povisa: complementariedade ou parasitación. ata cando?

9
COMPLEMENTARIDADE OU PARASITACIÓN” COMPLEMENTARIDADE OU PARASITACIÓN” ¿ ATA CANDO ? ¿ ATA CANDO ? PLATAFORMA EN DEFENSA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA SANIDADE PÚBLICA

Upload: plataformasanidadecangas

Post on 20-Jul-2015

522 views

Category:

Health & Medicine


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?

““COMPLEMENTARIDADE OU PARASITACIÓN”COMPLEMENTARIDADE OU PARASITACIÓN”

¿ ATA CANDO ?¿ ATA CANDO ?

PLATAFORMA EN DEFENSA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICADA SANIDADE PÚBLICA

Page 2: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?

POVISA constituíse como sociedade mercantil en 1969 baixo a denominación de Policlínico Vigo, S.A., por iniciativa dun grupo de médicos da cidade que conciben a idea de unir nunha soa a súas respectivas clínicas e en 1973 inicia a súa actividade asistencial

Durante os primeiros anos POVISA limitase a ofertar as especialidades dos seus fundadores, ademais duns sistemas de tratamento do cancro con isótopos e coa bomba de cobalto.

Tamén estableceu concertos sanitarios co Instituto Social da Marina (ISM) e co Instituto Nacional de la Salud (INSALUD).

En 1983 realizou unha gran ampliación do edificio que elevou as camas a 700.

Page 3: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?

Así, cando o SERGAS asume as competencias sanitarias, a principios dos 90, esta debe enfrontarse a decisión de aumentar as infraestruturas sanitarias e recursos propios para adecualos as necesidades de asistencia da poboación da área sanitaria de Vigo, contando coa infraestrutura privada xa existente de forma subsidiaria e complementaria das prestacións publicas

Ou converter a POVISA en substituto directo dunha infraestrutura e organización equivalente de carácter público, a través dun concerto singular.

Isto é o que se decide, renunciando a dotar á sanidade publica dos recursos hospitalarios e tecnolóxicos necesarios, coa cesión da atención da cidadanía do Morrazo, Val Miñor e Coia a POVISA.

Page 4: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?

Así, o primer concerto singular entre POVISA e o SERGAS en 1993, en substitución do existente co INSALUD, supuxo unha ruptura do réxime normal de concertos de prestación de servizos e actividades sanitarias con centros alleos baixo os principios de subsidiaridade e complementariedade das prestacións desenroladas respecto das públicas.

A comezos de 1996 resolvese anticipadamente, de mutuo acordo o concerto de 1993, firmándose un novo que incorpora as prestacións sanitarias do anterior concerto do ISM.

Cumprido o seu su prazo de vixencia de cinco anos en 2000, firmase un novo concerto co hospital por un período de oito anos, prorrogable por dos máis, que remata a finais de 2010.

Page 5: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?

Na primeira metade do ano 90, a sociedade atravesou unha delicada situación económica, e 1996, sufre serias dificultades financeiras e de xestión e toma o control da sociedade o Grupo NOSA TERRA 2000, S.L.U.. Actuais propietarios

O PRIMER CONCIERTO SINGULAR DE 1993 PERMITE A ESTE CENTRO SALVARSE DA BANCARROTA POR UNHA MALA XESTION

A existencia do concerto e a garantía do SERGAS, aportoulle a POVISA a estabilidade financeira necesaria para o saneamento da empresa, facilitando os procesos de modernización das infraestruturas e dos procesos asistenciais.

Segundo as contas anuais de POVISA referidas ao exercicio 2006, a facturación do SERGAS representaba máis do 75% do importe neto da cifra de negocios da empresa. A súa actividade netamente privada e pois accesoria.

O volume de recursos dedicados polo SERGAS aos servizos asistenciais concertados para a cobertura da poboación asignada a POVISA crece dende 46,2 millóns de euros de 2001 ós 70,9 millóns de 2008, o que supón un incremento do 53,4% en oito anos.

POVISA CRECEU A EXPENSAS DA SANIDADE PÚBLICA DE VIGO GRAZAS AS VENTAXAS DO CONCERTO SINGULAR

Page 6: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?

Coa chegada á Xunta do Bipartito(2005), o SERGAS definiu as directrices da configuración do sistema na área de Vigo e da Rexión Sur de Galicia, recollendo as conclusións do Plan Estratéxico do CHUVI (2005) que prevía a construción das infraestruturas necesarias para atender a toda a poboación da area de Vigo e a súa área de influenza coa construción dun Novo Hospital de Vigo.

Pretendíase polo tanto, suprimir o Concerto Singular de POVISA e situalo como hospital complementario e de apoio o CHUVI en lugar de substitutivo.

Coa recuperación do goberno polo PP (2009), modifícase o Plan de financiamento do NHV, optando pola vía da PFI ou financiamento privado, e modifícase o proxecto arquitectónico (2008) reducindo as infraestruturas necesarias para dar cobertura a poboación de referencia. Con elo se pretende dar futuro de novo a POVISA como hospital xeneral.

Page 7: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?

Unha vez mais e de forma practicamente irreversible, POVISA coa complicidade do PP, asegúrase novamente a través da redución do Novo Hospital de Vigo a capacidade –ou mellor dito a incapacidade- do SERGAS para atender a demanda da área viguesa.

Unha sanidade pública que xa debilitada por esta causa, quedará por décadas emparedada e sen capacidade de manobra entre POVISA e a empresa propietaria (que a vai construír) do Novo Hospital de Vigo.

Page 8: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?

Recentemente a opinión publica veuse sorprendida pola presenza nos medios da noticia de que se renegociaba o contrato singular de POVISA co SERGAS, e asistiu pasmada ó chantaxe de esta empresa utilizando ós seus propios traballadores sanitarios, para conseguir a ampliación do Concerto Singular e unhas vantaxes económicas no mesmo.

No mes pasado, novamente utiliza ós traballadores, para obter un un bo financiamento do pago capitativo.

Esta forma de actuación política é a que ven aplicando POVISA respecto á Sanidade Publica viguesa desde a súa fundación que vai condicionar o desenrolo diferencial das infraestruturas do sistema sanitario público na área sanitaria de Vigo, respecto do resto de Galicia. Logrando evitar, o crecemento do Hospital Xeral en terreos veciños e mais tarde impedir que o Meixoeiro tivese as dimensións necesarias de un gran hospital.

Tentando de asegurarse un mercado, coa connivencia da Consellería e do SERGAS, cunha xerente que formou parte de seu equipo directivo, da poboación asegurada do Sergas, que esta non pode atender.

Esta é a explicación da constante infradotación sanitaria da Area viguesa en relación a outras similares de Galicia, que motivan que aquí o SERGAS este atado pola cadea que manexa POVISA.

Page 9: Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?