o soño de maría

14
“O SOÑO DE MARÍA”

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 12-Jul-2015

110 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: O soño de maría

“O SOÑO DE MARÍA”

Page 2: O soño de maría

TIVEN UN SOÑO, XOSÉ, E REALMENTE NON O PODO COMPRENDER...

PERO CREO, QUE SE TRATABA DO NACEMENTO DO NOSO FILLO: XESÚS.

Page 3: O soño de maría

A XENTE CORRÍA A COMPRAR. SEGUNDO DICÍAN,

PARA PREPARAR O NADAL.

Page 4: O soño de maría

ILUMINABAN AS RÚAS...

Page 5: O soño de maría

MERCABAN LOTERÍA DE NADAL...

Page 6: O soño de maría

PEDÍAN MOITOS REGALOS AOS MAGOS DE ORIENTE...

... PERO ERA UN TANTO ESTRAÑO,

XA QUE ENTRE OS REGALOS,

NON HABÍA NINGÚN PARA O NOSO FILLO.

Page 7: O soño de maría

Outros, adquirían elaborados regalos, envolvíanos en vistosos papeis

E logo, colocábanos debaixo dunha árbore. Si, unha árbore, XOSÉ, dentro das súas casas.

Esta xente decorara a árbore, e as pólas estaban cheas de adornos brillantes

Había unha figura no alto da árbore,

que me pareceu que era un anxo realmente fermoso.

Page 8: O soño de maría

Logo vin unha mesa esplendidamente servidacon pratos deliciosos, e moitos viños; todo parecía exquisito. E todos estaban contentos.

Pero nós, non estabamos invitados.

Page 9: O soño de maría

Toda a xente se vía feliz, sorrinte e emocionada polos regalos que se intercambiaban uns a outros, pero sabes, XOSÉ? non quedaba ningún regalo para Xesús.

Dábame a impresión de que ninguén o coñecía, porque nunca mencionaban o seu nombre.

Page 10: O soño de maría

Non che parece estraño, que a xente traballe e gaste tanto en preparativos, para celebrar o día de anos de alguén que nin sequera mencionan e que dá a impresión de que nin o coñecen?

Page 11: O soño de maría

Tiven a estraña sensación de que se o noso fillo

tivese entrado neses fogares para a celebración,

sería un completo intruso.

Page 12: O soño de maría

Todo se vía fermoso e a xente aparentemente era feliz, pero, sabes XOSÉ?, como nai de Xesús sentía enormes desexos de chorar, porque moitos esquecían o verdadeiro significado do Nadal.

Page 13: O soño de maría

Menos mal que só foi un mal soño, pero que terrible sería se isto se convertese en realidade!

Page 14: O soño de maría

Grazas, noso Deus!,por enviarnos a teu único Fillo, para que sexa habitante da terra, cidadán do mundo, home como todos os homes. Contemplando as obras do teu amor só nos queda exclamar: Que grande estiveches connosco!

FIN