postal paz

2
CEIP Cespón O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da non violencia e da Paz. Recórdase nesta data a morte de Mahatma Gandhi (líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros por un fanático hinduísta o 30 de xaneiro de 1948). Este ano queremos recordar dun xeito moi especial a Nelson Mandela, dado o seu recente pasamento. Mandela foi galardoado no ano 1993 co Premio Nobel da Paz. Os Premios Nobel foron instituídos polo científico e investigador sueco Alfred Nobel, descubridor, entre outros logros, da dinamita. Acumulou unha enorme riqueza, pero tamén un certo complexo de culpa polo mal e a destrución que os seus inventos puidesen causar á Humanidade nos campos de batalla. Polo que deixou á Fundación Nobel esta fortuna para que anualmente premiasen a labor en diversos ámbitos: física, química, literatura, medicina e paz. (Alfred Nobel é un dos científicos que estamos a traballar desde o Proxecto Anual da Biblioteca). Unha vez coñecida a morte de Mandela, desde a Biblioteca Escolar repartiuse información. O alumnado de sexto realizou unha ampla labor de procura de información, plasmándoa nun gran mural situado na entrada do centro. Animámosvos a ler e reflexionar sobre algunhas citas súas: “Se queres facer as paces co teu inimigo, tés que traballar con el. Entón el convértese no teu compañeiro.” “Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, a súa orixe, ou a súa relixión.” “A maior gloria na vida non radica en non caer nunca, senón en levantarnos cada vez que caemos.” “A xente ten que aprender a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lles pode ensinar a amar, o amor chega de forma máis natural ao corazón humano que o seu contrario.” “Non pode haber unha revelación máis intensa da alma dunha sociedade, que a forma en que trata aos seus nenos.” NELSON MANDELA foi avogado, activista e prisioneiro antes de converterse no primeiro presidente negro de Sudáfrica. O pasado 5 de decembro de 2013 morría Nelson Mandela, o primeiro mandatario dunha Sudáfrica libre do réxime racista do Apartheid. Mandela foi un loitador dende a súa xuventude que reclamou a igualdade de dereitos para todas e todos os sudafricanos, independentemente da cor da súa pel. Pagou un alto prezo, 36 anos no cárcere, moitos deles no penal de Robben Island, pero non se dobregou e finalmente o goberno racista de Pretoria tivo que ceder e, tras liberalo, convocar eleccións libres que Mandela, á fronte do Congreso Nacional Africano, gañou. Deste xeito converteuse no presidente que había rematar co sistema do Apartheid, dotando a Sudáfrica dun sistema igualitario onde a cor da pel non significase diferenza de dereitos. DE ORIXE HUMILDE A LÍDER MUNDIAL NELSON MANDELA

Upload: lolaiglesias

Post on 20-Jul-2015

125 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Postal paz

CE

IP

Ce

sp

ón

O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da

non violencia e da Paz. Recórdase nesta data a morte de

Mahatma Gandhi (líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros por un fanático hinduísta o 30 de xaneiro de 1948).

Este ano queremos recordar dun xeito moi especial a Nelson Mandela, dado o seu recente pasamento. Mandela foi galardoado no ano 1993 co Premio Nobel da Paz. Os Premios Nobel foron instituídos polo científico e investigador sueco Alfred Nobel, descubridor, entre outros logros, da dinamita. Acumulou unha enorme riqueza, pero tamén un certo complexo de culpa polo mal e a destrución que os seus inventos puidesen causar á Humanidade nos campos de batalla. Polo que deixou á Fundación Nobel esta fortuna para que anualmente premiasen a labor en diversos ámbitos: física, química, literatura, medicina e paz. (Alfred Nobel é un dos científicos que estamos a traballar desde o Proxecto Anual da Biblioteca).

Unha vez coñecida a morte de Mandela, desde a Biblioteca Escolar repartiuse información. O alumnado de sexto realizou unha ampla labor de procura de información, plasmándoa nun gran mural situado na entrada do centro. Animámosvos a ler e reflexionar sobre algunhas citas súas:

“Se queres facer as paces co teu inimigo, tés que traballar con el. Entón el convértese no teu compañeiro.”

“Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, a súa orixe, ou a súa relixión.”

“A maior gloria na vida non radica en non caer nunca, senón en levantarnos cada vez que caemos.”

“A xente ten que aprender a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lles pode ensinar a amar, o amor chega de forma máis natural ao corazón humano que o seu contrario.”

“Non pode haber unha revelación máis intensa da alma dunha sociedade, que a forma en que trata aos seus nenos.”

NELSON MANDELA foi avogado, activista e prisioneiro

antes de converterse no primeiro presidente negro de Sudáfrica. O

pasado 5 de decembro de 2013 morría Nelson Mandela, o primeiro

mandatario dunha Sudáfrica libre do réxime racista do Apartheid.

Mandela foi un loitador dende a súa xuventude que reclamou a igualdade

de dereitos para todas e todos os sudafricanos, independentemente da

cor da súa pel. Pagou un alto prezo, 36 anos no cárcere, moitos deles no

penal de Robben Island, pero non se dobregou e finalmente o goberno

racista de Pretoria tivo que ceder e, tras liberalo, convocar eleccións

libres que Mandela, á fronte do Congreso Nacional Africano, gañou. Deste

xeito converteuse no presidente que había rematar co sistema do

Apartheid, dotando a Sudáfrica dun sistema igualitario onde a cor da pel

non significase diferenza de dereitos.

DE

OR

IX

E H

UM

IL

DE

A L

ÍD

ER

MU

ND

IA

L

NE

LS

ON

MA

ND

EL

A

Page 2: Postal paz

CE

IP

Ce

sp

ón

Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmáu che falo. Anque as nosas palabras sexan distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmáu che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmáu che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmáu che falo.

Que veña o vento fungón,

que lle quero pero preguntar

a cor dos ollos das nubes,

a cor dos ollos do mar.

Eu coido que son azuis

verdes, grises, de cristal,

mais calquera cor que teñan

será sempre a cor da paz.

Nelson Mandela