relatos fantÁstico cientÍficos

18
CÓNTAME AS CIENCIAS RELATOS FANTÁSTICO-CIENTÍFICOS ALUMNOS e ALUMNAS de 1º ESO

Upload: peti-meni

Post on 29-Mar-2016

262 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Relatos fantástico-científicos

TRANSCRIPT

Page 1: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

CÓNTAME AS CIENCIAS

RELATOS FANTÁSTICO-CIENTÍFICOS

ALUMNOS e ALUMNAS de 1º ESO

Page 2: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

O NENO QUE CAMBIOU DE ESTADO

Chámome Moncho, a simple vista parezo un rapaz normal pero hai uns cantos anos descubrín que

non o son porque teño a capacidade de cambiar de estado cando quero, agás se hai xente diante.

Se é así xa non podo.

Eu son un rapaz sólido, como todas as persoas, diso que non quede dúbida. Pero, un día fai un

tempo… estaba na miña cama e soñaba con auga. Tiña ganas de bebela e de bañarme en H2O

transparente. Pensei que mexara na cama, pero non, o que acontecía era que no canto de pernas

tiña pingas de auga. Pelisqueime para saber se era certo e resultou que si. Pouco a pouco o meu

corpo converteuse en pequenas pingas de auga, tivo lugar unha FUSIÓN.

Estaba alucinado e contento con este decubremento xa que podía meterme en todos os

recipientes da miña habitación. De súpeto sentín que a miña nai entraba no meu cuarto,non sabía

que facer pero en canto se abriu a porta atopeime no meu corpo de sempre (SOLIDIFICACIÓN), na

miña cama. Así foi como me decatei de que se había xente todo volvía a normalidade.

A noite seguinte quixen volver a ser líquido, así que me concentrei durante uns minutos e, de novo

sentín esa axitación nas partículas do meu corpo, xa era un líquido. Estiven así moito tempo e

como ninguén me molestaba fun cara o radiador. Sen apenas decatarme, VAPORICEIME!!! Iso si

que era estupendo, sentíame lixeiro, sen frío e podía meterme onde quixera incluso na gaiola do

paxaro ou entre as flores do xarrón.

As noites seguintes fixen o mesmo, aínda que pola mañá estaba moi canso e custábame erguerme.

Fun perfeccionando a técnica e agora xa podo facer directamente a SUBLIMACIÓN.

Aínda hoxe, que xa pasou un certo tempo, non sei cal é a causa deste fenómeno, nen se lle ocorre

a algunha outra persoa, o que eu creo é que isto aconteceume a min porque me encantan as

ciencias e gústame experimentalo todo por min mesmo.

SERGIO COUSO PAZOS 1º A

Page 3: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

O NENO QUE CAMBIOU DE ESTADO

Ola! Son Lucas, un neno normal como outro calquera. Hai unha semana que cumprín os meus

trece anos de idade.

Bueno, vouvos contar o que me sucedeu o día do meu cumpreanos cando pola noite fun poñer o

pixama… e o deitarme na cama para durmir caín nun profundo soño.

Eu estaba nunha illa, onde a calor era insoportable, e de súpeto sentín como as partículas do meu

corpo íanse separando ata converterse nun charco de auga tirado no medio da illa deserta.

Eu sen saber que facer, berraba e berraba. Pero era inútil. Ninguén contestaba.

Xa desesperado, rendinme sen saber que facer. A calor empezou a aumentar na illa, cada vez máis

e máis, e eu sentía como rapidamente se ían separando aínda máis as partículas do meu corpo ata

converterme nun gas que ocupaba todo o espazo da illa.

Iso parecíame tan real que, ata o meu corpo o sentía. Vale, xa sei que pensaredes que estou tolo,

pero é a verdade.

Eu ó principio non lle dei demasiada importancia, pero este soño repetíase todas as noites, unha

tras outra, e iso sí que me pareceu raro.

Ó final, decidín non darlle importancia; porque os soños, soños son. LAURA OTERO 1º A

Page 4: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

QUE LLE PASOU Ó BALÓN?

Había unha vez dous amigos que vivían a 100 m un do outro. Un chamábase Andrés e o

outro Pepe. O que máis lle gustaba era xogar ó futbol.

Un día esquecéronse de gardar o balón e quedou fóra de noite. Pola mañá, cando foron a

collelo para levalo ó colexio viron que estaba medio desinflado. Disgustados deixárono alí

e marcharon pensando que estaba pinchado.

Na clase aprenderon que ó diminuír a temperatura pola noite, as partículas de aire

reducen a distancia entre elas, ocupan menos volume e móvense a modiño, polo que se

desinfla o balón. Polo día, polo efecto da calor, as partículas de aire que están no interior

do balón móvense máis rápido e sepáranse unhas das outras inchando o balón.

Ó chegar a casa o primeiro que fixeron foi ir ver o balón. Sí, era certo non estaba

pinchado.

JOSÉ ANTONIO NOGUEIRA RIOBÓ 1º B

Page 5: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

XAN E PEDRO, CHISCO E PERICO

Xan e Pedro son dúas magnitudes fundamentais. Viven en Diversolandia, un país moi

divertido. A estas dúas magnitudes gústanlle as mesmas cousas: coidar o medio ambiente,

facer o ben polo mundo, axudar aos necesitados…

Un día como outro calquera ían pola rúa camiñando e viron un par de latas de refresco

tiradas no chan e sen preocuparlles nada colléronas e tiráronas á papeleira. Todos están

moi contentos con elas, son boas e independentes entre si, nunca teñen ningún conflicto.

Non lle ocorre o mesmo a Perico e Chisco, dúas magnitudes derivadas que acaban de

mudarse a este barrio. Son un pouco raras e teñen uns cambios de humor moi estraños. A

veces pórtanse ben, axudan e dáselle por facer cousas boas, outras veces pórtanse moi

mal e son moi vagas.

Os seus pais son normais, agradables e simpáticos. Din que Perico e Chisco son así por

cambiarense de vivenda e de lugar. Os vecinos din que é porque xa tiñan algún problema

desde pequenos… a saber.

ADRIANA VÁZQUEZ BARCALA 1º A

Page 6: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

POR FIN, TEÑO UN DON

Era un día normal en Megatrópolis, o país das magnitudes. A definición de magnitude é

igual para todas: toda propiedade da materia que se pode medir. Pero entre elas son

diferentes: lonxitude, masa, tempo, temperatura, volume, densidade, velocidade…

Algunhas magnitudes traballan na oficina central, onde cada

unha fai o seu labor correspondente. Outras, pola contra,

acoden á escola para desenvolver o don que poñerán en

práctica máis adiante.

Na escola a algunhas íalles moi ben, como á densidade

(relación entre masa e volume) e a velocidade (relación entre

lonxitude e tempo) pois ata as adiantaron dous cursos. A que

non lle ía ben era a temperatura, pois aínda non dera

síntomas de ter ningún don. Era moi tímida e por medo a

facelo mal nen sequera o intentaba. Os mestres animábana e

facían todo o posible para que o intentase pero ela negábase.

O que ela non sabía era que algo ía a cambiar ese día.

Pola tarde, cando todos estaban na súa casa facendo os deberes, unha enorme nube

negra escureceu Megatrópolis e trouxo con ela un

frío terrible, - 20 oC. Uns días máis tarde a

temperatura subiu a 40oC e outra vez volveu a

baixar.

A xente vestía bañador e logo plumífero, bañador,

plumífero, bañador, plumífero…

O rei mandou chamar á temperatura para que

arranxase a situación pero ela díxolle que non podía

facer nada. O rei insistiu e ela teimuda respondía

non, non e non.

De súpeto mirou ó ceo como dicindo “ en que lio

estou metida” e xusto no momento en que ergueu a cabeza todo volveu a normalidade.

Por fin, o don da temperatura emerxera.

LUCÍA FERNÁNDEZ GARCÍA 1º A

Page 7: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

VACACIÓNS EN VILABOA Había unha vez fai moitos anos un rapaz moi especial chamado

David.

David vivía en Vigo, unha gran cidade de Galicia.

Era alto, delgado, tiña o pelo curto e de cor negra e os ollos verdes,

pero a mellor calidade que tiña era que ¡¡¡CAMBIABA DE ESTADO!!!

Todo comezou cando as vacacións de verán acababan de comezar.

David quería aproveitalas ó máximo. Tiña pensado facer unha morea

de cousas: ir cos amigos á piscina, saír cos colegas ó cine, organizar

unha chea de festas, etc.

Unha semana despois a nai de David díxolle que tiña que ir a pasar as vacacións cos seus tíos, en

Vilaboa, pois a eles tocáralles un cruceiro e non o podían levar, ademais así pasaba uns días cos

seus tíos, que facía moito tempo que non os via.

Ó principio David protestou un pouco pero deseguida se deu conta de que dixese o que dixese non

faría cambiar de opinión á súa nai.

Ós poucos días de estar na casa dos

tíos,súa tía mandouno coa vaca a

pastar.

David ía cun pouco de medo, pois era a

primeira vez que via unha vaca en

persoa pero deseguida se colleron

cariño.

Ó chegar ó prado amarrou a vaca cunha

corda e el deitouse contra unha árbore. De súpeto, comezou a facer moita calor.

Cando espertou viu a vaca moi pequeniña, mirou para os lados e ollou

unha morea de nubes ó seu redor. Estaba un pouco confundido e asustado,

entón decatouse de que tamén el era unha nube.

Amedrentado comezou a preguntarse como lle ocurriría aquilo mentres se ía alonxando coas

outras nubes.

Nese intre comezou a facer cada vez máis frío e David foi descendendo. Cando chegou ó chan

convertiuse de novo en persoa. Colleu a vaca e regresou a casa dos tíos.

Cando lle contou a historia non o creeron e pensaron que tiña moita imaxinación. Os veráns

seguintes foinos pasar cos tíos e pasábao xenial indo ó prado e cambiando de estado.

LETICIA SUÁREZ SANJORGE 1º B

Page 8: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

O NENO QUE CAMBIOU DE ESTADO

Un día Xoán estaba tranquilo na súa casa cando empezou a suar moito. Tiña medo porque pensou

que estaba enfermo. As súas partículas empezaron a moverse moi rápido, estaba cambiando de

estado. Xoán non se decatou disto ata a mañá seguinte que caeu da cama e non lle doeu. Estaba

en estado líquido, experimentara o cambio de fusión, de sólido a líquido.

Xoán tiña medo de que a prensa se enterase e que o acorralasen como a un famoso. A súa nai

tranquilizouno dicíndolle que non pasaría nada e que ela o quería igual porque era seu fillo.

Xoán tranquilizouse, xa se estaba acostumando a estar en estado líquido. De repente notou que as

súas partículas se movían aínda máis rápido, parecían aloucadas, levaban moita velocidade e

chocaban unhas contra as outras. Que mareo!! Convertérase nun gas e podía voar.

A mañá seguinte espertouse en estado sólido. A súa nai díxollle que todo fora un soño debido a

que tiña febre.

MOISÉS CARRERA ACUÑA 1º A

OS INVENTOS Érase unha vez dous irmáns Carlos e Pedro aos que lle gustaba moito experimentar con

magnitudes.

Un día fabricaron uns artefactos, un para cada un. O de Carlos controlaba as magnitudes

fundamentais e o de Pedro as derivadas.

Con eles podían facer o que querían pero non os utilizaban publicamente por non armar un

escándalo. Eran moi ricos e tiñan un lugar onde facer probas. Alí experimentaban.

Carlos fixo o seguinte: seleccionou ter unha lonxitude de 20 m, unha masa de 10 toneladas e unha

temperatura de 100 oC. O artefacto tiña un límite de tempo, podian estar 5 min transformados e

logo volvían á realidade.

Pedro escolleu ter unha superficie de 2 mm2 , unha velocidade de 10 km/s e unha masa de 20 g.

Co paso do tempo todo o mundo tivo un destes artefactos e así os dous irmáns alcanzaron a fama

e o éxito. IVÁN OTERO CORTEGOSO 1º B

Page 9: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

HISTORIA DUNHA EXPERIENCIA

Era un día normal, ou eso parecía en principio, acababa de erguerme e, coa mesma cara de sono,

dirixíame ó colexio.

Era venres, polo tanto, á primeira hora tocábanos ciencias. Tiñamos sorte, a profesora íanos levar

ó laboratorio cos de 1º B.

Xa estabamos alí, fixemos dúas ou tres experiencias cando a profesora foi a quitar o coche para

que saíra o autobús. Quedou Eva ó cargo da clase ata rematar as experiencias previstas. Nada

estraño por agora, verdade? Pois aquí é cando empeza o peor. Sergio, Xián e Brais puxéronse a

xogar ós seus xogos tan especiais e, como sempre, algo tivo que pasar e romperon un bote de Sal

e outro de Xofre que se mesturaron e, sen saber como, empezaron a discutir:

Page 10: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

Tras escoitar este anaco de conversa, Leticia, a moi curiosa, púxose a preguntarlles:

- Calma señores, por favor. A ver, que lles pasa?

- Que me pasa? Pois que a miña muller enganoume con outro e teño probas- respostoulle o señor

Xofre.

- E vostede que pode dicir disto, Sra. Sal?- preguntoulle Zaira

- Pois que quere que diga, eu estou indignada, que vergoña toparme nesta situación- contestoulle

a Sra. Sal tapando a cara.

- Ah! Entón son verdade as miñas sospeitas, entón é verdade que tes un amante- díxolle o señor

Xofre.

- Non teño por que contestarche, lacazán! Eu tamén sei que ti foches onte de parranda co teu

amigo aluminio, ou pensas que son parva?- respostoulle a Sra. Sal dun xeito desafiante.

- Iso non vén a conto! Entón é verdade, eh?- contestoulle o señor Xofre.

- Eu non dixen iso, túzaro!

- Pero insinuachelo.

E así continuaron a discutir:

- Estou farta de ti! Quero separarme!

- Eu tamén estou farto de ti! Non te soporto!

- Pero calade dunha vez !!- berroulles Marcos e tiroulles un vaso de auga enriba.

-Pero que fas, parvo- berrou Moisés

- Non sabes que o Sal na auga disólvese?- díxolle Elisa.

- E eu que sei? – respondeulle Marcos

-Pois podías coller o libro por unha vez- contestoulle Eva.

Page 11: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

-Bueno, iso agora non importa, o Sal xa se disolveu e o Xofre anda polo medio –razoei eu

- Pero entón que facemos? Esperamos a que chegue a profesora e nos bote unha bronca? –

preguntou Marta

- Non podemos facer iso, poñeranos partes a todos – dixo Manuel todo nervioso

- Bueno parade de lamentarvos. Para recuperar o Sal primeiro temos que recuperar o Xofre – dixo

Xavier todo fachendoso

- Moi ben, Javier! Por fin colleches o libro. E agora que facemos? – díxollle Lucía.

- Pois hai que separar o Xofre por filtración – contestoulle Manuel

- Ben, vou coller un filtro – dixo Sergio.

- Intenta non romper nada. – contestou Salah de broma.

Despois de que Lucía filtrara a mestura, o Xofre voltou á normalidade.

- Ah! Case afogo nesa disolución tan asquerosa! – dixo o Señor Xofre con cara de noxo. Pero…

estou libre! Por fin libre! -dicía felizmente.

- Por se non o sabes, o soluto desa disolución á que ti chamas “asquerosa” é a túa muller – díxolle

Dámaris.

- Pero… a qué agardades! Salvádea! – berrou o Señor Xofre

- Bueno, relax, ata agora non che importou – díxolle Adriana.

-Porque non sabía o que pasaba – contestoulle o Señor Xofre dun xeito ameazante.

- A ver, queredes calar? Hai xente que está buscando unha solución – dixo Laura.

- Aquí está! – dixo Iván. Temos que quentar a auga ata o punto de ebulición, para así poder

recuperar o Sal.

- Pois a qué esperades, rapaces!- berrou o Señor Xofre.

-Vouche meter un esparadrapo na boca a ver se calas, es un pesado e un aburrido –advirtiuno

Alex.

- Neno, por que non calas ti e aprendes a ter un pouco de respecto aos teus maiores? –

contradiciuno o Señor Xofre.

- Advertinte – díxolle Alex mentres lle poñía o esparadrapo na boca.

- Mmmmm… mmmmmm… - intentaba falar o Señor Xofre sen éxito.

- Polo menos agora estás calado - suspirou Carmen.

Page 12: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

- Bueno, mans á obra, precisaremos un chisqueiro de alcol – dixo Lucía.

- Vouno coller eu – respondeulle Samuel.

-Si, pero axiña. – díxolle Yago.

Mentres se ía quentando a disolución, o Señor Xofre co esparadrapo na boca, rezaba para que a

súa muller seguise viva. Tras a ebulición, no medio de todo o vapor, apareceu a Señora Sal no

fondo do recipiente, desmaiada. O Señor Xofre arrincou o esparadrapo da boca, sen saber que co

esparadrapo tamén marchara o seu bigote, e foi correndo cara o corpo da Señora Sal.

- Cariño, meu amor, miña parruliña! Estás ben? – preocupouse o Señor Xofre.

- Queje! Queje! – tusía a Señora Sal – Si, estou ben.

- Síntoo, meu amor, perdoa as miñas sospeitas. Confío en ti, non te deixarei nunca. Non me deas

estes sustos, por favor, quérote, quérote moito – dicíalle o Señor Xofre.

- Eu tamén te quero – respondeulle a Señora Sal.

- Oh! Que bonito! – dixemos todos a un mesmo tempo.

- Buaaaaaa! Buaaaa! – choraba Leticia.

- Pero, que che pasa? – pregunteille.

- Nada, é que me emocionan os finais felices – respondeume.

- Ja, ja, ja! – Rímonos todos.

Nese mesmo intre, chegou a profesora pola porta do laboratorio:

- De que vos rides, rapaces? Digo… de que vos rides e por que choras? – preguntounos a profesora

un tanto desconcertada.

- De nada, profe, de nada. – respondeu Yago.

- Bueno, acabastes as experiencias? Dareinas por feitas, agora imos facer unha moi especial,

temos que separar o Sal do Xofre – díxonos a profesora.

- Ja, ja, ja! – rímonos todos xuntos.

- Pero… agora de que vos rides? – preguntou a profesora.

Aínda que non recibiu outra resposta que non fosen máis sorrisos.

COLORÍN COLORADO, ESTE RELATO ESTÁ CIENTÍFICAMENTE ACABADO.

Page 13: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

SINAIS DE IDENTIDADE

Fai moito tempo, Ferriñometepata (un ferro moi feo que sempre facía as cousas mal) estaba

namorado de Augasabia, unha auga fermosa e intelixente animadora. Isto incomodáballe a Ferriño

porque lle tiña moito envexa ós guapos.

Un día como outro calquera, Ferriñometepata, no recreo, decidiu raptar a Augasabia sen que

ninguén se decatase.

Levouna ó monte onde el tiña moitos experimentos feitos e alí tranquilizouna.

Augasabia temía que Ferriñometepata lle preguntase polas 3 cousas que as animadoras non

podían dicir: a súa densidade, o punto de fusión e o punto de ebulición, posto que o fin da súa

carreira como animadora era acabar como xeo para os humanos.

Así foi, el preguntoulle por esas tres cousas para así cambiarlle o seu aspecto e facela horrorosa,

máis Augasabia non llas dixo e explicoulle por que.

Ferriñometepata sabía que o que estaba facendo estaba mal e decidiu arrepentirse.

Ela non lle dixo a ninguén o que Ferriñometepata fixera aquel día.

Os dous entendéronse moi ben e fixéronse moi amigos.

Naquel mesmo día, el fixo unha das cousas case imposibles onde vivían: cambiar o futuro das

animadoras. Todas podían dicir a súa densidade, o seu punto de fusión e o seu punto de ebulición

sen preocuparse.

Así como Ferriñometepata fixera un gran cambio tamén Augasabia decidiu cambiar o nome de

Ferriño. Dende aquela pasou a chamarse Ferriñosuperheroe.

EVA BACARIZA ASPRES 1º A

Page 14: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

AS MOLÉCULAS QUE FORON Ó ESPAZO

Había unha vez dúas moléculas, unha de Hidróxeno e outra de Osíxeno. As dúas estaban

formadas por dous átomos, H2 e O2 . Os dous átomos de Hidróxeno sentíanse ben, eran estables e

nunca discutían entre eles. O mesmo lle ocurría os de Osíxeno.

Un día viron un cartel cun anuncio que poñía: “ Búscanse partículas de Osíxeno e de Hidróxeno

para misión espacial “

Presentáronse e tras un gran esforzo, foron admitidas. Estaban moi nerviosas, non sabían co que

se ían atopar.

Cando chegou o día, foron á base espacial, o garda da entrada deulles un pase. Subiron os

chanzos e chegaron ó cohete.

Cando entraron e viron o que había dentro, non o crían. O cohete espacial, chamado Newton 2,

estaba dirixido por seres humanos. Era enorme, nel collían millóns e millóns de partículas. Tiña

dous tanques, un para o Hidróxeno e outro para o Osíxeno.

De súpeto, os humanos abriron os tanques de Hidróxeno e de Osíxeno e aplicáronlle unha chispa

eléctrica e BOOOOOOOOOOOM! Os átomos que formaban as moléculas de Hidróxeno e de

Osíxeno separáronse e entre tanto desconcerto formaron unhas novas moléculas formadas por 2

átomos de Hidróxeno e 1 de Osíxeno.

Foi unha reacción moi violenta debido a rápida diminución do volume dos gases para formar un

producto líquido, a auga.Esta enerxía puxo o cohete no espazo. As moléculas de auga tamén

saíron disparadas ó espazo.

Os átomos de Hidróxeno e de Osíxeno sentíronse ben xuntos, foron amigos e viviron felices para

sempre.

MANUEL LÓPEZ BREA 1º A

Page 15: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

SINAIS DE IDENTIDADE

Érase unha vez un grupiño de amigos: Ferriño Duro, Carbonciño Que Mancha

e Ouro Careiro.

Un día celebraron o cumpreanos de Ouro Careiro. A festa asistiu moita xente.

Entre os invitados colouse Rato Malvadini, o peor asasino da cidade.

Cando Ouro Careiro tivo que soprar as velas non apareceu. Carbonciño que

mancha e Ferriño Duro buscárono por todos os recunchos da casa. Ouro

Careiro non apareceu.

A Ferriño duro ocorreuselle unha idea: buscar ao seu irmán xemelgo e

averiguar a súa densidade, punto de fusión, punto de ebulición e así meter

estes datos na máquina de propiedades intensivas da materia. A máquina

diríanos onde se encontraba Ouro Careiro.

Para isto colleron ao xemelgo de Ouro Careiro ,puxérono na balanza e

anotaron a súa masa.Despois calculáronlle o seu volume por inmersión nun

líquido. A continuación dividiron a masa entre o volume e conseguiron a

densidade.

Logo metérono nunha ola e aplicáronlle calor. Cando se fundiu anotaron a

súa temperatura de fusión.

Despois seguiron aplicándolle calor ata que chegou ao seu punto de ebulición

e anotaron a temperatura. Xa tiñan o último dato.

Foron correndo e meteron os datos na máquina de propiedades intensivas da

materia. A máquina díxollle onde estaba Ouro Careiro. Fórono a buscar e

seguiron celebrando o seu cumpreonos e mailo regreso á casa.

ZAIRA PORTELA FONTÁN 1º A

Page 16: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

SINAIS DE IDENTIDADE

A miña historia trata de dous irmáns que podían voar, Darío e Brais.

Sempre ían a un parque preto da súa casa onde facían carreiras para ver quen era máis rápido.

De súpeto chegou un home de aspecto fornido e díxolles:

- Ola, rapaces- ao mesmo tempo que lle ensinaba a placa de policía- podedes ensinarme o

voso carnet?

- Claro - respondeu Darío- e sacouno do bolsillo.

AUGA

Densidade 1000 kg/m3

P. de fusión 0 o C

P. de ebulición 100 o C

Estado Líquido

- A min quedoume na casa, veño agora- dixo Brais

- Tome, aquí está

FERRO

Densidade 7,8 g/cm3

P. de fusión 1539 o C

P. de ebulición 3000 o C

Estado Sólido

Page 17: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

- Vale, moitas grazas. Está todo en orde.

- Ata logo- dixo o policía

- Adeus- responderon os irmáns ó unísono

JUAN JOSÉ SOLLA 1º B

- CONVERSA NO LABORATORIO - -Ola, eu son unha molécula de auga. Estou composta por dous

átomos de Hidróxeno e un de Osíxeno. Son unha substancia pura, un

composto. A miña fórmula é H2O.

A miña densidade máxima é de 1 g/cm3 aos 4 o C. A miña temperatura de

ebulición é de 100 o C e coincide coa temperatura de condensación. Teño

unha temperatura de solidificación de 0o C que coincide coa temperatura

de fusión.

- Na Natureza actúo como disolvente, levo en disolución moitos

minerais: sodio, potasio, magnesio, calcio,… Entre todos formamos unha

disolución.

- -Ola, eu son o alcol etílico

ou etanol e tamén son

unha substancia pura.

Estou formada por

átomos de carbono,

hidróxeno e osíxeno.

A miña densidade é de 0,

79 g/cm3,o punto de

fusión é -117,3 o C e o

punto de ebulición de

78,5 o C.

- -Lembras, auga, aquel día que viñeron os rapaces ao laboratorio e nos

mesturaron? Nós pensamos que iamos quedar así para sempre e, de súpeto,

empezamos a sentir calor. Ó pouco tempo eu sentín que me elevaba

separándome de ti. E logo ¡ que tiritera e que baixada! Sen apenas decatarme

estaba de novo no meu recipiente de sempre coas miñas compañeiras.

- Escoiteille dicir aos rapaces que esta é a técnica da destilación que serve para

separar substancias que teñen distintas puntos de ebulición. Foi unha aventura

divertida, non cres auga?

YERAI SALGADO MAYÁN 1º B

Page 18: RELATOS FANTÁSTICO CIENTÍFICOS

HISTORIA DUNHA EXPERIENCIA

Érase unha vez un neno que se chamaba Roi, sempre se aburría na

casa. Xogaba con todos os xogos que tiña, pero aínda así se aburría.

Un día, buscando unhas pilas para o seu coche de radiocontrol,

encontrou no garaxe da súa casa dous botes que tiñan certas

substancias que el non coñecía. Non lles prestou importancia.

Nunha das súas tardes de aburrimento, volveu ó garaxe e fixouse nas

substancias. Levounas á súa casa da árbore e xuntounas nun pequeno

recipiente. O recipiente ascendeu, e chegou a unha altura incrible.

Outro día volveu ó garaxe e seguiu mesturando substancias que meteu

nunha mochila.

De repente, Roi ascendeu coa mochila ás costas e chegou a unha altura

incrible. Ó descender, por sorte , caiu enriba do seu propio tellado

máis non se mancou.

Pola noite creou un aparello que servía para intentar manexar a

mochila. Probouno e funcionou.

Roi tiña un novo transporte, un novo xogo. Non se volveu a aburrir

máis.

ALEXANDRE PASTORIZA OGANDO 1º B