o porco e a familia descontaminaciÓn

2
O porco e a familia Descontaminación Nunha cidade perfecta: sempre soleada e cun arco da vella debuxado no ceo, ateigada de prados e parques nos que brotaban millóns de flores de todas as cores, vivía, tranquilamente, a familia da nosa queridísima Xulia. A familia, Descontaminación. Un día, apareceu polas rúas un porco chamado Ñok Ñok, e os habitantes da cidade non tardaron en percatarse de que tiña un grave problema ca limpeza, cando miraba algo limpo, púñase a cen, porque prefería as cousas o máis porcas posible. -Vou destruír esta cidade e ensuciala con porcallada e cacas, pensaba. Parte da poboación, os cidadáns máis bagos e desconsiderados, deixáronse levar por este novo veciño e empezaron a descoidar o que sempre fora unha prioridade na vila: baixando o lixo a deshora, deixando porqueira nas rúas, arrasando os xardíns e arbustos… Ao pasar una semana, as empresas aproveitaron o momento para verter os residuos de forma incontrolada, tirar o lixo en calquera parte, saltarse o proceso de reciclaxe… o plan do porquiño cumprírase por completo. As persoas que vivían na cidade, estaban demasiado ocupadas para mirar o seu redor e marcharon cara outras vilas, nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas, fuxiron daquela cidade noxenta sen pararse nin un minuto a tentar arranxar as cousas. Menos unha familia. a familia de Xulia, porque non ia consentir que o porco Ñok Ñok destrozase a cidade que tanto amaban e que agora estaba deserta,, así que puxéronse mans á obra. Atoparon ao porquiño Ñok Ñok na praia, minutos despois de que Xulia atopase un paxaro ferido por mor dunha lata que a fixo enfurecer. Ñok Ñok estaba, como non, facendo das súas, emporcallando aínda máis aquel lugar que un día fora un paraíso e no que xa era difícil mirar a area con tanto lixo acumulado. Xulia colleu unha rede que había tirada no chan e abalanzouse sobre Ñok Ñok , atrapándoo nun instante. O levaron a cárcere e comezaron a traballosísima tarefa de limpeza das rúas.

Upload: ceip-de-leirado-salvaterra-de-mino

Post on 08-Apr-2016

223 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

5º PRIMARIA

TRANSCRIPT

Page 1: O PORCO E A FAMILIA DESCONTAMINACIÓN

O porco e a familia Descontaminación

Nunha cidade perfecta: sempre soleada e cun arco da vella debuxado

no ceo, ateigada de prados e parques nos que brotaban millóns de flores

de todas as cores, vivía, tranquilamente, a familia da nosa queridísima

Xulia. A familia, Descontaminación.

Un día, apareceu polas rúas un porco chamado Ñok Ñok, e os

habitantes da cidade non tardaron en percatarse de que tiña un grave

problema ca limpeza, cando miraba algo limpo, púñase a cen, porque

prefería as cousas o máis porcas posible.

-Vou destruír esta cidade e ensuciala con porcallada e cacas, pensaba.

Parte da poboación, os cidadáns máis bagos e desconsiderados,

deixáronse levar por este novo veciño e empezaron a descoidar o que

sempre fora unha prioridade na vila: baixando o lixo a deshora, deixando

porqueira nas rúas, arrasando os xardíns e arbustos… Ao pasar una

semana, as empresas aproveitaron o momento para verter os residuos de

forma incontrolada, tirar o lixo en calquera parte, saltarse o proceso de reciclaxe… o plan do

porquiño cumprírase por completo.

As persoas que vivían na cidade, estaban demasiado ocupadas para

mirar o seu redor e marcharon cara outras vilas, nenos e nenas, pais e

nais, avós e avoas, fuxiron daquela cidade noxenta sen pararse nin un

minuto a tentar arranxar as cousas. Menos unha familia. a familia de

Xulia, porque non ia consentir que o porco Ñok Ñok destrozase a cidade

que tanto amaban e que agora estaba deserta,, así que puxéronse mans á obra.

Atoparon ao porquiño Ñok Ñok na praia, minutos despois de que Xulia

atopase un paxaro ferido por mor dunha lata que a fixo enfurecer. Ñok

Ñok estaba, como non, facendo das súas, emporcallando aínda máis

aquel lugar que un día fora un paraíso e no que xa era difícil mirar a area

con tanto lixo acumulado. Xulia colleu unha rede que había tirada no chan

e abalanzouse sobre Ñok Ñok , atrapándoo nun instante. O levaron a cárcere e comezaron a

traballosísima tarefa de limpeza das rúas.

Page 2: O PORCO E A FAMILIA DESCONTAMINACIÓN

Aos poucos días porquiño escapou da cárcere, roubou una moto de

policía e marchou o mais rápido posible. Ca mala sorte de chocar co camión

da limpeza do pai de Xulia, e bater fortemente ca cabeza.

Cando o porquiño espertou, estaba na casa da familia Descontaminación, onde Xulia e mais a

súa familia facían que se sentise ben, coidando del aínda coñecendo as súas trasnadas. O golpe

que levara na testa, cambiou a o seu sentir sobre a sociedade, deuse de conta de que non era o

único habitante da cidade e que debía respectar ó resto da xente.

A familia acolleuno e converteuno nun novo membro da familia Descontaminación.

Era un porquiño listo, e non tardou en darse de conta que na casa de

Xulia, estaba todo limpo e cheiraba ben, e sorprendeuse a si mesmo, pois

encantáballe aquel arrecendo. Nese momento caeu, todo o que fixera

estaba mal, moi mal, e debía axudar a arranxalo.

Poucos días despois, alí estaba, o porquiño Ñok Ñok, limpa que te limpa,

afanado na súa tarefa e rodeado da familia que o coidou cando o

necesitaba, máis feliz que nunca.

Cando estaba todo limpo chamaron a todas as persoas que marcharan

da cidade, lles contaron a historia e eles comprenderon que as veces,

debemos afrontar as dificultades e non marchar correndo, o traballo da

familia Descontaminación foi tan asombroso e valorado polos veciños que

despois de festexalo dabondo, os nomearon cidadáns de honra, viviron

felices e comeron perdices.