programacióntecnologiascpitinograndio

58
CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011 CPI TINO GRANDÍO- Guntín Curso 2010/2011 Xefe de departamento: Manuel Ulloa González Asdo PROGRAMACIÓN TECNOLOXÍA ESO 1

Upload: manuel-ulloa

Post on 11-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Programación de tecnologías curso 2010/2011

TRANSCRIPT

Page 1: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

CPI TINO GRANDÍO- GuntínCurso 2010/2011

Xefe de departamento: Manuel Ulloa GonzálezAsdo

PROGRAMACIÓN

TECNOLOXÍA ESO

1

Page 2: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Introdución.Neste curso 2010/2011 cursarase tecnoloxía nos cursos de 2º, 3º ,3º PDC, e 4º da ESO, tendo unha soa línea. Tamén dentro do departamento de tecnoloxía se impartirán clases de Informática en 4º ( estando agrupado neste grupo todo o alumnado de 4º e 4º PDC) de ESO. En 4º tanto en tecnoloxías como en informática os alumnos dos dous grupos o ordinario e o PDC terán as clases xuntos.Todas as clases serán impartidas polo profesor e xefe de departamento de tecnoloxía Manuel Ulloa González.Ao longo do último século, a tecnoloxía, entendida como o conxunto de actividades e coñecementos científicos e técnicos empregados polo ser humano para a construción ou elaboración de obxectos, sistemas ou ambientes, co obxectivo de resolver problemas e satisfacer necesidades, individuais ou colectivas, foi adquirindo unha importancia progresiva na vida das persoas e no funcionamento da sociedade. De aí a necesidade dunha atención específica á adquisición deste tipo de coñecementos, necesarios para tomar decisións sobre o uso de obxectos e procesos tecnolóxicos, para resolver problemas relacionados con eles e para, en definitiva, aumentar a capacidade de actuar sobre o contorno e mellorar a calidade de vida. Non sería posible abordar a tecnoloxía nin desenvolverse na sociedade actual sen as tecnoloxías da información e da comunicación e, por iso, a súa presenza no currículo converte a esta materia nun instrumento. Trátase de lograr un uso competente destas tecnoloxías, na medida do posible dentro dun contexto, é dicir, asociado ás tarefas específicas para as que son útiles. A incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación, por outra parte, facilita a integración das aprendizaxes obtidas noutras materias, mellora a comprensión dos procesos e contribúe a potenciar a súa utilización de maneira autónoma.Esta materia trata, en resumo, de fomentar as aprendizaxes e desenvolver as capacidades que permitan a comprensión dos obxectos técnicos, a súa utilización e a súa manipulación, así como o dominio dos procesos tecnolóxicos mediante os que tales obxectos se deseñan e constrúen empregando as tecnoloxías da información e da comunicación.

Unha das características esenciais da actividade tecnolóxica con maior incidencia na educación básica é o relativo ao seu carácter integrador de diferentes disciplinas. A actividade tecnolóxica require a conxugación de elementos que proveñen do coñecemento científico e da súa aplicación técnica, pero tamén doutros de carácter económico e estético. Todo iso de maneira integrada e cun referente disciplinar propio baseado nun modo ordenado e metódico de intervir no contorno.

O valor educativo desta materia está, así, asociado tanto aos compoñentes que a integran como ao propio modo de levar a cabo esa integración. O principal destes compoñentes, que constitúe o eixo vertebrador do resto de contidos da materia, é o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos. Trátase do desenvolvemento de habilidades e da aplicación de métodos que permiten avanzar desde a identificación e formulación dun problema técnico ata a súa solución construtiva, e todo iso a través dun proceso planificado que busque a optimización dos recursos e das solucións. A posta en práctica deste proceso tecnolóxico exixe, pola súa vez, un compoñente científico e técnico. Tanto para coñecer e utilizar mellor os obxectos tecnolóxicos como para intervir neles é necesario poñer en xogo un conxunto de coñecementos sobre os fenómenos nos que se basean as máquinas e os elementos que as constitúen, e tamén sobre os procesos de análise, deseño, manipulación e

2

Page 3: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

construción de obxectos técnicos, que contribúen á adquisición de novos coñecementos e á consolidación doutros.

A análise da evolución das tecnoloxías, ademais,clarifica o papel que xogaron na transformación das condicións de vida dos pobos, desvelando criterios para a súa valoración e desenvolvendo actitudes positivas de cara á súa utilización.

1 Contribución da materia ao logro das competencias básicas.A área de tecnoloxía contribúe ao desenvolvemento da competencia de interacción no medio físico, principalmente, mediante o coñecemento e a comprensión de obxectos, procesos, sistemas e ambientes tecnolóxicos, e a través do desenvolvemento de destrezas técnicas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. A interacción cun contorno no que o tecnolóxico constitúe un elemento esencial, vese facilitada polo coñecemento e utilización do proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a necesidades, avaliando o proceso e os seus resultados. Pola súa parte, a análise de obxectos e sistemas técnicos desde varios puntos de vista, permite coñecer como foron deseñados e construídos os elementos que os forman e a súa función no conxunto, facilitando o seu uso e a súa conservación. É importante, por outra parte, o desenvolvemento da capacidade e da disposición para lograr un contorno saudable e unha mellora da calidade de vida, mediante o coñecemento e a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento de actitudes responsables de consumo racional.

A contribución competencia da autonomía e iniciativa persoal céntrase no modo particular que proporciona esta materia para abordar os problemas tecnolóxicos, e será maior na medida en que, a metodoloxía empregada na aula, fomente modos de enfrontarse a eles de maneira autónoma e creativa, incida na valoración reflexiva das diferentes alternativas e prepare para a análise previa das consecuencias das decisións que se toman no proceso. As diferentes fases do proceso: a formulación adecuada dos problemas; a presentación de ideas que se analizan desde distintos puntos de vista; a elección da máis adecuada; a planificación e execución do proxecto; a avaliación do seu desenvolvemento e do obxectivo alcanzado; e, por último, a realización de propostas de mellora; todas elas contribúen ao desenvolvemento desta competencia, ofrecendo oportunidades para o desenvolvemento de calidades persoais, como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza fronte ás dificultades, a autonomía e a autocrítica, contribuíndo ao aumento da confianza en si mesmo e á mellora da súa autoestima.

O tratamento específico das tecnoloxías da información e da comunicación, integrado nesta materia, proporciona unha oportunidade especial para desenvolver a competencia no tratamento da información e da competencia dixital, e a este desenvolvemento están dirixidos especificamente unha parte dos contidos. Contribuirase ao desenvolvemento desta competencia na medida na que as aprendizaxes asociadas incidan na confianza no uso dos ordenadores, nas destrezas básicas asociadas a un uso suficientemente autónomo destas tecnoloxías e, en definitivo contribúan a familiarizarse suficientemente con eles. En todo caso, están asociados ao seu desenvolvemento os contidos que permiten localizar, procesar,

3

Page 4: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Por outra parte, debe destacarse, en relación co desenvolvemento desta competencia, a importancia do uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de simulación de procesos tecnolóxicos e a adquisición de destrezas con linguaxes específicas, como a gráfica.

A contribución á adquisición da competencia social e cidadá, no que se refire ás habilidades para as relacións humanas e ao coñecemento da organización e funcionamento das sociedades, virá determinada polo modo no que se aborden os contidos, especialmente os asociados ao proceso de resolución de problemas tecnolóxicos, onde o alumnado ten múltiples ocasións para expresar e discutir adecuadamente ideas e razoamentos, escoitar ás outras persoas, abordar dificultades, xestionar conflitos e tomar decisións practicando o diálogo e a negociación, e adoptando actitudes de respecto e tolerancia cara ás súas compañeiras e aos seus compañeiros.

Ao coñecemento da organización e funcionamento das sociedades colabora a materia de Tecnoloxía desde a análise do seu desenvolvemento tecnolóxico e da súa influencia nos cambios económicos e de organización social que tiveron lugar ao longo da historia da humanidade. A actividade tecnolóxica, por outra parte, caracterízase polo traballo colectivo, que permite o desenvolvemento de habilidades relevantes de interacción social.

O uso instrumental de ferramentas matemáticas, na súa xusta dimensión e de maneira fortemente contextualizada, contribúe a configurar adecuadamente a competencia matemática, na medida na que proporciona situacións de aplicabilidade a diversos campos, facilita a visibilidade desas aplicacións e das relacións entre os contidos matemáticos e pode, segundo como se formule, colaborar á mellora da confianza no uso desas ferramentas matemáticas. Algunhas delas están especialmente presentes nesta materia, como a medición e o cálculo de magnitudes básicas, o uso de escalas, a lectura e interpretación de gráficos, a resolución de problemas baseados na aplicación de expresións matemáticas, referidas a principios e fenómenos físicos, que resolven problemas prácticos ou necesidades sociais.

A contribución á competencia en comunicación lingüística realízase a través da adquisición de vocabulario específico, que ten que utilizarse nos procesos de busca, análise, selección, resumo e comunicación de información. A lectura, interpretación e redacción de informes e documentos técnicos contribúe ao coñecemento e á capacidade de utilización de diferentes tipos de textos e das súas estruturas formais.

Na competencia en comunicación lingüística empregando o castelá e a lingua galega nun contexto tecnolóxico (léxico específico) estende o seu ámbito de aplicación facilitando a normalización da lingua no ámbito profesional. Contribúe así, a crear un espazo tecnolóxico lingüístico propio cuxa existencia, senón imprescindible é, cando menos, necesaria para o desenvolvemento tecnolóxico da comunidade autónoma.

Á adquisición da competencia de aprender a aprender contribúese polo desenvolvemento de estratexias de resolución de problemas, reflexión sobre as relacións de causa-efecto, a contrastación nos procesos de experimentación e construción. O estudo metódico de obxectos, sistemas ou contornos axuda a desenvolver habilidades e estratexias cognitivas e promove actitudes e valores necesarios para a aprendizaxe.

A competencia cultural e artística adquírese desenvolvendo a iniciativa, a imaxinación e a creatividade na resolución das necesidades sociais e permite unha mellor apreciación das manifestacións culturais que sempre incorporan elementos técnicos.

4

Page 5: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

2 Obxectivos.

A ensinanza da tecnoloxía nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Analizar os obxectos e sistemas técnicos para identificar os seus elementos e as funcións que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construción.

2. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema, recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.

3. Actuar de xeito dialogante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.

4. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño, elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas.

5. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos, a simboloxía e o vocabulario axeitados.

6. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.

7. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar, manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais.

8. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora do benestar social e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.

3 Contidos secuenciados e temporalizados.

Contidos en 2º ESO e 3º ESO :

Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

• A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamento do quefacer tecnolóxico. O proceso inventivo e de deseño.

• Fases do proxecto tecnolóxico. Elaboración de ideas e procura de solucións. Distribución de tarefas e responsabilidades, cooperación e traballo en equipo.

5

Page 6: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Realización de documentos técnicos. Deseño, planificación e construción de prototipos ou maquetas mediante o uso responsable de materiais, ferramentas e técnicas axeitadas.

• Avaliación do proceso creativo, de deseño e de construción. Análise e valoración das condicións do contorno de traballo.

• Utilización de aplicacións informáticas para a resolución de problemas tecnolóxicos.• Exemplificación do proceso tecnolóxico na industria do contorno.• Esgotamento de recursos enerxéticos e de materias primas. Consumo responsable e

desenvolvemento sostible.

Bloque 2. Hardware e sistemas operativos.• Descrición da arquitectura, dos elementos dun ordenador e doutros dispositivos

periféricos. Funcionamento, manexo e interconexión dos elementos dun ordenador.• Emprego do sistema operativo como interface persoa-máquina. Almacenamento,

organización e recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles.• Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta a disposición destes.• Instalación de programas e realización de tarefas básicas de mantemento do sistema.

Bloque 3. Materiais de uso técnico.• Análise de materiais e técnicas básicas e industriais empregadas na construción e

fabricación de obxectos.• Materiais naturais, transformados e sintéticos: madeira, metais, materiais plásticos,

cerámicos e pétreos. Propiedades e técnicas básicas de utilización.• Tratamento de residuos e impacto ambiental do proceso produtivo. Uso de materiais

comerciais e reciclados para a construción e fabricación de obxectos.• Emprego das ferramentas de forma axeitada e segura.

Bloque 4. Técnicas de expresión e comunicación.

• Uso de instrumentos e técnicas de debuxo, así como de aplicacións de deseño gráfico por ordenador, para a realización de bosquexos e esbozos, empregando escalas, cotas e sistemas de representación normalizados.

• Utilización de aplicacións informáticas de ofimática para a creación, edición, mellora e presentación de documentos técnicos, e descrición da súa terminoloxía e dos seus procedementos básicos.

• Coñecemento da linguaxe icónica como base para o dominio da expresión por medio da imaxe e a asimilación das diversas técnicas cinematográficas: plano, universo fílmico, movementos de cámara, panorámicas, trucos e recursos do cinema.

Bloque 5. Estruturas.

• Descrición dos elementos dunha estrutura e dos esforzos aos que están sometidos. Análise da función que desempeñan os elementos na estrutura.

• Deseño, planificación e construción de estruturas utilizando distintos tipos de apoio e triangulación.

6

Page 7: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Bloque 6. Máquinas e mecanismos.• Mecanismos de transmisión e transformación do movemento. Análise da súa función en

máquinas. Relación de transmisión.• Descrición e funcionamento básico dos motores térmicos e eléctricos.• Deseño e construción de maquetas que inclúan mecanismos de transmisión e

transformación do movemento.• Uso de simuladores para recrear a función dos operadores mecánicos no deseño de

prototipos.

Bloque 7. Electricidade e electrónica.• Efectos da corrente eléctrica: luz, calor e electromagnetismo.• Circuíto eléctrico: elementos, funcionamento e simboloxía. Magnitudes eléctricas.

Compoñentes e dispositivos básicos. Realización de medidas. Corrente continua e alterna.

• Instalacións eléctricas nas vivendas. Potencia.Dispositivos de protección.

• Valoración crítica dos efectos do uso da enerxía eléctrica sobre o ambiente: xeración e transporte de enerxía eléctrica. Emprego de enerxías renovables.

• Deseño de circuítos que cumpran unha función predeterminada, realización da montaxe, nas condicións de seguridade apropiadas e utilización de simuladores para a comprobación previa do seu funcionamento.

• Valoración da importancia actual da electrónica e respecto polas normas de seguridade.

Bloque 8. Tecnoloxías da comunicación. Internet. Sistemas de comunicación: telefonía, radio, televisión e redes de transmisión de datos.

• Estrutura e funcionamento da internet. Dispositivos de comunicación. Servizos da internet.

• Ferramentas e aplicacións básicas para a procura, descarga, intercambio e publicación de información.

• Actitude crítica e responsable cara á propiedade intelectual e á distribución dos contidos e da información en xeral. Licenzas de uso e distribución do software.

Conceptos en 2º da ESO

Bloque 1.O proceso tecnolóxico Para que serve a tecnología.O proceso tecnológico.Unha aplicación da tecnología: a construcción de pontes.As liñas do tempo d tecnología.

Bloque2. Debuxo Instrumentos de dibuxo.Sistemas de representación. Vistas ortogonais: sistema diédrico.

7

Page 8: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Sistemas de representación. Vista en perspectiva.Normalización e metroloxía.Acotamento.Escala de debuxo.Bosquezo e esbozo.

Bloque 3. Materiais e madeira Clasificación dos materiais.A madeira.Propiedades da madeira.Clasificación da madeira.Derivados da madeira.Traballo con madeira.As regras no taller.

Bloque 4 . Metais Materiais metálicos.Metais férricos.Metais non férricosTraballo con metais .Obtención dos metais.Impacto ambiental.

Bloque 5 Estructuras .Que e unha estructura.Tipos de esforzos.Elementos dunha estructura.Estructuras resistentes.Estructuras estables.Perfís.Tipos de estructuras artificillas.

Bloque 6. Electricidade A corriente eléctica.A lei de Ohm.Circuito eléctrico.Conexións en serie e paralelo.Cálculos en circuitos.Como serrar electricidade.Efectos da corriente.Potencia eléctrica e enerxía consumida.

Bloque 7. O ordenador e os periféricos. A linguaxe informática.A historia do ordenador.O hardware.CPU e periféricos.

8

Page 9: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Instalación dos periféricos.Tipos de periféricos.

Bloque 8. O software. O software.Windows.Linux.Instalación de aplicacións.Tipos de periféricos.

Bloque 9. O procesador de textos. A ofimática e a empresa.O procesador de textos.Bloque 10. Internet.Redes de ordenadores: Internet.Servizos que ofrece Internet.Aplicacións para usar Internet: Navegadores.

Temporalización:

1ª avaliación: bloques1-2-3-4-52ª avaliación: bloques 6-7-83ª avaliación: bloques: 8-9-10

Conceptos en 3º da ESO

Bloque 1. Plasticos.¿ Que e un plástico?.Propiedades dos plásticos.Tipos de plásticos. Aplicacións.Fibras textis.O proceso do material plástico.Traballo con plásticos.

Bloque 2.Materiais de construcción.Os materiais de construcción. Clasificación.Propiedades dos materiais de construcción.Tipos de materiais. Aplicacións.

Bloque 3. Mecanismos e máquinas.Supermáquinas.Palancas.Poleas e polipastos.Plano inclinado, cuña e tornillos.Mecanismos de transmisión.As máquinas térmicas.

9

Page 10: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Motores para voar.

Bloque 4. Electricidade.Corrente eléctrica.Magnitudes eléctricas e como medilas: o polímetro.A lei de Ohm.A potencia.Conexión de compoñentes eléctricos.Controlando a electricidade.

Bloque 5.Enerxía.O mapa das enerxías.Unidades de enerxía.Xeración, transporte e distribución da enerxía eléctrica.Centrais eléctricas. Fontes de enerxía convencionais.Enerxías alternativas.

Bloque 6. diseño gráfico con ordenador.Mapas de puntos e debuxo vectorial.A calidade da imaxe dixital.Formatos de arquivos gráficos mais comúns.Creación de imaxes dixitais.CAD/CAM/CAE.CAD en dos dimensiones.

Bloque 7. A folla de cálculo.O software para realizar operacións.A folla de cálculo como ferramenta ofimática.Elementos dunha folla de cálculo.

Bloque 8. Redes informáticas:Internet.As redes informáticas.Tipos de redes informáticas.Breve historia de Internet.Conmutación e paquetes.Nome de dominio e xestión de direcciónsLíneas de comunicación e Internet.Comunicación con equipos indusriais, robots…

Bloque 9. Internet e comunicación.A capacidade de comunicación de internet.O correo electrónico.Conversación en tempo real.Outros exemplos de comunicación asíncrona.

Temporalización:

10

Page 11: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

1ª avaliación: bloques1-2-32ª avaliación: bloques 4-5-63ª avaliación: bloques: 7-8-9

Conceptos en 3º PDCda ESO

Bloque 1. Plasticos.¿ Que e un plástico?.Propiedades dos plásticos.Tipos de plásticos. Aplicacións.Fibras textis.O proceso do material plástico.Traballo con plásticos.

Bloque 2.Materiais de construcción.Os materiais de construcción. Clasificación.Propiedades dos materiais de construcción.Tipos de materiais. Aplicacións.

Bloque 3. Mecanismos e máquinas.Supermáquinas.Palancas.Poleas e polipastos.Plano inclinado, cuña e tornillos.Mecanismos de transmisión.As máquinas térmicas.Motores para voar.

Bloque 4. Electricidade.Corrente eléctrica.Magnitudes eléctricas e como medilas: o polímetro.A lei de Ohm.A potencia.Conexión de compoñentes eléctricos.Controlando a electricidade.

Bloque 5.Enerxía.O mapa das enerxías.Unidades de enerxía.Xeración, transporte e distribución da enerxía eléctrica.Centrais eléctricas. Fontes de enerxía convencionais.Enerxías alternativas.

Bloque 6. diseño gráfico con ordenador.Mapas de puntos e debuxo vectorial.A calidade da imaxe dixital.Formatos de arquivos gráficos mais comúns.

11

Page 12: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Creación de imaxes dixitais.CAD/CAM/CAE.CAD en dos dimensiones.

Bloque 7. A folla de cálculo.O software para realizar operacións.A folla de cálculo como ferramenta ofimática.Elementos dunha folla de cálculo.

Bloque 8. Redes informáticas:Internet.As redes informáticas.Tipos de redes informáticas.Breve historia de Internet.Conmutación e paquetes.Nome de dominio e xestión de direcciónsLíneas de comunicación e Internet.Comunicación con equipos indusriais, robots…

Bloque 9. Internet e comunicación.A capacidade de comunicación de internet.O correo electrónico.Conversación en tempo real.Outros exemplos de comunicación asíncrona.Inda que os conceptos en 3º PDC sexan os mesmos que no 3º, a cargateórica de cada un reducirase ao mínimo e as prácticas serán mais secillas

Temporalización:

1ª avaliación: bloques1-2-32ª avaliación: bloques 4-5-63ª avaliación: bloques: 7-8-9

Contidos en 4º de ESO.

Bloque 1. Electrónica

MAPA DE CONTIDOS

12

Page 13: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

OBXECTIVOS

• Repasar os coñecementos básicos sobre o funcionamento dos circuítos eléctricos.

• Recordar a función e a magnitude de resistencias fixas e variables.

• Identificar os compoñentes necesarios para montar un circuíto electrónico que cumpra unha determinada función.

• Coñecer o papel que desempeñan os diferentes compoñentes dun circuíto electrónico: resistencias, condensadores, transistores, díodos…

• Montar circuítos utilizando relés.

• Coñecer os estados de funcionamento dun transistor e ser quen de analizar circuítos electrónicos dotados de transistores, co fin de calcular as magnitudes eléctricas fundamentais.

• Coñecer en que consiste o fenómeno da amplificación de sinais eléctricos en montaxes baseadas en transistores.

• Saber como montar circuítos electrónicos sinxelos.

13

Page 14: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Aprender a utilizar un software de simulación de circuítos eléctricos e electrónicos.

CONTIDOS

Conceptos

• Compoñentes dos circuítos electrónicos: resistencias, condensadores, díodos e transistores.

• Asociación de resistencias. Tipos de resistencias. Resistencias variables.

• Funcionamento dun condensador. Tipos de condensadores. Carga e descarga dun condensador.

• Funcionamento do transistor. Uso do transistor como interruptor. Uso do transistor como amplificador.

• Semicondutores e díodos. Díodos LED.

• Construción de circuítos impresos.

• Simuladores de circuítos.

Procedementos, destrezas e habilidades

• Analizar o papel desempeñado por diferentes tipos de resistencias en circuítos eléctricos e electrónicos.

• Utilizar o polímetro.

• Soldar compoñentes electrónicos nunha placa.

• Construír circuítos impresos co soldador e cunha placa.

• Montar circuítos electrónicos sinxelos.

• Deseñar circuítos eléctricos e electrónicos co software apropiado.

Actitudes

• Respecto polas normas de seguridade á hora de utilizar o soldador.

• Interese por aproveitar as vantaxes dos simuladores de circuítos.

• Coidado dos compoñentes electrónicos. Precaución para no estragar os compoñentes dun circuíto ao conectalos nunhas condicións que un determinado compoñente non pode soportar (elevada voltaxe, por exemplo).

• Recoñecemento da importancia dos sistemas electrónicos na nosa sociedade.

• Interese por descubrir as aplicacións prácticas da electrónica.

• Curiosidade por elaborar circuítos electrónicos, co fin de aplicalos cunha finalidade concreta.

14

Page 15: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Recoñecemento da evolución que tivo a electrónica desde os seus inicios e da continua expansión que sofre para a creación de novos e mellores dispositivos.

EDUCACIÓN EN VALORES1. Educación para a saúde.A electrónica evoluciona cunha soa finalidade: servir as persoas na creación de dispositivos e sistemas que melloren a súa vida. A evolución constante dos equipos e os perfeccionamentos nos mesmos serviron para crear elementos que lle axudan ao ser humano cando perdeu algunha función corporal. Así, utilízanse próteses para persoas xordas que, co uso de amplificadores adaptados ao oído, lles permiten recuperar en todo ou en parte a función auditiva.A investigación no campo da electromedicina avanza rapidamente para crear un dispositivo que conecte o ollo humano con conexións cerebrais cando se perdeu a vista. Tamén, no caso dos discapacitados físicos por paraplexia ou tetraplexía, existen medios como cadeiras integradas con múltiples funcións para recuperar mobilidade e formar así parte activa da sociedade.

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN

Competencia para aprender a aprenderO software de simulación require un proceso de autoaprendizaxe. O titorial de Crocodile 3D é excelente, aínda que o programa está en inglés.

Autonomía e iniciativa persoalA introdución de software de simulación proporciónalles aos alumnos autonomía durante a aprendizaxe. A aplicación indicará se conectamos mal algún compoñente e poderemos comprobar o funcionamento do circuíto sen necesidade de montalo.

Competencia cultural e artísticaNa sección Recuncho da lectura, na epígrafe A electrónica tamén é arte amósanse algunhas contribucións da electrónica ao mundo da arte.

15

Page 16: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Bloque 2. Electrónica dixital

16

Page 17: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

MAPA DE CONTIDOS

OBXECTIVOS• Coñecer as propiedades da álxebra de Boole.

• Obter a primeira forma canónica a partir dunha táboa de verdade.

• Implementar unha función lóxica mediante circuítos dixitais elementais.

• Comprender a importancia da miniaturización dos compoñentes electrónicos para a introdución dos circuítos electrónicos en aparatos de uso cotián.

• Saber como funcionan e cal é a utilidade das diferentes portas lóxicas utilizadas en circuítos electrónicos modernos.

• Saber como se fabrican na actualidade os circuítos integrados.

• Aprender algunhas das características básicas dos circuítos integrados.

17

Page 18: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Identificar problemas susceptibles de seren resoltos mediante a utilización de portas lóxicas.

• Analizar o funcionamento de circuítos que inclúen portas lóxicas.

CONTIDOSConceptos

• Álxebra de Boole. Operacións booleanas.

• Exposición dixital de problemas tecnolóxicos. Tradución de problemas tecnolóxicos á linguaxe da lóxica dixital. Primeira forma canónica.

• Implementación de funcións lóxicas.

• Drives ou buffers.

• Circuítos integrados. Características e evolución. Exemplos de circuítos integrados moi utilizados.

• Fabricación de chips.

• Portas lóxicas. Tipos de portas lóxicas. Familias lóxicas.

• Portas lóxicas en circuítos integrados.

• Utilización de portas lóxicas en circuítos.

Procedementos, destrezas e habilidades

• Identificar o estado (0 ou 1) dos elementos que forman parte dun circuíto eléctrico.

• Interpretar e construír táboas de verdade.

• Obter a primeira forma canónica a partir dunha táboa de verdade.

• Xerar unha función lóxica a partir de portas lóxicas.

• Deseñar mecanismos e circuítos que inclúan portas lóxicas.

• Identificar sensores dun sistema con variables booleanas.

• Identificar actuadores dun sistema cunha función lóxica.

• Utilizar software de simulación, como Crocodile Technology 3D, para analizar e deseñar circuítos.

Actitudes

• Recoñecemento do importante papel da electrónica na sociedade actual e comprensión da súa influencia no desenvolvemento das tecnoloxías de comunicación.

• Orde e precisión no traballo no taller.

• Valoración das contribucións da informática no campo do deseño de circuítos electrónicos.

18

Page 19: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

EDUCACIÓN EN VALORES1. Educación para o consumidor.Un dos problemas que existen cando empezamos a traballar con compoñentes electrónicos é o descoñecemento das tensións máximas que poden soportar. Isto trae consigo a deterioración dalgúns compoñentes se se conectan nun circuíto antes de realizar os cálculos pertinentes.O software de simulación solucionou en parte este problema, pois os circuítos poden deseñarse e ponerse en funcionamento virtual antes de ser montados fisicamente. Así poderemos ver se unha lámpada se funde ou se un transistor arde antes de que isto suceda en realidade.

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLANCompetencia en comunicación lingüísticaO traballo con esquemas é esencial na formación sobre electrónica. É importante reflexionar sobre a importancia de representar adecuadamente as portas lóxicas e o resto dos elementos dun circuíto á hora de comunicarnos.

Competencia matemáticaTodo ao longo da unidade os alumnos deberán realizar cálculos matemáticos sinxelos en xeral, aplicando sobre todo a lei de Ohm.

Tratamento da información e competencia dixitalA informática tamén se introduciu na electrónica, como xa comprobamos nesta unidade mediante os simuladores de circuítos. Explicarlles aos alumnos que estas ferramentas se empregan tamén no ámbito profesional para o deseño de circuítos máis complexos.

Competencia cultural e artísticaA electrónica tamén inflúe na arte. Tal e como se mostra na sección Recuncho da lectura, os artistas gardan os seus traballos en soportes (primeiro analóxicos, como o disco de vinilo, e agora dixitais, como o CD).

Competencia para aprender a aprenderO software de simulación requiere un proceso de autoaprendizaxe. No caso de Crocodile 3D, ademais, o titorial que inclúe é excelente, malia que o programa está en inglés.

19

Page 20: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Bloquee 3. Tecnoloxía da comunicación

MAPA DE CONTIDOS

OBXECTIVOS

• Coñecer os principais sistemas de comunicación usados polas persoas ao longo da historia.

• Saber como ten lugar unha conversación telefónica, se se coñecen os procesos (antes manuais) que se levan a cabo automaticamente.

• Diferenciar entre os distintos receptores telefónicos actuais: fixos, sen fíos e móbiles.

20

Page 21: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Coñecer os métodos empregados na actualidade para lograr unha comunicación de calidade. Por exemplo, empregando cables de fibra óptica que substitúen as liñas de cobre convencionais.

• Aprender a valorar a comunicación como unha necesidade básica das persoas: somos animais comunicativos.

• Coñecer os distintos sistemas empregados para mellorar a transmisión das ondas electromagnéticas como, por exemplo, a modulación en frecuencia (FM), en amplitude (AM).

• Coñecer o espectro radioeléctrico empregado na actualidade nos diferentes sistemas de comunicación: radio, telefonía, televisión…

• Coñecer as características dos novos formatos empregados para divulgar imaxes e sons: os discos DVD e os arquivos mp3.

CONTIDOS

Conceptos

• Os sistemas de comunicacións.

• As comunicacións con fíos: o telégrafo e o teléfono.

• As comunicacións sen fíos: a radio e a televisión.

• Os sistemas de localización por satélite: o GPS.

• Os discos DVD e os arquivos mp3.

• O futuro das comunicacións no fogar.

Procedementos, destrezas e habilidades

• Describir como se levan a cabo as comunicacións nos sistemas de telefonía, radio ou televisión.

• Sintonizar emisoras de radio nun receptor.

• Utilizar o teléfono móbil.

• Elaborar arquivos mp3 a partir de arquivos musicais noutro formato.

• Localizar elementos nun mapa.

Actitudes

• Valoración da utilidade da tecnoloxía para lograr unha comunicación máis eficiente entre as persoas.

• Respecto polo traballo de artistas e doutros traballadores que nos permiten gozar de películas ou de música.

• Respecto polas opinións dos demais e o dereito á intimidade das persoas, en particular nos sistemas de comunicación.

21

Page 22: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

EDUCACIÓN EN VALORES1. Educación para a convivenciaOs sistemas de comunicación actuais permiten coñecer con facilidade as características doutras culturas. Explicarlles ás alumnas e aos alumnos na clase que a televisión, por exemplo, serviu para que coñezamos o modo de vida de culturas moi diferentes da nosa, e que apreciemos as súas virtudes ou que coñezamos as súas necesidades e os seus problemas.Ademais, coa revolución de Internet, o fluxo de información xa non é unidireccional como ocorre coa radio ou coa televisión. Agora xa podemos intercambiar facilmente opinións cunha persoa que habite no Brasil, en Australia ou no Xapón, polo que se fai necesario ser tolerante con comportamentos que, a priori, nos sorprenden bastante.

2. Tecnoloxía e sociedadeComentar na clase o importante papel das comunicacións e das telecomunicacións, para resaltar aínda máis a longa distancia entre os interlocutores, na sociedade actual. Por exemplo, no mundo empresarial, agora xa é posible mercar un artigo que estea á venda en case calquera lugar do mundo e recibilo no propio domicilio nun prazo de tempo de poucos días.

3. Educación do consumidorO problema da pirataría de música, películas e software está cada día, desgraciadamente, máis de moda. Con frecuencia escoitamos nos medios de comunicación noticias que falan de perdas para empresas discográficas ou de software ou de detencións relacionadas coa piratería. Os mozos, ademais, debido ao seu baixo poder adquisitivo, son persoas especialmente proclives a copiar música ou películas. Comentar na clase os prexuízos que se ocasionan ao actuar deste xeito, relacionándoos, sobre todo, cos autores do software ou os artistas.

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLANTratamento da información e competencia dixitalNa actualidade, a informática está moi ligada ás telecomunicacións. Os teléfonos móbiles poden conectarse a un ordenador, pódense empregar para enviar e recibir correo electrónico, para navegar por Internet, poden reproducir arquivos mp3 ou vídeos… Ao longo da unidade trabállanse estes contidos de maneira relacionada.

22

Page 23: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Competencia social e cidadáTal e como se comenta na unidade, a utilización do formato mp3 é completamente legal. Non obstante, a compresión de audio e vídeo, xunto coa expansión de Internet, serviu para que proliferen os sistemas P2P nos que os usuarios intercambian obras protexidas con dereitos de autor. Un dos propósitos da unidade é mostrarlles aos alumnos que, aínda no caso de non ser ilegal, este intercambio dificulta o labor de moitos artistas, sobre todo nos seus comezos.

Competencia para aprender a aprenderNo caso das novas tecnoloxías, a vontade de aprender e de perder o medo a «tocar os botóns» é de grande utilidade para fomentar a autoaprendizaxe. Os alumnos están, en xeral, habituados a manexar teléfonos móbiles, pero non pasa outro tanto con outros aparellos (receptores GPS etc.). Neste sentido, o coñecmento das funcións destes aparellos debe servir para aprender a manexalos e a obter o máximo rendemento.

23

Page 24: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Bloque 4. Control e robótica

MAPA DE CONTIDOS

OBXECTIVOS• Coñecer os distintos elementos que forman un sistema de control

automático.

• Describir as características xerais e o funcionamento dun robot.

• Describir o papel e o funcionamento dun sensor e coñecer as características dos principais tipos de sensores.

• Saber a función que ten a realimentación nos sistemas de control automático.

• Coñecer diversas aplicacións dos robots na industria e explica algunhas das vantaxes dos robots fronte a mecanismos automáticos, por exemplo.

• Saber deseñar e construír un robot sinxelo con varios sensores.

24

Page 25: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Aprender a ensamblar a mecánica e a electrónica nun proxecto, de maneira que un motor determinado sexa capaz de mover a estrutura elixida como soporte para un robot.

CONTIDOS

Conceptos

• A orixe dos robots.

• Automatismos.

• Sistemas de control. Tipos de sistemas de control: en lazo aberto e en lazo pechado.

• Elementos dun sistema de control en lazo pechado.

• Robots. Compoñentes dun robot. O movemento de robots.

• Deseño e construción de robots non-programables. Electrónica, mecánica.

• Compoñentes que incorporan robots sinxelos: motores, transistores, sensores, díodos.

Procedementos, destrezas e habilidades

• Analizar o funcionamento dun sistema de control en lazo aberto e en lazo pechado.

• Deseñar e construír circuítos eléctricos e electrónicos.

• Deseñar e construír diferentes robots non-programables, incorporando sensores e motores.

• Identificar os compoñentes necesarios para construír robots que cumpren unha determinada función. Por exemplo, robots que perseguen luz, que non caen dunha mesa ou que non chocan contra unha parede.

Actitudes

• Interese por coñecer as aplicacións dos robots na industria.

• Valoración das vantaxes e inconvenientes da introdución dos robots na industria.

• Gusto polo rigor á hora de desenvolver proxectos.

• Recoñecemento das achegas de todos os membros cando se traballa en equipo.

EDUCACIÓN EN VALORES1. Tecnoloxía e sociedade

25

Page 26: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

O desenvolvemento da robótica e a incorporación de sistemas automáticos de forma xeneralizada na industria modificaron notablemente moitos sectores laborais, en particular aqueles nos que se levan a cabo tarefas repetitivas de maneira continuada: cadeas de montaxe etc. A incorporación deste tipo de sistemas diminúe os tempos de fabricación, aumentando de forma significativa la produtividade. Isto implica a eliminación de certos postos de traballo. Pero, por outro lado, é importante facerlles notar aos alumnos que aparecen novas profesións, máis especializadas. Non cabe dúbida de que son múltiples as vantaxes que achega a utilización de robots en traballos repetitivos e tediosos ou en actividades perigosas para as persoas. Mesmo, en ocasións, as máquinas son capaces de realizar tarefas que doutro modo resultaría imposible levar a cabo, o que sen dúbida proporciona un beneficio para a nosa sociedade.Podemos poñerlles aos alumnos algúns exemplos:

• Exploración espacial. Por exemplo, os vehículos que percorreron a superficie do planeta Marte.

• Exploración submarina. Por exemplo, robots empregados tras catástrofes ecolóxicas no mar.

• Desactivación de artefactos explosivos. Neste caso empréganse robots, co que se lle engade seguridade ao traballo de moitas persoas.

• Desenvolvemento de tarefas de precisión na industria. Por exemplo, á hora de deseñar circuítos integrados que inclúen millóns de compoñentes nun espazo moi reducido. A precisión requirida durante a fabricación, xunto co pequeno espazo no que se integran os compoñentes, fan que determinados procesos só poidan ser executados por robots.

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLANCompetencia en comunicación lingüísticaAo longo da unidade, tal e como ocorre nas unidades de electrónica, aparecen numerosos esquemas que nos permiten interpretan o funcionamento dos circuítos que incorporan os robots. O seguimento das normas de rotulación etc., á hora de elaborar esquemas redunda nunha perfecta comunicación entre o autor do esquema e a persoa que constrúe o circuíto e o monta nun robot.

Competencia social e cidadá

26

Page 27: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Á hora de construír os robots presentados na unidade será necesario traballar en equipo. Neste momento os alumnos e as alumnas deberán asimilar diferentes tarefas. Ademais, o traballo en equipo permitirá a cooperación mutua de cara a conseguir un obxectivo común.

Competencia cultural e artísticaO deseño dos robots propostos na unidade non debe entenderse como unha tarefa pechada. Seguramente moitos alumnos desexarán incorporar elementos de adorno; quererán «tunear» os seus robots. Ningún problema. Ao estudar a unidade destácase a funcionalidade dos robots; o deseño é libre.

Autonomía e iniciativa persoalA ensamblaxe de diferentes sensores e motores abre a posibilidade de realizar novos deseños de robots con diferentes funcionalidades. Ao longo do proceso de deseño os estudantes poderán realizar melloras nos robots ou complementalos con algunha función extra: unha luz que se acende cando o motor xira para atrás, por exemplo; hai moitas opcións posibles.

27

Page 28: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Bloque 5. Control por ordenador

MAPA DE CONTIDOS

OBXECTIVOS• Coñecer o funcionamento e utilizar unha tarxeta controladora.

• Aprender a utilizar os diagramas de fluxo ao realizar tarefas de programación.

• Introducir o concepto de controladora.

• Mostrar cales son as principais controladoras dispoñibles na aula de Tecnoloxía e no ámbito educativo.

• Mostrar as conexións básicas.

28

Page 29: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Coñecer as interfaces dalgunha das controladoras empregadas no taller de tecnoloxía.

• Coñecer os fundamentos básicos da linguaxe LOGO.

• Presentar o diagrama de bloques dun sistema de control por ordenador.

• Revisar o concepto de sinal analóxico e de sinal dixital.

• Mostrar as accións básicas que poden realizarse cun control de ordenador: accionamento de interruptores e motores, captación de sinais de sensores.

• Presentar un sistema sinxelo de control por ordenador.

CONTIDOS

Conceptos

• Control por ordenador.

• Controladoras e interfaces de control.

• Dispositivos de entrada-saída de control.

• Tipos de controladoras.

• Codificación de programas en BASIC.

• Codificación de programas en MSWLogo.

• Interfaces de control e programación.

• Diagramas de fluxo.

Procedementos, destrezas e habilidades

• Utilizar a tarxeta controladora.

• Interpretar e elaborar diagramas de fluxo.

• Deseñar programas para controlar as entradas e saídas dixitais dunha controladora.

• Utilizar unha controladora para regular o funcionamento de circuítos eléctricos coa axuda dun ordenador.

• Interpretar programas sinxelos escritos en MSW Logo.

• Elaborar programas sinxelos en linguaxe LOGO e utilizalos deseguido para o control de sistemas.

• Elaborar programas sinxelos en linguaxe BASIC.

• Deseñar e construír unha casa intelixente con distintos tipos de sensores:

– Luz.– Temperatura.

29

Page 30: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Actitudes

• Gusto pola orde e a limpeza na elaboración de debuxos e esquemas.

• Valorar positivamente o impacto que pode supoñer na vida cotiá, en particular no fogar, a adopción de automatismos e o control remoto por ordenador.

• Apreciar o traballo complexo e planificado que esixe a montaxe de sistemas de control.

• Interese por abordar problemas que, a priori, poden parecer difíciles de solucionar.

• Interese por abordar traballos en grupo.

EDUCACIÓN EN VALORESEducación ambientalO control automático nas vivendas, ou domótica, pode ter consecuencias interesantes desde o punto de vista ambiental. Neste sentido poden aproveitarse sensores e mecanismos como os propostos no proxecto desta unidade para non malgastar enerxía, como o é quentar en exceso unha vivenda ou utilizar o aire acondicionado mentres as xanelas están abertas.Outros exemplos para optimizar o consumo de enerxía son os sensores de luz que apagan e acenden as luces automaticamente, mantendo incluso a escuras unha estancia se non hai ninguén nela.

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLANAutonomía e iniciativa persoalMoitos alumnos enfróntanse a unha tarefa nova: utilizar unha controladora e programala para controlar as accións que leva a cabo un circuíto eléctrico. Os diferentes procedementos propostos ao longo da unidade pretenden que o alumno aborde estas novas tarefas sen medo a equivocarse (sempre, loxicamente, co apoio do profesor).

Competencia social e cidadáO traballo en grupo é esencial na sociedade moderna, sobre todo á hora de deseñar e montar novos proxectos, moitos deles relacionados coas tarefas que aparecen nesta unidade. Co traballo en equipo foméntase o compromiso por realizar unha tarefa (non lles podo fallar aos meus colegas) ou o respecto polas opinións e os gustos dos outros.Ademais, dado que sempre haberá alumnos máis avantaxados, este traballo en equipo debe ter tamén unha función de apoio para aqueles alumnos que presentan máis dificultades á hora de levar a cabo as tarefas propostas.

30

Page 31: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Tratamento da información e competencia dixitalOs alumnos constatarán a importancia da programación no control automático. Verán que con non demasiado esforzo e poucos medios é posible controlar de maneira automática o acendido e o apagado de diversos sistemas electrónicos.

Bloque 6. Pneumática e hidráulica

31

Page 32: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

MAPA DE CONTIDOS

OBXECTIVOS• Coñecer cales son os principais elementos que forman os circuítos

pneumáticos e hidráulicos.

• Saber como funcionan os circuítos pneumáticos e hidráulicos e identificar as súas vantaxes.

• Coñecer a existencia de software empregado para simular circuítos pneumáticos e hidráulicos.

• Aprender a manexar algunha aplicación que permite deseñar e simular o comportamento de circuítos pneumáticos e hidráulicos.

32

Page 33: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Coñecer as principais aplicacións dos circuítos pneumáticos e hidráulicos.

• Identificar dispositivos pneumáticos e hidráulicos no contorno inmediato.

• Coñecer os principios físicos que rexen o funcionamento de circuítos pneumáticos e hidráulicos.

CONTIDOS

Conceptos

• Fundamentos da pneumática. Circuítos pneumáticos.

• Magnitudes útiles en pneumática.

• Elementos que compoñen un circuíto pneumático. Simboloxía.

• Estrutura xeral dos sistemas pneumáticos.

• Fundamentos da hidráulica. Circuítos hidráulicos.

• Principio de Pascal.

• Lei de continuidade.

• Elementos que compoñen un circuíto hidráulico. Simboloxía.

• Estrutura xeral dos sistemas hidráulicos.

• Diagramas de estado.

Procedementos, destrezas e habilidades

• Identificar os elementos que configuran un circuíto pneumático.

• Describir a función que cumpre cada un dos compoñentes dun circuíto pneumático ou hidráulico.

• Interpretar símbolos e esquemas de circuítos pneumáticos.

• Elaborar simulacións sobre pneumática e hidráulica mediante o software adecuado.

• Deseñar un circuíto pneumático co obxectivo de abrir e de pechar un portón.

Actitudes

• Gusto pola orde e a limpeza na elaboración de debuxos e esquemas.

• Interese por coñecer o funcionamento dos sistemas pneumáticos e hidráulicos e as súas aplicacións.

• Valoración da importancia dos sistemas pneumáticos e hidráulicos na nosa sociedade.

33

Page 34: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

EDUCACIÓN EN VALORES1. Educación ambientalUnha das principais vantaxes que presentan os sistemas pneumáticos fronte a outro tipo de sistemas é que non contaminan, co cal a súa utilización contribúe á protección do medio natural, algo que debe terse moi en conta na sociedade actual.Polo tanto, é moi interesante substituír os sistemas tradicionais que utilizan fontes de enerxía contaminantes por este tipo de sistemas «ecolóxicos». Ademais, son relativamente económicos, pois utilizan un recurso gratuíto e inesgotable como é o aire. De feito, hai vehículos que funcionan con aire comprimido.2. Tecnología e sociedadeA utilización de sistemas pneumáticos e hidráulicos está cada vez máis estendida en multitude de aplicacións. Non obstante, aínda que se trata de sistemas sinxelos, o seu uso non se xeneralizou ata hai relativamente poucos anos, froito do desenvolvemento tecnolóxico acontecido durante o pasado século. Sen dúbida, na actualidade desempeñan un papel importante e constitúen unha mostra máis de como a tecnoloxía contribúe ao desenvolvemento da sociedade e a mellorar a vida das persoas mediante a utilización de máquinas e sistemas que realizan diversas funcións útiles.

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLANCompetencia en comunicación lingüísticaO traballo con esquemas é esencial na formación sobre pneumática e hidráulica, tal e como ocorría coa electrónica. É importante reflexionar sobre a importancia de representar adecuadamente as válvulas, cilindros etc., e o resto dos elementos dun circuíto pneumático ou hidráulico á hora de comunicarnos.

Tratamento da información e competencia dixitalA informática tamén se introduciu na pneumática e na hidráulica, como xa comprobamos nesta unidade mediante os simuladores de circuítos. Explicarlles aos alumnos que estas ferramentas se empregan tamén no ámbito profesional para o deseño de circuítos máis complexos.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físicoUnha das vantaxes dos circuítos pneumáticos e hidráulicos é que son puoco contaminantes. Neste sentido é destacable o vehículo que aparece na sección Recuncho da lectura, que funciona con aire comprimido.

34

Page 35: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Autonomía e iniciativa persoalComo noutros casos, a introdución de software de simulación proporciónalles aos alumnos autonomía durante a aprendizaxe.

Bloque 7. Instalacións

35

Page 36: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

MAPA DE CONTIDOS

OBXECTIVOS• Mostrar os elementos básicos que, dentro do fogar, forman as

instalacións eléctricas de auga, gas, calefacción e comunicacións.

• Describir os mecanismos limitadores e de control na electricidade do fogar.

• Describir as principais normas de seguridade para o uso do gas e da electricidade.

• Presentar os principais compoñentes das redes de distribución de auga, gas e electricidade.

• Mostrar as características básicas do proceso de combustión de gas.

• Transmitir as principais normas de aforro enerxético na calefacción e examinar os principais elementos de perda de calor nunha casa.

36

Page 37: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Coñecer os distintos tipos de sinais que permiten a comunicación do fogar cara a e desde o exterior.

• Familiarizar os alumnos con procedementos sinxelos de detección de avarías e de pequenas reparacións que non necesitan, polo xeral, dun profesional.

CONTIDOS

Conceptos

• Electricidade na casa.

• Fase, neutro e terra. Cadro de protección.

– Interruptor de control de potencia (ICP).– Interruptor xeral automático (IGA).– Diferencial e interruptor automático (IA).

• Rede de distribución da auga: potabilizadoras e depuradoras.

• Elementos propios das diferentes redes: electricidade, auga e gas.

• Gasoduto, bombona e GLP.

• Confort térmico, perdas de calor e conservación enerxética.

• As comunicacións. Módem e descodificador.

• Arquitectura bioclimática.

Procedementos, destrezas e habilidades

• Saber actuar no caso dunha emerxencia eléctrica.

• Seguir unhas pautas mínimas de seguridade no manexo de aparellos eléctricos e de instalacións de gas.

• Diferenciar os elementos básicos das instalacións dun fogar.

• Realizar diagnósticos sinxelos da calidade das instalacións dun fogar.

Actitudes

• Presentar unha actitude de respecto ante a complexidade das redes de distribución e o enorme esforzo en infraestruturas que require a acometida dos distintos servizos de cada un dos nosos fogares.

• Mostrar unha actitude crítica ante as posibles fontes de malgasto enerxético existentes nun fogar, e concienciar da importancia de recortar o consumo mediante a eliminación desas perdas.

• Mostrar interese pola análise e a reparación de pequenas avarías no fogar.

37

Page 38: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Interese por coñecer as vantaxes da arquitectura bioclimática e a súa importancia de cara a afrontar os problemas ambientais que ameazan o noso planeta na actualidade.

EDUCACIÓN EN VALORES1. Educación para o consumoComentar os distintos prezos dos mesmos servizos segundo compañías distribuidoras diferentes. Criticar e analizar en detalle os servizos ofrecidos e os pagamentos requiridos. Insistir na necesidade de aforro enerxético e de auga.

2. Educación ambientalAlertar os alumnos e as alumnas do perigo que representa o consumo de electricidade e gas no fogar, xa que, aínda que son relativamente limpos para o seu uso doméstico, esixen centrais contaminantes no primeiro caso e o uso de recursos non-renovables, parcialmente no caso da electricidade e totalmente no caso do gas natural.

3. Educación para a pazConcienciar da enorme diferenza de consumo enerxético entre un país desenvolvido e un país en vías de desenvolvemento.

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLANCompetencia en comunicación lingüísticaNun recibo de auga, luz, gas, teléfono… veñen tantos apartados que moitas veces resulta imposible interpretar correctamente a factura. Nesta unidade móstranse diferentes exemplos de facturas sobre instalacións.

Competencia social e cidadáÁ hora de nos referirmos ás instalacións de auga, gas, electricidade…, debemos mencionar o consumo e o aforro. Realmente podemos aforrar moita enerxía mediante unha boa elección de electrodomésticos e as instalacións nunha vivenda. En moitos casos, tal e como se menciona nas últimas páxinas da unidade, este aforro non supón a eliminación de ningunha das comodidades das que gozamos nos nosos fogares; trátase, simplemente, de aproveitar ao máximo os recursos naturais (a luz natural) e reducir gastos innecesarios (aparellos en modo de espera, por exemplo).

Tratamento da información e da competencia dixital

38

Page 39: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

As novas tecnoloxías entraron tamén no fogar. Un exemplo, que se menciona na sección Recuncho da lectura, é a televisión dixital terrestre (TDT). O ano 2010 é a data correspondente á fin das emisións analóxicas. É hora, pois, de coñecer as características da transmisión dixital de televisión.

39

Page 40: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Bloque 8. Historia da tecnoloxía

MAPA DE CONTIDOS

OBXECTIVOS• Asociar a evolución das persoas coa continua busca de mellores

medios e de produtos técnicos.

• Entender a historia técnica das persoas como unha continua loita pola mellora e a adaptación ao seu contorno co fin de mellorar a súa calidade de vida.

40

Page 41: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Diferenciar cronoloxicamente os distintos períodos de evolución técnica, así como recoñecer as características e situacións dos mesmos.

• Asociar o impacto de grandes invencións coa aparición de novos períodos técnicos.

• Entender as necesidades orixinais en cada período técnico e saber argumentar os factores que propiciaron estes cambios.

• Coñecer os principais fitos tecnolóxicos da historia.

• Aprender a relacionar inventos clave coa nosa actividade diaria.

CONTIDOS

Conceptos

• Fitos técnicos na historia do ser humano. Os períodos da historia desde o punto de vista tecnolóxico.

• A Prehistoria. O descubrimento do lume. Cronoloxía da ciencia e da técnica neste período.

• A Idade Antiga. O aproveitamento da roda. Cronoloxía da ciencia e a técnica neste período.

• A Idade Media. A imprenta. Cronoloxía da ciencia e da técnica neste período.

• Os séculos XX e XXI. O ordenador persoal e Internet. Cronoloxía da ciencia e da técnica nese período.

• O impacto social da tecnoloxía: revolución industrial e revolución electrónica.

• Cronoloxía de inventos «modernos»: da máquina de vapor ao DVD.

Procedementos, destrezas e habilidades

• Interpretar esquemas, táboas e liñas cronolóxicas que mostran a aparición de novos obxectos ou invencións.

• Analizar e comparar obxectos antigos cos mesmos obxectos evolucionados no tempo.

Actitudes

• Actitude crítica ante o impacto social e ambiental debido á actividade industrial do ser humano.

• Asociación da idea de que unha evolución técnica equilibrada co contorno do ser humano mellora as súas condicións de vida.

EDUCACIÓN EN VALORES1. Educación para a convivencia.

41

Page 42: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

A historia revélanos multitude de exemplos de discriminación por razóns de sexo, clase social, raza…, e aínda hoxe en día estes exemplos seguen a repetirse. Respecto aos comportamentos da sociedade actual, convén incidir na detección daqueles aspectos que poidan povocar inxustizas. Polo tanto, nesta unidade débese impulsar a consolidación de formas de vida máis xustas mediante o avance dos medios ao alcance das persoas, así como a potenciación da tolerancia e o respecto polas diferenzas individuais que teñen a súa orixe en características corporais, diferenzas físicas, formas de vida etc.Débese incidir tamén en aspectos como o interese por estar ben informado, de forma que se manteña unha actitude crítica ante as necesidades de consumo que a industria xera. Por outra parte, débese mantener en todo momento unha postura crítica fronte á división social e sexual no traballo e nas diversas profesións, e tolerar e valorar positivamente calquera tipo de diversidade de opinión ante cuestións tanto técnicas coma relativas ao mundo actual.

2. Educación ambiental.Un dos inconvenientes do desenvolvemento tecnolóxico é a contaminación ambiental. Ademais, para moitas persoas a contaminación é algo ligado á ciencia e á tecnoloxía. Non lles falta razón. Desde a primeira revolución industrial, provocada pola aparición da máquina de vapor, ata os nosos días, os danos causados a bosques, montañas, lagos etc., non deixaron de aumentar. Soamente desde hai unhas décadas se lle presta certa atención desde as administracións, os medios de comunicación e o público en xeral aos danos ambientais causados por determinadas actividades industriais.Pero a contaminación segue en aumento, incluso en países en vías de desenvolvemento que, economicamente, non lle poden dedicar moitos recursos para lograr un desenvolvemento sostible, en harmonía coa natureza.

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLANCompetencia en comunicación lingüísticaA diferenza básica entre as persoas e algunhas especies de animais é a linguaxe. Neste sentido, a ilustración inicial de escritura xeroglífica debe servir para mostrar a importancia da comunicación de cara ao avance tecnolóxico. Se non somos capaces de transmitir os nosos coñecementos, o avance será moitísimo máis lento.

Tratamento da información e competencia dixitalNa últimas décadas, os avances en computación e en comunicacións transformaron o mundo no que vivimos, tal e como sucedeu coa aparición da máquina de vapor hai uns séculos.

42

Page 43: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Os cidadáns do século XXI deben estar preparados para aproveitar estes avances.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físicoOs avances tecnolóxicos tiveron un prezo para a humanidade: o noso planeta estase a contaminar, sobre todo debido ás actividades humanas. A obtención de enerxía, o transporte, a industria… xeran residuos que alteran a composición do solo, da auga ou da atmosfera.Os avances tecnolóxicos deben ir encamiñados, pois, a mellorar a eficiencia dos dispositivos contaminantes, ao deseño de filtros e de máis medidas que reduzan a contaminación e á creación de novas técnicas que nos permitan gozar dos avances tecnolóxicos sen estragar o planeta.

Competencia para aprender a aprenderA tecnoloxía é unha rama do saber en constante evolución. Moitas destas ramas, como a computación ou as comunicacións, están nunha fase de continuo desenvolvemento, con avances notables en períodos de anos ou incluso meses. Neste sentido, o cidadán moderno debe ser capaz de adquirir coñecementos en por si. Internet é o máximo expoñente das posibilidades modernas neste sentido, con enormes cantidades de información.

Temporalización:1ª avaliación: bloques1-2-3

2ª avaliación: bloques 4-5-63ª avaliación: bloques: 7-8

4 Criterios de avaliación.

Criterios de avaliación en 2º e 3º da ESO .

1. Resolver problemas tecnolóxicos identificando os condicionantes, empregando os coñecementos precisos, propoñendo solucións variadas e desenvolvendo a máis axeitada nun contexto de traballo colectivo, e empregando adecuadamente os recursos de expresión e comunicación.Con este criterio trátase de avaliar o coñecemento do alumnado sobre a actividade técnica. Esta capacidade concrétase na elaboración dun plan de traballo para executar un proxecto técnico: conxunto de documentos cunha orde lóxica de operacións, coa previsión de tempos e de recursos materiais, con debuxos, cálculos numéricos, orzamento, listaxes de pezas e explicacións. Avaliarase a cooperación e o traballo en equipo nun clima de tolerancia cara ás ideas e opinións doutras persoas. Débese

43

Page 44: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

valorar, así mesmo, o emprego dun vocabulario específico e de modos de expresión tecnicamente apropiados.

2. Realizar as operacións técnicas previstas nun plan de traballo utilizando os recursos materiais e organizativos con criterios de economía, seguridade e respecto ao ambiente e valorando as condicións do contorno de traballo.Preténdese avaliar a capacidade de construción do alumnado, seguindo a orde marcada no plan de traballo. As pautas para acadar o grao de desenvolvemento fixado son: o coidado no uso de ferramentas, de máquinas e de instrumentos, o aproveitamento de materiais, o uso de elementos reciclados e o traballo respectando as normas de seguridade e saúde. O grao de acabamento debe manterse dentro de marxes dimensionais e estéticas aceptables.

3. Identificar e conectar compoñentes físicos dun ordenador e outros dispositivos periféricos e explicar o seu funcionamento. Manexar o contorno gráfico dos sistemas operativos como interface de comunicación coa máquina.Búscase valorar a adquisición das habilidades necesarias para administrar un sistema informático persoal. As alumnas e os alumnos han ser capaces de conectar dispositivos externos e interconectalos con outros sistemas, personalizar os contornos gráficos, xestionar os diferentes tipos de documentos almacenando e recuperando a información en diferentes soportes. Deberán, así mesmo, realizar as tarefas básicas de instalación de aplicacións, mantemento e actualización que manteñan o sistema nun nivel de seguridade e rendemento.

4. Describir propiedades básicas de materiais técnicos e as súas variedades comerciais: madeira, metais, materiais plásticos, cerámicos e pétreos. Identificalos en aplicacións comúns e empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabado.Con este criterio búscase avaliar o grao de coñecemento das propiedades mecánicas, eléctricas e térmicas dos materiais empregados nos proxectos. Relacionar estas propiedades coa aplicación de cada material na fabricación de obxectos comúns, así como coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas de conformación, unión e acabamento empregadas no seu proceso construtivo, mantendo criterios de tolerancia dimensional e seguridade.

5. Representar mediante vistas e perspectivasobxectos e sistemas técnicos sinxelos, aplicando criterios de normalización.

Trátase de valorar a capacidade dos alumnos e das alumnas para representar obxectos e sistemas técnicos en proxección diédrica -alzado, planta e perfil, así como, a obtención da súa perspectiva-, como ferramenta no desenvolvemento de proxectos técnicos. Preténdese avaliar a adquisición de destrezas para a súa realización tanto a man alzada, como mediante instrumentos de debuxo e aplicacións de deseño gráfico por ordenador. Para iso deberán seguirse os criterios normalizados de acoutamento e escala.

6. Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual e gráfica.Preténdense avaliar as habilidades básicas para a realización de documentos que integren información textual, imaxes e gráficos utilizando, por exemplo, follas de cálculo e procesadores de texto. Para logralo aplicaranse os procedementos e

44

Page 45: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

funcionalidades propias de cada aplicación para obter documentos progresivamente máis complexos e de maior perfección en canto á estruturación e presentación, almacenándoos en soportes físicos locais e remotos.

7. Analizar e describir nas estruturas do contorno os elementos resistentes e os esforzos aos que están sometidos.Trátase de comprobar se o alumnado é quen de comprender a función dos elementos que constitúen as estruturas -trabes, piares, zapatas, tensores, arcos- e identificar os esforzos aos que están sometidos -tracción, compresión e flexión- valorando o efecto destes esforzos sobre os elementos estruturais dos prototipos fabricados na aula obradoiro.

8. Identificar, manexar e aplicar operadores mecánicos encargados da transformación e transmisión de movementos para deseñar obxectos técnicos, explicando o funcionamento dos operadores no conxunto e, se é o caso, calcular as relacións de transmisión. . Preténdese avaliar o coñecemento dos movementos empregados en máquinas: rectilíneo, circular e de vaivén. Coñecer os mecanismos de transformación e transmisión de movementos, así como a súa función dentro do conxunto da máquina. O alumnado debe ser capaz de aplicar estes coñecementos para construír maquetas con diferentes operadores mecánicos e de realizar cálculos para determinar a relación de transmisión en sistemas de poleas e engrenaxes.

9. Deseñar e simular circuítos coa simboloxía adecuada e montar circuítos formados por operadores elementais, nos que se empreguen os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de conversión noutras manifestacións enerxéticas, utilizando correctamente instrumentos de medida de magnitudes eléctricas básicas.A finalidade deste criterio é a de comprobar se as alumnas e os alumnos son conscientes da importancia da enerxía eléctrica no ámbito doméstico e industrial, así como valorar o grao de coñecemento e habilidade para deseñar e construír circuítos eléctricos. O alumnado debe adquirir destrezas no manexo do polímetro. Isto implica determinar tensión, corrente, resistencia, potencia e enerxía eléctrica, empregando os conceptos e principios de medida e cálculo de magnitudes.

10. Acceder á internet para a utilización de servizos básicos: navegación para a localización de información, correo electrónico, comunicación no grupo e publicación de información.

Perséguese valorar o grao de coñecemento dos conceptose da terminoloxía referidos á navegación polainternet e a utilización eficiente dos buscadores paraafianzar técnicas que lles permitan a identificación deobxectivos de busca, a localización de informaciónrelevante, o seu almacenamento, a creación de colecciónsde referencias de interese e a utilización de xestoresde correo electrónico e ferramentas deseñadaspara a comunicación de grupo.

Criterios de avaliación en 4º da ESO .

Bloque 1. ElectrónicaA- Explicar o funcionamento dun circuíto electrónico e distinguir os seus compoñentes.

45

Page 46: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

B- Explicar con claridade o fenómeno de carga e descarga dun condensador.C- Deseñar circuitos sinxelos de control mediante relés.D- Coñecer o transistor, o seu funcionamento e analizar a evolución de circuítos con transistores.E- Montar circuítos con motores, condensadores e relés.F- Montar circuítos con transistores e díodos.

Bloque 2. Electrónica dixital

A- Describir o funcionamento de circuítos electrónicos nos que se introducen portas lóxicas.B- Identificar a porta lóxica necesaria para cumprir unha función nun circuíto.C- Elaborar táboas de verdade identificando sensores con variables booleanas e actuadores con funcións.D- Obter a primeira forma canónica a partir dunha táboa de verdade.E- Explicar a importancia dos drivers ou buffers nun circuíto.F- Explicar o proceso de fabricación de circuítos integrados.G- Explicar a evolución dos circuítos integrados e a súa influencia en todos os ámbitos da sociedade.H- Deseñar circuítos con portas lóxicas que cumpran unha determinada función.I- Explicar a utilidade da lóxica dixital no caso de situacións complexas, fronte ás situacións máis sinxelas, nas que é máis interesante a utilización de circuítos eléctricos «convencionais».

Bloque 3. Tecnoloxía da comunicación

A- Describir esquematicamente os sistemas de telefonía con fíos, radio e televisión e explicar o seu funcionamento.

B- Interpretar esquemas nos que aparece a maneira de transmitir a comunicación en sistemas de telefonía, radio ou televisión.

C- Explicar como se transmite a información nos sistemas de comunicación sen fíos.

D- Explicar como se leva a cabo a comunicación vía radio, televisión e teléfono.

E- Explicar a diferenza entre os distintos receptores de teléfono empregados na actualidade: fixos, sen fíos ou móbiles.

F- Destacar as vantaxes e os inconvenientes dos distintos medios de comunicación actuais.

Bloque 4. Control e robótica

46

Page 47: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

A- Explicar o funcionamento dun sistema de control de lazo pechado.B- Elaborar esquemas que mostren o funcionamento dun sistema de control automático, explicando ademais a súa función.C- Explicar o funcionamento básico dos elementos que compoñen a electrónica dun robot.D- Comprender o funcionamento dos principais tipos de sensores.

• De luz. • De temperatura. • De contacto.E- Coñecer as técnicas básicas empregadas na construción de robots non-programables.F- Analizar circuítos electrónicos que describen o funcionamento dun robot non-programable.G- Deseñar e construír un robot sinxelo dotado de varios sensores.H- Modificar o deseño dun robot co obxectivo de cambiar a súa resposta fronte a determinados estímulos.I- Diferenciar os compoñentes dun robot e describir as súas principais características, ademais de diferenciar a función de cada elemento.J- Valorar adecuadamente as implicacións sociais da utilización de todo tipo de robots na industria.

Bloque 5. Control por ordenador

A-Distinguir os principais elementos de entrada e saída dun sistema de control.

B- Describir as características dunha controladora e prestarlles especial atención ás súas saídas e entradas, tanto analóxicas coma dixitais.

C-Utilizar a controladora para examinar o funcionamento dun sistema a través do ordenador.

D-Elaborar procedementos sinxelos de control en linguaxe LOGO.E- Elaborar diagramas de fluxo.F- Elaborar programas que controlen as entradas e saídas dunha

controladora.G-Manexar sinxelos circuítos electrónicos a partir dun ordenador e

unha controladora.

Bloque 6. Pneumática e hidráulica

A-Describir a estrutura dun sistema pneumático.B- Describir a estrutura dun sistema hidráulico.C-Explicar a función de cada un dos elementos que constitúen un

circuíto pneumático.

47

Page 48: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

D-Explicar a función de cada un dos elementos que constitúen un circuíto hidráulico.

E- Elaborar e interpretar circuítos pneumáticos e hidráulicos mediante a simboloxía adecuada.

F- Utilizar software de simulación de pneumática e hidráulica para elaborar sinxelos circuítos con compresores, cilindros, válvulas etc.

Bloque 7. Instalacións

A- Enumerar os principais elementos das instalacións de auga, gas, electricidade, calefacción e comunicacións.

B- Describir as funcións dos principais elementos das instalacións de auga, gas, electricidade, calefacción e comunicacións.

C- Describir a estrutura e os principais elementos das redes de distribución de auga e electricidade.

D- Coñecer as principais normas de seguridade no uso de aparellos eléctricos e de gas.

E- Coñecer as regras de conservación enerxética calorífica nun fogar.F- Enumerar as vantaxes da arquitectura bioclimática.

Bloque 8. Historia da tecnoloxía

A-Relacionar a evolución da tecnoloxía coa historia da humanidade.B- Identificar os principais avances técnicos ocorridos ao longo da

historia.C-Explicar cales foron as consecuencias sociais e económicas

derivadas da aparición dalgúns inventos clave: a máquina de vapor, o ordenador persoal, o automóbil ou Internet, por exemplo.

D-Explicar cales son os problemas ambientais derivados da actividade tecnolóxica. Clasificalos tendo en conta:

• Problemas globais do planeta.

• Problemas nacionais.

• Problemas locais.

E- Relacionar inventos clave coa nosa actividade cotiá.

5 Criterios de avaliación de acordo coas competencias básicas.

- Avaliación da competencia de interacción no medio físico,

48

Page 49: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Analizar as destrezas técnicas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. A interacción cun contorno no que o tecnolóxico constitúe un elemento esencial, vese facilitada polo coñecemento e utilización do proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a necesidades, avaliando o proceso e os seus resultados.

coñecer como foron deseñados e construídos os elementos que os forman e a súa función no conxunto, facilitando o seu uso e a súa conservación

coñecer e a analizar a repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento de actitudes responsables de consumo racional.

- Avaliación da competencia da autonomía e iniciativa persoal

Identificar as diferentes fases do proceso: a formulación adecuada dos problemas; a presentación de ideas que se analizan desde distintos puntos de vista; a elección da máis adecuada; a planificación e execución do proxecto; a avaliación do seu desenvolvemento e do obxectivo alcanzado.

realizar propostas de mellora; ofrecendo oportunidades para o desenvolvemento de calidades persoais.

- Avaliación da competencia social e cidadá.

expresar e discutir adecuadamente ideas e razoamentos, escoitar ás outras persoas, abordar dificultades, xestionar conflitos e tomar decisións practicando o diálogo e a negociación, e adoptando actitudes de respecto e tolerancia cara ás súas compañeiras e aos seus compañeiros.

-Avaliación da competencia matemática.

Coñecer o uso instrumental de ferramentas matemáticas, na súa xusta dimensión e de maneira fortemente contextualizada, na medida na que proporciona situacións de aplicabilidade a diversos campos

Realizar con precisión a medición e o cálculo de magnitudes básicas, o uso de escalas, a lectura e interpretación de gráficos, a resolución de problemas baseados na aplicación de expresións matemáticas.

-Avaliación da competencia en comunicación lingüística

Coñecer e empregar vocabulario específico, que ten que utilizarse nos procesos de busca, análise, selección, resumo e comunicación de información.

-Avaliación da competencia de aprender a aprender

Coñecer e aplicar axeitadamente estratexias de resolución de problemas, reflexión sobre as relacións de causa-efecto, a contrastación nos procesos de experimentación e construción. Aplicar o estudo metódico de obxectos, sistemas ou contornos.

-Avaliación da competencia no tratamento da información e da competencia dixital Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía.

49

Page 50: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

Usar de forma axeitada as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de simulación de procesos tecnolóxicos

-Avaliación da competencia cultural e artística

Apreciar as manifestacións culturais que sempre incorporan elementos técnicos.

6 Mínimos esixibles para unha avaliación positiva.

Mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva en 2º da ESO

1- Describir propiedades básicas dos materiais: madeira, metais, . Identificalos en aplicacións comúns e empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabado.

2- Representar adecuadamente mediante vistas e perspectivasobxectos e sistemas técnicos sinxelos, aplicando criterios de normalización.3- Coñecer os tipos de esforzos , tipos de estructuras e elementos das estructuras.4- Coñecer os impactos ambientais dos materiais.5- Coñecer as formas de traballo coa madeira e os metais. Empreñar as normas de

seguridade6- Coñecer as principais magnitudes eléctricas, as súas unidades, relacións entre elas, e

aparellos de medidas.7- Coñecer e saber montar os circuitos electricos elementais, asi como coñecer a

simboloxía básica.8- Identificar e conectar compoñentes físicos dun ordenador e outros dispositivos

periféricos e explicar o seu funcionamento. Manexar o contorno gráfico dos sistemas operativos

9- Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual e gráfica

Mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva en 3º da ESO

1- Identificar e conectar compoñentes físicos dun ordenador e outros dispositivos periféricos e explicar o seu funcionamento. Manexar o contorno gráfico dos sistemas operativos como interface de comunicación coa máquina.

2- Describir propiedades básicas de materiais técnicos e as súas variedades comerciais: madeira, metais, materiais plásticos, cerámicos e pétreos. Identificalos en aplicacións comúns e coñecer técnicas básicas de conformación, unión e acabado.

3- Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual e gráfica.

50

Page 51: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

4- Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual e gráfica.

5- Identificar os esforzos aos que están sometidos as estructuras-tracción, compresión e flexión- valorando o efecto destes esforzos sobre os elementos estruturais.

6- Identificar, manexar e aplicar operadores mecánicos encargados da transformación e transmisión de movementos para deseñar obxectos técnicos, explicando o funcionamento dos operadores no conxunto e, se é o caso, calcular as relacións de transmisión.

7- Acceder á internet para a utilización de servizos básicos: navegación para a localización de información, correo electrónico, comunicación no grupo.

8- Coñecer as magnitudes eléctricas fundamentais, as súas unidades e relacións entre ellas.

9- Coñecer os circuitos eléctricos fundamentais e calcular neles as principais magnitudes en distintos puntos dos circuitos.

Mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva en 3º PDC da ESO

1- Identificar e conectar compoñentes físicos dun ordenador e outros dispositivos periféricos e explicar o seu funcionamento. Manexar o contorno gráfico dos sistemas operativos como interface de comunicación coa máquina.

2- Describir propiedades básicas de materiais técnicos e as súas variedades comerciais: madeira, metais, materiais plásticos, cerámicos e pétreos. Identificalos en aplicacións comúns.

3- Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual .

4- Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual e gráfica.

5- Identificar os esforzos aos que están sometidos as estructuras-tracción, compresión e flexión- valorando o efecto destes esforzos sobre os elementos estruturais.

6- Identificar, operadores mecánicos encargados da transformación e transmisión de movementos para deseñar obxectos técnicos, explicando o funcionamento dos operadores no conxunto e, se é o caso, calcular as relacións de transmisión.

7- Acceder á internet para a utilización de servizos básicos: navegación para a localización de información, correo electrónico, comunicación no grupo.

8- Coñecer as magnitudes eléctricas fundamentais, as súas unidades e relacións entre elas.

51

Page 52: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

9- Coñecer os circuitos eléctricos fundamentais e calcular neles as principais magnitudes en distintos puntos dos circuitos.

Mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva en 4º da ESO

1- Analizar esquemas de circuítos electrónicos, pneumáticos ou hidráulicos para describir o seu funcionamento, os seus compoñentes elementais e os principios físicos nos que se basean e realizar a montaxe de circuitos.

2- Realizar operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole, relacionar formulacións lóxicas con procesos técnicos e resolver mediante portas lóxicas problemas tecnolóxicos sinxelos.

3- Coñecer as principais aplicacións das tecnoloxías electrónica, hidráulica e pneumática e identificar e describir as características e o funcionamento deste tipo de sistemas. Utilizar con soltura a simboloxía e a nomenclatura necesaria para representar circuítos coa finalidade de deseñar e construír un circuíto ou mecanismo capaz de resolver un problema cotián, utilizando enerxía eléctrica, hidráulica ou pneumática.Hase avaliar a capacidade para deseñar e construír sistemas electrónicos.

4- coñecer os diferentes medios de transmisión de información e as súas características, tipos de sinais, elementos e procesos de transmisión, transformación e protección da información.

5- Desenvolver un programa para controlar un sistema automático sencillo.

7 Metodoloxía didáctica.7.1 Metodoloxía específica da área das tecnoloxías.

O proceso de ensiñanza-aprendizaxe entendemos que debe cumprir os seguientes requisitos:

• Partir do nivel de desenrolo do alumnado e dos seus aprendizaxes previos.

• Asegurar a construcción de aprendizaxes significativos a través da movilización dos seus coñocementos previos e da memorización comprensiva.

• Posibilitar que os alumnos e as alumnas realicen aprendizaxes significativos por sí solos.

52

Page 53: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

• Favorecer situacions nas que os alumnos e alumnas deben actualizar os seus coñecementos.

• Proporcionar situacions de aprendizaxe que teñen sentido para os alumnos e alumnas, co fin de que resulten motivadoras.

En coherencia co exposto, os principios que orientan a nosa práctica educativa son os seguintes:

• Metodoloxía activa.Supon atender a aspectos íntimamente relacionados, referidos ao clima de participación e integración d0 alumnado no proceso de aprendizaxe:

- Integración activa dos alumnos e alumnas na dinámica xenral da aula e na adquisición e configuración das aprendizaxes.

- Participación no diseño e desenrolo do proceso de ensinanza/aprendizaxe.

• Motivación.Consideramos fundamental partir dos intereses, demandas, necesidades e expectativas dos alumnos e alumnas. Tamén será importante arbitrar dinámicas que fomenten o traballo en grupo.

• Atención a diversidade do alumnado.A nosa intervención educativa cos alumnos e alumnas asume como un dos seus principios básicos ter en conta os seus diferentes ritmos de aprendizaxe, así como os seus distintos intereses e motivacions.

• Evaluación do proceso educativo.A avaliación concibese dunha forma holística, e decir, analiza todos os aspectos do proceso educativo e permite a retroalimentación, a aportación de informacions precisas que permiten reestructurar a actividade no seu conxunto.

O diseño das actividades constitue un dos factores de maior relevancia na actuación do profesorado no proceso de ensinanza-aprendizaxe. E necesario para facilitar o proceso diseñar actividades que poidan cumplir unha función de diagnóstico, de reforzo e ampliación, de resumen, da avaliación e do desenrolo e aprendizaxe. Ditas actividades deben cumprir os seguintes criterios básicos:

– Permitir que o alumno/a aprecie o seu grado inicial de competencia nos contidos de aprendizaxe.

– Facilitar a autorregulación do ritmo de execución e aprendizaxe como tratamento específico da diversidade dos alumnos.

– Presentar unha coherencia interna capaz de ser apreciada polo alumno.– Posibilitar que o alumno poida construir novos aprendizaxes sobre a base ou

superación dos seus coñecementos previos. – Desenrolar os distintos tipos de contidos da área dunha maneira interrelacionada.– Agrupar aos alumnos de múltiples formas que faciliten o traballo cooperativo.

53

Page 54: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

– Implicar a posibilidade de disfrutar aprendendo con aprendizaxes funcionais que sean motivantes para os alumnos.

– Familiarizar o alumno co entorno da área, cos espacios e materiales propios das actividades tecnolóxicas, e promover o seu uso adecuado.

• Organización do traballo.

O traballo cos alumnos e alumnas estructurase en duas fases sucesivas:

Información

No noso Proxecto intentamos que os conceptos, procedementos e actitudes surxan dun contexto: o entorno. Os contidos organizanse ao redor de obxetos directamente observables polos alumnos, existente no entorno (como as instalacions dunha vivenda) o relacionado coas actividades cotidias das persoas (como o traballo con ordenadores).

Práctica

A segunda parte centrase en conceptos correspondentes aos diferentes bloques do currículo, podendo intercalar diversas actividades e/ou proxectos.

7.2 Materiais curriculares.En 2º ESO empregase como libro de referencia o libro de texto :

Tecnologías 2 ESO Serie Resorte, Editorial Santillana, ISBN: 978-84-294-5489-5

En 3º ESO empregase como libro de referencia o libro de texto : Tecnologías 3 ESO , Editorial Santillana, ISBN: 978-84-294-3957-1

En 3º PDC e 4º ESO non se emprega libro de texto; Sustituíndose este por apuntes feitos polo profesor.

En todos os cursos empregaranse ordenadores, proxector, a PDI, aparellos de medidas para as magnitudes que corresponda, material funxible necesario para a elaboración de prácticas.

Empregaranse contidos e exercicios colgados na páxina Web do centro dentro da aula virtual ( moodle), no Blog creado plo profesor.Empregarase a Web 2.0, e información existente na Internet.

7.3 Outros recursos didácticos.En 2º será necesario empregar útiles para a realización de debuxo

técnico.Empregarase tamén como recurso a calculadora, e en ocasións e

posible que se empregue teléfono móvil ou camara de video.

8 Procedementos de avaliación.

54

Page 55: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

A avaliación dividirase en tres avaliacións, a materia superada en cada avaliación

quedará como tal na avaliación final que ten un carácter continuo; A materia non superada

nas respectivas avaliacións poderase superar en avaliacións posteriores.

9 Instrumentos de avaliación.

Para avaliar empregaranse distintos procedementos, por unha parte faranse probas

escritas, xa señan de carácter teórico como de resolución de problemas. Por outra parte os

alumnos faran uns traballos de carácter práctico, como a construcción e montaxe de

dispositivos e circuitos, a realización de traballos informáticos e/ou facer láminas de

debuxo técnico.

Ademais empregarase un seguimento diario dos traballos e actividades que axudarán a valorar o interese e actitude.

ALUMNOS REPETIDORES

Para os alumnos repetidores empregaranse os mesmos obxetivos, contidos e criterios de avaliación, mínimos esixibles, criterios de cualificación, procedementos de avaliación e sistemas de cualificación, ao curso que corresponda. Inda que se procurará facer un especial incapé e seguimento nas dificultades detectadas por este alumnado no curso 2009/2010

10 Sistemas de cualificación.

Para cualificar empregarase por unha parte un sistema númérico ata o 10 na realización de probas escritas e traballos prácticos, en ocasións en traballos prácticos cualificarase con moi ben, ben, mal e moi mal. E empregarase o sistema de flechas para abaixo e para arriba de positivos e negativos mencionado en criterios de cualificación

11 Criterios de cualificación.En 2º para o proceso de avaliación terase en conta nun 40 % a resolución de

actividades escritas, nun 50 % a realización de probas prácticas, e nun 10 % a actitude ante

a asignatura, a maiores sobre este baremo aplicarase un sistema de flechas para abaixo e

para arriba, e de positivos e negativos; Asi unha flecha para abaixo disminue a nota nun

0.1, unha flecha para arriba aumenta a nota nun 0.1, un positivo aumenta a nota un 0.25, e

un negativo disminue a nota un 0.25, As flechas para arriba e positivos conseguiranse

55

Page 56: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

facendo exercicios a mallores dependendo da dificultade, as flechas para abaixo e

negativos, son sancións por mal comportamento, dependendo da súa gravidade.

En 3º para o proceso de avaliación terase en conta nun 40 % a resolución de

actividades escritas, nun 50 % a realización de probas prácticas, e nun 10 % a actitude ante

a asignatura, a maiores sobre este baremo aplicarase un sistema de flechas para abaixo e

para arriba, e de positivos e negativos; Asi unha flecha para abaixo disminue a nota nun

0.1, unha flecha para arriba aumenta a nota nun 0.1, un positivo aumenta a nota un 0.25, e

un negativo disminue a nota un 0.25, As flechas para arriba e positivos conseguiranse

facendo exercicios a mallores dependendo da dificultade, as flechas para abaixo e

negativos, son sancións por mal comportamento, dependendo da súa gravidade.

En 4º para o proceso de avaliación terase en conta nun 30 % a resolución de

actividades escritas, nun 60 % a realización de probas prácticas, e nun 10 % a actitude ante

a asignatura, a maiores sobre este baremo aplicarase un sistema de flechas para abaixo e

para arriba, e de positivos e negativos; Asi unha flecha para abaixo disminue a nota nun

0.1, unha flecha para arriba aumenta a nota nun 0.1, un positivo aumenta a nota un 0.25, e

un negativo disminue a nota un 0.25, As flechas para arriba e positivos conseguiranse

facendo exercicios a mallores dependendo da dificultade, as flechas para abaixo e

negativos, son sancións por mal comportamento, dependendo da súa gravidade.

Nota en todos os cursos pode producirse un cambio na pocentaxe do proceso de

avaliación, en función da actitude do alumnado

12 Programa de recuperación.

12.1 Da propia materia durante o curso.A materia de carácter teórico poderase recuperar mediante probas escritas

que se temporalizarán nos mese de maio e/ou xuño, a materia de carácter práctico, recuperarase con outras prácticas durante o curso e incluso en ocasións dependendo da materia mediante probas escritas que se temporalizarán nos mese de maio e/ou xuño

56

Page 57: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

12.2 De materias pendentes doutros

cursos.Realizaránse dúas sesións de avaliación de alumnos pendentes de cursos

anteriores: unha final ordinaria no mes de xunio, e outra final extraordinaria no mes de septembro.Para dita recuperación os alumnos terán dereito a unha proba nos meses de maio e septembro, os alumnos podrán realizar, para aprobar, unha series de traballos ordenados polo xefe de departamento, ao largo do curso.Tamben se contempla a posibilidade de que o alumno poida aprobar cursos pendentes, aprobando avaliacións do curso actual, nas que se demostre que supera os criterios de avaliación do curso pendiente.

13 Medidas de atención á diversidade.

En 4º os Mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva en 4º PDC da ESO, serán os mesmos que no cuarto ordinario pero na práctica as probas a superar serán mais sencillas e prestaráselles unha mallor axuda.

En 3º os mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva en 3º PDC serán algo distintos, sendo estos os xa indicados no apartado 6 de mínimos esixibles . En 3º PDC non se empregará libro de texto como no 3º ordinario xa que o profesor aportará apuntes simplificados principalmente empreñando os ordenadores, tamén se fará un mallor hincapié dos medios informáticos para tratar de centrar mais a atención deste alumnado.

Para os alumnos repetidores empregaranse os mesmos obxetivos, contidos e criterios de avaliación, mínimos esixibles, criterios de cualificación, procedementos de avaliación e sistemas de cualificación, ao curso que corresponda. Inda que se procurará facer un especial incapé e seguimento nas dificultades detectadas por este alumnado no curso 2009/2010.

14 Actividades complementarias e extraescolares.

Poderase facer algunha ou algunhas excursións de unha xornada que teñan carácter pedagógico.

Si se presenta a posibilidade, participarase en eventos e/ou competicións que sexán positivas para estimular a aprendizaje e actitude.

15 Tratamento do fomento da lectura.

Aparte de ter os alumnos que leer en alto na clase partes do temario de interese tamén se lles mandará buscar información en libros e ou enciclopedies que estan dispostas na biblioteca.

57

Page 58: Programacióntecnologiascpitinograndio

CPI TINO GRANDÍO TECNOLOXÍA CURSO 2010-2011

16 Tratamento do fomento das TIC.Na área de tecnoloxía as TIC teñen unha especial aplicación, dado que na propia

programación de contidos, conceptos e criterios de avaliación xa ten implícito o emprego das TIC, ademais empregarase Internet para obter información de compoñentes, circuitos, programación e esquemas empregados en tecnoloxía aparte de empregar programas de CAD para facer memorias de distintas prácticas.

17 Procedementos para avaliar a propia programación.

Analizarase de forma continua o efecto desta programación no proceso de aprendizaxe-avaliación do alumnado, observando si ten resultados positivos, e si a metodoloxía resulta atractiva e eficaz.

Observarase se o alumnado ten algunha proposta de mellora.

58