piramide0708b

15
BIBLIOTECA BIBLIOTECA BIBLIOTECA BIBLIOTECA : NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES : NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES : NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES : NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES As reformas do centro tamén afectaron á biblioteca: ela soíña botou para arriba aos profes, e, ademais do que xa tiña, ocupou o espacio que eles antes ocupaban. Seica un día, todo o centro chegará ser unha inmensa biblioteca onde todos sexamos alumnos dos libros. Máis espazo e máis actividades. Este curso, A Marela Tarabela (o boletín informativo da biblio) tivo unha irmanciña dixital: A Marela Tarabela (Edición ciberespacio), coa súa corte en http:// tarabelateca.blogspot.com/. Ao longo do curso, e a través da biblioteca, visitá- ronnos Javier Mosquera, Blanca Álvarez, Riveiro Co- ello…; fixéronse exitosísi- mas actividades de dinami- zación como a Olimpíada do Saber e o Reader’s Que- so; e exposicións memora- bles como a adicadas a Moncho Valcarce, a do día de San Valentín (con mil poemas que voaron quen sabe onde) e a antiga Gre- cia.

Upload: carlosmiguez

Post on 17-Nov-2014

748 views

Category:

Travel


2 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Piramide0708b

BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES

As reformas do centro tamén afectaron á biblioteca: ela soíña botou para arriba aos profes, e, ademais do que xa tiña, ocupou o espacio que eles antes ocupaban. Seica un día, todo o centro chegará ser unha inmensa biblioteca onde todos sexamos alumnos dos libros. Máis espazo e máis actividades. Este curso, A Marela Tarabela (o boletín informativo da biblio) tivo unha irmanciña dixital: A Marela Tarabela (Edición ciberespacio), coa súa

c o r t e e n h t t p : / /tarabelateca.blogspot.com/. Ao longo do curso, e a través da biblioteca, visitá-ronnos Javier Mosquera, Blanca Álvarez, Riveiro Co-ello…; fixéronse exitosísi-mas actividades de dinami-zación como a Olimpíada do Saber e o Reader’s Que-so; e exposicións memora-bles como a adicadas a Moncho Valcarce, a do día de San Valentín (con mil poemas que voaron quen sabe onde) e a antiga Gre-cia.

Page 2: Piramide0708b

Un grupo de trinta e un alumnos de francés realizaron un intercambio cun Instituto de Rennes, en Francia. Estiveron durante 10 días percorrendo,en autobús, o país veciño. Moncho , Servando e Mª Jesús ocupáronse de que todo funcionase o mellor posible. Temos o relato de Aldara, Victoria, Génesis, Carla e Carla Cacheda de 3º de ESO. Así tamén nós saberemos o que fixeron por eses mundos de Deus: Saímos ás cinco da tarde do instituto e, despois de 15 horas en autobús, chegamos a Poitiers, onde estivemos todo o día no Futuroscope. Estabamos todos tan cansos da viaxe que nos quedabamos durmidos nas películas en 3D e logo espertabamos, por exemplo, cun calamar xigante enfronte nosa (un espertar un pouco incómodo). Bailamos cos robots e comemos alí. Ó cabo dunhas horas fomos ata o hotel, pero ó chegar tivemos que nos trasladar en bus cara outro en mellores condicións. Pola noite vimos un espectáculo de luces na auga. Estaba moi ben, pero como duraba moito, ó final xa cansaba. Ó día seguinte saímos de Poitiers ás 9 e viaxamos toda a mañá. Chegamos a París, comemos e collemos o metro. Vimos o Louvre por fóra e visitamos Nôtre Dame. Paseamos polo lado do Sena, aínda que facía moito frío e choveu intermitentemente durante todo o día. Pola noite recollemos as maletas no autobús e fomos ó albergue, que daba bastante medo, e excepto unha habitación, as restantes non tiñan baño.

VIAXE A FRANCIA

INTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIO

Page 3: Piramide0708b

Á mañá seguinte cantámoslle o “cumpreanos feliz” a Victoria no metro. Logo fomos ver a Torre Eiffel, pero de seguida chamaron Carla Cacheda, Génesis e Daniel Reboredo dicindo que se perderan. Resulta que tiñan a torre detrás e non se daban conta. Camiñamos moito durante a mañá para ir ver o Sagrado Corazón, pois tivemos que subir moitas costas e escaleiras. Chegamos ó Louvre e a penas vimos unhas poucas salas do museo, porque aquilo era inmenso. Ó saír chamou Moncho dicindo que en trinta minutos debiamos estar na Torre Eiffel se queriamos subir. Comezamos todos a correr polas estacións de tren e metro meténdonos a presión nos vagóns, e empuxando á xente, que nos miraba escandalizada mentres nós gritabamos e algúns saltaban as máquinas onde se metían os tickets, para logo apurar máis por medo a que nos perseguise a policía. Toda unha película. Saímos da última estación e…, alí estaba: a Torre Eiffel iluminada por centos de luces palpebrexantes. Era impresionante. Logo subimos ata o segundo andar. Desde alí víase o París nocturno iluminado. Máxico. Ó baixar esperábanos moita xente que pretendía vendernos monitores de cores. Perdémonos o paseo en barco polo Sena porque tiñamos unha comida reservada. Servíronnos un prato inmenso cun pincho de carne que case ninguén deu comido. Xa na sobremesa, chegou o camareiro cantando o “cumpreanos feliz” en francés cun pastel e unha vela na man, pero con tan mala sorte que nese momento Victoria estaba no baño. Cando chegou xa non era unha sorpresa. Aínda así volveulle cantar a canción. Á mañá seguinte chegamos a Rennes. Cando vimos a todos os franceses esperándonos, empezamos a dicirlle ós profesores que non queriamos baixar do autobús. A primeira noite foi incómoda para todos, pero ó día seguinte cando nos reencontramos no instituto estivemos contando anécdotas moi emocionados pola primeira experiencia na casa dos franceses. Ese día fomos ó Mont Sant-Michel, onde tivemos que subir moitas escaleiras para lograr chegar á cima e non poder nin levantar a cabeza do vento que ía. Ó día seguinte visitamos as cidades de Saint Malo, Dinan e Dinard. Vimos moitas igrexas e na praia fixemos unha pirámide humana que rematou en desastre. Subimos a unha muralla na que Moncho comezou a tocar a gaita mentres nós cantabamos e a xente botaba moedas no maletín da gaita. A seguinte excursión foi a Vitres e Chartres, onde había un espectacular castelo medieval con moitas escaleiras e costas, que nos fixeron acabar a todos alancando e en manga curta a pesar do mal tempo. O xoves tivemos que contestar por grupos un cuestionario sobre Rennes. Para isto debiamos movernos pola cidade e preguntar á xente. O último día en Rennes fomos a clase cos nosos correspondentes compañeiros. Comemos no comedor do instituto, déronnos unha charla sobre o bretón, e pola noite ceamos os españois nunha típica crepería da cidade, e máis tarde saímos cos franceses. O sábado pola mañá despedímonos, vimos un mercado famoso de Rennes, e emprendemos o camiño de volta cara a Biarritz, onde ceamos kebab, contamos unha historia “de medo” preto da praia e pasamos a noite. O domingo foi outro día de autobús. Chegamos a Lalín sobre as oito e media

Page 4: Piramide0708b

4ºA ESO

VISITA: SAMOS Como cada ano, o alumnado de relixión fixo a súa visita. Este curso tocou Samos e os alumnos de 3º e 4º foron ata terras de Lugo acompañados dos profesores Luís Moreiras e Carlos Míguez.

Page 5: Piramide0708b

4ºB ESO

A MARELA NATURISTA A comezos do curso, apare-ceu o número 5 do Boletín da nosa biblioteca, adicado a flo-ra do entorno do Instituto. O traballo foi realizado polo alumnado de Ciencias Medioambientais de 4º da ESO do curso 2006-2007, baixo a coordenación da pro-fesora Berta Calvín.

TEATRO: BICOS CON LINGUA Todos os da ESO, o 23 de abril foron ao teatro ver “Bicos con lingua” de Talía Teatro; esta vez organizou a actividade o Departamento de Normalización Lingüística.

Page 6: Piramide0708b

VISITA: FORUM ORIENTA 2008 Acompañados de María Jesús Gracia, Severiano Casalderrey, Manuel Darriva y Carlos Miguez, o alumnado de 1º de Bac. foi a Vigo ao Forum Orienta 2008, que organizou a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4ºC ESO

Page 7: Piramide0708b

4ºD ESO

EXPO: LETRAS GALEGAS EN ROCHA VIVA Normalización Lingüística en colaboración co Concello levou ao auditorio a exposición “Letras galegas en rocha viva”. Este é un traballo de José Manuel Rivera, persoa comprometida co uso da lingua galega e coa nosa cultura, que cede aos centros de forma desinteresada.

Nesta exposición recóllense todos os autores homenaxeados no Día das Letras Galegas dende 1963 ata hoxe. Dende o Aller Ulloa convidouse ao resto dos centros escolares a visitala.

Page 8: Piramide0708b

ACTIVIDADE: MAGOSTO

Os alumnos de 4º da ESO organizaron, coma tódolos anos para sacar ”pelillas” para a excursión, o magosto no patio do Instituto. Alí disfrutamos dunhas horas de lecer, comemos castañas e algúns doces que prepararon para a ocasión. Aí van esas fotos de mostra.

Page 9: Piramide0708b

4ºE ESO

EXPO: PRESTIGE O

Departamento de Ciencias trouxo ao noso centro unha exposición sobre o Prestige, que todos puidemos apreciar durante uns días.

Page 10: Piramide0708b

1ºA BAC

TÍTERES: ESPECULACIÓN INMOBILIARIA

Especulación inmobiliaria” foi a obra que puidieron ver os de 1º e 2º da ESO, na que, por certo, disfrutaron moito, representada pola compañía de títeres El tenderete, chegada de Euskadi.

VIAXE: SANTIAGO. CGAG. XÉNEROS Nos inicios do curso, o alumnado de 1º de bacharelato acompañados de Vizoso, Felicidade, Beatriz e Roberto, viaxaron a Santiago para ver no CEGAC a exposición “A batalla dos xéneros”, sobre a arte feminista dos anos 70. Tamén visitaron no mes de abril o Parlamento xunto con Vizoso e Roberto.

EDUCACIÓN VISUAL O noso centro foi seleccionado para participar no p r o g r a m a “Audiovisuais nas aulas”, organizado polo Consorcio audiovisual de Galicia. Trátase dunha actividade coordinada por Manuel Balea en colaboración co grupo de traballo formado por Moncho, que é o coordinador, Severiano, Manuel, Miguel, Mario,Paio, Rozas, Jorge ,Roberto e Maribel. A actividade, pensada para rapaces de 3º e 4º da ESO, consistiu nun obradoiro de curtas co móbil. O plan de traballo desenvolveuse en dúas xornadas de cinco horas. Na primeira planificaron e prepararon as curtas e na segunda, realizáronse os ensaios e as gravacións.

Page 11: Piramide0708b

1ºB BAC

EXPOSICIÓN DE RETRATOS Iniciativa do Departamento de Plástica e Visual, expuñéronse no vestíbulo do centro una boa mostra de retratos feitos polo alumnado. Alí estiveron representados dende gran-des personaxes ata os propios alumnos.

Page 12: Piramide0708b

VIAXE: ANDORRA = NEVE O Concello de Lalín convocou dez prazas para viaxar a Ando-rra, á neve do 11 ao 18 de febrei-ro. Para repartir estas prazas, a dirección seleccionou a dez ra-paces e rapazas en función das súas cualificacións escolares; trátase ,polo tanto, dun premio.Os profesores acompañantes foron Luís Viz e Manuel Gó-mez.

Olalla San Martín Rozados e Elena López Fernández de 2º B da ESO estiveron alí para contárnolo: O once de febreiro ás cinco da ma-ñá saímos de Lalín vinte rapaces e rapazas e os profesores rumbo a Andorra para pasar unha semana memorable. Estamos seguras de que non vos importa demasiado como foi a elec-

ción dos alumnos, a viaxe en avión ou a paliza posterior ata Andorra en autobús, por iso ímosvos contar o que consideramos os mellores momentos. Chegamos ao Principado de Andorra ás dúas da tarde; baixamos as maletas, repartimos as habitacións e fomos xantar a marabillosa ensalada que nos tiñan preparada. Tivemos a tarde libre ata as nove da noite que é a hora da cea e logo fomos para as habitacións, a durmir sen facer ruído… Os seguintes días pola mañá iamos esquiar dende as once ata as dúas da tarde cuns mo-nitores arxentinos moi agradables que nos axudaron en todo momento.Gracias a Álvaro e ao seu compañeiro!!!Pola tar-de os guías ensináronnos museos, igrexas e o Parlamento de Andorra. O mellor de todo foi a pista de xeo á que nos levaron e onde chamamos a aten-ción polas innumerables caídas, a festa de despedida, na que case todos baila-ron menos algúns aburridos (xa eles sa-ben quen son ), o balneario, os baños turcos, a sauna e o jacuzzi. Tampouco había marxe para o aburrimento coas excursións e as xuntanzas nas habita-cións nas que se formou algunha parelliña. Despois de todo temos que agradecerlle aos profesores que nos aguantaran toda a se-mana,aos amigos que deixamos aquí que nos seguiran esperando, á condutora do auto-bús que nos levou a todas as viaxes nas que nos tivo que escoitar berrando a Rianxeira, e por suposto ao Concello de Andorra, que fixo posible que pasaramos a mellor semana das nosas vidas”.

Page 13: Piramide0708b

EXPO-GRECIA

O alumnado de 1º da ESO, dirixido pola profesora de Ciencias Sociais Elia realizou unha preciosa exposición sobre Grecia Antiga. O obxectivo era levar un tema teórico á práctica para achegar o mundo clásico aos nosos días. A exposición consta de varios apartados: -O mundo grego e as principais “polis”, Esparta e Atenas. -A arquitectura,cerámica,pintura e escultura. -A filosofía grega -O teatro, os xogos olímpicos, a relixión. -A Acrópole. Como apoio, proxectouse un vídeo sobre Grecia elaborado polos rapaces . Non queremos deixar pasar a ocasión sen agradecer a implicación e a axuda dos pais, avós e outros parentes neste proxecto.

1ºC BAC

Page 14: Piramide0708b

1ºD BAC

CLUBES DE LECTURA: TRAMA IRMAU Este curso foi o das primeiras tentativas de implantar clubes de lectura dentro da no-sa comunidade educativa: alumnos, pais, profes…: A Trama IRMAU, que así ten por nome a nosa rede de clubes. Puxéronse en marcha varios. Pola súa excepcionalidade, é de xustiza destacar o intento de reunir varias xeracións familiares arredor dun libro: Casas baratas, de Antón Riveiro Coello. O alumnado de referencia era de 1º de BACH, seguramente o menos adecuado, pois correspóndese con idades en que se adoita crear “distancias” con pais/nais. E aínda que pais/nais que sabemos que se sumaron á pro-posta non deron o paso de acudir ao encontro, ao final xuntámonos un bo feixe de xente e Antón Riveiro (afable, falador, narrador) cativounos.

Tamén con impecable regularidade nas súas convocato-rias, o clube Liches este? para o profesorado, botou andar con propostas a pares cada mes. Para os rapaces, creáronse dous clubes, centrados en 1º e 2º da ESO. Nestes casos, máis que funcionar os grupos funcionaron determinados lectores, algúns xa lexendarios na súa voracida-

de lectora (Santiago Medina, probable futura personaxe dunha desas novelas tan alucina-damente fantasiosas que ten a ben dixerir de tarde en tarde), ou outros menos recoñeci-bles pero igualmente amantes da lectura. Coma toda novidade, o importante foi empezar para así poder seguir.

Page 15: Piramide0708b

A

B

A

C

H

A

R

E

L

A

2ºB BACHARELATO

As presas de última hora nun-ca son boas. Como o ano pasa-do, coller aos rapaces de 2º de Bac en maio foi tarefa case im-posible. O case é evidente se se mira para a foto que está aquí á dereita. Con todo, estas seis rapazas conforman unha per-fecta imaxe na que a ben segu-ro os seus compañeiros se han ver perfectamente representa-dos.