o soño de mateo

73
A creación do Pórtico da Gloria

Upload: fundacion-barrie

Post on 22-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Cuento con ilustraciones sobre la creación del Pórtico de la Gloria y actividades didácticas para infantil y primaria.

TRANSCRIPT

Page 1: O soño de Mateo

A creación do Pórtico da Gloria

Page 2: O soño de Mateo

4

©Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 2011

©Idea orixinal e texto: Francisco Prado-Vilar

©Debuxos: Rodrigo Chao Blanco

Asesoramento científico: Juan Manuel Monterroso

Deseño: Estudio4. Sofía F de Ana

Imprime: euroGráficas

Depósito Legal:

ISBN: 978-84-9752-067-6

O SOÑO DE MATEO 4

ANEXO DIDÁCTICO 51

Quen é quen no Pórtico da Gloria 52

Glosario 54

Sabías que...? 55

Cronoloxía do Pórtico 56

Galería de imaxes 58

ÍNDICE

Page 3: O soño de Mateo

5

A creación do Pórtico da Gloria

Idea orixinal e texto: Francisco Prado-Vilar

Ilustracións: Rodrigo Chao

Page 4: O soño de Mateo

6

Aínda lembro aquel estraño soño que tiven hai moitos anos cando, cativado polas historias

contidas nun vello códice, lin até caer sen folgos sobre o pergameo.

As fabulosas imaxes que decoraban as súas páxinas comezaron a flotar ao meu redor,

mentres unha voz pronunciaba o meu nome, Mateo.

Page 5: O soño de Mateo

7

Page 6: O soño de Mateo

8

Descendía, desorientado e confundido, por un profundo cantil,

sen saber a onde me conducirían os meus pasos.

Un eco fantasmal, formado por innumerables berros, provía

do fondo escuro daquela barranca. Xeábaseme a pel e a alma

ao escoitalo, mais á vez sentía unha irresistible atracción que

me obrigaba a seguir descendendo.

Lembrei a historia que lera naquel vello manuscrito.Contaba como

o heroe grego Ulises tivo que loitar para non sucumbir ante os

cantos melodiosos das sereas, que intentaban arrastrar o seu

barco cara aos agrestes cantís onde se encontraban, para provocar

o seu naufraxio.

Page 7: O soño de Mateo

9

Page 8: O soño de Mateo

10

Avanzado o camiño, puiden ver ao lonxe un home e unha muller espidos.

Totalmente desvalidos, eran perseguidos por formas monstruosas. Quen os condenaría

a aquel lugar tan sinistro? Que terrible falta cometerían para mereceren tal castigo?

Descubrín entón un home de ollada cálida e serena que descendía por unha inmensa

escada de xeo e pedra.

Quixen achegarme a el, preguntarlle se sabía que lugar era ese, pedirlle que axudase

aqueles desgraciados mais, antes de que puidese chamar a súa atención, o ceo

sacudiuse cun poderoso estrondo.

Page 9: O soño de Mateo

11

Page 10: O soño de Mateo

12

Un anxo xurdiu de entre as nubes, e fixo soar unha gran trompeta.

O seu tanguido comezou a inundalo todo de inquedanzas, chegando até os confíns máis

remotos daquel misterioso universo. Parecía como se esas notas foran o limiar de algo,

non sabería dicir de que, á vez venturoso e terrible.

Page 11: O soño de Mateo

13

Page 12: O soño de Mateo

14

Sentín que a paisaxe ao meu redor ía mudando, tornándose griseira e tebrosa.

Internábame nas profundidades dun lugar arrepiante e maligno, onde

hordas de monstros se amoreaban preparadas para a confrontación.

Como avanzada daquel exército, un oso de proporcións colosais ruxía

con rabia, deixando ao seu paso un páramo de desolación.

Caendo na conta da miña presenza, a besta volveuse

cara a min con furia cega para darme caza.

Quería fuxir, pero os meus pés parecían terse

enraizado na terra, impedíndome correr, e

deixándome a mercé da atroz criatura.

Pechei os ollos, negándome a ver

a desgraza que me ameazaba.

Suminme na escuridade.

Page 13: O soño de Mateo

15

Page 14: O soño de Mateo

16

Page 15: O soño de Mateo

17

Pasaron interminables segundos, mais o meu funesto final non chegaba. Con

arreguizos, aínda que afoutado pola curiosidade, abrín os ollos de novo.

Agora encontrábame no medio da gran batalla. Ao meu redor

sucedíanse escenas arrepiantes, desesperadas loitas para fuxir

de demos que mudaban constantemente de forma, homes que,

petrificados polo medo, non podían evitar ser devorados.

Pero no medio do balbordo percibín luces de esperanza, como

aquel anxo que, con paso decidido, abríase camiño entre as

tebras para rescatar un home das gadoupas dun monstro voraz.

Page 16: O soño de Mateo

18

Outro anxo ascendía velozmente cun neno

no colo, escorrentando as bestas coa luz do seu

facho. Posto a salvo aquel delicado ser, o anxo volvía

descender á batalla para rescatar outros, e así unha e outra vez.

Page 17: O soño de Mateo

19

Page 18: O soño de Mateo

20

Page 19: O soño de Mateo

21

Ollei cara a arriba e observei, sorprendido e marabillado,

como unha procesión de anxos con grandes ás ascendía nun

remuíño de vento até perderse entre as nubes.

Cada anxo sostiña un neno no seu colo, arrolándoo con tenrura

nun voo en espiral para que acalmase.

Cara a onde os conducirían?

Page 20: O soño de Mateo

22

Con tristura e impotencia comprobei que por cada persoa

salva tres eran abatidas ferozmente polo diabólico exército.

Nunca esquecerei o temor que se debuxaba na faciana dunha

rapariga ao ver, cos seus ollos inocentes, como todas aquelas persoas que

non estaban sostidas por anxos precipitábanse sen salvación ao baleiro.Os

seus berros de loucura mesturábanse cos estremecedores ouveos emitidos

polo enxame de demos alíxeros que guiaba o seu descenso.

Page 21: O soño de Mateo

23

Page 22: O soño de Mateo

24

Aqueles que foran rescatados polos anxos camiñaban agora sobre as nubes, vestindo túnicas

brancas e coroados con diademas douradas. Nas facianas dalgúns deles reflectíase unha

inmensa paz interior. Outros amosaban un grande abraio ante a beleza que os arrodeaba, eses

escintileos de multitude de cores que parecían irradiar de pedras preciosas e iluminar a alma.

Sentín unha enorme ledicia cando vin que se encontraban nun lugar reconfortante e seguro.

Estaba a ser testemuña do que lles acontecía os homes salvados na batalla.

Page 23: O soño de Mateo

25

Page 24: O soño de Mateo

26

Page 25: O soño de Mateo

27

Xusto cando meditaba verbo disto, achegáronse cara a

min catro homes de porte sabio e nobre, que se prestaron a

darme a resposta:

– Saúdos, Mateo.

Sorprendeume que souberan o meu nome, pero antes de que lles

puidese preguntar como o conseguiran pescudar, proseguiron:

– Debes estar confuso, viches demasiadas cousas en moi pouco tempo,

pero tranquilo, todo ten unha explicación. Somos os Evanxelistas, o meu

nome é Marcos, e acompáñanme Xoán, Lucas e mais Mateo.

Este último sorriume con complicidade cando viu que nos chamabamos da

mesma maneira, e díxome:

– Hai moito tempo, demos testemuño da vida de Xesús entre os homes e mesmo dos

seus sufrimentos. Xentes malvadas, movidas polo odio a quen non é coma eles, decidiron

atormentalo: atárono a unha columna para azoutalo, cinguiron á súa cabeza unha coroa de

espiños, para moquearse del, chamándoo falso rei, e nunha Cruz acabaron coa súa vida terreal.

Page 26: O soño de Mateo

28

Page 27: O soño de Mateo

29

Xoán tomou o relevo na narración:

– Pero agora estes terribles obxectos aparecen no ceo transformados en

símbolos do seu triunfo final. Estás a ser testemuña do regreso de Xesús

logo de ter derrotado as forzas do mal, logo de ter vencido ao sufrimento

e á morte. Non teñas medo, Mateo, as tebras e as dúbidas vanse esvaer e

asistirás a un espectáculo marabilloso de Gloria celestial.

E Lucas concluíu o relato:

– Estas e outras verdades están contidas na Biblia, os nosos escritos

conforman unha parte dela, o chamado Novo Testamento.

Page 28: O soño de Mateo

30

Page 29: O soño de Mateo

31

Ao discurso dos evanxelistas uniuse unha voz grave que xurdiu ás miñas costas.

Virei e contemplei un grupo de anciáns de brancas barbas e facianas sucadas

polas engurras do tempo.

Un deles presentouse dicindo:

– Atende ben, Mateo, son Moisés, e comigo veñen os profetas.

Nós fomos os primeiros en anunciar a chegada de Xesús

á Terra, e o noso testemuño tamén está recollido na Biblia,

no Antigo Testamento.

Coma se lese a miña mente, Moisés continuou falando,

respondendo as miñas preguntas sen que tan sequera as

chegase a formular. Díxome que o home e a muller que estaban

a ser atormentados á miña chegada se chamaban Adán e Eva.

Foran expulsados do Paraíso e condenados a aquel lugar frío

e sinistro como castigo polos seus pecados. O home apracible

e radiante que vin descendendo pola escada de xeo para

rescatalos e conducilos á luz chamábase Xesús.

Aínda estaba intentando asimilar esta información cando

un dos evanxelistas, Mateo, engadiu:

– Decatácheste de que os anxos levaban meniños no seu colo,

verdade? Eses nenos son as almas dos homes xustos no seu

camiñar cara ao ceo. Unha vez aquí o seu aspecto mudará de

novo, vestirán túnicas brancas como símbolo da pureza do

seu corazón, e diademas douradas como premio á súa virtude

e ao seu triunfo sobre as forzas do Mal.

Page 30: O soño de Mateo

32

Ao escoitar mencionar o Mal arreguiceime, lembrando os terroríficos acontecementos que vivira

recentemente, mais Xoán acalmou o meu medo con máis respostas:

– O anxo que tanguía aquela gran trompeta anunciaba o comezo da batalla final entre as forzas

do Ben e as do Mal. O oso que te atacou é tan só un símbolo desas forzas malignas, degoiradas

sempre por facerse coa alma dos homes.

Moisés continuou:

– O mundo de tebras no cal estiveches sumido chámase Inferno, e a el son condenadas as almas

dos homes que desobedecen os Mandamentos gravados nestas táboas de pedra. Lembras como

arrincaban a lingua dun home? Era porque a usara para mentir, insultar e facer dano aos demais;

e como cravaban as súas gadoupas na cabeza do outro? Débese a que as súas accións estaban

guiadas pola envexa, e porque desexou o mal aos seus semellantes. Cada ataque demoníaco é o

reflexo escuro do pecado que cada home cometeu na Terra.

– Mais non todos os homes teñen o seu corazón escurecido polo mal, –continuou Xoán–. Ti

mesmo observaches como moitas desas almas, aínda que caeran presas da súa debilidade, eran

rescatadas polos anxos e elevadas á Gloria en xusta recompensa por ter levado unha vida de

ben, e ter buscado, non só a felicidade propia senón tamén a dos demais.

O Vello e o Novo Testamento entrelazábanse na conversa que estaba a ter lugar ante min. Os

homes que vaticinaron a chegada de Xesús e os que describiron o seu periplo polo noso mundo

camiñaban xuntos para explicarme todos os misterios que agochaban os sucesos que acababa

de presenciar.

Page 31: O soño de Mateo

33

Page 32: O soño de Mateo

34

Mentres a miña mente estaba ocupada intentando comprender

todas esas ensinanzas, un son sublime comezou a fluír nos meus ouvidos,

acompañado dun perfume de deliciosa fragrancia que embriagaba os meus sentidos.

Xoán amosoume a orixe de todas esas sensacións marabillosas.

– Eses vintecatro anciáns que están ante nós son os encargados de tanguer a

música divina que inunda o Ceo, e portan redomas con perfume que representan as

oracións dos Santos. Agora mesmo están a afinar os seus instrumentos, mais non perdas

detalle, Mateo, pois dun momento a outro comezará o concerto.

Page 33: O soño de Mateo

35

Page 34: O soño de Mateo

36

Como ía perder detalle? Estaba encandeado!

De entre todos aqueles instrumentos chamou a miña atención

un que nunca vira e que requiría a intervención coordinada de

dous dos músicos para produciren a súa melodía. Xoán díxome

que se chamaba organistrum.

O son do organistrum parecía chegar até o máis íntimo do

meu corazón, harmonizando no meu interior as ensinanzas dos

evanxelistas e dos profetas.

Page 35: O soño de Mateo

37

Page 36: O soño de Mateo

38

Page 37: O soño de Mateo

39

Comezado o concerto, o ceo inundouse dunha música de

sublime beleza. Todos os presentes, evanxelistas e profetas, anxos

e almas, enchéronse de gozo, arroubados ante ela.

No medio das nubes formouse a luz máis brillante que xamais

vira e, do seu interior, xurdiu a figura de Xesús.

Cando o feixe luminoso que irradiaba do seu peito me alcanzou,

sentín como si por fin se me revelasen todos os misterios do

universo… e descubrín a forza que todo o move, o amor.

Enchido dunha indescritible ledicia, espertei.

Page 38: O soño de Mateo

40

Tiven o soño que che acabo de contar cando tiña a túa idade.

Logo duns anos, entrei como aprendiz no obradoiro dun escultor que estaba a traballar na

construción da Catedral de Santiago de Compostela, o edificio máis fermoso do mundo!

Propúxenme que no día de mañá sería quen de labrar a pedra e de crear estatuas cheas de

vida que causarían o asombro en todo aquel que as contemplase.

Un día entrou no obradoiro o rei Fernando II, quen chegara a Compostela para supervisar as

obras da Catedral. Observei intrigado como o meu mestre lle pedía que se detivese ante unha

das miñas esculturas e como, diante dela, conversaban con absoluta gravidade. Logo da súa

marcha o meu mestre díxome con emoción:

– Mateo, eu xa son vello e os meus ollos están cansos, axiña terei que deixar de traballar. Ti

serás quen remate esta prodixiosa obra á cal dediquei a miña vida. Es o elixido para realizar o

portal polo que entrarán os peregrinos procedentes de todos os currunchos do mundo, a gran

fachada occidental. Só che pido que poñas na túa obra o esforzo, a fe e o amor que puxemos

os que te precedemos.

Page 39: O soño de Mateo

41

Page 40: O soño de Mateo

42

Page 41: O soño de Mateo

43

Quixen que todos os peregrinos que cruzasen esta soleira visen

na Pedra o meu soño e, desta forma, puidesen sentir a emoción

e a ledicia que sentín eu ao observar aquelas marabillosas

imaxes e entender o significado das ensinanzas que contiñan.

Chamei á miña obra o Pórtico da Gloria porque representa

o triunfo de Xesús sobre a dor e a morte, anunciado

polos profetas do Antigo Testamento e confirmado polos

apóstolos do Novo. Como ves, o Pórtico elévase sobre

un inframundo habitado por eses monstros e bestas

dos que che falei. Atemorizáranme no meu soño mais

xa non teñen poder sobre min. Conseguín vencelos

coa forza da miña imaxinación e agora xacen

esmagallados baixo o peso da obra que creei.

Page 42: O soño de Mateo

44

Page 43: O soño de Mateo

45

Para expresar a felicidade que producira ese soño no meu corazón, fixen

que varias figuras do Pórtico aparecesen sorrindo. Entre elas encontrarás

a do profeta Daniel, que se converteu nun dos sorrisos de máis sona da

Historia da Arte! Lin na Biblia que Daniel era un mozo coma min e, por iso,

quixen que o seu sorriso fose o máis radiante e xovial. Que ledicia me levei

ao ver o magnífico traballo que fixeran os pintores encargados de dar cor

ás miñas esculturas! Cando lles dá o sol, brillan con todos os escintileos

que contemplara no ceo: dourados, azuis, vermellos...

Page 44: O soño de Mateo

46

Page 45: O soño de Mateo

47

No centro do Pórtico coloquei a miña obra mestra;

a estatua do apóstolo Santiago.

Representeino sentado nun trono, recibindo todos os

visitantes á porta da súa casa, a marabillosa Catedral de

Santiago, dándolles a benvida cunha ollada cálida e amable

que reflicte a bondade divina que observei no ceo.

Cun grande esforzo esculpín o granito até conseguir que a súa

túnica semellase lene, aveludada e vaporosa como as nubes

sobre as cales flotei no meu soño.

Page 46: O soño de Mateo

48

Se baixas á cripta sobre a cal se sustenta o Pórtico, descubrirás

que representa o noso mundo.

Mesmo como na terra onde vivimos atoparás nela multitude de figuras de

homes, mulleres, animais e toda clase de plantas... e até sereas! Se ollas

cara a arriba observarás, no centro das bóvedas, dous anxos que sosteñen

imaxes do sol e da lúa, xa que, a diferenza da Gloria que está iluminada

por un resplandor divino e eterno no cal non hai noite, o noso mundo

necesita os astros para que o iluminen.

Page 47: O soño de Mateo

49

Page 48: O soño de Mateo

50

Logo de ascenderes polas misteriosas escadas chegarás

á tribuna que se encontra xusto por riba do Pórtico. É un

espazo maxestoso, amplo e resplandecente, coroado por

unha gran bóveda en cuxo centro hai unha lámpada decorada

co Año de Deus, símbolo da luz divina que nunca se apaga.

Page 49: O soño de Mateo

51

Estou seguro de que a luz que me iluminou naquel soño e me acompañou no

meu espertar, a que guiou a miña man para tallar a pedra coa que din forma ás

imaxes que se albergaban na miña mente, inspirarache.

O Pórtico da Gloria xa non me pertence senón que é patrimonio de todos, pois

cada persoa que o contemplou ao longo dos séculos, coma ti agora, volveuno

crear coa súa ollada. Marabíllate ante toda a catedral que o alberga, gózaa e

cóidaa, porque tamén é túa. A ela acoden peregrinos dende todas as partes do

mundo e, polo tanto, contén a beleza dos soños e das esperanzas de moita xente.

Volve ollar con detemento o Pórtico, descobre os seus segredos, observa como

falan entre elas as súas figuras, e lembra que, co seu sorriso, están a animarte

para que te esforces en aprenderes, en pensares, en creares! Conseguirás, desa

maneira, facer realidade os teus propios soños.

Fin

Page 50: O soño de Mateo

5252

Page 51: O soño de Mateo

53

ANEXO DIDÁCTICO

53

Page 52: O soño de Mateo

54

1

22

1112

8

10

14

15

55

3

4

6

7

54

Page 53: O soño de Mateo

55

13

9

10

15

7

Quen é quen no

1. Cristo redentor amosando as súas chagas como símbolos do triunfo sobre a dor e a morte

2. Anxos portando os instrumentos da Paixón.

3. Os evanxelistas escribindo sobre os seus animais simbólicos.

4. Anxos portando botafumeiros.

5. Benaventurados na Gloria.

6. Os 24 anciáns do Apocalipse afinando os seus instrumentos e portando redomas de perfume. Na clave do arco está o organistrum.

7. Anxos conducindo as almas dos benaventurados cara á Gloria.

8. Baixada de Cristo aos infernos para salvar os xustos que morreron antes da súa chegada á terra.

9. Xuízo Final con Cristo e San Miguel dividindo os benaventurados dos condenados.

10. Anxos trompeteiros anunciando o Xuízo Final.

11. Pilar dos Profetas.

12. Apóstolo Santiago sentado nun trono portando o báculo dos arcebispos composteláns.

13. Piar dos Apóstolos.

14. Árbore de Xesé amosando a xenealoxía humana de Cristo até a Virxe María.

15. Osos, lobos, grifóns e leóns como símbolos do mal.

PÓRTICO DA GLORIA

55

Page 54: O soño de Mateo

56

Glosario VOCABULARIO DE INTERESE

APOCALIPSE (do grego, revelación)

Recibe este nome o último libro do Novo Testa-mento, onde San Xoán relata unha visión na cal se lle revelou como sería o Xuízo Final, a condena dos pecadores e a gloria que agarda os xustos. Describe algunhas escenas que se poden ver no Pórtico, como os 24 anciáns con instrumentos musicais, os anxos con trompetas que anuncian os desastres ou as bestas que serán finalmente derrotadas.

APÓSTOLOS (do grego, emisarios)

Coñécense como Apóstolos, aos doce discípulos que seguiron Xesús durante a súa predicación na terra e que se encargaron de estender as súas ensinanzas por todas as partes do mundo. Se-gundo a tradición, o Apóstolo Santiago predicou en España e os seus restos descansan na cidade de Compostela.

BIBLIA (do grego, libros)

Conxunto de libros considerados sagrados polos cristiáns. Componse do Antigo Testamento, que agrupa os libros sagrados do pobo de Israel an-tes da chegada de Xesús Cristo e do Novo Testa-mento, que contén, entre outros libros, os catro evanxeos e o apocalipse.

CÓDICE (do latín codex, na súa orixe a casca dunha ár-

bore, despois libro encadernado).

Na mesa onde le Mateo hai varios códices, nome co que se coñecen os libros medievais, que es-taban escritos a man e por iso chámanse tamén manuscritos. As súas páxinas non estaban feitas de papel senón de pergameo, un material de ori-xe animal, máis duro e con gran capacidade de resistencia.

EVANXELISTAS (do grego, boa nova)

Os Evanxelistas son Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, autores dos catro libros do Novo Testamento onde se relata a vida de Xesús.

MINIATURAS (do latín minium, tetróxido de chumbo)

Con este nome coñécense as ilustracións que de-coran algúns códices medievais. Estas miniaturas, ou iluminacións, posuían unha gran riqueza cro-mática por estar feitas con ouro, prata e outros pigmentos, como o “minium”, un pigmento ver-mello do cal deriva a palabra “miniatura”.

PERGAMEO

Material do cal están feitas as páxinas dos libros medievais. É unha pel de animal especialmente tratada (raspada e puída) para poder escribir sobre ela.

PROFETA

É unha persoa que di ter recibido unha revelación directa de Deus e que serve como intermediario entre El e o resto dos homes.

REDOMA

Vasilla de vidro con base ancha que vai estrei-tándose pouco a pouco cara ao colo. Na Idade Media, utilizábanse para gardar líquidos prezados como perfumes.

ULISES

Heroe grego que participou na Guerra de Troia e que se tivo de enfrontar a moitos perigos na súa navegación a través do Mediterráneo até regresar ao seu fogar, na illa de Ítaca. Un dos episodios máis famosos da súa viaxe, contado polo poeta grego Homero na Odisea, é o seu paso preto dos perigosos cantís onde se encontraban as sereas.

56

Page 55: O soño de Mateo

57

Sabías que...?

A construción da Catedral de Santiago comezou en 1075, moito antes do nacemento de Mateo. Iniciáronse as obras pola zona próxima ao altar maior, onde hoxe está a Porta Santa, e avanza-ron pouco a pouco cara a occidente, até quedar concluído o transepto, que é o brazo curto da gran cruz latina que forma a planta da catedral, arredor de 1110.

A ambos os lados do transepto da Catedral erixíronse dúas grandes portadas decoradas con multitude de esculturas: a Porta Francíxena ao norte (hoxe chamada fachada da Acibecharía) e a Portada das Praterías, ao sur, por onde se ac-cedía á cidade medieval. A través da fiestra do cuarto onde está a ler Mateo podes ver parte da Porta Francíxena, por onde entraban á catedral todos os peregrinos que chegaban a Santiago polo camiño que viña de Francia. Diante dela había unha praza cunha gran fonte e un merca-do. Na portada había figuras de seres fabulosos que sucaban os ceos voando ao lombo de aves xigantes e personaxes procedentes da mitoloxía clásica como centauros e sereas (aínda podes ver algúns deles na Portada das Praterías e no Museo da Catedral).

Hai poucos datos sobre a vida de Mateo. É posi-ble que, como conta a nosa historia, se formase como aprendiz nos obradoiros da catedral, xa que demostra un coñecemento profundo das obras que se realizaran antes de que el se con-vertese no principal arquitecto. Quizais nalgún momento da súa vida viaxase ao estranxeiro para completar a súa educación, e vise os edificios que se estaban a construír en Francia e Italia. Ao seu regreso a Santiago puido aplicar todos os seus coñecementos na creación da súa grande obra, o Pórtico da Gloria.

Mateo gabábase tanto do Pórtico que deixou es-culpido o seu nome nunha inscrición en pedra, onde nos di que o rematou o 1 de abril de 1188 e que o construíu dende os alicerces, é dicir, dende a cripta. Concibiu o Pórtico como unha materialización da cidade sacra descrita por San Xoán no Apocalipse, onde di: “A cidade non ne-cesita do sol nin da lúa para que se ilumine, porque a ilumina a Gloria de Deus, e a súa lámpada é o año…. As súas portas non se pecharán co día – porque alí non haberá noite – e traerán a ela o esplendor e os tesouros das nacións”. Por iso, Mateo colocou dous anxos sostendo un sol e unha lúa nas bóvedas da crip-ta, xa que representa o mundo terreo, mentres que na bóveda da tribuna, a parte celestial, si-tuou un Año de Deus.

Os vinte e catro anciáns descritos por San Xoán no Apocalipse represéntanse no Pórtico con instrumentos da época de Mateo de maneira tan realista e con tanto detalle que, grazas a un proxecto da Fundación Barrié, que reuniu exper-tos de todo o mundo, puidéronse reconstruír para ser usados en concertos de música medieval.

Para construír o Pórtico empregáronse até catro tipos distintos de granito, que procedía dunhas canteiras próximas a Compostela.

Unha vez talladas, as esculturas pintábanse. Para iso aplicábase sobre a pedra unha pasta que alisaba a superficie e a preparaba para reter as cores.

Ouro, azul, vermello, amarelo e verde foron as cores principais que daban vida ás teas, obxec-tos e corpos. Hoxe apenas se aprecian pois o paso do tempo e a humidade os teñen danado gravemente.

A restauración dunha obra mestra como o Pórtico é lenta e custosa e interveñen nela especialistas con coñecementos de historia da arte, química, física, bioloxía, arquitectura, conservación e res-tauración, fotografía, cantaría...

57

Page 56: O soño de Mateo

58

Cronoloxía do Pórtico

830

899

997

1075

1112 1188

1211

1520

1603

1168

Achado do Sepulcro Apostólico

Remate da basílica mandada construír por Afonso III

Razzia de Almanzor

Comezo das obras da catedral románica de Santiago Derrubamento

definitivo da igrexa prerrománica

Instalación dos linteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo

Consagración da catedral románica de Santiago de Compostela

Instalación de portas de madeira no nártice da Catedral de Santiago

Derrubamento do coro pétreo do Mestre Mateo

O rei Fernando II outorga a Mateo un privilexio polo cal recibirá unha paga vitalicia para que continúe o seu labor ao mando das obras da catedral.

Page 57: O soño de Mateo

59

1606

1651

18661898

2006

2010

2011

1738-1750

1992-93

Construción da escada que dá acceso á Praza do Obradoiro por Ginés Martínez

Encárgase a Crispín de Avelino a reposición da

policromía dalgunhas imaxes

Domenico Brucciani fai baleirado en escaiola do Pórtico da Gloria para o actual Victoria & Albert Museum

A Arundel Society publica unha escolma das fotografías tomadas por Thurston Thompson

Inicio do Programa Catedral de Santiago. O primeiro proxecto

integral de conservación preventiva e restauración do

Pórtico da Gloria

Ano Santo Compostelán

800 Aniversario da consagración da Catedral

Baixo a dirección de Fernando de Casas constrúese a fachada

do ObradoiroPrimeiros estudos sobre a deterioración do Pórtico da Gloria acompañados de traballos parciais de restauración

Page 58: O soño de Mateo

60

Galería de imaxes

Page 59: O soño de Mateo

61

Page 60: O soño de Mateo

62

Page 61: O soño de Mateo

63

Page 62: O soño de Mateo

64

Page 63: O soño de Mateo

65

Page 64: O soño de Mateo

66

Page 65: O soño de Mateo

6767

Page 66: O soño de Mateo

68

Page 67: O soño de Mateo

69

Page 68: O soño de Mateo

70

Page 69: O soño de Mateo

7171

Page 70: O soño de Mateo

72

Page 71: O soño de Mateo

73

Page 72: O soño de Mateo

74

Page 73: O soño de Mateo