o rego e a igrexa co cruceiriño ó fondo. · lugar aldea de abaixo, máis específico dentro do...

12
LILIANA CARRO ESTÉVEZ Vigo, 1978. Estudante de 4º curso de Filoloxía Galega na Facultade de Humani- dades da Universidade de Vigo. O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo.

Upload: others

Post on 04-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

LILIANA CARRO ESTÉVEZ

Vigo, 1978.

Estudante de 4º curso de Filoloxía

Galega na Facultade de Humani-

dades da Universidade de Vigo.

O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo.

Page 2: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

25~

T O P O N I M I A D E

FI L G U E I R A

Liliana Carro Estévez

NTRODUCCIÓN

SITUACIÓN

Situada no concello de Crecente (condado do Para-danta),en Pontevedra,é a parroquia máis afastada domunicipio, uns quince quilómetros, e xa limítrofecon Ourense. Polo Norte limita con Ribadavia, poloSur con Rebordechán (Crecente),polo Leste,xa cru-zando o Miño,con Cortegada (Ourense),e polo Oes-te coa Caniza.

DESCRICIÓN

A pesar de ser terra de grandes alturas coma Chande Moiras (799 m.), Alto da cruz (666 m.), Padrón

i n g ü í s t i c a

I (665 m.), Picoña (640 m.) ou Martiñáns (618 m.), aaldea está no val formado por estas montañas coMiño cruzando entre elas.

Filgueira,duns 300 habitantes,divídese en tres gran-des barrios: Guillade, o máis alto e de menos pobo-ación; Cuarto do medio, que é o que forma propia-mente o val e é a terra de maior cultivo; e Estación,pegada ó río e ás vías do tren, onde se condensa omaior número de poboación.

VALORES DE INTERESE

FLORA E VEXETACIÓN: Zona de abundante augae humidade, debida principalmente ás néboas, quefai crece-las matogueiras con moita rapidez,entre asque destaca o fiúncho,o toxo,os codesos,… É taménabundante en fentos de moita variedade, tal coma oseu nome latino indica (FILICARIA: lugar de fentos).

Iª partedo A ó F

Page 3: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

26~

O carballo e o castiñeiro están sendo substituídospouco a pouco polo piñeiro e o eucalipto, pese áoposición popular que non quere un cambio navexetación.Destacan tamén os prados e as terras decultivo, viñas e hortas onde se enmarca a aldea.FAUNA: Grande cantidade de réptiles entre os quedestaca a lagarta galega, e moitas especies de avescoma corvos, paporrubios, perdices, pequenasaguias,… Hai tamén grande número de coellos, rapo-sos, porcos bravos,…

HISTORIA E ARTE: O máis importante é a grandecantidade de hórreos, muíños, cruceiros, petos dasánimas, … algúns deles moi antigos, que conformana arquitectura popular.Pese a que a aldea teña comapatrón a San Pedro (o nome completo é San Pedrode Filgueira), teñen tamén devoción á Virxe do Rosa-rio, na honra de quen se fan as festas, e a San Xosé,ó que está dedicada unha capela xunto ó río Paizásna que se fan importantes romarías.

Algunhas das numerosas fontes teñen, segundo din,poderes milagreiros ou curativos,e é bo beber delasen abundancia.

NOTA

A maioría dos topónimos aquí nomeados están vivos nas

falas da xente do lugar,por ser zonas que aínda se cultivan

ou están habitadas,pero outros só se conservan na memo-

ria dos máis vellos e en antigos títulos de propiedade, nor-

malmente por tratárense zonas que hoxe pasaron de ser

hortas e veigas a ser monte de árbores, silvas e toxos non

empregados para nada.Por iso distingo entre barrios,cam-

pos de cultivo, viñas,…pois canto máis específico sexa

menos empregado na fala é o topónimo, e nalgúns casos

pasa a ser coñecido só pola familia propietaria da terra ou

os veciños próximos a ela.

Nos nomes compostos por dous topónimos, se o segun-

do xa está explicado por separado só o nomeo, como é o

caso de Chan do Rabancho, no que Rabancho aparece

máis tarde por si só.No caso contrario explico aí a súa pro-

cedencia ou significado.

TOPONIMIA DE FILGUEIRA

FILICUS (fento)> FILICARIA> (lugar de fentos)>

Vista parcial de Filgueira dende os Carballás.

Page 4: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

27~

FILICAIRA (por metátese)>FILIGAIRA (por sonoriza-ción do -K- en -G-)> FIL-GAIRA (por perda da vocalpretónica)> FILGUEIRA

O monte de Abelleira ouAbilleira vén da evoluciónde APICULA > abella, que unido ó sufixo -eira danosun lugar de abellas.

A raíz precelta BAR-B, que significaba, monte deulugar a bravo e de aí, en plural e en unión co artigoa Abravos que ademais de ser unha corte derruba-da é unha terra de cultivo.

As terras de monte chamadas Afiadoiras provén dolatín FILU (fío) e do verbo afiar, que nos mostra opasado da aldea e do cultivo e tratado do liño.Da acusativo AGRUM de ager agri (campo) con caí-da do -m e abertura do u en o témo-lo topónimoAgro, un barrio dos máis pequenos e afastados doque é o centro da aldea.

Unha das poucas mostras árabes que quedou no léxi-co galego e na toponimia provén da palabra AL-DAY´A, que denominaba a un casarío e que hoxe

deu Aldea, un barrio da Estación cada vez máispoboado. Unido a baixo, do latín tardío BASSU dá olugar Aldea de abaixo, máis específico dentro doanterior.

Do adxectivo ALTUM, que deriva en alto, máis dosubstantivo CRUCEM, que deriva en cruz, temos undos montes non poboado de maior altura, Alto dacruz, chamado coloquialmente Cruceiriño, ó quese fan camiñadas de nenos e maiores para ve-la fer-mosa paisaxe e respirar aire puro.

De Damascus, poboación italiana, saiu o froitoDAMASCENA PRUNA,que ó perder a última palabrae o d- inicial deu a AMASCENA > AMAIXENA>AMAI-XEA> > AMEIXEA > ameixa, e da árbore desta froitao topónimo Ameixeira,un monte entre a parroquiaasí chamada e Filgueira (propietaria do terreo), quefoi hai pouco cultivado con eucaliptos que aíndaque dan moitos ingresos quitan a auga.

Hai unha veiga chamada Anciviño que provén dasuma de ACU (agulla) e FOLIA (folla), que deu enlatín vulgar *ACIFOLIU e hoxe acevro ou acivro e deaí, cun -n- antietimolóxico, ancivo e Anciviño, segu-ramente para designar un lugar con abundancia des-ta árbore.

Dous topónimos proveñen do latín ANNICULU quefacía referencia a un ano.Por unha banda está o cam-po coñecido coma Anello do Arnesto, e por outra,en unión co castelanismo rosquilla que vén da baseprerromana ROSCA,o monte Anello da Rosquilla.

Da tamén base prerromana *ARA, que significaba

Os Casás.

Fonte da Pousa.

Page 5: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

28~

val, deu lugar a *ARANICA e de aí Aranxola, -olacoma diminutivo, leira que queda por embaixo daestrada que vai do Souto ó Agro

O latín RIPA derivou en riba e de aí,coa sonorizacióndo p a b a en unión cun a protético procedente doartigo e do sufixo colectivo -ada,en Arribadas,deno-minación dada a unhas viñas que hai no Souto.

A palabra celta ARXÓN, estaca, deu o verbo arxoar, ede aí o topónimo Arxouba, un monte en Guillade.

A Bandeira, un monte, provén do gótico BANWO >*BANDWARIA > *BANDARIA > *BANDAIRA,que desig-naba a un signo ou un estandarte.

A leira chamada Bañiño vén do latín BALNEUM quedeu BANEU e de aí baño. O latinismo permaneceuen palabras cultas coma balneario.

O verbo VERVAGERE significaba en latín arar nosprimeiros meses do ano, e evolucionou a VERVAC-TU e de aí a técnica de cultivo do barbeito. Isto uni-do ó complemento preposicional da Freita, dá otopónimo Barbeitas da Freita, que designa a unmonte no que posiblemente outrora se cultivabasegundo esta técnica.

Da base celta BERC-/BARG- para designar altura,obté-mo-lo derivado barco e a veiga Barca, aínda que émáis probable que derive do latín BARCA, embarca-ción, pois esta veiga está na Estación e preto do río.

Do xermánico BARO, un home libre, témo-lo barrioOs Baróns, un pouco antes de chegar a San Xosé,onde hai varias casas habitadas.

Vista parcial doCuarto do Medio.

Casa deshabitada da Pousa.

Page 6: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

29~

Da mesma base celta derivaa palabra barxa para deno-minar a unha porción deterreo cuberta polo río nassúas cheas, e de aí o topó-nimo Barxeles, un monte,e Barxelas, veigas ó ladodese monte, que vén sendocase o mesmo da deriva-ción BARK-ENA, preto daribeira.

Unha posible base BAR-Rdeu o prerromano BARROe de aí o topónimo Barrei-ro para designar o últimobarrio poboado da Esta-c ión, onde f inal izan ascasas.

A Cacharela ou Cacharelas, unha denominaciónde fogueira, provén do latín *QUASSARE, que signi-ficaba romper,escachar. Chámase así a unha peque-na zona preto do Regueiriño na que hai un par decasas coas súas respectivas leiras.

De CAPPULARE pode vir a veiga A Cachona, naestación, probablemente por ser un alcume que selle daba a unha antiga propietaria, aínda que puide-ra vir tamén do verbo coctione, que deu cachón, etal vez un feminino en cachona. Puidera ser taméno feminino cun sufixo despectivo de cachán, co sig-nificado de demo ou mullereiro.

A calzada, un barrio habitado,provén do verbo lati-no CALCEARE,pisar,que deu lugar á VIA CALCEATApara denominar un camiño empedrado, de aí calza-ta e sonorización en calzada.Aínda que hoxe non seconserven restos do que puido ser unha antiga cal-zada seguramente existiu e de aí vén o nome.

Do latín CAMPUS deu campo e de aí veñen os topó-nimos en diminutivo Campiño, un monte, en plu-ral Campos, outro monte, e Campo do cabalo,(CABALLUS > cabalo) nome popular dado ós Rei-naldos con sentido pexorativo.

Hai varios nomes que proveñen de CANCELLU-A, enlatín tardío e hoxe pasou a cancela. En diminutivoestá Canceliña, unha veiga da estación, Cancela doarbusto, unha veiga do Cuarto do Medio, e comomontes hai Cancela da Freita e Cancela da Pousa.

Do latín CANNA que deu cana en galego e caña encastelán,derivou o topónimo Cañoto,que igual quea Cañiza é un nome posiblemente castelanizado. Éun barrio do Cuarto do Medio que aínda que en tem-pos estivo bastante habitado hoxe son só un par depersoas as que residen aquí.

A Capela de San Xosé provén de CAPELLA, SANC-TU e un nome propio, e coñécese así a un espacioque hai ó lado do río Paizás cunha capela dedicadaa este santo. A capela foi reconstruída hai uns seteou oito anos,pois estaba en moi mal estado.Alí tódo-los anos se celebra unha importante romaría o día 1de maio, na que veciños e amigos xuntámonos acomer,bailar,participar en diversos xogos para gran-des e pequenos e pasalo ben.

Do base preindoeuropea *KAR- , rocha, deu no mes-mo preindoeuropeo CAR-B para designar unha plan-ta de terreo fragoso e dura, que derivou ó que hoxe

Ponte, San Xosé sobre o ríoPaizás.

Page 7: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

30~

coñecemos como carballo. De aí vén o topónimoCarballás, un barrio habitado do Cuarto do Mediodunhas seis casas e moitas hortas e veigas de culti-vo. Hai tamén unha fábrica de queixos, unha daspoucas industrias que aínda quedan en Filgueira.Deaí tamén os montes Carballiños secos e Carballo,nos que abunda esta árbore.

Do verbo latino CARPERE, arrincar, desgarrar, témo-lo derivado CARPIR e de aí o monte Carpida.

O carrus galo-romance deu lugar a (VIA) CARRARIAque por asimilación deu Carreira, un barrio, e queunido ás mulas dá o monte Carreira das mulas,polo que atravesa un camiño que seguramente entempos era de paso deste animal.

De CASA,chouza en latín vulgar,derivao topónimo os Casás, nome dado a unbarrio do Cuarto do Medio con variascasas aínda que con poucas terras. Deaí vén CASALIS ou CASARIS, un casa-río, que deu Casares, outra zona.

Os montes Cavada, Cavadiña e Cava-das proveñen do verbo CAVARE, quesignificaba cavar, probablemente por-que en tempos foron terras de cultivoimportantes.

CAELU derivou, coa caída do -l- inter-vocálico , en o Ceo, un barrio dun parde casas e amplas terras.

Cernadas, un monte, provén do latínvulgar *CINERARE derivado de CINE-RATA, co significado de queimar, que asúa vez está formado do latín CINERE,cinza.

Do verbo SERARE,pechar, temos variostopónimos. Por un lado os montesCerradas e Cerradiña, e un en Caño-to chamado Cerrado de Cañoto, epor outra banda, temos o monte Cerra-da de Marimenta. Este último nomeprocede posiblemente dunha base pre-rromana *MAND-/*MANT-/*MANN- cosignificado de virago,que en vasco deuMari para denominar á divinidade das

covas, ou de MONUMENTA, que pode dar moimen-ta.

Doutra base prerromana, *CON-/*CUN- co significa-do de rocha, colina, que derivou en coio, temos otopónimo o Coiñedo ou os Coiñedos, con palata-lización da nasal, un barrio e un monte cheo depedras no que non hai outra vexetación que ostoxos, silvas e carqueixas que saen entre elas.

O monte chamado Colmeas deriva do céltico KOL-MENA, con caída do -n- intervocálico. Posiblementenel había quen se dedicara ó cultivo da mel, e aíndaque non alí propiamente hoxe si queda xente quesegue tendo e coidando colmeas.

Da galicismo CONTRÔLE temos o Control, nomedado ó cruce de estradas que separa ó Cuarto doMedio da Estación e que une a aldea con Cortega-

A capela de San Xosé.

Page 8: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

31~

da.En tempos a xente recorda que alí houbo un pos-to da garda civil que controlaba os coches que íancara a Cortegada ou Frieira e de aí a Portugal parapasar contrabando, e por iso comezaron a chamar-lle así ó cruce, hoxe coñecido por todos con esenome.

Do verbo CONCURVARE, que significaba encorvar,deriva o adxectivo CURCUVUS , encorvado, e de aía veiga coñecida coma Córcova, quizais por estarsituada en costa.

Dunha base preindoeuropea *COR-R/*CAR-R, quesignificaba rocha ou monte, derivou o nome coru-xo, e de aí, en aumentativo, o monte Coruxón.

Caso parecido é o do barrio a Costa, que en latín amesma forma COSTA significaba espalda e de aí ladoe ladeira. Outros derivados son Costarelas, Costade Guillín e Costiña do Rabancho.

De *COTT-, base prerromana que designaba unhaprominencia ou altura rochosa, temos coto,en topó-nimos como os montes Cotos apretados (PECTO-RE, peito,> *APPECTORARE > apertar > apretados),Coto da Longra e Cotos negros (NIGRU > negro).

Do latín arcaico CO(U)US deu CAVUS-A-UM paradesignar baleiro, que a súa vez deu cova, COVU enlatín dialectal e *COVA en latín vulgar. De aí proce-den os nomes da veiga do Souto Covatiño e da vei-ga da Estación Covato.

De CRUX-CRUCEM máis Barxeles témo-lo monteCruz de Barxeles,próximo ó lugar chamado comoBarxeles.

De QUARTU, en cuarto lugar, e MEDIUM, témo-lazona coñecida coma Cuarto do Medio, que com-prende a maior extensión de terreo e a terra demaior cultivo, que engloba a numerosos barrios e éconsiderada o centro da aldea por estar entre Gui-llade e a Estación.

Da base preindoeuropea xa vista *CON-/*CAN- deri-va CONIARIA e de aí témo-lo monte As Cuñeiras,un pouco antes de chegar ás primeiras casas da Esta-ción.

Da palabra céltica COR(-R) para chamar a unha cons-trucción circular ou algo redondo e curvo, deuCurral e en plural, en forma dialectal, currás, e de aí

o monte coñecido coma Currás en Barxeles, pre-to do Souto.

Dun latín COHORTE que derivou en corte no latíntardío para designar a un recinto ou sitio cercado,temos cortiñal,que por harmonización vocálica porefecto do i da sílaba seguinte o o pecha a u e hoxecoñécese coma Curtiñal.

O adxectivo latino planu deu a palabra patrimonialchan,e de aí hai diversos topónimos, todos eles mon-tes, coma son:Chan dos Coiñedos,Chan da Frei-ta, Chan dos Leirós, Chan de Moiras (moura >moira), Chan do Pisco (o alcume dun home daEstación), Chan da Porteira (PORTA > PORTARIU> porteira), Chan do Ravancho e Chans.

Do céltico onomatopeico ou imitativo CLOCC témo-lo adxectivo clocca, que significa sen oco, e co pasode KL a ch derivou na Choca, un barrio en temposmoi habitado do Cuarto do Medio con abundantesleiras de cultivo.

A Devesa, procede do verbo DEFENDERE que dá o

Cruceiro no camiño cara a San Xosé.

Page 9: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

32~

adxectivo DEFENSUS-A-UM, de aí defensa para cha-mar a unha terra cercada e co paso do f a v, Devesa.Actualmente só queda unha casa habitada, pero entempos seica foi un barrio moi importante no queincluso había unha escola.

Por abreviación de domina, muller, dicimos dona,que xunto co gótico KASTS que deu castar, dáno-laveiga situada na Ermida Dona Casta,probablementepolo alcume dado a unha antiga propietaria.

Do latín ADITU, entrada, danos eido, que unido ógrego KONKHE , cuncha de molusco,que deu CON-CHULA que deriva en cunca e cunco, témo-lo topó-nimo coñecido coma Eido do Cunco.

De AREA,co significado de espacio libre, temos ARIAe logo AIRA e eira. De aí unha terra chamada Eirado Souto, no Souto, coma di o nome, no que secelebra o Entroido. Unha das tradicións consistía enque os cabaleiros chegaban en cabalos para con-quistar ás mozas, e outra, a da noite anterior á cele-bración do Entroido pór un boneco nun pao moialto que os veciños da Estación viñan roubar. Deconseguilo, á mañá seguinte aparecía pinchado naEstación, e pola tarde había que ir buscalo acompa-

ñados de gaitas, tamborís e pandeiretas montandofesta ata o Souto,onde se volvía depositar para quei-mar. Se acaso non conseguían roubalo quedaban enridículo e de pouco valentes.Aínda que estas tradi-cións se perderan, recuperáronse hai un par de anosgracias ós veciños do Souto, pese a que xa non apa-recen os cabaleiros a cabalo, reunímonos todos paracelebrar un Entroido moi popular. Iso si, o bonecoaínda non o conseguiron roubar a pesar de quevarios mozos da Estación estiveron ata a madrugadaintentándoo , pois un veciño moi teimoso do Soutoestivo toda a noite ó seu pé e daba alarma en cantoos vía chegar.

Hai un par de veigas coñecidas coma Encima dalevada, de en e KYMA, en grego, que deu en latínCYMA e logo cima. Están situadas por riba de regosda auga.

ÉREMUS, do grego latinizado que significaba deser-to, deriva en EREMITA, de aí ermita e con sonoriza-ción do t en d Ermida, un barrio próximo a Guilla-de no que aínda hai varias casas habitadas.

De SCALARIA temos escaleira e de aí na súa formadiminutiva Escaleiriña, na Estación, e Escaleiri-

A Estación.

Page 10: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

33~

ñas, preto da Granxa, terreo coñecidoasí porque unhas escaleiras crúzanopola metade.

Escuro, unha veiga da Estación, pro-vén de OBSCURU, e pode ser chamadaasí por no ser unha zona moi asollada.

Do verbo latino STARE, estar, témo-losubstantivo STATIONE para designarpermanencia ou lugar de estancia. Deaí deriva a Estación, un dos barriosmáis importantes. Está situado xusto ábeira do Miño, e aínda que en temposseica había praias fluviais ó construí-loembalse de Frieira o río subiu e des-apareceron praias, campos de cultivo,viñas… Chámase así porque é ondeestá a estación de tren, e aínda quehoxe non paran moitos trens é o mediode transporte que máis se empregapara desprazarse a Vigo ou Ourense,tanto de xente de Filgueira coma dasaldeas próximas. É o barrio onde seconcentra maior número de poboa-ción,mais non hai moitas leiras.En tem-pos había unha escola e é onde está oúnico bar que queda na aldea onde sereúnen os homes para bota-la partida.

De FUNDARE,extender, témo-lo adxectivo FUNDUS-A-UM,e de aí Fondo.Unido a este témo-la terra e viñaFondo da escadiña (ESCALATA > escada) e o mon-te Fondo da Troganceira.

Hai moitas fontes (do latín FONTE) en Filgueira,coma Fonte da aldea, na estación,Fonte da Deve-sa, Fonte de Guillade, Fonte Pereira, Fonte daPousa, Fonte do Rego, Fonte da Salgueira, Fon-te do Souto,Fonte de Xan Cuñado (COGNATUM,parente natural > cuñado, ou san de SANCTU) eFontiña.

De FORNUS e TEGULA temos Forno, unha terra decultivo, e Forno da Tella, un monte no que quizaisse cocían as tellas hai moito tempo.

O monte A Fraguiña povén do verbo latino FRA-GUERE, romper, que deu *FRAGOSUM, crebar vales,de aí FRAGA en latín tardío e hoxe fraga coma mon-te de moitas árbores.Aínda que frate, irmán, deu en provenzal fraire parachamar ó irmán monxe e logo freita para a monxa,o máis probable é que o nome do monte coñecidocoma Freita proveña do latín FRACTA, xa que frei-ta pode significar unha valgada ou un corremento deterras producidas pola chuvia.

Afichueiro no río Paizás.

Page 11: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

34~

BIBLIOGRAFÍA

-ALONSO ESTRAVÍS, Isaac (1995), Diccionário Sotelo Blanco da lingua gale-

ga, Sotelo Blanco, Santiago.

-CABEZA QUILES, Fernando (1992); Os nomes de lugar. Topónimos de Gali-

cia: a súa orixe e significado, Xerais, Vigo.

-COROMINAS, J. (1967), Diccionario crítico etimológico, Gredos, Madrid.

-FRANCO GRANDE, X.L. (1984), Vocabulario galego-castelán, Galaxia, Vigo.

-MACHADO, José Pedro (1967), Diccionário etimilógico da língua portugue-

sa, Confluência, Lisboa.

-MORALEJO LASSO, A. (1977) Toponimia gallega y leonesa, El Pico Sacro, San-

tiago.

-1998, Nomenclátor da provincia de Pontevedra, Xunta de Galicia.

-RIVAS QUINTAS, Eligio (1982) Toponimia de Marín, Verba, anexo 18, Uni-

versidade de Santiago de Compostela.

-V.V.A.A. Diccionario da lingua galega, Ir Indo, Vigo.

-V.V.A.A. Diccionário da língua portuguesa, Porto Editora, Porto.

-V.V.A.A. (1993) Dicionario latino-español, español-latino, Vox, Barcelona.

-V.V.A.A. (1994), Diccionario Xerais da lingua, Xerais, Vigo.

Vista de Filgueira dende Guillade.

Page 12: O Rego e a igrexa co Cruceiriño ó fondo. · lugar Aldea de abaixo, máis específico dentro do anterior. Do adxectivo ALTUM,que deriva en alto,máis do substantivo CRUCEM,que deriva

35~

AbelleiraAbilleiraAbravosAfiadoirasAgroAldeaAldea de abaixoAlto da cruzAmeixeiraAnciviñoAnello do ArnestoAnello da rosquillaAranxolaArribadasArxoubaBandeiraBañiñoBarbeitas da freitaBarcaBarónsBarxelasBarxelesBarreiroCacharelaCacharelasCachonaCalzada CameixaCamexaCampiñosCampo do cabaloCamposCancela da freitaCancela da PousaCancela do arbustoCanceliñaCañotoCapelaCapela de San XoséCarballásCarballiños secosCarballoCarpidaCarreiraCarreira das mulasCasaresCasásCavadaCavadasCavadiñaCeoCernadasCerrada de MarimentaCerradasCerradiñaCerrado do CañotoCidadeCoiñedoCoiñedosColmeas

ControlCórcobaCorgaCoruxónCostaCosta de GuillínCostarelasCostiña do RabanchoCoto da LongraCotos apretadosCotos negrosCovatiñoCovatoCruceiriñoCruz de BarxelesCuarto do MedioCuñeirasCurrás en BarxelesCurtiñalChan dos CoiñedosChan da FreitaChan dos LeirósChan de MoirasChan do PiscoChan da PorteiraChan do Rabancho ChansChocaDa ArxoubaDa CancelaDa CapelaDebaixo das ventásDevesaDona CastaEido do CuncoEira do SoutoEncima da LevadaErmidaEscaleiriñaEscaleiriñasEscuroEstaciónFondo da EscadiñaFondo da TroganceiraFonte da AldeaFonte da DevesaFonte de GuilladeFonte PereiraFonte da PousaFonte do RegoFonte do SoutoFonte da SalgueiraFonte de Xan Cuñado FontiñaFornoForno da tellaFoxoFraguiñaFreita

ÍNDICE DE TOPÓNIMOS

GandarelaGorguillónGranxaGuilladeGuillínHorta do VelloHortiñasIgrexarioLamaLameiroLameiro de tres boasLaranxosLeirósLeirós de abaixoLevadaLongariñasLongraLugar de CarballásMaceirasMartingosMartiñánsMecesMinadaMiñoMiranzoMonte dos BarreirosMoxaqueNova CerradaOuteiroPadrónPaizásPallónPara do VaoParafitaParaño PazoPazo de arribaPedra asentadaPenaPicoñaPicoutosPiñeiraPíoPociñaPociñoPombarPonte do AgroPonte das CabrasPonte da EstaciónPontellónPonte de San XoséPor arriba do Pontillón de BarxelesPortal da OliveiraPortal do SoutoPortelasPorto PousadasPousaPozas PozoPrado

Queimadiña QuintasQuintiñaQuiringostoRabanchoRachelaRaiosRaxeiraRedondaRedondosRegoRegueiriñoRegueiroRegueiro dos CasásReguengoReinaldosRezaRialRibaRibasRochelaRodoRomanoSabeleiras SalgueiraSalgueiriñosSanto de MoránSecoSifónSobreiroSobreiro de don CasianoSocalco do RegueiroSoutiñoSoutoSouto de MaránSouto grandeSurreiroTabernasTacosTaxésTerra do SinoTilleiraTras do CeoTras do MuíñoTravesoTroganceiraTroganleUchaUlleiro longoUzalVal dos CarballosValiñoVeiga do padriñoVeiga da ViñaViñaViñánsViso