os microorganismos a célula_0.pdfa cÉlula É a unidade mÁis pequena dotada de vida propia, É...
TRANSCRIPT
OS MICROORGANISMOS
Son seres vivos diminutos que non poden verse a simple vista.
Non se descubriron ata que se inventou o microscopio no século XVII.
Anton van Leeuwenhoek foi o primeiro en ver seres
vivos microscópicos e chamounos animáculos (1.674)
Microscopio de
Leeuwenhoek
AS CÉLULAS
A CÉLULA É A UNIDADE MÁIS PEQUENA DOTADA DE VIDA PROPIA, É DECIR, QUE REALIZA AS FUNCIÓNS DUN SER VIVO:
NUTRICIÓN, RELACIÓN E REPRODUCCIÓN.
Robert Hooke foi o primeiro en chamarlles células a
unhas cavidades que observou cando examinaba cun
microscopio unha fina lámina de cortiza (1.665)
Microscopio
de Hooke
TODOS OS SERES VIVOS ESTÁN FORMADOS POR CÉLULAS
As células soen especializarse e desempeñar funcións diferentes, por eso teñen formas e estruturas diferenciadas.
Células nerviosas Células sanguíneas Células reprodutoras
UNHA CÉLULA OU VARIAS CÉLULAS
ORGANISMOS UNICELULARES
• Son de tamaño moi variable, pero sempre microscópicos.
• A súa única célula realiza todas as funcións dos seres vivos.
• Ás veces asócianse formando colonias, pero cada individuo segue sendo independiente dos demáis.
ORGANISMOS PLURICELULARES
• Están formados por moitas células asociadas que dependen unhas das outras para poder vivir.
• Son de tamaño moi variable, pero case sempre poden verse a simple vista.
• A súas células repártense o traballo e especialízanse.
bacterias paramecio formigas algas
Se o ADN está libre polo citoplasma, dise que a célula é procariota (sen núcleo).
Se o ADN está dentro dun orgánulo especial, chamado núcleo, dise que a célula é eucariota.
TODAS AS CÉLULAS TEÑEN UNHA ESTRUTURA PARECIDA:
O ácido desoxirribonucleico (ADN) é unha substancia
moi especial, importante e complexa.
CÉLULAS EUCARIOTAS: TIPO ANIMAL E TIPO VEXETAL
ESTRUTURA BÁSICA DA CÉLULA ANIMAL
ESTRUTURA BÁSICA DA CÉLULA VEXETAL
ORGÁNULOS CELULARES
DIFERENZAS BÁSICAS ENTRE A CÉLULA ANIMAL E A VEXETAL
AS FUNCIÓNS VITAIS DAS CÉLULAS: A NUTRICIÓN
As células incorporan substancias do exterior das que obteñen materia (para medrar e manterse) e enerxía (para desenvolver todas as súas actividades).
AUTÓTROFAS
(incorporan substancias inorgánicas)
HETERÓTROFAS
(incorporan substancias orgánicas)
Segundo o tipo de substancias que incorporan, as células poden ser:
AS FUNCIÓNS VITAIS DAS CÉLULAS: A RELACIÓN
As células reaccionan ante diferentes estímulos;
polo xeral fabricando substancias ou realizando movementos.
TIPOS DE MOVEMENTOS CELULARES:
Ameboide; por pseudópodos Contráctil;
mediante contraccións
Vibrátil mediante flaxelos
Vibrátil mediante cilios
AS FUNCIÓNS VITAIS DAS CÉLULAS: A REPRODUCIÓN
A partir dunha célula nai xéranse varias células fillas idénticas.