praza do obradoiro, s/n reitoría 15782 santiago de compostela · praza do obradoiro, s/n ±...
TRANSCRIPT
1
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
O Consello de Goberno aprobou na súa sesión do 27 de marzo de 2015 o Regulamento
sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais na USC. No seu Capítulo II
regúlanse os programas integrais entre centros da USC.
Desde o curso 2015-16 veñen impartíndose na Universidade diversas dobres titulacións de grao
de acordo coa normativa citada. Estes itinerarios de dobre titulación están aprobados no
Consello de Goberno, de acordo coas memorias propostas polos centros responsables. Nelas
contémplase que os estudantes seguirán un itinerario composto por materias de dúas titulacións
de grao de forma que se garanta que acaden as competencias de ambas as dúas titulacións.
O procedemento para a imputación dos resultados académicos acadados na dobre titulación
dentro do expediente de cada un dos graos deberá ser obxecto dunha regulación que permita
tanto unha aplicación homoxénea nas distintas dobres titulacións como a concreción das regras
que deberán seguirse neste proceso.
En virtude do anterior, esta reitoría
RESOLVE:
1. Regular o procedemento para a imputación dos resultados académicos acadados nas
dobres titulacións no expediente de cada un dos graos que as compoñen de acordo
coas normas que a continuación se indican. Estas normas serán de aplicación para o
conxunto de dobres graos, independentemente de que para cada un deles deban
detallarse aspectos específicos relacionados coas súas peculiaridades, o que se
regulará mediante anexos a esta resolución.
2. A imputación dos resultados académicos acadados na dobre titulación en cada un dos
graos deberá realizarse ao finalizar os estudos do dobre titulo. De forma ordinaria,
mentres non se rematen os estudos da dobre titulación so se expedirán certificacións
académicas dos resultados académicos na dobre titulación; só por motivos xustificados
(solicitudes de bolsas que así o esixan, outras debidamente motivadas) poderán
expedirse certificacións académicas individuais de cada un dos graos, facendo constar
que o alumno cursa un programa de estudios de dobre grado..
3. As materias cursadas no dobre grao imputaranse directamente na titulación de grao da
que proceden, coa súa denominación e carácter orixinais, así como coa cualificación e
convocatoria na que foron superadas.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 1 / 23
2
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
4. Imputación de materias cursadas no dobre grao e que corresponden á outra titulación
que conforma o itinerario:
a. Materias con contidos equivalentes. Utilizarase o sistema de recoñecemento
automático.
b. Materias sen contidos específicos equivalentes no dobre grao. Determinaranse
as materias cursadas no dobre grao correspondentes á outra titulación que se
imputan , ao mesmo tempo que se exime de cursar contidos do propio plan, de
conformidade coas regras que se establecen no anexo da presente Resolución..
5. As materias cursadas no dobre grao, pertencentes a un dos graos (grao A) e que teñan
equivalencia no outro (grao B), imputaranse a este último (grao B) coa denominación do
grao B, coa cualificación e convocatoria na que foron superadas. No caso de que a
correspondencia sexa de varias a unha ou varias a varias, realizarase a media
ponderada das cualificacións, sendo a convocatoria asignada a correspondente á última
materia do grao A superada. Nas certificacións académicas deberá figurar a referencia á
superación destas materias dentro do itinerario de dobre titulación de que se trate.
6. Recoñecemento de créditos optativos. Os estudantes dos dobres graos deberán cursar
os créditos optativos establecidos nas memorias respectivas, e de acordo coas normas
que se recollan nelas. O procedemento para a imputación de créditos optativos no
expediente de cada un dos graos que compoñen as dobres titulacións será o seguinte:
a. En primeiro lugar imputaranse os créditos optativos da titulación de destino.
b. A continuación imputaranse os créditos optativos da outra titulación coa súa
denominación e cualificación.
c. Os créditos optativos cursados na dobre titulación a maiores dos esixidos tamén
poderán ser imputados á titulación de destino, priorizándose os créditos da
propia titulación.
d. No caso de que aínda así non se completen os créditos optativos necesarios,
poderán imputarse como optatividade materias obrigatorias do outro plan coa
súa denominación e cualificacións. Estas materias deberán estar identificadas
nas memorias das dobres titulacións. A súa imputación aos expedientes dos
graos individuais realizarase considerando as materias coa maior cualificación
ata completar os créditos necesarios.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 2 / 23
3
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
e. Tamén poderán imputarse como créditos optativos os correspondentes a
créditos transversais e de actividades universitarias, de conformidade co artigo
12.8 do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro. Os créditos cursados deste
tipo imputaranse a ambas as dúas.
f. Só poderán imputarse para completar os créditos optativos cursados conforme
ás memorias das dobres titulacións en cada un dos graos individuais.
7. No anexo desta resolución Reitoral concrétase o sistema de incorporación dos
resultados obtidos nun itinerario de dobre titulación en cada un dos graos que o
compoñen, indicando os contidos que é preciso cursar para obter a dobre titulación,
especificando os contidos exentos de cursar (en virtude da adquisición das súas
competencias coas materias do itinerario definido), o recoñecemento de formación
básica, os contidos equivalentes, a forma de cursar os créditos optativos, etc, así como
calquera outra información relevante (obtención de mencións, etc.).
8. Unha vez realizada a segregación dos expedientes en cada un dos graos e o
recoñecemento de materias en aplicación dos cadros de equivalencias e de acordo coas
normas que figuran nesta Resolución e os seus anexos, deberá incluirse unha dilixencia
en cada un dos expedientes dos graos independentes co seguinte texto: “Estudos
cursados mediante un Programa de Simultaneidade de Grao en XXXXXX e Grao en
XXXXXXX”.
9. Nos casos de abandono dos estudos no dobre grao antes da súa finalización o texto da
dilixencia será o seguinte: “As materias superadas ata o curso académico xx/xx foron
cursadas seguindo o Dobre Grao en xxx e xxx, ofertado por esta Universidade.”
10. Esta resolución surtirá efectos desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico da USC.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso
contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de
Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa recepción, de
conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdicción Contencioso Administrativa,
aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 3 / 23
4
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun
mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-
administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do
recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de
outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O Reitor
(documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas - BOE nº 236, do 2 de outubro de 2015)
Antonio López Díaz
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 4 / 23
5
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
ANEXOS
1.- DG en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría
Forestal e do Medio Natural
Nota: realizarase o recoñecemento contra a segunda edición do Grao en Enx. Forestal e do
MN.
DG en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal
e do Medio Natural -> Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Materias de formación básica
As materias de FB que se cursan no dobre grao pertencen ao Grao en Enxeñaría Forestal e do MN, salvo Fundamentos
de Economía Agraria e Forestal. As materias de FB do Grao en Enxeñaría Forestal e do MN teñen unha equivalencia
directa no Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e deberán figurar como recoñecidas de acordo co seguinte
cadro:
DOBRE GRAO E. AGRICOLA E AGROALIMENTARIA
Cód. Denominación ECTS Cód. Denominación ECTS
G4071104 Estatística 4,5 G4091101 Estatística 4,5
G4071103 Expresión gráfica na
enxeñaría 6,0 G4091102
Expresión gráfica na
enxeñaría 6,0
G4071102 Física I 6,0 G4091103 Física I 6,0
G4071109 Informática 4,5 G4091104 Informática 4,5
G4071101 Matemáticas I 6,0 G4091105 Matemáticas I 6,0
G4071105 Química 9,0 G4091106 Química 9,0
G4071107 Física II 6,0 G4091107 Física II 6,0
G4071108 Xeoloxía e
climatoloxía 6,0 G4091108
Xeoloxía e
climatoloxía 6,0
G4071110 Bioloxía 6,0 G4091109 Bioloxía 6,0
G4071106 Matemáticas II 6,0 G4091110 Matemáticas II 6,0
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 5 / 23
6
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Esta materia corresponde ao Grao en Enx. Agrícola e Agroalimentaria e imputarase directamente no expediente:
DOBRE GRAO E. AGRICOLA E AGROALIMENTARIA
Cód. Denominación ECTS Cód. Denominación ECTS
G4091215
Fundamentos de
Economía Agraria e
Forestal(*)
6,0 G4091215
Fundamentos de
Economía Agraria e
Forestal
6,0
(*) A materia Fundamentos de Economía Agraria e Forestal (G4091215), do Grao en Enx. Agrícola e Agroalimentaria
denominouse inicialmente Economía do Sistema Agroalimentario (G4091201). Ao realizar o desdobre de expedientes,
no Grao en Enxeñaría Agrícola e Alimentaria deberá recollerse a denominación da materia cursada polo estudante.
Materias obrigatorias
Aplicaranse os recoñecementos establecidos na memoria do dobre título:
Do total de 132 ECTS obrigatorios do Grao en E. Agrícola e Agroalimentaria, 16,5 se corresponden a tres
materias que se recoñecen por catro no Grao en E. Forestal e do Medio Natural:
E. AGRICOLA E AGROALIMENTARIA E. FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Cód. Denominación ECTS Cód. Denominación ECTS
G4091203 Ecoloxía e Impacto ambiental 6,0
G4071227 Ecoloxía 6,0
G4071328 Avaliación e Corrección de
Impacto Ambiental 4,5
G4091211 Topografía e Xeomática 6,0 G4071233 Topografía e Xeomática 6,0
G4091401 Proxectos 4,5 G4071424 Proxectos 4,5
O resto de materias obrigatorias do Grao en Enx. Agrícola e Agroalimentaria cúrsanse no dobre grao.
Materias optativas vinculadas a mencións do Grao en Enx. Agrícola e
Agroalimentaria
As materias optativas vinculadas a mencións son aquelas que garanten a adquisición das competencias ligadas as especialidades profesionais definidas nas ordes ministeriais polas que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola (Orde CIN/323/2009, de 9 de febreiro) e de Enxeñeiro Técnico Forestal (Orde CIN/324/2009, de 9 de febreiro).
No dobre grao é necesario completar unha das 3 mencións ofertadas do Grao en Enx. Agrícola e Agroalimentaria, así como as da mención ofertada do Grao en Enx. Forestal e do Medio Natural.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 6 / 23
7
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
En concreto, nas tres mencións consideradas no Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, os recoñecementos serán os seguintes:
MENCIÓN: Explotacións Agropecuarias
Materias Obrigatorias de Mención
Código Denominación ECTS Observacións G4091311 Zooloxía e Fisioloxía Animal 4,5 Recoñecida por G4071228 “Zooloxía” (6,0 ECTS)
G4091406 Praticultura e Cultivos Forraxeiros 6,0
MENCIÓN: Hortofruticultura e Xardinería
Materias Obrigatorias de Mención
Código Denominación ECTS Observacións
G4091312 Hidroloxía 4,5 Recoñecida por G4071234 “Hidroloxía” (6,0
ECTS)
G4091408 Ordenación do Territorio e
Proxectos de Desenvolvemento 4,5
Recoñecida por G4071444 “Ordenación e
Planificación do Territorio e do Medio Natural”
(4,5 ECTS)
G4091407 Xardinería e Paisaxismo II 4,5
G4091409 Cultivos Herbáceos Intensivos II 4,5
G4091410 Fruticultura II 4,5
Na seguinte mención non hai recoñecementos, xa que se cursan no dobre grao (impútanse directamente):
MENCIÓN: Mecanización e Construcións Rurais
Materias Obrigatorias de Mención
Código Denominación ECTS
G4091313 Mecanización Rural 4,5
G4091411 Camiños Rurais e Estruturas de Contención 4,5
G4091412 Tecnoloxía Mecánica e Deseño de Maquinaria Agrícola 4,5
G4091413 Materiais e Elementos da Edificación 6,0
Materias optativas xerais
Para completar os créditos optativos necesarios no Grao en Enx. Agrícola e Agroalimentaria,
recoñeceranse as seguintes materias OB do Grao en Enx. Forestal (en función da mención elixida):
Para Hortofruticultura e Xardinería
G4071342 Xardinería e Paisaxismo Forestal (4.5)
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 7 / 23
8
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Para Explotaciones Agropecuarias:
G4071234 Hidroloxía (6,0)
Para Mecanización y Construcciones Rurales:
G4071234 Hidroloxía (6,0)
G4071444 Ordenación e Planificación do Territorio e do Medio Natural (4,5)
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 8 / 23
9
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
DG en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal
e do Medio Natural -> Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio
Natural
Materias de formación básica
As materias de FB que se cursan no dobre grao pertencen ao Grao en Enxeñaría Forestal e do MN, salvo Fundamentos
de Economía Agraria e Forestal. A materia Economía do Sistema Agroalimentario (modificada posteriormente por
Fundamentos de Economía Agraria e Forestal) que corresponde a FB do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
ten unha equivalencia directa coa materia Fundamentos de Economía Agraria e Forestal do Grao en Enxeñaría Forestal
e do MN e deberá figurar como recoñecida de acordo co seguinte cadro:
DOBRE GRAO E. FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Cód. Denominación ECTS Cód. Denominación ECTS
G4091215 Fundamentos de Economía
Agraria e Forestal 6,0 G4071202
Fundamentos de
Economía Agraria e
Forestal (*)
6,0
(*) A materia Fundamentos de Economía Agraria e Forestal (G4091215), do Grao en Enx. Agrícola e Agroalimentaria
denominouse inicialmente Economía do Sistema Agroalimentario (G4091201). Ao realizar o desdobre de expedientes,
no Grao en Enxeñaría Agrícola e Alimentaria deberá recollerse a denominación da materia cursada polo estudante.
As restantes materias imputaranse directamente no Grao en Enx. Forestal e do Medio Natural:
DOBRE GRAO E. FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Cód. Denominación ECTS Cód. Denominación ECTS
G4071104 Estatística 4,5 G4071104 Estatística 4,5
G4071103 Expresión gráfica na enxeñaría 6,0 G4071103 Expresión gráfica na
enxeñaría 6,0
G4071102 Física I 6,0 G4071102 Física I 6,0
G4071109 Informática 4,5 G4071109 Informática 4,5
G4071101 Matemáticas I 6,0 G4071101 Matemáticas I 6,0
G4071105 Química 9,0 G4071105 Química 9,0
G4071107 Física II 6,0 G4071107 Física II 6,0
G4071108 Xeoloxía e climatoloxía 6,0 G4071108 Xeoloxía e climatoloxía 6,0
G4071110 Bioloxía 6,0 G4071110 Bioloxía 6,0
G4071106 Matemáticas II 6,0 G4071106 Matemáticas II 6,0
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 9 / 23
10
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Materias obrigatorias
Aplicaranse os recoñecementos establecidos na memoria do dobre título:
Do total de 132 ECTS obrigatorios do Grao en E. Forestal e do Medio Natural, 22,5 correspóndense a cinco materias
que se recoñecen polas súas equivalentes no Grao en E. Agrícola e Agroalimentaria:
E. Forestal e do Medio Natural E. Agrícola e Agroalimentaria
Cód. Denominación ECTS Cód. Denominación ECTS
G4071222 Construción Forestal 4,5 G4091202 Cálculo de Estruturas 4,5
G4071224 Edafoloxía 4,5 G4091204 Edafoloxía 4,5
G4071225 Electrotecnia 4,5 G4091205 Electrotecnia 4,5
G4071231 Hidráulica 4,5 G4091209 Hidráulica 4,5
G4071232 Mecanización Agroforestal 4,5 G4091216 Mecanización Agroforestal 4,5
O resto de materias obrigatorias do Grao en Enx. Forestal e do Medio Natural cúrsanse no dobre grao.
Materias optativas xerais
Para completar os créditos optativos necesarios no Grao en Enx. Forestal recoñeceranse as seguintes
materias OB do Grao en Enx. Agrícola e Agroalimentaria:
G4091305 Xenética e Mellora (6,0)
G4091302 Construción Rural (6,0)
G4091208 Fitotecnia 6,0
O recoñecemento realizarase comezando pola materia de maior cualificación.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 10 / 23
11
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
2.- DG en Física e en Química
DG en Física e en Química -> Grao en Física
Formación básica
Todas as materias que se cursan no dobre grao son do Grao en Física. Impútanse directamente.
Materias obrigatorias
Cúrsanse todas as materias no dobre grao agás a materia G1031425 Técnicas Experimentais IV.
Os contidos desta materia están incluídos en 4 materias do Grao en Química:
G1041227 Química Física II
G1041321 Química Analítica III
G1041322 Análise estrutural
G1041422 Ciencia de Materiais I
Aplícase o recoñecemento automático cando se superen todas as materias.
A convocatoria, curso académico de superación e número de convocatorias serán as correspondentes á última materia
superada.
Materias optativas
Aplícanse como optativas as materias obrigatorias do Grao en Química seguintes:
G1041323 Química Física IV
G1041421 Enxeñaría Química
G1041423 Bioquímica
G1041424 Ciencia de Materiais II
G1041426 Proxectos profesionais en Química
Estas materias suman 28,5 ECTS, e superan os 27 ECTS optativos do plan de Grao en Física.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 11 / 23
12
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
DG en Física e en Química -> Grao en Química
Formación básica
Non se cursa ningunha materia deste tipo no dobre grao
Aplícanse as materias do Grao en Física
As materias de FB do Grao en Química teñen que figurar como exentas. A exención só se pode aplicar cando se
supere o total da FB, xa que non hai correspondencia entre materias
Materias obrigatorias
Cursánse todas as materias obrigatorias do Grao en Química no dobre grao agás Química Física I (G1041222) e
Química Física III (G1041228), que se recoñecen da forma seguinte:
Grao en Física (cursada en DG) Grao en Química (recoñecida)
Física Cuántica I (G1031322) Química Física I (G1041222)
Fundamentos de Termodinámica (G1031223) Química Física III (G1041228)
Aplícase o recoñecemento automático no Grao en Química cando se superen as materias equivalentes do Grao en
Física, na mesma convocatoria e curso académico, co mesmo número de convocatorias.
(nota: debería recollerse a denominación orixinal das materias de Química; sufriron unha modificación que se
implementará no curso 2020-21, co fin de ampliar información sobre o seu contido).
Materias optativas
Aplícanse como optativas as materias obrigatorias do Grao en Física seguintes:
G1031228 Termodinámica y Teoría Cinética
G1031422 Física Nuclear e de partículas
G1031423 Física do Estado Sólido
Estas materias suman 18 ECTS optativos do plan de Grao en Química.
(nota: non correspondería o recoñecemento de materias optativas cursadas no dobre título, xa que non está previsto na
memoria; por outra banda, tampouco sería necesario o recoñecemento de competencias transversais ou por realización
de actividades universitarias).
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 12 / 23
13
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
3.- DG Matemáticas-Física
DG Matemáticas-Física - G. Física
Formación Básica
As/os estudantes do dobre grao cursarán un total de 66 créditos de Formación Básica, dos que 18 corresponden a
créditos de Formación Básica do Grao en Física e 48 corresponden a créditos de Formación Básica do Grao en
Matemáticas.
1. Materias de FB cursadas no DG correspondentes ao Grao en Física e que se imputan directamente no expediente deste grao:
G1031101 Física Xeral I (FB)
G1031106 Física Xeral II (FB)
G1031110 Técnicas Experimentais I (FB)
2. Materias de FB cursadas no DG correspondentes ao Grao en Matemáticas, con recoñecemento no Grao en Física:
Cursadas no DG (corresponden ao G. Matemáticas) Grao en Física (recoñecidos)
G1011105 Introdución á Análise Matemática G1011104 Continuidade e Derivabilidade de Funcións dunha Variable Real G1011108 Integración de Funcións dunha Variable Real G1011225 Diferenciación de Funcións de Varias Variables Reais (OB)
G1031102 Métodos Matemáticos I (FB) G1031108 Métodos Matemáticos III (FB)
G1011106 Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial G1031103 Métodos Matemáticos II (FB)
G1011103 Informática G1031105 Informática para Científicos (FB)
G1011226 Introdución ás Ecuacións Diferenciais Ordinarias G1031109 Métodos Matemáticos IV (FB)
3. Os alumnos do DG están exentos de cursar as materias de FB
Os alumnos están exentos de cursar as dúas materias (Bioloxía, Química) ao realizar o grao en Matemáticas polo
itinerario de dobre titulación.
G1031104 Bioloxía G1031107 Química
Estes alumnos terán o recoñecemento de 12 créditos de FB da rama de Ciencias cursados en materias de FB do Grao
en Matemáticas:
G1011101 Elementos de probabilidade e estatística
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 13 / 23
14
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
G1011107 Linguaxe matemática, conxuntos e números G1011110 Topoloxía dos espazos euclidianos
Aos s alumnos se lles recoñecen 12 créditos de formación básica da rama de ciencias no Grao en Física ao cursar as
materias do Grao en Matemáticas (101, 107 e 110) no dito itinerario. Incorporaranse ao expediente as dúas materias
coa mellor cualificación.
Créditos obrigatorios (OB)
O total de créditos obrigatorios do dobre Grao é de 259.5, dos cales 6 créditos corresponden ao Traballo Fin de Grao do
Grao en Física e 12 créditos corresponden ao Traballo Fin de Grao do Grao en Matemáticas.
O alumnado cursará obrigatoriamente 121.5 créditos obrigatorios do Grao en Física. Para as materias obrigatorias non
cursadas, aplicarase o seguinte cadro de recoñecementos:
Materias cursadas no DG (G. Matemáticas) Materias do Grao en Física (recoñecidas)
G1011329 Series de Fourier e introdución ás ecuacións en derivadas parciais G1011224 Curvas e superficies
G1031224 Métodos matemáticos V
G1011422 Variable complexa G1031229 Métodos matemáticos VI
G1011223 Cálculo numérico nunha variable G1011321 Cálculo vectorial e integración de Lebesgue G1011328 Métodos numéricos en optimización e ecuacións diferenciais
G1031329 Física computacional G1031325 Fundamentos de instrumentación electrónica G1031424 Electrónica física
G1011443 Fundamentos de astronomía (OP). No caso de tela cursada, podería recoñecerse pola materia correspondente do Grao en Física
G1031426 Astrofísica e cosmoloxía
Créditos Optativos (OP)
O alumnado cursará como mínimo 34.5 créditos optativos, polo menos 4.5 a escoller entre as materias optativas que se
ofertan no Grao en Física e 6 entre as ofertadas no Grao en Matemáticas (excluídas en ambos os dous casos as
prácticas externas), non establecéndose un máximo en ningún dos casos.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 14 / 23
15
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
DG Matemáticas-Física - G. Matemáticas
Formación Básica
As/os estudantes do dobre grao cursarán un total de 66 créditos de Formación Básica, dos que 18 corresponden a
créditos de Formación Básica do Grao en Física e 48 corresponden a créditos de Formación Básica do Grao en
Matemáticas.
1. Materias de FB cursadas no DG correspondentes ao Grao en Matemáticas e que se imputan directamente no expediente deste grao:
G1011101 Elementos de Probabilidade e Estatística (FB)
G1011103 Informática (FB)
G1011104 Continuidade e Derivabilidade de Funcións dunha Variable Real (FB)
G1011105 Introdución á Analise Matemática (FB)
G1011106 Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial (FB)
G1011107 Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números (FB)
G1011108 Integración de Funcións dunha Variable Real (FB)
G1011110 Topoloxía dos Espazos Euclidianos (FB)
2. Os alumnos do DG están exentos de cursar as materias de FB
Os alumnos están exentos de cursar as tres materias (Bioloxía, Química, Física Básica) ao realizar o grao en
Matemáticas polo itinerario de dobre titulación.
Os alumnos do DG están exentos de cursar as materias de FB
G1011102 Bioloxía Básica G1011109 Química Básica G1011201 Física Básica
Estes alumnos terán o recoñecemento de 18 créditos de FB da rama de Ciencias cursados en materias de FB do Grao
en Física:
G1031101 Física xeral I G1031106 Física xeral II G1031110 Técnicas experimentais I
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 15 / 23
16
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Créditos Obrigatorios (OB)
O total de créditos obrigatorios do dobre Grao é de 259.5, dos cales 6 créditos corresponden ao Traballo Fin de Grao do
Grao en Física e 12 créditos corresponden ao Traballo Fin de Grao do Grao en Matemáticas.
O alumnado cursará 120 créditos obrigatorios do Grao en Matemáticas.
Os contidos e competencias da materia Modelización Matemática de 6 créditos de Formación Obrigatoria do Grao en
Matemáticas quedan cubertos polos das materias obrigatorias Mecánica Clásica I, Termodinámica e Teoría Cinética, e
Mecánica Clásica III do Grao en Física.
Créditos Optativos (OP)
O alumnado cursará como mínimo 34.5 créditos optativos, polo menos 4.5 a escoller entre as materias optativas que se
ofertan no Grao en Física e 6 entre as ofertadas no Grao en Matemáticas (excluídas en ambos os dous casos as
prácticas externas), non establecéndose un máximo en ningún dos casos.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 16 / 23
17
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
4.- DG en Xornalismo e Comunicación Audiovisual
DG en Xornalismo e Comunicación Audiovisual -> Grao en
Xornalismo
Materias de formación básica
O alumnado deberá cursar 60 créditos de FB, dos cales, 54 serán do Grao en Xornalismo e 6 do Grao en CAV. O alumnado deberá cursar, do mesmo xeito que ocorre nos Graos en Xornalismo e CAV, unha das dúas materias de FB que se ofertan: Lingua Galega ou Lingua Española O alumnado do itinerario de dobre titulación cursará as seguintes materias de Formación Básica, que se imputarán directamente no expediente do Grao en Xornalismo: G3031101 Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos
G3031102 Historia do Mundo Actual
G3031103 Fundamentos de Economía da Información
G3031104 Dereito da Información
G3031201 Estatística Aplicada á Comunicación
G3031202 Lingua Galega
G3031203 Lingua Española
G3031204 Documentación Informativa
G3031205 Comunicación Interpersoal e Comunitaria
G3031207 Fotoxornalismo
Os alumnos estarán eximidos de cursar a materia do Grao en Xornalismo G3031206 Industrias Culturais.
Para compensar os créditos de formación básica que faltan, recoñeceránselles 6 créditos de formación
básica pola materia cursada:
G3041103 Historia da comunicación audiovisual
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 17 / 23
18
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Materias obrigatorias
Os alumnos cursan as seguintes materias obrigatorias do Grao en Xornalismo, que se imputan directamente
ao seu expediente:
G3031121 Técnicas e Tecnoloxías para os medios de Comunicación
G3031122 Produción da Información
G3031123 Publicidade e Relacións Públicas
G3031124 Locución Audiovisual
G3031125 Linguaxe Audiovisual
G3031126 Redacción Informativa
G3031221 Xéneros Informativos en Prensa
G3031222 Información Radiofónica
G3031223 Información Televisiva
G3031224 Xéneros Interpretativos e de Opinión en Prensa
G3031322 Teorías da Comunicación e da Información
G3031323 Comunicación Organizacional
G3031324 Xéneros Radiofónicos e Televisivos
G3031325 Multimedia: teoría, técnica e aplicacións
G3031326 Métodos de investigación
G3031327 Xornalismo Especializado
G3031329 Deseño e composición visual
G3031421 Áreas de Especialización Xornalística
G3031422 Novos Soportes e Arquitectura da Información
G3031423 Órganos e sistemas de regulación
Así mesmo, terán o recoñecemento das seguintes materias obrigatorias:
Materia cursada no dobre grao Materia do Grao en Xornalismo
G3041422 Xestión e estrutura da empresa audiovisual
G3031328 Xestión da Empresa Informativa
G3041421 - Políticas europeas do audiovisual G3031321 - Historia da Comunicación
Traballo fin de grao (Grao en Xornalismo; 12 ECTS)
Na memoria da dobre titulación indícase que "O alumnado deberá realizar un TFG cunha carga lectiva de 24
créditos presentando un TFG con dúas partes claramente diferenciadas, unha de Xornalismo e outra de
CAV". Imputarase directamente a cualificación obtida no TFG da dobre titulación no Grao en Xornalismo.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 18 / 23
19
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Materias optativas
Para cubrir os 36 créditos optativos previstos no plan de estudos de Grao en Xornalismo, poderanse
imputar directamente as seguintes materias ofertadas no dobre grao:
Materias OP procedentes do Grao en Xornalismo
G3031342 Programación e Audiencias
G3031441 Infografía
G3031442 Documental
G3031443 Estratexias e Plans de Comunicación
G3031445 Novos formatos e Productos para a Rede
G3031446 Inglés para Xornalistas
G3031448 Movementos xornalísticos e comunicación cidadá
G3031449 Prácticas en empresas xornalísticas
Materias OP procedentes do Grao en Comunicación Audiovisual
G3041342 Teoría e análise da televisión
G3041343 Cine de autor
G3041441 Dirección de arte
G3041442 Laboratorio de innovación e aplicación audiovisual
G3041446 Promoción e difusión da obra audiovisual
G3041447 Deseño e animación
G3041448 Prácticas en empresas
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 19 / 23
20
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
DG en Xornalismo e Comunicación Audiovisual -> Grao en
Comunicación Audiovisual
Materias de formación básica
O alumnado deberá cursar 60 créditos de FB, dos cales, 54 serán do Grao en Xornalismo e 6 do Grao en CAV. O alumnado deberá cursar, do mesmo xeito que ocorre nos Graos en Xornalismo e CAV, unha das dúas materias de FB que se ofertan: Lingua Galega ou Lingua Española O alumnado do itinerario de dobre titulación cursará a seguinte materia de Formación Básica, que se imputará directamente no expediente do Grao en Comunicación Audiovisual:
G3041103 Historia da comunicación audiovisual
Así mesmo, terá o recoñecemento das seguintes materias do Grao en Xornalismo cursadas no dobre grao:
Materia cursada no dobre grao Materia do grao en CAV
G3031103 Fundamentos de Economía da Información
G3041102 Fundamentos de economía da información
G3031204 Documentación Informativa G3041105 Documentación audiovisual
G3031104 Dereito da Información G3041106 Dereitos da comunicación e da autoría
G3031202 Lingua galega G3041201 Lingua galega
G3031203 Lingua española G3041202 Lingua española
G3031201 Estatística Aplicada á Comunicación G3041203 Estatística aplicada á comunicación audiovisual
G3031101 Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos
G3041104 Institucións políticas e movementos sociais
Os alumnos estarán eximidos de cursar as materias do Grao en Comunicación Audiovisual: G3041101
Identidade cultural e sociedade da información, G3041 Industrias Culturais e G3041205 Teorías e métodos
de comunicación e da cultura. Para compensar os créditos de formación básica que restan conforme ao
establecido no plan de estudos, recoñeceránselles 12 créditos de formación básica polas seguintes materias
cursadas na dobre titulación:
G3031102 Historia do Mundo Actual
G3031205 Comunicación Interpersoal e Comunitaria
G3031207 Fotoxornalismo
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 20 / 23
21
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Materias obrigatorias
Os alumnos cursan as seguintes materias obrigatorias do Grao en Comunicación Audiovisual, que se
imputan directamente ao seu expediente:
G3041124 Produción en TV
G3041223 Realización audiovisual
G3041226 Edición audiovisual
G3041322 Movementos cinematográficos
G3041323 Industrias creativas e ideación
G3041324 Guión e adaptación
G3041325 Producción cinematogáfica
G3041326 Dirección cinematográfica e interpretación
G3041327 Dirección de fotografía e iluminación
G3041328 Tratamento do son e estilos musicais
G3041329 Montaxe cinematográfica
G3041421 Políticas europeas do audiovisual
G3041422 Xestión e estrutura da empresa audiovisual
Así mesmo, terán o recoñecemento das seguintes materias obrigatorias:
Materia cursada no dobre grao Materia do Grao en Comunicación Audiovisual
G3031121 Técnicas e Tecnoloxías para os Medios de Comunicación
G3041121 Tecnoloxías da comunicación audiovisual
G3031125 Linguaxe Audiovisual G3041122 Linguaxe audiovisual
G3031124 Locución Audiovisual G3041221 Expresión sonora e visual
G3031126 Redacción Informativa G3041224 Comunicación e información xornalística
G3031342 Programación e Audiencias G3041225 Programación e análise da recepción
G3031123 Publicidade e Relacións Públicas G3041321 Publicidade audiovisual
G3031322 - Teorías da Comunicación e da Información G3031329 - Deseño e composición visual
G3041123 - Escritura audiovisual G3041222 - Modalidades de ficción e do documental
Traballo fin de grao (Grao en Comunicación Audiovisual; 24 ECTS)
Na memoria da dobre titulación indícase que "O alumnado deberá realizar un TFG cunha carga lectiva de 24
créditos presentando un TFG con dúas partes claramente diferenciadas, unha de Xornalismo e outra de
CAV". Imputarase directamente a cualificación obtida no TFG da dobre titulación no Grao en Comunicación
Audiovisual.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 21 / 23
22
REITORÍA
Praza do Obradoiro, s/n – Reitoría
15782 Santiago de Compostela
Materias optativas
Para cubrir os 30 créditos optativos previstos no plan de estudos de Grao en Comunicación Audiovisual,
poderanse imputar directamente as seguintes materias ofertadas no dobre grao:
Materias OP procedentes do Grao en Comunicación Audiovisual
G3041342 Teoría e análise da televisión
G3041343 Cine de autor
G3041441 Dirección de arte
G3041442 Laboratorio de innovación e aplicación audiovisual
G3041446 Promoción e difusión da obra audiovisual
G3041447 Deseño e animación
G3041448 Prácticas en empresas
Materias OP procedentes do Grao en Xornalismo
G3031342 Programación e Audiencias
G3031441 Infografía
G3031442 Documental
G3031443 Estratexias e Plans de Comunicación
G3031445 Novos formatos e Productos para a Rede
G3031446 Inglés para Xornalistas
G3031448 Movementos xornalísticos e comunicación cidadá
G3031449 Prácticas en empresas xornalísticas
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 22 / 23
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature
Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,31/07/2020 14:16:19.
CSV: A469-2CB8-4F3F-811B
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A469-2CB8-4F3F-811BVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A469-2CB8-4F3F-811B 23 / 23