presentacion feq 3 eso 2020-21

14
1 de 14 MD85AUL02 Data: 01-09-2018 Rev.1 APRENDIZAXES IMPRESCINDIBLES NON ADQUIRIDAS DO CURSO 2019-2020. BLOQUE 1 Descrición do contido Estándares de aprendizaxe B4.1. Forzas: efectos FQB4.1.1 B4.2. Medida das forzas FQB4.1.2; FQB4.1.3; FQB4.1.3; FQB4.1.4 B4.3. Velocidade media FQB4.2.1; FQB4.2.2 B4.5. Velocidade instantánea e aceleración. FQB4.3.2 B4.7. O rozamento e os seus efectos FQB4.5.1 B4.8. Forza gravitatoria FQB4.6.2 B5.1. Enerxía: unidades FQB5.1.1;FQB5.1.2 B5.2. Tipos de enerxía FQB5.2.1 B5.3. Transformacións de enerxía B5.4. Conservación da enerxía B5.5. Enerxía térmica: calor e temperatura FQB5.3.1 B5.6. Escalas de temperatura FQB5.3.2; FQB5.3.3 B5.8. Efectos da enerxía térmica FQB5.4.1; FQB5.4.2 PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Física e Química CURSO 3º ESO CURSO ACADÉMICO 2020-21 PROFESOR Cristina Crespo Vázquez e Mónica Ferrón Novais

Upload: others

Post on 16-Oct-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

1 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

APRENDIZAXES IMPRESCINDIBLES NON ADQUIRIDAS DO CURSO 2019-2020. BLOQUE 1

Descrición do contido Estándares de aprendizaxe

B4.1. Forzas: efectos FQB4.1.1

B4.2. Medida das forzas FQB4.1.2; FQB4.1.3; FQB4.1.3; FQB4.1.4

B4.3. Velocidade media FQB4.2.1; FQB4.2.2

B4.5. Velocidade instantánea e aceleración. FQB4.3.2

B4.7. O rozamento e os seus efectos FQB4.5.1

B4.8. Forza gravitatoria FQB4.6.2

B5.1. Enerxía: unidades FQB5.1.1;FQB5.1.2

B5.2. Tipos de enerxía FQB5.2.1

B5.3. Transformacións de enerxía

B5.4. Conservación da enerxía

B5.5. Enerxía térmica: calor e temperatura FQB5.3.1

B5.6. Escalas de temperatura FQB5.3.2; FQB5.3.3

B5.8. Efectos da enerxía térmica FQB5.4.1; FQB5.4.2

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Física e Química CURSO 3º ESO

CURSO ACADÉMICO 2020-21 PROFESOR Cristina Crespo Vázquez e Mónica Ferrón Novais

Page 2: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

2 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

PLAN REFORZO DAS APRENDIZAXES NON ADQUIRIDAS NO CURSO 2020-21 Os contidos de Física e Química de 2ºESO non teñen unha continuidade directa cos contidos de Física e Química de 3ºESO. Desde o departamento propoñemos unha revisión xeral das aprendizaxes esenciais de 2ESO, incluindo os contidos pendentes de traballar como propostas prácticas nalgunhas das unidades didácticas do curso 3ESO. Tratarase de facer unha exposición esquemática e estruturada, traballando a parte práctica máis ca parte teórica. Centrándose na realización de experimentos sinxelos, traballo de gráficas e táboas (análisis de resultados); cálculos sinxelos relacionados co bloque 5 (enerxía). Os contidos do bloque 4 (movemento e forzas) serán traballados na materia de 4ESO. A dificultade de revisar as aprendizaxes esenciais está:

• falta de madurez e independencia a hora de traballar nunha elevada porcentaxe dos alumnos de 3ESO.

• é unha materia con dúas sesións semanais, polo que xa é moi difícil temporalizar e traballar as aprendizaxes propias do curso.

CONTIDOS E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ASOCIADOS. BLOQUE 1: A actividade científica

Descrición do contido Estándares de aprendizaxe

Método científico: etapas. Formula hipóteses para explicar fenómenos cotiáns utilizando teorías e modelos científicos.

Rexistra observacións, datos e resultados de maneira organizada e rigorosa e comunícaos oralmente e por escrito,

utilizando esquemas, gráficos, táboas e expresións matemáticas.

Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. Relaciona a investigación científica coas aplicacións tecnolóxicas na vida cotiá.

Aplicacións da ciencia á vida cotiá e á sociedade. Realiza medicións prácticas de magnitudes físicas da vida cotiá empregando o material e instrumentos apropiados, e

expresa os resultados correctamente no Sistema Internacional de Unidades.

Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades. Notación

científica.

Identifica material e instrumentos básicos de laboratorio e coñece a súa forma de utilización para a realización de experiencias, respectando as normas de seguridade e identificando actitudes e medidas de actuación preventivas.

Erros. Selecciona, comprende e interpreta información salientable nun texto de divulgación científica, e transmite as conclusións obtidas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade.

Identifica as principais características ligadas á fiabilidade e á obxectividade do fluxo de información existente en

internet e noutros medios dixitais

Traballo no laboratorio. Realiza pequenos traballos de investigación sobre algún tema obxecto de estudo aplicando o método científico, e

Page 3: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

3 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

Procura e tratamento de información utilizando as TIC para a procura e a selección de información e presentación de conclusións.

Participa, valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo. Proxecto de investigación.

CONTIDOS E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ASOCIADOS. BLOQUE 2: A materia

Descrición do contido Estándares de aprendizaxe Estrutura atómica. Modelos atómicos. Representa o átomo, a partir do número atómico e o número másico, utilizando o modelo planetario.

Describe as características das partículas subatómicas básicas e a súa localización no átomo. Relaciona a notación Z

AX co número atómico e o número másico, determinando o número de cada tipo de partículas subatómicas básicas.

Isótopos. Aplicacións dos isótopos.

Explica en que consiste un isótopo e comenta aplicacións dos isótopos radioactivos, a problemática dos residuos

orixinados e as solucións para a súa xestión.

Sistema periódico dos elementos. Xustifica a actual ordenación dos elementos en grupos e períodos na táboa periódica.

Relaciona as principais propiedades de metais, non metais e gases nobres coa súa posición na táboa periódica e coa

súa tendencia a formar ións, tomando como referencia o gas nobre máis próximo.

Unións entre átomos: moléculas e cristais.

Masas atómicas e moleculares.

Explica o proceso de formación dun ión a partir do átomo correspondente, utilizando a notación adecuada para a

súa representación.

Explica como algúns átomos tenden a agruparse para formar moléculas interpretando este feito en substancias de

uso frecuente, e calcula as súas masas moleculares.

Elementos e compostos de especial interese con aplicacións industriais,

tecnolóxicas e biomédicas.

Recoñece os átomos e as moléculas que compoñen substancias de uso frecuente, e clasifícaas en elementos ou

compostos, baseándose na súa fórmula química.

Presenta, utilizando as TIC, as propiedades e aplicacións dalgún elemento ou composto químico de especial interese

a partir dunha procura guiada de información bibliográfica e dixital.

Formulación e nomenclatura de compostos binarios seguindo as normas

IUPAC. Utiliza a linguaxe química para nomear e formular compostos binarios seguindo as normas IUPAC.

Page 4: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

4 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

CONTIDOS E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ASOCIADOS. BLOQUE 3: os cambios

Descrición do contido Estándares de aprendizaxe Reacción química. Representa e interpreta unha reacción química a partir da teoría atómico-molecular e a teoría de colisións.

Cálculos estequiométricos sinxelos.

Lei de conservación da masa.

Recoñece cales son os reactivos e os produtos a partir da representación de reaccións químicas sinxelas, e comproba experimentalmente que se cumpre a lei de conservación da masa.

Realiza os cálculos estequiométricos necesarios para a verificación da lei de conservación da masa en reaccións

químicas sinxelas.

Velocidade de reacción. Propón o desenvolvemento dun experimento sinxelo que permita comprobar o efecto da concentración dos

reactivos na velocidade de formación dos produtos dunha reacción química, e xustifica este efecto en termos da

teoría de colisións.

Interpreta situacións cotiás en que a temperatura inflúa significativamente na velocidade da reacción.

A química na sociedade e o ambiente. Describe o impacto ambiental do dióxido de carbono, os óxidos de xofre, os óxidos de nitróxeno e os CFC e outros

gases de efecto invernadoiro, en relación cos problemas ambientais de ámbito global.

Defende razoadamente a influencia que o desenvolvemento da industria química tivo no progreso da sociedade, a

partir de fontes científicas de distinta procedencia.

CONTIDOS E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ASOCIADOS. BLOQUE 4: O movemento e as forzas

Descrición do contido Estándares de aprendizaxe

Carga eléctrica. Explica a relación entre as cargas eléctricas e a constitución da materia, e asocia a carga eléctrica dos corpos cun

exceso ou defecto de electróns.

Relaciona cualitativamente a forza eléctrica que existe entre dous corpos coa súa carga e a distancia que os separa,

e establece analoxías e diferenzas entre as forzas gravitatoria e eléctrica.

Xustifica razoadamente situacións cotiás nas que se poñan de manifestó fenómenos relacionados coa electricidade

estática.

Forza eléctrica.

Imáns. Forza magnética. Recoñece fenómenos magnéticos identificando o imán como fonte natural do magnetismo, e describe a súa acción

sobre distintos tipos de substancias magnéticas.

Constrúe un compás elemental para localizar o norte empregando o campo magnético terrestre, e describe o

procedemento seguido para facelo.

Electroimán. Comproba e establece a relación entre o paso de corrente eléctrica e o magnetismo, construíndo un electroimán.

Page 5: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

5 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

Experimentos de Oersted e Faraday. Reproduce os experimentos de Oersted e de Faraday no laboratorio ou mediante simuladores virtuais, deducindo

que a electricidadee o magnetismo son dúas manifestacións dun mesmo fenómeno.

Forzas da natureza. Realiza un informe, empregando as TIC, a partir de observacións ou busca guiada de información que relacione as

forzas que aparecen na natureza e os fenómenos asociados a elas.

CONTIDOS E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ASOCIADOS. BLOQUE 5: A enerxía

Descrición do contido Estándares de aprendizaxe Fontes de enerxía. Compara as principais fontes de enerxía de consumo humano a partir da distribución xeográfica dos seus recursos e

os efectos ambientais.

Analiza o predominio das fontes de enerxía convencionais frontes ás alternativas, e argumenta os motivos polos que

estas últimas aínda non están suficientemente explotadas.

Uso racional da enerxía. Interpreta datos comparativos sobre a evolución do consumo de enerxía mundial, e propón medidas que poidan contribuír ao aforro individual e colectivo.

Electricidade e circuítos eléctricos. Lei de Ohm.

Transformacións da enerxía. Dispositivos electrónicos de uso frecuente.

Explica a corrente eléctrica como cargas en movemento a través dun condutor.

Comprende o significado das magnitudes eléctricas de intensidade de corrente, diferenza de potencial e resistencia,

e relaciónaas entre si empregando a lei de Ohm.

Distingue entre condutores e illantes, e recoñece os principais materiais usados como tales.

Page 6: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

6 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

Describe o fundamento dunha máquina eléctrica na que a electricidade se transforma en movemento, luz, son,

calor, etc., mediante exemplos da vida cotiá, e identifica os seus elementos principais.

Constrúe circuítos eléctricos con diferentes tipos de conexións entre os seus elementos, deducindo de forma

experimental as consecuencias da conexión de xeradores e receptores en serie ou en paralelo.

Aplica a lei de Ohm a circuítos sinxelos para calcular unha das magnitudes involucradas a partir das outras dúas, e

expresa o resultado en unidades do Sistema Internacional.

Utiliza aplicacións virtuais interactiva para simular circuítos e medir as magnitudes eléctricas.

Asocia os elementos principais que forman a instalación eléctrica típica dunha vivenda cos compoñentes básicos dun

circuíto eléctrico.

Comprende o significado dos símbolos e das abreviaturas que aparecen nas etiquetas de dispositivos eléctricos.

Identifica e representa os compoñentes máis habituais nun circuíto eléctrico (condutores, xeradores, receptores e

elementos de control) e describe a súa correspondente función.

Recoñece os compoñentes electrónicos básicos e describe as súas aplicacións prácticas e a repercusión da

miniaturización do microchip no tamaño e no prezo dos dispositivos.

Tipos de enerxía. Aspectos industriais da enerxía.

Describe o proceso polo que distintas fontes de enerxía se transforman en enerxía eléctrica nas centrais eléctricas,

así como os métodos de transporte e almacenaxe desta.

Page 7: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

7 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

CRITERIOS, ESTRATEXIAS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Traballamos coa hipótese de que non volveremos a unha situación de confinamento total como a vivida no derradeiro trimestre do curso 2019-20, polo que aínda que en momentos puntuais unha parte da comunidade educativa teña que traballar de maneira non presencial, INTENTARASE FACER TODAS AS PROBAS ESCRITAS (ordinarias e recuperacións) DE MANEIRA PRESENCIAL adaptando horarios e espazos e cumprindo todas as normas sanitarias impostas. Tratarase, sempre que a situación sanitaria o permita, facer as probas escritas de forma presencial no centro. Establecendo se fose necesario, varios turnos e cumprindo sempre as normas sanitarias impostas. As probas escritas tratarase de que sexán presenciais aínda que durante o trimestre teñamos períodos de traballo non-presencial debido a situación sanitaria. As probas escritas de recuperación tratarase de que sexán presenciais aínda que durante o trimestre teñamos períodos de traballo non-presencial debido á situación sanitaria.

1. PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN CONTINUA

a. Con que temporalización se farán probas escritas?

Ao longo do curso realizaranse probas escritas con regularidade, unha por tema, polo

xeral.

b. Como se cualificarán as probas, traballos individuais ou colectivos, traballos na libreta, observación. Ponderación, redondeo…

O seguimento da avaliación continua levarase a cabo mediante distintos instrumentos.

Dunha banda, as probas escritas, que se levarán a cabo, de xeito xeral, ao final de cada

unidade. Ademais, probas de control diario, exercicios e traballos.

No caso de copiar ou utilizar calquera medio de incrementar a cualificación de xeito irregular suporá un cero nese apartado. Enténdese de xeito irregular as transmisións de radiofrecuencia, os textos e fórmulas nos móbiles ou outros dispositivos e a tradicional chuleta nas súas diferentes variantes. Este criterio aplicarase para todas as probas de coñecementos das diferentes avaliacións e recuperacións de pendentes.

c. Como se fai a media de cada unha das avaliacións? Ponderación, redondeo,…

Ás probas escritas corresponderalle un peso, na cualificación final, dun 70%. O 30%

restante corresponderá ao traballo diario (probas escritas de control diario, exercicios e

traballos).

A nota correspondente ás probas escritas obterase da media aritmética de cada unha

delas, sendo necesario, para facer media, un mínimo de 3 sobre 10 en cada proba. Unha

nota inferior a 3 nalgunha das probas supón un suspenso na avaliación, sendo preciso

realizar a recuperación da mesma. No caso de que algunha das notas das probas sexa

inferior a 3, a nota da avaliación será de 4 ou menos, segundo os resultados.

Como no boletín das notas non se pode cualificar con decimais, seguimos as seguintes normas:

Page 8: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

8 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

- Se o primeiro decimal é menor que 5, entón, queda a parte enteira da nota numérica.

- Se o primeiro decimal é igual ou maior que 5, aplícase o redondeo por exceso se se cumpre a seguinte condición (o alumno ten como mínimo o 50% da puntuación máxima que se pode obter na realización dos traballos e probas escritas de control diario), en caso contrario a nota non se modifica.

Situación non presencial A nota numérica pasa a ser 50% as tarefas máis o 50% dos traballos propostos. Como no boletín das notas non se pode cualificar con decimais, seguimos as seguintes normas:

- Se o primeiro decimal é menor que 5, entón, queda a parte enteira da nota numérica (por exemplo a nota de 4,3 queda en 4).

- Se o primeiro decimal é igual ou maior que 5, aplícase o redondeo por exceso se se cumpre as seguintes condicións: a) o alumno ten puntuacións iguais ou superiores a 5 no 100% das tarefas entregadas e b) todos os traballos e tarefas están presentados na data de entrega.

Aqueles traballos e tarefas individuais que sexan presentados por alumnos (2 ou máis) nas que existan evidencias de que a tarefa é copiada, esa tarefa cualifícase con cero (para todos os alumnos que teñan exactamente a mesma tarefa). Evidencias de ser copiado, por exemplo, unha resposta que require xustificación, ter puntos e comas nos mesmos lugares e usar exactamente as mesmas palabras, error cálculo común, etc. Todas as tarefas e traballos que non se presenten na data de entrega sinalada serán cualificadas con cero (non hai posibilidade de presentalas fóra da data).

d. Que aspectos se van a valorar dentro da observación do traballo de aula?

Valorarase o traballo diario, a puntualidade, a realización das tarefas, as entregas e o

coidado do caderno de aula.

e. Como se recupera unha proba non superada?

Só se poden recuperar avaliacións. Traballos, tarefas e probas escritas dun tema non se recuperan ao longo do curso.

f. Como se recupera unha avaliación non superada?

A recuperación da avaliación non superada faise por medio dunha única proba escrita

(todos os temas da avaliación). Esta proba escrita farase na primeira semana á volta das

correspondentes vacacións. A proba escrita ten unha puntuación máxima de 10 puntos.

Calcúlase o 70% da nota obtida na proba escrita de recuperación, e súmaselle a nota

obtida na avaliación correspondente aos traballos e outras tarefas. Aplícase as regras de

redondeo explicadas no punto anterior. Se o resultado é igual ou superior a 5 a avaliación

queda recuperada.

Page 9: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

9 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

2. PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN FINAL

a. Quen debe ir a avaliación final?

Alumnos coas 3 avaliacións superadas (cada unha das avaliacións cunha nota igual ou superior a 5), non teñen que facer probas finais. A nota final é a media das notas numéricas das tres avaliacións. Os redondeos das notas numéricas son: - Cun decimal inferior a 5, queda a parte enteira da nota ( é dicir, non se aplica redondeo por exceso). - Cun decimal igual ou superior a 5, aplícase o redondeo por exceso, sempre que se cumpra que nas cualificacións dos traballos e das PECD as puntuacións obtidas, en todas as avaliacións, son iguais ou superiores ao 50% da puntuación máxima que se pode obter en dito apartado. Alumnos con unha única avaliación suspensa: Teñen que realizar a proba escrita correspondente á avaliación non superada. A proba escrita ten unha puntuación máxima de 10 puntos. A nota será o 70% correspondente á proba escrita máis o 30% correspondente aos traballos realizados na avaliación non superada. A avaliación considérase superada se a nota numérica é superior a 5. Esa nota é a que fará a media para dar a nota final do curso (como o explicado no punto anterior). Alumnos con dúas ou máis avaliacións suspensas: Terán que facer unha proba global (todos os contidos tratados no curso). A nota final do alumno será o 70% correspondente a nota da proba escrita de recuperación máis o 30% dos traballos e tarefas de control diario propostos no curso. A materia está superada cando a nota obtida (proba escrita+traballos) sexa igual ou superior a 5. Neste caso esta é a nota final do curso (as notas das avaliacións non teñen efecto, salvo para aplicar ou non o redondeo por exceso). No caso de ser necesario o redondeo, terase en conta o seguinte: -se o decimal é inferior a 5, non se aplica redondeo, polo que a nota é a parte enteira. -se o decimal é igual ou superior a 5, aplícase o redondeo por exceso se se cumpren as seguintes condicións: a) as notas obtidas nas avaliacións non superadas durante o curso son iguais ou superiores a 4 e b) os traballos realizados teñen unha puntuación de, a lo menos, o 50 % da puntuación máxima que se pode obter cos traballos e en cada unha das avaliacións.

b. En que consistirá a proba?

Todas as probas escritas consisten nun número de exercicios variables (entre 5 e 10) e con varios apartados. O alumno pode utilizar calculadora. A puntuación máxima das probas é de 10 puntos. En cada proba escrita realizada indícase a valoración de cada exercicio e as normas de realización.

c. Que estándares se van a avaliar? Avaliación pendentes, todos,…

Avaliaranse todos os estándares tratados no curso

Page 10: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

10 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

d. Como se elabora a cualificación final. Ponderación, redondeos, …?

Explicado nos distintos casos no punto anterior.

e. Que criterios segue o centro para a promoción?

Os que marca a normativa vixente.

3. PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

a. Que tipo de proba se vai aplicar, número de preguntas, valoración de cada unha?

Os alumnos que suspendan en xuño, terán que recuperar en setembro toda a materia. O

exame será nunha proba baseada nos contidos dados durante o curso. A proba consistirá

de entre 5-10 exercicios con un ou varios apartados.

b. Como se cualifica, redondeo, …?

A proba está superada se a nota numérica é igual ou superior a 5 puntos. Se fose necesario redondeo, se o primeiro decimal é menor que 5, entón queda a parte enteira da nota, se o decimal é igual ou maior que 5, aplícase o redondeo por exceso.

4. PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DE PENDENTES

a. Como se fai o seguimento: clases de recuperación, traballos, reunións de seguimento, etc?

Non hai clases de recuperación. Entrégaselle aos alumnos exercicios como tarefa para recuperar a materia pendente. A periodicidade de entrega das tarefas será entre un mínimo de 15 días e un máximo de 30 días.

b. Como se avalía? (Avaliacións parciais, avaliación final, cualificación de traballos realizados, etc.)

As tarefas entregadas na data sinalada (non se recollen tarefas para a súa cualificación despois da data de entrega) son correxidas e cualificadas. Se a media das notas obtidas é igual ou superior a 5, entón a materia queda recuperada e non se fai proba escrita. No caso,de que as tarefas non se entreguen en tempo e forma ou ben que na cualificación a nota sexa inferior a 5, entón farase unha proba escrita. A materia divídese en dúas partes, polo tanto, dúas probas escritas. As datas de realización serán entre abril e maio. Primeira proba escrita a nota é igual ou superior a 5 a primeira parte de materia queda superada. Na segunda proba escrita soamente entran os contidos da segunda parte.

Page 11: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

11 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

Primeira proba escrita a nota é inferior a 5 a materia non está recuperada. A segunda proba é global. Os exercicios de estas probas (entre 5 e 16) están directamente relacionados coas follas de exercicios que se entregan (como traballo para recuperar a materia).

c. Como se elabora a cualificación final. Ponderación, redondeos, etc.?

Alumnos entregan as tarefas en tempo e forma: a nota é a media de todas as tarefas entregadas. O redondeo aplícase por exceso, se o decimal é igual ou superior a 5 e como mínimo no 50% s traballos entregados a nota obtida foi maior que 7.

Alumnos que non entregan as tarefas: A nota numérica é: se fan dúas probas (eliminatorias en materia) a media da nota númerica obtida nas probas e se fan unha única proba a nota é a nota da proba escrita. O redondeo por exceso soamente se aplica se o decimal do valor numérico da nota é igual ou superior a 5, en caso contrario queda a parte enteira da nota.

d. Que tipo de proba extraordinaria se vai aplicar, número de preguntas, valoración de cada unha delas, etc.?

Proba escrita de entre 5 e 10 exercicios e con varios apartados. As puntuacións son as indicadas nas probas. A realización da proba será no calendario de setembro establecido polo centro. A proba basearase en contidos mínimos do curso de 2º de ESO.

e. Como se cualifica, redondeos, etc.?

O redondeo por exceso soamente se aplica se o decimal do valor numérico da nota é igual ou superior a 5, en caso contrario queda a parte enteira da nota.

PROMOCIÓN

Seguimos os criterios xerais do centro, que marca a lexislación.

Page 12: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

12 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

METODOLOXÍA

• Presencial Consiste na exposición oral dos contidos e na resolución (no encerado) dos exercicios relacionados co tema. Empréganse simulacións, aplicacións virtuais interactivas, presentacións gráficas e vídeos para completar os contidos tratados.

O material para traballar (teoría, boletíns de exercicios, guións de prácticas) está na aula virtual.

IMPORTANTE: O uso do teléfono móbil na aula está prohibido. Aquel alumno que o empregue será amoestado (seguindo as normas do centro).

O esquema de traballo na aula para o desenvolvemento dos diferentes temas é o seguinte: Introdución á unidade co fin de motivar aos alumnos/as. Exposición por parte do profesor dos contidos que se van traballar, co fin de proporcionar unha visión global da unidade que axude aos alumnos a familiarizarse co tema a tratar. Análise dos coñecementos previos dos alumnos/as. A través dunha serie de preguntas iniciais en cada unidade, o profesor realizará unha avaliación preliminar dos coñecementos de partida dos alumnos. Desta forma o alumnado entrará en contacto co tema e o profesor identificará os coñecementos previos que posúe o grupo de alumnos, co que poderá introduci-las modificacións necesarias para atende-las diferenzas e, sobre todo, para previlas. Exposición de contidos e desenvolvemento da unidade. O profesor desenvolverá os contidos esenciais da unidade didáctica, mantendo o interese e fomentando a participación do alumnado. Cando o estime oportuno, e en función dos intereses, demandas, necesidades e expectativas dos alumnos, poderá organiza-lo tratamento de determinados contidos de forma agrupada, ou reestruturalos, de maneira que lles facilite a realización de aprendizaxes significativas. Traballo individual dos alumnos/as desenvolvendo as actividades propostas. Os alumnos realizarán distintos tipos de actividades, para asimilar e reforza-lo apreso. Estas actividades sucédense no desenvolvemento dos contidos, afianzando os conceptos principais e a xeneralización dos mesmos. Todo iso realizado baixo a supervisión persoal do profesor, que analizará as dificultades e orientará e proporcionará as axudas necesarias. Traballo en pequenos grupos para fomenta-lo traballo cooperativo. Os alumnos levarán a cabo actividades en pequenos grupos para desenvolver un traballo cooperativo que lles servirá tamén para mellora-la iniciativa e a investigación. A continuación, pódense comenta-las liñas de investigación, as dificultades, os erros atopados, mediante unha discusión de clase moderada polo profesor e consistente nunha posta en común dos grupos. Con este tipo de actividades estaremos fomentando competencias básicas propias da etapa. Variedade de instrumentos didácticos. A presenza de distintos formatos (libro do alumno e CD; textos continuos e descontinuos; cadros, gráficas, esquemas, etc.) no proceso de ensino-aprendizaxe contribúe a desenvolve-las capacidades e as competencias básicas dos alumnos, así como a enriquece-la súa experiencia de aprendizaxe. Técnicas científicas. Os proxectos e investigacións que se propoñen presentan distintas técnicas que se empregan no estudo das Ciencias. Estas técnicas axudarán aos alumnos a experimentar e reflexionar sobre os

Page 13: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

13 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

diferentes tipos de métodos e instrumentos científicos, non só no estudo desta materia, senón tamén, noutros contextos nos que poida ser relevante a súa utilización. Resumo e síntese dos contidos da unidade. Ao finalizar cada unidade intentarase vincula-los contidos estudados na unidade (mediante un mapa conceptual) cos conceptos principais e a relación entre eles; desta forma, se sintetizarán as principais ideas expostas e repasarase o que os alumnos comprenderon.

• Semipresencial No centro adoptáronse as medidas para optar polo ensino presencial. Nunha situación semipresencial (na que se establece un sistema de rotación de asistencia ao centro) a metodoloxía sería a seguinte: O grupo de alumnos que traballen na aula seguirá a metodoloxía proposta no punto anterior. Nas sesións presenciais avanzarase nos contidos de forma máis esquemática (nunha parte da sesión) na outra parte da sesión (dedicarase a resolución de dúbidas que xurdisen nos exercicios/tarefas propostas para traballar os contidos da clase presencial). No caso de non existir dúbidas, avanzamos en contidos e na resolución de exercicios tipo. O grupo de alumnos que traballe na casa, terá que realizar o traballo proposto na clase presencial (exercicios e tarefas) para traer as dúbidas preparadas para a seguinte sesión presencial. O grupo estará dividido e tratarase un avance nos contidos da materia o máis uniforme e homoxéneo posible nos subgrupos.

Todo o material e notificacións para todos os alumnos están recollidos nos foros da aula virtual (a que todos os alumnos teñen que acceder todos os días que teñamos clase para seguir as instrucións de traballo de cada sesión).

No caso de alumnos que non dispoñan de medios telemáticos, tratarase de que estean sempre no grupo presencial que se teña no centro.

O material estará sempre colgado na aula virtual (identificado co nome da data correspondente a sesión). Se fose necesario que os alumnos en non-presencial tiveran que estar conectados e asistir á sesión de forma virtual, será o centro o que se encargue de equipar as aulas co material necesario para que a retransmisión sexa en streaming.

• Non presencial Neste caso empregamos as ferramentas corporativas: aula virtual do centro e Cisco Webex Meetings.

Avanzamos nos contidos da materia sempre.

A forma de traballar será a seguinte:

- Cada día (correspondente no horario do grupo á materia) subirase toda a información da

Page 14: presentacion FeQ 3 ESO 2020-21

14 de 14

MD

85

AU

L02

Dat

a: 0

1-0

9-2

01

8

Rev

.1

Modelo acorde ao artigo 21 do capítulo IV relativo a avaliacións, promoción e titulación DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

sesión á aula virtual, poñendo unha mensaxe no foro.

- Cada sesión terá unha carpeta/etiqueta no curso da aula virtual. Esta carpeta/etiqueta terá de nome a data da sesión. Nesa carpeta/etiqueta engádese toda a información da sesión (documento de instrucións, teoría, exemplos, exercicios para traballar obrigatorios, exercicios voluntarios, etc).

- Para traballar os contidos temos: vídeos titoriais realizados polo profesor, exercicios tipo realizados polo profesor e colgados como ficheiros, exercicios de autoavaliación, cuestionarios de autoavaliación ou exercicios interactivos, etc.

- Calquera dúbida que se presente pode ser feita por medio do foro (para que todos os alumnos vexan a resposta) ou ben por medio do correo electrónico. Non se responden dúbidas nos días non lectivos. Cando unha dúbida chegue durante un período non lectivo se responderá na primeira hora do primeiro día lectivo que se teña.

- Cada 2 ou 3 semanas (como máximo) faranse conferencias de (25 minutos-50 minutos) que funcionarán a modo de titorías (resolución de dúbidas, preguntas concretas e explicación de exercicios). Nestas sesións telemáticas pódese dividir o grupo en dous ou tres (para que sexa máis manexable). En función do número de alumnos seleccionamos o tempo da sesión (nunca superior a 50 minutos efectivos). Nestas sesións de titoría anotase a asistencia, a puntualidade e a participación.

No caso de alumnos que non dispoñan de medios telemáticos o material será enviado e devolto por medio de correo postal (IES – dirección postal do alumno