para ler novelas xuvenís - … · el misterio del eunuco (josé luis velasco). historia ambientada...

13
PARA LER Novelas xuvenís Abderramán, el principe Omeya (Anthony Fon Eisen). A dinastía dos Omeia dominou e gobernou o imperio musulmán, pero os Abasidas acabarán por expulsalos e realizarán unha matanza dos derrotados da que unicamente se libran uns poucos, entre eles o príncipe omeia Abderramán. A súa cabeza ten prezo, de modo que debe fuxir para salvarse. Almogávar sin querer (Fernando Lalana. Luis A. Puente). Aventuras a comezos do século XIV protagonizadas por un mozo almogávar aragonés que loita en territorio dos bizantinos ás ordes de Roger de Flor. El caballero del Cid (José Luis Olaizola). Ambientada no século XI, a novela narra a historia de Efrén, fillo ilexítimo dun normando e dunha moura desde as súas orixes ata que consegue ser armado cabaleiro e combater nas mesnadas do Cid. El enigma del Cid (Mª José Luis). Logo de visitar unha exposición sobre a figura de Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid, entéranse de que a vitrina na que estaba o seu helmo foi asaltada e van tratar de descubrir os autores e as razóns do feito. El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a desvelar o aparente asasinato do xefe dos eunucos de palacio, resulto polo médico do monarca coa axuda do seu fillo.

Upload: buixuyen

Post on 02-Oct-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

PARA LER

Novelas xuvenís

Abderramán, el principe Omeya (Anthony Fon Eisen). A dinastía

dos Omeia dominou e gobernou o imperio musulmán, pero os

Abasidas acabarán por expulsalos e realizarán unha matanza dos

derrotados da que unicamente se libran uns poucos, entre eles o

príncipe omeia Abderramán. A súa cabeza ten prezo, de modo que

debe fuxir para salvarse.

Almogávar sin querer (Fernando Lalana. Luis A. Puente). Aventuras

a comezos do século XIV protagonizadas por un mozo almogávar

aragonés que loita en territorio dos bizantinos ás ordes de Roger de

Flor.

El caballero del Cid (José Luis Olaizola). Ambientada no século XI,

a novela narra a historia de Efrén, fillo ilexítimo dun normando e

dunha moura desde as súas orixes ata que consegue ser armado

cabaleiro e combater nas mesnadas do Cid.

El enigma del Cid (Mª José Luis). Logo de visitar unha exposición

sobre a figura de Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid, entéranse de que a

vitrina na que estaba o seu helmo foi asaltada e van tratar de

descubrir os autores e as razóns do feito.

El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na

Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

desvelar o aparente asasinato do xefe dos eunucos de palacio, resulto

polo médico do monarca coa axuda do seu fillo.

Page 2: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

El señor del cero (Mª Isabel Molina Llorente). A finais do século X,

un mozárabe cordobés ten que fuxir á terras de cristiáns polas

envexas dun compañeiro da escola do califa. Os monxes do mosteiro

catalán de Ripoll acólleno e el ensínalles a forma de contar e calcular

dos árabes.

El vendedor de noticias (José Luis Olaizola). Un mozo estremeño

soña con facer algo máis que coidar os porcos do seu avó e decide

entra ao servizo do señor feudal local, pero animado polas noticias

que del se contan, foxe do lugar en busca de Rodrigo Díaz de Vivar,

o Cid.

El vuelo de las cigüeñas (Mª Isabel Molina Llorente). A finais do

século IX, un rapaz de 16 anos orfo e un sacerdote mozárabe realizan

unha viaxe desde o reino de Asturias a Al-Ándalus para trasladar

unhas reliquias de dous mártires ao reino cristián.

Estrella dorada (Ana Alonso, Javier Pelegín). Terceiro libro da

triloxía de Yinn. Diego e Akil atopan refuxio no mosteiro de San

Xoán da Peña e tratarán de localizar un manuscrito cabalístico e

viaxarán á escola de tradutores de Toledo para descifrar o libro que

os axudará a elaborar a estrela dourada, o obxecto máxico que lles

permitirá obter o Santo Grial que foi roubado do mosteiro.

Fernando el templario (José Luis Velasco). Historia ambientada na

Reconquista da península ibérica centrada no personaxe dun mozo

orfo que entra ao servizo dun señor feudal. Vive no seu castelo e

aprende o manexo das armas, o que lle permite salvar ao rei de

morrer en varias ocasións, servizos polos que merecerá ser armado

cabaleiro.

Godorián (Gonzalo de Alvear). Os reinos cristiáns e musulmáns

conviven en Hispania na Alta Idade Media, pero as relacións son

tirantes e moitas veces rematan con enfrontamentos bélicos aínda que

tamén poden unirse ante un terceiro inimigo.

Page 3: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

La batalla de los cuatro reyes (César Vidal). Recreación da batalla

das Navas de Tolosa de 1212 na que, unidos os reinos cristiáns de

León, Castela, Navarra e Aragón, triunfaron sobre os exércitos

musulmáns e paralizaron o seu avance.

Los hijos de Munia (Blanca Sanz). Historia de vida de tres irmáns

nacidos nas proximidades de Burgos na primeira metade do século

XIII. A través das súas aventuras preséntase o panorama da vida

cotiá da época na zona cristiá da península ibérica.

Luna roja (Ana Alonso, Javier Pelegrín). Aventuras de tres amigos –

un nobre leonés, a filla dun médico musulmán de Sevilla e un xudeu

de Toledo- e dous seres máxicos –un yinn e unha criatura máxica dos

bosques- ambientadas en episodios da Reconquista da península

ibérica.

O soño do falcón (Xabier Iglesias). A obra narra a vida do conde

Pedro de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga,

destacado representante da nobreza galega medieval e que participou

activamente na revolta irmandiña e na resistencia contra o poder da

Coroa de Castela.

Outras novelas

A la sombra del granado (Tariq Alí). Avatares dunha familia

mourisca do reino de Granada, nos tempos da expulsión decretada

polos Reis Católicos e a actuación da Inquisición perseguindo a todos

os sospeitosos de non acatar as normas impostas da relixión católica.

Al-Gazal, el viajero de los dos orientes (Jesús Maeso de la Torre).

Yahía ben al-Hakam, Al-Gazal (a Gacela) foi un adiantado ao seu

tempo; militar e poeta, viaxou a Bizancio para negociar en secreto co

emperador e os piratas do Mediterráneo; participou na defensa de

Sevilla cando esta cidade foi asediada polos viquingos; navegou ata

Escandinavia e desempeñou un papel clave na política de

Abderramán II.

Page 4: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

Astur (Isabel San Sebastián). Na época dos inicios da conquista

musulmá, a zona de Asturias é o único reduto que se resiste a ser

dominado. Alí comezará a reconquista e alí loitará a protagonista con

todas as súas forzas para salvar ao pobo ástur da ameaza de perder a

súa identidade.

Banu Qasi (Carlos Aurensanz). Triloxía - Los hijos de Casi, La guerra de Al Andalus,

La hora del califa- centrada nos enfrontamentos entre os emires cordobeses do século

IX e a familia dos Banu Qasi, os descendentes do conde visigodo Casio convertidos ao

islam, pero que tratan de manterse á marxe das ordes de Córdoba na zona do val do

Ebro. Época de guerras e loita polo poder entre musulmáns pero tamén entre estes e os

cristiáns pois os protagonistas tamén están ameazados por Iñigo Arista, que se

converterá no primeiro rei de Pamplona.

Catalina de Lancaster (María Teresa Álvarez). Lembranzas desta

princesa inglesa que rememora a súa chegada a Castela para casar

con Henrique de Trastamara, a súa vida con quen amou, a súa

soidade tras quedar viúva e os esforzos para conseguir que ninguén

arrebatase o trono a seu fillo.

Córdoba de los Omeyas (Antonio Muñoz Molina). Unha detallada

mirada retrospectiva á Córdoba do califato, cando a cidade destacaba

polo seu nivel cultural, artístico e científico.

El arquitecto de los cielos (Jacques Cardona, Gérard Soliveres).

Historia dos homes que abandonaron Damasco fuxindo dos abasís

para instalarse en Córdoba, desde onde estenderon o poder do

califato de Occidente e construíron a mesquita máis admirada da

época, a perfecta expresión da divindade grazas á suma da sabedoría

das tres relixións representadas na novela.

Page 5: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

El brillo de las lanzas (Ramón Muñoz). O califa Abderramán III ten

que enfrontarse ás varias rebelións que ameazaban a integridade de

al-Ándalus. O destino acabará por reunir aos principais protagonistas,

tan distantes anos atrás.

El caballero del jabalí blanco (José Javier Esparza). O protagonista

da novela é un mozo que, nos anos finais do século VIII, atravesou

coa súa familia as montañas cántabras en busca dun val fértil no que

asentarse. Pero deben gardarse dos perigos que acechan esas terras

polos ataques dos musulmáns.

El camino mozárabe (Jesús Sánchez Adalid). Recreación de

lendarios episodios da época de Abderramán III, como a batalla de

Simancas ou a misión da raíña viúva do derradeiro rei de Gallaecia

para rescatar as reliquias de san Paio, entre outros episodios dunha

época de continuas guerras e perigos.

El Cid (José Luis Corral). Entre a historia e a novela, o autor narra a

vida deste lendario guerreiro que foi o terror dos musulmáns, pero

que tivo que sufrir castigos e desterro por orde do seu rei cristián.

El cirujano de al-Andalus (Antonio Cavanillas de Blas). Historia de

Abul Qasim, o médico persoal do califa Abderrahmán III e un dos

cirurxiáns máis notable de todas as épocas.

El enigma de las seis copas (Manuel Sánchez-Sevilla). Novela

ambientada na Córdoba musulmá do século XII que presenta unha

intrigante trama de intriga con inexplicables mortes que o

protagonista, un médico oculista, trata de resolver.

Page 6: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

El freire de Santiago (Manuel Martín Hidalgo). A mediados do

século XIII, as tropas cristiás do rei Fernando III avanzan na

reconquista do territorio ocupado polos musulmáns, que ofrecen

unha dura resistencia. Pero os cristiáns contan coa axuda divina da

Virxe e conseguen o obxectivo.

El gran canciller (Antonio Villanueva Edo). Biografía novelada de

quen foi, no século XIV, o chanceler do reino de Castela e autor das

crónicas dos reinados de seis reis casteláns, documentos

indispensables para os historiadores. Foi tamén embaixador ante os

reis de Portugal e Aragón, así como ante os papas de Aviñón.

El invierno de la Corona. Pedro el Ceremonioso (José Luis Corral

Lafuente). Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, un dos personaxes

máis carismáticos da Idade Media, forma parte desta trama que

enreda espionaxe, conflitos políticos, militares, sentimentais e

diplomáticos na Barcelona medieval, desde a Chancillería Real aos

prostíbulos da época.

El libro prohibido de Córdoba (Agnes Imhof). Viaxe a Oriente,

desde Córdoba a Bagdad, a finais do século X. O poderoso al-

Mansur considera o Libro da esmeralda como unha obra herética

perigosa, que transforma a quen o le. Por iso ordena que sexa

queimado no patio da mesquita. Pero tres personaxes tratarán de

localizar o derradeiro exemplar do libro e extraer o seu secreto.

El manuscrito carmesí (Antonio Gala). Boabdil, o derradeiro sultán

granadino, lembra nos papeis carmesís da Chancillería, a súa vida,

complexa e atormentada entre as tensións dos últimos tempos do

reino, os que marcaron a fin da Reconquista.

El mar de bronce (Felipe Romero). No século XI, o xudeu

malagueño Samuel Nagrella marcha a Granada coa súa familia e,

grazas ás súas habilidades como poeta, político e filósofo, acaba por

se converter nun dos personaxes claves da cidade.

Page 7: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

El médico de Sefarad (César Vidal). No século XII naceu en

Córdoba Moisés ben Maimón, médico e filósofo, coñecido como

Maimónides. Foron tempos difíciles que obrigaron a seu pai, un

respectado rabino, a emprender coa súa familia o camiño do exilio

tras verse forzado a apostatar da súa fe.

El médico judío (Pedro Gargantilla). No ano 1428, o médico xudeu

David ibn Said, ao servizo de don Garci Fernández Manríquez, inicia

unha viaxe sen destino coñecido coa finalidade de resolver un

enigma que lle permitirá descubrir quen forman parte do grupo de

nobres conxurados para atentar contra a vida de don Álvaro de Luna,

man dereita do rei Xoan II de Castela.

El mozárabe (Jesús Sánchez Adalid). A cidade de Córdoba no século

X destacaba sobre todas as europeas do momento pola súa

prosperidade e organización baixo o mandato do califato iniciado por

Abderramán I. O autor trasládanos coa imaxinación a aquela cidade e

á súa vida política, civil e relixiosa, a vida do harén e as intrigas de

palacio.

El puente de Alcántara (Frank Baer). Os destinos cruzados de tres

personaxes -cada un deles seguidor dunha das tres grandes relixións

que conviven na península ibérica na Idade Media- perfílanse sobre

un fondo histórico que constitúe un vivo retrato da Andalucía do

século XI.

El Reino del Norte (José Javier Esparza). Nos inicios da

Reconquista, o rei Afonso III de Asturias, no leito de morte no ano

842, nomea como herdeiro a Ramiro, pero unha parte da nobreza

oponse, situación da que se beneficia o emir de Córdoba,

Abderramán II, quen decide intervir e fomentar as disputas entre

cristiáns.

El rey conquistador, la crónica oculta de Jaime I (Ángel Delgado,

José Damián Dieste). Biografía a modo das crónicas medievais sobre

este rei, a súa personalidade e accións no contexto da expansión

catalano-aragonesa polo Mediterráneo na baixa Idade Media.

Page 8: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

El Rey Monje: crónica del rey Ramiro II de Aragón (Ángel

Delgado, José Damián Dieste). Biografía da vida e feitos deste rei

aragonés á luz de documentación da época.

El salón dorado (José Luis Corral). Juan, un mozo eslavo

secuestrado na súa aldea do sur de Kiev, é vendido como escravo á

biblioteca de Constantinopla. Comeza así un largo periplo que o

levará ata o reino árabe de Zaragoza en tempos do Cid.

El señor de Lordemanos (Miguel Badal Salvador). A mediados do

século XI, o bispo compostelán Cresconio teme que o territorio de

Galicia sexa invadido polos lordemanos e que profanen e saqueen ao

santuario do apóstolo Santiago. Época de temores apocalípticos,

milagres e batallas, elementos característicos da época.

El viaje de la reina (Ángeles de Irisarri). A mediados do século X,

época de máximo esplendor do Califato de Córdoba, pequenos reinos

e condados cristiáns sobreviven na península ibérica. A raíña Toda

Aznar, soberana de Navarra, solicita ao poderoso Abderramán III que

lle recomende un sabio capaz de diminuír a desbordante obesidade

do seu neto Sancho o Craso, rei de León, quen, desposuído do seu

trono, está refuxiado en Pamplona.

Esperando al rey (Peridis). Valladolid, 1155: Afonso VII, o

emperador, reúne a corte para comunicar unha decisión

transcendental: á súa morte dividirá seu reino entre Sancho, o

primoxénito, reflexivo e débil, que herdará Castela e Fernando, o

impulsivo fillo menor, que herdará León. Este é o inicio da novela na

que desfilan xentes da nobreza e do común e que tamén contribuíron

a levantar as grandes obras da época: as catedrais.

En busca del unicornio (Juan Eslava Galán). Relato ambientado a

finais do século XV que narra a historia dun personaxe ficticio a

quen se envía en busca do corno do unicornio. A este corno se lle

atribuían propiedades específicas que debían aumentar a virilidade do

rei Henrique IV de Castela o Impotente.

Page 9: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

La cajita de lágrimas (Ángeles de Irisarri). Trama ambientada no

século XIII, un século no que na península ibérica tivo lugar unha

das batallas máis destacada da Reconquista: as Navas de Tolosa.

La copista del rey Alfonso (Yael Guiladi). Recreación do brillante

ambiente cultural da corte do rei de Castela Afonso X o Sabio a

través da protagonista, Beatriz, que loita por facerse un oco como

copista do Estudo Xeral do monarca.

La judía de Toledo (Lion Feuchtwanger). Historia de amor e

violencia centrada nos apaixonados amores do rei Afonso VIII de

Castela pola xudía Raquel no contexto da historia peninsular do

século XII.

La maldición de la reina Leonor (Peridis). Leonor de Aquitania, a

esposa do rei Afonso VIII de Castela, non consegue darlle un

herdeiro varón e acaba por crer que a súa desgraza é un castigo

divino polos amores do seu marido coa xudía Raquel. Tola de celos

organiza unha trama para librarse da súa rival, pero non conta coas

vítimas que ocasiona.

La reina Urraca (Ángeles de Irisarri). A raíña Urraca é dos

personaxes medievais de axitada vida como soberana de Galicia,

Asturias, León, Castela e Toledo, unha muller en medio de batallas

sen fin e intrigas a moitas bandas, artífice e vítima de pactos

políticos. Casou co rei Afonso I de Aragón pero o matrimonio foi un

fracaso.

La tierra dividida (Ramón Muñoz). A mediados do século IX, na

península ibérica existe un fráxil equilibrio de poder: o emirato

cordobés, os cristiáns, que desde o norte van avanzando sobre os

dominios do islam, e o clan de Banu Qasi no val do Ebro. Pero

varios protagonistas tratarán de modificar a situación.

Page 10: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

Leonor de Aquitania (Régine Pernoud). Biografía dunha muller que

foi fundamental na historia europea e que non é tan coñecida como

merece. Foi por dúas veces raíña, nai e avoa de reis e raíñas de varios

países europeos; hábil, bela e intelixente, non deixou indiferente a

ningún dos cronistas que con ela se relacionaron.

Los cipreses de Córdoba (Yael Guiladi). Na corte esplendorosa de

Córdoba, no século X, o mozo Da'ud, educado no estudo das

ciencias, entra ao servizo de Abd al-Rahman III para encontrar os

compoñentes dunha pócima que anule os efectos mortais da picadura

de víbora.

Los escarpines de Kristina de Noruega (Cristina Sánchez Andrade).

No século XIII, en plena Reconquista da península ibérica, dona

Berenguela a Grande ten unha obsesión: casar a seu neto, Afonso X,

cunha princesa nórdica. Cando Cristina de Noruega veña a Castela

para casar con Afonso atopará os escarpíns que a súa nai, Beatriz de

Suabia, enterrara cando naceu o neno e con eles o secreto que eles

gardaban.

Mi querida Inés (Margarita Rebelo Pinto). Historia dunha nobre

galega, Ines de Castro, executada en 1355 por orde do rei Afonso IV

de Portugal a causa dos amores que mantiña co infante Pedro daquel

país. Así naceu unha das historias máis tráxicas e novelescas da

historia de Portugal, unha historia de amor que foi máis aló da morte

dos protagonistas que agardan nas súas tombas contiguas agradando

a fin dos tempo para reencontrarse.

Moras y cristianas (Ángeles de Irisarri, Magdalena Lasala). A través

de relatos entrelazados, as autoras dan vida a dúas versións, a

musulmá e a cristiá, de diversos oficios y actividades

representativos da muller medieval na península ibérica.

Perlas para un collar (Ángeles de Irisarri, Toti Martínez de Lezea).

Son dez historias de dez mulleres cristiás e outras tantas de

musulmás e xudías. Son trinta narracións curtas centradas nas

interrelacións culturais destas tres relixións na Idade Media.

Page 11: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

Señores de Vizcaya, caballeros de Castilla (Antonio Villanueva

Edo). O autor percorre, a través das vidas de Don Diego -fundador da

vila de Bilbao-, e don Lope, señores de Biscaia, os acontecementos

públicos dos que rexeron a historia dos reinos de España, pero tamén

indaga sobre o que se escondía detrás do aparente.

Tariq y Musa. Conquistadores de al-Andalus (Juan Antonio

Torremocha Silva). Historia dos inicios da conquista da península

ibérica a través de dous dos seus máximos artífices: Tariq e Musa.

Un home de Vilameán (Xoán Bernárdez Vilar). Pedro Blas, veciño

do concello pontevedrés de Vilameán, decide ingresar na Irmandade

para loitar contra as múltiples inxustizas e abusos da nobreza. Con

esta trama, o autor reflicte aspectos do maior conflito social vivido en

Galicia na Idade Media: a revolta dos irmandiños.

Xan irmandiño (Aura Tazón). Ficción ambientada na gran guerra

irmandiña que tivo lugar en Galicia e que rematou coa derrota dos

sublevados en 1469.

PARA VER

Armengola, la leyenda (2011). O rei Xaime I de Aragón trata de

conquistar Uryula, ao que se opón o seu defensor musulmán e decide

aniquilar a todo o seu pobo antes de caer nas mans dos cristiáns. Pero

Armengola, ama de cría do fillo do alcaide musulmán, decide

traizoalo e así salvar ao seu pobo da masacre.

Page 12: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

Capitán Trueno y el Santo Grial (2011). Durante a II Cruzada, o

Capitán Trueno encontra nos calabozos dunha fortaleza de Palestina

a un cristián moribundo clamado Juan de Ribera, que lle encomenda

a misión de levar a España un cáliz sagrado que se cre que é o Santo

Grial. Trueno, e os seus inseparables amigos Crispín e Goliat e a

princesa viquinga Sigrid de Thule tenrán que enfrontarse a un

malvado señor feudal para cumprir o encargo.

Cuando Almanzor perdió el tambor (1984). En clave de humor, o

filme recrea aspectos da época do caudillo cordobés, o terror dos

reinos cristiáns; ademais, esixía aos reis doce virxes como tributo;

ao non atopalas, deciden enviarlle doce mozas dun prostíbulo como

se fosen doncelas da nobreza,

El Cid (1961). A partir do texto literario, o filme narra a historia de

Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, alcume gañado polas

vitorias alcanzadas en batallas contra os musulmáns.

El Cid, la leyenda (2003). Filme de animación sobre as accións

deste personaxe clave na historia medieval do reino de Castela.

La marrana (1992). Comedia rural ambientada no século XV. Tras

permanecer cativo en Túnez, Bartolomé regresa á súa terra estremeña

coa ilusión de comer o seu manxar preferido: porco. No camiño

atópase cun desertor que ten unha porca que desexa facer súa a toda

costa.

Page 13: PARA LER Novelas xuvenís - … · El misterio del eunuco (José Luis Velasco). Historia ambientada na Córdoba do culto califa Alhakem II e centrada na acción destinada a

Pedro el Cruel (1963). Pedro I, rei de Castela, coa axuda de bos e

leais servidores, goberna o reino con xustiza. Para consolidar o

trono, o rei está disposto a casar con Branca de Borbón, pero

mentres agarda a chegada da súa prometida en palacio, o capitán da

garda real que a custodiaba é capturado e obrigado a regresar a

Toledo sen a muller.

Tramontana (1991). No século XIII, a desolación e a miseria leva

aos habitantes dun poboado dos Pirineos a emigrar a Valencia, rexión

considerada como a Terra Prometida. Durante a viaxe, o amor, o odio

e os sufrimentos porán en perigo a chegada a tan desexado destino.

Ao mesmo tempo, veranse involucrados na guerra que iniciou o rei

Xaime I para reconquistas as terras valencianas aos musulmáns.