n Órgano de comunicación do s. n. de cc - ccoo.galabril_de_2016).pdf · mom entos máis duros e...

11
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 68 - abril de 2016

Upload: phungthien

Post on 29-Jul-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 68 - abril de 2016

GaliCia SiNdiCal Número 68 - abril de 2016

2

www.galicia.ccoo.es

3

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 68 - abril de 2016

OPrimeiro de Maio é a datafundamental na historia dosindicalismo mundial e, xa

que logo, do sindicalismo galego.As traballadoras e os traballado-res, aglutinados arredor das súasorganizacións, emprenderon uncamiño de valorización da súacondición de membros da socie-dade en igualdade coas demaisclases sociais, reclamando un es-pazo persoal, económico e socio-político de seu. A construción daconciencia da clase traballadora,a reivindicación do papel do tra-ballo na produción e o benestar,propiciou a conquista progresivade dereitos laborais que foron oxermolo de dereitos de cidadanía–universais en todas as socieda-des democráticas–. Sen sindica-tos non existirían os dereitos dostraballadores e das traballadoranin tampouco existirían os derei-tos de cidadanía.Hoxe, o sindicato segue repre-

sentando os valores fundamen-tais da clase traballadora. É aprincipal arma de loita contra opoder económico; de aí a singu-laridade de que o sindicato dasComisións Obreiras, que tantosservizos lle prestou ao país nosmomentos máis duros e compli-cados, se vexa atacado unha eoutra vez por determinados sec-tores temerosos da forza organi-zada da clase traballadora. Nondesexan unha organización pre-parada para o conflito nin tam-pouco para o diálogo e a conse-cución de acordos laborais edemocráticos.Pero as Comisións Obreiras

non existirían nin existirán seos traballadores e traballadoras

perden a conciencia de quecómpre a súa unidade, de queprecisan organizarse, de quedeben ser sindicato. Non hainingún sindicato útil que nonasente na forza da xente, nasúa unión, na súa solidarie-dade. A clase traballadora haser consciente de que só unhaorganización nacida no seu seopoderá representala, defenderos seus intereses.

Inimigo do poder económicoTodos os esforzos do poder

económico van na mesma di-rección: deslexitimar o sindica-lismo de clase, pois sabe moiben cal é o seu principal ini-migo na repartición da riquezaxerada nas empresas e na re-partición do poder de direcciónempresarial que atangue atodos os traballadores e traba-lladoras. Non existen atallos

para a xustiza social dentro dasempresas, non existen máiscamiños que a organización daclase traballadora: só os sindi-catos están en condicións deexercer esa representación.

Apoio nas eleccións sindicaisÉ esclarecedor que a desle-

xitimación social do sindica-lismo se estrele unha e outravez nas urnas. O discurso pro-pagandístico que se intentaimpor socialmente é que ossindicatos non servimos. Créa-se así un clima de descon-fianza mediática que nos afec-ta na nosa valoración social ena nosa afiliación.Curiosamente, o sindicato

recibe o apoio maioritario nasurnas cando as traballadoras eos traballadores elixen libre-mente e a súa representaciónnas empresas. Si, nas elec-cións sindicais escollen sobretodo as candidaturas de CCOO.Cando se apagan os focos dosmedios, nas fábricas, nos talle-res, nos comercios, nas ofici-nas… aí estamos os sindicatosde clase, aí estamos as Comi-sións Obreiras.

Somos clase traballadoraOs sindicatos puxemos o tra-

ballo no centro da producióneconómica e no centro dunhasociedade xusta e democrática.Estamos orgullosos de sermosclase traballadora e cremos nadignidade de gañar a vida coesforzo e co traballo. Coidamosque o traballo é un valor funda-mental e o primeiro na constru-ción dunha sociedade suficien-te no económico e socialmentexusta. É un orgullo ser un tra-ballador e é un orgullo termossindicatos como as ComisiónsObreiras.

GaliCia SiNdiCal Número 68 - abril de 2016

4

www.galicia.ccoo.es

As políticas de austeridadeimpostas polos Gober-nos prexudicaron a maio-

ría dos traballadores e traba-lladoras e, sobre todo, as per-soas en paro. Os salarios e arenda dos fogares minguaronde máis en máis, de forma quea brecha da desigualdade, apobreza e a exclusión se multi-plicaron. Aumentan a precarie-dade e a desigualdade, ao tem-po que a pobreza laboral ten,sobre todo, un rostro xuvenil efeminino.Ante esta situación, CCOO

considera prioritario impulsar anegociación colectiva comoprincipal baluarte contra a crisee incrementar o poder adquisi-tivo dos salarios para loitarcontra a pobreza laboral. A ne-gociación colectiva logrou man-ter o poder adquisitivo dos sa-larios pactados en conveniodurante a longa crise. Na nego-ciación débese asegurar, pois,o aumento real dos salariospara ir pechando a brecha dadesigualdade.Doutra banda, o salario mí-

nimo (SMI) hase aproximar aoobxectivo da Carta Social Euro-pea. CCOO reivindica que che-gue aos 800 euros en catorcepagas no primeiro ano da lexis-latura, con aumentos do 11%en 2016 e 2017. Así mesmo,cómpre establecer nos conve-nios un salario mínimo do sec-tor que non se poida renego-ciar á baixa polo convenio deempresa.CCOO demanda tamén un

plan de choque contra o de-

semprego. Urxe un ambiciosoproxecto que acometa a loitacontra o paro en todas as súasexpresións –mocidade á pro-cura do seu primeiro emprego,mulleres desempregadas, pa-rados e paradas de longa dura-ción, emprego público, empre-go das persoas con discapaci-dade etc.Tamén reivindicamos un plan

integral contra a pobreza, me-llorar a protección das persoasdesempregadas e unha presta-ción de ingresos mínimos–como se propón na iniciativalexislativa popular que impul-samos de consún coa UGT.Por último, CCOO esixe un

sistema fiscal suficiente, xustoe eficiente, así como recuperare ampliar o gasto público. Es-paña non ten un problema deexceso de gasto público, senónde falta de ingresos. Cómpreunha reforma fiscal que sirvapara crear emprego e mellorara protección social dos colecti-vos máis vulnerables, facilitar oacceso aos bens e servizos bá-sicos e conseguir un sistemafiscal máis equitativo na repar-tición de cargas, que alcanceun nivel de recadación similarao da Unión Europea –para istoé imprescindible loitar de xeitodecidido contra a economía so-merxida e a fraude fiscal–. A re-cuperación do gasto público éfundamental nunha saída da re-cesión que recupere os derei-tos sociais perdidos, así comoos servizos e as prestaciónspúblicas.

CCOO debe tomar a iniciativaDesde o sindicato debemos

despregar unha ampla inicia-tiva de asembleas en todos osámbitos, reunións cos diferen-

tes interlocutores de organiza-cións empresariais, espazosautonómicos; reforzar vellasalianzas e tecer outras novas,en resumo, gañar correlaciónde forzas para impulsar oscambios necesarios.Sen empregos decentes, re-

tribuídos con salarios decentes,non hai un estado do benestardigno dese nome; nin pensións,nin prestacións sociais, nin ser-vizos públicos de calidade. Conpobreza e desigualdade non haisociedade democrática. Por iso,para CCOO, a saída á crise tenque basearse no emprego dacalidade, o traballo produtivo,estable e con dereitos.A Confederación Sindical de

CCOO chama a cidadanía, ostraballadores e traballadoras, ámobilización social, de maneiraque o Primeiro de Maio sexaclara expresión da esixenciado xiro social que demanda asociedade.

5

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 68 - abril de 2016

A Secretaría da Muller deCCOO edita a Guía de dereitos deconciliación da vida laboral, per-soal e familiar.O sindicato elabo-rou este traballo co fin de achegara lexislación vixente en materiade igualdade de homes e mulle-res nas empresas, e para que tra-balladoras e traballadores coñe-zan e apliquen os seus dereitosde conciliación da vida laboral,persoal e familiar. A dita guía po-derase obter de balde en todos oslocais de CCOO de Galicia.Baixo o formato de preguntas

e respostas, a guía pretende faci-litar a información dun xeito claroe conciso, recollendo toda a nor-mativa vixente, actualizada a díade hoxe: leis e decretos lei quedesenvolven os dereitos recolli-dos e modificados no Estatutodos Traballadores, Lei orgánicade igualdade 3/2007 e Lei xeralde seguridade social.

A secretaria da Muller deCCOO, Mabel Pérez, lembra quese trata de dereitos de concilia-ción que poden utilizar e esixir aspersoas traballadoras, mulleres ehomes, «pois coidamos impres-cindible o fomento da correspon-sabilidade na atención e coidadodas nosas familias». A consecución dos dereitos de

conciliación recollidos nas nor-mas e as melloras que os conve-nios colectivos poden introducirno seu articulado a través da ne-gociación colectiva, son unexemplo da «aposta sindical clarade CCOO pola igualdade», sinalaPérez.

ExcedenciasPola súa parte, a Secretaría de

Emprego de CCOO publicou napáxina web do sindicato un do-cumento informativo sobre asexcedencias.

A «excedencia» é a opción quea persoa traballadora ten de dei-xar o seu emprego temporal-mente. Existen varios tipos deexcedencias que se diferencianpolo feito ou situación que asmotiva. Tal como recolle o Esta-tuto dos traballadores (ET), as

excedencias son, basicamente,voluntarias ou forzosas e, polasúa vez, divídense noutros can-tos tipos de excedencias. Nestedocumento informativo explícasecon detalle, pero tamén de xeitodidáctico, a tipoloxía, efectos emodalidades de excedencias.

GaliCia SiNdiCal Número 68 - abril de 2016

6

www.galicia.ccoo.es

OSindicato Nacional deCCOO de Galicia organi-zou o mércores, 20 de

abril, en Montouto (Teo), a II Xor-nada de Negociación Colectiva.Participaron ao pé de cento co-renta persoas, pertencentestanto ás estruturas de direccióndo sindicato como, de maneiraespecial, ás seccións sindicaisdas diferentes ramas.Esta II Xornada de Negocia-

ción Colectiva inaugurouna osecretario xeral de CCOO, XoséManuel Sánchez Aguión. O sin-dicalista fixo unha firme de-fensa da negociación colectiva,unha ferramenta «necesaria»para mellorar as condicións la-borais –e, polo tanto, de vida–da clase traballadora.

Sánchez Aguión, como pos-teriormente farían o resto derelatores e relatoras, lembrouque a negociación colectivanon atangue unicamente os sa-larios, senón que regula moitasoutras materias, como a saúdelaboral, sobre a que puxo a én-fase co gallo do próximo DíaInternacional da Seguridade e aSaúde no Traballo (28 de abril).O secretario xeral de CCOO

finalizou a súa intervención ins-tando a participar de xeito«masivo» nas manifestaciónsdo vindeiro 1.º de Maio, nasque o sindicato participará so olema «contra a pobreza salariale social: traballo e dereitos».A seguir tomou a palabra o

secretario confederal de AcciónSindical, Ramón Górriz. O sin-dicalista ligou boa parte da súaintervención ás principais rei-

CCOO destaca o éxito de participación nesta segunda edición da xornada

7

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 68 - abril de 2016

vindicacións do 1.º de Maio,especialmente no referente ápobreza salarial. Neste senso,referiuse á derrogación das úl-timas reformas laborais comounha prioridade e criticou osacordos nesta materia aos quechegaron PSOE e C's.Tras el tomou a palabra o

secretario nacional de AcciónSindical, Xesús Castro, quenfixo un áxil repaso da negocia-ción colectiva en Galicia noano 2015. Após explicar asparticularidades da estruturada negociación no noso país,anunciou os principais datos econclusións canto aos incre-mentos salariais pactados, ainaplicación de convenios, oestado da ultraactividade e asituación dos convenios esta-tais con aplicación na comuni-dade autónoma.O seguinte relator foi o pro-

fesor José Miranda Boto, dou-tor de Dereito do Traballo naUniversidade de Santiago.Cunha amena exposición, esteespecialista achegou a visiónmáis técnica da negociacióncolectiva. Intentou solucionardúbidas cotiás, repasou al-gúns cambios normativos re-centes e referiuse tamén aosproblemas e interrogantes queaínda hoxe suscita a última re-forma laboral.Xa pola tarde, interveu de

novo Xesús Castro, nunhamesa en que tamén participoua secretaria da Muller de CCOOde Galicia, Mabel Pérez. Entreambos os dous repasaron asmaterias habitualmente esque-cidas na negociación colectivaou que, cando menos, adoitanaparecer nun lugar secundario,como poden ser a prevenciónde riscos laborais ou os plansde igualdade, pero tamén me-didas de conciliación ou cláu-sulas de ultraactividade, entreoutras cuestións.A responsable da Muller fixo

un repaso dos plans de igual-dade asinados, defendeu a súaimportancia e ofreceu a cola-boración da súa Secretaría

para informar os delegados edelegadas de como negociarun bo plan. Pérez tamén des-tacou o papel «transversal»que estes plans teñen e lem-brou que é obrigatorio queconten cun plan destas carac-terísticas todas as empresasde máis de 250 traballadoras etraballadores.

En Galicia había 916 convenios no ano 2015; destes, 794de empresa e 122 de sector. Castro lamentou que, de todoseles, só foron de novo asinamento 97 (menos do 11 %),mentres que unicamente se revisaron 20 (2,18 %). O sin-dicalista atribuíu esta «parálise» a factores como a crise,a desaparición de asociacións empresariais ou as dificul-tades para exercer presión sindical.Nos convenios asinados ou revisados o ano pasado, o

incremento salarial pactado foi, como media, do 0,82 %.Con todo, Castro alertou de que só o 13,4 % dos conveniosteñen cláusula de revisión salarial. Como aspecto positivo,o responsable de Acción Sindical salientou que tres decada catro convenios teñen un pacto de ultraactividade, oque garante que continúen producindo efectos mentresnon se negocie un novo.Castro cualificou de «preocupante» o número de inapli-

cacións de convenios rexistradas o último ano (104) e in-sistiu en que o xeito de controlar esta deterioración danegociación colectiva é fortalecer a presenza sindical nasempresas e introducir cláusulas que garantan os dereitoslaborais.

GaliCia SiNdiCal Número 68 - abril de 2016

8

www.galicia.ccoo.es

No intre en que escriboisto, España segue senGoberno –o infame que

está en funcións só serve parafacer xurro–. Dan gañas demandar os catro partidos gran-des a unha Galiña Azul paraaprenderen que han facer coque teñen entre as mans.Mentres, a vida non para e

non agarda por ninguén. Amingua de moral social afectaa toda a xente, pero de xeitosdistintos: o desánimo, a des-mobilización e a abstención fa-vorecen a quen explota, a quenevade as súas obrigas fiscais,a quen discrimina. Mais taménesa mingua de moral racha coacapacidade de reacción da granmaioría das persoas fronte áminoría que nos esmaga.As reformas laborais do PSOE

e do PP fixéronnos moito dano,e non falo nin de CCOO nin dossindicatos en xeral. Falo da xentetraballadora.Reaccionamos con grandes

mobilizacións, con folgas xe-rais, con concorridas manifes-tacións, mais non foi abondo:sufriu a negociación colectiva eempeoraron as condicións detraballo. Baixaron os salarios esubiu a sinistralidade laboral.Os contratos son precarios edebilitouse a protección a quenperdeu o emprego. O medochegou coma un trebón e dei-xounos empapados. Quen de-biamos ser a voz que máisforte berrase para defender axente, acabamos empapadostamén, porque somos parte, edoentes dun certo rouquénpolo que nos escoitan máis

baixiño as compañeiras e oscompañeiros.Temos que recuperarnos. É

nos momentos difíciles candose precisa máis das organiza-cións, cando máis necesario éun sindicato como CCOO.Somos un sindicato que nonqueda nas reivindicacións ex-clusivamente laborais: salario,xornada, quendas, etc. Non.Nós cremos que cómpre inter-virmos na vida das persoas nosentido de lles acadar condi-cións decentes de existencia.Por iso, o traballo que temos

por diante pasa por recuperar anegociación colectiva na queplasmar o aumento dos sala-rios que esiximos –imprescindi-ble para recuperar a capacidadede consumo e da economía–.Pasa tamén por contribuír aque as persoas sen traballoteñan ingresos e protecciónfronte á pobreza; por iso temoso compromiso de que prosperea iniciativa lexislativa popular

por unha prestación de ingre-sos mínimos ou a esixencia deque o salario mínimo chegueaos 800 euros.Pero tamén reivindicamos

noutros ámbitos, como a esi-xencia de participarmos no plande emprego municipal da Co-ruña ou, de consún coas uniónscomarcais de CCOO de Ferrol eSantiago-Barbanza, a participa-ción no plan de emprego da De-putación da Coruña.É época de dúas datas sina-

ladas. A primeira, o 28 de abril,Día da Saúde Laboral, xornadaen que constatamos as conse-cuencias da reforma laboral eda precariedade no aumentoda sinistralidade. Outra, o Pri-meiro de Maio, Día Internacio-nal do Traballo; este ano face-mos unha chamada á loita con-tra a pobreza e a desigualdade,que se agravaron coa crise e aspolíticas erradas da Unión Eu-ropea e os diferentes gobernosde España. O Primeiro de Maio

facemos solemne o noso com-promiso de clase; o resto doano é para poñelo en práctica.Na nosa Unión Comarcal e

no conxunto do sindicato debé-monos reforzar organizati-vamente para acadarmos osnosos obxectivos. O primeiro,facer da necesidade virtude eachegar o traballo sindical co-tián ás delegadas e delegadosque logramos nas elecciónssindicais. A nosa forza, a nosacapacidade de ser útiles, estána que achegan estas persoas.A mocidade, a xente de máis

idade que perdeu o traballo, asmulleres que teñen que apan-dar coas xornadas reducidasou coa fenda salarial, as per-soas xubiladas con baixas pen-sións… son tamén parte danosa clase e precisan de nós.E, que dicir da necesidade dedefendermos os servizos públi-cos, a sanidade, a educación,as políticas de dependencia!Unha última chamada: o ca-

pitalismo está a converter moi-tas partes do mundo nuninferno. A obtención de benefi-cios como único obxectivo traeguerra, morte e exilio a moití-simas persoas. CCOO temos odeber de loitar pola paz e soli-darizarnos activamente coaspersoas que buscan refuxio.

Demetrio Vázquez

9

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 68 - abril de 2016

9

Ao abeiro dun novo Pri-meiro de Maio, data tansignificativa para a clase

traballadora e momento impres-cindible para a reflexión, deca-támonos de que aínda que osobxectivos muden de nome, aesencia da nosa loita é semprea mesma: a defensa dos intere-ses xerais, a apertura de espa-zos para o movemento obreiroe a posta en valor do papel deCCOO. Somos conscientes deque temos que estar nos temasimportantes que afectan á cida-danía, e tócanos a nós defenderas cousas como son, como é arealidade e non como a conta al-gunha parte interesada.Así, levamos moito tempo loi-

tando pola nosa sanidade nabisbarra porque o Goberno doPP enganou a cidadanía nuntema vital como é o da saúde.Proxectara un grande hospitalpúblico para a zona sur da pro-vincia, disque referente no eidoeuropeo en especialidades co-mo a oncoloxía, maternidade,etc. E que temos? Temos unhospital máis pequeno, mal es-truturado, deficiente en persoale material… e de xestión pri-vada. Tamén están desmante-lando o hospital do Meixoeiro equeren modificar o uso sanitariodun dos anexos do antigo Hos-pital Xeral, anexo moi necesarioe que se remodelou hai pouco.

Queremos reverter a situaciónO sindicato loita por reverter

esta situación. Queremos servi-zos sanitarios de calidade, uni-versais, gratuítos e públicos.Por iso, o vindeiro 12 de maio

volveremos ás rúas de Vigo.Temos outros retos, como a

construción da Cidade da Xus-tiza, pendente da súa instalaciónno emblemático edificio do an-tigo Hospital Xeral e aí estare-mos, velando por que oproxecto se axuste ás necesida-des da Administración da xus-tiza na nosa cidade.Ao tempo, continuamos co

labor institucional –especial-mente co Concello de Vigo– aprol do noso ámbito territorial:Consello Social da Muller, Par-ticipación Cidadá, Consello So-cial de Accesibilidade, plans deemprego, Consello Escolar Mu-nicipal, Consello Sectorial deMigracións, Consello Social deVigo, Consello Sectorial deTransporte, Consello Social daLingua ou Consello Municipalde Cooperación ao Desenvolve-mento. Tamén temos presenzainstitucional noutros concellosda bisbarra: Consello Municipalda Muller de Redondela, Conse-

llo Escolar Municipal de Cangas,Consello Municipal de Pontea-reas, Consello Social de Cangasou CEIFT de Ponteareas.Por fin, após anos de desa-

cordos, ponse en marcha a áreametropolitana de Vigo. O pa-sado mes de febreiro asiná-ronse as bases para a creacióndo novo ente. A área estará in-tegrada por Vigo e trece conce-llos máis da bisbarra. Oobxectivo é claro: crear unhaentidade local supramunicipalcon capacidade para xestionaraqueles servizos públicos que apropia realidade social, demo-gráfica e económica dos conce-llos integrantes recomendaplanificar e prestar de xeito co-ordinado en todo o territoriometropolitano. Continuamos, tamén, en con-

tacto –sempre proveitoso– coaUniversidade de Vigo, co obxec-tivo de establecer sinerxías decara a proxectos e formulaciónsque beneficien a maioría socialdesta cidade.E no medio de todo isto, están

na axenda do sindicato temassociais que desde aquí taménestamos a denunciar: o TTIP, aviolencia de xénero, a situacióndas persoas refuxiadas, etc.En consonancia cos valores

que promovemos e divulgamos,este ano a Unión Comarcal deCCOO de Vigo concede os pre-mios Primeiro de Maio ao Com-promiso Social e á Solida-riedade a Rosa Fontaíña, loita-dora incansable contra a violen-cia de xénero, e Intermón Oxfan,polo seu bo facer coas persoasrefuxiadas.Remato cunha cita que resume

todo canto expuxen anterior-mente: «do traballo do obreironace a grandeza das nacións».

GaliCia SiNdiCal Número 68 - abril de 2016

10

www.galicia.ccoo.es

Dise que despois da tempes-tade vén a calma. Pois ben,o dito non se cumpre

dende hai moito tempo na pro-vincia de Ourense. Os negros nu-beiros instalados ano tras ano nodevir socioeconómico provincial,levan traza de non permitir queescampe. Amais da situación ne-gativa no económico –estruturale histórica–, amais da crise de-mográfica profunda que arrastra-mos desde hai lustros, a crisefinanceira dos últimos sete anoscontribuíu a unha confluenciaque ben poderiamos denominarcomo tormenta perfecta.Non fomos capaces de albiscar

por aquí discriminación positivaningunha para as persoas quehabitamos estas terras, condena-das á emigración e á precarie-dade –compañeiras de viaxe damaioría das familias–. Taxas dedesemprego imposibles de sos-ter, unha economía cada vez máisprecaria e con salarios e pen-sións entre as máis baixas do es-tado. Doutra banda, o mercadolaboral provincial pouco ten queofrecer, sobre todo a unha moci-dade que nunca imaxinou quecoñecería tan cedo e tan de pretoa violencia da emigración for-zosa. Fixar poboación semella ta-refa imposible.Non existe reclamo atractivo

para que xente de fóra arraiguenesta terra, nin posibilidades paraque a xuventude fique nela. So-mos unha sociedade envellecidae, precisamente, son as persoasmaiores as que están axudandoa aturar a cruel realidade econó-mica: coas súas pequenas pen-sións suplen a ausencia de em-

prego, soportan e sosteñen mi-lleiros de empobrecidas econo-mías familiares.Este panorama alimenta o de-

sánimo e dificulta a nosa acciónnunha unión territorial pequena eprecaria. O labor sindical é unreto; o forcexo co empresariado,en situación de vantaxe, convér-tese nunha batalla desigual. Émoi complicado exercer a acciónsindical nun territorio onde a in-dustria é escasa, falta cultura sin-dical e abunda o conformismo.Os instrumentos de decisión fi-gúranselles inalcanzables a am-plos segmentos do mundo dotraballo nesta provincia.A mobilización e a reconquista

dos dereitos son antagónicos doconformismo. Nin os medos dehoxe nin os do pasado deberíanservirnos para interiorizar que aprecariedade é un ben para con-servar fronte a un incerto futuroque nos din que sería peor. Se-xamos autocríticos e pregunté-monos se ese conformismo

colectivo non foi tamén alimen-tado por moitas das nosas ac-tuacións ao longo destes últi-mos anos. A campaña de des-prestixio por parte dos poderesfácticos calou fondo. Perotamén é ben certo que algúnsmalditos, que falaron en nomede CCOO, lles serviron en ban-dexa ese desprestixio.Hoxe, moitos traballadores e

traballadoras vennos como partedun sistema caduco, desapegadoda clase traballadora e incapacesde frear as políticas de austeri-dade que nos oprimen. Os recor-tes, xunto coa brutal reformalaboral que eliminou ferramentasvaliosas de defensa da clase tra-balladora, contribuíron a que onoso papel se vira dificultado.Convértese nunha ardua e, porveces, frustrante tarefa dar che-gado dende unha pequena e pre-caria unión comarcal con falla deefectivos, a todos os lugares daprovincia para tentar solucionaros problemas cotiáns dos traba-lladores e traballadoras.Cómpre recobrar ese espazo

perdido en cada empresa. Preci-samos apropiarnos e interiorizarnovamente o compromiso sindi-cal de clase e militante como fe-rramenta imprescindible paraafrontar os retos que nos depa-ran estes tempos de precarie-dade e desigualdade. Forma parteda nosa historia, é esencia danosa memoria colectiva, maspara iso deberase renovar con fir-meza todo o caduco, deixandoque aires novos refresquen ideas,actitudes e comportamentos. Esó será posible con dúas premi-sas: compartir cos traballadorese traballadoras a nosa acción efacilitar a incorporación da xu-ventude e as mulleres aos espa-zos de dirección da organización.

Ana Barrios

Número 68 - abril de 2016

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

�.1"1*.�&�2":%"%"2������������� ������������� �����..1144;;""�� ���)�� /1"7"�%"��"++.7"� ��&&1111..++������)��/1"7"�%.��-'&1-*;.� ��33((..���%%&&���..,,//..2233&&++""������)���+",&%"� !!**55&&**11..�� �����)��&%*'��2*-%*$"+� ��44((..������)��&%*'��2*-%*$"+� ��4411&&--22&&�� �����)���2��&,&%*.2

� !!**++""((""11$$::""�%%&&���11..4422""�� ���)��/1"7"%&��"5&++"

� ��..--33&&55&&%%11""��������)��/1"7"%"��&11&1:"

� !!**((..��������)��$147",&-3.�%"�5:"�.13&�$."�1="��2$4+3.1��1&(.1*.�&1-8-%&7