Download - Postal paz
CE
IP
Ce
sp
ón
O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da
non violencia e da Paz. Recórdase nesta data a morte de
Mahatma Gandhi (líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros por un fanático hinduísta o 30 de xaneiro de 1948).
Este ano queremos recordar dun xeito moi especial a Nelson Mandela, dado o seu recente pasamento. Mandela foi galardoado no ano 1993 co Premio Nobel da Paz. Os Premios Nobel foron instituídos polo científico e investigador sueco Alfred Nobel, descubridor, entre outros logros, da dinamita. Acumulou unha enorme riqueza, pero tamén un certo complexo de culpa polo mal e a destrución que os seus inventos puidesen causar á Humanidade nos campos de batalla. Polo que deixou á Fundación Nobel esta fortuna para que anualmente premiasen a labor en diversos ámbitos: física, química, literatura, medicina e paz. (Alfred Nobel é un dos científicos que estamos a traballar desde o Proxecto Anual da Biblioteca).
Unha vez coñecida a morte de Mandela, desde a Biblioteca Escolar repartiuse información. O alumnado de sexto realizou unha ampla labor de procura de información, plasmándoa nun gran mural situado na entrada do centro. Animámosvos a ler e reflexionar sobre algunhas citas súas:
“Se queres facer as paces co teu inimigo, tés que traballar con el. Entón el convértese no teu compañeiro.”
“Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, a súa orixe, ou a súa relixión.”
“A maior gloria na vida non radica en non caer nunca, senón en levantarnos cada vez que caemos.”
“A xente ten que aprender a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lles pode ensinar a amar, o amor chega de forma máis natural ao corazón humano que o seu contrario.”
“Non pode haber unha revelación máis intensa da alma dunha sociedade, que a forma en que trata aos seus nenos.”
NELSON MANDELA foi avogado, activista e prisioneiro
antes de converterse no primeiro presidente negro de Sudáfrica. O
pasado 5 de decembro de 2013 morría Nelson Mandela, o primeiro
mandatario dunha Sudáfrica libre do réxime racista do Apartheid.
Mandela foi un loitador dende a súa xuventude que reclamou a igualdade
de dereitos para todas e todos os sudafricanos, independentemente da
cor da súa pel. Pagou un alto prezo, 36 anos no cárcere, moitos deles no
penal de Robben Island, pero non se dobregou e finalmente o goberno
racista de Pretoria tivo que ceder e, tras liberalo, convocar eleccións
libres que Mandela, á fronte do Congreso Nacional Africano, gañou. Deste
xeito converteuse no presidente que había rematar co sistema do
Apartheid, dotando a Sudáfrica dun sistema igualitario onde a cor da pel
non significase diferenza de dereitos.
DE
OR
IX
E H
UM
IL
DE
A L
ÍD
ER
MU
ND
IA
L
NE
LS
ON
MA
ND
EL
A
CE
IP
Ce
sp
ón
Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmáu che falo. Anque as nosas palabras sexan distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmáu che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmáu che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmáu che falo.
Que veña o vento fungón,
que lle quero pero preguntar
a cor dos ollos das nubes,
a cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis
verdes, grises, de cristal,
mais calquera cor que teñan
será sempre a cor da paz.
Nelson Mandela