primeiros trillizos do hospital Álvaro cunqueiro · primeiros trillizos do hospital Álvaro...

1
PRIMEIROS TRILLIZOS DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO Os nenos permanecen nas incubadoras da Unidade de Neonatoloxía e presentan unha evolución favorable Tratouse dun embarazo espontáneo, algo moi excepcional Vigo, 4 de abril 2019. Xa chegaron ao Cunqueiro os primeiros trillizos nados neste hospital. Lucas, Alberto e Teo viñeron ao mundo o pasado día 27 de marzo tras unha cesárea programada polo servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, ás 34 semanas de xestación. Os bebés, que pesaron respectivamente 1,700, 2,080 e 2,300 quilogramos, atópanse ben aínda que pasarán un tempo nas incubadoras da Unidade de Neonatoloxía do Cunqueiro. Os seus pais, Izaira Vicente e Noel Gómez, residen en Tomiño e xa teñen outra nena de 3 anos. Tratouse dun embarazo espontáneo, algo moi excepcional cunha incidencia de 1 entre 10.000 embarazos. Os últimos trillizos que naceron no CHUVI datan do ano 2015, no antigo hospital Xeral. Neste caso os bebés viñeron cun pan baixo o brazo xa que El Corte Inglés quixo colaborar coa familia na súa crianza nesta etapa. O director de Comunicación e Relacións Institucionais desta entidade Pati Blanco, fíxolles onte entrega aos pais dunha doazón de cueiros e leite para os seus seis primeiros meses de vida.

Upload: others

Post on 02-May-2020

14 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PRIMEIROS TRILLIZOS DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO · PRIMEIROS TRILLIZOS DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO • Os nenos permanecen nas incubadoras da Unidade de Neonatoloxía e presentan

PRIMEIROS TRILLIZOS DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

• Os nenos permanecen nas incubadoras da Unidade de Neonatoloxía epresentan unha evolución favorable

• Tratouse dun embarazo espontáneo, algo moi excepcional

Vigo, 4 de abril 2019. Xa chegaron ao Cunqueiro os primeiros trillizos nados nestehospital. Lucas, Alberto e Teo viñeron ao mundo o pasado día 27 de marzo tras unhacesárea programada polo servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, ás 34 semanas dexestación.

Os bebés, que pesaron respectivamente 1,700, 2,080 e 2,300 quilogramos, atópanseben aínda que pasarán un tempo nas incubadoras da Unidade de Neonatoloxía doCunqueiro.

Os seus pais, Izaira Vicente e Noel Gómez, residen en Tomiño e xa teñen outra nenade 3 anos.

Tratouse dun embarazo espontáneo, algo moi excepcional cunha incidencia de 1 entre10.000 embarazos.

Os últimos trillizos que naceron no CHUVI datan do ano 2015, no antigo hospital Xeral.

Neste caso os bebés viñeron cun pan baixo o brazo xa que El Corte Inglés quixocolaborar coa familia na súa crianza nesta etapa. O director de Comunicación eRelacións Institucionais desta entidade Pati Blanco, fíxolles onte entrega aos paisdunha doazón de cueiros e leite para os seus seis primeiros meses de vida.