primapoesía

23
Don carballo chora landras na amencida. E don Outono baballa néboa fría. Don Labrego, de sombreiro, aplaude a don Castiñeiro con variña de abelaira. E don Ourizo da chaira, como non se ten coa risa, cáenlle dentes de castaña.

Upload: trafegando-ronseis

Post on 30-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


11 download

DESCRIPTION

Poemas de natureza

TRANSCRIPT

Page 1: Primapoesía

Don carballo chora landrasna amencida.

 E don Outono baballa

néboa fría. 

Don Labrego, de sombreiro,

aplaude a don Castiñeirocon variña de abelaira.

 E don Ourizo da chaira,

como non se ten coa risa,cáenlle dentes de castaña.

Page 2: Primapoesía

¡LEVÁNTATE, NEBRA,DO BICO DA SERRA!AÍ VEN SAN MARTIÑONO SEU CABALIÑO,QUE TE VAI LEVAR,QUE TE VAI POUSARNA TONA DO MAR!

Page 3: Primapoesía

As árbores espidiñas             sen follas,               sen folliñas.

Os esqueletos de xeo                amosanos seus outonos,os seus laios,os seus soños.

Unha alfombra                     cobre o chan,tapiz de follas caídas,         folliñasque veñen e van.         Folliñas          lixeiras e secasfatigadas                de troular.Folliñas          que bailan              co ventotodos collidos           da man.

Antonio García Teijeiro

Page 4: Primapoesía

OS ANANOS DO OUTONOPINTAN AS UVAS.

OS RAPACES ASEXANAS MAIS MADURAS.

TAMÉN OS GORRIÓNSREVOAN ENTRE AS CEPASDE DOUS EN DOUS.

Page 5: Primapoesía

Outonoten sono,non pode durmir.

Ponlle unha mantiñaque se queda axiñasereno e feliz.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Page 6: Primapoesía

Viaxeiro, escoita:eu son a táboa do teu berce, a madeira do teu barcoa superficie da túa mesa, a porta da túa casa.Eu son o mango da túa ferramentao bastón da túa vellez.Eu son o froito que te regala e te nutre,a sombra benfeitora que te acobillacontra os ardores do verán,o refuxio amábel dos paxarosque aledaron cos seus cantos as túas horase limpan de insectos os teus campos.Eu son a fermosura da paisaxe,o encanto da horta,o sinal da montañao lindeiro do camiño...Eu son a leña que te quentanos días de inverno,o perfume que te regalae embalsama o aire a todas horas,a saúde do teu corpoe a ledicia da túa alma.Por último, son a madeira do teu cadaleito.Por todo iso, viaxeiro que me contemplas,ti que me plantaste coa túa mane podes chamarme fillo,ou que me contemplaches tantas veces,mírame ben, pero...non me fagas dano.                                       

Rabindranath Tagore

Page 7: Primapoesía

VEN ONDA NÓS O OUTONODACABALO DO AIRE;NOS CAMIÑOS DA FRAGAOS OURIZOS XA ABREN.SÍNTOO CHEGAR CONTENTODA ETERNA VIAXEENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,ESTREANDO FRIAXE.

ANA Mª FERNÁNDEZ

Page 8: Primapoesía

¿Queres ver coser?Escoita chover.

Crávanse as agullasenfiadas de augano pano da terraque é saba mollada.

Baixa dona Chuvia,cabaleira brancamendar prados verdescon fíos de prata.

¿Queres ver coser?Escoita chover.

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE

Page 9: Primapoesía

Cousos do lobo!Caborcos do xabarín!Eidos solosOnde ninguén foi nin ha de ir!O lobo! Os ollos o lombo do lobo!Baixa o lobo polo ollo do boscoMovendo nas flairas dos teixosRuxindo na folla dos carreirosEn busca da vagoada máis sola e máis medosa...RastrexaPárase e ventaFinca a pouta ergue a testa e oula cara o ceoCon toda a sombra da noite na boca.

UXIO NOVONEYRA

Page 10: Primapoesía

MORA o lobo no Fedona Lamelalonga nos pradosdo Noval su a combada pena na Poxada Lombanos eidos máis pechos e caladosonde ninguén o oxa.

Neva no Chao do Toxedoe nos Carboeiros.Andan os lobos xagueirospolas virtas do xestedo…

NORDE últimodas campanas da neve!Frol de fumo!

PANOS brancosesfiañadosda nebraouveando polos valespolos soutosi as devesas marelasen busca dun caborcoou dunha valiña outaque os acollai os faga acougar!Fiañas da nebrarubindoe baixandoá gaiola do airepolas serras érmedase polos soutos despidosdo Nadal!

UXÍO NOVONEYRA

Page 11: Primapoesía

Vén onda nós o outono

dacabalo do aire;

nos camiños da fraga

os ourizos xa abren.

Síntoo chegar contento

da eterna viaxe

enredando entre as follas

estreando friaxe.

Ana Mª Fernández

Page 12: Primapoesía

Teño o corazón senlleiroe orfo na noite fría.

Non importa, agardaréipolo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréipolo albor do novo día.

Está mudo o reixiñolque outrora cantar solía.

Non importa, agardaréipolo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,fiando, fía que fía…

Ela fía i eu confíono albor do novo día.

CELSO EMILIO FERREIRO

Page 13: Primapoesía

MADRIGAL Á CIBDÁ DE SANTIAGO

Chove en Santiagomeu doce amor.Camelia branca do arbrila entebrecida ô sol.

Chove en Santiagona noite escura.Herbas de prata e de sonocobren a baleira lúa.

Olla a choiva pola rúa,laio de pedra e cristal.Olla no vento esvaídosoma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu marSantiago, lonxe do sol.Agoa da mañán antergatrema no meu corazón.

Federico García Lorca

Page 14: Primapoesía

BEIZÓN

Sobre os parques, sobre as beirarrúas,sobre os incondicionais paraugas,sobre a alma dun ar intoxicado.

Na tarde de compras,nos sábados de cine,na fame dos encoros.

Unha melodía que nos restablece,o manancial que nos sacia.Esta chuvia.

Manuel Pereira Valcárcel

Page 15: Primapoesía

Era un airiño soaveque se erguéu pol-a mañáne viña de non se sabe.

Era un recendo de rosasda roseira de ningures,que se metéu pol-a porta.

Era unha cantiga ledaque nascía non sei ondee petaba na fiestra.

Era unha gracia sotilque baixaba das estrelas...¡Eras tí!

Xosé María Álvarez Blázquez

Page 16: Primapoesía

"Falemos de tí e min xa que vivimos. Tí i eu nos ventos e nos solsticios. Tí i eu nos bosques e nos ríos. Tí i eu, historia de corpos nidios. Tí i eu, saudadede álbores íntimos.Tí i eu sin tempopolo tempo que imos.Tí i eu cantando, chorando e rindo.

CELSO EMILIO FERREIRO

Page 17: Primapoesía

Só a noite é o paraíso: dormen os homes. Os soños abren las xanelas e lámbense as feridas nas praias e nas beirasdos ríos.Os soños cantan coa gorxa xeada. Como esclavos, fan tocar os tambores

MANOLO RIVAS

Page 18: Primapoesía

No tempo aquil cando os animales falaban, decir libertá non era triste, decir verdá era coma un río, decir amor, decir amigo, era igual que nomear a primavera.Ninguén sabía dos aldraxes.

CELSO EMILIO FERREIRO

Page 19: Primapoesía

Eu non sabía que habíatanta alegría nas bágoasnin neve nas bidueirasnin esperanza nas mágoas.Eu de noite iría de noite,no medio do temporal.Ir de día á luz do díadáme medo, miña nai.No fondo do teu ollareunha gamela abanea.Quen se poidera afogarena ardora dunha misteira.O que eu soño é verdadecomo o silencio é un falare.Se roubei o teu retratofoi pra aprender a mirare.

MANUEL RIVAS

Page 20: Primapoesía

Só despois de que a derradeira árbore sexa cortada

só despois de que o derradeiro río sexa envelenado

só despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado

Só entón saberás que os cartos non se poden comer.

( Profecía india)

Page 21: Primapoesía

Primavera calorosaque co teu cedo espertartingues de doces coresprados e bosquesdo meu lugar.

Primavera calorosaque co teu cedoespertarfas que as rosasfermosasabran os seus pétalosa fin do Marzal.

Primavera calorosaque co teu cedo espertarxardíns, campose pradoscos seus vivos coloresvólvennos alegrar.

Primavera calorosaque co teu cedo espertartingues de doces coresprados e bosquesdo meu lugar.

Primavera calorosaque co teu cedoespertarfas que as rosasfermosasabran os seus pétalosa fin do Marzal.

Primavera calorosaque co teu cedo espertarxardíns, campose pradoscos seus vivos coloresvólvennos alegrar.

Page 22: Primapoesía

Dos gregos aprendín que ríos e regatos

son deuses que abandonan por veces os seus pazos

E gozan con vagar camiños e meandros,

Regueiros e fervenzas, torrenteiras e saltos.

Así que non me enganas, oh Miño derrubado

No límite do inverno, alá no fin de marzo,

Que sei que te apresuras, que sei que vas de paso,

A ollar polar ribeiras, nas árbores dos campos.

Manuel Fernández Alvarez.

Page 23: Primapoesía

Por todo iso, viaxeiro que me contemplas,

ti que me plantaches coa túa man

e podes chamarme fillo,

ou que me contemplaches tantas veces,

mírame ben, pero...

non me fagas dano.

Rabindranath Tagore