xaneiro 2009 | nº33 solidarios down compostela … · promiso coa mocidade galega. tres anos...

24
XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA FAVORECE A INTEGRACIÓN E A IGUALDADE ENTREVISTA IAGO BOUZÓN «GRAZAS Á SELECCIÓN, OS XOGADORES GALEGOS PO- DEMOS DEMOSTRAR TODO O QUE SABEMOS FACER» O CERTAME GALEGO DE CREADORES NOVOS, O GZCREA, PÚXOLLE FIN AO 2008 COA ENTREGA DOS ÚLTIMOS PREMIOS NAS MODALIDADES DE VIDEOCREACIÓN, MÚSICA, RELATO, POESÍA, TEATRO E CARTELISMO A FINAL DO ‘GZCREA’ RECOÑECE O POTENCIAL CREATIVO DA MOCIDADE O Teatro Principal de Santiago de Com- postela acolleu as máis de 200 persoas que presenciaron a gala final do Certa- me GZCrea 2008, iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade que serve de plataforma para o lanzamento dos novos artistas galegos. Os preto de 400 proxectos presentados ás 13 mo- dalidades constituíron un exemplo do potencial e creatividade dos mozos e mozas de Galicia. E é que este certame fai posíbel publicitar artes que, ás veces, fican pechadas a círculos académicos. Mostra de que a xuventude galega ten moito que dicir na arte e na cultura, o GZCrea tense convertido nun sementei- ro imprescindíbel para a modernización e desenvolvemento do país. Trátase dunha fiestra aberta que permite amosar a creatividade artística e cultural da mo- cidade galega. A Rede Galega de Locais de Ensaio consolídase A Rede Galega de Locais de Ensaio fortalécese con novos espazos dedicados aos músicos emerxentes. O mes pasado, foi inaugurado o local da Guarda e presentouse o complexo de Vigo, que con sete locais de en- saio e cunha sala de gravación se converterá no referente dentro da rede galega. Nos próximos meses, esta iniciativa da Direc- ción Xeral de Xuventude e Soli- dariedade pasará a contar cun total de 30 locais espallados por todo o país. Pola outra banda, o vindeiro 17 deste mes celebrara- se o Nsaio Xeral, unha activida- de novidosa que se erixirá como ponte entre os grupos de música e a industria cultural. Ferrol xa conta co seu centro Quérote Os Centros de Asesoramen- to Afectivo Sexual Quérote seguen a gañar unha maior presenza. Desta vez, é Ferrol a cidade que abeira un novo espazo para que a mocidade poida acollerse a unha sexua- lidade máis responsábel, plena e saudábel. O servizo vén pa- liar o déficit de información e de atención afectivo-sexual da contorna. Dado o éxito deste programa pioneiro en Galicia en no conxunto do estado espa- ñol, a Dirección Xeral de Xuven- tude e Solidariedade ampliará o número de centros e reforzará a súa xestión. De aquí ao final da lexislatura, Galicia contará con oito locais Quérote, xa que aos centros de Santiago de Com- postela, de Ourense, de Burela, de Lugo, de Vigo e de Ferrol se lles sumarán o de Pontevedra e o da Coruña. SONS DO PAÍS ‘MOTOR PERKINS’: MÚSICA CELTA QUE MESTURA ROCK E PUNK LETRAS NOVAS TRABALLOS DE BALDO RAMOS, MARIO CANEIRO E MERCEDES FOLGUEIRA

Upload: hathuy

Post on 19-Jan-2019

229 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA FAVORECE A INTEGRACIÓN E A IGUALDADE

ENTREVISTA

IAGO BOUZÓN«GRAZAS Á SELECCIÓN, OS XOGADORES GALEGOS PO-DEMOS DEMOSTRAR TODO O QUE SABEMOS FACER»

O CERTAME GALEGO DE CREADORES NOVOS, O GZCREA, PÚXOLLE FIN AO 2008 COA ENTREGA DOS ÚLTIMOS PREMIOS NAS MODALIDADES DE VIDEOCREACIÓN, MÚSICA, RELATO, POESÍA, TEATRO E CARTELISMO

A FINAL DO ‘GZCREA’ RECOÑECE O POTENCIAL CREATIVO DA MOCIDADE

O Teatro Principal de Santiago de Com-postela acolleu as máis de 200 persoas que presenciaron a gala final do Certa-me GZCrea 2008, iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade que serve de plataforma para o lanzamento dos novos artistas galegos. Os preto de

400 proxectos presentados ás 13 mo-dalidades constituíron un exemplo do potencial e creatividade dos mozos e mozas de Galicia. E é que este certame fai posíbel publicitar artes que, ás veces, fican pechadas a círculos académicos. Mostra de que a xuventude galega ten

moito que dicir na arte e na cultura, o GZCrea tense convertido nun sementei-ro imprescindíbel para a modernización e desenvolvemento do país. Trátase dunha fiestra aberta que permite amosar a creatividade artística e cultural da mo-cidade galega.

A Rede Galega de Locais de Ensaio consolídase A Rede Galega de Locais de Ensaio fortalécese con novos espazos dedicados aos músicos emerxentes. O mes pasado, foi inaugurado o local da Guarda e presentouse o complexo de Vigo, que con sete locais de en-saio e cunha sala de gravación se converterá no referente dentro da rede galega. Nos próximos meses, esta iniciativa da Direc-ción Xeral de Xuventude e Soli-dariedade pasará a contar cun total de 30 locais espallados por todo o país. Pola outra banda, o vindeiro 17 deste mes celebrara-se o Nsaio Xeral, unha activida-de novidosa que se erixirá como ponte entre os grupos de música e a industria cultural.

Ferrol xa conta co seu centro Quérote

Os Centros de Asesoramen-to Afectivo Sexual Quérote seguen a gañar unha maior presenza. Desta vez, é Ferrol a cidade que abeira un novo espazo para que a mocidade poida acollerse a unha sexua-lidade máis responsábel, plena e saudábel. O servizo vén pa-liar o déficit de información e de atención afectivo-sexual da contorna. Dado o éxito deste programa pioneiro en Galicia en no conxunto do estado espa-ñol, a Dirección Xeral de Xuven-tude e Solidariedade ampliará o número de centros e reforzará a súa xestión. De aquí ao final da lexislatura, Galicia contará con oito locais Quérote, xa que aos centros de Santiago de Com-postela, de Ourense, de Burela, de Lugo, de Vigo e de Ferrol se lles sumarán o de Pontevedra e o da Coruña.

SONS DO PAÍS

‘MOTOR PERKINS’: MÚSICA CELTA QUE MESTURA ROCK E PUNK

LETRAS NOVAS

TRABALLOS DE BALDO RAMOS, MARIO CANEIRO E MERCEDES FOLGUEIRA

Page 2: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 22XANEIRO 2009

#3 EN PRIMEIRA PERSOA Iago Bouzón, futbolista da selección galega e do Recreativo de

Huelva |#4a11 POLÍTICAS XUVENÍS Gala final do Certame GZCrea | Entrega dos Premios

á Solidariedade | Mil prazas para Vive en Defensa do Monte Galego | Inaugúrase o novo centro

Quérote en Ferrol | Preséntase o Nsaio Xeral | ‘Na complexidade de saber’, no espazo LGBT

‘Entendo’ | A Rede de Locais de Ensaio, cada vez máis ampla |#12e13 LETRAS NOVAS

Baldo Ramos | Mario Caneiro | Mercedes Folgueira |#14 POLÍTICAS DE EMPREGO Os

catro Plans Sectoriais da Consellería de Traballo para combater a crise |#15 POLÍTICAS DE

VIVENDA O edificio interxeracional da Consellería de Vivenda en Allariz |#16 SOLIDARIOS

InteRed | Down Compostela |#17 PULSO ASOCIATIVO Asociación Lusco e Fusco |

Asociación Xuvenil Arrabaldo |#18a21 TABOLEIRO

DE ANUNCIOS |#22 VIDA AFECTIVO-SEXUAL

Erotizando o noso pensamento |#23 SONS DO PAÍS

‘Motor Perkins’: música celta, con rock e punk

SUMARIOsumario

marco legal que permita un novo status político

para a mocidade galega. En resumo, sentar as

bases para que a mocidade galega teña voz e

participación directa na política xuvenil e conse-

guir que esta sexa unha política prioritaria para o

Goberno galego en todas as súas ordes.

Foron anos de proxectos e actuacións que,

a pesar das eivas que puidesen ter, crearon un

novo escenario para a mocidade de Galicia. A

Rede Galega de Locais de Ensaio ou a Rede de

Centros Quérote, o Voluntariado en Defensa do

Monte Galego ou o Observatorio Galego da Xu-

ventude, por citar só catro exemplos en diferentes

campos, son ferramentas en mans da mocidade

para crear, facer, transformar e implicar.

Entre todos debemos seguir construíndo a Nao

da mocidade galega. Un camiño no cal, coma

escribira o poeta rianxeiro Manoel Antonio, en

cada relanzo nos agarda a chamada “Máis Alá”.

Unha chamada na que, desde a Dirección Xeral

de Xuventude e Solidariedade, acreditamos..

Iniciamos un novo ano coa ilusión de afrontar

novos retos e coa experiencia acumulada e

compartida en tres anos de traballo e com-

promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-

sididos por un cambio de rumbo nas políticas

xuvenís, tanto nos seus obxectivos coma des-

envolvemento, e polo convencemento de que os

mozos e mozas de Galicia son un dos mellores

valores cos que conta o país para tecer as coor-

denadas dunha nación en liberdade, xustiza e a

igualdade.

Desde a Dirección Xeral de Xuventude e Soli-

dariedade propuxémonos ao inicio desta andai-

na poñer en marcha unha política xuvenil acaída

ás necesidades e demandas dos mozos gale-

gos, unha actuación global que viñese paliar os

graves baleiros e deficiencias existentes. Neste

sentido, marcámonos unha serie de obxectivos:

abrir a administración á participación directa e

ao fomento do asociacionismo xuvenil, enmarcar

a política do departamento nos parámetros de

identidade nacional e de progreso e impulsar o

MÁISALÁ

EDITA:Xunta de Galicia

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

Secretaría Xeral do Benestar

Vicepresidencia da Igualdade e do BenestarSan Caetano, s/n – 15781 Santiago de Compostela

COLABORAN:Consellería de Traballo

Consellería de Vivenda e Solo

DIRECTOR:Rubén Cela DíazDirector xeral de

Xuventude e SolidariedadeCOORDINACIÓN:

Sección de Publicacións eEstatística

[email protected]

PRODUCIÓN:María Obelleiro

[email protected]ÑO, MAQUETACIÓN

E IMPRESIÓN:El Progreso, S.L.ISSN: 1886-3035

Depósito legal: C-882-06CONTACTA CON INFOXOVE:

[email protected]ón de Publicacións

e EstatísticaVicepresidencia da

Igualdade e do BenestarSan Caetano, s/n – 15781 Santiago de Compostela

Tel.: 981 544 660Fax: 981 545 626

EDITORIALeditorial

Page 3: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 33XANEIRO 2009

EN PRIMEIRA PERSOAen primeira persoa

«Grazas á selección, os xogadores galegos podemos demostrar todo o que sabemos»

IAGO BOUZÓN,FUTBOLISTA DA SELECCIÓN GALEGA E DO RECREATIVO DE HUELVA

Cales foron os teus pri-meiros pasos no mundo do fútbol?

–Comecei de cativo nas filas do Casa Paco, un equipo da miña vila, Redondela. Alí xoguei os torneos de verán e nas distin-tas categorías do club até que ingresei nas filas do Real Club Celta de Vigo, cos infantís. Máis tarde subín ao primeiro equipo.–Como viviches o teu debut co Celta na Primeira Divi-sión?–Era o 13 de marzo do 2000, en Montjuïc, nun partido no que acabamos perdendo por 3-0 contra o Español. Eu non era moi consciente do que me es-taba a pasar por aquel entón.

Quizais foi pola idade. Só tiña daquela 16 anos e o que máis me preocupaba era saír ben ao terreo de xogo e facer un bo partido. Neses intres non se me pasou pola cabeza que estaba debutando un partido nunha das mellores ligas do mundo en Primeira División cun equipo da altura do Celta. E con só 16 anos! Non me daba de conta naquel momento que estaba a piques de gozar dunha oportu-nidade semellante. O adestra-dor do conxunto era entón Víc-tor Fernández e eu entrara no terreo de xogo para substituír a Claude Makelele.–E cando xogaches en Balaí-dos?–Foi unha pasada, un soño. Aconteceu despois do meu de-

but no campo do Español e xa levaba un tempo adestrando co primeiro cadro de xogadores do Celta. Ademais, xa me me-tera bastante na dinámica de-les. Tocoume debutar diante da miña afección contra o Alavés. Despois xa non puiden disputar máis partidos co primeiro equi-po porque xoguei coa selección española sub 15 no campionato de Europa e cando vin de volta xa acabara a Liga.–Que apreciaches do cambio de xogar co Celta B a facelo na máxima categoría?–Sobre todo, notei que dispós de moito menos tempo para executar as xogadas. Na Pri-meira División xógase moito

máis rápido, tanto en ataque como en defensa. Ademais, os erros páganse máis caros na máxima categoría. Unha xoga-da perigosa cando militaba no Celta B podía non acabar en gol, pero co primeiro equipo, o conto cambiaba e podías levar máis dun susto.–Que che parece a situación dos canteiráns galegos?–Penso que, a nivel xeral, non se está a aproveitar o potencial da canteira galega. Ao meu ver, os xogadores da canteira debe-rían gozar de moita máis saída da que teñen. Moitas veces de-cátaste de que te valoran máis fóra que en Galicia. E é triste. Coido que a bandeira dos equi-pos debería ser a unión entre a afección e a canteira. O exem-

plo máis significativo vese en Cataluña. Non é incompatíbel estar ao máximo nivel e contar cos canteiráns. O Barça ten unha das mellores canteiras de España; traballan cos rapaces desde a base e mira que bos resultados teñen. –Pensas que no Celta non te valoraron o suficiente?–Por pena que me dea foi así. Aínda que apostaron por min desde o primeiro momento, apartáronme sen máis. Estiven un ano fóra do equipo; só me deixaron adestrar e era verda-deiramente triste. E todo por non querer asinar un contrato que a min non me beneficiaba para nada. Pretendían que asi-nase co Celta por unha chea de anos e por poucos cartos e como eu non quería, decidiron entón apartarme como medida de presión para que entrase en razón.–Foi difícil facer as maletas para marchar cara a Huel-va?–Pois si, sobre todo porque eu son un namorado de Galicia, da xente, do clima... Custoume, pero xa levo alí catro anos. Para tratar de non pasalo mal, sem-pre teño un recuncho da miña memoria en Galicia e, en canto teño a opción, veño até aquí.–Entón, veremos a Iago Bou-zón nun equipo galego?–Nunca se sabe... Gustaríame poder volver a Vigo nalgunha etapa da miña carreira porque sinto que non gocei de todo o que podía dun club como o Cel-ta. Incluso tampouco me impor-taría vir para xogar no Deportivo da Coruña. Despois de catro anos fóra, o da “rivalidade” está máis que superado. Encántame que gañen todos os equipos ga-legos, sexan cales sexan. Oxalá houbese vinte equipos galegos na Primeira División... e que o Celta por fin subise.–Xogaches fronte ao Dépor o

último partido do ano. Como foi?–Tiña moitas ganas de xogar porque levaba dúas semanas lesionado. Sobre todo, tiña a ilu-sión de volver á miña terra, que iso sempre é unha alegría. Máis que apetecerme xogar contra o Dépor por ser o Dépor, tiña ga-

nas de volver a Galicia.–Que che parece a iniciativa da selección galega de fút-bol?–Gústame e aplaudina desde o principio porque grazas a esta iniciativa os xogadores galegos podemos demostrar todo o que sabemos facer defendendo a nosa bandeira. É unha boa for-ma de enxalzar os futbolistas da nosa comunidade. Tamén me pareceu moi boa idea que or-ganizasen partidos das mulleres porque promove e dálle forza ao fútbol feminino, que apenas ten visibilidade.–Como foi para ti o partido da selección contra o Uru-guai?–Impactoume. San Lázaro era unha verdadeira festa. Foi o

reinicio máis bonito que lle pui-deron dar á selección. Nunca o esquecerei.–Como acabará o Recreativo de Huelva a Liga?–Espero que en Primeira! Coi-do que nos esperan uns meses moi complicados, pero temos que ser fortes e temos que loitar

até o final. O ano pasado pasá-molo mal. Apostaban máis polo Zaragoza que por nós e mira, mantivémonos en Primeira e eles baixaron. Así que espero que esta vez saibamos face-lo ben para lograrmos ficar na máxima categoría.–Ti que comezaches desde moi pequeno, que consellos lles podes dar aos que que-ren dedicarse ao fútbol?–Máis que consellos, penso que hai que ser consciente de que no fútbol, como na vida, hai camiños bos e camiños malos e que hoxe estás arriba e mañá podes atravesar un mal momento. Por iso é imprescin-díbel crer nun mesmo. Se non o fas, é difícil que a afección o faga.

A NIVEL XERAL, NON SE ESTÁ A APROVEITAR TODO O POTENCIAL QUE TEN A CANTEIRA GALEGA

Iago Bouzón coa camiseta da selección galega. PACO VILABARROS

A BASE DE TRABALLO, IAGO BOUZÓN (REDONDELA, 1983) FOI QUEN DE DAR O SALTO DAS CATEGORÍAS INFERIORES DO CELTA Á PRIMEIRA DIVISIÓN. O SEU GRAN DOMINIO DO XOGO AÉREO E A SÚA RAPIDEZ FIXÉRONO SUBCAMPIÓN DO MUNDO CON ESPAÑA SUB 20. DESDE HAI CATRO TEMPADAS, XOGA NO RECREATIVO DE HUELVA. BOUZÓN LEMBRA COMO UN DOS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS DA SÚA CARREIRA O PARTIDO QUE SUPUXO A RECUPERACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL, O 29 DE DECEMBRO DO 2005. MALIA QUE FOI CONVOCADO, ESTE ANO NON PUIDO DISPUTAR O ENCONTRO CONTRA IRÁN

COIDO QUE A BANDEIRA DOS EQUIPOS DEBERÍA SER A UNIÓN ENTRE A AFECCIÓN E A CANTEIRA. O EXEMPLO É CATALUÑA”

Page 4: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 44XANEIRO 2009

POLÍTICAS XUVENÍSpolíticas xuvenís

MÁIS DE 400 TRABALLOS CONCORRERON ÁS TRECE MODALIDADES DESTA INICIATIVA DE XUVENTUDE, QUE SERVE DE PLATAFORMA DE LANZAMENTO PARA OS NOVOS ARTISTAS GALEGOSyO Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu o pasado mes de decembro máis de 200 persoas na gala final da entrega de galardóns do GZCrea, o Cer-tame Galego de Creadores No-vos. Rubén Cela, director xeral de Xuventude e Solidariedade; Xosé María Ferreira, delegado Vi-cepresidencia en Ourense; María Xesús lago, secretaria xeral do Benestar; e Tareixa Novo, dele-gada provincial da Vicepresiden-cia na Coruña, estiveron entre os asistentes. Na súa intervención, o responsábel de Xuventude, departamento que promove o Certame GZCrea, apuntou que “nos máis de 400 proxectos pre-sentados ás trece modalidades deuse un exemplo excepcional do potencial creativo dos mozos e mozas do país”. Cela insistiu en que a aposta de Xuventude pasa por “dar a coñecer, socia-lizar e apoiar o que a mocidade está a facer en Galiza”. E é que o Certame Galego de Novos Crea-dores fai posíbel publicitar artes que, ás veces, fican pechadas a círculos académicos.

Mostra de que a xuventude galega ten moito que dicir na arte e na cultura é que o cer-tame se ten convertido nun sementeiro imprescindíbel para a modernización e desenvolve-

mento do país. Trátase dunha fiestra aberta que permite amo-sar a creatividade artística e cultural da mocidade galega. O feito de que cada ano se vaian engadindo novas categorías amosa que é un certame vivo e en constante crecemento.

A galaA proxección de Metamorfosis II, de Sheila Pazos Silva, que aca-dou o primeiro premio da cate-goría de videocreación, abriu a gala. A continuación, tivo lugar a representación de Presas, de Spasmo, do IES Santa Irene de Vigo, obra gañadora nesa cate-goría. Pola súa banda, Projecto [‘trepia], grupo gañador na mo-dalidade de música, púxolle o broche de ouro á xornada.

No decurso da gala entregá-ronse os premios aos gañado-res do Certame GZCrea en seis categorías, xa que nas restan-tes modalidades se foron con-cedendo en diferentes eventos. As categorías de videocreación, música, relato, poesía, teatro e cartelismo recibiron cadanseu galardón nesta gala final. Para cada especialidade estabelecé-ronse tres premios, cun importe de 3.000 euros para o primeiro, de 1.500 para o segundo e de 1.000 euros para o terceiro. y

O ‘GZCrea’ púxolle o broche ao 2008 coa gala fi nal celebrada en Compostela

GZCrea 2008

Actuación de Projecto [‘trepia]

‘Projecto [‘trepia], gañadores do primeiro premio de música, actuaron na gala final Spasmo, do IES Santa Irene, representaron ‘Presas’, obra gañadora.

Page 5: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 55XANEIRO 2009

yEn videocreación, recibiu o primeiro premio na gala final do Certame GZCrea Sheila Pazos Silva, de Pontevedra, pola obra Metamorfosis II. O segundo premio recaeu na obra Projecto [‘trepia], de Alexandre Martínez Pérez, de Pontevedra. Héctor Barandela, da Coruña, acadou o terceiro galardón pola obra Pe-sadelo nocturno en 13.591 ca-dros. Lorena Terrón, da Coruña, recibiu a mención de honra por Ego mortis e tamén tango.

Na modalidade de música, os pontevedreses Projecto [‘tre-pia] recolleron o primeiro premio polas cancións A roseira e Leg-hons. Os temas II e mais A pedra de afiar déronlle a Noise Project, de Valga, o segundo premio. Pola súa banda, o terceiro galar-dón foi compartido entre Os Gru, da Coruña, polas cancións As movies de Antón Castro e Ti me soas e Anxo Graña, de Cangas do Morrazo, polos temas Baila-dela e Saxos.

Na gala final recolleron os seus galardóns na modalidade de re-lato Iria Ameixeiras Cundíns, de Zas, pola obra A confraría das palabras, que acadou o primeiro premio; Carmen Núñez Sande, de Muros, que recibiu o segun-do premio por Sin título; e Marti-na Vázquez Suárez, da Coruña, que recibiu o terceiro premio pola obra Muller en seis pezas.

En poesía concedéuselle o primeiro premio a Lara Dopazo Ruibal, de Marín, pola composi-ción Dende Illa Peixe. Valentina Carro Padín, de Cambados, re-cibiu nesta gala final o segundo premio por Cíclopes pintábanse con rimmel e saían ángulos. O terceiro premio recaeu en Poe-sía primeira de amor, desamor e

arrefriado, de David Pérez Gon-zález, da Pobra do Caramiñal. A mención de honra nesta catego-ría foi para Xosé Daniel Costas Currás, de Moaña, pola poesía Revoluciona(Me).

En teatro, os premiados re-caeron en Spasmo, do IES San-ta Irene de Vigo, por Presas. Bicodobrelo, de Catoira, reco-lleron nesta gala o segundo ga-lardón grazas á Comedia bífida. O terceiro premio levouno a obra Metus Extremus, de Andaravía Teatro da A.C. Papaventos, de Vedra.

Na modalidade de cartelis-mo, o primeiro galardón foi para José Domínguez, da Coruña, por Ven sentir o teatro. Amósate, de Antía Carbajo Area, de Ponteve-dra, acadou o segundo premio. O terceiro recaeu en Bárbara Luí-sa Rodríguez Silva, da Coruña, por Paso de creación. As men-cións de honra recibíronas Da-vid Cuence Seijas, de Rois, pola obra Crea Gz, Mónica Bastón Paz, de Pontevedra, por Esperta a túa testa e Ángel David Corral Rodríguez, de Ourense, por Do que se come se cría.

Xa foran entregadosNa especialidade de moda, dentro do Certame Tesoira 2008, exhibíronse os deseños o 20 de novembro no Teatro do Centro Cultural de Caixanova de Vigo. As premiadas nesta modalidade foron Isabel Mastache Martínez, por Sputnik; Eva Soto Conde, por A arte da papiroflexia; e Mó-nica Bastón, por A mente de-mente de Sevérine Sérizy.

Tamén en novembro se cele-brou a final da especialidade de graffiti no Multiusos Fontes do Sar, en Compostela, nun acto

que coincidiu co Festival Micro-fest 08. David Canosa Barreiro por True love recolleu o primeiro premio. Jorge Mourelos Peteiro quedou segundo por Un pouco de cor para unha cidade gris. O terceiro galardón foi para Fan-farria tolayesca, de David Brey Vázquez.

En banda deseñada, recibiu o primeiro premio Martín Romero Outeiral, por O home do saco. O segundo premio gañouno María Dolores Lorente Esquiva, por Ventrílocuo. Carta dende a fronte deulle a Jerónimo Piñeiro de Castro o terceiro galardón. A mención de honra foi para Diego campos, por Que ben se está en todas partes.

Os gañadores de artes plásti-cas foron Alba Fandiño pola obra Mi madre vista desde mis ocho años, Pablo Rodríguez Barreiro, por Orixe (da serie máscaras) e Cristian Enrique Gradín, por Ellos no conocen la vejez. A mención de honra recaeu en A Conferen-cia, de Daniel Pérez Diéguez. O 6 de novembro inaugurábase a exposición das obras seleccio-nadas nesta modalidade.

Na modalidade de deseño de xoias, novidade no GZCrea 2008, recibiu os 3.000 euros do primeiro premio Josefa Cas-tro Lago, pola colección Fiadu-ras. Sarai Fernández fíxose cos 1.500 euros pola súa proposta White wood e Libertad Olives ga-ñou os 1.000 euros do terceiro premio por Quixera ser tan alta... Até mediados de xaneiro aínda podedes achegarvos ao espa-zo de arte de El Correo Gallego para contemplar 21 das crea-cións que foron presentadas ao Certame Gzcrea na modalidade de deseño de xoias. y

Relación de premiados no ‘GZCrea 2008’

POLÍTICAS XUVENÍSpolíticas xuvenís

‘Performance’, na gala final

Máis de 200 persoas asistiron á entrega final do Certame GZCrea 2008 Participantes na modalidade de deseño de xoias, xunto con Rubén Cela

Page 6: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 66XANEIRO 2009

POLÍTICAS XUVENÍSpolíticas xuvenís

ffiti Enrólate, que xa gañaran a primeira edición deste premio. A segunda categoría quedou de-serta, xa que non se presentou ningunha proposta. Os rapaces asistiron ao acto acompañados polos seus profesores e logo pasaron o día en Compostela convidados pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. O seu premio consiste nunha estancia no Albergue das Sinas, en Vilanova de Arousa, para par-ticipar no programa Auga+Mar de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño. y

no non universitario a través da realización dun libroweb e dun graffiti. Nesta última modalidade, o xurado decidiu conceder tres premios ao traballo presentado polos alumnos e alumnas de 4º de ESO do CPR Mercantil de Vigo baixo o título Solidariedade e aos rapaces e rapazas, tamén do mesmo curso, do CPR Ma-nuela Rial Mouzo de Cee que concursaron co proxecto titula-do Xuntos podemos. O terceiro recoñecemento foi para os es-tudantes de 4º de ESO e 1º de bacharelado do IES Carlos Ca-sares de Viana do Bolo polo gra-

entidades encadradas dentro do marco de actuación do volunta-riado social e doutras formas de voluntariado que nacen coa evo-lución da sociedade galega, como o voluntariado ambiental mariño ou o voluntariado de educación para a seguridade viaria.

II Premios GraffitiXunto coa Dirección Xeral de Or-denación e Innovación Educati-va, a Dirección Xeral de Xuventu-de e Solidariedade convocou os premios destinados a fomentar o voluntariado e a solidarieda-de entre o alumnado de ensi-

to Lago como Cela aludiron ao compromiso da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar co voluntariado en Galicia.

Os premiadosA presidenta da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Pontevedra, María Josefa Crespo Amigo; a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma); o presidente da Asociación de Mobilidade e Prevención de Acci-dentes de Tráfico (PAT Ourense), Maximino Cid Ferro; a título pós-tumo, o cooperante galego faleci-do no Perú no pasado setembro, José Ignacio Salgado Blanco; e a Asociación de Veciños San Juan de Esmelle (Ferrol) foron os pre-miados. Unha escultura solidaria do artista ourensán Acisclo Man-zano recoñeceu o labor dos pre-miados, mentres que un diploma dignificou o traballo das mencións honoríficas. Deste xeito, reco-ñeceuse o labor das persoas e

yCo gallo do Día do Voluntariado, que se celebrou o 5 de decembro, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade promoveu distintas accións encamiñadas á promo-ción, difusión e recoñecemento do labor que se desenvolve en Galicia. Nesta liña, o pasado 4 de decembro tivo lugar a entrega dos Premios á Solidariedade en Gali-cia 2008, que lles foron concedi-dos a cinco entidades represen-tativas da acción voluntaria nos eidos de sensibilización e difusión, proxectos innovadores e desen-volvemento sustentábel e/ou co-munitario.

Celebrado en Santiago de Compostela baixo o lema Premios solidarios. Accións que deixan sen Palabras, o acto foi presentado polo director xeral de Xuventu-de, Rubén Cela, e foi conducido pola vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). A encargada de pechar a entrega foi a secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago. Tan-

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDADE TAMÉN FIXO ENTREGA DOS II PREMIOS GRAFFITI, DESTINADOS A FOMENTAR O VOLUNTARIADO ENTRE O ALUMNADO DO ENSINO NON UNIVERSITARIO

Cinco entidades de acción voluntaria recibiron os Premios á Solidariedade

Os premiados, no acto celebrado en Santiago de Compostela o pasado 4 de decembro

‘Nsaio’ difunde no ‘Cultur.gal’ a forza da música emerxenteyO programa Nsaio contou co seu propio espazo no Cultur.gal, a Feira Galega de Industrias Cul-turais que nesta edición visitaron máis de 35.000 persoas. Unha caseta propia e un completo pro-grama de actividades ao longo dos catro días do Cultur.gal per-mitiron espallar o pulo da música emerxente galega e fixeron posí-bel a creación do espazo como epicentro da promoción dos gru-pos noveis de Galicia. Do 4 ao 7 de decembro organizáronse showcases, pequenos concertos destinados aos representantes da industria cultural; meeting po-int, onde músicos e empresas se coñeceron; e concertos conven-cionais. Nos catro días de feira re-partíronse 4.000 discos e folletos explicativos sobre Nsaio.

Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, que lle dá pulo ao programa, ofreceulles aos grupos rexistrados na páxina web www.nsaio.org a posibilida-de de pescudar no propio expo-

sitor os datos sobre as empresas musicais e a exposición das súas maquetas. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, mantivo un encontro cos responsábeis do proxecto e cos integrantes dalgún dos grupos que participan na ini-

yO quinteto de Ames Som do Galpom, gañador da última edi-ción do certame que convoca a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade para difundir a mú-sica dos grupos noveis galegos, gravarán o seu primeiro LP na primavera coa discográfica Falca-truada. A fusión de rap, reggae e funk fixo que Gael (voz), Brais (vio-lín e coros), Xurxo (guitarra clásica e eléctrica), Jano (baixo e coros) e Aitor (batería) chegasen á final do GZCrea do pasado 2007 e que o grupo se impuxera na segunda edición de Nsaio no Camiño.

Nos últimos meses, Som do Galpom, nome que lle deu o gal-pón que se atopa xunto á casa dos pais de Gael e de Brais na Moniña (Ames), percorreu Galicia espallando por todos os recun-chos e festas da comunidade as letras que falan da inmigración, da infancia, da fame, do consumis-mo, do traballo, dos cartos ou da política. Conscientes de que sen transmitir sentimentos non existe a música, os temas de Som do Galpom sempre teñen «algo que dicir». y

ciativa. Entre os asistentes desta-cou a presenza dos gañadores do Nsaio no Camiño deste 2008, Som do Galpom.

O xoves, día inaugural da fei-ra que promove a Consellería de Cultura, o expositor permaneceu á disposición dos interesados durante toda a xornada. O ven-res tivo lugar a presentación do proxecto Nsaio aos profesionais galegos da industria musical e desenvolvéronse os showcases, nos que participaron entre outros Telémaco, Maryland e Duplo Son. Na mañá do sábado cele-bráronse os meeting point cos

‘Som do Galpom’ edita na primavera o seu LP

Foron varios os grupos que acadaron compromisos para a celebración de próximos concertos

representantes das compañías musicais. Pola tarde, tivo lugar o showcase de Roberto Sobrado e a presentación de Almas da noi-te, o novo disco do grupo Kas-tomä. Durante o derradeiro día, os Trasnos de Moscoso, Cho-tokoeu e Chámalle Xis tocaron en vivo e despediron bailando os catro días nos que os diferentes eidos da creación e da difusión cultural galega saudaron da man a sociedade galega. A experien-cia foi todo un éxito, xa que foron varios os grupos que acadaron compromisos para a celebración de próximos concertos. y

Page 7: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 77XANEIRO 2009

POLÍTICAS XUVENÍSpolíticas xuvenís

A FINAL DESTA CATEGORÍA CELEBROUSE NO MARCO DO MICROFEST, O FESTIVAL DE CULTURA URBANA MÁIS IMPORTANTE DO NOROESTE PENINSULAR

Mil prazas para o programa Vive en Defensa do Monte Galego

yEste mes arrinca a terceira edi-ción do programa de educación e sensibilización ambiental Vive en Defensa do Monte Galego, iniciativa da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade na que tamén cola-bora a Consellería de Medio Rural. Grazas ao proxecto, que se dirixe aos estudantes de 3º e 4º da ESO e de 1º de bacharelato de toda Galicia, incídese na formación en materia de patrimonio natural e cultural da comunidade para promover un voluntariado enca-miñado a recuperar e a valorizar o medio natural galego.Nas súas primeiras edicións, o

programa acolleu a participa-ción de 2.800 rapaces e rapa-zas que estudan en diversos centros escolares de Galicia. Desta vez, ofértanse ao redor de 1.000 prazas. Desde o 12 de xaneiro até o 26 de marzo de luns a xoves, catro colexios cun máximo de 25 participan-tes por cada un deles poderán desenvolver as actividades do programa no Albergue Xuve-nil das Sinas, en Vilanova de Arousa. Como novidade, nes-ta edición téñense reservadas dúas quendas para persoas con discapacidade, que suman un total de 100 prazas, e outras tres para os centros escolares

Xuventude, no Día da Loita contra a SidayO pasado 1 de decembro, Ga-licia sumouse á conmemoración do Día Mundial da Loita contra a Sida nunha xornada que contou coa presenza da secretaria xeral de Benestar da Vicepresidencia, María Xesús Lago, e mais do di-rector xeral de Xuventude e Soli-dariedade, Rubén Cela. A praza do Toural, en Santiago de Com-postela, acubillou os actos dos diferentes colectivos e entida-des, entre os que se atopaban a rede de asesoramento afecti-vo-sexual Quérote, da Dirección Xeral de Xuventude e Solidarie-dade. Logo da lectura conxunta do manifesto a cargo dos dife-rentes colectivos e asociacións

Os estudantes poden participar nun grande abano de actividades relacionadas co medio ambiente

Cinema documental, no marco de ConversasconyA violación dos dereitos hu-manos en América Latina foi abordada no mes de decem-bro nun ciclo de cinema docu-mental celebrado no marco do programa da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade Conversascon. Os catro filmes proxectados na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) puxéron-lles o broche ás actividades do segundo semestre deste programa. As catro películas, nadas do compromiso dos seus responsábeis cos pobos que se abordan na trama, fo-ron obxecto de diferentes xei-tos de censura nos propios países.

La hora de los hornos (A Arxentina, 1968) foi o docu-mental proxectado o pasado 10 de decembro. Dirixido por Fernando Pino Solanas, o filme recolle un forte compromiso político e os seus responsá-beis fan escarnio da burgue-sía e da intelectualidade ar-xentina, presentándoas como traidoras, aliñadas e vaidosas da súas orixes europeas.

Un día máis tarde, Conver-sascon proxectou Caminantes (México, 2001). Dirixida polo director Fernando León de

Rubén Cela e María Xesús Lago, no Día Mundial da Loita contra a Sida

gañadores do premio do Corre-lingua.

O monte, o noso ADNO director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, e mais o director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blan-co, interviñeron na presentación da terceira edición de Vive en De-fensa do Monte Galego. No de-curso do acto, Cela explicou que o programa foi creado xunto co Voluntariado en Defensa do Mon-te Galego para darlles resposta ás inquedanzas cidadás na loita con-tra o lume. O obxectivo pasa por concienciar sobre o valor natural, ecolóxico e tamén económico do monte galego. E é que, tal e como subliñou o responsábel de Xuventude, “o monte forma par-te do noso ADN colectivo como pobo”. Neste sentido, Cela afir-mou que só se pode amar o que se coñece. Trátase de dar a coñe-cer toda a riqueza que se agocha

nos montes do país para que así poida ser querido e respectado.Ademais de poder participar nun grande abano de actividades re-lacionadas co medio ambiente, como complemento, os partici-pantes poderán participar nas charlas formativas sobre o bosque, os incendios ou a flora e a fauna do monte. O material audiovisual,

os obradoiros, os debates, as vi-sitas a núcleos rurais poboados e as saídas para a rexeneración de ecosistemas forestais completan o programa. Se queredes máis in-formación sobre Vive en Defensa do Monte Galego, podedes con-sultar a web www.xuventude.net ou podedes chamar ao teléfono 981 957057. y

Grande acollida do Complexo Residencial Xuvenil LugyMáis de cen entidades e colectivos da cidade de Lugo participaron nun encontro co director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, no que se explicou a dinámica de funcionamento prevista para o Complexo Residencial Xuvenil Lug, un centro multidisciplinar pioneiro na nosa comunidade. A sociedade lucense, que parti-cipou fornecendo suxestións de ideas e propostas para o centro, puido coñecer de primeira man

a dinámica e os obxectivos des-te complexo, que nace co pro-pósito de se converter nunha referencia no país. Na xornada, Rubén Cela e mais a delegada de Vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez, ratificaron o compromiso da Administración en encher de contidos e programas o Lug, sempre man con man co teci-do asociativo e social da cida-de. Co epicentro na xuventude, esta instalación pretende erixirse

como motor dinamizador tan-to en Lugo como na comarca. Así, conta cun albergue xuvenil con 70 prazas, coa aula de no-vas tecnoloxías, coas salas de usos múltiples para asociacións e colectivos, co salón de actos con capacidade para máis de 100 persoas, coa sala de expo-sicións, con varios locais de en-saio, co centro Quérote de ase-soramento afectivo-sexual e coa Escola de Música Tradicional de Lugo, Tradescola. y

Aranoa, relátase como se ve alterada a vida dunha peque-na poboación mexicana coa noticia de que a marcha con-vocada polo Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) para reclamar o recoñecemen-to dos dereitos dos pobos in-díxenas percorrerá as rúas no seu camiño cara á capital.

La hora del cóndor (Bo-livia, 1969) permitiulles aos espectadores afondar o 15 de decembro na esteriliza-ción de mulleres campesiñas bolivianas por membros dos chamados Corpos de Paz. Concibido como unha cha-mada á rebelión dos estratos máis desfavorecidos de Boli-via contra a opresión, o filme trata a violación dos dereitos dos nativos.

La batalla de Chile I y II (Chi-le, 1976), proxectado o 16 e o 17 de decembro, foi un filme dirixido por Patricio Guzmán. Trátase dun documento que foi gravado no momento mes-mo no que se produciron os feitos, o golpe de Estado mi-litar contra o Goberno demo-crático de Salvador Allende. O cámara da película, Jorge Múller, foi un dos “desapare-cidos” durante a ditadura de Pinochet. y

implicadas na loita contra a sida, Rubén Cela interveu para lembrar que na actualidade son máis de 35 millóns as persoas

afectadas polo virus en todo o mundo, un dato que amosa que esta pandemia non é cousa do pasado. y

Page 8: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 88XANEIRO 2009

POLÍTICAS XUVENÍSpolíticas xuvenís

A REDE GALEGA DE CENTROS QUÉROTE DE ASESORAMENTO AFECTIVO SEXUAL VÉN PALIAR O DÉFICIT DE INFORMACIÓN EN MATERIA DE SEXUALIDADE QUE PADECÍA GALICIA

Abre en Ferrol o sexto centro Quérote

yUn novo local, situado na rúa Santa Comba, en Ferrol, vén ampliar a Rede Galega de Cen-tros Quérote de asesoramento afectivo sexual. Este novo es-pazo, que lle dá servizo a todo Ferrol e á comarca de Trasan-cos, convértese no sexto cen-tro desta iniciativa concibida pola Dirección Xeral de Xu-ventude e Solidariedade para que a mocidade galega poida gozar dunha sexualidade máis responsábel, máis plena e máis saudábel e que palia o déficit de información e de atención afectivo sexual.

Este novo espazo, xestiona-do a través do Consorcio Ga-lego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta cun total de 150 metros cadrados de su-perficie distribuídos en tres despachos, nunha sala de es-pera, nun cuarto de reunións e nunha zona de almacén. O persoal que atende o centro componse dun médico, dun

psicólogo e dun traballador social, que dotan o centro de liberdade para que os mozos e mozas poidan falar abertamen-te e para ofrecerlles informa-ción rigorosa e de calidade en materia de sexualidade. O local de Ferrol estará coordinado co resto da rede, formada polos centros Quérote de Santiago de Compostela, Lugo, Ouren-se, Burela e Vigo. Ao longo das vindeiras semanas botarán a andar os centros da Coruña e de Pontevedra.

Para todos os colectivosOs centros Quérote ofrecen un servizo novidoso e pioneiro no conxunto de España e mesmo espertou o interese doutras co-munidades. Pero o concepto novidoso do proxecto non só reside na súa concepción, se-nón tamén na súa perspectiva, xa que non se limita a ser un espazo fixo onde atender as consultas. Tamén se creou un

posto móbil que se despraza a puntos clave onde se move habitualmente a mocidade, como festivais ou concertos, e un portal web, www.querote.org, que lles presta servizo aos usuarios da internet. Ademais, os centros Quérote achéganlles a información afectivo-sexual a todos os colectivos. Para isto, organízanse obradoiros especí-ficos dedicados ás persoas con discapacidade e nos vindeiros meses publicarase material in-formativo en braille e iniciaran-se diversas liñas de traballo con usuarios do Programa Proxecto

Nsaio Xeral, o lugar de encontro dos grupos musicais de toda Galiciay“Un punto de encontro e intercambio de experiencias para todos os grupos e que abrirá unha canle de contacto entre estes conxuntos e a in-dustria cultural”. Así definiu o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, o Nsaio Xeral, que se celebra o vindeiro 17 de xaneiro no IES Rosalía de Castro, en Com-postela. Polo de agora, máis de 200 grupos xa confirmaron a súa asistencia, pero a ins-crición de participantes conti-núa aberta até o 9 de xaneiro a través da web www.nsaio.org.

Ademais de procurar o contacto entre bandas da co-munidade, o Nsaio Xeral fará balance da Rede de Locais de Ensaio e daralle pulo a esta iniciativa posta en mar-cha pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, un dos programas máis rele-vantes levados a cabo nesta lexislatura polo departamento que dirixe Rubén Cela.

Recursos de ‘nsaio.org’

Home e con menores tutelados pola Xunta de Galicia.

Discrepancia coa IgrexaNo transcurso da inauguración, na que tamén participou o al-calde de Ferrol, Vicente Irisarri, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, cuestionou a visión da Igrexa en materia afectivo-sexual. O responsábel deste de-partamento lembrou o respecto escrupuloso do Goberno galego coa moralidade e coas crenzas relixiosas de cadaquén. Con todo, apuntou que a Xunta non se pode inhibir de responsabi-

Rubén Cela, director xeral de Xuventude, na inauguración do ‘Quérote’ de Ferrol

Éxito nas matrículas da Tradescola

yA Tradescola, o novo cen-tro de aprendizaxe e difusión da música tradicional, vén de comezar a súa andaina co obxectivo de se converter nun referente no conxunto do país. E vai polo camiño, xa que desde que o mes pasado se abriu a matrícula 120 persoas formalizaron a súa inscrición, un éxito tendo en conta que se trata do primeiro ano de funcionamento da Escola de Música Tradicional de Lugo. Creada grazas a un convenio de colaboración asinado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Di-rección Xeral de Xuventude e Solidariedade, e pola Depu-tación de Lugo e xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, a Tradescola oferta cursos en 10 especialidades a cargo de profesores cun amplo currículo profesional na música, como Bruno Villamor, Emilio Mesías, Luís Correa, O Carruncho, Montese Rive-ra ou Pedro Lamas. Situado no complexo LUG II, o centro dispón de catro aulas, unha sala de reunións e un despa-cho administrativo. y

lidades tan importantes como informar a mocidade en materia afectivo-sexual dun xeito veraz, obxectivo e científico, algo ne-cesario para combater de xeito efectivo condutas de alto risco ou embarazos non desexados.

En concreto, Cela cuestionou as declaracións do arcebispo de Valladolid, Braulio Rodríguez, nas que afirmaba que a educación afectivo-sexual debe ser respon-sabilidade única dos pais, fronte ao que desde Xuventude se pro-pón: que esta educación debe comprender a pais, Goberno e conxunto da sociedade. y

Durante a presentación do Nsaio Xeral, o responsábel de Xuventude lembrou que dentro da Rede de Locais de ensaio se ten avanzado na consecución de iniciativas como o portal www.nsaio.org, que funciona como punto de encontro virtual dos grupos e que ofrece, entre outros recur-sos, a posibilidade de crear páxinas web de balde, servi-zo de consultoría en liña ou a creación dunha axenda co-lectiva para os integrantes da rede. Tamén se referiu ao eido da formación e aos concursos de maquetas, onde se insiren os dous certames que xa son unha referencia, o GzCrea e o Nsaio no Camiño. Malia es-tes avances, Cela sinalou un ámbito que queda por conso-lidar, o de converter a Rede Galega de Locais de Ensaio en ponte entre os grupos e a industria cultural. Así, lembrou a primeira achega que supuxo o Culturgal, celebrado na Co-ruña o mes pasado. Segundo explicou, agora, co Nsaio Xe-

ral, trátase de dar un gran sal-to cara a este obxectivo.

ProgramaAo longo da mañá, a xornada incluirá a celebración de obra-doiros sobre produción musical, edición e distribución, promo-ción web, imaxe, management e deseño. Xa pola tarde, or-ganizarase un cásting no que todos os grupos poderán dar a coñecer as súas maquetas. Entre elas, os programadores

do Xacobeo elixirán 24 grupos para participar na edición deste ano da iniciativa Vai de Camiño. Tamén tomarán contacto con representantes da Rede Ga-lega de Música ao Vivo e cos responsábeis de produción do novo espazo televisivo Ban-da curta, que vai emitir a TVG. Nsaio Xeral rematará á noitiña coa celebración de concertos a cargo dun artista convidado e de tres grupos da rede selec-cionados no cásting. y

Page 9: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 99XANEIRO 2009

POLÍTICAS XUVENÍSpolíticas xuvenís

Expertos en educación sexual participarán en ‘Sexuando’

Laura Bugallo

yNa complexidade de saber-nos muller, mulleres, de existir nese abano plural, neste uni-verso propio no que nos reco-ñecemos como inmigrantes no sistema patriarcal, no que de continuo temos que amosar os nosos papeis, como se a nosa existencia fose, aínda hoxe, po-rén permitida por uns cánones pautados polo medo á perda do poder duns, polo amedoña-mento ao noso empoderarnos, xurdidos e somos as mulleres trans, dentro da diversidade de ethos diferentes, a deconstru-ción do sistema binomio sexo/xénero, a reafirmación dun con-tínuum muller-home, na que as nosas manifestacións, as nosas existencias interrogan aqueles conceptos que outrora foron deseñados como sistemas cas-tradores e aniquiladores de vivir libremente a sexualidade.

Creo que o que máis enreve-sa as cousas é ese “xurdidos”, que debera ir xusto despois de “cánones” ou, mellor aínda, sa-calo. Ademais, poñería un punto antes de “somos as mulleres...”.

Penso que así podería valer, pero talvez sería mellor que llo comentases a ela, a ver se era isto o que quería dicir:

Na complexidade de saber-nos muller, mulleres, de existir nese abano plural, neste uni-verso propio no que nos reco-ñecemos como inmigrantes no sistema patriarcal, no que de continuo temos que amosar os nosos papeis, como se a nosa existencia fose, aínda hoxe, po-rén permitida por uns cánones xurdidos pautados polo medo á perda do poder duns, polo amedoñamento ao noso empo-derarnos. E somos as mulleres trans, dentro da diversidade de ethos diferentes, a deconstru-ción do sistema binomio sexo/xénero, a reafirmación dun con-tínuum muller-home, na que as nosas manifestacións, as nosas existencias, interrogan aqueles conceptos que outrora foron deseñados como sistemas cas-tradores e aniquiladores de vivir libremente a sexualidade.

As mulleres trans traemos un senfín de definicións e viven-cias singulares. Somos nós, as mulleres trans, dentro da diver-

menteros, que participou no proxecto de reforma do Có-digo Civil para facer posíbel o matrimonio homosexual e a adopción de nenos por parte de homosexuais e colabora-dor do Colexio de Psicólogos de Madrid en programas de atención a homosexuais e transexuais de Madrid.

Na tarde do venres cele-brarase un relatorio no que

se explicará o funcionamento da Rede de Centros Quérote e a continuación unha mesa redonda abordará os Xei-tos de organizar a atención sexual. Neste encontro parti-ciparán Rosa Ros, directora do Centre Jove de Barcelo-na; Silberio Sáez, do centro Amaltea de Zaragoza; Ana Fernández Alonso, dos cen-tros Artursex de educación

sexual e atención sexolóxi-ca; e Xosé Vidal, médico no centro de planeamento fa-miliar do Sergas na Coruña. Para o día 24 de xaneiro está prevista a participación de José R. Landarroitajauregi, di-rector do centro de formación e atención Biko Arloak de Bilbao, en Cara a unha nova orde sexual. A continuación, desenvolverase unha mesa re-donda que porá o punto final das xornadas. Baixo o título A construción de homes e mu-lleres participarán Mercedes Oliveira, escritora e profesora no IES Alexandre Bóveda de Vigo; Rosa Abenoza Guar-diola, directora da Asesoría Madrileña de Sexoloxía; Fer-nando Barragán, investigador principal do proxecto Arianne sobre masculinidades, igual-dade e xénero en Europa; e Pilar Sampedro, directora clínica do Centro de Terapia Sexual e Mediación Familiar.

Se queredes máis infor-mación, podedes consultar a páxina web www.querote.org ou podedes enviar a vosa consulta ao correo [email protected]. A asistencia ás xornadas é de balde. y

sidade de ethos, partícipes da deconstrución do binomio sexo/xénero, do estabelecemento do contínuum muller-home, no que as nosas manifestacións, as nosas existencias, interrogan aqueles conceptos que outrora foran deseñados e axiomizados, como intento de derruba deste marco castrante e aniquilador da autodefinición, de vivir cada-quén con liberdade o desenvol-vemento da propria identidade.

As mulleres trans somos par-te da sociedade na que estamos circunscritas. Os nosos proce-sos son verdadeiros instrumen-tos para avaliar a salubridade da nosa sociedade. Deixo tan só unha nota: que na anamne-se inicial, a nosa sociedade ten síntomas claramente asociais. Unhas traen con elas modelos e responden a paradigmas máis conservadores e repetitivos do status-quo social, outras xurdi-mos con anceio e vocación de mudar, apostando por un outro mundo que con certeza ten que ser peiteado e entretecido no fe-minismo.

Somos parte desa revolución iniciada xa antes, e que aínda fica

pendente.E non é unha pose, un ficar

ben. Sabemos en carne propia o tratamento diferenciado que nós recibimos durante e poste-riormente ao proceso, onde se nos foi tentando ningunear, na aparencia de home á existencia como muller. Estivemos nun pri-meiro vagón no comboi da so-ciedade. “Pasamos” ou fóronnos isolando, empurrando a outras, a un segundo vagón, e, segun-do en que momentos, achamos que estivemos ou estamos no da cola. Somos conscientes de ter camiñado.

Moitas veces lembro como experiencia significativa e signi-ficante pasar de ser condutor a ser condutora, como a percep-ción que o tratamento que recibía era como se perdese condicións e cualidades que antes posuía. Que dicir no mundo laboral, no quefacer político, onde os nosos traballos, as nosas praxes mili-tantes teñen que para o mesmo valor que antes tiñamos supón dobre esforzo na actualidade.

O noso camiño de recons-trución do presente arrinca do desexo, dese desexo que antes foi amedoñado, calado, silen-ciado, agochado, e que agroma coa forza dunha seiva, de folgos necesarios para, con forza pre-

cisa e constante, reconquistar e autodefinir a propia existencia. É un camiño de autoquerenza, de empoderamento, de benqueren-za, capaz de pór en consonancia o ser co existir muller. O enfron-tamento social é froito do test da vida real, e mercé á chiscadela das persoas quedas e amadas do colchón afectivo.

E doe, doe chegar, respirar, re-mozar os pulmóns, logo de don-dear os nosos corpos, de decla-rar a nosa soberanía particular, de afirmar o paso no chan que ca-miñamos, logo de ter apreixado o que es e xa existes, para percibir e vivir que segue a estar vixente o que tempo atrás unha amiga me comentou: “As mulleres vivimos nun estado de sitio, e, ás veces, con toque de queda”.

Somos todas, cada unha de nós, as nosas entidades e colectivos, e os compañeiros que comprenden e comparten o noso empoderamento, e os Grupos LGBT no que algunhas estamos aliñadas, e as mulleres inmigrantes, as que levan sinais das duplas e triplas discrimina-cións, somos todas desde a consciencia da nosa militancia que urxe, e non hai tempo que perder, un outro mundo, que afirmo e persevero que si é po-síbel. y

yOs días 23 e 24 de xa-neiro, o museo Verbum de Vigo dálle abeiro ás xornadas Sexuando, que, organizadas pola Rede Galega de Centros Quérote de Asesoramento Afectivo-Sexual, acollerán destacados expertos en edu-cación sexual para debater as distintas realidades da moci-dade e da sexualidade. Trata-rase, ademais, de contemplar as diferentes posibilidades de achegarnos á convivencia de homes e de mulleres.

Dentro da liña de actua-ción dos espazos de debate e da creación do pensamen-to sexolóxico na que traballa Quérote, as xornadas Sexuan-do arrincan o 23 deste mes co relatorio A sexualidade hoxe, a cargo da coñecida sexólo-ga e escritora Valerie Tasso, autora de obras como Diario de una ninfómana, Paris la nuit, El otro lado del sexo ou Antimanual del sexo. A partir das 12.30 horas terá lugar a meso redonda A sexualidade vista desde a sexoloxía, na que participarán Carlos de la Cruz, director especialista en Sexoloxía da Universida-de Camilo José Cela e xefe

do servizo de promoción da saúde do Concello de Lega-nés; Débora Baz, educadora sexual e membro do gabinete de formación sexual Louise Bourgeois; Miren Larrazabal, sexóloga, psicóloga e presi-denta da Federación Española de Sociedades de Sexoloxía; Eugenio Carpintero, profesor titular da Universidade de Salamanca; e Federico Ar-

Na complexidade de saberEspazo LGBT ‘Entendo’

Page 10: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 1010XANEIRO 2009

POLÍTICAS XUVENÍSpolíticas xuvenís

NA ACTUALIDADE XA SON 17 OS LOCAIS DE ENSAIO ABERTOS POR TODO O PAÍS. OUTROS 14 ATÓPANSE EN FASE DE CONSTRUCIÓN E ACONDICIONAMENTO. DE AQUÍ AO REMATE DA LEXISLATURA, A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDADE ACADARÁ O OBXECTIVO DOS 30 LOCAISyA Rede Galega de Locais de Ensaio agromou no seo da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade para cumprir un dobre obxectivo. Por unha banda, naceu co fin de deseñar recursos, programas e equipa-mentos atractivos que respon-desen ás demandas da xuven-tude galega e, pola outra, para traballar a canteira dos creado-res emerxentes. De aquí a que remate a lexislatura serán 30 os espazos a disposición dos músicos galegos. Arestora, 17 locais atópanse en funciona-mento e outros 14, en fase de construción. No último mes, o director xeral de Xuventude visitou as obras de Muros e de Noia, inaugurou o espazo para os grupos emerxentes da Guarda e presentou o proxecto do local de ensaio que xa se vai construír en Vigo.

Vigo, a maior in-fraestruturaA comezos deste ano inícianse as

obras do que será o complexo musical que contará coa maior infraestrutura de toda Galicia. O espazo de Vigo convertera-se nun referente dentro da rede galega grazas aos seus sete locais de ensaio e á sala de gravación.

Con 965 metros cadrados, a construción do edificio apro-veitará o desnivel da parcela, de xeito que terá dúas alturas. No primeiro andar situaranse a recepción e a sala de usos múltiples, que contará con 120 metros cadrados. No baixo es-tarán os sete locais de ensaio e o estudio de gravación, de 30 metros cadrados. Cinco dos locais de ensaio terán unha su-perficie de entre 17 e 25 metros cadrados, un será de aproxi-madamente 50 metros cadra-dos e o outro contará con 100 metros cadrados. Segundo as previsións, o complexo, situa-do no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, rema-

tarase no 2010, ano no que entraría en funcionamento. Con esta actuación, a Di-rección Xeral de Xuven-tude e Solidariedade e o Concello de Vigo preten-den darlle resposta aos

máis de 200 grupos de

Vigo que estaban rexistrados en lista de espera por un local no que ensaiar.

No decurso da presenta-ción do proxecto, Santiago Domínguez, tenente de alcal-de da cidade olívica, afirmou que “vai ser un grande edifi-cio que colmará todas as ex-pectativas dos nosos mozos e mozas, para que ningún deixe de desenvolver as súas inque-danzas por falta de medios”. Domínguez tamén sinalou que esta actuación era unha “clara aposta de Vicepresidencia e da Dirección Xeral de Xuventude” e cualificou o proxecto como a “infraestrutura máis importante para uso da mocidade da nosa cidade”.

Pola súa banda, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, destacou que este com-plexo coloca a Vigo “na van-garda do panorama musical do país”, á vez que incidiu en que o proxecto de locais de ensaio está xa consolidado. “Remata-

remos este ano con máis de trinta lo-

cais públicos de

ensaio, algo que non acontece en ningunha outra parte do Es-tado español”, subliñou.

Inauguración na GuardaO que fora o colexio Manuel

Rodríguez Sinde da Guarda é hoxe o local de ensaio núme-ro 17 da rede creada pola Di-rección Xeral de Xuventude. Grazas ao convenio asinado o pasado 7 de xullo polo que a Vicepresidencia investiu 56.000 euros, os mozos e mozas da localidade pontevedresa xa poden contar con esta can-le de creación e expresión. O espazo, que conta cun local de ensaio e cunha sala de grava-ción, dispón de toda caste de equipamentos necesarios que reforzarán o desenvolvemento do tecido cultural e da industria musical dos guardenses.

VisitasAntes do verán, Xuventude e o Concello de Muros asinaban o convenio polo que a Vicepresi-dencia da Igualdade e do Be-nestar investía 115.000 euros para dotar a vila dun local de ensaio. Cela, acompañado por membros da corporación,

visitou o pasado mes o edifi-cio da antiga escola de Baño, que está a ser transformada na Nave de Servizos á Moci-dade (Nasmo). Tratarase dun edificio multidisciplinar dedi-cado á mocidade, cunha infra-estrutura na que se enmarca o local, que contará cunha sala de ensaio e cunha sala de gra-vación.

O responsábel de Xuventu-de tamén visitou as obras do local de ensaio de Noia. O 3 de xuño, Cela asinaba o con-venio para reformar e equipar un baixo de propiedade mu-nicipal, situado na zona his-tórica da vila, para destinalo a local de ensaio. As instala-cións disporán dun estudio de gravación, de dúas salas de ensaio, dun bloque de aseos individuais e dun espazo para concertos cunha capacidade máxima de 80 persoas. y

Xuventude impulsa a canteira de músicos emerxentes

Rede Galega de Locais de Ensaio

Page 11: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 1111XANEIRO 2009

y A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade traballa na Rede Galega de Locais de Ensaio co fin de potenciar e facilitar a creación, o estudo e a promoción cultural da mocidade galega, ao tempo que pretende que se erixa como plataforma de encontro para a interacción cultural e o intercambio de experiencias musicais. Con esta iniciativa, o departamento que dirixe Rubén Cela non aposta simplemente pola creación de locais illados. Tamén promove que todos eles se artellen nesta rede da que formarán parte este ano un total de 30 locais de ensaio, aos que poderán adherirse as diferentes salas da comunidade que reúnan uns requi-sitos mínimos en canto á súa acústica, equipamento, seguridade e accesibilidade.

VantaxesAo pasar a formar parte da Rede Galega de Locais de Ensaio, os interesados teñen unha serie de vantaxes ás que as salas non integradas non poden ter acceso. A pri-meira é que os grupos que ensaian nestes espazos poden promocionarse a través da páxina web www.nsaio.org. A segunda é que os centros inseridos na rede teñen a posibilidade de optar a unha liña de axudas e subvencións específica e exclusiva.

Á cabeza de EuropaEsta iniciativa está á cabeza de calquera outra experiencia deste tipo realizada até o momento tanto no estado español como no resto de Europa, xa que se trata dunha rede de titularidade pública, que garante o acceso de balde e en igualdade de condi-cións a todos os grupos. y

Acabouse molestar a veciñanza!yAté que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade creou a Rede Galega de Locais de Ensaio, os mozos e mozas de Galicia víanse na obriga de tocar os seus temas nos baixos das casas, en galiñeiros, baixo simples uralitas ou en galpóns. Cabe lembrar que ao grupo gañador do II Certame Nsaio no Camiño, Som do Galpom, deulles o nome o “local” no que tecían as súas cancións. Na actualidade, grazas á iniciati-va do departamento que dirixe Rubén Cela, a xuventude gale-ga xa pode contar con locais axeitados e que posúen toda a infraestrutura necesaria para se converter en músicos de refe-rencia no país.

Os finalistas do II Certame Nsaio no Camiño, Sínfres, subli-ñan a importancia da creación desta rede. Para Diego, estas iniciativas son “estupendas, xa que poñen á disposición de grupos sen case posibilidades e sen equipos poder ensaiar a diario e incluso poder gravar e tocar con xente de primeiro ni-vel”. Na mesma liña, Sara con-sidera que “son especialmente importante para todos aqueles que empezan con ilusión un proxecto, xa que grazas a estas iniciativas un séntese apoiado, xa que se poñen ao teu dispor

POLÍTICAS XUVENÍSpolíticas xuvenís

Para que e para quen?

os medios axeitados para saca-lo adiante. Xa non hai escusas para non ensaiar!”. E é que ao dispor destes locais son moitos os mozos e mozas que deciden crear un grupo ao poder contar cun espazo físico no que reunir-se.

Os usuarios opinanAna, integrante de Circo de Pulgas e usuaria do local de ensaio situado en Redondela, destaca que a maior achega da rede “é poder chegar a ter a opción de contar cun espa-zo e, sobre todo, dispoñer dos materiais para poder ensaiar con micrófonos, amplificado-res, batería, caixas acústi-cas..., que era algo ao que non tiñamos acceso”. Mi-guel, de Oghro, fai fincapé en que o p r o x e c t o permi te a d e -m a i s “ d a r t e a co-ñ e c e r , contactar con outros grupos e m e s m o organizar concertos”. Para Rubén Crespo, de Meniños Carentes, os locais, “como son insonorizados, permiten

acabar coas queixas dos ve-ciños e cos ruídos.

O grupo Cadaleito, de Mu-gardos, levaban anos reivindi-cando no concello un lugar no que ensaiar. Cando se anun-ciou a iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Solida-riedade, os integrantes mobi-lizáronse para poder sumarse ao proxecto. “Estiven noutros espazos de ensaio que nada teñen que ver con estes; non estaban tan ben equipados

e carecían de equipos ce-didos”, sinala Alberto Bra-ge, membro da banda. Este músico lembra ademais que grazas á cesión dos equipos “non temos que cargar coas guitarras ao lombo. É moito máis cómodo”.

O concelleiro de Mocidade de Carballo, Marcos Trigo, engade que tamén son moi útiles “para compartir e para darse a coñecer noutras lo-calidades”. Pola súa banda, Roberto Castro, tenente de alcalde de Ribas de Sil, un dos concellos pioneiros no

uso dos locais de ensaio, apunta que a rede de Xuven-tude serve para “abrir máis a mente e mesmo enriquecerse e aprender doutras músicas”.

Na súa estadía no Casta-ñazo’08 de Maceda, o grupo de Xetafe La CX Band puxo de manifesto a impresión que a Rede Galega de Locais de Ensaio está a causar no ex-terior. “Madrid é unha cidade de tres millóns e medio de habitantes e atopar un local de ensaio subvencionado é practicamente ciencia fic-ción”. y

Page 12: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 1212XANEIRO 2009

LETRAS NOVASletras novas

A noite sorriso cruque traspamáis volvín

A pata d

Moitas vvolven máxdos perigoimaxinacióeste deliciEntón descofrecía.

Sobre toatención: uinterese desimiesco fconverteus

Non puiden

Filla, o mteu destino

Xa hai tede mono. Dbruxo, aíndcambiou o cortoulle as

Á maña mouras. Saveciño AntóDin que so

Tiven, xa non me acordo cando, un amor tan pequeno qlevalo canda min a todas partes e así o facía. Un mal día, cepor medrar e tivemos que deixalo. Hoxe aínda é o día que, eman ó peto, melancólico.

A CONFIANZA

El, sorprendido ou desconfiado, preguntáralle por que o dou na resposta.

- ¿Quen escolle a súa fame?

Foi a primeira vez que se deitaron xuntos. Espertaron cosmáis días, e os anos desapareceron coma o fume, pero un a

-Xa non queda nada por devorar-. Marchou.

El contaba polas tabernas, os homes que xogaban ó tutdas comecartos, os bebedores de clarete, que despois dela evivir era aprender a desconfiar. Saíalle voz de profeta.

AMOR EXEMPLAR

- ¿Un exemplo de amor?

- ¿Calquera?

- ¿Un amor particularmente exemplar?

- Pois... O de Roberto por María.

- ¿E por que?

- Non sei, non é fácil de explicar. ¿Como dicircho? DigaMaría, intégraa nel, compréndea. Roberto non é explicable s

(COSMOGONÍA)

I

deféndote neste espazo da rendición

miro por ti

cando todos os números confirman

que o equilibrio só é unha arela literaria

podrece a ambición nos lugares de paso

imaxino que despois da loita só queda a nostalxia

e miro por ti

coma se fora posíbel retornar a tempo

agora sabes que xa non

os camiños pechábanse nas acepcións que ninguén ousou desentullar

no cárcere da infancia respiraches o salitre dos mares interiores

o cerebro acurralábate no presente

e esquecer era o límite para manterse en pé

entrabas na saliva da fertilidade cos poros ben abertos

sabías que estabas a piques de comprender

II

nace en paralelo

e logo sente a necesidade de avanzar

cara aos puntos que delimitan

a perpendicular do poema

Baldo Ramos

confía na lentitude de nacer

espera e respira

administra os tempos da floración

latexa no fondo das cousas que presenten o abandono

e coñecen as escadas da decrepitude

no contacto coa versión que tensa a ambigüidade

declina as concesións do espello

e a misericordia do túnel

intúe que o froito é outra cousa

non sabe qué

mestura de azar e vedado espazo

próximo á fertilidade e á luz que xa non dana

ATRAVESACHES A NÉBOA COS OLLOS CHEOS DE NOITE

a túa casa afastábase

a ebriedade do insomnio mantíñate esperto

circulabas a modo

as luces dos coches revelaban a película do que non puidera ser

a velocidade puña ritmo aos teus versos

sabías que chegar era como partir de cero

desfacerse da equipaxe de non saber

de estar sempre volvendo

escrebaba o día nas palabras que lle roubamos ao tempo

sabiamos da súa feble claridade

naquel recuncho afondado na vinganza

as palabras só eran cuartos dunha noite

desvelos de morcego

son a única razón que atopo

para non ser coma vós

e xa me abonda

a dependencia cría debilidade

e a debilidade obriga a precisar do favor e da obediencia

a ser

non só como din ser eles

senón como nos deixan ser

como lles interesa que sexamos

acouto a conciencia desta hora

con versos reescritos na maldición da espera

entrementres a tortura ten pactado coas palabras

sábeno ben os que condenan e censuran

cando non son máis ca reos de si mesmos

e daquilo que reporta beneficios calculados

[...]

SEN VONTADE DE EDIFICAR O ESPAZO DA CRENZA

o poeta decidiu descansar no primeiro día da creación

confesou a súa indiferenza polo mercado das ambicións

e deixou que outros falaran por el

oradores nas batallas da inocencia

crentes da aceda verdade indemostrábel

predicadores furando

na escura fraude de perdurar

tiña por coartada o adulterio

colleitado no desprezo de Babel

alguén dixo que esculcara nos palíndromos do tempo

parafraseando a sintaxe da renuncia

que baleirou os asedios da pertenza

e deu co final da viaxe

moito antes de comprender

os lindes da súa voz

relectura da orixe

ou palimpsesto

dos agoiros que se ditan

para poder co tempo

traizoar

(PATRIA PRIMEIRA OU SEMÁNTICA DA DURACIÓN)

Poeta e artista plástico, a súa obra esculca nos espazos que comparten a poesía e a pintura. Obra publicada: Rai-zames (2001), A árbore da cegueira (2002), Los ojos de las palabras (2002), El sueño del murciélago (2003), Diario de una despedida (2005), Escura e transparente (2005), O ourego e o compás (2006, 2ª ed. 2007), Branco sobre negro (2006) e Monólogo do calígrafo (2008). Recibiu, entre outros, os premios Arcipreste de Hita, Mª Villar Berruezo, Concello de Carral, Rosalía de Castro e o accésit do IV Certamen de Poesía Iberoamericana Víctor Jara.

(Celanova, Ourense, 1971)

PALIMPSESTOFragmento

PALIMPSESTOFragmento

Page 13: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 1313XANEIRO 2009

LETRAS NOVASletras novas

Esperemos o que desexamos, pero soportemos o que aconteza.Cicerón

que o souben ouvidos de can enxordecían un ambiente esmorecido polouento da lúa. O seu reflexo de morte devolvíame as siluetas de dúas curuxasasaban o meu cerebelo coas súas miradas marelas. A partir daquela noite nuncan ser a mesma...

de galo

veces oíra falar á miña avoa deses obxectos que á lúa de San Xoán sexicos e conceden desexos a todo aquel que os atopa. Ela advertiume sempre

os dos desexos máis sinxelos e noite tras noite alimentaba con contos a miñaón xa famenta per se. Cando crecín e supuxo que estaría escarmentada, deixouoso costume e tiven que me procurar a dose diaria de misterio noutras fontes.cubrín na hemeroteca a sección de sucesos e as abraiantes historias que

odo houbo unha nun periódico do século pasado que chamou a miñaun home novo morría en estrañas circunstancias. A historia non tería máise non ser pola foto xunto á noticia. Nela aparecía unha redución dun membroeita por unha tribo australiana co poder de conceder tres desexos. Encontralase nunha obsesión para min, case nunha tolemia.

n ocultar todo isto á miña avoa que, grave, díxome:

momento chegou de saber a verdade. Nun intre xa non poderás evitar oo.

tempo, un home da vila tamén andaba a procurar una desas maosDicíase que tiñan un gran poder para o mal alleo. Pero aquel home, expertoda que sabía cómo fabricala non tiña a materia prima: un mono. Por isto,animal obxecto do feitizo e usou un galo vello e cego que tiña no curral,

as patas e deixouno morrer naquela noite de San Xoán.

a seguinte as patas reveran ata metade do seu tamaño e volvéranseaíndo ao bosque pediu o seu primeiro desexo: non volver ver con vida o seutón. Nese mesmo intre ficou cego e o veciño morreu dunhas febres tremendas.oñaba cun galo coxo e sen ollos.

Nacín en Narón no 1969. Son funcionario, gris, supo-ño, pai afeccionado e escri-tor por veces. Tiveron a ben concederme unha mención honorífica no III Certame Ágora Conto e o 2º premio do IV Certame de Narrati-va Concello de Ames, así como a publicación dun relato no libro colectivo Os relatos do verán 2002.

Son Mercedes Folgueira Bañuelos. Nacín en Avilés, Astu-rias, aínda que agora resido en Castro de Rei. Estudei Filo-loxía Hispánica na Universidade de Oviedo, onde colaborei nun número da revista literaria. Interésanme moito as linguas e por iso me decidín a estudar galego. Pretendo traballar como profesora de lingua e literatura castelás nun futuro e por iso estou preparando oposicións.

MercedesFolgueira

Mario Caneiro

- ¿En que o notas?

- ¡Uff! En moitas cousas. Que che diría eu. Pois ti vas e pre-guntas: ¿E se foramos tomar unha copa á zona vella? Entón vai Roberto e di: “A María non lle apetece”. E non fai falla nin mirar para ela. Ou ti, un supoñer, que es viaxante de roupa, lle queres vender un vestido a María; entón vas e amósasllo a Roberto e xa che di el: “Esa feitura non lle vai nada a María.” Non sei se me estarei explicando, é perfecto.

- Si. ¿E María que di?

- ¿María? ¿María que necesidade ten de dicir nada?

que o podía meter no peto e eloso doutros cariños, deulle en moitos momentos, boto a

escollera a el. Ela non dubi-

s pulmóns frescos. Chegaron amañecer pasou o tempo.

te, os amantes compulsivos el volvérase desconfiado, que

amos que Roberto asume a en ela.

AMOR PORTÁTILAMOR PORTÁTILCOUSA CURSI Nº1

A noite de onte espertei e a quentura do fogar que acollía o meu peito tiña a cabeza branca e fun feliz, pois comprendín que pasara ó teu rente corenta anos como un soño lento e longo feito nos vimbios da harmonía, e volveume o sono no berce da felicidade. No morrer da noite de onte espertei por segunda vez, e a calor nova coa que me deitara seguía alí vizosa, convidadora de alegrías e praceres, e volvía ser feliz polos días que chegarían, polas canas que nos quedaban por conquistar bico a bico, entre o aparello de miradas, enredándonos.

COUSA CURSI Nº 2

Era o día da fin do mundo. Andaba namorándome. Foi un bonito día. Poderá parecer cursi, pero un non escolle o momento de namorarse.

Nin sabe de antemán cando vai caer o día da fin do mundo. E aínda sabéndoo, ¿por que non había de tentar a ocasión do amor?

O derradeiro sol recortaba o noso primeiro bico, o noso último bico. Foi, se cadra por breve, o amor máis puro. Despois chegou isto, a morte supoño. Esta sensación branca de estar por todo, en todo, por tanto inmóbil. E en todo e por todo levar un único recordo, o pensamento do momento da morte. O bico do eterno retorno. A condena da eternidade, a repetición paroxística da felicidade.

AMOR ETERNO.

Erguéronse como antonte e como antonte almorzaron. Ela unhas torradas, el mada-lenas; e un día máis botaron a andar.

- E que foi das patas?

Foron enterradas pola súa muller no cadaleito do home, dúas semanas máistarde. Presa do medo, abandonou a filla de ambos nun bosque. Quería acabar contodo. Sen embargo, cando volveu nacera unha tataraneta na maldición do amuleto: osangue. A terra. É o noso destino.

Mireina. Era máis vella que nunca. As engurras no seu rostro contaban unha historia. A historia de todos nós.

Ti tamén pediches algo antes de morrer o tataravó, ou?

Pedín vida eterna. E non tiven outro castigo ca este: o castigo de oírvos, vervoscaer un tras outro neste burato sen fin. Sen o consolo da morte.

Page 14: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 1414XANEIRO 2009

POLÍTICAS DE EMPREGOpolíticas de emprego

A CONSELLERÍA DE TRABALLO PUXO EN MARCHA CATRO PROGRAMAS ESPECÍFICOS PARA MINGUAR OS EFECTOS DA CRISE NO MERCADO LABORAL

27,6 millóns de plans sectoriais para combater a crise económica

yO Goberno autonómico ga-lego xa ten en marcha catro programas específicos para paliar os efectos da crise no mercado laboral. Os sectores estratéxicos do téxtil, a auto-moción, a construción e a ex-tracción de minerais dispoñen de cadanseu programa secto-rial de emprego, con prolon-gación até o 2009, que no seu conxunto dispoñen dun orza-mento total de 27,6 millóns de euros. Ademais, outros 10,7 millóns de euros serán destina-dos a un programa de reforzo do autoemprego, por medio de actuacións de orientación, aná-lise de viabilidade e dos novos incentivos. Está previsto que se beneficien desta liña de axudas un total de 520 proxectos.

O traballo centrarase en tres piares fundamentais: os progra-mas de promoción do emprego autónomo, as iniciativas de em-prego de base tecnolóxica, e iniciativas emprendedoras e de emprego.

Para tal fin intensifícanse de xeito importante as axudas destinadas a asistencia técnica e apoio á función xerencial, para acompañar o emprendendor no inicio do proxecto empresa-rial que vai poñer en marcha; a contía dos incentivos a favor do colectivo de parados de longa duración que decidan empren-der ou iniciar unha actividade empresarial como autónomos; e as axudas pola contratación por parte dos traballadores au-tónomos do seu primeiro traba-llador ou traballadora, no mar-co das microempresas. Todo isto levarase a cabo de xeito coordinado co reforzamento da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local, que cooperan con emprendedores e emprendedoras na madura-ción do seu proxecto.

Apoio ao téxtil galegoSon obxecto desta actuación os traballadores afectados por un expediente de regulación de emprego (ERE) de suspen-sión. En canto aos requisitos, con independencia da persoa beneficiaria das axudas, as empresas ás que pertenzan as persoas traballadoras suxeitas a ERE de suspensión deberán desenvolver algunha das acti-vidades industriais do sector téxtil e da confección á que se aplica o convenio colectivo propio deste sector e ter a súa sede social ou o estabelece-mento de produción na comu-nidade galega.

Tamén é un requisito ter unha media de traballadores fixos igual ou superior ao 45% para as empresas de até 40 traballadores, e do 70% para os que superen os 40 traballa-dores, nos 6 meses anteriores á solicitude de suspensión de contratos de traballo.

Este programa, que con-tou en 2008 cun orzamento de 200.000 euros e que para 2009 dispón dun millón de euros, busca que as persoas traballadoras afectadas por expedientes de suspensión de contratos deste sector poidan formarse durante os devandi-tos períodos de suspensión. Tamén estabelece que este período de formación sexa considerado tal, de maneira que os traballadores non vexan diminuídos en modo ningún os seus dereitos.

Programa LaxaO programa Laxa vai dirixido ao sector de extracción de mine-rais non metálicos nin enerxé-ticos e fabricación de produtos derivados, fundamentalmente o sector da lousa. Este progra-ma abrangue dúas actuacións principais. Por un lado, esta-belece unha liña de axudas dirixidas aos concellos de Ga-licia que teñan empadroados traballadores e traballadoras que perderan o seu posto de

traballo nas empresas de ex-tracción de minerais non metá-licos nin enerxéticos, da lousa, como consecuencia da actual situación económica.

A través desta convocato-ria, o departamento que dirixe Ricardo Varela ten previsto be-neficiar 300 desempregados procedentes das empresas de extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos.

Co desenvolvemento desta orde perséguense tres obxec-tivos fundamentais: ofrecerlles unha oportunidade laboral aos desempregados que perde-ran o seu posto de traballo no sector da lousa, como conse-cuencia da actual conxuntura económica. Outro dos seus propósitos é mellorar a em-pregabilidade dos traballado-res por medio da adquisición de experiencia profesional en ocupacións ligadas aos novos xacementos de emprego e fa-cilitar a súa posterior reinser-ción laboral.

Por último, fomentar o em-prego en ocupacións vincu-ladas co sector da lousa ou noutras actividades alterna-tivas relacionadas con novos xacementos de emprego.

As axudas e subvencións consistirán, en concreto, no financiamento dunha contía equivalente aos custos laborais derivados da contratación dos

traballadores desempregados co obxectivo de que adquiran experiencia en ocupacións li-gadas aos novos xacementos de emprego para propiciar a súa posterior reinserción labo-ral.

Á marxe disto, farase unha selección das obras ou servizos presentados, dándolles prefe-rencia a aqueles se axusten ás características dos demandan-tes de emprego do territorio, que conten coa participación dos axentes económicos e sociais na elaboración do seu contido e desenvolvemento, e que se realicen dentro das ac-tividades relacionadas cos no-vos viveiros de emprego.

Por outro lado, o plan Laxa inclúe un programa de crédito, para a concesión de présta-mos persoais aos traballado-res, que ten por finalidade cu-brir os períodos que leven sen percibir os atrasos salariais ou teñan pendente de cobrar os seus salarios. Os traballadores destas empresas poden solici-tarlles, a través da Consellería de Traballo, préstamos ás enti-dades financeiras coas que se asine convenio, e a consellería financiará o 100% dos xuros e a comisión de apertura dos mesmos.

O investimento da conse-llería para os anos 2008 e 2009 aproxímase aos 100.000

O téxtil, a automoción, a construción e a extracción de minerais dispoñen de cadanseu programa

euros, para aboar a comisión de apertura e os xuros.

Plan ReorientaO plan Reorienta vai destinado aos traballadores que perde-ron o seu emprego nos últimos dous anos, fundamentalmente na construción. Este plan que lle dá resposta á situación dos traballadores e traballadoras afectadas, tanto desde a análi-se xeográfica da situación como en relación cos colectivos máis afectados, apóiase en tres pia-res, nos procesos de orientación e itinerarios personalizados coa posta en marcha das accións previstas, na promoción e o apoio ao emprendemento e no apoio á mobilidade xeográfica dentro da Comunidade galega.

O plan facilitará a incorpora-ción dos demandantes de em-prego a outros sectores a través de procesos formativos cos que adquirirán as competencias ne-cesarias para o desempeño de diferentes postos de traballo. Os sectores de destino, preferen-temente, serán os de: enerxías alternativas, rehabilitación e res-tauración, manexo de maquina-ria pesada e agricultura ecolóxi-ca.

Asemade, realizaranse proce-sos de orientación que desem-bocarán en itinerarios persona-lizados de inserción profesional para o conxunto de demandan-tes que se integren no plan; in-centivarase o emprendemento como fórmula de creación de emprego e contribuírase a dimi-nuír os custos económicos que poida ter a mobilidade xeográfi-ca dentro da nosa comunidade.

O plan Reorienta prevé, ade-mais, unha compensación eco-nómica de 1.050 euros para aqueles participantes no mesmo que, carecendo de rendas, non están percibindo prestacións. O programa conta cun orzamen-to para 2008 de 3,8 millóns de euros para aproximadamente mil beneficiarios. Para 2009 o orzamento é de 6,5 millóns e estímase que serán beneficia-dos 3.500 demandantes de emprego.

Plan da AutomociónA través dun investimento total de 10 millóns de euros, o Exe-cutivo autonómico busca que as empresas dedicadas á industria do automóbil que sufran unha parada obrigada de produción no mes de decembro lles im-partan durante ese período for-mación especializada aos seus traballadores. y

Page 15: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

POLÍTICAS DE EMPREGOpolíticas de emprego

A CONSELLERÍA DE VIVENDA PREVÉ QUE A CONSTRUCIÓN DAS 32 VIVENDAS PROTEXIDAS PARA MOZOS E MOZAS E PARA MAIORES E DO CENTRO DE DÍA REMATE EN FEBREIRO DO 2010

Vivenda inviste 2,6 millóns na construción dun edifi cio interxeracional pioneiro no país

yO pasado mes de decem-bro comezaron as obras de construción dun edificio inter-xeracional que albergará 32 vi-vendas protexidas para mozos e mozas e para maiores e un centro de día no concello de Allariz, nunha parcela cedida polo Concello.

O investimento a desenvolver é de 2,6 millóns de euros, e un prazo de execución de 15 me-ses, de tal xeito que o remate está previsto para febreiro de 2010.

Os accesos, tanto ás viven-das coma ao centro de día, atópanse nunha rúa de nova apertura, paralela á avenida Emilia Pardo Bazán, á altura da rúa Godalla, preto do Campo da Barreira, e preto tamén da zona vella.

Distribución por usosPlanta baixa: albergará o

centro de día de atención aos maiores, unha sala polivalente, comedor e ximnasio, que terán relación directa co patio axar-dinado, o cal lles permitirá aos residentes gozar dun espazo de lecer exterior e resgardado. O ximnasio contará cunha sala de rehabilitación.

Entre as plantas primeira, se-gunda, terceira e baixocuber-ta, distribúense un total de 22

vivendas de 1 dormitorio e 10 vivendas de 2 dormitorios.

Estas vivendas, que cumpren as Normas do Hábitat Galego,

contan con medidas que facili-tan o desenvolvemento da vida de persoas con mobilidade re-ducida, coma portas de paso,

anchos de corredores e dimen-sións de cuartos de baño.

A superficie útil total é de 57 metros cadrados. y

Edifi cio sustentábelEste edificio está pensado tomando medidas de aforro enerxético, por exemplo:

Recíclanse as augas grises, reutilizándoas para a rega do patio axardinado e para a subministración das cisternas dos baños.

Ten paneis solares térmicos, que permiten a produción dunha parte importante da auga quente que se vai con-sumir.

As fachadas contan cun siste-ma de illamento térmico con-tinuo que permite un moi bo comportamento higrotérmico do edificio, mellorando sig-nificativamente as esixencias mínimas do Código Técnico da Edificación.

Ten sistemas de ventilación por medio de intercambiado-res de temperatura que per-miten a renovación natural do aire, cunhas perdas de tem-peratura mínimas.

Teresa Táboas, conselleira de Vivenda, e Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta, na presentación das obras

| | 1515XANEIRO 2009

Reconstrución virtual do edificio

Page 16: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

SOLIDARIOSsolidarios

| | 1616XANEIRO 2009

ESTA ONG LOITA CONTRA A POBREZA, CONTRA AS DESIGUALDADES E CONTRA A EXCLUSIÓN MEDIANTE UN TRABALLO EN REDE CON DISTINTAS ORGANIZACIÓNS DOS PAÍSES DO SUR

InteRed incide na igualdade de xénero

y Co fin de impulsar desde a sociedade civil unha rede de intercambio e solidariedade entre grupos sociais, pobos e culturas, InteRed chegou a Galicia no ano 1996. A enti-dade xermolou a nivel estatal catro anos antes de recalar na nosa comunidade. Promovida pola Institución Teresiana, esta ONG para o desenvolvemento traballa desde a súa creación na educación incidindo no xé-nero e nos dereitos humanos. A loita contra a pobreza, con-tra as desigualdades e contra a exclusión é outra das liñas de acción de InteRed.

“Apostamos polo traballo en rede, favorecemos alian-zas e relacións de colabora-ción con organizacións dos países do sur e contamos co apoio do voluntariado, socias, socios, persoas doa-doras e administracións pú-

blicas que cooperan e partici-pan coa nosa organización na transformación dun mundo máis xusto”, explica a ONG.Cualificada pola Axencia Es-pañola de Cooperación Inter-nacional para o Desenvolve-mento, a entidade, con sede en Santiago de Compostela, traballa polo dereito universal á educación en 16 países de África, Asia, América Latina e do Caribe. O labor consis-te en favorecer procesos de aprendizaxe que responden ás necesidades das persoas ao longo de toda a vida. Ade-mais, en colaboración con organizacións locais, InteRed apoia accións de desenvolve-mento que promoven o pro-greso desde a igualdade de oportunidades de homes e mulleres, desde o fortalece-mento da sociedade civil e desde o exercicio dos derei-

TENDO EN CONTA QUE UNHA DE CADA MIL PERSOAS TEN SÍNDROME DE DOWN, A ASOCIACIÓN ENTENDEU A NECESIDADE DE CONTAR CUN CENTRO DE RECURSOS QUE PROPORCIONASE OS SERVIZOS AXEITADOS

Down Compostela favorece a integración e a igualdade

yPromovida por un grupo de familias co fin de mellorar a ca-lidade de vida e a integración familiar, social, educativa e la-boral das persoas con Síndro-me de Down en Santiago de Compostela nacía a Asociación Down Compostela en xaneiro de 1997. Con todo, a área de influencia da entidade vai alén de Compostela, xa que conta con socios numerarios de 28 concellos da Coruña e de Pon-tevedra, atendendo unha po-boación global que supera os 350.000 habitantes.

Membro de Down Galicia, esta asociación fomentou a constitución da Fundación Down Compostela, que foi de-clarada Fundación de Interese Galego. Tendo en conta que as estatísticas sinalan que unha persoa de cada mil na-das posúe a síndrome, Down Compostela entendeu a nece-sidade de contar cun centro de recursos que proporciona-se servizos axeitados ás nece-sidades desta poboación.

Tamén foi creada co obxec-tivo de ser un referente para o profesorado que ten entre o seu alumnado algún rapaz ou razaza coa síndrome de Down, así como para as familias e

para todos os que precisan apoio, asesoramento ou in-formación. Así, o sentido prin-cipal da existencia de Down Compostela vén dado pola necesidade de estabelecer as medidas necesarias para ga-rantir a igualdade de oportuni-dades a través da provisión de servizos e actividades.

Convertida nun punto de referencia sobre a síndrome de Down, con 213 socios e socias, a entidade dedícalle un importante esforzo á for-mación de profesionais, coa organización de xornadas e congresos nos que participa-ron máis de 2.500 especialis-tas.

Apoio, orientación, informa-ción, integración, mentaliza-ción, promoción de estudos científicos, cumprimento dos dereitos, igualdade de xénero, actividades de lecer, fomento da implicación e da participa-ción de voluntarios e mesmo o exercicio da tutela de persoas con síndrome de Down son as principais liñas de actuación de Down Compostela. A en-tidade tamén desenvolve un importante labor educativo en logopedia e linguaxe, lecto-escritura, programa cognitivo,

psicomotricidade, novas tec-noloxías e no apoio á integra-ción escolar.

A construción do Centro de Servizos Down Composte-la supuxo un dos feitos máis significativos na traxectoria da asociación. “Con mil metros

cadrados, é un salto cualitati-vo para a asociación e a Fun-dación Down Compostela, xa que nos permite prestar unha atención de calidade ás per-soas con síndrome de Down de Santiago e na súa área de influencia”, explican. y

Novo centro de servizos, con mil metros cadrados de superficie

Praza do Matadoiro, 7-Baixo

15703 Santiago de Compostela.

Tel.: 981 587 966

E-mail: [email protected]

Web: www. intered.org/igualdadexenero

CONTACTO

Rúa Alejandro Novo González, 1

15796 Santiago de Compostela.

Tel.: 981 563 434

E-mail: downcompostela@

downcompostela.org

Web: www.downcompostela.org

CONTACTO

tos cidadáns.Co obxectivo de concien-

ciar a sociedade, esta ONG tamén lles dá pulo aos pro-cesos que axudan a formar persoas críticas e comprome-tidas con accións solidarias e co desenvolvemento humano dos pobos. Desde o 2004, a entidade está a formar o pro-fesorado, alumnado, asisten-tes sociais e a cidadanía ga-lega na igualdade de xénero. Ademais, desde o 1997, a entidade desenvolve un curso obradoiro de formación do vo-luntariado internacional, Inter-dependencia Solidaria. y

InteRed promove o progreso desde o fortalecemento da sociedade civil

Page 17: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 1717XANEIRO 2009

PULSO ASOCIATIVOpulso asociativo

CON PRETO DE CEN SOCIOS E SOCIAS, A ASOCIACIÓN DOTA DE ALTERNATIVAS DE OCIO PARA TRASLADAR ÁS ZONAS RURAIS A MESMA OFERTA PROGRAMÁTICA QUE NAS URBES E NAS VILAS

Lusco e Fusco, unha alternativa de divertimento, lecer e deporte

yA Asociación Lusco e Fus-co foi creada por un grupo de mozos e mozas no ano 2007 para ampliar as alternativas de lecer dirixidas á xuventu-de. Malia os case dous anos cos que conta a entidade, aos integrantes deulles tempo de abondo para crear novas ac-tividades e para consolidar a oferta de lecer no concello de Ordes. Á vez que aumenta o abano de oferta, Lusco e Fus-co conta cada vez cun maior número de socios e socias e de participantes. Arestora, o número de socios da entidade aproxímase ao centenar.

Nestes momentos, carece dun local propio. Con todo, coa colaboración e a axuda tanto do Concello de Ordes como da Cruz Vermella da lo-

calidade, a asociación é quen de levar a cabo o programa co que traballa ao longo do ano para dotar a mocidade de alternativas de lecer sas e para procurar que os mozos e mozas das zonas rurais teñan acceso ás mesmas oportuni-dades que os mozos e mozas do resto das urbes e vilas ga-legas.

Grazas ao labor da Asocia-ción Lusco e Fusco, rapaces e rapazas de Ordes con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos poden participar en todas as actividades de-portivas da entidade. Fútbol sala, escalada, tiro con arco, surf, carreiras pedestres... son algúns dos deportes que forman parte da oferta progra-mática. Pero Lusco e Fusco

non só é deporte. Ademais, deseña programas de ocio específicos que abranguen desde o paintball até os bailes de salón, os xogos populares ou as excursións. O obxectivo pasa por non deixar indiferen-te a xuventude do concello e

PENSADA COMO UNHA FERRAMENTA PARA FOMENTAR A RELACIÓN ENTRE A XUVENTUDE, A ENTIDADE ORGANIZA DESDE FESTIVAIS DE MÚSICA ATÉ TORNEOS DEPORTIVOS E DE XOGOS TRADICIONAIS

Divertimento para a mocidade coa Asociación Xuvenil Arrabaldo

ySanta Cruz de Arrabaldo, pa-rroquia do concello de Ourense, acollía hai 20 anos a creación da Asociación Xuvenil Arrabaldo, unha das máis antigas da zona para mitigar a falta de activida-des dirixidas aos máis novos e para darlles pulo ás inquietudes dos rapaces e rapazas do lugar. Pensada como unha ferramenta para fomentar a relación entre a mocidade, mesmo artellou unha caste de discoteca para celebrar aniversarios e outras festas. Ma-lia que permaneceu algúns anos sen moita actividade, desde hai unha década a asociación reto-mou a organización de activida-des deportivas e culturais, coas que trata de dinamizar a parro-quia e a súa área de influencia.

Con todo, esta entidade non só se centra en ofrecer programas de lecer para os mozos e mozas, tamén pretende converter Santa Cruz de Arrabaldo no centro de servizos.

Con 120 socios e socias, a asociación logrou que a xuventu-de exprese as súas inquietudes e que conte cun espazo no que pasar o tempo, onde reunirse e no que poder traballar en grupo e axudar o resto da comunidade. No local do antigo grupo esco-lar do municipio, a mocidade ten acceso aos ordenadores con co-nexión a internet, a un salón de actos con televisión e proxector e a unha sala de xogos con fut-bolín, billar, tenis de mesa... As instalacións e equipamento son

posíbeis grazas á colaboración coa Asociación de Veciños San Vitorio de Arrabaldo. Outra das entidades coas que se relacionan é a Sociedade Deportiva Cultural Arrabaldo, coa que posúen unha escola de fútbol en funcionamen-to desde hai 11 anos para rapa-ces e rapazas de 7 a 18 anos, con 5 equipos en competicións oficiais. Arestora, están a cons-truír un ximnasio para o servizo de todo o pobo.

Ademais da sala de xogos, dunha biblioteca e dunha sala

de música, a entidade organiza campamentos de verán, expo-sición de fotos antigas, a se-mana cultural e actividades de Nadal. Proxección de películas ao aire libre, torneos de distin-tas modalidades deportivas, a recuperación dos xogos tra-dicionais da zona, actuacións teatrais, xornadas folclóricas… son parte da oferta de Arrabal-do, que, desde hai 12 anos, tamén prepara a baixada de carrilanas, “que tivo unha acep-tación tremenda tanto en públi-

Un dos festivais organizados pola Asociación Xuvenil Arrabaldo

Web: www.arrabaldo.esCONTACTO

Tel.: 654781972E-mail: [email protected]

CONTACTO

co asistente como participan-tes, chegando a vir aparellos de Euskadi, Valencia, Asturias, Madrid... e, por suposto, de toda Galicia”. Excursións, rutas de sendeirismo, o festival rock e o de músicas alternativas, que se celebra en agosto, e a participación nos maios tradi-cionais son outras das activida-des desta asociación. y

por contribuír ao divertimento da xente nova mediante o fo-mento da igualdade.

Neste Nadal, a asociación organizou unha excursión ao parque de atraccións Pazo-landia, en Ourense. Agora, afánase en preparar a com-

parsa para desfilar o próximo mes de febreiro durante o En-troido. y

Durante o verán, Lusco e Fusco insta os mozos e mozas a practicar surf

Page 18: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

ciados en dereito, co obxecto de especializar profesionais en materia de vivenda. Estas bolsas serán concedidas en réxime de concorrencia competitiva.Prazo: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publica-ción no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspon-dente ao mesmo ordinal do día da publicación.Informa: DOG nº 238, do 9 de decembro de 2008.

ARTE CONTEMPORÁNEAConvoca: Centro de Arte Círculo Cromático.Contido: Curso teórico e prác-tico de arte contemporánea. Ten unha duración de 129 horas lec-tivas. Ao remate do curso farase entrega dun certificado de asis-tencia expedido polo centro de arte círculo cromático, así como unha exposición pública das obras realizadas durante o curso na Galería CitaniaRequisitos: Dirixido a todas aquelas persoas interesadas en comprender, coñecer e experi-mentar o proceso creativo e a súa aplicación práctica na arte e nos outros ámbitos da vida. Non é necesario ter coñecementos previos prácticos nin teóricos de arte.Datas: Do 23 de xaneiro de 2009 ata o remate do mes de xuño. To-dos os mércores e venres. Lugar: Galería Citania.Prazo: Ata o día 22 de xaneiro de 2009.Informa: A inscrición farase en-viando un correo electrónico a [email protected] ou chaman-do aos teléfonos 981 80 11 53 / 617 30 71 91.

ARTETERAPIA PARA NENOSConvoca: Centro de Arte Círculo Cromático.Contido: Arteterapia para nenos. Curso multidisciplinar.Requisitos: Dirixido a nenos de idades comprendidas entre os catro e os doce anos, grupos separados por idades e etapa artística.Datas: De febreiro a maio de maio do 2009, todos os sába-dos.Lugar: Galería Citania.Prezo: 75 mensuais material incluído.Informa: A inscrición farase en-viando un correo electrónico a [email protected] ou chaman-do aos teléfonos 981 80 11 53 / 617 30 71 91.

na provincia de Ourense, promovi-das por persoas físicas, xurídicas ou agrupacións sen personalida-de xurídica. Serán beneficiarios directos destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas, ou agrupacións sen personalidade xurídica, domiciliadas na provin-cia de Ourense que, a instancias dos promotores, realicen as ditas actividades escénicas e musi-cais.Prazo: Ata o 30 de novembro de 2009.Informa: Boletín Provincial de Ourense nº 266, do 18 de nov-embro de 2008.

PROXECTOS DE MUSEÍSMO PEDAGÓXICOConvoca: Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria.Contido: Bolsas de colaboración en diversos proxectos de museís-mo pedagóxico, que se están a desenvolver no Museo Pedagóxi-co de Galicia (Mupega). Prazo: Corenta días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.Informa: DOG nº 236, do 4 de decembro de 2008.

ERASMUSConvoca: Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria.Contido: Convócanse, en réxi-me de concorrencia competitiva, axudas complementarias ao pro-grama comunitario de mobilida-de Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes universitarios matriculados nunha das tres universidades públicas galegas, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, durante o curso 2008/2009, nunha titulación de carácter oficial e validez nacio-nal conducente á obtención do título universitario oficial de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.Prazo: Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG.Informa: DOG nº 238, do 9 de decembro de 2008.

INVESTIGACIÓN ENHUMANIDADESConvoca: Consellería de Presi-dencia, Administracións Públicas e Xustiza.Contido: Dez bolsas de colabo-ración nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.Prazo: Trinta e un días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.Informa: DOG nº 242, do 15 de decembro de 2008.

FORMACIÓN E ESPECIALI-ZACIÓN EN VIVENDAConvoca: Instituto Galego da Vi-venda e Solo.Contido: Convocatoria de sete bolsas de formación e especia-lización en materia de vivenda para un arquitecto, un arquitecto técnico, dous economistas ou licenciados en ADE e tres licen-

TABOLEIRO DE ANUNCIOStaboleiro de anuncios

| | 1818XANEIRO 2009

3cursos

ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCERConvoca: Asociación Xuvenil Amencer.Contido: -Festa infantil, sábado 31 de xaneiro, festa infantil. Vela-da artística e musical organizada polos rapaces dos grupos infan-tís.-Festa xuvenil, sábado 31 de xa-neiro.-Campaña solidaria para sensi-bilizar e recadar fondos para os programas de axuda contra a fame que coordina a ONG Mans Unidas (cea solidaria, campaña de recollida de moedas na rúa, venda de camisetas e materiais de Mans Unidas, Operación Bo-cata Solidario). Durante os meses de febreiro e marzo.-Entroido infantil (para nenos de 9 a 14 anos), sábado 21 de fe-breiro.-Entroido xuvenil, venres 20 de febreiro.-A tope na ponte. Inclúe activida-des deportivas, lúdicas e culturais para todos os mozos da cidade en vacacións escolares, do 20 ao 25 de febreiro.-Excursión á neve, Manzaneda, 28 de febreiro.-Exposición Xoán Bosco en fra-ses, do 8 de xaneiro ao 1 de fe-breiro.-Exposición Galego 100%. É unha selección dos mellores deseños de camisetas presentados no concurso organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio Salesiano María Auxiliadora de Ourense. Do 9 ao 28 de febreiro.Informa: Asociación Xuvenil Amencer. Praza Don Bosco, 1 baixo, 32003 Ourense. Tel./fax: 988 218 [email protected]

FEDERACIÓN DON BOSCOConvoca: Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.Contido: -Xuntanza de grupos xuvenís, sábado 17 de xaneiro. Mozos, de 15 a 19 anos de idade, que participan nos grupos xuve-nís desta federación.-Reunión de comisións e foros da federación, sábado 7 de marzo.-Xuntanza de animadores maio-res de 21 anos, 13, 14 e 15 de marzo nos Milagres (Ourense).-Xuntanza de nenos dos grupos Andaina de Galicia, Asturias e Castela e León, 21 e 22 de marzo no Centro Xuvenil Don Bosco de León.-Xuntanza das xuntas directivas das asociacións de tempo libre

pertencentes ás federacións de centros xuvenís de Castela e León e Galicia, 28 e 29 de marzo na Casa da Mocidade Aleste en Valladolid.-Campaña de normalización lin-güística Mellor Dito-3. Terceira co-lección consistente en 12 novos marcapáxinas nos que se ensina a empregar frases e expresións feitas enxebres e populares.-Exposición fotográfica itinerante: Retratos no Lecer.Informa: Secretaría Técnica. Fe-deración de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. R/ Belvís, 2, 15703 Santiago de Compostela. Tel.: 981 582 243. Fax: 981 570 263.

EDUCACIÓN AMBIENTALConvoca: Obra Social de Caixa Galicia e a Fundación Sales.Contido: Talleres de educación ambiental gratuítos. A súa fina-lidade é promover a valoración deste espazo e os labores que nel se realizan estimulando a partici-pación cidadá en actividades de lecer que promovan a conserva-ción do noso patrimonio natural. As actividades desenvolveranse de xaneiro a xuño de 2009 e te-rán unha duración de dúas horas e media. Os horarios poderán ser modificados en función das ca-racterísticas do grupo, sempre en horario das 10:00 ás 13:00 horas.Requisitos: Destinado a grupos de escolares con idades com-prendidas entre os 4 e os 14 anos de idade e público en xeral orga-nizado en grupos. As actividades que se realicen serán acordes á idade dos participantes, polo que os grupos deberán ser homoxé-neos en canto a idade, e terán un máximo de 50 participantes.Lugar: Fundación Sales, Xardín Arboretum: Avda. de Europa, 52, Samil, 36212 Vigo (Pontevedra)Informa: Teléfono: 981 188 340 (en horario de 9:00 a 15:00 ho-ras).http://fundacionsales.org/[email protected]@[email protected]@xunta.eswww.deporteescolargalego.org.

ACTIVIDADES ESCÉNICAS E MUSICAISConvoca: Deputación Provincial de Ourense.Contido: Subvencións para o fo-mento das actividades escénicas e musicais 2009. A finalidade é o financiamento da realización de actividades escénicas e musicais gratuítas e con carácter público

1actividades

2bolsas e axudas

TABOLEIRO

Page 19: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

xaneiro de 2009, a partir desta data o alumno ten un ano para a súa realización, sendo posible a súa finalización antes de cumprir-se o ano.Informa: Instituto Erudite para a Investigación Educativa, Social e Ambiental. Apartado de correos 46. 36700 Tui, Pontevedra. Tel.: 618 945 [email protected]

OFERTA 12/2008/16608Posto: Mozo/a de carga e des-carga, para almacén e/ou merca-do de abastos.Localidade: Melide (A Coruña).Requisitos: Permiso de conducir C.

OFERTA 12/2008/18229Posto: Axente de seguros.Localidade: A Coruña.Requisitos: Axente comercial de seguros, contrato mercantil.

ARTETERAPIAConvoca: Centro de Arte Círculo Cromático.Contido: Arteterapia: A arte de sandar a actitude a través da creatividade (12 horas).Requisitos: Taller monográfico intensivo dirixido a educadores, psicólogos, formadores, artistas e a todas aquelas persoas con inquedanzas creativas e interesa-das no desenvolvemento do seu propio potencial, a boa xestión das propias emocións e as rela-cións interpersoais.Datas: Do 11 ao 13 de xaneiro 2009.Prezo: 160 co material incluído.Prazo: A reserva farase a partir de decembro na Galería Citania de 10:00h a 14:00h, enviando un correo electrónico a [email protected] ou chamando aos teléfonos 981 80 11 53 / 617 371 766.Informa: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/cur-sosmastersposgraos

MALTRATO INFANTILConvoca: Radio Ecca.Contido: Curso de Formación do Profesorado en Prevención e Avaliación do Maltrato Infantil (30 horas, 24 presenciais e 6 de tra-ballo individual).Datas: Do 2 ao 17 de marzo de 2009. En horario de 19 a 21 ho-ras.Prezo: Matrícula 70 .Requisitos: Ser profesor en acti-vo dun centro sostido con fondos públicos.Informa: Fundación Radio Ecca Vigo. R/ Velázquez Moreno, 9-1º. 36201 Vigo. Tel.: 645 910 218/19 e 986 227 [email protected]

LINGUA GALEGAConvoca: Secretaría Xeral de Política Lingüística.Contido: Cursos de lingua gale-ga preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Cel-ga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto.Requisitos: Dirixido aos seguin-tes destinatarios: A) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III desta convocatoria. B) Colec-tivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 25 persoas preinscri-tas para participar nos cursos.Prazo: Establécense distintos prazos de presentación de soli-citudes segundo as datas de co-mezo das diferentes quendas de programación dos cursos: ata o día 30 de xaneiro de 2009, para os particulares que desexen par-ticipar nos cursos programados entre os meses de marzo e xuño (primeira quenda). Ata o día 20 de xuño de 2009, para os particu-lares que desexen participar nos cursos programados para os me-ses de xullo e/ou agosto de 2009 (segunda quenda). Ata o día 10 de setembro de 2009, para os particulares que desexen partici-par nos cursos programados para os meses de outubro e novembro

| | 1919XANEIRO 2009

TABOLEIRO DE ANUNCIOStaboleiro de anuncios

(terceira quenda). Ata o día 27 de febreiro de 2009, para os colecti-vos, entidades e asociacións que pretendan organizar cursos entre os meses de abril a novembro de 2009.Informa: DOG nº 234, do 2 de decembro de 2008.http://www.xunta.es/linguagale-ga/

PRÁCTICAS NA COMISIÓN EUROPEAConvoca: Comisión Europea.Contido: Realización de prác-ticas remuneradas na Comisión Europea.Requisitos: Dirixido a persoas que se acaban de licenciar para adquirir unha experiencia pro-fesional consolidada dentro da Comisión Europea. Os perfís de-mandados son, xeralmente, o de avogado, xornalista, economis-ta....Prazo: Ata o 15 de febreiro de 2009.Informa: http://ec.europa.eu/spain/jovenes/practicas/index_es.htm.O formulario está dispoñible na web:http://ec.europa.eu/stages/in-dex_en.htm

TÉCNICO EN XESTIÓN DE EMPREGOConvoca: Instituto Erudite. De-partamento de Orientación e In-serción Laboral.Contido: Curso, a distancia, de Técnico en Xestión de Emprego (300 horas). O obxectivo é ofre-cer unha cualificación para tra-ballar en organizacións públicas e privadas con poboacións que requiran unha orientación para a súa integración no mundo labo-ral e/ou que teñan especiais di-ficultades sociais para atopar un emprego.Requisitos: Ter unha titulación mínima de FPII, COU ou bacha-relato LOXSE, en calquera espe-cialidade.Prazo: Ata o 10 de xaneiro de 2009.Datas: O curso comeza o 15 de

OFERTA 12/2008/19060Posto: Impresor/a de serigrafía.Localidade: Ribeira (A Coruña).Requisitos: Serigrafistas-dese-ñadores gráficos para Ribeira.

OFERTA 12/2008/19409Posto: Profesor/a da área de matemáticas (ensinanza secun-daria).Localidade: A Pobra do Carami-ñal (A Coruña).Requisitos: Profesores/as da área de ciencias para academia.

OFERTA 12/2008/19752Posto: Empregado/a administra-tivo.Localidade: Oleiros (A Coruña).Requisitos: Auxiliar administra-tivo de seguros con coñecemen-tos informáticos elevados. Título de formación profesional de grao superior administrativa.

OFERTA 12/2008/19978Posto: Camareiro/a.Localidade: Sobrado (A Coru-ña).

OFERTA 12/2008/20968Posto: Encargado/a ou capataz de explotación avícola.Localidade: Carballeda de Avia (Ourense).

OFERTA 12/2008/21281Posto: Fisioterapeuta.Localidade: Carballo (A Coru-ña).

OFERTA 12/2008/21515Posto: Axente comercial.Localidade: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).Requisitos: Asesor/a comercial para a zona do Salnés con carné B1.

OFERTA 12/2008/21551Posto: Camareiro/a, en xeral.Localidade: Oleiros (A Coruña).

OFERTA 12/2008/22424Posto: Vendedor/a técnico.Localidade: A Coruña.Requisitos: Vendedores técni-cos, preferiblemente con expe-riencia no sector da publicidade, para traballar en toda a provincia da Coruña.

OFERTA 12/2008/22425Posto: Vendedor/a técnico.Localidade: Ourense. Requisitos: Sector da publicida-de, para traballar na provincia de Ourense.

OFERTA 12/2008/22426Posto: Vendedor técnico.Localidade: Lugo. Requisitos: Para traballar na provincia de Lugo. Deberán ter experiencia en publicidade.

OFERTA 12/2008/22548Posto: Perruqueiro/a de seño-ras.Localidade: A Coruña.Requisitos: Oficial de 1ª perru-queiro/a con 36 meses de expe-riencia.

OFERTA 12/2008/22649Posto: Condutor/a de furgoneta.Localidade: A Coruña.Requisitos: Condutor/a-reparti-dor/a de furgoneta de ata 3,5 T.

OFERTA 12/2008/22755Posto: Instalador/a electricista, en xeral.Localidade: Lugo. Requisitos: Con carné de con-ducir.

OFERTA 12/2008/22797Posto: Deseñador/a gráfico.Localidade: Lugo. Requisitos: Con amplos coñe-cementos de Corel Draw e Pho-toshop.

TABOLEIRO DE ANUNCIOStaboleiro de anuncios

4ofertas de emprego

Informa teléfono: 902 125 000Internet: traballo.xunta.es/

sgc/galego/ofertas.htm

Page 20: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

TABOLEIRO DE ANUNCIOStaboleiro de anuncios

| | 2020XANEIRO 2009

mento incluído, buscamos aloxa-mento axeitado. Posibilidade de asistir a clases. É necesario ter coñecementos de inglés, valora-rase experiencia. Todo o ano.-Estadía combinada de asistencia a clases con traballo remunerado na hostalaría en Inglaterra, Dublín e Alemaña. Debe ser maior de 18 anos e nivel de inglés/alemán in-termedio. Todo o ano.Informa: Feedback Galicia. R/ Feáns, 15 baixo-A, 15706 Santia-go de Compostela, A Coruña, tel. 981 590 220. Fax: 981 590 213. http://www.galeon.com/feedbac-kgalicia

AU PAIR E TRABALLO NO ESTRANXEIROConvoca: American-Link.Contido: -Programas de au pair e traballo no estranxeiro:Traballo remunerado en Inglate-rra. Au pair en Estados Unidos, solicitudes mínimo tres meses antes da data da partida. Au pair en Irlanda, solicitudes con ante-lación.-Programas de idiomas para adul-tos: programas especiais, idioma e prácticas de traballo, traballo remunerado.-Programas en familia para rapa-ces de 8 a 17 anos.Informa: American-Link. Vía Au-gusta, 127, 08006 Barcelona, tel. 932 008 888, fax: 932 002 110.pilar@american-link.comwww.american-link.comwww.golinking.com

ANIMADORES DE LECER E TEMPO LIBREConvoca: Programa Galicia Le-cer - Vida Láctea, S.L.U.Contido: Esta empresa está in-teresada en contactar con mozos e mozas, con ou sen experiencia, no eido do montañismo, sendei-rismo, guías turísticos, animado-res socioculturais, monitores de tempo libre, humoristas, actores, pallasos, contacontos...Prazo: Todo o ano.

OFERTA 12/2008/22830Posto: Técnico/a en frío indus-trial.Localidade: Santiago de Com-postela (A Coruña).

OFERTA 12/2008/22917Posto: Pintor/a de vehículos, en xeral.Localidade: Catoira (Ponteve-dra).

OFERTA 12/2008/22963Posto: Cociñeiro/a en xeral.Localidade: Guadalaxara.Requisitos: Especialidade coci-ña galega

AU PAIRConvoca: Over the Rainbow Language Centre. Vigo.Contido: Programas destinados á práctica de idiomas:-Au pair e traballo remunerado en hostalaría, tendas, etc. Para o verán ou todo o ano en Europa e EE.UU., con ou sen curso de in-glés, francés, alemán ou italiano. Todo o ano.-Cursos de verán no estranxeiro para mozos e adultos en xeral e profesores de inglés, son cursos adaptados aos requisitos das Bolsas MEC, Xunta e de institu-cións europeas.-Xestión de estancias de longa duración e preparación de exa-mes oficiais, asesorando e ofre-cendo un servizo personalizado.Informa: Over the Rainbow. Rúa Tomás Paredes, 16, 36208 Vigo. Tel.: 986 246 [email protected]

ANIMADORESConvoca: Dezdedez [10D10].

Contido: Esta empresa está in-teresada en contactar con mozos creadores, animadores, pallasos, magos, humoristas, actores... para traballos puntuais.Prazo: Todo o ano.Informa: Dezdedez. Maxistrado Manuel Artime, 26 - 1º esquerda, A Coruña, tel. 981 140 [email protected]

AU PAIR, ESTUDOS ETRABALLOConvoca: Feedback Galicia. Santiago de Compostela.Contido: Ofrece as seguintes posibilidades:-Aprender idiomas de forma na-tural convivindo con familias nati-vas. Recibe aloxamento, comida e cartos de peto a cambio de axudar cos nenos e coas tarefas domésticas. Familias no Reino Unido, USA, Irlanda, Francia, Ita-lia, Alemaña, Holanda, Suíza ... Para rapaces de 18 a 28 anos e con nivel básico do idioma. Prazo: de 6 a 8 semanas de antelación durante o ano. En abril para as estadías de 3 meses no verán.-Traballo na hostalaría no Rei-no Unido e Irlanda. Con ou sen aloxamento. De non levar aloxa-

Informa: Programa Galicia Lecer - Vida Láctea, S.L.U. Avda. de Compostela, 25 – BJ. 27620 Sa-mos (Lugo). Tel.: 629 023 [email protected]@gmail.com

POESÍAConvoca: Agrupación Cultural Ergueitos e o Concello de Sarria.Contido: IX Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.Requisitos: A extensión mínima é de 400 versos, escritos unica-mente en galego. Deben ser orixi-nais inéditos, non premiados, en-viados por quintuplicado, a dobre espazo e baixo plica.Prazo: Ata o 31 de xaneiro de 2009.Informa: Concello de Sarria, rúa Maior, 14. 27600 Sarria (Lugo). Tel.: 678 601 550 María Casar, 677 429 225 Xerardo Alvaredo.

PREMIO EUROPEOCARLOMAGNOConvoca: Parlamento Europeo e Fundación do Premio Internacio-nal Carlomagno de Aquisgrán.Contido: Premio Europeo Car-lomagno da Xuventude 2009. Proxectos que promovan os va-lores europeos, que estimulen o desenvolvemento dun sentido compartido da identidade e a in-tegración de Europa, que sirvan de modelo para os mozos que

viven na Unión Europea (EU) e que ofrezan exemplos prácticos de europeos que conviven no seo dunha mesma comunidade.Requisitos: Ter entre 16 e 30 anos e residir ou ser cidadán dun dos 27 Estados membros da UE. Poderán inscribirse individual ou en grupo.Prazo: Ata o 16 de xaneiro de 2009.Informa: Damián Castaño, tel. (+34) 914 364 730.http://cyp.adagio4.eu/view/[email protected]://www.europarl.europa.eu/news/expert/default_es.htm

CARTEISConvoca: Asociación Cultural Papaventos.Contido: Concurso de carteis para anunciar a VI Mostra de Tea-tro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará en marzo do 2009.Requisitos: Poderán presentar-se todas aquelas persoas que o desexen. Un mesmo autor pode-rá presentar o número de carteis que desexe. Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para esco-ller o tema, sempre e cando pro-mova a difusión de dita Mostra. Os creadores dos carteis serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor. O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada. Na parte superior do cartel figurará rotulado: Teatrofilia, VI Mostra de Teatro Amador de Vedra O con-cursante ten a posibilidade de engadir este lema ou deixar un espazo libre para a súa posterior rotulación. Deberase ter en conta que en algún lugar do cartel irán os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia, polo que se recomenda deixar un peque-no espazo libre na parte inferior.

6premios e concursos

5ofertas de traballo privado

Page 21: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 2121XANEIRO 2009

TABOLEIRO DE ANUNCIOStaboleiro de anuncios

ANUNCI

OS

de

O xurado valorará a orixinalidade e a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño. As modificacións que teñan que introducirse no cartel a posteriori de cara á súa publicación faranse en colaboración co seu autor.Prazo: Ata o 10 de xaneiro de 2009.Informa: Asociación Cultural Pa-paventos. Rúa da Boca, 9, 15885 Vedra (A Coruña. Tel.: 626 937 587 / 686 994 [email protected]

CÓMICConvoca: Comisión Europea.Contido: Concurso europeo de cómics. Unión Europea (UE) e ci-dadanía.Requisitos: Poderán participar maiores de 16 anos, que vivan na UE ou que teñan a nacionali-dade dalgún dos estados mem-bros, cunha tira de cómic dunha páxina, sen texto, para ilustrar o concepto de cidadanía na UE. O obxectivo deste é facilitar a todos estes mozos a descrición da súa propia experiencia de vida como cidadán da UE. O cómic creado cun ordenador, deberá imprimirse en papel tamaño A4 para facili-tar a súa avaliación. Esta copia en papel xuntarase á versión en CD/DVD. Ademais, e no caso de que se producira máis dun cómic, deberá presentarse cada un nun CD/DVD diferente, co fin de faci-litar igualmente a súa avaliación. Finalmente, e para non cometer ningún erro na atribución dos cómics aos seus verdadeiros au-tores, no propio CD/DVD debe-rá figurar por escrito o nome do participante e, no seu caso (se o participante é menor de idade), o do adulto responsable.Prazo: Ata o 27 de febreiro de 2009.Informa: http://www.eurocarto-on.euDatos de contacto del coordi-nador nacional: Rafael Alonso, zoomART Diseños, Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid, Av. Felipe II s/n 28.009 Madrid, España. Teléfono: 915 227 500. Correo electrónico: mailto:[email protected]

DÍA DA INTERNET SEGURAConvoca: Insafe, rede europea para a sensibilización para un uso seguro da internet.Contido: Quizconcurso. Día da

Internet Segura 2009 (DIS 09). O obxectivo é chegar aos mozos usuarios da internet e facer que participen neste día. Os gañado-res serán invitados a asistir ás ce-lebracións do DIS en Luxembur-go que terá lugar o 10 de febreiro de 2009.Requisitos: Dirixido a persoas de 10 a 15 anos de idade e deberán contestar unha serie de pregun-tas de múltiple resposta sobre os medios de comunicación, seguri-dade na internet, cultura, historia e xeografía e con desafía final. A variedade de preguntas reflicte o valor da internet como unha ferra-menta para aprender e atopar a información.Informa: http://insafequiz.eun.orgwww.saferinternet.org

MAQUETAS CUAC FMConvoca: A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4.Contido: XI Concurso de maque-tas Cuac FM.Requisitos: Dirixido a todas as bandas e solistas de toda España sen contrato discográfico. Admi-tiranse traballos autoeditados. As dúas bandas finalistas actuarán na Sala Mardi Gras o día 9 de maio de 2009, dentro dos actos do 13º aniversario da emisora.Prazo: Ata o 3 de marzo de 2009.Informa: www.cuacfm.orghttp.//www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

PÁXINAS WEBContido: Premio Web ThinkQuest 2009 para a creación de materiais educativos na internet.Requisitos: Concurso destinado a estudantes de 9 a 19 anos de calquera parte do mundo, dirixi-dos por un profesor ou titor, terán que desenvolver sitios web edu-cativos innovadores sobre unha ou varias das doce categorías dispoñibles (letras, saúde, segu-ridade, xeografía,etc.)Prazo: Data límite para enviar proxectos é ata o 2 de abril de 2009.Informa: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensinowww.thinkquest.org/competition/

DESEÑO DE PORTADAS PARA CD’SConvoca: Asociación Xuvenil

Amencer.Contido: 8º Concurso de deseño gráfico de portadas para CD’s.Requisitos: Deseños orixinais e inéditos para a portada do novo CD Boscomusic, 2008, deberá incluír no texto Boscomusic,e presentaranse dúas copias, unha en branco e negro e outra en cor. Técnica libre. Os orixinais envia-ranse a AMENCER, indicando nome e apelidos,idade, endere-zo, teléfono de contacto e foto-copia do DNI.Prazo: Ata o 19 de marzo de 2009.Informa: Asociación Xuvenil Amencer. Praza Don Bosco, 1 baixo, 32003 Ourense. Tel/fax: 988 218 [email protected]

XORNALISTAConvoca: Solidariedade Galega - A Coruña.Contido: Necesita a colabora-ción dun ou dunha xornalista para fortalecer o departamento de co-municación da ONG.Prazo: Ata o 28 de febreiro de 2009.Informa: Teléfono Solidario 900 400 800. Luz María Rey. Tel.: 667 411 [email protected]

ESCOLA DE NATACIÓNADAPTADAConvoca: Club Deportivo AMFIV – Vigo.Contido: Auxiliares da Escola de Natación Adaptada. O voluntario acompaña e coida os alumnos. É imprescindible saber nadar.Prazo: Ata o 30 de abril de 2009.Informa: Teléfono Solidario 900 400 800. Antonio Riveiro, tel.: 607 724 [email protected]

ACOMPAÑAMENTOConvoca: COGAMI (Confedera-ción Galega de Minusválidos). A Coruña.Contido: Voluntario para acom-pañamento unha vez á semana ou cada 15 días. O fin é que a persoa saia da casa.Prazo: Ata o 9 de decembro de 2009.Informa: Teléfono Solidario 900 400 800. Elena ou Sonia, tel.: 981 231 [email protected]

MONITORA DE EDUCACIÓN FÍSICAConvoca: Fundación Secretaria-

do Xitano, Lugo.Contido: Monitora de educación física para mulleres xitanas. A vo-luntaria fomentará hábitos de vida saudables a través das activida-des físico-deportivas.Prazo: Ata o 30 de xuño de 2009.Informa: Teléfono Solidario 900 400 800. Irene Jiménez, tel.: 982 265 [email protected]

ACOMPAÑAMENTO E ANI-MACIÓN DE MAIORES QUE VIVEN EN RESIDENCIASConvoca: UDP A Coruña.Contido: O Programa O maior para o maior, pretende que as persoas maiores que se atopan ben dediquen parte do seu tempo a realizar accións de voluntariado en residencias de maiores.Prazo: Ata o 21 de decembro de 2009.Informa: Teléfono Solidario 900 400 800. Trudi Capelán, tel.: 981 227 [email protected]

DINAMIZACIÓN XUVENIL DE RAPACES DO COLECTIVO XI-TANOConvoca: Fundación Secretaria-do Xitano, Vigo.Contido: O voluntariado participa nos talleres de ocio, tempo libre e baile flamenco.Prazo: Ata o 24 de xullo de 2009.Informa: Teléfono Solidario 900 400 800. Juan Fernández, tel.: 986 260 [email protected]

DELEGADO TUTELA DE PER-SOAS CON MINUSVALIDEZ INTELECTUALConvoca: Sálvora, Vigo.Contido: O voluntario estable-ce unha relación persoal, cálida, próxima e afectiva co tutelado, acompáñao nas actividades nor-malizadoras da vida cotiá, e serve de referente persoal e punto de unión entre o tutelado e a funda-ción.Prazo: Ata o 30 de xuño de 2009.Informa: Teléfono Solidario 900 400 800. Beatriz Díaz, tel.: 986 228 [email protected]

FORMACIÓN PARA PERSOAS CON MINUSVALIDEZ INTE-LECTUALConvoca: Aspronaga, A Coruña.Contido: Voluntarios para dar formación extralaboral a persoas con minusvalidez intelectual. Du-rante unha ou dúas horas á sema-na reúnense pequenos grupos de persoas con minusvalidez intelec-tual para adquirir novas habilida-des e coñecementos ou reforzar habilidades xa aprendidas.Prazo: Ata o 16 de marzo de 2009.Informa: Teléfono Solidario 900 400 800. Tel.: 981 145 [email protected]

7actividades de voluntariado

Page 22: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 2222XANEIRO 2009

VIDA AFECTIVO-SEXUALvida afectivo-sexual

CENTRO “QUÉROTE”

DE SANTIAGO

Praza do Matadoiro, s/n

15703 Santiago de

Compostela

CENTRO “QUÉROTE”

DE LUGO

Complexo Xuvenil

LUG 2

R/ Pintor Corredoira, 4

27002 Lugo

CENTRO “QUÉROTE”

DE OURENSE

Casa da Xuventude

Rúa Celso Emilio

Ferreiro, 27

32004 Ourense

CENTRO “QUÉROTE”

DE BURELA

Casa do Mar

Rúa Rosalía de

Castro, s/n

27880 Burela

CENTRO “QUÉROTE”

DE VIGO

Rúa Ferrería, 41

Teléfono: 986 220 717

36202 Vigo

CENTRO “QUÉROTE”

DE FERROL

Rúa Santa Comba, 61

Teléfono: 981 317 027

15404 Ferrol

AS FANTASÍAS ERÓTICAS SON UNHA FERRAMENTA QUE NOS AXUDA A CONTEMPLAR A SEXUALIDADE COMO UNHA VÍA DE COÑECEMENTO PERSOAL E UN MEDIO PARA COMUNICARSE

Erotizando o noso pensamentoNuria RoibásPsicóloga-sexóloga

yO cerebro é o máis poderoso órgano sexual do noso corpo. É onde se crean e se destrúen as barreiras que vivenciemos da nosa sexualidade. Todo aquilo que nos excita ou nos bloquea está relacionado con experien-cias persoais, coa educación que recibimos, coa sociedade na que vivimos, coas sensacións que nos producen determinados recordos... Tendemos a esque-cernos de estimular a nosa men-te, de acender os sinais eróticos que nos motivan e de darnos permiso para sentir o desexo de gozar, ben sos ou en compaña. Erotizar a nosa mente require cer-to grao de esforzo, pero en todo caso, un esforzo que pode ter uns resultados moi agradables e satisfactorios. Unha das manei-ras de conseguilo é mediante a creación de fantasías eróticas.

As fantasías eróticas poderían definirse como todos aqueles pensamentos, situacións ou es-cenas que imaxinamos, xeral-mente con bastante detalle, e que nos procuran pracer. Adoita-mos ser nós os/as protagonistas principais e as circunstancias que aparecen acostuman ser as que anhelamos, aínda que se afasten do que nos gustaría que pasara na realidade. A súa riqueza e va-riedade depende da capacidade de creatividade e imaxinación de cada persoa.

Ideas preconcibidasAlgunha das ideas preconcibidas que xiran arredor das fantasías e que non sempre son certas son as seguintes:

-Que se existen, son produ-cidas por certas insatisfaccións sexuais. Son simplemente pen-samentos que nos procuran sa-tisfacción e non teñen que estar relacionadas nin con desexos

TENDEMOS A ESQUECERNOS

DE ESTIMULAR A NOSA MENTE,

POR ISO É RECOMENDÁBEL

ACENDER OS SINAIS ERÓTICOS

QUE NOS MOTIVEN

frustrados nin con perversións, nin con ningún tipo de insatisfac-ción.

-Que debe de haber límites nelas. Como fantasías persoais que son, somos cada un de nós os/as responsables de poñerlles os nosos límites particulares.

-Que só ten fantasías a xente nova e sen parella. As fantasías non teñen grupo de idade, nin teñen espazo no que se dan ou non se dan. Persoas de todas as idades teñen a capacidade de fantasear, tendo parella ou non. Non se ten en conta que a xente maior fantasee e menos aínda se ten parella, fillos/as... Os contidos das fantasías eróticas varían dun-ha persoa a outra, pero a modo de exemplo estes son algún de-les: ter un encontro erótico coa nosa parella nun lugar especial, manter relacións homosexuais, revivir unha experiencia pasada que nos agradara, ver ou ser vis-to mentres se leva a cabo unha práctica sexual, probar a facer algo que consideremos prohibi-do (p.ex. atar, manter encontros eróticos en público…), ser domi-nante e agresivo/a, manter prác-ticas eróticas en grupo… etc.

-Que sempre se teñen que facer realidade, que son algo obsceno e que non serven para nada. Ás veces asústannos por-que cremos que o que imaxina-mos é o que realmente queremos

que nos suceda na realidade, e non ten porque ser así. De feito, adoitan distar moito do que faria-mos ou nos gustaría que pasara na nosa vida real; por iso son o que son: fantasías.

Importancia das fantasíasPero, tendo en conta o mencio-nado anteriormente, que impor-tancia teñen entón as fantasías eróticas? Pois ben, algunhas das funcións son as seguintes: aumentar ou iniciar a excitación sexual, liberar desexos ou emo-cións, axudar a coñecernos e gozar da nosa erótica, incre-mentar as sensacións, motivar a imaxinación en todo o noso potencial erótico, plantar cara aos tabús e, sobre todo, mello-rar a nosa vida sexual.

Hai moitas ferramentas que podemos empregar, das que nos podemos acompañar para erotizar a nosa mente; cada persoa pode escoller ou ir pro-

bando diferentes formas de ex-presión para atopar a/as que máis lle gusten ou funcionen: ler novelas, revistas ou cómics eróticos ou pornográficos; crear o noso propio material erótico, escribindo ou debuxando as nosas propias fantasías, por exemplo; facer algo fóra do habitual; ver películas de con-tido erótico ou pornográfico; xogar a interpretar diferentes personaxes nos nosos encon-tros eróticos… e un longuísimo etcétera, xa que cada un/unha de nós somos os encargados de poñer os límites.

As fantasías eróticas son unha ferramenta que nos pode axudar a contemplar a sexuali-dade como unha vía de coñe-cemento persoal e un medio para comunicarse con un/unha mesmo/a e cos demais. Por iso podemos experimentar co feito de crealas e gozalas sen com-plexos. y

NORMALMENTE, ADOITAN

DISTAR MOITO DO QUE FARIAMOS

OU NOS GUSTARÍA QUE PASARA

NA NOSA VIDA REAL; POR ISO

SON O QUE SON: FANTASÍAS

Luns e venres de 10 a 14 hLuns a venres de 16.30 a 20.30 h

Tel.: 902 14 16 17Web: www.querote.org

HORARIOS

Page 23: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos

| | 2323XANEIRO 2009

SONS DO PAÍSsons do país

‘MOTOR PERKINS’:‘MOTOR PERKINS’:

MÚSICA CELTA, CON ROCK E PUNK“Iamos dous fu-lanos camiñando nun fermoso día

por un frondoso e coñecido souto da parroquia de Donra-

miro. Non levabamos ningún saco de plásti-co porque nin tiñamos

a intención nin precisa-bamos recoller nada. Foi un breve lapso cando,

de súpeto, estouparon diante dos nosos narices varias castañas, largan-

do por doquier e de xeito omnidireccional as espiñas dos seus ourizos coma se

fosen metralla dunha bomba de fragmentación. Aínda non acabaramos de sacudirnos

cando, da enorme e singular nube de po, apareceu un indivi-duo con gafas e media melena,

prototipo Santa Baia. Tan sor-prendido coma nós, este fulano estabeleceu para a súa defensa

unha interesante e marcial postu-ra (intuímos que era discípulo do mesmísimo Mestre Brun-Dí). Nesta

defensora pose lucía un ameazante arsenal constituído por dous anacos de madeira de sapelli, torneados por

el mesmo, a modo de pau para bater contra algo (agora sabemos que a esa loitadora arma se lle chama baqueta).

Así agroma a historia dos Motor Perkins, grupo que naceu na comarca do Deza

“no ano 5732 despois do MEV (Monstro do Espaguete Voador, profeta do noso calenda-rio pastafarista)”, o que para o resto do mun-do se traduce no 2006. “Queriamos pasalo ben”, revelan. “Nunca houbo ningunha inten-ción mercantilista nin famosoide. Tampouco houbo a necesidade de manifestación artísti-ca pública”, engaden.

Os do Deza comparten con Barreiros unha inspiración, os vellos motores agrícolas. Aos Motor Perkins valeulles o nome e a Barreiros, profundar na mecánica. Á fronte do conxun-to, seis homes e unha muller fan vibrar o público en cada directo. A voz, a guitarra acústica, o banjo e mais a mandolina son de Luís. José comparte co anterior o banjo e a mandolina, aínda que tamén se encarga dos coros e da guitarra eléctrica. A mandolina e o banjo tamén son a especialidade de Xosé Lois. Do baixo e dos coros encárgase Adrián. María é quen tece as notas que saen do violín e Manolo fai o propio co acordeón. O bom-bo, a caixa, o timbal e os pratos on cousa de Josoleo. Ás veces, aos sete músicos acom-páñaos Quintá, un colaborador que lle dá ao acordeón, ao diatónico e ao fiddle.

A esencia dos temasMelodías próximas ao folk ou música celta con acompañamentos punk-roqueiros é o que de-fine o plano musical dos Motor Perkins. Luís, José, Xosé Lois, Adrián, María, Manolo e Ja-soleo esquécense de aquí a febreiro dos con-certos. “Como acontece coa vida, ás veces o directo é o mellor e, ás veces, tamén pensa-mos que nos fora mellor quedar na casa. Pero cando o trato é bo xa é algo moi de agradecer e para nós é o máis importante”. Arestora, o

grupo do Deza traballa arreo para definir os flocos que fican do proxecto do seu próximo disco, que gravarán nos primeiros meses do ano.

Preocupacións, inquietudes ou, simple-mente, “palabras xuntas”, como eles mes-mos apuntan, conforman as letras das súas composicións. “Os nosos temas po-den interpretarse como cadaquén quei-ra. Poden gustar ou non, non soamente polo que se din, senón por como o dici-mos”. En todo caso, os Motor Perkins “non facemos proselitismo nin apoloxía de nada nas letras”. The Pogues, Mahones, Flogging Molly, Dubliners, Real McKenzies, The Bothy Band, Eskorbuto, Iron Maiden, The Clash, Lou Reed, Texas, Os Diplomáticos de Montealto e unha longa lista forman parte do grande abano de influencias do conxunto. E é que sete músicos dan para moito.

Se queredes descargar os te-mas do seu primeiro disco, po-dedes facelo de balde na web www.motorperkins.com. Rosa dos ventos, A mesma vaina, O día, Un día de furia, Mellor esquencer e no Vello Peirao son o mellor exemplo para se somerxer neste folk con matices roqueiros.

Contacto:[email protected]: 630555536

OS SETE

COMPOÑENTES DO

GRUPO, QUE SE

PRESENTA BAIXO O

NOME DOS VELLOS

MOTORES AGRÍCOLAS,

MESTURAN PALABRAS,

PREOCUPACIÓNS E

INQUIETUDES PARA

QUE CADAQUÉN

INTERPRETE OS SEUS

TEMAS, QUE ESCAPAN

DO PROSELITISMO

E DA APOLOXÍA

Page 24: XANEIRO 2009 | Nº33 SOLIDARIOS DOWN COMPOSTELA … · promiso coa mocidade galega. Tres anos pre-sididos por un cambio de rumbo nas políticas xuvenís, tanto nos seus obxectivos