departamento de Ciencias Naturais

Aprender e gozar

Page 15: Revista A Batea nº 13

Este ano, os alumnos de 1º de bacharelato de Tecnoloxía Industrial están participando no“desafío STEM”. Este é un concurso que está dirixido aos grupos escolares para odesenvolvemento de proxectos que estén relacionados con solucións tecnolóxicasinnovadoras.

1 5

Diferentes aspectos ou fases de cada un dos proxectos. Máis información na web do Instituto.

Aprender e gozar

Desafío STEM

Equipo “EduROV”, que está facendo un robotsubmariño que pode medir a temperatura epresión da auga, ademáis de levar unha cámaraincoporada. O grupo está formado por: MarioEsperón, Yeray García, Pablo López, Javi Mariño,Alex Rey e Adrián Rial.

O equipo “Lareira App” está desenvolvendo unhaaplicación coa que podrás medir variasmagnitudes da túa cociña como a temperatura, ahumidade, se hai un incendio ou non, etc… Estegrupo está formado por: Álvaro Goldar Dieste,Francisco José Fernández Bermúdez e FranciscoJavier Cardama Santiago

Se queredes saber máis sobre estes proxectos podedes acceder ao canal de Youtube decada un deles.

En concreto este ano hai dous equipos:

Por Fco Javier Cardama

Fotosprocedentesdosmembrosdosequipos.

www. iesabasella.org

Page 16: Revista A Batea nº 13

Un ano máis, o alumnado de francés celebrou dende o día 9 e ata o 13 de maio, asemana da Francofonía. Como novidade, cabe salientar que este ano o festival decancións francesas se celebrou no lago artificial da vila de As Pontes de GarcíaRodríguez, baixo una carpa, por mor da climatoloxía. A véspera , durmiron nopavillón onde houbo xogos e bailes. A experiencia foi moi positiva pois contactaroncon alumnos doutros centros de Galicia. Xa de volta ao centro, clausurouse asemana cunha xornada de degustación de produtos franceses, onde non faltaron ascrêpes feitas polos alumnos, as quiches, queixos, patés etc.

Francofonia 2016

Este ano inspirámonos en películas famosas para celebrar o xa tradicionalConcurso de Disfraces por aula. Actuamos como Grease, Teen Beach Movie, PeterPan, Toy Story e Os increíbles, entre outros. Tivemos tamén un Concurso deMonólos e disfrutamos moito desta xornada festiva.

Ata o profesorado participou convertíndose en títere ou marioneta por un día!

1 6Fotos e texto: Departamento de Francés

Aprender e gozar

Entroido 2016

Page 17: Revista A Batea nº 13

1 7Fotos e texto: Departamento de Francés

Aprender e gozar

Momentos da Francofonia 2016

Page 18: Revista A Batea nº 13

Un ano máis participamos co IES Faro das Lúas nunha actividade polas Letras Galegas. Oluns 16 de maio corremos pola lingua, no entorno da praia do Terrrón. Houbo premios paraos máis rápidos na carreira e para os máis orixinais no lema do seu dorsal.

1 8

Alumnos/as da Basella participantes na na carreira cos seus lemas.

Foto:MB

Aprender e gozar

Correlingua 2016IES A Basella - IES Faro das Lúas

Unha emocionante saída!

Momentos da carreira que foi moi competida.

Os gañadores e gañadoras da carreira dos dous Institutos. As gañadoras dos mellores lemas sobre o Galego.

Os gañadores/as cos premios. Todos os participantes na carreira. Parabéns!

Page 19: Revista A Batea nº 13

Este curso, o certame de adhesivos convocábase co lema “O Galego regresa ao futuro.Outros 100 anos pola lingua”. O alumnado dos diferentes centros de ensino da Comarca doSalnés participamos presentando os nosos traballos e dúas alumnas de Bacharelato donoso instituto resultaron premiadas nesta categoría: Noelia Feijóo e Ruth Vidal.

1 9

XXII Concurso de Adhesivos da Comarca do Salnés.

Para a entrega de premios organizamos no centro un espectáculo de divulgacióncientífica, MatemáticaMENTE, co actor Vicente Mohedano, a matemática Elena Vázqueze o neurocientífico Casto Rivadulla como convidados. Realmente pasámolo moi ben eaprendimos moitas cousas de matemáticas e neurociencia.

Estas dúas alumnas xunto con Katia Diz, Andrés Oubiña e Carlos Benito Santiago,pertencentes ao Curso de Deseño do Instituto, traballaron no equipo que creou e fixovisible o logotipo e o escudo do Instituto que estrenamos este curso. Moitas grazas departe de todos polo voso esforzo. Parabéns a todos e todas.

Momentos da actuación do grupo de científicos e o actor.

Os gañadores/as nas diferentes categorías e as imaxes

premiadas en Bacharelato.

Parabéns 2015­16

Page 20: Revista A Batea nº 13

Un ano mais o IES A Basella estivo presente na finalnacional do concurso Young Business Talents,representado polo equipo CRIIM (Alba Santos, LauraCastrelo, Carolina Álvarez e Iván Nogueira).Nesta edición participaron mais de 9000 alumnos,divididos en 2500 equipos de 547 centros educativos detoda España. O concurso desenvólvese dende o mes denovembro ata marzo, tomando decisións todas a semanassobre xestión dunha empresa virtual.Na final nacional, que tivo lugar en Madrid, o pasado 7 deabril, competiron os 100 mellores equipos de España (11deles galegos), distribuidos en 20 simulacións. O equipoCRIIM logrou gañar a súa simulación e obter 400 €. Encanto á clasificación xeral obtivo o décimo quinto posto,dun total de 2500 equipos participantes. Parabéns a Alba,Laura, Carolina e Iván.

20

Parabéns 2015­16

Parabéns a Ricardo Ramos Suárez (1º bach B), Irene Castro Núñez (1º bach B),Francisco J. Cardama Santiago (1º bach A) e Pablo García García (3º ESO A) polosmagníficos resultados acadados no Campeonato de España 2016 de Kempo, celebrado enBlanes (Girona). Trouxeron para casa as seguintes medallas:-Fran: bronce en combate continuo-Ricardo:ouro en combate ó punto, prata en combate continuo, prata en kata de equipos ebronce en kata de man baleira.-Irene: prata en kata de man baleira, prata en armas, prata en kata de equipos e bronceen defensa persoal.-Pablo: ouro en armas, prata en combate continuo, prata en combate ó punto e prata enkata de man baleira.

V Final do Young Business Talents

Temos grandes deportistas en Kempo

Page 21: Revista A Batea nº 13

O noso apreciado alumno Javier Saborido Teira logrou o premio da ESO ao esforzo e ásuperación persoal.Sentimos o orgullo de saber que unha dura loita obtivo a merecida recompensa.

Javier, desexámosche moita sorte no teu camiño e esperamos que este premio sexa omotor que che axude a seguir loitando e a superar obstáculos que poidan presentarse.Noraboa!!

21

Estamos de noraboa! Este mércores 17 deFebreiro, un grupo de alumnas e alumnosde 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato,participamos na fase provincial daOlimpiada de Xeoloxìa que se celebrou naFacultade de Minas da Universidade deVigo. Foi un día de traballo con probasindividuais e de grupo, pero tamén dedisfrute e aprendizaxe con obradoirosimpartidos por alumnado da facultade.Ademais, un dos nosos equipos resultoupremiado coa mención especial da mellorproba práctica por equipos. Noraboa atod@s.

Premio da ESO 2014-15 ao esforzo e á superación persoal

Mención especial para un dos equipos do IES A Basellana Olimpiada de Xeoloxía

Parabéns 2015­16

Page 22: Revista A Batea nº 13

A xogadora de fútbol Nerea González de1º ESO, ascendeu á 1ª división da LigaGalega Femenina co seu equipo o ViajesInterrrias Portonovo. Ela significa moitopara o equipo xa que os seus goles axudarona conseguir este éxito. Confiamos no seupotencial e seguro que chegará a onde elase propoña.

Noraboa!!

22

Desde este recuncho queremos enviarlle os nosos parabéns ao alumno de cuartode ESO Cibrán Leal Fernández polos seus méritos deportivos a nivel nacional noeido da natación, logrados co clube Galaico Pontevedra, e animalo a seguircolleitando máis éxitos. Mencionar tamén o acto de homenaxe celebrado noconcello de Vilanova onde lle foi entregada unha placa a este xoven deportistavilanovés, poderíamos dicir que neste caso “Cibrán é profeta na súa terra”..

Animamos a Cibrán a continuar coa súa exitosa carreiradeportiva.

Parabéns 2015­16Nerea González, unha xogadora de fútbol con moito futuro.

Foto: Diario de Pontevedra. 23-05-201 6

Cibrán no concello con amigos e compañeiros do Instituto

Page 23: Revista A Batea nº 13

23

Xénero, sexualidade e orientaciónCousas que nos importan (LGBT+)

PorCarlaSomoza

eHaizeaBianca

Seguro que todos nós oímos falar máis dunha vez do xénero, a sexualidade ou aorientación sexual das persoas. Normalmente, as persoas que non están informadas sobreo tema soen confundir os termos anteriores como sinónimos, cando en realidade sonconceptos moi diferentes. Cada un temos un xénero, unha sexualidade e unha orientaciónpropias, e todos son tan respetables na nosa persoa como os diferentes en outras.

O xénero: Podemos dividir o xénero en dúas partes xerais: a identidade e a expresión.Non é o mesmo o sentimento que a manifestación de este cara o mundo.

A sexualidade: Ao contrario que o xénero non se basea soamente no sentimento que tesao percibirte ti mesmo como persoa, senón nas características biolóxicas e xenéticascomúns ao resto da especie que nos determinan o que somos.

A orientación sexual: relacionado cos dous termos anteriores, determina a atracción (enxeneral) que sentimos polo exterior a nós, que non ten porque ser necesariamenteatracción hacia un humano (constataremos este feito cando falemos da pansexualidade).

Dentro destes termos existen persoas en circunstancias diferentes. Podemos falar demoitos tipos de xéneros, de sexualidades, e sobre todo, onde reside a maior diversidade,orientacións sexuais; aínda que non é frecuente dar con ela.

Ao longo do curso analizaremos cada un deles, co fin de difundir o mínimo que un deberíasaber sobre estos temas e así poder evitar situacions de desprezo, acoso escolar, ofensas,etc. que son desgraciadamente máis habituais do que cremos e se deben ao poucocoñecemento sobre eles, a que continúa sendo un tema tabú na maioría da sociedade , ou ápouca información posuída. Tamén aportaremos información acerca do colectivo LGBT+ cosmesmos propositos e resolveremos calquera dúbida que vos poida xurdir.

Page 24: Revista A Batea nº 13

24

Loita polos dereitos LGBT+

Cousas que nos importan (LGBT+)

Por Haizea Bianca e Carla Somoza

Agora, imos facer unha pequena reflexión sobre algo no que todos temos pensado algunhavez: a desigualdade sexual.

Hai uns días a asociacións Nós Mesmas veunos dar unha charla aos alumnos de primeiro deBacharelato na que, entre outras cousas, falaron de varios datos tomados hairelativamente pouco sobre porcentaxes de acoso moi elevados a persoas non-heterosexuais nos centros educativos. Tamén vimos un vídeo que trataban dunhahipotética realidade onde o acoso era dirixido a persoas heterosexuais, co cal varioscompañeiros acabaron emocionándose ao darse conta de cales son as verdadeirascircunstancias polas que pasa esa xente, e as opción de escape que contemplan.

Agora é moi importante pensar: A que se debe esta desigualdade?A desigualdade débese á diversidade, ao descoñecemento, ao medo, á falta de información,e a outros moitos factores coma poden ser a intolerancia, os diversos tipos de fobias, eta.;en xeral á educación non axeitada acerca destes temas.Todos sabemos, no noso centro, de alguén que non sexa heterosexual; se visualizamos o díaa día desa xente, veremos que non son tratados de maneira igualitaria con respecto aosdemais e por todos nós.

A loita polos dereitos LGBT+ leva existindo dende o século pasado, cando por fin osprimeiros transexuais se decidiron a plantarlle cara ás autoridades e a loitar pola súaigualdade, polo respecto que merecían; iso dou lugar á loita dos diversos colectivos paraconseguir máis avances nos dereitos dos que posuíamos antes con respecto aos queposuímos agora. Estes colectivos son hoxe coñecidos como os homosexuais, bisexuais,transexuais, asexuais, pansexuais, eta.

Entón se non loitamos nós, que somos o futuro, quen vai loitar polo que nos pertence? Quediferenza hai entre ser non-heterosexual e heterosexual ante unha sociedade capaz detratar a todos do mesmo xeito tanto por ser o que somos coma por amar como amamos;para poder vivir como merecemos vivir.Cal é o problema en axudar, en comprender, en apoiar, en tratar, en aprender? Cal é oproblema dunha convivencia pacífica?A maioría da xente non sabe cal é o sentimento por discriminación sexual: ter que vivircoas miradas de asco ou recriminación, os comentarios ás túas costas e tamén os insultosdirixidos á túa persoa soamente por “non ser coma o resto”. Non tende a ser acoso físicoe, afortunadamente, iso non se dou no noso centro, pero moitas veces o acoso psicolóxico épeor.

Analicemos: cal é a verdadeira diferenza entre nós e vós? Que podemos ter relacións conpersoas ca mesma identidade de xénero ou cunha diferente a nós? Se vos dicimos a nosaverdade: cada un é libre para facer e estar con quen queira, se vos o vedes dun xeitonegativo o problema entón é voso.Pedimos a igualdade coa que os heterosexuais son tratados , porque ser “desiguais” é algoreal na sociedade, pero non afecta aos dereitos das persoas.

Video sobre o acoso en www.iesabasella.org

Page 25: Revista A Batea nº 13

TEMPUS FUGIT

O IES A Basella xa cumpriu 25 anos. Como pasa o tempo!!.Nestes 25 anos os cambios materiais ocorridos no Centro foron moitos, tanto a nivelurbanístico nos seus arredores , como incluso dentro do recinto coa incorporación dunhacancha de baloncesto. Tamén no mobiliario e na dotación do Centro cara a una maiordixitalización. Todo iso non é o importante senón as persoas: profesorado, alumnado epersoal non docente que trataron cada un de conseguir as metas que se propuxeron notempo que permaneceu no Centro..Parabéns a todas e a todos os que formaron e forman parte da comunidade escolar desteInstituto por ter chegado ata aquí, e o desexo agarimoso da continuidade dun bo traballo,polo menos, vintecinco anos máis.

25

Imaxes do acto no Instituto.

Por Ramón Estévez. Director

Page 26: Revista A Batea nº 13

26

Á saída dos actos de celebración no Instituto.

No restaurante,dando boa contado xantar.

Un día fermoso e inesquecible!

Page 27: Revista A Batea nº 13

Por Haizea Bianca e Carla Somoza

Todos imos evolucionando, sería moi triste pensar que son o mesmo que hai 25 anos; asvivencias e experiencias novas cámbiannos sempre pero no básico e no esencial, que eusempre crín que era e significaba ser profesor, creo que non cambiei a miña forma de ser.Esas son cousas como o traballo e esforzo propio, que sae de ti, o saber que tes un deber.Eu sempre tiven moi claro que non quería ser coma os profesores que a min me tocaron naépoca tan dura, a nivel xeral, na que eu era estudante; non quería machacar ao alumnado enon quería ser un profesor que fixera sufrir máis do necesario aos alumnos por estudar, sódemostrarlles que si eu poñía o meu propio esforzo eles tamén o podían facer; semprequixen dar exemplo a base de constancia e esforzo, ensinarlles a pensar por si mesmos.

A miña decisión de ser profesor tomeina grazas a un que tiven en COU, que me ensinou apensar e a madurar chegando a moitas e diversas conclusións. Este home era como un“invitador ao pensamento libre” nos tempos que corrían e que a min me marcou moito xaque grazas a el cheguei a conseguir unha das poucas cousas das que estou orgulloso e a quemellor teño feito: dedicarme a ensinanza.O que máis aprecio de todo este tempo é que recibín moito máis do que din, en todos oscasos e ámbitos; a oportunidade de coñecer a toda a xente coa que me topei ao largo doscursos, e tamén a oportunidade de descubrir que estaba equivocado con moitas desaspersoas.O máis gratificante do meu traballo é saír á rúa día tras día e atoparme con antigos ealumnos actuais, cos que teño tan boa relación; a verdade é que os quero mogollón.Se me preguntades se paga a pena todo o esforzo destes anos; a miña conclusión é que si.Logo de todo, aínda o conclúo. O fundamental para min é a relación co alumnado e é moigratificante acompañalos nos seus anos de instituto; é un privilexio para min coñecelos.

27

Manuel Seixas nun momento da súa conferencia.Foto:C.Muñiz

Actividades do 25 aniversario

Seixas nunha actuación co seu grupo.

Unhas palabras de Seixas

Page 28: Revista A Batea nº 13

Os profesores, Xesús Alonso Montero e Xulio Vaz

nun momento da entretida e formativa disertación.

A conferencia do profesor D.Xesús Alonso Montero versou sobre o significado dodiscurso que D.Quixote pronunciou ante uns curiosos destinatarios, os cabreiros, os quepastoreaban as cabras en Castela (hoxe, Castela-A Mancha), nun lugar a poucoskilómetros da localidade onde él nacera “en un lugar de la Mancha de cuyo nombre noquiero acordarme”.D. Quixote, ou mellor dito, Alonso Quijano era un Fidalgo de algo máis de 50 anos , homeculto, que posuía unha biblioteca (algo non moi frecuente naqueles tempos e lugares), eque vivía coa ama, unha sobriña e un mozo de labranza, que era suficente para traballar apouca terra que tiña.Pero Alonso Quijano aburríase, a diferencia de hoxe en día, no que temos tantos mediosao noso alcance para poder “matar” o noso tempo, e moitos máis, do que o propio profesortivo na súa aldea natal, Ventosela, moi preto de Ribadavia. Alí , na súa xuventude, osmozos tiñan que poñer a “voar” a imaxinación para entreterse, e non aburrirse.Pero Alonso Quijano, desexaba poder falar con xente letrada e de temas diversos, pero oúnico que podía facer no seu tempo de ocio era ler, ler os libros que más lle gustaban, osde caballerías, historias protagonizadas por un cabaleiro andante, que estaba ao servizodo amor, da súa dona, da beleza, e tamén, dos indefensos, das viúvas, dos orfos e dosmanesterosos, polo tanto, das causas boas. Tiñan estes libros, unha mensaxe moral: serviraos que máis o precisan. Por iso, o profesor interprétao como un programa premarxista:os vulnerables son os pobres e eses son, aos que hai que defender. Isto explica o título daconferencia, que relaciona co comunismo primitivo, e conclúe cun poema de Celso EmilioFerreiro, xa que no discurso ante os cabreiros descríbese a idade de ouro como unhaidade dichosa, pois todas as cousas eran comúns, e ignorábanse as palabras ” tuyo y mío”,todo era paz, todo amizade…; e así, no poema final, Celso Emilio Ferreiro escribe” Decirteu e meu non se entendía”….

28

Por Carmen Muñiz

Actividades do 25 aniversario

Xesús Alonso Montero e Dolores Sobrino.

Page 29: Revista A Batea nº 13

Emilio Xosé Ínsua, profesor do noso instituto, ofreceunos o xoves 28 de abril unhaconferencia sobre a figura e a obra de Maruja Mallo (natural de Viveiro, Lugo, coma elpropio). Esta artista está considerada unha das grandes referencias da pinturavangardista do século XX europeo.Emilio explicounos as orixes familiares de Maruja (pai madrileño e nai viguesa, condevanceiros na aldea de Naz, en Sober) e a súa estadía infantil nas vilas de Viveiro eCorcubión, sucesivamente. Aclarounos logo que foi en Avilés onde comezou a estudarpintura, canda seu irmán Cristino Mallo, e a facer as súas primeiras exposicións, quechamaron a atención do famoso crítico de arte José Francés.A mediados dos anos 20, Maruja Mallo marchou a Madrid para estudar na Escola dePintura da Academia de Belas Artes de San Fernando. Alí coñeceu a Salvador Dalí, que lleabriu novos horizontes pictóricos, e alí tratou moitos mozos intelectuais da Residencia deEstudiantes (o cineasta Luís Buñuel, o poeta García Lorca, etc.). Nese ambiente, Marujadestacou xunto coa súa amiga Concha Méndez pola súa independencia de criterio e polasúa rebeldía contra o machismo imperante.Emilio explicounos a seguir a evolución xeral da pintura de Maruja antes da guerra civil,cunha primeira fase moi academicista, unha segunda de eclosión cun estilo cada vez máisorixinal e persoal que se plasmará na serie “Verbenas”, unha terceira fase desacougante,de viaxe ao mundo sórdido e escuro da serie “Cloacas y campanarios” e, finalmente, unhaetapa xeométrico construtivista que dará de si algúns dos seus cadros máis famosos efermosos, como “Sorpresa del trigo”.Falounos, asemade, da súa viaxe a París, da súa relación cos principais persoeiros domovemento surrealista francés (André Breton, Paul Éluard, Magritte…) e da súaprogresiva radicalización ideolóxica durante o período da 2ª República, ata se aproximarás fileiras do Partido Obreiro de Unificación Marxista (P.O.U.M). Ademais de repasar assúas decisivas relacións sentimentais sucesivas con Rafael Alberti, Pablo Neruda e MiguelHernández, Emilio tamén nos falou da experiencia da artista como profesora de debuxoen Arévalo (Ávila) e da súa viaxe a Beluso (Bueu) nas vésperas do estourido da guerracivil, onde tomou numerosos apuntes sobre elementos mariñeiros (redes, lanchas…) quelogo pasaron a facer parte dos seus principais cadros no exilio.

29Polo Departamento de Lingua Galega

Foto:C.Muñiz

A pintora Maruja Mallo

29

Actividades do 25 aniversario

Page 30: Revista A Batea nº 13

Relatos nominados ao premio do concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional 2016.

Por Miriam Rodríguez

30

Recuncho literario

Os alumnos do IES A Basella de Vilanova de Arousa Javier Mariño Villadamigo (1ºbach A), autor de "Odisea" e Miriam Rodríguez Somoza (1º bach B), autora de"Océano", figuraron entre os catro nominados, na categoría de menores de 16anos, ao 2º premio do concurso de microrrelatos “Primeiro as persoas, despois asfronteiras” organizado por AMNISTÍA INTERNACIONAL (Vigo). Parabéns aosdous!O noso recoñecemento para tod@s @s partícipes. Podedes ler os seus textos nesterecuncho literario.

OdiseaDía 15 de febrero, ya no vemos Al Quseir, mi casa hace ya días que es escombro, sin vida y sinrecuerdo.Aquí en el mar, el frío de la noche es gélido, y ataca más tus huesos, tu médula, que tu piel. Mi tíodice que quedan al menos cuatro días de viaje, se avecina una tormenta desde el norte, lo quepodría apartarnos del rumbo. Espero llegar a tierra. Hace tiempo quería ser médico, salvar agente de morir, ayudar a traer vidas al mundo, hoy lucho por sobrevivir yo mismo.Día 17 de febrero, hoy ha muerto Rashid de la herida de bala que tenía. Mi mejor amigo, mi mayorapoyo desde la muerte de mis padres. Estoy asustado, asustado de no haber llorado, no quiero nosentir nada. Sólo quedamos nueve, éramos veintiocho. Es increíble lo rápido que se han ido, casi nime he dado cuenta.Día 19 de febrero, siento haberte abandonado ayer, pero la tormenta nos tuvo ocupados. Hemossido valientes, y hemos capeado el temporal realmente bien. Es de noche y hace frío. Me heprometido acabar este viaje, llegar a tierra, y ser médico, por mis padres, por Rashid. Prometoescribirte cada día y dejar constancia de esta odisea que estoy viviendo.Día 20 de febrero, hemos avistado tierra, o eso me ha dicho mi tío, creo que tengo fiebre, perono he dicho nada, quiero que se preocupen por llegar, mañana te contaré más. Me voy a dormir,estoy cansado.

OcéanoTras caer do bote que me levaba cara unha vida mellor, tiven que pasar horas e horas nadandocontra corrente en mar aberto. Foi tempo suficiente para darme conta de que o mesmo océano seasemellaba á guerra: tan grande e poderoso que parecía non acabarse nunca. As súas ondas batíancontra min, como balas de escopeta facéndome dano sen compaixón. O frío e o medo percorríantoda a miña espiña dorsal, e o vento era hostil e semellaba estar bisbándome: “non tes ningunhaoportunidade.”Porén, a única e gran diferenza que facía ao mar diferente ao lugar de onde eu viña era a ausenciade barreiras. Era metáfora da liberdade, o lugar onde non se separaban as fronteiras.Observei o ceo estrelecido por última vez sabendo que nas vindeiras horas acabaría sendo noticianalgún xornal do primeiro mundo: “atópase rapaz sirio que viña buscando salvación ás illas gregas.”

Iso sen saber que ese rapaz sirio, eu, si atopara salvación. Foi unha verdadeira pena que o únicolugar onde encontrei o que quería, non me dera refuxio por moito tempo…

Page 31: Revista A Batea nº 13

Portada: Seccións da revista e especial 25 Aniversario do IES A Basella.2 Homenaxe a Pepe................................................ Mirian Rodríguez3 e 4 Lembranzas dun mestre de Vilanova.............. Pepe Rodríguez5 Visita ao CERN, Xenebra ................................. Dep. de Ciencias e Francés6 Viaxe a Madrid ................................................... Dep. de Plástica7 Viaxe polo Cantábrico ....................................... Dep. de Música8 Viaxe a Londres .................................................. Dep. Inglés9 Visita a Campo Lameiro .....................................Titores de 1º ESO10 e 11 Samaín .................................................................. Dinamización Biblioteca12, 13 e 14 Semana da Ciencia ............................................. Dep. de Ciencias Naturais15 Desafío STEM .................................................... Fco. Javier Cardama16 Entroido ............................................................... Dep. Dinamización Lingüística16 e 17 Francofonía ......................................................... Dep. Francés18 Correlingua Letras Galegas ............................... Profes e titores de 1º ESO19 ao 22 Parabéns .............................................................. Redacción da Revista23 Xénero, sexualidade e orientación ................ Carla Somoza e Haizea Bianca24 Loitapolos dereitos LGBT+ .............................. Haizea Bianca e Carla Somoza25 e 26 25 Aniversario do IES A Basella ................... Redacción da Revista27 Conferencias: Manuel Seixas .......................... Haizea Bianca e Carla Somoza28 " Alonso Montero ....................... Carmen Muñíz29 " Emilio Ínsua .............................. Emilio Ínsua30 Recuncho Literario ............................................ Javier Mariño e Miriam Rodríguez31 Contraportada (Biblioteca) .............................. Dimamización Biblioteca

Sumario

Grafismos e tratamento fotográfico: Departamento de Plástica, Equipo de Deseño,Equipo de Normalización Lingüística, Equipo de Dinamización da Biblioteca. Carteles elogos: Dani Rey, Laura Oriola, Equipo Deseño.

Imaxes e ilustracións

Dirección, Deseño e MaquetaciónEquipo de Normalización Lingüística: Raquel Baños e Manuel Busto.Calquera erro na revista é responsabilidade dos que dirixen e maquetan esta edición daBatea.Dereitos de autorEsta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0Internacional. http: //creativecommons.org/l icenses/by-nc-sa/4.0/

Todas as imaxes están acollidas a esta licenza excepto o seguinte:

Imaxes que xa teñen a súa propia l icenza.As imaxes onde se identifican as persoas que deron o seu permiso para ser reproducidas narevista, pero non están acoll idas á licenza Creative Commons antes descrita, estandoprohibida a súa reprodución sen autorización dos propietarios ou representados nasmesmas.O Equipo de Normalización LIngüística

31

Page 32: Revista A Batea nº 13

Exposición e cómicsno novo espazo verde.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Queres ler no verán? Gustaríachelevar libros para a túa familia?

Apúntate ás ...MOCHILAS VIAXEIRAS DE VERÁN

Fala con calquera dos profesores dabiblioteca e elabora a túa propiamochila.

Visita a túa Biblioteca! Novos espazos e aventuras que soñar.

Por Dinamización da Bibl ioteca

Blog de información e recomendacións:https://bibl iobasella.wordpress.com

Os gañadores do xogodas Letras Galegas.

Outro equipo gañador. Sesións de lecturacompartida.

Encontro de clubes de lectura. Visita e sesión de sinaturas de Shakespeare e Cervantes nabiblioteca do Instituto.

Mergúllate nun mar de libros